COSTA DE DEXO E SERANTES
|
|
|
- Zilda Borba do Amaral
- 8 Há anos
- Visualizações:
Transcrição
1 COSTA DE DEXO E SERANTES Adela Leiro, Mon Daporta Distancia:20 km (circular total) Dificultade: baixa Duración: 6 horas Unha ou varias camiñadas para percorrer e coñecer a costa exposta do concello de Oleiros entre Mera e Lorbé, protexida no LIC Costa de Dexo e no Monumento Natural Costa de Dexo e Serantes. Para gozar da paisaxe costeira recortada na que predominan os cantís batidos polo mar con numerosas furnas e illotes que agochan nas partes máis recollidas praias mínimas que desaparecen coa marea chea; ao tempo que podemos ver especies propias destes medios, adaptadas a resistir o vento e a salinidade, entre qs que se atopan algunhas de interese ou pouco comúns. É un percorrido con moitas posibilidades xa que se pode facer enteiro ou por partes, ou circular. O circuíto completo son uns 20 km, facendo o percorrido pola costa e a volta (entre Mera e Lorbé), 4,5 km, pola estrada. Podemos completalo cunha visita á lagoa de Mera, na que crían lavancos e galiñolas As posibililidades de facelo por partes son moitas e algunhas están indicadas. Tamén se pode facer en bicicleta ou combinar viaxes en coche con pequenas camiñadas.
2 -Mera-Faro de Mera-Montemeán-Mera (6 a 7 km, circular) Saímos de Mera cara a Dexo e tomamos o primeiro desvío á dereita, indicado como Faro de Mera, e por el chegamos aos faros, luces de enfiada da entrada na ría da Coruña. Alí podemos visitar o Centro de Interpretación do espazo e o lugar de asentamento da antiga batería militar. Volvemos atrás pola mesma estrada ata atopar o primeiro desvío á esquerda e por el achegámonos ao acceso, só para peóns, de Monte Meán, desde onde podemos seguir o carreiro da dereita para achegármonos a ver as vistas cara á enseda de Canaval e Seixo Branco; logo dirixímonos cara á punta para ver de preto o illote de Montemeán e facemos o camiño de volta tendo á vista os cantís furados da Punta de Mera a a enseada de Fontenla. Un dos faros de Mera e a Torre de Hércules ao fondo. Illote de Montemeán Punta de Mera cos faros e a aula da natureza Enseada e praia de Canabal Puntas de Monte Meán e Seixo Branco. Ao fondo o porto exterior de Ferrol Gaivopas patiamarelas no niño
3 -Porto de Dexo-Seixo Branco (6,5 km, circular) No porto de Dexo, case o único punto abrigado e accesible deste tramo de costa, onde hai un pequeno aparcamento, comezamos e rematamos o percorrido (aínda que tamén podemos facelo desde o Seixo Branco) collendo o camiño que sae á esquerda do abrigo e desviándonos por carreiros e camiños para ir sempre o máis preto que se poida da costa, chegamos e percorremos a Rasa ata que unha rotura no cantil e a mesta vexetación, toxos da altura dunha persoa, nos impiden continuar pola beira; entonces temos que remontar por carreiros ata unhas casas e unha vez alí coller o primeiro camiño á dereita, polo que xa sen perda, podemos volver á beira dos cantís, nos que crían as gaivotas patiamarelas, e pasar ao pé dos furados das furnas ata chegar ao Seixo Branco. Na ida podemos demorar de unha hora a hora e media, e na volta, que faremos polo camiño sen desvíos, (ao chegar ás casas temos un camiño á dereita que nos baixa dereitos ao porto) tardaremos só media hora. Par completar a viaxe podemos achegarnos, en Dexo, a ver a igrexa de Santa María, románica do século XII,. AS FURNAS orixínanse polo continuo desgaste que xera a forza da ondada facendo que as partes máis brandas e débiles se degraden máis rapidamente que as rochas próximas, dando lugar a cavidades. En ocasións, o teito da cova derrúbase, dando lugar a impresionantes ocos no terreo. Neste tipo de furnas orixínase un pozo ou conduto vertical que conecta a superficie co fondo da cova. Exemplos diso son as furnas de Ollo Grande, A Regocha e Ollo Pequeno, todas elas localizadas no Seixo Branco. Vista do illote de Montemeán desde a punta de Seixo Branco. Desde moitos puntos destas rutas podemos gozar da panorámica da cara norte da cidade da Coruña rematada pola Torre de Hércules. Cantís da punta Rasa O Seixo Branco é unha curiosa formación xeolóxica (un dique de cuarcita branca que destaca entre as rochas escuras que o rodean).
4 Vista do illote de Montemeán desde a punta de Seixo Branco. O Portiño de Dexo O Seixo Branco Punta Rasa Santa María de Dexo
5 -Porto de Dexo-Porto de Lorbé (10 km, ida e volta, algo menos volvendo pola estrada). No porto de Dexo subimos cara á dereita, cruzamos o regueiro e baixamos á punta Corval. Desde alí, polos carreiros máis achegados á costa, pasamos pola punta Porrido e a punta da Roza, que rodeamos para subir ata un camiño. Aquí os carreiros, case tapados polos fentos que medran debaixo dos eucaliptos, fanse confusos, pro seguindo máis próximos á costa, ao saír da masa arborada volven a estar ben definidos. Por eles imos dar a un camiño que, á esquerda, nos leva á punta Torrella. Volvendo polo mesmo chegamos a unha pista na que hai un panel informativo da ruta e seguindo de fronte entramos na localidade de Lorbé; ao chegar á estrada baixamos cara ao porto, no que remataría o traxecto. Aínda que baixar e volver a subir a forte pendente non anime, o fermoso espazo da contorna do porto é lugar de visita obrigada. A volta pódese facer polo interior, pola estrada que vai a Dexo e aproveitar para ver a súa fermosa igrexa románica do século XII e desde alí baixar ao porto. Enseada de Dexo Punta Corval Punta Torrella Punta Corval, O Marolete e A Marola A Marola
6 Punta Torrella Herba de Namorar Leucanthemum merinoi Cantil na Revolta Illote na enseada de Lorbé Porto de Lorbé
FICHAS DO XOGO. (Adaptado do xogo Descubriendo al invasor da Comunidad de Madrid) Co apoio
FICHAS DO XOGO (Adaptado do xogo Descubriendo al invasor da Comunidad de Madrid) Uña de gato: son unha planta ornamental utilizada en xardinaría e como fixadora do chan en dunas e taludes porque son moi
TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote
TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote ACOLLIDA Irmáns e irmás: Aínda queda, no noso recordo, o Bautismo de Xesús no Xordán. Aquel Neno que, sendo mozo, iniciou a súa misión como Fillo de Deus ao
SERRA DO LABOREIR0. Adela Leiro, Mon Daporta. Pena de Anamão (Castro Laboreiro)
SERRA DO LABOREIR0 Adela Leiro, Mon Daporta A Serra do Laboreiro forma un arco con orientación NO-S ao longo da fronteira (coñecida como Raia Seca) entre Galiza e Portugal; desde o val do río Barxas ou
Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE
2 Potencias e raíces Lembra o fundamental Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES CONCEPTO DE POTENCIA EXPOÑENTE Calcula. a a a a a = a 5 { 5 VECES BASE Lese a elevado á quinta. 3 2 = 2 5 = 4 3 = 7 2 = PROPIEDADES
Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.
5.2 Acollemento Enténdese por acollemento o proceso que pon en marcha o centro a través dunhas actividades que teñen como obxectivo facilitar a chegada e a adaptación do novo alumnado. A maioría do alumnado
PIALE Integración en lingua portuguesa
PIALE Integración en lingua portuguesa Lisboa, outubro de 2015 Isabel Mato Sánchez. IES de Cacheiras (Teo) E se as histórias para crianças passassem a ser de leitura obrigatória para todos os adultos?
PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN
PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN Que é o calendario de vacinación infantil? É o documento que inclúe as vacinas que se recomenda administrarlle á poboación dependendo
Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses
1 PARO REXISTRADO Principais cifras do paro rexistrado O paro rexistrado baixou en xullo, como ocorre adoito nese mes. Na evolución anual tende á baixa desde novembro de 2013. Malia o descenso, o desemprego
Potencias e radicais
Potencias e radicais Contidos 1. Radicais Potencias de expoñente fraccionario Radicais equivalentes Introducir e extraer factores Cálculo de raíces Reducir índice común Radicais semellantes. Propiedades
Double-click to enter title
EU SON COMA TI Unidade didáctica sobre igualdade de xénero 8 de marzo Día da Muller Traballadora E TI DE QUE EQUIPO ES? Hoxe imos falar de fútbol, un dos deportes que máis polémica xera... respondede as
Unha viaxe á lúa. https://orientacionandujar.wordpress.com/
Unha viaxe á lúa No colexio sortearon unha viaxe á lúa e tocouche a ti. Ademais pódeste levar a un amigo. Con quen farías a viaxe? Que te levarías na túa nave espacial? Pasarías medo?... A caixa faladora
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO 2012-13 PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º curso) Titora 1º curso: M. Rosario Rey Titora 2º: Esther Fernández O SAMAÍN Alumnado de primeiro e segundo preparando
EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO
EXPOSICIÓN DE TEMAS º ESO O proxecto consiste en que o alunado da clase, por grupos, expoña unha unidade completa ou ben parte dunha unidade do programa. Para iso organizarán-se grupos dun mínimo de dous
SISTEMA DIÉDRICO I Intersección de planos e de recta con plano TEMA 8 INTERSECCIÓNS. Obxectivos e orientacións metodolóxicas. 1.
Obxectvos e orentacóns metodolóxcas SISTEMA DIÉDRICO I Interseccón de planos e de recta con plano TEMA 8 Como prmero problema do espazo que presenta a xeometría descrtva, o alumno obterá a nterseccón de
NAVEGA CON RUMBO.
NAVEGA CON RUMBO www.navegaconrumbo.es Uso de internet Que facemos en internet? Navegar pola Web Buscar información Correo electrónico Redes sociais Mensaxería instantánea (chats) Xogos en liña Intercambio
PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS
Docencia da formación profesional para o emprego CARACTERÍSTICAS XERAIS Modalidade presencial Datas 15/09/2014 18/12/2014 Prácticas Xaneiro 2015 Horario 16:00 21:00 Lugar de impartición Duración Inscrición
Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais
Os Números Reais 1. Introdución 2. Números racionais. Números irracionais 2.1 Números racionais 2.2 Números irracionais 3. Os números reais. A recta Real 4. Aproximacións e erros 5. Notación Científica
Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /
Gaita de Foles A transcrição de música de guita de foles em notação musical põe problemas de difícil resolução, pela quase impossibilidade de anotar o que para alguns autores são «... faltas de entoação
EXEMPLIFICACIÓN DIDÁCTICA PARA ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL.- AREA: Coñecemento do Medio. CURSO: 3º de Educación Primaria.
O RELEVO TERRESTRE EXEMPLIFICACIÓN DIDÁCTICA PARA ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL.- AREA: Coñecemento do Medio. CURSO: 3º de Educación Primaria. 1.- FUNDAMENTACIÓN DA EXEMPLIFICACIÓN. A presente Unidade
"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed
"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License. Puede hallar permisos más allá de
Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni
Museo Interactivo da Historia de Lugo Omni Tempore Juan Pablo Mastroianni Juan Pablo Mastroianni Nacido en Buenos Aires, Arxentina (1957); residente na cidade de Lugo dende o ano 2002. Cursou estudos artísticos
Portal de Directores de Centro de Gasto da USC
Portal de Directores de Centro de Gasto da USC Índice Introdución Acceso ao Portal Operacións de Usuario Informes Orzamento Execución Xestión de follas de pedimento Alta Visualización Introdución (1) O
PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015
PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015 A) ALTA NO REXISTRO DE FACTURAS ELECTRÓNICAS DA XUNTA DE GALICIA SEF O primeiro que hai que facer é acceder ao SEF a través do seu enlace para
clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES
clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES 2014 2015 Para poder avaliar e mellorar o Programa Clases sen Fume necesitamos que dediques uns minutos a contestar este breve cuestionario. É ANÓNIMO, o que nos
A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL
A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL INTRODUCIÓN Finalidade A música é unha forma de linguaxe na que a función expresiva é unha das súas manifestacións fundamentais. Edgar Wilems di que a música favorece o impulso
clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).
clases sen fume información para os escolares curso 2017-2018 É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos). Ten como fin evitar que comeces a fumar ou ben, se xa o fixeches, que deixes o
INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES
1 LAVAR OS DENTES 2 INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES Establecer unha correcta hixiene oral desde os primeiros anos é un investimento para toda a vida. Os problemas relacionados coa saúde bucodental,
INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO
INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018 As solicitudes de admisión dirixidas á dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados presentaranse
PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD ( )
PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD (010-017) XUÑO 017 (OPCIÓN A). 0,75+1 ptos Página de 47 Página 3 de 47 XUÑO 017 (OPCIÓN B). 1,75 ptos Página 4 de 47 Página 5 de 47 SETEMBRO 017 (OPCIÓN A). 1 pto Página 6 de
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO
CEIP LUIS SEOANE Avda. Morro de Canide, 1 Maianca 15178 Oleiros A Coruña Teléf.:981617167 Fax:88191293 [email protected] ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 217-18 A Admisión do alumnado neste
Que é unha rede de ordendores?
Redes Tema 4 Que é unha rede de ordendores? Unha rede informática é o conxunto de ordenadores interconectados entre sí, o que permite compartir recursos e información entre eles, Entre as ventaxas do uso
PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II
PAU XUÑO 2014 Código: 26 MATEMÁTICAS II (O alumno/a debe responder só aos exercicios dunha das opcións. Puntuación máxima dos exercicios de cada opción: exercicio 1= 3 puntos, exercicio 2= 3 puntos, exercicio
ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007
ANEXOS Situación da lingua galega na sociedade Observación no ámbito da cidadanía 2007 183 Situación da lingua galega na sociedade 14. ANEXO I: ENQUISA 14.1 Precuestionario e cuestionario 14.1.1 Rexistro
programas .py python nome.py
Scripts en Python A tradución literal sería guións, aínda que prefiro chamarlles programas. Un programa é un arquivo que contén código fonte en linguaxe Python. Os programas teñen extensión.py Para escribir
LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL
LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL Para a correcta presentación do plan de negocio, cumprimente todos os apartados deste formulario EXPEDIENTE SI429A 2018/ DATOS DA PERSOA SOLICITANTE
