EXEMPLIFICACIÓN DIDÁCTICA PARA ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL.- AREA: Coñecemento do Medio. CURSO: 3º de Educación Primaria.

Tamanho: px
Começar a partir da página:

Download "EXEMPLIFICACIÓN DIDÁCTICA PARA ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL.- AREA: Coñecemento do Medio. CURSO: 3º de Educación Primaria."

Transcrição

1 O RELEVO TERRESTRE EXEMPLIFICACIÓN DIDÁCTICA PARA ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL.- AREA: Coñecemento do Medio. CURSO: 3º de Educación Primaria. 1.- FUNDAMENTACIÓN DA EXEMPLIFICACIÓN. A presente Unidade xustifícase na dificultade que teñen os alumnos con discapacidade visual, para a comprensión dos diversos aspectos do relevo propios das paisaxes de interior, así como dos accidentes característicos das paisaxes costeiras, motivado ás continuas referencias visuais, debuxos e fotografías, ás que se recorre na meirande parte dos libros de texto. Pretendemos que utilizando recursos didácticos en relevo, fundamentalmente tridimensionais, os alumnos cheguen a acadar non soamente as formas senón tamén as proporcións dos devanditos accidentes. A proposta que presentamos está pensada para o 3º curso de Educación Primaria, correspondendo á area de Coñecemento do Medio. 2.- OBXECTIVOS. Coñecer os distintos elementos do relevo terrestre. Distinguir ás súas formas e proporcións. Coñecer e identificar os accidentes costeiros. Identificar as diversas paisaxes polas súas características. 3.- CONTIDOS CONCEPTOS. A paisaxe. O relevo terrestre. Concepto e accidentes. A paisaxe de interior. A paisaxe costeira. A intervención do home. 1

2 3.2.- PROCEDEMENTOS. Interpretación de maquetas. Discriminación táctil dos diversos elementos do relevo. Recoñecer nunha maqueta os diversos accidentes costeiros e as súas formas. Manexar os conceptos de proporción entre o representado nas maquetas e a realidade ACTITUDES. Participación activa nas tarefas diarias da aula/grupo/clase. Interese pola adquisición de novos conceptos. Participación respectuosa nas conversas propias da aula. Respectar a quenda de intervención. Reclamar a atención do mestre/a, soamente cando sexa necesario. Saber pedir axuda ós compañeiros/as cando a necesitemos. 4.- METODOLOXÍA. Formulamos a presente Unidade dentro da filosofía da escola inclusiva, partindo, por tanto, da base que considera a discapacidade como elemento enriquecedor das relacións e das aprendizaxes dentro da aula. Os recursos didácticos, elaborados especificamente para esta Unidade, contémplanse dentro desta mesma filosofía, podendo ser utilizados indistintamente por rapaces con discapacidade visual ou aqueles outros sin ningún tipo de discapacidade, pensando sempre nunha aprendizaxe cooperativa. Están feitos de xeito artesanal, utilizando materiais reciclados, papel maché e pasta de papel, con diferentes texturas para conseguir percepcións táctiles diversas, en función dos elementos representados. 5.- RECURSOS DIDÁCTICOS. Maqueta tridimensional representativa dunha paisaxe de interior característica, na que podemos atopar e distinguir os seguintes conceptos xeográficos: chaira, depresión, meseta, outeiro, montaña, serra, cordilleira, elementos da montaña (pé, ladeira, cumio), val, río 2

3 principal, afluente, curso alto, curso medio, curso baixo, meandro, etc., elaborada con distintas texturas segundo os elementos que se trate de representar. Maqueta tridimensional representando unha paisaxe costeira cos seus accidentes máis característicos: cabo, punta, golfo ou baía, península, istmo, illote, illa, arquipélago, estreito, ría; tipos de costa: alta, baixa, cantís, praias, etc. As devanditas maquetas son as que consideramos como idóneas para o desenrolo da presente Unidade; en caso de non poder dispor delas ou do tempo necesario para a súa elaboración, suxerimos como recursos alternativos os seguintes: Para a paisaxe de interior poden construírse as montañas, serras, outeiros, chairas, mesetas con plastilina; os ríos, meandros con arames ou cordeis encolados sobre un soporte ríxido ou semirríxido, chapa de madeira, cartón, etc., ou recortando o percorrido dos mesmos en cartón ou cartolina. Se isto aínda non fora posible, poderiamos recorrer á caixa de corpos xeométricos, utilizando o correspondente á pirámide como representativo dos elementos da montaña, cumio, ladeira, pe, e usando dúas ou máis como alineación de montañas, para entender o concepto de serra, cordilleira ; con outras figuras poderiamos introducir os conceptos de chaira, meseta, val, etc. En canto á paisaxe costeira poderiamos usar unha superficie de cartón na que tivésemos representada a silueta cos diversos accidentes, cabo, golfo, illa 6.- TEMPORALIZACIÓN. O desenrolo da presente unidade está pensado para unha quincena de días lectivos, ou sexa tres semanas naturais, aínda que, dependendo das características de cada alumno, poida haber algún que precise continuar as aprendizaxes durante algún tempo máis de cara ó seu reforzo. 7.- AVALIACIÓN. A avaliación da unidade realizarémola de dúas maneiras: teórica e práctica. Na parte teórica o alumno definirá por escrito ou oralmente aqueles conceptos/accidentes, propostos polo mestre. Na parte 3

4 práctica buscará e localizará nas maquetas os elementos que se lle nomeen, sinalando as súas características primordiais. En caso de non dispor das maquetas, poderáselle encomendar a realización, en plastilina, dos accidentes/elementos propostos polo mestre. 8.- ACTIVIDADES MEMORIZAR: Chamámoslle paisaxe ao conxunto de elementos que podemos atopar nun lugar: montañas, chairas, vales, ríos, casas, pontes, etc. Destes elementos uns proceden da natureza, sen que exista intervención do home, (montañas, chairas, ríos, etc.); estes elementos reciben o nome de elementos naturais. Hai outro tipo de elementos que foron construídos polo home: casas, pontes, xardíns, etc. a os que chamamos elementos feitos polo ser humano. Entre os elementos naturais están o relevo, ou conxunto de formas que pode presentar a superficie terrestre: montañas, vales, chairas, illas ; a auga nas súas distintas formas: mar, lago, río ; a fauna, que é o conxunto dos animais que vive nunha determinada zona: paxaros, mamíferos, réptiles ; a flora, ou especies vexetais propias do territorio do que se trate. Cando unha paisaxe está formada soamente por elementos naturais, chamámoslle paisaxe natural; se nela existen elementos feitos polo home, dicimos que é unha paisaxe humanizada A PAISAXE DE INTERIOR. 4

5 A paisaxe de interior é a propia das zonas afastadas da costa, e segundo as formas que adopte o relevo, pode ser montañosa ou de chaira. Actividade Recorrer co tacto a maqueta observando as diferentes formas do relevo, sen nomealas. Montaña é unha grande elevación do terreo; nunha montaña atopamos tres partes ben diferenciadas: cumio ou cima, que é a parte máis alta, pé, que é a parte máis baixa da montaña, e ladeira, ou zona que queda entre o cumio ou cima e o pé. Val é a zona baixa que se atopa entre dúas montañas. Ás veces as montañas preséntanse formando grupos; a cada un destes grupos chamámoslle serra. Actividade Discriminar ao tacto na parte da maqueta que se amosa, os seguintes conceptos: montaña e as súas partes, serra, val. 5

6 Cordilleira é un conxunto de serras que seguen unha mesma alineación. Actividade Comprender e discriminar táctilmente o concepto de cordilleira como sucesión de serras. Chaira é unha extensión de terreo chá. 6

7 Actividade Distinguir ó tacto as diversas zonas de chaira na maqueta. Meseta é unha chaira que está considerablemente elevada sobre o nivel do mar ou dos terreos que a rodean. Actividade Distinguir ao tacto os conceptos chaira e meseta. Explica por escrito, a diferenza entre chaira e meseta; pon exemplos. Outeiro é unha elevación do terreo moi suave, máis baixa que unha montaña. 7

8 Actividade Localizar un outeiro na maqueta; localizar e discriminar: outeiro, montaña, serra, cordilleira. MEMORIZAR. A auga da choiva, a do desxeo das neves das montañas e a dos mananciais discorre rapidamente polas ladeiras das montañas, cara ás zonas máis baixas, formando correntes de auga ás que chamamos ríos. Como o terreo ten moita pendente, as augas corren con forza e arrastran pedras e outros materias; a este fenómeno chamámoslle erosión, e a esta parte do río curso alto. Actividades Recoñecer ao tacto na maqueta, o curso alto dun río. Cando o terreo se fai máis chan, a velocidade da auga diminúe, ten menos forza, polo que apenas produce erosión, limitándose a transportar os materiais arrincados no curso alto. A diferenza de dureza no solo pode facer que o río forme grandes curvas, ás que chamamos meandros. Esta parte do río recibe o nome de curso medio. 8

9 Actividades Explicar o proceso de formación dos meandros pola diferenza de dureza dos materiais que forman o solo. Recoñecer ao tacto os meandros que poidan existir na maqueta. O río chega ata a costa e desemboca no mar; a auga corre a pouca velocidade, ten pouca forza e deposita os materiais que transportou, producindo a sedimentación. A esta parte do río chamámoslle curso baixo. 9

10 Actividade Describir e recoñecer o curso baixo do río, na maqueta A PAISAXE DE COSTA MEMORIZAR Chamámoslle costa á parte da terra que está en contacto co mar; esta franxa de terra poder adoptar distintas formas: Cabo é unha parte de terra que penetra no mar; cando é unha parte pequena, pode chamarse tamén punta. 10

11 Actividades Localizará ao tacto, cabos na maqueta. Aprenderá a distinguir estes de outras formas que lle poderían resultar parecidas. Golfo é unha entrada de mar na franxa de terra; tamén é coñecido como baía. Actividades Localizar golfos e baías na maqueta. Observar e distinguir as diferenzas con outras formas costeiras. Península é un anaco de terra, rodeada de mar por todas partes menos por unha, chamada istmo, pola que se une ao continente. 11

12 Actividades Mostrarlle ao alumno unha península para que a recoñeza ao tacto. Localizar máis na maqueta. Diferenciala de outras formas, especialmente da illa. Illa é un anaco de terra rodeado de auga por todas partes; se é de pequeno tamaño pode chamarse illote. Un conxunto de illas próximas forman un arquipélago. Actividades Localizar e recoñecer ao tacto as formas mencionadas que poidan existir na maqueta. Diferenciar perfectamente illa, illote, arquipélago. Apreciar as diferenzas entre illa e península. Estreito é unha franxa de auga que separa dúas partes de terra próximas. 12

13 Actividades Mostrarlle algún estreito existente na maqueta é explicarlle o porqué de tal consideración. O alumno deberá localizar por se mesmo máis estreitos na mesma maqueta. Ría, é unha entrada do mar na costa, que penetra a través do val fluvial. 13

14 Actividades Mostrarlle esta parte da maqueta para que a recoñeza ao tacto. Explicarlle que remata nun val fluvial e ensinarllo a localizar. Posteriormente que recorra por se mesmo este espazo e que localice e nomee adecuadamente as formas que existan nel. 9.- AVALIACIÓN. Parte teórica: 1. Que é unha paisaxe de interior? Que tipos existen? 2. Unha cordilleira é 3. Di en qué se diferenza unha chaira dunha meseta. 4. Cales son as partes dunha montaña. 5. Explica que é unha península. 6. Unha illa é 7. Que é un cabo? 8. Un conxunto de illas próximas chámase Parte práctica: 1. Localiza na maqueta un outeiro. 2. Sinala os vales que atopes na maqueta. 3. Busca o curso alto dun río. 4. Recoñece un meandro e sinálao. 5. Localiza as penínsulas que poidas atopar. 6. Busca un illote. 7. Sinala un cabo ou punta. 8. Localiza un arquipélago e di cantas illas o forman. 14

TEMA 2. O RELEVO. World Ocean Floor Map by Bruce C. Heezen and Marie Tharp

TEMA 2. O RELEVO. World Ocean Floor Map by Bruce C. Heezen and Marie Tharp TEMA 2. O RELEVO 1.- QUE É O RELEVO? O relevo é todo o conxunto de formas na superficie terrestre que se foron formando ao longo de millóns de anos ( centos de millóns, incluso miles de millóns: sabes

Leia mais

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO EXPOSICIÓN DE TEMAS º ESO O proxecto consiste en que o alunado da clase, por grupos, expoña unha unidade completa ou ben parte dunha unidade do programa. Para iso organizarán-se grupos dun mínimo de dous

Leia mais

e diferente ter un bo a camiñar.

e diferente ter un bo a camiñar. ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO EN BABIA Babiaa ofrece unhas das paisaxes máis marabillosas da cordilleira Cantábrica e esta zona montañosa foi declarada Parque Natural no ano 2015. A simbiose entre os seus

Leia mais

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA 3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA A.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA : compoñentes e sectores (páx. 94-5) A.1.- Que é a actividade económica? A actividade económica é o conxunto de tarefas ou actividades dos seres humanos

Leia mais

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares. 5.2 Acollemento Enténdese por acollemento o proceso que pon en marcha o centro a través dunhas actividades que teñen como obxectivo facilitar a chegada e a adaptación do novo alumnado. A maioría do alumnado

Leia mais

ESPAÑA ARXILOSA. Tipo de rocha predominante: A rocha predominante é a arxila, que é unha rocha

ESPAÑA ARXILOSA. Tipo de rocha predominante: A rocha predominante é a arxila, que é unha rocha ESPAÑA ARXILOSA Localización: -Formada por materiais sedimentarios pouco resistentes (arxilas, margas, xesos ) depositados a finais da era Terciaria e no Cuaternario e cuxo orixe está na erosión dos sistemas

Leia mais

Potencias e radicais

Potencias e radicais Potencias e radicais Contidos 1. Radicais Potencias de expoñente fraccionario Radicais equivalentes Introducir e extraer factores Cálculo de raíces Reducir índice común Radicais semellantes. Propiedades

Leia mais

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18 Plan de Evacuación CIFP Carlos Oroza Curso 2017/18 Obxectivos do Plan de evacuación Amosar a toda a comunidade educativa como debe actuarse en situacións de emerxencia. Coñecer as diferentes zonas e as

Leia mais

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES 1 LAVAR OS DENTES 2 INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES Establecer unha correcta hixiene oral desde os primeiros anos é un investimento para toda a vida. Os problemas relacionados coa saúde bucodental,

Leia mais

Que é unha rede de ordendores?

Que é unha rede de ordendores? Redes Tema 4 Que é unha rede de ordendores? Unha rede informática é o conxunto de ordenadores interconectados entre sí, o que permite compartir recursos e información entre eles, Entre as ventaxas do uso

Leia mais

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda Por suposto, non temos que ser expertos en todo, pero como pais interesados en aprender pautas de actuación cos seus fillos, especialmente de comunicación acerca do cánnabis deixámosvos a seguinte ligazón

Leia mais

SBN: O TEMPO NO XORNAL

SBN: O TEMPO NO XORNAL I SBN:9788445345054 1.O TEMPO NO XORNAL PROXECTO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL. CAMBIO CLIMÁTICO 1 O TEMPO NO XORNAL Nesta materia debedes recoller datos meteorolóxicos, podendo obtelos de tres fontes diferentes.

Leia mais

Xeometría analítica do plano

Xeometría analítica do plano 8 Xeometría analítica do plano Obxectivos Nesta quincena aprenderás a: Recoñecer os elementos dun vector identificando cando dous vectores son equipolentes. Facer operacións con vectores libres tanto analítica

Leia mais

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN TITULACIÓN CURSO ACADÉMICO GRAO EN PEDAGOXIA APELIDOS E NOME DNI DATOS DO/A ALUMNO/A TITULO DO TFG A) TRABALLO ESCRITO (70%) Apartados

Leia mais

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal Programa de formación en comercialización e marketing Orientación comercial á grande distribución As claves do punto de venda Entender o lineal Programa de formación en comercialización e marketing Orientación

Leia mais

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS Materia / Módulo CIENCIAS DA NATUREZA Páx. 1 Curso / Ciclo ESO 1 Profesor/a responsable * Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS 1ª Proba 2ª Proba Tema 1. O Universo e o Sistema Solar

Leia mais

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs IES URBANO LUGRÍS A CORUÑA INDICE 1. CARACTERÍSTICAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA (curso 2012-2013). INICIATIVAS XA REALIZADAS NESTE CAMPO. INTERESE DE CARA AO FUTURO. 2. OBXECTIVOS

Leia mais

PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE

PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE UNIDADE DIDACTICA: PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE CEP PLURILINGÜE IGREXA VALADARES EQUIPOS DE BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA (2012-2013) ACTIVIDADE Nº 1 QUE SABEMOS SOBRE A XEOMETRÍA?

Leia mais

A terra estruturase nunha serie de capas de distinto grosor e materiais.:

A terra estruturase nunha serie de capas de distinto grosor e materiais.: TEMA 2. O RELEVO TERRESTRE 2. 1. A ESTRUTURA DA TERRA A terra estruturase nunha serie de capas de distinto grosor e materiais.: O núcleo, formado sobre todo por ferro O manto, composto por unha capa inferior

Leia mais

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2018 Versión en lectura fácil Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2018 Versión en lectura fácil Permiten pasalo

Leia mais

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE 2 Potencias e raíces Lembra o fundamental Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES CONCEPTO DE POTENCIA EXPOÑENTE Calcula. a a a a a = a 5 { 5 VECES BASE Lese a elevado á quinta. 3 2 = 2 5 = 4 3 = 7 2 = PROPIEDADES

Leia mais

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN Que é o calendario de vacinación infantil? É o documento que inclúe as vacinas que se recomenda administrarlle á poboación dependendo

Leia mais

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES 2014 2015 Para poder avaliar e mellorar o Programa Clases sen Fume necesitamos que dediques uns minutos a contestar este breve cuestionario. É ANÓNIMO, o que nos

Leia mais

Proceso de facturación.

Proceso de facturación. Proceso de facturación. O proceso de facturación permite asignar os cargos dunha reserva a unha ou varias facturas que, á súa vez, poden estar tamén a un ou varios nomes. Facturar todos os importes a un

Leia mais

REDE EUSUMO. información e comunicación

REDE EUSUMO. información e comunicación REDE EUSUMO información e comunicación Índice 1. Presentación do documento 1. Principais responsabilidades dos beneficiarios en materia de información e comunicación. 1. Referencia ao financiamento e disposición

Leia mais

PIALE Integración en lingua portuguesa

PIALE Integración en lingua portuguesa PIALE Integración en lingua portuguesa Lisboa, outubro de 2015 Isabel Mato Sánchez. IES de Cacheiras (Teo) E se as histórias para crianças passassem a ser de leitura obrigatória para todos os adultos?

Leia mais

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet Enquisa de condicións de vida das familias. Novas tecnoloxías. Ano 2013 RESUME DE RESULTADOS En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet O 58,1% da poboación galega de 5 ou máis

Leia mais

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE PLANO DE FOMENTO da I. Liñas estratéxicas de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade O Plano de Fomento da Corresponsabilidade Os obxectivos As áreas de actuación As liñas de acción A temporalización

Leia mais

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN TÍTULO OS ARTISTAS DE 1º ÁREAS QUE SON TRABALLADAS EDUCACIÓN ARTÍSTICA, LINGUAS, MATEMÁTICAS CONTEXTO EDUCATIVO NIVEL 1º CURSO 1º AUTORES E PROFESORADO QUE A POÑERAN EN

Leia mais

Política e Obxectivos de Calidade

Política e Obxectivos de Calidade Facultade Política e Obxectivos de Calidade Anexo 04 Manual de calidade VALIDACIÓN: Comisión de Calidade - 20 de Xullo de 2017 APROBACIÓN: Xunta de Facultade - 21 de Xullo de 2017 Política e Obxectivos

Leia mais

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño 2. Lectura / ( 20 % ) 3.Interpretación 4.Público 5.Nivel global / ( 20 % ) MATERIA DE CONXUNTO DE GUITARRA, CURSOS 1º A 4º DO G.P. / CRITERIOS DE CORRECCIÓN: DENTRO DE CA ÁREA Avaliación ordinaria trimestral

Leia mais

poboación xitana en paro

poboación xitana en paro 6 A poboación xitana en paro 6. A poboación xitana en paro En capítulos anteriores vimos, a grandes liñas, cifras da poboación no seu conxunto e a poboación xitana en situación de desemprego. Recordemos

Leia mais

COSTA DE DEXO E SERANTES

COSTA DE DEXO E SERANTES COSTA DE DEXO E SERANTES Adela Leiro, Mon Daporta Distancia:20 km (circular total) Dificultade: baixa Duración: 6 horas Unha ou varias camiñadas para percorrer e coñecer a costa exposta do concello de

Leia mais

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL INTRODUCIÓN Finalidade A música é unha forma de linguaxe na que a función expresiva é unha das súas manifestacións fundamentais. Edgar Wilems di que a música favorece o impulso

Leia mais

PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD ( )

PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD ( ) PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD (010-017) XUÑO 017 (OPCIÓN A). 0,75+1 ptos Página de 47 Página 3 de 47 XUÑO 017 (OPCIÓN B). 1,75 ptos Página 4 de 47 Página 5 de 47 SETEMBRO 017 (OPCIÓN A). 1 pto Página 6 de

Leia mais

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia Anatomía Vicens Vives Galicia Anatomía OBRADOIRO DE CIENCIA Nestas páxinas propóñense dous tipos de actividades: INTRODUCIÓN ACTIVIDADE PROCEDEMENTAL Permite poñer en práctica aspectos estudados no ESTUDO

Leia mais

Nome e apelidos:... materiais sólidos (ou no interior fundidos a altas temperaturas)

Nome e apelidos:... materiais sólidos (ou no interior fundidos a altas temperaturas) Nome e apelidos: UNIDADE 4: OS MINERAIS E AS ROCHAS 1 Completa a seguinte táboa: Capas da Terra atmosfera hidrosfera ecosfera xeosfera 2 Completa a seguinte táboa: Capas da xeosfera Codia Manto Núcleo

Leia mais

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade Elabora: División de Asistencia Sanitaria Colaboradores: Pablo Galego Feal Antonio García Quintáns Ana Mª Gutiérrez Molina Javier Abalo Piñeiro

Leia mais

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

Ciencia que estuda o pasado da humanidade. - I.- Introdución á Historia: fontes históricas e liñas de tempo. - II.- A caída do Imperio romano e o inicio da Idade Media - III.- O Islam 1.- Define o concepto de Historia: Ciencia que estuda o pasado

Leia mais

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015) AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015) V I G O FICHA TÉCNICA TRABALLO DE CAMPO: Do 21 de setembro ao 5 de outubro (a.i.) MOSTRA: 374 persoas PÚBLICO OBXETIVO: Usuarios/as

Leia mais

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016 Versión lectura fácil Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016 Permiten pasalo ben, durante 10 días, convivindo e relacionándote con outras persoas nun espazo lúdico, humano,

Leia mais

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018 As solicitudes de admisión dirixidas á dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados presentaranse

Leia mais

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS 1.-ÁMBITO PERSOAL FOLLA DE REXISTRO DE DATOS A.-Datos persoais. CLAVE: 1.- Sexo: 2.- Idade: 3.- Estado civil: 4.- Grupo étnico: 5.- Data de recollida dos datos: 6.- Procedencia da demanda: -Familia: -Centros

Leia mais

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais Os Números Reais 1. Introdución 2. Números racionais. Números irracionais 2.1 Números racionais 2.2 Números irracionais 3. Os números reais. A recta Real 4. Aproximacións e erros 5. Notación Científica

Leia mais

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN Acordos sobre criterios de convalidación tomados pola Comisión de Relacións Exteriores (Subcomisións dos Graos en Tradución e Interpretación, Linguas Estranxeiras e Ciencias de Linguaxe) modificados o

Leia mais

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca. 1 Departamento de Lingua e Literatura Galega EPAPU Eduardo Pondal LITERATURA UNIVERSAL 1º DE Bacharelato GUÍA BREVE Curso 2017-2018 MATERIAIS E RECURSOS Non se vai predeterminar ningún libro de texto.

Leia mais

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES) NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES) (Aprobada en Consello de Goberno do 14 de marzo de 2008) A Lei Orgánica

Leia mais

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2018-2019 ÁREA: CIENCIAS NATURAIS CURSO: CUARTO ETAPA: PRIMARIA Rúa Pi y Margall 58 36202 VIGO Telf.: 986 22 95 20 Fax: 986 43 47 61 Página 1 de 15 UNIDADE 1: AS PLANTAS, UNS SERES

Leia mais

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada ANEXO I PROCEDEMENTO SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DE ACTIVIDADES NO SISTEMA ACREDITADOR DA FORMACIÓN CONTINUA DAS PROFESIÓNS SANITARIAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA A TRAVÉS DE SAGA CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

Leia mais

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación Unidade 1 1. Presentación da unidade 2. Obxectivos didácticos 3. Contidos da unidade/criterios de avaliación/estándares de aprendizaxe avaliables 4. Selección

Leia mais

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO 2017-2018 1 Primeiro e segundo curso 1. Cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do alumnado, divididas en 7 horas de docencia

Leia mais

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO 2016-2017 1 Primeiro e segundo curso 1. Cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do alumnado, divididas en 7 horas de docencia

Leia mais

CAIXA TORRE (MATEMÁTICAS CON PAPEL)

CAIXA TORRE (MATEMÁTICAS CON PAPEL) CAIXA TORRE (MATEMÁTICAS CON PAPEL) Covadonga Blanco. EUAT Universidade da Coruña Teresa Otero. IES Antón fraguas. Santiago de Compostela Alicia Pedreira. IES Monelos. A Coruña A papiroflexia ou origami

Leia mais

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años) Benvidos, Benvidas Universidade Formación Profesional. Ciclos de Grao Superior Bacharelato Formación Profesional. Ciclos de Grao Medio Con proba de acceso Graduado en Educación Secundaria Formación Profesional

Leia mais

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso 5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso 5.4.1 Anulación de matrícula Ao inicio de curso e antes do 31 de outubro pode ocorrer que un alumno ou unha alumna presenten a anulación da súa matrícula.

Leia mais

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC Santiago, a 5 de novembro do 2012 A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC A nova proposta para a PAC da Comisión Europea vai eliminar o actual réxime de Pago Único (desaparición dos dereitos históricos no 2019),

Leia mais

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS Docencia da formación profesional para o emprego CARACTERÍSTICAS XERAIS Modalidade presencial Datas 15/09/2014 18/12/2014 Prácticas Xaneiro 2015 Horario 16:00 21:00 Lugar de impartición Duración Inscrición

Leia mais

O CONTRATO DE TRABALLO

O CONTRATO DE TRABALLO O CONTRATO DE TRABALLO Enlace da páxina oficial do Servicio Público de Empleo Estatal (SPEE) con información sobre os contratos de traballo www.redtrabaja.es/es/redtrabaja/static/redirect.do?page=ah0103

Leia mais

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO INTEGRADO NO PROGRAMA BEN EMPREGADO páx. 0 O Programa de Fomento do Emprego e a Economía dos Sectores Estratéxicos da provincia

Leia mais

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

2 Prestacións económicas da Seguridade Social 28 2 Prestacións económicas da Seguridade Social 2.1 Prestación económica por parto ou adopción múltiple Trátase dunha axuda económica, de pagamento único, cando o número de fillas ou fillos que nacen

Leia mais

A REPRESENTACIÓN DO ESPAZO XEOGRÁFICO REALÍZASE MEDIANTE A CARTOGRAFÍA OU ELABORACIÓN DOS MAPAS.

A REPRESENTACIÓN DO ESPAZO XEOGRÁFICO REALÍZASE MEDIANTE A CARTOGRAFÍA OU ELABORACIÓN DOS MAPAS. A REPRESENTACIÓN DO ESPAZO XEOGRÁFICO REALÍZASE MEDIANTE A CARTOGRAFÍA OU ELABORACIÓN DOS MAPAS. UN MAPA É A REPRESENTACIÓN DA SUPERFICIE ESFÉRICA DA TERRA SOBRE UN PLANO, A TAMAÑO REDUCIDO E DE FORMA

Leia mais

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra. Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra. Asdo. A xefatura de departamento. Dª/D. Jorge Fernández Seoane Departamento de Economía Páxina 1 de 7. 1. Modificacións introducidas

Leia mais

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE OBXECTIVOS: Formar persoas capaces de realizar actividades socioculturais e recreativas, tanto en tempo libre urbano como na natureza. As funcións

Leia mais

05 Movémonos mellor?

05 Movémonos mellor? Movémonos mellor? 05 05 01CAMIÑAS OU CONTAMINAS? A nosa protagonista, Inés Quecible, fai ao longo do día o seguinte percorrido: Pola mañá no coche co pai ata a casa dos avós; no coche da súa tía desde

Leia mais

Volume dos corpos xeométricos

Volume dos corpos xeométricos 10 Volume dos corpos xeométricos Obxectivos Nesta quincena aprenderás a: Comprender o concepto de medida do volume e coñecer e manexar as unidades de medida do S.M.D. Obter e aplicar expresións para o

Leia mais

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos). clases sen fume información para os escolares curso 2017-2018 É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos). Ten como fin evitar que comeces a fumar ou ben, se xa o fixeches, que deixes o

Leia mais

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra POIO Directorio Concello de Poio Praza do Mosteiro, 1 36995 Poio, Pontevedra 986 77 00 01 http://www.concellopoio.com 1 Distancias Terras de Pontevedra: Campo Lameiro Cotobade Marín Poio Ponte Caldelas

Leia mais

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015 PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015 A) ALTA NO REXISTRO DE FACTURAS ELECTRÓNICAS DA XUNTA DE GALICIA SEF O primeiro que hai que facer é acceder ao SEF a través do seu enlace para

Leia mais

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel ACCESO Á FORMACIÓN CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE NIVEL 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN REQUISITOS FORMATIVOS REGULACIÓN PROBAS COMPETENCIAS CLAVE Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos

Leia mais

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade Política e Obxectivos de Calidade Curso 2014/2015 1 Política de Calidade do Centro A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha

Leia mais

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6. ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6. AVALIACIÓN 7. ANEXOS XUSTICACIÓN En contacto co entorno natural

Leia mais

Ciencias Sociais 1º ESO. Actividades 1º parcial

Ciencias Sociais 1º ESO. Actividades 1º parcial Ciencias Sociais 1º ESO Actividades 1º parcial 1. Completa as seguintes frases sobre o planeta Terra: a. A terra ten forma de, aínda que está.. polos.. b. O hemisferio Norte denomínase tamén c. O hemisferio

Leia mais

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

Ciencia que estuda o pasado da humanidade. Ciencia que estuda o pasado da humanidade. Clasifícanse FONTES HISTÓRICAS Son pegadas deixadas pola actividade do ser... a través do... Permítennos... os acontecementos e a forma de... Poden ser Restos

Leia mais

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS 1. Identificación da programación Centro educativo Código Centro Concello Ano académico 15016000 Compostela Santiago de Compostela 2017/2018 Ciclo formativo Código da familia profesional Familia profesional

Leia mais

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física Guía breve da materia de Educación física de 1º Curso de Bacharelato 1. METODOLOXÍA Na ensinanza a distancia semipresencial o aprendizaxe enténdese como un

Leia mais

- Língua Portuguesa na Galiza

- Língua Portuguesa na Galiza A ASOC. DE MÃES E PAIS DO ALUNADO DE ENSINO SECUNDÁRIO DO CENTRO do concelho de E a/o representante legal: com DNI EXPOMOS: 1. Que o professorado de português do nosso Centro pode vir a precisar pessoas

Leia mais

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN... 3 - Gráfico 1. Evolución estatal da pobreza e a exclusión social, 2004-2014.... 3 - Táboa 1. Poboación AROPE por

Leia mais

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II PAU XUÑO 2014 Código: 26 MATEMÁTICAS II (O alumno/a debe responder só aos exercicios dunha das opcións. Puntuación máxima dos exercicios de cada opción: exercicio 1= 3 puntos, exercicio 2= 3 puntos, exercicio

Leia mais

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega CLG-N2-13 Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II Proba escrita Competencia lingüística: lingua galega Duración: sesenta minutos 1º apelido 2º apelido Nome Lugar do exame Data Obxectivo

Leia mais

As persoas comerciantes deberán cumprir entre outros cos seguintes aspectos recollidos na normativa vixente: Horarios comerciais:

As persoas comerciantes deberán cumprir entre outros cos seguintes aspectos recollidos na normativa vixente: Horarios comerciais: As persoas comerciantes deberán cumprir entre outros cos seguintes aspectos recollidos na normativa vixente: Horarios comerciais: Horarios: Os horarios de apertura e peche deben estar expostos de xeito

Leia mais

SISTEMA DIÉDRICO I Intersección de planos e de recta con plano TEMA 8 INTERSECCIÓNS. Obxectivos e orientacións metodolóxicas. 1.

SISTEMA DIÉDRICO I Intersección de planos e de recta con plano TEMA 8 INTERSECCIÓNS. Obxectivos e orientacións metodolóxicas. 1. Obxectvos e orentacóns metodolóxcas SISTEMA DIÉDRICO I Interseccón de planos e de recta con plano TEMA 8 Como prmero problema do espazo que presenta a xeometría descrtva, o alumno obterá a nterseccón de

Leia mais

P E Z A P E Z A. Galicia

P E Z A P E Z A. Galicia 1 2 e A Galicia A Un proxecto baseado na aprendizaxe competencial Peza a Peza ofrece, co contrastado rigor curricular de Anaya, un proxecto no que o profesorado e o alumnado cobran o máximo protagonismo

Leia mais

3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO

3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO 3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO 1. CUALIDADES DO SON ( REPASO) Exercicios 1. Cita as 4 cualidades do son: 2. Relaciona cada un dos termos coa cualidade correspondente. Recorda que: a intensidade

Leia mais

Requisitos para subir documentos ao

Requisitos para subir documentos ao Requisitos para subir documentos ao Ser PDI Rexistrarse en RUC Solicitar a activación dos permisos para o depósito de documentos, enviando un correo a ruc@udc.es. Nel debes indicar os teus datos persoais

Leia mais

Double-click to enter title

Double-click to enter title EU SON COMA TI Unidade didáctica sobre igualdade de xénero 8 de marzo Día da Muller Traballadora E TI DE QUE EQUIPO ES? Hoxe imos falar de fútbol, un dos deportes que máis polémica xera... respondede as

Leia mais

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA 2015-2016 Conscientes de que a educación é unha clave fundamental para promover unha boa seguridade viaria, o motor do programa proposto é facilitar aos nenos e nenas da nosa

Leia mais

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo. PERMISOS E LICENZAS Permiso por parto. 16 semanas ininterrompidas (6 delas deberán ser disfrutadas pola nai no periodo inmediatamente posterior ao parto). Permiso por parto no suposto de discapacidade

Leia mais

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias

Leia mais

COLECCIÓN DE MAQUETAS ARTESANAIS DO CRE DE LA ONCE EN PONTEVEDRA

COLECCIÓN DE MAQUETAS ARTESANAIS DO CRE DE LA ONCE EN PONTEVEDRA COLECCIÓN DE MAQUETAS ARTESANAIS DO CRE DE LA ONCE EN PONTEVEDRA INTRODUCCIÓN A presente colección xurde como consecuencia da dificultade que teñen os alumnos discapacitados visuais para a comprensión

Leia mais

A AVALIACIÓN. Mínimos esixibles

A AVALIACIÓN. Mínimos esixibles A AVALIACIÓN 2º EDUCACIÓN PRIMARIA Mínimos esixibles CEIP ISAAC PERAL AVALIACIÓN NO 2º CURSO DE E. PRIMARIA A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado de primeiro ciclo será continua, global, formativa

Leia mais

XEOMETRÍA MÉTRICA DO ESPAZO

XEOMETRÍA MÉTRICA DO ESPAZO XEOMETRÍA MÉTRICA DO ESPAZO Índice. Ángulos..... Ángulo de dúas rectas..... Ángulo de dous planos..... Ángulo de recta e plano.... Distancias... 4.. Distancia entre dous puntos... 4.. Distancia dun punto

Leia mais

Múltiplos e divisores

Múltiplos e divisores 2 Múltiplos e divisores Obxectivos Nesta quincena aprenderás a: Saber se un número é múltiplo doutro. Recoñecer as divisións exactas. Achar todos os divisores dun número. Recoñecer os números primos. Descompor

Leia mais

DIRECTRICES DE EALTA PARA UNHA BOA PRÁCTICA NO DESENVOLVEMENTO DE PROBAS E NAS TAREFAS DE AVALIACIÓN DE LINGUAS

DIRECTRICES DE EALTA PARA UNHA BOA PRÁCTICA NO DESENVOLVEMENTO DE PROBAS E NAS TAREFAS DE AVALIACIÓN DE LINGUAS DIRECTRICES DE EALTA PARA UNHA BOA PRÁCTICA NO DESENVOLVEMENTO DE PROBAS E NAS TAREFAS DE AVALIACIÓN DE LINGUAS O Comité Executivo de EALTA (Asociación Europea para a Avaliación de Linguas) designou un

Leia mais

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE Integración dun PLAN DE ORDE E LIMPEZA (POL) para os laboratorios CONSIDERANDO : 1- A falta de orde e limpeza como un factor de risco máis. 2- Que a interacción entre as tarefas

Leia mais

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2017-2018 DEPARTAMENTO DE FRANCÉS NIVEL BÁSICO (A2 do MCERL 1 ) CURSO BÁSICO 1 1 MCERL Marco común europeo de referencia para as linguas 1 Información para o alumnado ÍNDICE

Leia mais

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller Tramitación parlamentaria: Proposición de lei, BOPG núm. 24, do 27.4.1990. Debate e toma en consideración

Leia mais

Língua Portuguesa na Galiza

Língua Portuguesa na Galiza Exmo Sr/Sra Diretor/a do Centro / Exmo/Exma Sr/Sra Diretor/a do Departamento de Galego/Português do Centro Da DPG em colaboração com um grupo de docentes da especialidade de galego vimos por este meio

Leia mais

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE CORDA PUNTEADA 1 ÍNDICE 1. Introdución 2. Obxectivos 5º Curso 3. Contidos 5º Curso 4. Metodoloxìa 5º Curso

Leia mais

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS 1. Identificación da programación Centro educativo Centro Concello Ano académico 15032391 Santiago Santiago de Compostela 2017/2018 Ciclo formativo da familia profesional Familia profesional do ciclo formativo

Leia mais

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades: A axeitada transferencia de coñecemento procedente dos organismos de investigación ao tecido produtivo está considerada unha estratexia prioritaria a nivel global para incrementar o desenvolvemento socioeconómico

Leia mais