CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL ASPANAES- DUQUES DE LUGO. Centro Concertado Santiago de Compostela CEEPR ASPANAES DUQUES DE LUGO SANTIAGO DE COMPOSTELA

Tamanho: px
Começar a partir da página:

Download "CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL ASPANAES- DUQUES DE LUGO. Centro Concertado Santiago de Compostela CEEPR ASPANAES DUQUES DE LUGO SANTIAGO DE COMPOSTELA"

Transcrição

1 PROXECTO LECTOR CEEPR ASPANAES DUQUES DE LUGO SANTIAGO DE COMPOSTELA 1

2 INDICE PAX. 1. INTRODUCIÓN 3 2. CONTEXTO 3. OBXETIVOS: Obxectivo xeral Obxectivos específicos. 4. DESCRIPCIÓN DE ACTIVIDADES 6 5. RECURSOS: Recursos materiais 5.2. Recursos espaciais 5.3. Recursos humanos 6. TEMPORALIZACIÓN 8 7. METODOLOXÍA 8 8. AVALIACIÓN DO PROXECTO 9 2

3 1. INTRODUCIÓN O Proxecto Lector do CEEPR ASPANAES Duques de Lugo, elabórase coa pretensión da favorecer nos nosos alumnos certo hábito pola lectura e a escritura, que en moitos casos para eles poden incluso chegar a converterse en un sistema básico de comunicación (non debemos esquecer que todo o noso alumnado presenta algún Trastorno do Espectro Autista). Así mesmo, tentarase favorecer o uso das novas tecnoloxías e o manexo de todo tipo de información. En definitiva, procurarase que o alumnado que estea capacitado para iso, adquira unha axeitada competencia de comunicación lingüística, competencia lectora, de manexo da información cultural e artística e competencia de aprender a aprender, finalidades polas cales se fomentará a lectura e a escritura. 2. CONTEXTO: 2.1. DESCRIPCIÓN DO CENTRO: O centro CEEPR ASPANAES Duques de Lugo acolle na actualidade 40 alumnos con necesidades educativas especiais, por ter sido diagnosticados dalgún tipo de trastorno que implica a presenza de sintomatoloxía propia dos Trastornos do Espectro Autista. Estes alumnos precisan dunha intervención mais especializada da que se pode ofertar dende un centro educativo ordinario, xa que esixen recursos adaptados de difícil xeneralización. O centro consta de 7 unidades de infantil e primaria, na que se distribúen os 40 alumnos, dos cales tan só 5 asisten ao centro a tempo completo, os 35 restantes acoden en combinada con outros centros ordinarios da contorna. A maior parte do alumnado que asiste ao centro procede tanto da zona urbana de Santiago de Compostela como dos concellos limítrofes (Ames, Teo, Oroso, Touro,...). Pero tamén existen varios alumnos que proceden de concellos da provincia de Pontevedra (Lalín, Silleda,...), ou de concellos da provincia de A Coruña, pero que se atopan a unha distancia considerable do centro (Cee, Boiro, Ribeira, Rianxo,...) REFERENCIAS Ó ALUMNADO: O Proxecto Lector vai dirixido a aqueles alumnos do centro que contan coa capacidade e os recursos precisos para beneficiarse do mesmo. Con respecto o noso alumnado, falamos de nenos con características moi singulares dada a natureza do centro e a poboación a que se destina. Dentro das 3

4 características comúns que destacan en todos eles, son as dificultades e/ou alteracións na comunicación verbal e non verbal, sendo común a ausencia case total de linguaxe verbal e unha moi escasa a comprensión da mesma. Todos carecen das habilidades necesarias para manter unha conversa recíproca e flexible. Tanto a forma como o contido da linguaxe son peculiares e poden incluír ecolalia, inversión pronominal, invención de palabras, etc. As reaccións aos requirimentos verbais e non verbais dos demais normalmente son inadecuadas (evitación visual, dificultade para comprender as expresións faciais, as posturas corporais, os xestos, etc.). Por todo isto, é fácil comprender que no noso centro se prime o traballo de cara mellorar a capacidade comunicativa do alumnado, sexa a través da linguaxe oral, dun sistema aumentativo/alternativo de comunicación (signos, sistema PECS, programa comunicador,...) que o neno domine, ou a través da linguaxe escrita. A pesares de que é moi común, entre o noso alumnado, a dificultade en canto á comprensión lectora, tamén é certo que a linguaxe escrita convértese, en moitos casos, nun apoio visual moi útil que favorece a comunicación dos nosos alumnos coas persoas da súa contorna. Partindo desta premisa, grande parte dos alumnos do centro contan con libretasaxenda nas que recollen información sobre as actividades que realizan ao longo do día, por escrito e con apoios visuais (fotos, pictogramas ou debuxos), de xeito que poidan utilizalas como referencia para explicar a outros o que fixeron. En canto á aprendizaxe da lecto-escritura, dadas as dificultades de abstracción do noso alumnado e a necesidade de contar con apoios visuais para comprender mellor a información que recibe da contorna, utilízase o método global. É dicir, trabállase a comprensión lectora, inicialmente, a través da asociación de imaxes con palabras, para, pouco a pouco, a medida que a capacidade de abstracción do alumno se incrementa e amplía o seu vocabulario comprensivo, introducir a lectura silábica e analítica. Por isto, cando se introduce a lectura de contos ou historias breves, téntase sempre de que estes conten con pictogramas ou apoios visuais que faciliten ao noso alumno a comprensión do relato. Á hora de plantexar os obxectivos e actividades do Proxecto hai que ter en conta que a poboación á que vai dirixido é moi heteroxénea, non só en canto a idades e niveis educativos, senón tamén en canto a capacidades, habilidades, intereses, polo que será preciso establecer obxectivos e actividades que respondan ás necesidades e se adapten ás diferentes características do alumnado. 3. OBXETIVOS: Á hora de establecer os obxectivos de aprendizaxe do alumnado do noso centro debemos ter en conta que as aprendizaxes han de ser: Interesantes para o alumno e a súa familia. Axeitadas a idade cronolóxica e á súa situación temporal/biográfica. 4

5 Adaptadas ás súas características individuais. Favorecedoras das relacións sociais e da súa participación social. Facilitadoras da comunicación (que sirvan de nexo para compartir aficións, intereses, etc.). Contextualizadas e integradoras, exercitándose na comunidade OBXETIVOS XERAIS: Fomentar o interese pola lectura Mellorar a capacidade comunicativa do noso alumnado a través da lectoescritura Favorecer aos nosos alumnos o acceso aos recursos que oferta a comunidade Difundir a sociedade o coñecemento sobre os Trastornos do Espectro Autista OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: OBXECTIVO 1: Fomentar a lectura na aula. Actividades: traballar a lectura a través de materiais adaptados (relatos curtos e contos adaptados con pictogramas). Responsables: os titores de aula. OBXECTIVO 2: Fomentar o uso da biblioteca infantil do centro. Actividades: planificar visitas dos alumnos á biblioteca infantil do centro para que soliciten o préstamos de libros adaptados do seu interese. Responsables: os titores de aula. OBXECTIVO 3: Fomentar o uso das libretas-axenda como medios de comunicación coas persoas do entorno. Actividade: traballar na creación de libretas-axenda para todos aqueles alumnos con certa capacidade de lectoescritura. Responsables: os titores de aula 5

6 OBXECTIVO 4: Favorecer o acceso aos recursos da comunidade para potenciar a lectura. Actividade: programar e realizar diversas visitas á Biblioteca Ánxel Casal. Responsables: Equipo directivo en colaboración co resto de persoal do centro. OBXECTIVO 5: Potenciar o uso das habilidades sociais. Actividade: traballar o uso de fórmulas de cortesía e normas de comportamento, para xeneralizalas a un contexto natural (a biblioteca). Responsables: todo o persoal do centro. OBXECTIVO 6: Fomentar as habilidades de elección. Actividade: traballar, en contexto natural, contando cos apoios precisos, a elección (elixir un conto, unha revista, un DVD, ), a través da lectura. Responsables: todo o persoal do centro. OBXECTIVO 7: Proporcionar aos nosos alumnos as ferramentas precisas para desenvolverse con autonomía na Biblioteca. Actividade: utilizar o servizo de préstamo da biblioteca, facendo uso dos apoios visuais precisos (secuencias de pasos das tarefas). Responsables: todo o persoal do centro. 4. DESCRIPCIÓN DE ACTIVIDADES: A partires da aprobación do presente Proxecto, poñeranse en marcha unha serie de actividades encamiñadas a fomentar a lectura no alumnado do noso centro: 1. Traballar a lectura a través de materiais adaptados (relatos curtos e contos adaptados con pictogramas): con todos aqueles alumnos cos que, polas súas capacidades, se está a traballar a lecto-escritura, incluirase a realización dalgunha actividade mensual na aula de lectura de relatos curtos ou contos con apoios visuais, para fomentar o hábito da lectura e a comprensión lectora. 2. Planificar visitas dos alumnos á biblioteca infantil do centro para que soliciten o préstamos de libros adaptados do seu interese: a. Programar visitas mensuais de cada aula á biblioteca do centro. 6

7 b. Adquirir novos materiais para dotar á biblioteca do centro dunha oferta de recursos variada, adaptada ás diferentes características do noso alumnado. c. Traballar cos alumnos, nun contexto estruturado, a posta en práctica das habilidades que precisarían para solicitar un libro. d. Traballar a posta en práctica, nun contexto estruturado, as habilidades sociais e as normas de comportamento asociadas ás actividades nunha biblioteca. e. Traballar a elección de libros ou materiais audiovisuais, facendo uso dos apoios precisos. 3. Traballar na creación de libretas-axenda para todos aqueles alumnos con certa capacidade de lectoescritura: tentarase introducir o uso das axendas de dobre circulación en tódalas aulas, dándolles aos alumnos con capacidade para elo, un novo recurso comunicativo e de traballo da lectura. 4. Programar e realizar diversas visitas á Biblioteca Ánxel Casal. a. Programaranse unha serie de visitas mensuais á biblioteca ás que poderán acudir os nosos alumnos, en pequenos grupos, en función das súas capacidades, para desfrutar da lectura ou consulta de contos e/ou libros en galego. b. Os nosos alumnos participaran naquelas actividades que a biblioteca programe, que se adecúen ás súas características e necesidades, en horario lectivo. c. Ofertarase ás familias a posibilidade de achegar aos nosos alumnos á biblioteca, fóra do horario lectivo, cando esta organice actividades axeitadas para eles. 5. Traballar o uso de fórmulas de cortesía e normas de comportamento, para xeneralizalas a un contexto natural (a biblioteca): traballar, no contexto natural da biblioteca municipal, facendo uso dos apoios precisos (paneis de normas, secuencias de tarefas, scripts sociais, ), o uso das fórmulas de cortesía axeitadas e a autorregulación e control condutual. 6. Traballar, en contexto natural, contando cos apoios precisos, a elección (elixir un conto, unha revista, un DVD, ), a través da lectura: traballar, no contexto natural, a elección, facendo uso dos apoios precisos (paneis de elección). 7. Utilizar o servizo de préstamo da biblioteca municipal, facendo uso dos apoios visuais precisos (secuencias de pasos das tarefas): fomentar o uso do servizo de préstamo da biblioteca, ofrecendo aos nosos alumnos os apoios precisos para comprender a tarefa (secuencia da tarefa, scripts sociais, paneis de elección, ) 7

8 5. RECURSOS: 5.1. Recursos materiais: Farase uso dos recursos materiais cos que conta o centro: contos infantís da biblioteca, contos das aulas, materiais adaptados para os alumnos con TEA, materiais e recursos específicos existentes en internet, DVDs, etc. Así mesmo, contarase cos recursos materias que se atopan na Biblioteca Pública Ánxel Casal. Os recursos existentes na actualidade ampliaranse, ao longo do curso, coa recollida ou compra de novos materiais adaptados para persoas con TEA (libros, DVD, programas, apps, etc.) e que respondan aos intereses particulares do noso alumnado, tanto no centro como na Biblioteca Municipal Recursos espaciais: Farase uso das aulas do centro e do despacho da orientadora, no que se atopa situada a biblioteca. Tamén se utilizarán os diferentes espazos da Biblioteca Pública Ánxel Casal Recursos humanos: Todo o equipo profesional do centro, ademais dos profesionais cos que conte a Biblioteca Pública Ánxel Casal cando se realicen as visitas programadas. 6. TEMPORALIZACIÓN: O proxecto realizarase ao longo de todo o curso , con posibilidade de prorrogarse a súa execución ao curso próximo. Tanto as visitas á biblioteca do centro como as visitas á Biblioteca Pública Ánxel Casal realizaranse mensualmente en grupos pequenos, que tentaremos que sexan o mais homoxéneos posible, tendo en conta as capacidades e características de cada alumno. 7. METODOLOXÍA: Pódense clasificar os principios metodolóxicos que rexerán a nosa intervención nos seguintes: 7.1. Globalización da ensinanza: favorecemos as aprendizaxes se os contidos se presentan relacionados de maneira sistemática, estruturada e explícita e, sobre todo, vinculados a experiencias previas da persoa. 8

9 7.2. Estruturación: un contexto estruturado (tanto a nivel físico como temporal) supón un ambiente directivo e claro para os alumnos con TEA, pero non ríxido nin inflexible Aprendizaxe significativo: implica partir do nivel de desenvolvemento da persoa, adaptándose ás súas características e tendo en conta sempre que as aprendizaxes sexan funcionais para ela. Debe buscarse sempre a utilidade daquelo que se traballa, aclarando por qué e para qué se realiza cada tarefa Aprendizaxe na contorna natural: significa vincular as actividades de ensinanza-aprendizaxe de determinados contidos a situacións en contextos naturais (fóra da estrutura totalmente adaptada das intervencións individuais das aulas dos CEE). Estas estratexias de ensinanza natural teñen importantes vantaxes: uso contextualizado das habilidades aprendidas, xeneralización de aprendizaxes, etc Motivación: para potencias a motivación e a participación nas actividades, estas deben partir dos intereses dos alumnos e seguir as súas iniciativas. Así mesmo, a diversidade de actividades incrementa a motivación e potencia a xeneralización de aprendizaxes Xeneralización: implica a posta en práctica das aprendizaxes adquiridas en contextos diferentes ao da súa ensinanza. Relacionase co uso das aprendizaxes en contextos naturais Coordinación: necesidade dunha intervención coordinada coa familia, para que as mesmas aprendizaxes adquiridas no contexto específico dos centros educativos se poñan en práctica no contexto familiar. En xeral, o proxecto lector levarase a cabo tendo en conta os gustos, preferencias, intereses, capacidades, habilidades, idade, nivel de desenvolvemento, necesidades, etc., dos nosos alumnos. 8. AVALIACIÓN DO PROXECTO: O presente proxecto será avaliado ao final do curso. Terase en conta a consecución dos diferentes obxectivos plantexados e a realización das actividades previstas. Os resultados da avialiación recolleranse na Memoria Anual do curso e, a partires dos mesmos, plantexaranse melloras e propostas de obxectivos de cara á elaboración do proxecto do próximo curso. 9

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL INTRODUCIÓN Finalidade A música é unha forma de linguaxe na que a función expresiva é unha das súas manifestacións fundamentais. Edgar Wilems di que a música favorece o impulso

Leia mais

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO EXPOSICIÓN DE TEMAS º ESO O proxecto consiste en que o alunado da clase, por grupos, expoña unha unidade completa ou ben parte dunha unidade do programa. Para iso organizarán-se grupos dun mínimo de dous

Leia mais

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN Que é o calendario de vacinación infantil? É o documento que inclúe as vacinas que se recomenda administrarlle á poboación dependendo

Leia mais

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral: CURSO Impartido por Beatriz Méndez Darrocha O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral: UNHA INSERCIÓN LABORAL REAL PARA TODAS/OS. A Coruña 21, 22 e 28 de febreiro, e 1 de marzo. 2013 Con

Leia mais

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal Programa de formación en comercialización e marketing Orientación comercial á grande distribución As claves do punto de venda Entender o lineal Programa de formación en comercialización e marketing Orientación

Leia mais

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN Acordos sobre criterios de convalidación tomados pola Comisión de Relacións Exteriores (Subcomisións dos Graos en Tradución e Interpretación, Linguas Estranxeiras e Ciencias de Linguaxe) modificados o

Leia mais

PIALE Integración en lingua portuguesa

PIALE Integración en lingua portuguesa PIALE Integración en lingua portuguesa Lisboa, outubro de 2015 Isabel Mato Sánchez. IES de Cacheiras (Teo) E se as histórias para crianças passassem a ser de leitura obrigatória para todos os adultos?

Leia mais

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS Docencia da formación profesional para o emprego CARACTERÍSTICAS XERAIS Modalidade presencial Datas 15/09/2014 18/12/2014 Prácticas Xaneiro 2015 Horario 16:00 21:00 Lugar de impartición Duración Inscrición

Leia mais

Emilio Fernández: "Non estamos a formar universitarios e universitarias, senón especialistas"

Emilio Fernández: Non estamos a formar universitarios e universitarias, senón especialistas Emilio Fernández, candidato a reitor da Universidade de Vigo Alba Sotelo hai 15 horas Ciencia e tecnoloxía Emilio Fernández: "Non estamos a formar universitarios e universitarias, senón especialistas"

Leia mais

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c Guía Materia 2016 / 2017 DATOS IDENTIFICATIVOS Lingua portuguesa IV Materia Código Titulacion Lingua portuguesa IV V01G400V01983 Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos

Leia mais

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria 1. Que se pretende con esta convocatoria? A Resolución pretende acoller, baixo un marco único, a todos aqueles programas que se veñen desenvolvendo

Leia mais

PLAN LECTOR FOMENTO DE LECTURA

PLAN LECTOR FOMENTO DE LECTURA PLAN LECTOR FOMENTO DE LECTURA ÍNDICE - PRESENTACIÓN - CONTEXTO DO CENTRO - PRINCIPIOS BÁSICOS DO PROXECTO - ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O TRATAMENTO DA COMPRENSIÓN LECTORA - VOCABULARIO ESPECÍFICO DAS

Leia mais

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño 2. Lectura / ( 20 % ) 3.Interpretación 4.Público 5.Nivel global / ( 20 % ) MATERIA DE CONXUNTO DE GUITARRA, CURSOS 1º A 4º DO G.P. / CRITERIOS DE CORRECCIÓN: DENTRO DE CA ÁREA Avaliación ordinaria trimestral

Leia mais

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade Política e Obxectivos de Calidade Curso 2014/2015 1 Política de Calidade do Centro A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha

Leia mais

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES 1 LAVAR OS DENTES 2 INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES Establecer unha correcta hixiene oral desde os primeiros anos é un investimento para toda a vida. Os problemas relacionados coa saúde bucodental,

Leia mais

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos). clases sen fume información para os escolares curso 2017-2018 É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos). Ten como fin evitar que comeces a fumar ou ben, se xa o fixeches, que deixes o

Leia mais

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Puntazo de Encontro speed-dating cultural Culturgal é un gran punto de encontro. Por iso, o Concello de Pontevedra quere ORGANIZAR espazos e momentos para atoparnos no Culturgal. Entendemos que é moi importante que empresas (novas ou non tanto),

Leia mais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15351 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación,

Leia mais

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO INTEGRADO NO PROGRAMA BEN EMPREGADO páx. 0 O Programa de Fomento do Emprego e a Economía dos Sectores Estratéxicos da provincia

Leia mais

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Recursos de información Páxina web. http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ Perfil facebook https://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc

Leia mais

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC) 5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC Co patrocinio de 0. DATOS DA ENQUISA Preguntas: 56 (

Leia mais

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación Unidade 1 1. Presentación da unidade 2. Obxectivos didácticos 3. Contidos da unidade/criterios de avaliación/estándares de aprendizaxe avaliables 4. Selección

Leia mais

REGULAMENTO DA WEB DA CPMA-VIGO

REGULAMENTO DA WEB DA CPMA-VIGO REGULAMENTO DA WEB DA CPMA-VIGO RESUMO Este é o regulamento para participar na web da Comisión de Planeamento e Medio Ambente da Delegación en Vigo do COAG. Se ben o acceso ós contidos públicos non precisa

Leia mais

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación Unidade 5 1. Presentación da unidade 2. Obxectivos didácticos 3. Contidos da unidade/criterios de avaliación/estándares de aprendizaxe avaliables 4. Selección

Leia mais

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE OBXECTIVOS: Formar persoas capaces de realizar actividades socioculturais e recreativas, tanto en tempo libre urbano como na natureza. As funcións

Leia mais

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria Educación Financeira Introdución A introdución no currículo da ensinanza obrigatoria

Leia mais

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas PÁXINA 2 normativa reguladora finalidade beneficiarias PÁXINA 3 actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade PÁXINA 4 contías obrigas PÁXINA 5 presentación de solicitudes prazo

Leia mais

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012 Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012 O obxecto desta convocatoria de Valorización de Resultados é a de iniciar o camiño de realización de probas de concepto ou prototipos a partir

Leia mais

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA 2015-2016 Conscientes de que a educación é unha clave fundamental para promover unha boa seguridade viaria, o motor do programa proposto é facilitar aos nenos e nenas da nosa

Leia mais

PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2

PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2 PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2 Xullo de 2009 1 DATOS XERAIS DO CURSO 1. Familia profesional: Formación complementaria Área profesional: Competencias clave 2. Denominación

Leia mais

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA Procedemento PR.75.AUL Actividades de aula Versión Modificación Data 01 Edición inicial 01/09/2011

Leia mais

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015 Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015 A Fundación SGAE presenta o seguinte programa de bolsas de formación para o ano 2014/2015: -Bolsas para a formación

Leia mais

1.- Organización da Escola de Primavera:

1.- Organización da Escola de Primavera: Curso: Escola de Primavera do CESG. Metodoloxías de acción e participación socioeducativas Lugar: Centro Cívico Municipal de Monelos da cidade de A Coruña Data: 9 e de maio de 6 Duración: horas lectivas

Leia mais

CAIXA TORRE (MATEMÁTICAS CON PAPEL)

CAIXA TORRE (MATEMÁTICAS CON PAPEL) CAIXA TORRE (MATEMÁTICAS CON PAPEL) Covadonga Blanco. EUAT Universidade da Coruña Teresa Otero. IES Antón fraguas. Santiago de Compostela Alicia Pedreira. IES Monelos. A Coruña A papiroflexia ou origami

Leia mais

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015 FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN PROGRAMA FORMATIVO DE INNOVACIÓN: PÍLULAS FORMATIVAS DE APOIO PARA A ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN DO TFG/TFM Datas de realización: Febreiro, marzo, abril. Horario de 16:00

Leia mais

Proxecto Educativo. Conservatorio Profesional de Música. Santiago de Compostela

Proxecto Educativo. Conservatorio Profesional de Música. Santiago de Compostela Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa REDE DE CONSERVATORIOS DE MÚSICA E DANZA DE GALICIA Modelo MD71PLA01 Proxecto Educativo Conservatorio Profesional de Música de

Leia mais

" Programación" Trompeta

 Programación Trompeta Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa REDE DE CONSERVATORIOS DE MÚSICA E DANZA DE GALICIA Modelo MD75PRO01 " Programación" Trompeta " Curso&2016/2017 Páxina1de76 Índice"

Leia mais

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS 2009-2010 EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE Os dereitos das nenas e dos nenos a traverso da obra de Francesco Tonucci PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS 2009-2010 EDUCANDO

Leia mais

Inecuacións. Obxectivos

Inecuacións. Obxectivos 5 Inecuacións Obxectivos Nesta quincena aprenderás a: Resolver inecuacións de primeiro e segundo grao cunha incógnita. Resolver sistemas de ecuacións cunha incógnita. Resolver de forma gráfica inecuacións

Leia mais

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso clases sen fume información para os centros docentes curso 2016-2017 30 outubro Remate do prazo de inscrición Remisión ficha de inscrición (web o fax) 2novembro Comezo do compromiso de non fumar 11novembro

Leia mais

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565 DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2015 pola que se convoca o Curso de eventos deportivos:

Leia mais

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_ : TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_24.11.2010 IMAGINA ATLANTICA: ESPAZO ATLÁNTICO, TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES ACCION WP3.1: Programa de Intercambio

Leia mais

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero SI A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero Edita: Xunta de Galicia Presidencia Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Fundación para o Fomento da Calidade

Leia mais

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo Regulamento de prácticas académicas externas do alumnado da de Ciencias Empresariais de Ourense (Aprobado en Comisión Permanente celebrada o 15 de decembro de 2014 e en Xunta de do 18 de decembro de 2014)

Leia mais

O VOLUNTARIADO CAS PERSOAS XORDAS

O VOLUNTARIADO CAS PERSOAS XORDAS Q-35g O VOLUNTARIADO CAS PERSOAS XORDAS A HETEROXENEIDADE DO COLECTIVO DE PERSOAS XORDAS A pesares de que ó longo dos derradeiros anos produciuse un progresivo medre do nivel de sensibilizazón da sociedade

Leia mais

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA 3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA A.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA : compoñentes e sectores (páx. 94-5) A.1.- Que é a actividade económica? A actividade económica é o conxunto de tarefas ou actividades dos seres humanos

Leia mais

Os obxectivos educativos

Os obxectivos educativos Os obxectivos educativos 1 Índice XENERALIDADES 3 1.1. Os obxectivos no proceso de ensino-aprendizaxe 3 1.2. A formulación dos obxectivos. 3 1.3. O obxectivo como meta e reto (obxectivos e competencias)

Leia mais

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020 CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos A estratexia Galicia 2020 Galicia atópase no 2020, de seguir as tendencias actuais, entre o terzo de rexións europeas que experimentarán

Leia mais

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade Elabora: División de Asistencia Sanitaria Colaboradores: Pablo Galego Feal Antonio García Quintáns Ana Mª Gutiérrez Molina Javier Abalo Piñeiro

Leia mais

Consulta Existencia do Asociacions 2017 Grafico Zonas. Se Realizarón un total de 400 Consultas na Enquisa: Existencia do Asociacions 2017

Consulta Existencia do Asociacions 2017 Grafico Zonas. Se Realizarón un total de 400 Consultas na Enquisa: Existencia do Asociacions 2017 Consulta Existencia do 010 - Asociacions 2017 Grafico Zonas Se Realizarón un total de 400 Consultas na Enquisa: Existencia do 010 - Asociacions 2017 1 COÑECE VOSTEDE O SERVIZO DE INFORMACIÓN TELEFONICA

Leia mais

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO Suplemento en lingua galega ao núm. 25 Xoves 29 de xaneiro de 2015 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE 738 Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se describen

Leia mais

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES 2014 2015 Para poder avaliar e mellorar o Programa Clases sen Fume necesitamos que dediques uns minutos a contestar este breve cuestionario. É ANÓNIMO, o que nos

Leia mais

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA Plan de Convivencia Consello social do 29/09/2017 http://www.edu.xunta.es/centros/cifppolitecnicosantiago

Leia mais

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO? CONVOCATORIA XIII EDICIÓN DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO Programa de voluntariado internacional para o persoal técnico da administración local galega Ano 2018 1. QUE SON AS VACACIÓNS CON TRABALLO?

Leia mais

Estudo sobre a situación do sector turístico en Boiro e resto do Barbanza

Estudo sobre a situación do sector turístico en Boiro e resto do Barbanza Estudo sobre a situación do sector turístico en Boiro e resto do Barbanza Municipios de Boiro, Porto do Son, Ribeira, A Pobra e Rianxo ÍNDICE INTRODUCIÓN 4 ESTUDO DE CARACTERIZACIÓN DA OFERTA DE ALOXAMENTO

Leia mais

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años) Benvidos, Benvidas Universidade Formación Profesional. Ciclos de Grao Superior Proba final superada Bacharelato Proba final non superada Formación Profesional. Ciclos de Grao Medio Con proba de acceso

Leia mais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45663 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral

Leia mais

PROXECTO LECTOR DE CENTRO ANTONIO BLANCO RODRÍGUEZ COVELO

PROXECTO LECTOR DE CENTRO ANTONIO BLANCO RODRÍGUEZ COVELO PROXECTO LECTOR DE CENTRO ANTONIO BLANCO RODRÍGUEZ COVELO A incidencia dos problemas relacionados coa lectura no fracaso escolar é evidente. Por iso é cada día máis urxente deseñar un rigoroso PROXECTO

Leia mais

CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN. MÚSICA. Criterios de Avaliación de Música para os cursos de 2º e 3º de ESO.

CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN. MÚSICA. Criterios de Avaliación de Música para os cursos de 2º e 3º de ESO. CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN. MÚSICA CURSOS 2º-3º ESO Criterios de Avaliación de Música para os cursos de 2º e 3º de ESO. Segundo o decreto 133/2007, do 5 de Xullo (DOG do 13 Xullo de 2007),

Leia mais

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA INSTITUTO DE ENSINO SECUNDARIO "SAN CLEMENTE" C/. San Clemente, s/n. 15705 Santiago de Compostela Teléfonos 981 58 04 96-981 58 03 66 Fax 981 57 21 90 e-mail: ies.sanclemente@edu.xunta.es www.iessanclemente.net

Leia mais

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016)

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016) NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016) A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades establece no seu artigo

Leia mais

Estudo de inserción laboral dos titulados de FP que remataron estudos no curso

Estudo de inserción laboral dos titulados de FP que remataron estudos no curso Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Estudo de inserción laboral dos titulados de FP que remataron estudos no curso 2003-2004 Estudo comparado con curso 2001-2002

Leia mais

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade Antecedentes Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade O Real Decreto (RD) 1707/2011, do 18 de novembro, regula as prácticas externas do estudante universitario, e completa

Leia mais

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO? CONVOCATORIA XII EDICIÓN DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO Programa de voluntariado internacional para o persoal técnico da administración local galega Ano 2017 1. QUE SON AS VACACIÓNS CON TRABALLO? Vacacións

Leia mais

PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE

PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE UNIDADE DIDACTICA: PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE CEP PLURILINGÜE IGREXA VALADARES EQUIPOS DE BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA (2012-2013) ACTIVIDADE Nº 1 QUE SABEMOS SOBRE A XEOMETRÍA?

Leia mais

PROXECTO EDUCATIVO DA ESCOLA INFANTIL

PROXECTO EDUCATIVO DA ESCOLA INFANTIL PROXECTO EDUCATIVO DA ESCOLA INFANTIL 1 PROXECTO EDUCATIVO DA ESCOLA INFANTIL I. TIPOLOXÍA DE ESCOLA Índice: II. CARACTERÍSTICAS BÁSICAS A) Características socioculturais do contorno B) O centro C) As

Leia mais

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO 2008-2009

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO 2008-2009 1 Ђы C U R S O PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO 2008-2009 M AT E R I AS C I E N CI AS E T ECNOLO X ЊП A H UM AN I D AD E S E C I E N CI AS SO CI AI S Artes pl ЋЁsticas,

Leia mais

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015 PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015 A) ALTA NO REXISTRO DE FACTURAS ELECTRÓNICAS DA XUNTA DE GALICIA SEF O primeiro que hai que facer é acceder ao SEF a través do seu enlace para

Leia mais

A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos.

A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos. A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos. O aforro enerxético, ou a redución de gases contaminantes, marcan

Leia mais

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I RESOLUCIÓN REITORAL DO 16/10/2017 DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA POLA QUE SE ESTABLECEN AS ACTIVIDADES POLAS QUE SE RECOÑECEN CRÉDITOS NOS ESTUDOS DE GRAO, POLA PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES UNIVERSITARIAS CULTURAIS,

Leia mais

IX OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA Bases

IX OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA Bases 2018 IX OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA Bases Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo Campus Universitario de Ourense LIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA Bases de Vigo Contidos INTRODUCIÓN: AS OLIMPÍADAS DE

Leia mais

Formación Profesional Básica: Módulo profesional de Comunicación e Sociedade I

Formación Profesional Básica: Módulo profesional de Comunicación e Sociedade I Departamento de Lingua Galega Formación Profesional Básica: Módulo profesional de Comunicación e Sociedade I Unidade formativa 1: Comunicación en linguas galega e castelá I Unidade formativa 3: Sociedade

Leia mais

Que é unha rede de ordendores?

Que é unha rede de ordendores? Redes Tema 4 Que é unha rede de ordendores? Unha rede informática é o conxunto de ordenadores interconectados entre sí, o que permite compartir recursos e información entre eles, Entre as ventaxas do uso

Leia mais

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS 1. Identificación da programación Centro educativo Centro Concello Ano académico 15015767 Politécnico de Santiago Santiago de Compostela 2016/2017 Ciclo formativo da familia profesional Familia profesional

Leia mais

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE MESTRADO Preámbulo Coa chegada da implantación do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), o Traballo Fin de Mestrado

Leia mais

FERRAMENTAS PARA A BÚSQUEDA DE EMPREGO O CURRÍCULO

FERRAMENTAS PARA A BÚSQUEDA DE EMPREGO O CURRÍCULO FERRAMENTAS PARA A BÚSQUEDA DE EMPREGO O CURRÍCULO Continuando o camiño ó emprego, a continuación centrámonos nas pautas a seguir á hora de utilizar as ferramentas precisas para iniciar a búsqueda de emprego.

Leia mais

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores (ORAL) Caderno dos examinadores C4-B-11 PARTE 1 (Texto escrito) A continuación, lea vostede este artigo sobre internet na escola. Tome as notas que precise. Na entrevista oral terá que: Resumir o texto.

Leia mais

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III REGIÃO NORTE GALICIA Camas por 1000 habitantes: número de camas de hospitais e de centros de saúde com internamento referido à população residente estimada para

Leia mais

programas .py python nome.py

programas .py python nome.py Scripts en Python A tradución literal sería guións, aínda que prefiro chamarlles programas. Un programa é un arquivo que contén código fonte en linguaxe Python. Os programas teñen extensión.py Para escribir

Leia mais

Matemática Financeira

Matemática Financeira Matemática Financeira 1. Introdución 2. Porcentaxes 2.1 Incrementos e diminucións porcentuais 2.2 Porcentaxes encadeadas 3. Problemas de intereses 3.1 Interese Simple 3.2 Interese Composto. Capitalización.

Leia mais

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA ÍNDICE 1.INTRODUCIÓN...4 2.CONCEPTOS...5 2.1. Absentismo...5 2.2. Protocolo de intervención en caso de absentismo...5

Leia mais

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO 2017 Aula CeMIT de Cuntis CIBERDELITOS Días: 2 e 4 de Maio (martes e xoves) Horario: 10:00h a 13:00h Nº de Prazas: 10 Nº de Horas: 6h Descrición

Leia mais

POSTOS BASE DO GRUPO II

POSTOS BASE DO GRUPO II POSTOS BASE DO GRUPO II Responsabilidades xerais dos postos base do grupo II... 2 MESTRE... 3 ARQUITECTO TÉCNICO... 4 ENXEÑEIRO TÉCNICO INDUSTRIAL... 5 DIPLOMADO EN ENFERMERÍA... 6 TÉCNICO XESTOR DE SISTEMAS

Leia mais

EXEMPLIFICACIÓN DIDÁCTICA PARA ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL.- AREA: Coñecemento do Medio. CURSO: 3º de Educación Primaria.

EXEMPLIFICACIÓN DIDÁCTICA PARA ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL.- AREA: Coñecemento do Medio. CURSO: 3º de Educación Primaria. O RELEVO TERRESTRE EXEMPLIFICACIÓN DIDÁCTICA PARA ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL.- AREA: Coñecemento do Medio. CURSO: 3º de Educación Primaria. 1.- FUNDAMENTACIÓN DA EXEMPLIFICACIÓN. A presente Unidade

Leia mais

Potencias e radicais

Potencias e radicais Potencias e radicais Contidos 1. Radicais Potencias de expoñente fraccionario Radicais equivalentes Introducir e extraer factores Cálculo de raíces Reducir índice común Radicais semellantes. Propiedades

Leia mais

TÁBOAS DE VALORACIÓN DO RISCO CARDIOVASCULAR

TÁBOAS DE VALORACIÓN DO RISCO CARDIOVASCULAR TÁBOAS DE VALORACIÓN DO RISCO CARDIOVASCULAR Francisco Jesús Represas Carrera Enfermeiro especialista en Atención Familiar e Comunitaria ÍNDICE 1. Introdución Páx. 3 2. Táboa de Framingham Páx. 4 3. Táboa

Leia mais

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE MÚSICA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE MÚSICA Música PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE MÚSICA CURSO 2016-2017 IES. Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives) ÍNDICE: 1. EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA. MÚSICA Introdución e contextualización

Leia mais

IES San Mamede. Proxecto Lector de Centro.

IES San Mamede. Proxecto Lector de Centro. Proxecto Lector de Centro. Revisión: 01 Aprobado: 28/06/2010 Índice Índice... 2 Análise da situación da lectura e da escritura no centro... 3 Prácticas lectoras e escritoras do alumnado... 3 Identificación

Leia mais

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias ASOCIACION IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DE BARBANZA-NOIA ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO MAPA DE RECURSOS: Instalacións

Leia mais

Programa para maiores

Programa para maiores Programa para maiores A través do seu programa para maiores, a Universidade de Vigo pretende ofrecerlle á xente maior, nunha extensión á toda a sociedade, a súa misión educativa, os seus coñecementos,

Leia mais

PROXECTO EDUCATIVO I.E.S. FRANCISCO AGUIAR BETANZOS

PROXECTO EDUCATIVO I.E.S. FRANCISCO AGUIAR BETANZOS PROXECTO EDUCATIVO I.E.S. FRANCISCO AGUIAR BETANZOS ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN 3 2. CONTEXTO E CARACTERÍSTICAS DO CENTRO 3 3. OBXECTIVOS XERAIS DO CENTRO: PRIORIDADES DE ACTUACIÓN 6 4. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN

Leia mais

CMUS Profesional de Viveiro

CMUS Profesional de Viveiro CMUS Profesional de Viveiro CONCELLO DE VIVEIRO PROGRAMACIÓN DE GAITA ÍNDICE 01. GRAO ELEMENTAL... 7 02. GAITA 1º CURSO G. E.... 7 02.1. OBXECTIVOS... 7 02.2. CONTIDOS... 7 02.3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN...

Leia mais

DEPARTAMENTO DE RELIXION CATOLICA PROGRAMACION CURSO AS MARIÑAS BETANZOS

DEPARTAMENTO DE RELIXION CATOLICA PROGRAMACION CURSO AS MARIÑAS BETANZOS DEPARTAMENTO DE RELIXION CATOLICA PROGRAMACION CURSO 2017-2018 AS MARIÑAS BETANZOS XEFE DO DEPARTAMENTO CRISTINA GARCIA FLOREZ RELIXION CATOLICA 1.Obxectivos xerais de Educación Secundaria. 2. Obxectivos

Leia mais

PROXECTO LECTOR DO I.E.S. SAN PAIO 16-17

PROXECTO LECTOR DO I.E.S. SAN PAIO 16-17 PROXECTO LECTOR DO I.E.S. SAN PAIO 16-17 A praxe docente diaria detecta unha serie de eivas que aconsellan incidir na potenciación dos hábitos de lectura e escritura. Atopamos alumnos, sobre todo nos primeiros

Leia mais

GUÍA BREVE SOBRE LINGUA GALEGA E LITERATURA DE 1º DE BACHARELATO. Avaliacións Bloques de contidos Temas de referencia no libro de texto

GUÍA BREVE SOBRE LINGUA GALEGA E LITERATURA DE 1º DE BACHARELATO. Avaliacións Bloques de contidos Temas de referencia no libro de texto EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Lingua Galega e Literatura GUÍA BREVE SOBRE LINGUA GALEGA E LITERATURA DE 1º DE BACHARELATO MATERIAIS E RECURSOS Utilizarase como material básico o libro de texto Lingua e

Leia mais

COMO PODE AXUDARME O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA?

COMO PODE AXUDARME O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA? COMO PODE AXUDARME O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA? Servizos para favorecer a mellora da empregabilidade e a inserción laboral de persoas desempregadas menores de 30 anos Actualizados en febreiro

Leia mais

Identidade dixital Consumo responsable Valores democráticos europeos Mobilidade escolar sostible e segura

Identidade dixital Consumo responsable Valores democráticos europeos Mobilidade escolar sostible e segura Orde do de xuño de 2017, pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa de educación secundaria obrigatoria, e se regula o seu

Leia mais

A atención do Presidente e da Corporación do Concello de Chantada

A atención do Presidente e da Corporación do Concello de Chantada A atención do Presidente e da Corporación do Concello de Chantada MOCIÓN DE POR CHANTADA-CUP A PROL DUN NOVO PLANO DE TRANSPORTE PARA A GALIZA E DO ARRANXO DA 540. Antom Fente Parada, membro de pleno direito

Leia mais

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega CLG-N2-13 Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II Proba escrita Competencia lingüística: lingua galega Duración: sesenta minutos 1º apelido 2º apelido Nome Lugar do exame Data Obxectivo

Leia mais

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA O alumnado que reúna os requisitos esixidos polo Real Decreto 412/2014, do 6 de xuño (BOE de 7 de xuño) poderá acceder a ensinanzas universitarias oficiais de Grao

Leia mais