PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2
|
|
|
- Gustavo Paulo Candal Santiago
- 9 Há anos
- Visualizações:
Transcrição
1 PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2 Xullo de
2 DATOS XERAIS DO CURSO 1. Familia profesional: Formación complementaria Área profesional: Competencias clave 2. Denominación do curso: Comunicación en Lingua Galega N2 3. Código: 4. Nivel de cualificación: 2 5. Obxectivo xeral: Lograr o nivel de competencias clave no ámbito da lingua galega para o acceso aos Certificados de Profesionalidade de nivel 2, o que permitirá: Comprender adecuadamente o contido fundamental de textos escritos sinxelos e producións orais, participar en interaccións orais respectando as normas de convivencia e construír textos sinxelos relacionados coa vida profesional e cidadá, con coherencia e cohesión textuais, e corrección gramatical. 6. Obxectivos específicos e criterios de avaliación: Obxectivos específicos Criterios de avaliación 2
3 Obxectivos específicos Criterios de avaliación Falar en diferentes ambientes Identificar e diferenciar algunhas características básicas da lingua usada nos contextos familiar e profesional. Usar as palabras, expresións e ton adecuados a cada situación. Comprender o sentido fundamental de producións orais sinxelas, diferenciando os feitos (a información) das opinións. Tomar notas dalgunha información e dalgunhas opinións expresadas nesas producións orais e enumeralas con claridade e corrección. Usar o criterio alfabético para a localización de palabras e expresións nos dicionarios da lingua galega. Comprender textos escritos Comprender o sentido fundamental de textos escritos, relacionados preferentemente co propio ámbito profesional, distinguindo información de opinión e diferenciando as ideas principais das secundarias e realizar un sinxelo esquema do seu contido fundamental en forma de enumeración ou de cadro esquemático ou sinóptico. Redactar os esquemas e os pequenos textos con corrección ortográfica, consultando o dicionario para solucionar as dúbidas ortográficas. Falar e deixar falar Expresar oralmente, con coherencia e cohesión, as ideas e sentimentos propios, respectando as normas básicas de comunicación oral e usando unha linguaxe respectuosa. Resumir con coherencia en poucas frases o contido fundamental dunha exposición ou debate, tomando notas das ideas e opinións fundamentais expresadas no mesmo. Usar un procesador de textos para redactar textos sinxelos e pasar o corrector ortográfico de que dispón. Identificar algúns trazos propios do uso da lingua nos ámbitos familiar, técnico e profesional (léxico, sintaxe, ton), observando directamente producións diversas, como textos escritos ou gravacións. Identificar en producións orais e en textos escritos os trazos fundamentais propios da lingua oral (espontaneidade, repeticións, emotividade ) e da escrita (maior rigor e orde sintácticos, evitar as repeticións ). Utilizar na interacción oral en clase e co grupo de iguais as palabras, expresións, ton, xestos e posturas adecuadas a cada situación, distinguindo a lingua coloquial da más técnica e profesional. Identificar o contido fundamental de producións orais sinxelas, diferenciando os feitos (a información) das opinións, tomando nota previamente dalgúns dos feitos e opinións manifestados nelas e expresándoos con claridade. Clasificar palabras por orde alfabética e utilizar ese criterio para localizar despois palabras en dicionarios da lingua galega e aclarar o seu significado. En textos sinxelos, diferenciar a información contrastada da opinión, subliñando previamente de maneira diferente unha e outra, consultando o dicionario cando sexa necesario aclarar o significado dalgunha palabra. En textos sinxelos, preferentemente do propio ámbito profesional, identificar as ideas fundamentais e as secundarias, e realizar un sinxelo esquema do seu contido, en forma de enumeración ou cadro sinóptico, redactándoo con claridade e corrección ortográfica, e consultando o dicionario cando sexa necesario aclarar o significado dalgunha palabra. Participar nunha discusión de grupo respectando a quenda de palabra, usando unha linguaxe non agresiva e expresando con claridade as ideas e sentimentos propios. Sintetizar oralmente, de maneira breve e cunha linguaxe clara e sinxela, o contido fundamental dunha discusión mantida no grupo, tomando notas previamente dese contido, se fose necesario. Escribir un texto sinxelo (relacionado coas discusións desenvolvidas no grupo) no procesador de textos, con claridade e corrección ortográfica, e corrixilo co corrector do propio procesador. 3
4 Obxectivos específicos Criterios de avaliación Redactar un texto expositivo Redactar textos escritos sinxelos, con coherencia, cohesión e corrección ortográfica, seguindo os pasos adecuados (xerar ideas, ordenalas, redactalas) e evitando as repeticións. Redactar un texto con opinións propias e resumir Resumir textos escritos sinxelos, identificando previamente o tema principal e os secundarios, e redactando o resumo con orde, claridade e corrección ortográfica. Redactar textos escritos sinxelos, nos que se expresen opinións propias, con coherencia e cohesión, e corrección ortográfica. Elaborar textos escritos sinxelos de carácter expositivo, preferentemente relacionados co propio ámbito profesional, con orde, claridade e corrección ortográfica, evitando as repeticións mediante o uso de sinónimos e pronomes, e dando previamente os pasos necesarios: xerar ideas, ordenalas e redactalas. Expoñer por escrito de maneira breve o contido fundamental dun texto, subliñando previamente as ideas fundamentais e as secundarias e redactando o resumo con claridade e orde, utilizando os conectadores adecuados. Redactar textos escritos sinxelos nos que se expresen opinións, con coherencia e corrección ortográfica, seguindo os pasos necesarios (xerar ideas, ordenalas, redactalas) e utilizando conectadores de orde e causa. 7. Contidos: 1. Expresión oral en diferentes ambientes - Identificación das variedades sociais da lingua (estándar, coloquial, culta, vulgar) e diferenciación dalgunhas características básicas da lingua usada nos contextos familiar e profesional. - Identificación dalgunhas características dos códigos oral e escrito. - Toma de notas durante a exposición oral dun tema. - Identificación en producións orais sinxelas dos feitos expostos e das opinións. - Busca de palabras en dicionarios utilizando a orde alfabética. 2. Comprensión de textos escritos - Comprensión de textos sinxelos escritos, usando a técnica do subliñado, distinguindo as ideas principais das secundarias e diferenciando a información das opinións. - Redacción do esquema correspondente (esquema enumerativo ou cadro esquemático ou sinóptico) coas ideas principais do texto, ordenadas adecuadamente. - Recoñecemento e uso das normas básicas da ortografía da palabra (b/v, h/--, c/qu) na redacción dos textos. 3. Discusión e debate - Participación ordenada en discusións e debates respectando as normas de cortesía na comunicación oral. - Toma de notas durante a exposición oral dun tema. Ordenación das mesmas e expresión oral dun resumo das ideas principais. - Uso dun procesador de textos para escribir e corrixir despois cun corrector ortográfico. 4. Redacción dun texto expositivo 4
5 - Redacción de textos escritos sinxelos con coherencia, cohesión e corrección ortográfica, dando antes os pasos previos para a súa elaboración: selección de ideas previas e elaboración dun esquema ordenado. - Uso de mecanismos sinxelos para evitar repeticións innecesarias: uso de sinónimos e de pronomes. 5. Redacción dun texto con opinións propias e resumo - Identificación en textos escritos sinxelos das ideas principais e das secundarias e uso da técnica do subliñado. - Redacción clara e ordenada dun resumo coas ideas fundamentais dun texto. - Identificación das características dos textos argumentativos. - Uso de conectadores de orde e causa. - Redacción de textos argumentativos: xerar ideas, ordenalas, redactalas. Os contidos deste programa son susceptibles de impartirse a distancia no 30% da súa totalidade. 8. Avaliación: Esta acción formativa supón: Avaliación anterior ao inicio do curso, cuxo fin é verificar se se posúe a competencia clave de que se trata. O acceso ao curso de formación fai posible alcanzar a competencia clave a quen non superara a proba de avaliación previa. Avaliación continua durante a realización da acción formativa. 9. Prescrición do persoal docente: 9.1 Titulación requirida: Mestre co Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou equivalente. Licenciatura en filoloxía galega ou filoloxía hispánica subsección de galego-portugués 9.2. Experiencia profesional requirida: Acreditar unha experiencia laboral dun ano na impartición de accións formativas Competencia docente: Acreditar estar en posesión do certificado de profesionalidade de Formador ocupacional ou formación equivalente en metodoloxía didáctica de formación profesional para adultos. Deste requisito estarán exentos as persoas que: a) Estean en posesión das titulacións de Licenciatura en Pedagoxía, Psicopedagoxía ou de Mestre ou Mestra en todas as súas especialidades. b) Posúan unha titulación universitaria oficial distinta das indicadas no apartado anterior e ademais se atopen en posesión do Título de Especialización Didáctica expedido polo Ministerio de Educación ou equivalente. c) Acrediten unha experiencia docente contrastada de cando menos 600 horas nos últimos sete anos en formación profesional para o emprego ou do sistema educativo. d) No caso de que as accións formativas se impartan de forma virtual (en liña): Acreditar experiencia laboral como titor de formación en liña. 10. Criterios de acceso do alumnado: Carecer dos requisitos de acceso regulados no artigo 5 do R.D. 34/2008, de 18 de xaneiro, que especificamente para os Certificados de Profesionalidade de nivel 2, son: Carecer das titulacións ou acreditacións que proporcionan o acceso directo á formación do Certificado de Profesionalidade. Estas son as seguintes: 5
6 Certificado de profesionalidade de nivel 2. Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Técnico Auxiliar. Técnico. Segundo curso superado de Bacharelato Unificado e Polivalente. Segundo curso superado do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias. Terceiro curso superado do Plan de 1963 ou segundo de comúns experimental, das ensinanzas de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. Estudos declarados equivalentes a efectos académicos con algún dos anteriores. Probas de acceso superadas aos ciclos formativos de Grao Medio reguladas polas administracións educativas. Proba de acceso superada á universidade para maiores de 25 anos. Proba de avaliación superada da competencia clave que se imparte neste curso ou estar matriculado en ditas probas de avaliación. 11. Número de participantes: Máximo 25 participantes para cursos presenciais. 12. Duración: 25 horas. 13. Requisitos mínimos de espazos, instalacións e equipamento: 13.1 Espazo formativo Espazo formativo 13.2 Equipamento Superficie m2 15 alumnos o alumnas Superficie m2 25 alumnos o alumnas Aula de xestión Espazo Formativo Aula de xestión Equipamento - Mesa e cadeira para persoal formador. - Mesa e cadeiras para o alumnado. - Material de aula. - 2 encerados para escribir con rotuladores. - Rotafolios. - Equipos audiovisuais. - PC instalados en rede, canón con proxección e conexión a internet. - Software específico da especialidade. - Material de consumo: Textos orais e escritos tomados do ámbito profesional e cidadán. Textos orais tomados dos medios de comunicación social. Textos escritos preparados para a súa corrección e ordenación. Dicionarios da lingua galega. Cadros modelos de observación. Para o caso de que a formación se imparta de forma virtual (en liña), incluirase tamén o seguinte equipamento: - Soporte tecnolóxico: Plataforma educativa de teleformación en Internet (co servizo axeitado de administración da mesma). Aplicacións multimedia adecuadas e actualizadas para 6
7 Espazo Formativo Equipamento esta modalidade de formación. Soporte técnico. Mantemento de sistemas. Sistema de seguridade. Non debe interpretarse que os diversos espazos formativos descritos deban diferenciarse necesariamente mediante cerramentos. As instalacións e equipamentos deberán cumprir coa normativa industrial e hixiénico e sanitaria correspondente e responderán ás medidas de accesibilidade universal e seguridade dos participantes. O número de unidades de que se debe dispoñer dos utensilios, máquinas e ferramentas que se especifican no equipamento dos espazos formativos será suficiente para un mínimo de 15 alumnos ou alumnas e deberá incrementarse, no seu caso, para atender a un número superior. No caso de que a formación se dirixa a persoas con discapacidade, realizaranse as adaptacións e os axustes razoables para asegurar a súa participación en condicións de igualdade. 7
Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel
ACCESO Á FORMACIÓN CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE NIVEL 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN REQUISITOS FORMATIVOS REGULACIÓN PROBAS COMPETENCIAS CLAVE Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos
PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS
Docencia da formación profesional para o emprego CARACTERÍSTICAS XERAIS Modalidade presencial Datas 15/09/2014 18/12/2014 Prácticas Xaneiro 2015 Horario 16:00 21:00 Lugar de impartición Duración Inscrición
5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso
5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso 5.4.1 Anulación de matrícula Ao inicio de curso e antes do 31 de outubro pode ocorrer que un alumno ou unha alumna presenten a anulación da súa matrícula.
PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE
PLANO DE FOMENTO da I. Liñas estratéxicas de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade O Plano de Fomento da Corresponsabilidade Os obxectivos As áreas de actuación As liñas de acción A temporalización
Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.
5.2 Acollemento Enténdese por acollemento o proceso que pon en marcha o centro a través dunhas actividades que teñen como obxectivo facilitar a chegada e a adaptación do novo alumnado. A maioría do alumnado
EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO
EXPOSICIÓN DE TEMAS º ESO O proxecto consiste en que o alunado da clase, por grupos, expoña unha unidade completa ou ben parte dunha unidade do programa. Para iso organizarán-se grupos dun mínimo de dous
GUÍA BREVE SOBRE LINGUA GALEGA E LITERATURA DE 1º DE BACHARELATO. Avaliacións Bloques de contidos Temas de referencia no libro de texto
EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Lingua Galega e Literatura GUÍA BREVE SOBRE LINGUA GALEGA E LITERATURA DE 1º DE BACHARELATO MATERIAIS E RECURSOS Utilizarase como material básico o libro de texto Lingua e
ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS
1. Identificación da programación Centro educativo Centro Concello Ano académico 15015767 Politécnico de Santiago Santiago de Compostela 2016/2017 Ciclo formativo da familia profesional Familia profesional
INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO
INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018 As solicitudes de admisión dirixidas á dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados presentaranse
PIALE Integración en lingua portuguesa
PIALE Integración en lingua portuguesa Lisboa, outubro de 2015 Isabel Mato Sánchez. IES de Cacheiras (Teo) E se as histórias para crianças passassem a ser de leitura obrigatória para todos os adultos?
Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN
1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN TÍTULO OS ARTISTAS DE 1º ÁREAS QUE SON TRABALLADAS EDUCACIÓN ARTÍSTICA, LINGUAS, MATEMÁTICAS CONTEXTO EDUCATIVO NIVEL 1º CURSO 1º AUTORES E PROFESORADO QUE A POÑERAN EN
PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESORA María Loreto Albo García
PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO 2016-2017 PROFESORA María Loreto Albo García CONTIDOS E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE ASOCIADOS. BLOQUE
Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)
Benvidos, Benvidas Universidade Formación Profesional. Ciclos de Grao Superior Proba final superada Bacharelato Proba final non superada Formación Profesional. Ciclos de Grao Medio Con proba de acceso
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA Procedemento PR.75.AUL Actividades de aula Versión Modificación Data 01 Edición inicial 01/09/2011
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45663 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral
EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física
EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física Guía breve da materia de Educación física de 1º Curso de Bacharelato 1. METODOLOXÍA Na ensinanza a distancia semipresencial o aprendizaxe enténdese como un
Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III
Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III REGIÃO NORTE GALICIA Camas por 1000 habitantes: número de camas de hospitais e de centros de saúde com internamento referido à população residente estimada para
Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.
1 Departamento de Lingua e Literatura Galega EPAPU Eduardo Pondal LITERATURA UNIVERSAL 1º DE Bacharelato GUÍA BREVE Curso 2017-2018 MATERIAIS E RECURSOS Non se vai predeterminar ningún libro de texto.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42848 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de
UNIDADE 2: INTRODUCIÓN
UNIDADE 2: INTRODUCIÓN O LIBRO DO ALUMNADO Na páxina de entrada da unidade preséntanse unha serie de actividades orais que parten dos coñecementos previos e avanzan contidos que se traballarán ao longo
TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS Requisitos de Titulación (Nivel mínimo de Titulación e Formación esixible): Técnico/a superior
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23748 III. Outras disposicións Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación,
ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS
1. Identificación da programación Centro educativo Código Centro Concello Ano académico 15027873 Afonso X O Sabio Cambre 2015/2016 Ciclo formativo Código da familia profesional Familia profesional Código
