DIRECTRICES DE EALTA PARA UNHA BOA PRÁCTICA NO DESENVOLVEMENTO DE PROBAS E NAS TAREFAS DE AVALIACIÓN DE LINGUAS

Tamanho: px
Começar a partir da página:

Download "DIRECTRICES DE EALTA PARA UNHA BOA PRÁCTICA NO DESENVOLVEMENTO DE PROBAS E NAS TAREFAS DE AVALIACIÓN DE LINGUAS"

Transcrição

1 DIRECTRICES DE EALTA PARA UNHA BOA PRÁCTICA NO DESENVOLVEMENTO DE PROBAS E NAS TAREFAS DE AVALIACIÓN DE LINGUAS O Comité Executivo de EALTA (Asociación Europea para a Avaliación de Linguas) designou un grupo de traballo para que revisase o borrador do Código de práctica elaborado polo proxecto ENLTA (European Network for Language Testing and Assessment). A tarefa do grupo de traballo consistiu en desenvolver un código deontolóxico ou un conxunto de directrices para a boa práctica no desenvolvemento de probas e nas tarefas de avaliación de linguas, adecuada a EALTA e aos seus obxectivos. O principio fundacional de EALTA é o seguinte. EALTA ten como finalidade fomentar a comprensión dos principios teóricos que rexen o desenvolvemento de probas e das tarefas de avaliación de linguas, así como mellorar e compartir as prácticas avaliativas en toda Europa. Para establecer estas directrices, o grupo de traballo baseouse nas seguintes consideracións: Europa é un continente multilingüe no que a diversidade de linguas, culturas e tradicións é moi valorada. Parte desta diversidade maniféstase tamén nos sistemas educativos, así como nos principios e tradicións presentes na avaliación. Por este motivo, os membros de EALTA deberán rexerse polos principios de transparencia, responsabilidade e calidade máis adecuados aos seus contextos particulares e ámbitos profesionais específicos nos que desenvolvan as súas tarefas de avaliación. Como consecuencia do desexo de EALTA de ser unha asociación aberta que acolla profesionais de diversas procedencias, as súas directrices elaboráronse tendo en consideración tres tipos de posibles membros que estean implicados en: (a) a formación de profesores en avaliación, (b) a avaliación na aula, (c) o desenvolvemento de probas en organismos ou centros avaliadores públicos ou privados. Hai unha serie de principios xerais aplicables a estes tres grupos: o respecto polos estudantes/examinandos, a responsabilidade, a equidade, a fiabilidade, a validez e a colaboración coas partes implicadas. Estes principios xerais están recollidos nos distintos códigos de práctica existente. Anímanse os membros de EALTA a consultalos, co fin de dispor de máis información para un bo exercicio profesional e unha mellora na calidade do seu traballo. Poden consultarse os seguintes enlaces: As directrices de EALTA para un apropiado exercicio profesional son as seguintes: A. Consideracións sobre a formación inicial e permanente do profesorado no ámbito da avaliación 1

2 Os membros de EALTA implicados na formación do profesorado no ámbito do desenvolvemento de probas e da avaliación de linguas teñen que reflexionar e explicarlles aos interesados nesta formación (profesorado en formación, profesorado en activo, elaboradores de currículos/plans de estudos) as súas conclusións sobre as cuestións listadas: 1. En que medida a formación en avaliación é, en cada caso, a pertinente para o contexto no que o profesorado desenvolve a súa praxe? 2. Ata que punto coñecen os profesores en formación os distintos procedementos de avaliación dispoñibles e adecuados ás súas necesidades presentes ou futuras? 3. En que medida os principios que rexen o desenvolvemento de probas e a avaliación (p. ex.: validez, fiabilidade, equidade, repercusión na docencia) son suficientemente claros e apropiados para o contexto do profesorado en formación? 4. Cal é o equilibrio entre a teoría e a práctica nun programa de formación? 5. Ata que punto se involucra o profesorado en formación no desenvolvemento, pilotaxe e valoración dos procedementos de avaliación? 6. Ata que punto se involucran os profesores en formación na corrección e na avaliación das actuacións dos estudantes? 7. Que atención se lle presta á adecuada análise dos resultados da avaliación? 8. En que medida se ten en conta o punto de vista do profesorado en formación no que se refire á adecuación e á precisión dos procedementos de avaliación? 9. En que medida os procedementos empregados para a avaliación do profesorado en formación seguen os principios que se lles ensinaron? B. Consideracións sobre a avaliación na aula Os membros de EALTA que teñan responsabilidades na avaliación na aula terán que reflexionar e explicarlles aos interesados nesta actividade (especialmente aos alumnos/estudantes e, na medida do posible, ás familias) as súas conclusións sobre as cuestións listadas: 1. OBXECTIVOS E ESPECIFICACIÓNS DA AVALIACIÓN 1. Con que fin se leva a cabo a avaliación? 2. Que relación hai entre os obxectivos da avaliación e o currículo? 3. Existe un documento no que se describan as especificacións para a elaboración das probas? 4. En que medida se abrangue o plan de estudos? 5. De que modo se dan a coñecer e se discuten os obxectivos e especificacións da avaliación e cales son as canles establecidas para poder debater estes puntos? 2. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN 1. Quen deseña os procedementos de avaliación? 2. En que medida se adecúan os procedementos de avaliación aos aprendices? 3. Como se recolle a información relativa á aprendizaxe dos estudantes? 4. Como se avalía e arquiva a información relativa á aprendizaxe dos estudantes? 5. De que modo se garante que os resultados da avaliación son precisos e xustos? 6. De que modo se promove o consenso nos criterios de corrección entre profesores e entre centros? 7. En que medida se ten en conta o punto de vista dos estudantes sobre os procedementos de avaliación? 2

3 3. CONSECUENCIAS 1. Que uso se fai dos resultados? 2. Que plans de actuación se promoverán para mellorar a aprendizaxe? 3. Que tipo de información (retroalimentación) reciben os estudantes sobre os seus resultados? 4. Que procedementos existen para que os estudantes ou os seus titores formulen reclamacións ou soliciten a revisión da súa avaliación? 5. Que efectos teñen na docencia os procedementos de avaliación utilizados? 6. Que efectos teñen nos aprendices os resultados da avaliación? C. Consideracións para o desenvolvemento de probas por parte de organismos ou centros avaliadores públicos ou privados Os membros de EALTA involucrados no desenvolvemento de probas terán que reflexionar e explicarlles ás partes implicadas (profesorado, estudantes, público en xeral) as respostas ás preguntas da listaxe detalladas máis adiante. Ademais, anímase ás persoas encargadas do desenvolvemento de probas a establecer un diálogo, nas institucións e organismos correspondentes, cos responsables da toma de decisións, para garantir que estes son conscientes do que se considera unha correcta ou incorrecta praxe profesional, coa finalidade de mellorar a calidade dos sistemas e as prácticas de avaliación. 1. OS OBXECTIVOS E AS ESPECIFICACIÓNS DAS PROBAS 1. Con que claridade se especifican os obxectivos das probas? 2. Que actuacións se contemplan no caso dunha utilización espuria da proba? 3. Están especificamente identificadas todas as partes implicadas no tema? 4. Existe un documento que describa con precisión as especificacións da proba? 5. Existen especificacións diferenciadas para os diferentes destinatarios? 6. Existe unha descrición do candidato que realizará a proba? 7. Especifícanse os construtos que se pretenden avaliar coa proba ou con cada parte desta? 8. Descríbese e exemplifícase a metodoloxía e as tarefas que conforman as probas? 9. Descríbese e exemplifícase a gama de posibles actuacións dos estudantes? 10.Existen uns modelos de corrección e uns criterios de puntuación establecidos? 11.Exprésase o nivel da proba utilizando escalas do Marco europeo común de referencia? De que forma se demostra a correspondencia entre o nivel da proba e as escalas? 2. ELABORACIÓN DE PROBAS E REDACCIÓN DE ÍTEMS 1. As persoas responsables do desenvolvemento das probas e da redacción de ítems teñen a suficiente e adecuada experiencia docente no nivel educativo que se quere avaliar? 2. Que formación teñen os elaboradores de probas e os redactores de ítems? 3. Existen directrices para a elaboración de probas e a redacción de ítems? 4. Existe un procedemento sistemático para revisar e modificar os ítems e as tarefas, de forma que se garanta que os elaboradores e os redactores se adecúan ás especificacións do exame e se axustan ás directrices sobre a redacción de ítems? 5. Que información relativa á súa tarefa (retroalimentación) reciben os redactores de ítems? 3. CONTROL DE CALIDADE E ANÁLISE DAS PROBAS 1. Que procedementos de control de calidade se aplican? 2. Pilótanse as probas? 3. Cales son as dimensións da mostra da pilotaxe? É representativa a mostra con respecto á poboación á que se lle administrará a proba? 3

4 4. Que tipo de información se recolle durante a pilotaxe? (opinións do profesorado, opinións dos estudantes, resultados, ). 5. Como se analizan os datos obtidos na pilotaxe? 6. Cal é o procedemento que se utiliza para acordar os cambios que se introducen nunha proba á vista dos datos recollidos na pilotaxe? 7. Se hai distintas versións dunha proba (p. ex.: anuais), como se verifica a equivalencia entre elas? 8. Fórmanse os correctores das probas antes de cada administración destas? 9. Na formación utilízanse mostras estandarizadas das actuacións (producións orais e escritas) reais? 10.As probas de corrección subxectiva sométense de forma sistemática a unha dobre corrección? Calcúlase a fiabilidade de cada corrector (intrafiabilidade) e entre correctores (interfiabilidade)? 11.Hai un control sistemático da corrección? 12.Que análises estatísticas se realizan? 13.Que resultados se difunden? Como se fai a difusión? A quen se dirixe? 14.Que proceso se segue para que os candidatos poidan formular reclamacións ou solicitar unha revisión da avaliación 4. A ADMINISTRACIÓN DA PROBA 1. Que normas de seguridade existen? 2. Reciben formación os encargados de administrar a proba? 3. Supervísase a administración da proba? 4. Os examinadores realizan un informe anual ou despois de cada administración da proba? 5. REVISIÓN 1. Con que frecuencia se revisan e modifican as probas? 2. Realízanse estudos de validación? 3. Que mecanismos existen para garantir que a proba incorpore os cambios que se vaian producindo no currículo? 6. REPERCUSIÓN SOBRE A DOCENCIA 1. Faise a proba coa intención de iniciar cambios na práctica docente habitual? 2. Que repercusión ten a proba sobre o ensino? Que estudos se fixeron para determinalo? 3. Existen materiais específicos para prepararse para a proba? 4. Os profesores reciben formación para preparar os seus estudantes para a proba? 7. VINCULACIÓN AO MARCO EUROPEO COMÚN DE REFERENCIA 1. Que evidencia existe da calidade do proceso seguido para vincular as probas e exames cos niveis do Marco europeo común de referencia? 2. O procedemento recomendado no manual e no suplemento de referencia aplicouse adecuadamente? 3. Existe un informe público no que se relate todo o proceso de vinculación? D. VINCULACIÓN AO MARCO EUROPEO COMÚN DE REFERENCIA (MECR) A vinculación ao MECR é un labor complexo que pode a miúdo adoptar a forma dun proxecto que se desenvolverá ao longo dun certo número de anos. Vincular as probas cun estándar como o MECR esixe un enfoque científico, e as conclusións deben estar baseadas nos resultados da investigación, preferiblemente sometida a unha revisión por homólogos. 4

5 As institucións/entidades avaliadoras que desexen atribuírse a súa vinculación ao MECR faranse responsables de proporcionar evidencias suficientemente convincentes de tal vinculación. As seguintes consideracións poden ser útiles para reunir tales evidencias. Os membros de EALTA que participen no proceso de vinculación dun exame ao MECR reflexionarán e darán a coñecer aos axentes implicados (profesores, estudantes, persoas responsables da toma de decisións, ou público en xeral) as súas conclusións sobre as cuestións que a continuación se citan: 1. Abordáronse en profundidade os aspectos relacionados coa calidade da proba e o seu impacto? (véxase a Sección C das Directrices de EALTA). Atópase información sobre a calidade da proba a disposición do público en xeral? 2. Están suficientemente familiarizadas co MECR as persoas que interveñen no desenvolvemento das probas? Seguíronse procedementos de familiarización co MECR? Que evidencia existe dos procedementos seguidos e os seus correspondentes resultados? 3. Foron analizados o contido da proba e as súas especificacións relacionándoos cos descritores do MECR? Que evidencia existe dos procedementos seguidos e os seus correspondentes resultados? 4. Seguíronse os procedementos de estandarización no que respecta ás actuacións escritas e orais? Cales? Por quen? Que evidencia existe dos procedementos seguidos e os correspondentes resultados? 5. Atópanse as mostras de exemplo a disposición do público en xeral? 6. Aplicáronse os procedementos de estandarización no que respecta aos ítems destinados ás probas das destrezas receptivas? 7. Atópanse a disposición do público en xeral, os ítems e as tarefas do seu contexto vinculadas ao MECR? 8. Que procedementos de fixación de estándares foron utilizados para establecer a puntuación mínima que hai que acadar no nivel ou niveis do MECR pertinentes? Cantos árbitros estiveron implicados? Existe un informe sobre a fixación dos estándares a disposición do público en xeral? 9. Recolléronse datos durante os procesos de vinculación que evidencien a súa validez? Atópanse a disposición do público en xeral? 10. Existe un plan de traballo para a fixación de niveis que garante estándares de calidade e a vinculación co MECR? Atópase a disposición do público en xeral? 5

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares. 5.2 Acollemento Enténdese por acollemento o proceso que pon en marcha o centro a través dunhas actividades que teñen como obxectivo facilitar a chegada e a adaptación do novo alumnado. A maioría do alumnado

Leia mais

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal Programa de formación en comercialización e marketing Orientación comercial á grande distribución As claves do punto de venda Entender o lineal Programa de formación en comercialización e marketing Orientación

Leia mais

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015) AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015) V I G O FICHA TÉCNICA TRABALLO DE CAMPO: Do 21 de setembro ao 5 de outubro (a.i.) MOSTRA: 374 persoas PÚBLICO OBXETIVO: Usuarios/as

Leia mais

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO páxina 1 páxina 2 DATOS XERAIS DA ESPECIALIDADE: 1. Familia Profesional: SERVIZOS SOCIAIS

Leia mais

PIALE Integración en lingua portuguesa

PIALE Integración en lingua portuguesa PIALE Integración en lingua portuguesa Lisboa, outubro de 2015 Isabel Mato Sánchez. IES de Cacheiras (Teo) E se as histórias para crianças passassem a ser de leitura obrigatória para todos os adultos?

Leia mais

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada ANEXO I PROCEDEMENTO SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DE ACTIVIDADES NO SISTEMA ACREDITADOR DA FORMACIÓN CONTINUA DAS PROFESIÓNS SANITARIAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA A TRAVÉS DE SAGA CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

Leia mais

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS Docencia da formación profesional para o emprego CARACTERÍSTICAS XERAIS Modalidade presencial Datas 15/09/2014 18/12/2014 Prácticas Xaneiro 2015 Horario 16:00 21:00 Lugar de impartición Duración Inscrición

Leia mais

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade Elabora: División de Asistencia Sanitaria Colaboradores: Pablo Galego Feal Antonio García Quintáns Ana Mª Gutiérrez Molina Javier Abalo Piñeiro

Leia mais

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo Regulamento de prácticas académicas externas do alumnado da de Ciencias Empresariais de Ourense (Aprobado en Comisión Permanente celebrada o 15 de decembro de 2014 e en Xunta de do 18 de decembro de 2014)

Leia mais

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO EXPOSICIÓN DE TEMAS º ESO O proxecto consiste en que o alunado da clase, por grupos, expoña unha unidade completa ou ben parte dunha unidade do programa. Para iso organizarán-se grupos dun mínimo de dous

Leia mais

Política e Obxectivos de Calidade

Política e Obxectivos de Calidade Facultade Política e Obxectivos de Calidade Anexo 04 Manual de calidade VALIDACIÓN: Comisión de Calidade - 20 de Xullo de 2017 APROBACIÓN: Xunta de Facultade - 21 de Xullo de 2017 Política e Obxectivos

Leia mais

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS 1. Identificación da programación Centro educativo Centro Concello Ano académico 15015767 Politécnico de Santiago Santiago de Compostela 2016/2017 Ciclo formativo da familia profesional Familia profesional

Leia mais

Planificación do curso escolar

Planificación do curso escolar Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CMUS/CDAN DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA Procedemento PR81PLA Planificación do curso escolar Versión Modificación Data 01 Recodificación

Leia mais

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS Materia / Módulo CIENCIAS DA NATUREZA Páx. 1 Curso / Ciclo ESO 1 Profesor/a responsable * Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS 1ª Proba 2ª Proba Tema 1. O Universo e o Sistema Solar

Leia mais

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia Anatomía Vicens Vives Galicia Anatomía OBRADOIRO DE CIENCIA Nestas páxinas propóñense dous tipos de actividades: INTRODUCIÓN ACTIVIDADE PROCEDEMENTAL Permite poñer en práctica aspectos estudados no ESTUDO

Leia mais

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO 2016-2017 1 Primeiro e segundo curso 1. Cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do alumnado, divididas en 7 horas de docencia

Leia mais

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE PLANO DE FOMENTO da I. Liñas estratéxicas de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade O Plano de Fomento da Corresponsabilidade Os obxectivos As áreas de actuación As liñas de acción A temporalización

Leia mais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45663 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral

Leia mais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22220 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación,

Leia mais

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES) NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES) (Aprobada en Consello de Goberno do 14 de marzo de 2008) A Lei Orgánica

Leia mais

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA 3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA A.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA : compoñentes e sectores (páx. 94-5) A.1.- Que é a actividade económica? A actividade económica é o conxunto de tarefas ou actividades dos seres humanos

Leia mais

REDE EUSUMO. información e comunicación

REDE EUSUMO. información e comunicación REDE EUSUMO información e comunicación Índice 1. Presentación do documento 1. Principais responsabilidades dos beneficiarios en materia de información e comunicación. 1. Referencia ao financiamento e disposición

Leia mais

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO 2017-2018 1 Primeiro e segundo curso 1. Cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do alumnado, divididas en 7 horas de docencia

Leia mais

Língua Portuguesa na Galiza

Língua Portuguesa na Galiza Exmo Sr/Sra Diretor/a do Centro / Exmo/Exma Sr/Sra Diretor/a do Departamento de Galego/Português do Centro Da DPG em colaboração com um grupo de docentes da especialidade de galego vimos por este meio

Leia mais

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA Procedemento PR.75.AUL Actividades de aula Versión Modificación Data 01 Edición inicial 01/09/2011

Leia mais

Que é unha rede de ordendores?

Que é unha rede de ordendores? Redes Tema 4 Que é unha rede de ordendores? Unha rede informática é o conxunto de ordenadores interconectados entre sí, o que permite compartir recursos e información entre eles, Entre as ventaxas do uso

Leia mais

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade Política e Obxectivos de Calidade Curso 2014/2015 1 Política de Calidade do Centro A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha

Leia mais

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral: CURSO Impartido por Beatriz Méndez Darrocha O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral: UNHA INSERCIÓN LABORAL REAL PARA TODAS/OS. A Coruña 21, 22 e 28 de febreiro, e 1 de marzo. 2013 Con

Leia mais

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL PLAN DE ACCIÓN TITORIAL CENTRO: ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. TITULACIÓN: MÁSTER EN COMERCIO INTERNACIONAL. CURSO ACADÉMICO: 2016/2017 ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS www.euee.uvigo.es

Leia mais

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN Que é o calendario de vacinación infantil? É o documento que inclúe as vacinas que se recomenda administrarlle á poboación dependendo

Leia mais

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO? CONVOCATORIA XII EDICIÓN DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO Programa de voluntariado internacional para o persoal técnico da administración local galega Ano 2017 1. QUE SON AS VACACIÓNS CON TRABALLO? Vacacións

Leia mais

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2018-2019 ÁREA: CIENCIAS NATURAIS CURSO: CUARTO ETAPA: PRIMARIA Rúa Pi y Margall 58 36202 VIGO Telf.: 986 22 95 20 Fax: 986 43 47 61 Página 1 de 15 UNIDADE 1: AS PLANTAS, UNS SERES

Leia mais

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física Guía breve da materia de Educación física de 1º Curso de Bacharelato 1. METODOLOXÍA Na ensinanza a distancia semipresencial o aprendizaxe enténdese como un

Leia mais

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Puntazo de Encontro speed-dating cultural Culturgal é un gran punto de encontro. Por iso, o Concello de Pontevedra quere ORGANIZAR espazos e momentos para atoparnos no Culturgal. Entendemos que é moi importante que empresas (novas ou non tanto),

Leia mais

O CONTRATO DE TRABALLO

O CONTRATO DE TRABALLO O CONTRATO DE TRABALLO Enlace da páxina oficial do Servicio Público de Empleo Estatal (SPEE) con información sobre os contratos de traballo www.redtrabaja.es/es/redtrabaja/static/redirect.do?page=ah0103

Leia mais

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO? CONVOCATORIA XIII EDICIÓN DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO Programa de voluntariado internacional para o persoal técnico da administración local galega Ano 2018 1. QUE SON AS VACACIÓNS CON TRABALLO?

Leia mais

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO INTEGRADO NO PROGRAMA BEN EMPREGADO páx. 0 O Programa de Fomento do Emprego e a Economía dos Sectores Estratéxicos da provincia

Leia mais

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN TITULACIÓN CURSO ACADÉMICO GRAO EN PEDAGOXIA APELIDOS E NOME DNI DATOS DO/A ALUMNO/A TITULO DO TFG A) TRABALLO ESCRITO (70%) Apartados

Leia mais

CAMPA A RESGAL

CAMPA A RESGAL CAMPAÑA RESGAL 02-03-2017 ÍNDICE 2 _RESGAL e tecnoloxía A Rede Dixital de Emerxencias e Seguridade de Galicia xurde co obxectivo de mellorar a coordinación nas emerxencias en Galicia. REDE PÚBLICA RESGAL

Leia mais

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS 1. Identificación da programación Centro educativo Código Centro Concello Ano académico 15027873 Afonso X O Sabio Cambre 2015/2016 Ciclo formativo Código da familia profesional Familia profesional Código

Leia mais

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL INTRODUCIÓN Finalidade A música é unha forma de linguaxe na que a función expresiva é unha das súas manifestacións fundamentais. Edgar Wilems di que a música favorece o impulso

Leia mais

SBN: O TEMPO NO XORNAL

SBN: O TEMPO NO XORNAL I SBN:9788445345054 1.O TEMPO NO XORNAL PROXECTO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL. CAMBIO CLIMÁTICO 1 O TEMPO NO XORNAL Nesta materia debedes recoller datos meteorolóxicos, podendo obtelos de tres fontes diferentes.

Leia mais

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE Integración dun PLAN DE ORDE E LIMPEZA (POL) para os laboratorios CONSIDERANDO : 1- A falta de orde e limpeza como un factor de risco máis. 2- Que a interacción entre as tarefas

Leia mais

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE OURENSE Paseo Mestre Vide s/n 32004 Ourense Tlfno: 988 366 073 Fax: 988 366 184 eoi.ourense@edu.xunta.es www.eoiou.com PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO A Escola Oficial de Idiomas

Leia mais

Plans e protocolos de empresa familiar

Plans e protocolos de empresa familiar Plans e protocolos de empresa familiar INSTRUMENTO DE CONSOLIDACIÓN E PERPETUACIÓN DA EMPRESA FAMILIAR O protocolo constitúe un marco normativo interno que ofrece á empresa familiar un conxunto de regras

Leia mais

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017. INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017. O día 10 de maio de 2017 foi publicada pola CIUG as instruccións e calendario de probas

Leia mais

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años) Benvidos, Benvidas Universidade Formación Profesional. Ciclos de Grao Superior Bacharelato Formación Profesional. Ciclos de Grao Medio Con proba de acceso Graduado en Educación Secundaria Formación Profesional

Leia mais

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS Requisitos de Titulación (Nivel mínimo de Titulación e Formación esixible): Técnico/a superior

Leia mais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42848 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de

Leia mais

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS 1. Identificación da programación Centro educativo Centro Concello Ano académico 15032391 Santiago Santiago de Compostela 2017/2018 Ciclo formativo da familia profesional Familia profesional do ciclo formativo

Leia mais

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa Programas europeos IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente O programa de Aprendizaxe Permanente é un programa de acción comunitaria adoptado na Decisión nº 1720/20006/CE do Parlamento Europeo e do Consello,

Leia mais

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO II ciclo de workshops PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO Workshop 1. Tendencias de consumo saudables Workshop 2. O surtido e a innovación na gran distribución Workshop 3. Plan promocional eficiente Primeiro

Leia mais

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA En Santiago de Compostela, a REUNIDOS Dunha parte, a Sra. Dona

Leia mais

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS 1. Identificación da programación Centro educativo Centro Concello Ano académico 1532391 Santiago Santiago de Compostela 217/218 Ciclo formativo da familia profesional Familia profesional do ciclo formativo

Leia mais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15351 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación,

Leia mais

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado Índice 02 Páxina 2 de 12 Proceso AC: xestión académica Subproceso AC- 02: xestión de alumnado Histórico de evolucións ÍNDICE DATA REDACCIÓN MOTIVO DAS PRINCIPAIS MODIFICACIÓNS 01 25/05/12 Unidade de Estudos

Leia mais

1.- Organización da Escola de Primavera:

1.- Organización da Escola de Primavera: Curso: Escola de Primavera do CESG. Metodoloxías de acción e participación socioeducativas Lugar: Centro Cívico Municipal de Monelos da cidade de A Coruña Data: 9 e de maio de 6 Duración: horas lectivas

Leia mais

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN Acordos sobre criterios de convalidación tomados pola Comisión de Relacións Exteriores (Subcomisións dos Graos en Tradución e Interpretación, Linguas Estranxeiras e Ciencias de Linguaxe) modificados o

Leia mais

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo Condicións do Campamento Explora Ourense 2016 subtítulo 1. Introdución O campamento de verán Explora Ourense; un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades

Leia mais

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs IES URBANO LUGRÍS A CORUÑA INDICE 1. CARACTERÍSTICAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA (curso 2012-2013). INICIATIVAS XA REALIZADAS NESTE CAMPO. INTERESE DE CARA AO FUTURO. 2. OBXECTIVOS

Leia mais

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria Educación Financeira Introdución A introdución no currículo da ensinanza obrigatoria

Leia mais

- Língua Portuguesa na Galiza

- Língua Portuguesa na Galiza A ASOC. DE MÃES E PAIS DO ALUNADO DE ENSINO SECUNDÁRIO DO CENTRO do concelho de E a/o representante legal: com DNI EXPOMOS: 1. Que o professorado de português do nosso Centro pode vir a precisar pessoas

Leia mais

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL denominación do proxecto MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto CONSIDERANDO que o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro

Leia mais

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet Enquisa de condicións de vida das familias. Novas tecnoloxías. Ano 2013 RESUME DE RESULTADOS En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet O 58,1% da poboación galega de 5 ou máis

Leia mais

Anexo III. Modelo de programación de proba libre de módulos profesionais

Anexo III. Modelo de programación de proba libre de módulos profesionais Orde do 5 de abril de 2013 Anexo III. Modelo de programación de proba libre de módulos profesionais 1. Identificación da programación Centro educativo Código Centro Concello Ano académico 27015773 I.E.S.

Leia mais

Índice. Páxina 2 de 15

Índice. Páxina 2 de 15 Página 1 de 15 Índice O itinerario do emprendemento en economía social... 3 Finalidade... 3 Estrutura do itinerario... 4 Cantas entidades socias poden integrarse no asesoramento dun proxecto?... 7 Coordinación

Leia mais

poboación xitana en paro

poboación xitana en paro 6 A poboación xitana en paro 6. A poboación xitana en paro En capítulos anteriores vimos, a grandes liñas, cifras da poboación no seu conxunto e a poboación xitana en situación de desemprego. Recordemos

Leia mais

Segundo aparece recollido no Plan de Estudos, o TFM ten asignados 18 créditos obrigatorios.

Segundo aparece recollido no Plan de Estudos, o TFM ten asignados 18 créditos obrigatorios. REGULAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE MÁSTER UNIVERSITARIO EN TECNOLOXÍAS DE ANÁLISE DE DATOS MASIVOS: BIG DATA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO de COMPOSTELA [Aprobado na Comisión Académica do 14/12/2016] Aprobado

Leia mais

As persoas que presentan estes trastornos manifestan, en maior ou menor medida, as seguintes características:

As persoas que presentan estes trastornos manifestan, en maior ou menor medida, as seguintes características: Que son os TEA? Os trastornos do espectro do autismo (TEA) son alteracións do desenvolvemento de diversas funcións do sistema nervioso central, que se caracterizan pola presenza de dificultades específicas

Leia mais

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC) 5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC Co patrocinio de 0. DATOS DA ENQUISA Preguntas: 56 (

Leia mais

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS 1. Identificación da programación Centro educativo Código Centro Concello Ano académico 15023466 Lamas de Abade Santiago de Compostela 2017/2018 Ciclo formativo Código da familia profesional Familia profesional

Leia mais

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia TURISMO CREATIVO Regulamento do Concurso Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia CAPÍTULO 1 DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1º Ámbito e Obxectivos O Concurso Turismo Creativo:

Leia mais

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas PÁXINA 2 normativa reguladora finalidade beneficiarias PÁXINA 3 actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade PÁXINA 4 contías obrigas PÁXINA 5 presentación de solicitudes prazo

Leia mais

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent) Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent) Octavio Pernas Sueiras Coruña, 23 de novembro

Leia mais

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS 1.-ÁMBITO PERSOAL FOLLA DE REXISTRO DE DATOS A.-Datos persoais. CLAVE: 1.- Sexo: 2.- Idade: 3.- Estado civil: 4.- Grupo étnico: 5.- Data de recollida dos datos: 6.- Procedencia da demanda: -Familia: -Centros

Leia mais

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín Parque empresarial de Pazos 32619 Verín (Ourense) 9:00h 14:00h Parque Atención Empresarial con cita de previa Pazos (988 413 415) 32619 Verín (Ourense) 16:00h 19:00h Atención ao público AXENDA DO SEGUNDO

Leia mais

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade Antecedentes Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade O Real Decreto (RD) 1707/2011, do 18 de novembro, regula as prácticas externas do estudante universitario, e completa

Leia mais

Guía de recursos dixitais da web da UMinho

Guía de recursos dixitais da web da UMinho Universidade do Minho Guía de recursos dixitais da web da UMinho Talleres de uso das TICS para a Orientación Universitaria Proxecto cofinanciado por: Guía rápida de recursos dixitais Índice Pax 2 Introdución

Leia mais

FCT con Erasmus+ Curso

FCT con Erasmus+ Curso FCT con Erasmus+ Curso 2016-17 ALUMNADO QUE PODE PARTICIPAR: Alumnos/as de ciclos superiores e de ciclos medios que estean matriculados no centro na actualidade e superen o proceso de selección. Curso

Leia mais

PROGRAMA FORMATIVO MF0973_1 GRAVACIÓN DE DATOS

PROGRAMA FORMATIVO MF0973_1 GRAVACIÓN DE DATOS PROGRAMA FORMATIVO MF0973_1 GRAVACIÓN DE DATOS páxina 1 DATOS XERAIS DA ESPECIALIDADE: 1. Familia Profesional: ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN - XESTIÓN DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN 2. Denominación: MF0973_1

Leia mais

Guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva

Guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva 2 Guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva 1 A negociación colectiva é o espazo natural do exercicio da autonomía colectiva das organizacións empresariais e sindicais

Leia mais

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESORA María Loreto Albo García

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESORA María Loreto Albo García PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO 2016-2017 PROFESORA María Loreto Albo García CONTIDOS E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE ASOCIADOS. BLOQUE

Leia mais

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020 CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos A estratexia Galicia 2020 Galicia atópase no 2020, de seguir as tendencias actuais, entre o terzo de rexións europeas que experimentarán

Leia mais

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses 1 PARO REXISTRADO Principais cifras do paro rexistrado O paro rexistrado baixou en xullo, como ocorre adoito nese mes. Na evolución anual tende á baixa desde novembro de 2013. Malia o descenso, o desemprego

Leia mais

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias

Leia mais

Emilio Fernández: "Non estamos a formar universitarios e universitarias, senón especialistas"

Emilio Fernández: Non estamos a formar universitarios e universitarias, senón especialistas Emilio Fernández, candidato a reitor da Universidade de Vigo Alba Sotelo hai 15 horas Ciencia e tecnoloxía Emilio Fernández: "Non estamos a formar universitarios e universitarias, senón especialistas"

Leia mais

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Recursos de información Páxina web. http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ Perfil facebook https://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc

Leia mais

Escala técnica superior

Escala técnica superior Categoría Gr. Subescala GR Escala técnica superior Arquitecto xefe de servizo I Arquitecto A1 Dirixir, coordinar e supervisar a actividade do Servizo. Control urbanístico e medioambiental dos campus Redacción

Leia mais

XUÑO ECONOMÍA DA EMPRESA Instrucións: O alumno debe elixir UNHA das dúas opcións e responder a todas as preguntas da opción elixida

XUÑO ECONOMÍA DA EMPRESA Instrucións: O alumno debe elixir UNHA das dúas opcións e responder a todas as preguntas da opción elixida Proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade XUÑO 2018 Código: 31 Instrucións: O alumno debe elixir UNHA das dúas opcións e responder a todas as preguntas da opción elixida OPCIÓN A

Leia mais

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria 1. Que se pretende con esta convocatoria? A Resolución pretende acoller, baixo un marco único, a todos aqueles programas que se veñen desenvolvendo

Leia mais

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017) NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017) 1. Carga e capacidade docente Para os efectos da elaboración do POD, a carga docente básica dun departamento ou área é o total da docencia

Leia mais

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA Suplemento en lingua galega ao núm. 293 Xoves 4 de decembro de 2014 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE DEFENSA 12591 Orde DEF/2265/2014, do 28 de novembro, pola que se establecen as canles

Leia mais

Rede CeMIT Carta de Servizos. Santiago de Compostela, 4 de marzo 2011

Rede CeMIT Carta de Servizos. Santiago de Compostela, 4 de marzo 2011 Rede CeMIT Carta de Servizos Santiago de Compostela, 4 de marzo 0 Introdución. Introdución. Obxectivos 3. Axentes involucrados 4. Identificación dos colectivos e ámbitos de actuación 5. Carta de servizos

Leia mais

I XORNADAS GALEGAS DE CALIDADE E SEGURIDADE DO PACIENTE

I XORNADAS GALEGAS DE CALIDADE E SEGURIDADE DO PACIENTE I XORNADAS GALEGAS DE CALIDADE E SEGURIDADE DO PACIENTE Úlceras por presión en Galicia. Resultados e perspectivas. Francisco Javier Rodríguez Iglesias Servizo de Integración de Coidados S.X. de Procesos

Leia mais

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2017-2018 DEPARTAMENTO DE FRANCÉS NIVEL BÁSICO (A2 do MCERL 1 ) CURSO BÁSICO 1 1 MCERL Marco común europeo de referencia para as linguas 1 Información para o alumnado ÍNDICE

Leia mais

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño 2. Lectura / ( 20 % ) 3.Interpretación 4.Público 5.Nivel global / ( 20 % ) MATERIA DE CONXUNTO DE GUITARRA, CURSOS 1º A 4º DO G.P. / CRITERIOS DE CORRECCIÓN: DENTRO DE CA ÁREA Avaliación ordinaria trimestral

Leia mais

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018 REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018 Segundo establécese no RD 1393/2007 de Ordenación dos

Leia mais

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE OBXECTIVOS: Formar persoas capaces de realizar actividades socioculturais e recreativas, tanto en tempo libre urbano como na natureza. As funcións

Leia mais

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS 1. Identificación da programación Centro educativo Centro Concello Ano académico 1516 Compostela Santiago de Compostela 217/218 Ciclo formativo da familia profesional Familia profesional do ciclo formativo

Leia mais