Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Documentos relacionados
Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Relixión 2º ESO UNIDADE 1

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

P E Z A P E Z A. Galicia

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA: LINGUA GALEGA E LITERATURA

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

LINGUA GALEGA E LITERATURA

IES CANIDO INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

PLAN TIC IES Chapela (PE)

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESORA María Loreto Albo García

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

CIENCIAS DA NATUREZA 5º

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Política e Obxectivos de Calidade

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

DEPARTAMENTO DE RELIXION CATOLICA PROGRAMACION CURSO AS MARIÑAS BETANZOS

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

PIALE Integración en lingua portuguesa

Programación didáctica do departamento de Matemáticas

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Programación didáctica Departamento de Ciencias Naturais. Curso

1.- Organización da Escola de Primavera:

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

Programación didáctica do departamento de EDUCACIÓN FÍSICA Curso escolar IES A Xunqueira II Pontevedra

Guía de recursos dixitais da web da UMinho

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN VALORES SOCIAIS E CÍVICOS. 2º E. Primaria

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Potencias e radicais

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN CIENCIAS DA NATUREZA. 3º E. Primaria

PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL ASPANAES- DUQUES DE LUGO. Centro Concertado Santiago de Compostela CEEPR ASPANAES DUQUES DE LUGO SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2

Anexo III. Modelo de programación de proba libre de módulos profesionais

SBN: O TEMPO NO XORNAL

REDE EUSUMO. información e comunicación

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

Programación didáctica do departamento de EDUCACIÓN FÍSICA Curso escolar IES A Xunqueira II Pontevedra

A AVALIACIÓN. Mínimos esixibles

ANEXO 2 CONCRECIÓNS DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA E DA AVALIACIÓN PARA TERCEIRO DE ESO

Ramal 3, Tortoreos AS NEVES Tlf: NEVES ÍNDICE. 1.- Obxectivos. escolar. 9.- Metodoloxía 10.- Avaliación 11.

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN VALORES SOCIAIS E CÍVICOS. 5º E. Primaria

Bacharelato Física e Química 1 Introdución

XEOGRAFÍA E HISTORIA ESO

As persoas que presentan estes trastornos manifestan, en maior ou menor medida, as seguintes características:

Estudo de caso da Galiza: Programa PROA e Plan PROXECTA

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMACIÓN+DIDÁCTICA++ MATEMÁTICAS+1ºESO.+++ IES+DE+TOMIÑO.+CURSO:+2016/2017.+

NOME E APELIDOS /TEL/WEB TITORÍA X1, X2, X3, X6, X8, X9, X10, X11, X13, X21, X24, X25 3. OBXECTIVOS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO II PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN RELIXIÓN CATÓLICA. 2º E. Primaria

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE MÚSICA

DEPARTAMENTO: Matemáticas

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

PROXECTO DOCENTE DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA. Curso

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS. 1º E. Primaria

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

UNIDADE 7: INTRODUCIÓN

PRIMARIA. Proxectos. Aprender a emprender. Recurso interdisciplinario. Estratexias metodolóxicas

ILDA BLANCO GONZÁLEZ A

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

ESTRATEXIAS DE ANIMACIÓN À LECTURA ESTRATEXIAS DE ANIMACIÓN À LECTURA. Fuxe sen mirar para atrás Luis Leante

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

Xeografía e Historia 3º ESO

Ciencias da Natureza Ciencias Sociais

Transcrição:

Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación Unidade 5 1. Presentación da unidade 2. Obxectivos didácticos 3. Contidos da unidade/criterios de avaliación/estándares de aprendizaxe avaliables 4. Selección de evidencias para o portfolio 5. Competencias: descritores e desempeños 6. Tarefas 7. Estratexias metodolóxicas 8. Recursos 9. Ferramentas de avaliación 10. Medidas para a inclusión e atención á diversidade 11. Autoavaliación do profesorado

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE Título Saúde, dieta e hixiene Descrición da unidade Nesta unidade abordaremos: A definición dos termos de saúde e enfermidade, e a descrición dalgunhas causas que provocan a perda de saúde. A importancia dunha dieta saudable. A importancia da hixiene. Nas tarefas finais, as etiquetas dos alimentos, as alimentacións especiais e as normas de uso do comedor escolar. No apartado «Avanzo», as técnicas de conservación de alimentos. A través das diferentes actividades propostas na unidade, preténdese que os alumnos e as alumnas adquiran os coñecementos seguintes: Concepto de saúde e enfermidade. Causas de enfermidade. Os tipos de alimentos e a dieta saudable. A hixiene persoal, a hixiene das nosas cousas e a hixiene alimentaria. Interpretacións básicas de informacións en etiquetas dos alimentos. Algunhas alimentacións especiais. Temporalización: Febreiro: 2. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS Definir saúde e enfermidade, e coñecer algunhas causas que producen enfermidades. Adquirir unha idea básica dos diferentes nutrientes e a función que desempeñan no corpo, e clasificar, segundo os seus nutrientes, algúns dos alimentos máis comúns. Definir dieta e dieta saudable, e coñecer as características dunha boa alimentación desde o punto de vista da saúde. Desenvolver pautas de hixiene persoal, doméstica e alimentaria, para previr enfermidades. Coñecer e utilizar elementos e estratexias matemáticas, e TIC para calcular o contido en graxa dalgún alimento. Comprender informacións e adquirir vocabulario sobre a saúde, a enfermidade, a dieta e a hixiene, para expresar coñecementos de forma oral e escrita e interpretar informacións. 2

3. CONTIDOS DA UNIDADE - CRITERIOS DE AVALIACIÓN - ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe avaliables Idea de saúde. A enfermidade e os síntomas. Algunhas causas das enfermidades: infeccións, golpes, mala alimentación, intoxicacións e preocupacións prolongadas. Os alimentos e os nutrientes; os seus efectos beneficiosos para o organismo. A dieta e as características dunha boa dieta. Normas de hixiene persoal e doméstica. Normas básicas de hixiene alimentaria. Interpretación de informacións básicas que aparecen en etiquetas de alimentos. Algúns métodos de conservación de alimentos. Normas de hixiene no comedor escolar. Disposición favorable para coñecer e asumir pautas saudables de alimentación e hixiene. Axudas especiais; intolerancias cara a algúns alimentos. 1. Adquirir as ideas de saúde e enfermidade, e coñecer as causas das enfermidades. 2. Distinguir entre alimentos e nutrientes, identificar os nutrientes dos alimentos que consome con maior frecuencia e coñecer as características da alimentación saudable. 3. Coñecer e valorar a importancia da hixiene persoal no mantemento da saúde, e identificar e asumir pautas de hixiene en todos os ámbitos da vida. 4. Interpretar informacións que aparecen nas etiquetas de alimentos envasados e adquirir pautas de hixiene alimentaria. 5. Afianzar pautas de hixiene en comedores colectivos e coñecer a existencia de alimentacións especiais para persoas que mostran intolerancia cara a algúns alimentos. 1.1. Define saúde e enfermidade. Identifica e describe causas que producen enfermidades. 2.1. Coñece e nomea os principais grupos de nutrientes dos alimentos. Describe as funcións dos grupos de nutrientes. 2.2. Nomea os contidos en nutrientes dos alimentos máis frecuentes. 2.3. Define dieta e describe as características dunha boa alimentación. Coñece pautas para levala a cabo. 3.1. Describe pautas básicas de hixiene persoal e os seus efectos preventivos de certas enfermidades. 3.2. Describe pautas básicas de hixiene doméstica e alimentaria, e os seus efectos preventivos de enfermidades. 4.1. Interpreta informacións básicas que hai nas etiquetas de alimentos envasados. Coñece e aplica normas de consumo e conservación de alimentos. 5.1. Comprende e acepta as normas de hixiene no comedor escolar. 5.2. Coñece a existencia de intolerancias cara a algúns alimentos e de menús especiais para as persoas que non poden tomalos. 3

6. Comprender informacións, e adquirir vocabulario sobre saúde, enfermidade, dieta e hixiene, expresar coñecementos e opinións de forma oral e escrita, e mostrar interese pola lectura de textos. 7. Coñecer e aplicar elementos e estratexias matemáticos para calcular o contido en graxa dalgún alimento. 8. Coñecer e usar de forma responsable as TIC, usar estratexias para tratar a información, convertela en coñecemento propio e aplicala a distintos contextos, e participar de forma activa no propio proceso de aprendizaxe. 9. Mostrar iniciativa e perseveranza á hora de afrontar os problemas e de defender opinións, e desenvolver actitudes de respecto e colaboración á hora de traballar en grupo. 6.1. Comprende informacións, adquire vocabulario sobre saúde, enfermidade, dieta e hixiene, expresa coñecementos e opinións de forma oral e escrita, e mostra interese pola lectura de textos. 7.1. Coñece e aplica elementos e estratexias matemáticos para calcular o contido en graxa dalgún alimento. 8.1. Obtén e organiza información, traballa co esquema da unidade, e utiliza os recursos dixitais con interese e responsabilidade. 9.1. Mostra unha actitude emprendedora, acepta os erros ao autoavaliarse, persevera nas tarefas de recuperación, e participa activamente nos exercicios de aprendizaxe cooperativa. 4

4. SELECCIÓN DE EVIDENCIAS PARA O PORTFOLIO Os estándares de aprendizaxe amosan o grao de consecución dos criterios de avaliación desde a propia descrición e concreción do criterio. Para facilitar o seguimento do desenvolvemento de cada estándar buscaremos evidencias dos alumnos que amosen a súa evolución en cada un deles. No anexo de avaliación proponse un portfolio de evidencias para os estándares de aprendizaxe. O cadro seguinte suxire unha selección dalgunhas destas posibles evidencias. Os docentes poderán substituílas por outras que consideren máis relevantes para o desenvolvemento do seu grupo. Libro do alumno (A) / Proposta didáctica (PD) / Recursos fotocopiables (RF) Estándares de aprendizaxe avaliables 1.1. Define saúde e enfermidade. Identifica e describe causas que producen enfermidades. 2.1. Coñece e nomea os principais grupos de nutrientes dos alimentos. Describe as funcións dos grupos de nutrientes. 2.2. Nomea os contidos en nutrientes dos alimentos máis frecuentes. 2.3. Define dieta e describe as características dunha boa alimentación. Coñece pautas para levala a cabo. 3.1. Describe pautas básicas de hixiene persoal e os seus efectos preventivos de certas enfermidades. 3.2. Describe pautas básicas de hixiene doméstica e alimentaria, e os seus efectos preventivos de enfermidades. 4.1. Interpreta informacións básicas que hai nas etiquetas de alimentos envasados. Coñece e aplica normas de consumo e conservación de alimentos. Selección de evidencias para o portfolio Actividade do A, que traballa coa imaxe, para recoñecer síntomas dunha enfermidade común. Actividade de aprendizaxe cooperativa da PD para confeccionar un esquema coas causas das enfermidades. Actividade de reforzo da PD para estudar as proteínas. Ficha de ampliación (actividade 1) dos RF para clasificar alimentos en función dos nutrientes no que son ricos. Actividade do A para clasificar os alimentos da listaxe da compra da casa, segundo o grupo de nutrientes no que destacan. Ficha de reforzo (actividade 5) dos RF para elaborar unha dieta saudable para un día completo a partir das imaxes dalgúns alimentos. Actividade do A para nomear consellos para alimentarse ben. Actividade de reforzo da PD para definir hixiene persoal e nomear accións para mantela. Actividade do A para dar consellos sobre hixiene alimentaria en distintas situacións. Actividades da tarefa do A para responder cuestións sobre as etiquetas dos alimentos. 5

5.1. Comprende e acepta as normas de hixiene no comedor escolar. 5.2. Coñece a existencia de intolerancias cara a algúns alimentos e de menús especiais para as persoas que non poden tomalos. 6.1. Comprende informacións, adquire vocabulario sobre saúde, enfermidade, dieta e hixiene, expresa coñecementos e opinións de forma oral e escrita, e mostra interese pola lectura de textos. 7.1. Coñece e aplica elementos e estratexias matemáticos para calcular o contido en graxa dalgún alimento. 8.1. Obtén e organiza información, traballa co esquema da unidade, e utiliza os recursos dixitais con interese e responsabilidade. 9.1. Mostra unha actitude emprendedora, acepta os erros ao autoavaliarse, persevera nas tarefas de recuperación, e participa activamente nos exercicios de aprendizaxe cooperativa. Actividade do A para comprender e valorar as normas de hixiene do comedor escolar. Actividade do A para elaborar un menú especial para celíacos. Actividades do A para traballar coa lectura inicial. Actividade do A para definir salmonelose. Actividade do A para calcular os gramos de graxa dun alimento a partir dos datos da súa etiquetaxe. Ficha de reforzo (actividade 8) dos RF para engadir consellos sobre como debe ser unha dieta sa a un esquema completo da unidade. Actividade de investigación e aprendizaxe cooperativa da PD (proxecto para investigar sobre a forma de obter proteínas das persoas vexetarianas e sobre a fibra vexetal). 6

5. COMPETENCIAS: DESCRITORES E DESEMPEÑOS Competencia Descritor Desempeño Comunicación lingüística Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía Competencia dixital Aprender a aprender Competencias sociais e cívicas Sentido de iniciativa e espírito emprendedor Conciencia e expresións culturais Comprender o sentido dos textos escritos. Plan lector: Gozar coa lectura. Desenvolver e promover hábitos de vida saudable en canto á alimentación e ao exercicio físico. Selecciona o uso das distintas fontes segundo a súa fiabilidade. Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos. Intelixencias múltiples: Desenvolver as distintas intelixencias múltiples. Involucrarse ou promover accións cun fin social. Educación en valores: Aprender a comportarse desde o coñecemento dos distintos valores. Xerar novas e diverxentes posibilidades desde coñecementos previos do tema. Elaborar traballos e presentacións con sentido estético. Explica o significado da expresión «respiración axitada». Le a lectura inicial e os textos recomendados no plan lector. Elabora unha dieta saudable para un día completo. Investiga sobre que facer no caso de intoxicación na web do Servizo de Información Toxicolóxica. Busca no dicionario os significados das palabras da unidade que non coñece. Utiliza os seus sentidos para comprobar o estado dos alimentos que toma, fomentándose o desenvolvemento de diferentes intelixencias múltiples, especialmente a intelixencia corporalcinestésica. Recoñece a importancia da hixiene en comedores públicos e promove accións para mantela. Sente empatía e respecto por aquelas persoas que deben seguir alimentacións especiais. Propón unha nova norma de hixiene alimentaria para o comedor escolar. Utiliza fotografías de alimentos para elaborar un menú saudable. 7

6. TAREFAS Libro do alumno (A) / Proposta didáctica (PD) / Recursos fotocopiables (RF) / Libro dixital (LD) Tarefa 1: Lemos «O novo carril bici» e traballamos co texto e coa imaxe inicial Coñecemos as suxestións xerais da unidade, as ideas previas, as dificultades de aprendizaxe e o procedemento de traballo proposto, coa PD. Lemos a lectura co A, de forma cooperativa, utilizando a metodoloxía de folio xiratorio, e realizamos as actividades do A e do LD. Expoñemos algunha situación relacionada coa Educación Física na que se fala dalgunha medida de prevención de accidentes, tal e como se propón na PD. Coñecemos as suxestións metodolóxicas coa PD. Observamos a imaxe co A e realizamos as actividades do A e do LD. Expoñemos, de forma breve, o esquema completo da unidade do LD. Realizamos a actividade «Recorda o que sabes sobre a saúde, a dieta e a hixiene» do LD. Expoñemos algunhas das tarefas propostas na PD que se irán desenvolvendo ao longo da unidade. Tarefa 2: Definimos a saúde e coñecemos algunhas das causas de enfermidade Coñecemos as suxestións metodolóxicas da PD. Definimos saúde e enfermidade co A e co material dixital do LD, e facemos a tarefa proposta na PD de comentar unha situación de enfermidade que tivesen. Traballamos coa imaxe do A e do LD para identificar síntomas dunha enfermidade común. Enumeramos e explicamos moi brevemente as causas de enfermidade, co A e co LD. Realizamos as actividades asociadas (A, LD, PD e RF) e o proxecto para investigar proposto na PD. Confeccionamos un esquema coas causas das enfermidades utilizando a metodoloxía de aprendizaxe cooperativa de folio xiratorio. Tarefa 3: Coñecemos a relación entre a alimentación e a dieta Coñecemos as suxestións metodolóxicas da PD. Clasificamos os tipos de alimentos en función dos nutrientes co A e coas presentacións dixitais do LD. Definimos dieta saudable e damos algúns consellos para alimentarse ben, co A e co LD. Traballamos coas imaxes do A e do LD, e realizamos as actividades vinculadas a este contido dos diferentes recursos (A, LD, PD e RF). Visualizamos o vídeo (aprende a observar) para aprender a clasificar alimentos do LD. Facemos o proxecto para investigar da PD como actividade de ampliación. Tarefa 4: Definimos a hixiene e distinguimos os tipos Coñecemos as suxestións metodolóxicas da PD. Definimos hixiene e hixiene persoal co A e co LD. Visualizamos o vídeo «Por que é importante lavar os dentes» do LD e facemos o obradoiro de ciencias dos RF. Definimos hixiene das nosas cousas e hixiene alimentaria, co A e co LD, e traballamos coa imaxe do A e do LD. 8

Realizamos as actividades asociadas do A, do LD, da PD e dos RF. Visitamos en grupos de tres alumnos algún lugar común do colexio para elaborar un informe sobre o estado de limpeza e para propoñer medidas para conservar ou mellorar ese estado, tal e como propón a PD. Estudamos as normas que afectan o comedor escolar, tal e como propón a PD. Tarefa 5: Analizamos as etiquetas dos alimentos Coñecemos as suxestións metodolóxicas da PD. Lemos o texto e observamos con atención a ilustración asociada co A ou co LD. Realizamos as actividades vinculadas do A e do LD. Estudamos os nutrientes de distintos alimentos etiquetados, tal e como propón a PD. Tarefa 6: Coñecemos alimentacións especiais Lemos o texto e vemos a información contida na ilustración co A. Realizamos as actividades do A e do LD, e a actividade de aprendizaxe cooperativa proposta na PD. Facemos as tarefas sobre o menú, as axudas especiais, as normas de hixiene, etc., descritas na PD. Tarefa 7: Repasamos a unidade Coñecemos as suxestións metodolóxicas do repaso da unidade coa PD. Resumimos a información obtida nas diferentes tarefas, proxectos e obradoiros de ciencia. Lemos o resumo da unidade do LD. Realizamos as actividades de repaso da unidade do A e do LD. Recompilamos as actividades para o portfolio do alumno. 7. ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS No desenvolvemento das tarefas empréganse diversas estratexias metodolóxicas: Exposición do profesor empregando diferentes soportes e materiais. Antes de comezar, é conveniente coñecer as ideas previas, as dificultades da aprendizaxe e o procedemento de traballo, e anticipar as tarefas previas. Traballo reflexivo individual no desenvolvemento das actividades individuais, proxectos para investigar, e obradoiros de ciencias. Realización de tarefas (propostas na PD) ao longo do desenvolvemento da unidade. Traballo en grupo, en equipo ou de forma cooperativa, no desenvolvemento de actividades, visitas e proxectos: agrupar os alumnos en grupos de 3 ou 4 alumnos e utilizar as estruturas de cooperativo suxeridas na guía do profesor para traballar os principios de definición de obxectivo grupal, interdependencia positiva e interacción cara a cara. Recoméndase a aprendizaxe cooperativa aplicando as metodoloxías de folio xiratorio, parellas que comparten e mesa redonda. Posta en común en gran grupo: despois do traballo individual ou grupal, e do repaso da unidade. 9

8. RECURSOS Os seguintes materiais de apoio poden reforzar e ampliar o estudo dos contidos da área de Ciencias da Natureza: Recursos fotocopiables da proposta didáctica, con actividades de reforzo, ampliación, obradoiros de ciencia e avaliación. Cadernos complementarios ao libro do alumno. Os materiais dixitais asociados á unidade (presentacións, vídeos, actividades...). Táboas de contidos nutricionais e rodas e pirámides dos alimentos. Envases e etiquetas con informacións nutricionais. Información sobre métodos de conservación de alimentos. Información de industrias produtoras de alimentos da zona. Recursos dixitais Libro dixital: Os alumnos poderán reforzar ou ampliar os contidos estudados utilizando os recursos dixitais dispoñibles. CD que acompaña a proposta didáctica, cos recursos fotocopiables. Ligazóns web: http://anayaeducacion.com e http://leerenelaula.com/planlector/ 9. FERRAMENTAS DE AVALIACIÓN Proba de avaliación da unidade (nos recursos fotocopiables da unidade e no libro dixital). Rexistro de avaliación (no anexo de avaliación). Outros recursos: rúbrica, diana, etc. (no anexo de avaliación). 10. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Que dificultades e potencialidades prevexo no grupo durante o desenvolvemento da unidade? Como vou minimizar as dificultades? Que necesidades individuais prevexo no desenvolvemento da unidade? Que recursos e estratexias manexarei para atender as necesidades individuais? 11. AUTOAVALIACIÓN DO PROFESORADO Que porcentaxe de alumnos alcanzaron os obxectivos de aprendizaxe da unidade? 10

Que é o que mellor funcionou nesta unidade? Que cambiaría no desenvolvemento da unidade o próximo curso? Por que? 11