Programa Curricular de Portugués. Ensino Secundario Obrigatorio Curso IES DE CACHEIRAS (TEO)

Documentos relacionados
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE 1º ESO.

GUÍA BREVE SOBRE LINGUA GALEGA E LITERATURA DE 1º DE BACHARELATO. Avaliacións Bloques de contidos Temas de referencia no libro de texto

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

Departamento de Francés. Programación curso CENTRO EDUCATIVO : I.E.S. REGO DE TRABE- CULLEREDO CÓDIGO DO CENTRO :

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

UNIDADE 7: INTRODUCIÓN

PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

UNIDADE 2: INTRODUCIÓN

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESORA María Loreto Albo García

UNIDADE 5: INTRODUCIÓN

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Lingua, literatura e cultura galegas 1

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

REDE EUSUMO. información e comunicación

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

Política e Obxectivos de Calidade

3 Lingua. e literatura E.S.O. PROPOSTA DIDÁCTICA

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

PIALE Integración en lingua portuguesa

1.- Organización da Escola de Primavera:

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

DISPOÑO: Capítulo I. Disposicións xerais

O CONTRATO DE TRABALLO

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

PROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGA CURSO 2017 / 18. Departamento de Lingua e Literatura Galega IES EDUARDO BLANCO AMOR CULLEREDO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO 2º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESOR Pilar Saavedra Morandeira

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

1º CURSO DE PRIMARIA. A) Obxectivos xerais do curso e competencias (temporalizados por avaliacións)

PLAN TIC IES Chapela (PE)

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ACHÉGATE AO GALEGO NIVEL 2

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

! " # $ $ "! % & #! '#

PROGRAMACIÓN DE AULA 4º EDUCACIÓN INFANTIL CEIP ISAAC PERAL

IES CANIDO INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx

CIENCIAS DA NATUREZA 5º

Programación de Lingua Portuguesa. Ano escolar IES CANIDO

A AVALIACIÓN. Mínimos esixibles

Relixión 2º ESO UNIDADE 1

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

Convocatoria ordinaria de 2012

EPAPU ALBEIROS. CURSO PROGRAMACIÓN LINGUA PORTUGUESA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

P E Z A P E Z A. Galicia

DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

Programación didáctica do departamento de Matemáticas

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

PROGRAMACIÓN TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA 1.- COÑECEMENTO DO MEDIO.

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA MÚSICA CURSO 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR DANIEL COSTA FERREIRO

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN VALORES SOCIAIS E CÍVICOS. 2º E. Primaria

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Escala técnica superior

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN. MÚSICA. Criterios de Avaliación de Música para os cursos de 2º e 3º de ESO.

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS. 2º E. Primaria

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

As persoas que presentan estes trastornos manifestan, en maior ou menor medida, as seguintes características:

Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS. 1º E. Primaria

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

discurso e as propias accións e tarefas, adoptar decisións e desfrutar escoitando, expresándose de forma oral e escrita.

I Plan de Divulgación Científica da Universidade de Vigo

LINGUA GALEGA E LITERATURA SECUENCIA TEMPORAL DE CONTIDOS PARA 2º DE ESO

Transcrição:

Programa Curricular de Portugués Ensino Secundario Obrigatorio Curso 2016-2017 IES DE CACHEIRAS (TEO)

ÍNDICE páxina 1. Introdución / contextualización 3 2. Obxectivos xerais da materia 7 3. Contribución ao desenvolvemento das competencias clave 8 Contidos Programáticos. Currículo da materia 3.1. 1º ESO 12 3.2. 2º ESO 21 3.3. 3º ESO 31 3.4. 4º ESO 42 4. Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable Temporalización e procedementos e instrumentos de avaliación 56 5. Metodoloxía e recursos 61 6. Avaliación: Avaliación e cualificación 63 7. Indicadores de logro sobre o proceso do ensino e práctica docente 66 8. Pendentes e reforzos educativos 67 9. Atención á diversidade 68 10. Concreción dos elementos transversais 69 11. ACE 70 12. Contribución ao proxecto lector 70 13. Fomento das novas tecnoloxías (TIC) 71 14. Contribución da materia ao proxecto lingüíístico 71 15. Avaliación da programación 72 2

1. INTRODUCIÓN O Programa de Portugués do Ensino Secundario organízase en cinco dominios Oralidade (expresión e comprensión), Lectura, Escrita e Gramática, tendo en vista a articulación curricular horizontal e vertical dos contidos, a adecuación ao público-albo e a promoción do exercicio da cidadanía. Aséntase, logo, nun paradigma de complexidade crecente, fundamentalmente asociado á progresión nos dominios da Oralidade, da Lectura e da Escrita, e explícito na valorización do literario, texto complexo por excelencia, onde converxen todas as hipóteses de realización da lingua. Hai, porén, especificidades a ter en conta. Así, no que atinxe ao traballo a desenvolver en dominios como a Oralidade, a Lectura e a Escrita, revela fundamentalmente unha concepción escalar (os textos van sendo progresivamente máis complexos), mentres que no dominio da comprensión escrita prevalece o principio da representatividade. Un idioma é un instrumento de comunicación e de interacción social, de transmisión do coñecemento, que nos achega ao xeito de vida e ás formas de pensamento doutros pobos e dos seus patrimonios culturais. Tal e como indicaba na progración curricular do curso pasado a anterior xefa do departamento, a lingua apréndese non para falar, ler ou escribir sobre a lingua, senón para falar, ler e escribir sobre emocións, afectos, sobre o mundo; como medio das relacións interpersoais e recoñecemento da alteridade, motor do noso pensamento e das nosas reflexións, e porta de acceso ao coñecemento. A aprendizaxe dunha lingua estranxeira debe facilitar os medios necesarios para a comunicación no ámbito educativo e na vida profesional e social e tamén sensibilizar cara a usos creativos e lúdicos das linguas. O Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER), publicado en 2001, é un documento de particular transcendencia non só como ferramenta práctica para propiciar a reflexión sobre o ensino das linguas e a transparencia de cursos, programas e titulacións entre os Estados e dentro deles, senón tamén polo recoñecemento da competencia plurilingüe e intercultural, que transcende o concepto de multilingüismo, no seu día piar dos enfoques das políticas lingüísticas máis abertas ao recoñecemento da diversidade. Hoxe, o MCER constitúe unha referencia para proxectos e documentos clave do Consello de Europa, como a Guía para a elaboración e posta en marcha de currículos para unha educación plurilingüe e intercultural (2010), na que se desenvolve a noción de plurilingüismo como eixe dun enfoque centrado na rede de relacións entre as distintas linguas e culturas. Nesta mesma liña, enmárcanse o informe do Foro Intergobernamental Europeo titulado O dereito dos estudantes á calidade e á equidade en educación. O papel das competencias lingüísticas e interculturais, mantido en Xenebra en novembro de 2010, e a Conferencia Intergobernamental Calidade e inclusión en educación: o papel único das linguas, mantida en Estrasburgo en setembro de 2013. 3

Contextualización O Instituto está situado nun núcleo urbano situado a medio camiño entre Santiago de Compostela e A Estrada, polo tanto o alumnado que vén a este Instituto procede de diferentes Centros, CPI e Institutos, de zonas urbanas e rurais, de xeito que tanto o nivel académico como as referencias socioculturais son moi diferentes. Ademais, nos cursos onde a materia é optativa hai alumnado que a estudou nalgúns cursos e outro que non ten ningún coñecemento da materia. Tendo en conta o devandito, non se poden presentar unhas pautas metodolóxicas ríxidas e inalterables, senón que se deben adaptar e responder ás necesidades formativas que presenta cada grupo, seguindo os obxectivos propostos para cada nivel e sempre consonte as directrices marcadas pola Consellaría de Educación para o ensino da lingua estranxeira. Na programación deste departamento para o presente curso preséntanse os principios metodolóxicos e as pautas de avaliación de carácter xeral e os obxectivos, os criterios de avaliación e os contidos seleccionados para seren traballados co alumnado da ESO. COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO Na realidade non existe o departamento como tal, posto que depende do departamento de Lingua galega e literatura, A materia vai ser impartida exercida pola futura profesora de portugués, Esperanza Luz Mariño Davila, catedrática con destino definitivo neste Centro, que imparte: 1º ESO (dous grupos de 2ª Lingua estranxeira Portugués: 1º B: 7 alumnos + 1º E = 30 alumnos) 2º ESO (un grupo de 2ª Lingua estranxeira Portugués: 2º C + 2ºD = 25 alumnos) 3º ESO (un grupo de 2ª Lingua estranxeira Portugués: 3º C = 9 alumnos) 4º ESO (un grupo de 2ª Lingua estranxeira Portugués: 4º A + 4º C + 4º D = 9 alumnos) No momento de realizar esta programación a profesora atópase de baixa laboral, exercendo as súas funcións a profesora substituta Carme Frade Gómez. 4

Do mesmo xeito que o curso anterior 2015-2016, no Instituto cóntase cunha auxiliar de conversación: a profesora Sara Martins e na Sección Bilingüe imparte a materia de Matemáticas en portugués a profesora Isabel Mato. Ofértase por primeira vez no IES Cacheiras (Teo) a materia optativa 2ª Lingua Estranxeira Portugués no ano 2011 polas seguintes razóns de carácter pedagóxico:. O coñecemento do portugués inflúe no reforzo e a valorización do galego e mais reforza a aprendizaxe do noso idioma, contribuíndo a depuralo de castelanismos.. A proximidade física de Portugal favorece a práctica da lingua.. Dominar unha segunda ou terceira lingua estranxeira mellora as posibilidades de atopar traballo e a calidade do mesmo. O alumnado galegofalante pode opter un B2 en portugués en moi pouco tempo.. O portugués é lingua oficial da Unión Europea.. O portugués é unha das linguas internacionais cunha maior proxección de futuro, segundo as previsións dos expertos. Ademais de se ofertar a materia como optativa nos cursos da ESO, acolléndose á resolución do 24 de abril de 2014 (DOG do 2 de maio) da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e á Orde do 12 de maio de 2011 (DOG do 20 de maio), o IES CACHEIRAS implementou a Sección Bilingüe de matemáticas en portugués. No curso 2014-2015 póñense en marcha dúas Seccións, unha en 2º da ESO (con alumnado que xa cursara a materia no primeiro ano) e outra en 3º (con alumnado que nin cursara a materia con anterioridade nin tiña coñecementos específicos da lingua), e impártese tamén en 1º da ESO. No curso 2015-2016 impleméntanse dúas Seccións Bilingües de matemáticas en portugués, en 2º e 3º da ESO. No curso actual contamos cunha única Sección Bilingüe. No curso 2016-2017, a situación queda como segue: 5

Curso Grupo(s) Matriculados Sección Bilingüe 1º da ESO 2 37 -------- 2º da ESO 1 25 1 (con 14 matriculados) 3º da ESO 1 9 --------- 4º da ESO 1 9 --------- O alumnado de 1º da ESO non ten coñecementos específicos da lingua, o de 2º xa cursou a materia no curso pasado e forma unha das Seccións Bilingües, o de 3º está configurado polo procedente da Sección Bilingüe do curso pasado e, por último, o de 4º é heteroxéneo (hai estudantes que cursaron un ou dous anos a materia, pero o 50 % nunca a cursou nin ten coñecementos específicos sobre a lingua), polo que a planificación do curso terá unhas características moi peculiares e tentará atender as diferenzas observadas entre o alumnado. 6

2. OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA 1. Comprender textos orais de complexidade crecente, apreciando a súa intención e a súa eficacia comunicativa. 2. Utilizar unha expresión oral correcta, fluente e adecuada a diversas situacións de comunicación. 3. Producir textos orais de acordo cos temas definidos no programa. 4. Ler e interpretar textos escritos de complexidade crecente e de diversos xéneros, apreciando criticamente o seu contido e desenvolvendo a conciencia reflexiva das súas funcionalidades. 5. Producir textos de complexidade crecente e de diferentes xéneros, con diversas finalidades e en diferentes situacións de comunicación, demostrando un dominio adecuado da lingua e das técnicas da escrita. 6. Ler, interpretar e apreciar textos literarios, portugueses e estranxeiros, de diferentes épocas e xéneros literarios. 7. Profundar a capacidade de comprensión inferencial. 8. Desenvolver a consciencia lingüística e metalingüística, mobilizándoa para mellores desempeños no uso da lingua. 9. Desenvolver o espírito crítico, no contacto con textos orais e escritos e outras manifestacións culturais. 7

3. CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE A contribución ao desenvolvemento das competencias clave, evidentemente, será a mesma que a que se indicou o curso pasado na Programación Didáctica elaborada pola anterior xefa do departamento, baseada na lexislación educativa actual con respecto ao ensino de linguas estranxeiras. Segundo o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se regulan as ensinanzas da Educación Secundaria Obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galiza (DOG do luns, 29 de xuño de 2015), no marco da proposta realizada pola Unión Europea identificáronse sete competencias clave: Comunicación lingüística (). Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT). Competencia dixital (CD). Aprender a aprender (). Competencias sociais e cívicas (CSC). Sentido da iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE). Conciencia e expresións culturais (). Mais como a materia de Portugués é unha lingua estranxeira, contribúe en maior medida ás seguintes competencias: ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE EN CADA COMPETENCIA Desenvolver habilidades comunicativas para interactuar de forma competente nas diferentes esferas da actividade social. Ser capaz de escoitar, falar e conversar en portugués. Ser capaz de expresarse en portugués, oralmente e por escrito, utilizando as convencións e a linguaxe apropiada a cada situación. Saber ler textos en portugués e así ampliar coñecementos e favorecer o 8

acceso a diversas fontes de información, comunicación e aprendizaxe. Interpretar diferentes tipos de discursos en contextos e con funcións diversas. Recoñecer e aprender as regras de funcionamento do portugués a partir das linguas que xa coñece (especialmente, do galego). Acceder a todo tipo de información que se pode encontrar en portugués. Utilizar o portugués para comunicarse con outras persoas a través do correo CD electrónico, chats etc. Crear contextos sociais e funcionais de comunicación. Aproveitar os recursos dixitais para contactar con modelos lingüísticos diversos. Utilizar a linguaxe para interpretar e representar a realidade, construír coñecementos, formular hipóteses e opinións, expresar e analizar sentimentos e emocións. Reflexionar sobre a propia aprendizaxe para identificar como se aprende mellor. Utilizar o portugués como vehículo de comunicación e transmisión cultural. Recoñecer e aceptar, mediante o coñecemento do idioma, as diferenzas CSC culturais e de comportamento. Intercambiar información persoal en portugués para reforzar a identidade dos interlocutores. Aproveitar a interacción que se produce no traballo en equipo para aprender a 9

participar, expresar ideas propias, escoitar as dos demais, desenvolver a habilidade para construír diálogos, tomar decisións valorando as achegas dos compañeiros, e favorecer o feito de aprender cos outros. Adquirir conciencia de valores e actitudes tales como a responsabilidade, a perseveranza, o autocoñecemento, a autoestima, a creatividade, a autocrítica, o control emocional, a capacidade de elixir, asumir riscos... Ser capaz de elixir con criterio propio, imaxinar proxectos e levar adiante CSIEE accións tanto no plano individual como en grupo. Conseguir transformar as ideas en accións pasando polas fases de análise, desenvolvemento, planificación, toma de decisións, actuación, avaliación, autoavaliación, conclusións e posibles melloras. Dispoñer de habilidades sociais para relacionarse, cooperar e traballar en equipo. Poñerse no lugar do outro, valorar as súas ideas, dialogar e negociar, ser asertivos e traballar de forma cooperativa e flexible, ter espírito de superación e asumir riscos. Aproximarse mediante o estudo da lingua a outros autores que contribuíron dende distintas áreas á manifestación artística. Expresar en portugués opinións, gustos e emocións que producen as diversas manifestacións culturais e artísticas. Realizar traballos creativos individualmente e en grupo. Realizar representacións de simulacións e narracións. 10

CURRÍCULO DA MATERIA Adecuándonos ao Marco legal (LOMCE), Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galiza e os Currículos de 1º e 3º ESO, os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe e competencias clave serán os mesmos que os que se indicaron o curso pasado na Programación Didáctica elaborada pola anterior profesora de portugués, baseados na lexislación educativa actual con respecto ao ensino de linguas estranxeiras. Obxectivos O ensino da segunda lingua estranxeira nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades: a) b) c) d) e) Comprender mensaxes orais claras e sinxelas, relativas ás situacións de comunicación máis habituais ou que conteñan información básica sobre o contorno próximo familiar e social e producidas por falantes ou polos medios de comunicación. Utilizar oralmente a lingua estranxeira coa fin de satisfacer necesidades básicas de comunicación tanto en interaccións reais e propias da aula, como en interaccións simuladas que reproduzan situacións reais cotiás e interaccións sociais básicas, producindo textos comprensibles e mostrando interese por comprender e facerse comprender. Comprender mensaxes escritas relativas a situacións habituais de comunicación expresadas en diferentes tipos de textos, identificando cunha finalidade comunicativa concreta as informacións globais e específicas que transmiten os mesmos. Escribir textos sinxelos con cohesión e coherencia e que respecten as regras do código escrito. 11

f) g) h) Ler de forma comprensiva e cada vez cun maior grao de autonomía textos adecuados ás capacidades e intereses coa fin de obter informacións requiridas previamente. Reflexionar sobre o funcionamento do sistema lingüístico na comunicación e valoralo como elemento que facilita a aprendizaxe e mellora as producións propias. Comparar distintos aspectos socioculturais característicos dos países nos que se fala a lingua estranxeira cos propios, identificando trazos básicos e evitando os estereotipos, e incidindo nos trazos característicos da cultura galega para cumprir, se é o caso, o papel de intermediario lingüístico e cultural, abordando con eficacia a resolución de malentendidos interculturais. Usar estratexias de aprendizaxe xa aprendidas noutras linguas e desenvolver e ampliar outras mediante a comparación e contraste entre as diferentes linguas do currículo, aplicando a experiencia previa nesas linguas á aprendizaxe da segunda lingua estranxeira. 3.1. 1º de ESO Segunda Lingua Estranxeira. 1º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave Bloque 1. Comprensión de textos orais a c d h B1.1. Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: Uso do contexto verbal e non verbal, e dos coñecementos previos sobre a situación (quen fala a quen, con que intencións, onde e cando) que dan lugar a inferencias do significado baseadas no contexto. Uso dos coñecementos referenciais sobre o tema. Identificación de palabras clave. Adaptación da escoita á B1.1. Comprender preguntas e informacións sinxelas relativas á información persoal moi básica (nome, idade, gustos etc.), así como instrucións e peticións elementais relativas ao comportamento na aula. B1.2. Usar estratexias básicas de comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais, ou os detalles relevantes do texto: anticipación do contido xeral do que se escoita con axuda de elementos verbais e non B1.1. Comprende preguntas básicas moi sinxelas e habituais sobre asuntos persoais ou educativos (nome, idade, enderezo, nivel de estudos etc.) sempre que se fale de xeito pausado e ben articulado, e se repita se o necesita. B1.2. Comprende frases e expresións habituais relacionadas con necesidades inmediatas (números, datas, prezos etc.) e temas con que teña moita familiaridade, e segue instrucións e consignas de aula. CD 12

Segunda Lingua Estranxeira. 1º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave súa finalidade (global e/ou específica). Identificación dos recursos lingüísticos ou temáticos adquiridos. Inferencia do significado probable das palabras ou das frases que descoñece, a partir do contexto e das experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece á lingua estranxeira. B1.2. Tolerancia da comprensión parcial ou vaga nunha situación comunicativa. B1.3. Perseveranza no logro da comprensión oral, reescoitando o texto gravado ou solicitando repetición ou reformulacións do dito. B1.4. Memorización de expresións orais breves significativas (saúdos, despedidas, consignas de aula, preguntas sobre idade, orixe, etc.). verbais, e uso dos coñecementos previos sobre a situación (quen fala a quen, con que intencións, onde e cando) que dan lugar a inferencias do significado baseadas no contexto, e as experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece. B1.3. Comprender o sentido global e as informacións específicas máis relevantes de mensaxes orais sinxelas e moi básicas (por exemplo, seguir instrucións ou indicacións, identificar persoas, obxectos e lugares descritos cun vocabulario básico) emitidas cara a cara, gravadas ou en soporte multimedia, sobre situacións habituais de comunicación, se se fala moi amodo e con moita claridade. B1.4. Comprender o esencial en conversas moi básicas e breves sobre temas cotiáns habituais e de necesidade inmediata, previamente traballados, relativas ao ámbito persoal, sempre que se fale con lentitude, articulando de forma clara e comprensible. Bloque 2. Produción de textos orais B1.3. Comprende o sentido global e a información máis relevante de textos orais breves (instrucións e comunicados) con estruturas previamente traballadas, léxico moi común relacionado con necesidades inmediatas, procedentes de medios audiovisuais ou de internet, sempre que se fale de xeito pausado e ben articulado, e poida volver escoitar o dito. B1.4.Comprende a información esencial en conversas breves e moi sinxelas nas que participa, que traten sobre temas familiares como, por exemplo, un/unha mesmo/a, a familia, a escola, o tempo libre, ou a descrición moi básica dunha persoa, un obxecto ou un lugar. CD CD A c d h B2.1. Estratexias de produción: Planificación: Identificación do contexto, o destinatario e a finalidade da produción ou da interacción. Adecuación do texto ao destinatario, ao contexto e á canle, escollendo os expoñentes lingüísticos necesarios para lograr a intención comunicativa Execución: Concepción da mensaxe con claridade, distinguindo a súa idea ou as ideas principais, e a súa estrutura B2.1. Pronunciar de xeito intelixible, aínda que se cometan erros de pronuncia polos que as persoas interlocutoras teñan que solicitar repeticións para entender a mensaxe. B2.2. Interactuar de xeito sinxelo en intercambios claramente estruturados, utilizando fórmulas moi básicas relativas a saúdos, despedidas, agradecementos e presentacións, colaborando para entender e facerse entender. B2.3. Intercambiar de xeito intelixible información sobre si mesmo/a e sobre accións e nocións (horarios, datas, B2.1. Na maioría das actividades de aula, amosa unha actitude positiva polo uso da lingua estranxeira en diferentes situacións comunicativas, esforzándose por utilizala aínda que teña que recorrer a outras linguas para pedir axuda ou aclaracións. B2.2. Fai e responde intelixiblemente e con accións colaborativas, preguntas sinxelas sobre si mesmo/a e sobre actividades moi comúns da vida diaria e do tempo libre en situacións de comunicación significativas para a súa idade e o seu nivel escolar. B2.3.Desenvólvese entendendo o suficiente e facéndose entender en situacións moi habituais CD CD 13

Segunda Lingua Estranxeira. 1º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave básica. Activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados. Expresión da mensaxe con claridade, coherencia básica e estrutura adecuada, e axustándose, de ser o caso, aos modelos e ás fórmulas de cada tipo de texto memorizados e traballados na clase previamente. Reaxuste da tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (facer concesións no que realmente lle gustaría expresar), tras valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles. Compensación das carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos e paralingüísticos Lingüísticos: Modificación de palabras de significado parecido. Definición ou paráfrase dun termo ou expresión. Uso da lingua materna ou "estranxeirización" de palabras da lingua meta. Petición de axuda. Paralingüísticos: Sinalación de obxectos, uso de deícticos ou realización de accións que aclaran o significado. Uso da linguaxe corporal culturalmente pertinente (acenos, expresións faciais, posturas, e contacto cantidades) moi habituais da vida diaria, usando un repertorio básico de palabras e frases moi simples memorizadas, e facéndose comprender aínda que a persoa interlocutora necesite que se repita ou repetir o dito. B2.4. Dar e obter información sobre datos básicos persoais (idade, lugar de residencia, familia, orixe, gustos, posesións, etc.), utilizando un repertorio moi básico de expresións moi sinxelas e habituais sobre estes datos. 14 relacionadas con necesidades inmediatas nas que pide e se dá información sobre lugares, horarios, datas, prezos, cantidades e actividades máis comúns para a súa idade e o seu nivel escolar. B2.4.Participa en conversas informais breves e moi básicas, cara a cara, nas que establece contacto social elemental, intercambia información moi básica, manifesta os seus gustos, fai invitacións elementais e ofrecementos, e pide e dá indicacións moi básicas para ir a un lugar. B2.5. Preséntase e dá e obtén información básica e sinxela sobre si mesmo/a e sobre gustos, preferencias e intereses relativos a temas moi cotiáns, en conversas moi básicas sobre temas predicibles, se pode solicitar, con preguntas sinxelas e directas, a colaboración da persoa interlocutora para entender e facerse entender. CD

Segunda Lingua Estranxeira. 1º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave visual ou corporal). Uso de elementos cuasiléxicos (hum, puah etc) de valor comunicativo. B2.2. Actitude de respecto cara a si mesmo/a e cara ás demais persoas para comprender e facerse comprender. B2.3. Rutinas ou modelos elementais de interacción segundo o tipo de situación de comunicación (chegada e saída do centro docente, conversa telefónica, compravenda etc.), igualmente cotiás e moi básicas. Bloque 3. Comprensión de textos escritos a c d h B3.1. Estratexias de comprensión: Mobilización de información previa sobre o tipo de tarefa e o tema, a partir da información superficial: imaxes, organización na páxina, títulos de cabeceira etc. Identificación do tipo de lectura demandado pola tarefa (en superficie ou oceánica, selectiva, intensiva ou extensiva) Distinción de tipos de comprensión necesarios para a realización da tarefa (sentido xeral, información esencial e puntos principais). Formulación de hipóteses sobre contido e contexto. Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir da comprensión de elementos significativos, lingüísticos e paratextuais, e do coñecemento e as experiencias noutras linguas. Reformulación de hipóteses a partir da comprensión de novos elementos. B3.2. Soletreo e asociación de grafía, pronunciación e significado a partir de modelos escritos e expresións orais coñecidas. B3.1. Utilizar estratexias de lectura (recursos ás imaxes, títulos e outras informacións visuais, e aos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación, e aos transferidos desde as linguas que coñece), identificando a información máis importante e deducindo o significado de palabras e expresións non coñecidas. B3.2. Seguir instrucións básicas e comprender avisos, obrigas e prohibicións moi sinxelas e predicibles, e traballadas previamente. B3.3. Comprender información relevante e B3.4.Comprende previsible en textos breves, moi sinxelos e ben estruturados, con conectores moi básicos e relativos a temas da propia experiencia. B3.4. Comprender textos propios de situacións cotiás próximas, como invitacións, felicitacións, notas, avisos, billetes de transporte, entradas, etiquetas ou xogos coñecidos. 15 B3.1.Comprende con fluidez textos adaptados relativos a temas do seu interese. B3.2.Comprende avisos, obrigas e prohibicións básicas e predicibles, referidas a necesidades inmediatas, de estrutura moi sinxela, especialmente se contan con apoio visual. B3.3.Comprende información básica e sinxela de correspondencia persoal breve na que se fala de si mesmo/a e sobre gustos, preferencias e intereses referidos a temas moi cotiáns e propios da súa idade. información esencial e localiza información específica en material informativo sinxelo como menús, horarios, catálogos e listas de prezos. CD CD

Segunda Lingua Estranxeira. 1º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave Bloque 4. Produción de textos escritos a c d h B4.1. Estratexias de produción: Planificación: Mobilización e coordinación das propias competencias xerais e comunicativas, co fin de realizar eficazmente a tarefa (repasar o que se sabe sobre o tema, o que se pode ou se quere dicir etc.). Localización e uso adecuado de recursos lingüísticos ou temáticos (uso dun dicionario ou dunha gramática, obtención de axuda etc.). Uso de elementos coñecidos obtidos de modelos moi sinxelos de textos escritos, para elaborar os propios textos. Execución: Elaboración dun borrador seguindo textos modelo. Estruturación do contido do texto. Organización do texto en parágrafos curtos abordando en cada un unha idea principal, conformando entre todos o seu significado ou a idea global. Expresión da mensaxe con claridade, axustándose aos modelos e ás fórmulas de cada tipo de texto. Reaxuste da tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (facer concesións no que realmente lle gustaría expresar), tras valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles. Recurso aos coñecementos previos (utilizar frases feitas e locucións, do tipo "agora volvo", "paréceme ben", etc.). B4.1. Aplicar estratexias básicas para producir textos (elección da persoa destinataria, finalidade do escrito, planificación, redacción do borrador, revisión do texto e versión final) a partir de modelos moi estruturados e con axuda previa na aula. B4.2. Completar documentos moi básicos nos que se solicite información persoal. B4.3. Escribir mensaxes moi sinxelas e moi breves con información, instrucións e indicacións moi básicas relacionadas con actividades cotiás e de inmediata necesidade. B4.4. Producir textos curtos a partir de modelos sinxelos e básicos, cunha finalidade determinada propia da súa idade e do seu nivel escolar, e cun formato preestablecido, en soporte tanto impreso como dixital, amosando interese pola presentación limpa e ordenada do texto. B4.1. Elabora textos sinxelos a partir de modelos, empregando expresións e enunciados traballados previamente, para transmitir información, ou con intencións comunicativas propias da súa idade e do seu nivel escolar. B4.2.Completa un cuestionario sinxelo con información persoal moi básica e relativa ao seus datos persoais e intereses ou afeccións (nome, idade, enderezo, gustos etc.). B4.3.Escribe notas, listaxes, tarxetas postais, felicitacións e mensaxes en soporte dixital moi sinxelas e breves, relativas a necesidades inmediatas. B4.4.Escribe correspondencia moi breve e sinxela, a partir dun modelo, substituíndo unha palabra ou expresión por outra para unha funcionalidade ou tarefa determinada (felicitar, informar, preguntar etc.) tanto de forma manuscrita como en formato dixital, cunha presentación limpa e ordenada. CD CD CD CD 16

Segunda Lingua Estranxeira. 1º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave Revisión: Identificación de problemas, erros e repeticións. Atención ás convencións ortográficas e aos signos de puntuación. Presentación coidada do texto (marxes, limpeza, tamaño da letra, etc.). Reescritura definitiva. Bloque 5: Coñecemento da lingua e consciencia intercultural e plurilingüe a c d e h B5.1. Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos. Sons e fonemas vocálicos. Sons e fonemas consonánticos e as súas agrupacións. Procesos fonolóxicos máis básicos. Acento fónico dos elementos léxicos illados e na oración. B5.2. Patróns gráficos e convencións ortográficas Uso das normas básicas de ortografía da palabra. Utilización adecuada da ortografía da oración: coma, punto e coma, puntos suspensivos, parénteses e comiñas. B5.3. Aspectos socioculturais e sociolingüísticos: Recoñecemento e uso de convencións sociais básicas e normas de cortesía propias da súa idade e de rexistros informal e estándar, e da linguaxe non verbal elemental na cultura estranxeira. Achegamento a algúns aspectos culturais visibles: hábitos, horarios, actividades ou celebracións máis significativas; condicións de vida elementais (vivenda); relacións interpersoais (familiares, de amizade ou escolares), comida, lecer, deportes, comportamentos proxémicos básicos, lugares máis habituais etc.; e a costumes, B5.1. Discriminar patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación de uso máis básico, recoñecendo o seu significado evidente, e pronunciar e entoar con razoable comprensibilidade, aínda que teña que repetir varias veces para se facer entender. B5.2. Recoñecer e utilizar as convencións ortográficas, tipográficas e de puntuación, con corrección suficiente para o seu nivel escolar. B5.3. Utilizar para a comprensión e a produción de textos orais e escritos os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos a relacións interpersoais, comportamento e convencións sociais, respectando as normas de cortesía máis básicas nos contextos respectivos. B5.4. Producir textos e inferir o significado probable de palabras ou frases que descoñece a partir das experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece. B5.5. Distinguir e levar a cabo as funcións demandadas polo propósito comunicativo, mediante os expoñentes básicos das devanditas funcións e os patróns discursivos de uso máis habitual, e utilizar un repertorio léxico suficiente para comunicar no seu B5.1. Identifica sons e grafías de fonemas básicos, produce con suficiente intelixibilidade léxico e estruturas moi básicas, e trazos fonéticos que distinguen fonemas (nasalización, sonorización etc.), e iníciase no uso de patróns moi básicos de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases. B5.2.Utiliza adecuadamente as convencións orais e escritas básicas propias da lingua estranxeira no desenvolvemento do proceso comunicativo oral e escrito (saúdos, despedidas, fórmulas moi básicas de tratamento etc.), e amosa respecto polas diferenzas que poidan existir en aspectos culturais como hábitos, horarios etc. B5.3. Nas actividades de aula, pode explicar o proceso de produción de textos e de hipóteses de significados tomando en consideración os coñecementos e as experiencias noutras linguas. B5.4. Comprende e comunica o propósito solicitado na tarefa ou ligado a situacións de necesidade inmediata da aula (pedir ou dar información sobre datos persoais, felicitar, invitar etc.) utilizando adecuadamente as estruturas sintácticodiscursivas e o léxico necesarios, moi básicos e traballados previamente. B5.5. Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de teatro etc.) nos que se utilizan varias linguas e CD CD CD CD 17

Segunda Lingua Estranxeira. 1º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave valores e actitudes moi básicos e máis evidentes sobre aspectos propios da súa idade nos países onde se fala a lingua estranxeira. Identificación dalgunhas similitudes e diferenzas elementais e máis significativas nos costumes cotiáns entre os países onde se fala a lingua estranxeira e o noso. Actitude receptiva e respectuosa cara ás persoas, os países e as comunidades lingüísticas que falan outra lingua e teñen unha cultura diferente á propia. B5.4. Plurilingüismo: Identificación de similitudes e diferenzas entre as linguas que coñece para mellorar a súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada. Participación en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de teatro etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais, e valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe. B5.5. Funcións comunicativas: Iniciación e mantemento de relacións persoais e sociais básicas propias da súa idade. Descrición de calidades físicas e abstractas moi básicas de persoas, obxectos, lugares e actividades. Narración de acontecementos e descrición de estados e situacións presentes, e expresión moi básica de sucesos futuros. Petición e ofrecemento de información e indicacións, e expresión nivel escolar, sempre que sexan traballados en clase previamente. B5.6. Participar en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais. 18 relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

Segunda Lingua Estranxeira. 1º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave moi sinxela de opinións e advertencias. Expresión do coñecemento, o descoñecemento e a certeza. Expresión da vontade, a intención, a orde, a autorización e a prohibición. Expresión do interese, a aprobación, o aprecio, a satisfacción e a sorpresa, así como os seus contrarios. Establecemento e mantemento básicos da comunicación e a organización elemental do discurso. B5.6. Léxico oral e escrito básico de uso común relativo a: Identificación persoal elemental; vivenda, fogar e contexto; actividades básicas da vida diaria; familia e amizades; traballo, tempo libre, lecer e deporte; vacacións; saúde máis básica e coidados físicos elementais; educación e estudo; compras básicas; alimentación e restauración; transporte, tempo meteorolóxico e tecnoloxías da información e da comunicación. Expresións fixas, enunciados fraseolóxicos moi básicos e moi habituais (saúdos, despedidas, preguntas por preferencias e expresión sinxelas de gustos) e léxico sobre temas relacionados con contidos moi sinxelos e predicibles doutras áreas do currículo. B5.7. Estruturas sintácticodiscursivas propias de cada idioma. 19

Contidos sintáctico-discursivos Expresión de relacións lóxicas: adición (e, nem); disxunción (ou); oposición/contraste mas); causa (porque); comparación (mais/menos/tão + Adj./Adv.+ (do) que/como /quanto; maior/mais pequeno...). Relacións temprais (antes, agora, depois). Afirmación (sentenzas declarativas afirmativas). Exclamación (formas elípticas: Que (+ Subst.) + Adj., p. ex. Que dia lindo!; Que gentil!). Negación (sentenzas declarativas negativas con não, nunca). Interrogación (sentenzas interrogativas directas totais; sentenzas interrogativas directas QU- (p. ex., Quem fez o quê? Para que é isso?). Expresión do tempo: pasado (perfeito simples); presente (presente). Expresión do aspecto: durativo (estar a + Inf.) Expresión da modalidade: factualidade (frases declarativas); permiso (poder + Inf.; ser possível/ permitido + Inf.); intención (pensar + Inf.; querer + Inf.). Expresión da existencia (p. ex., ser, estar, haver/ter); a entidade (substantivos contables/incontables); pronomes (tónicos); determinantes. Expresión da cantidade (singular/plural; numerais cardinais e ordinais). Expresión do espazo (preposicións e adverbios de lugar, localización, distancia). Expresión do tempo (expresións, preposicións e locucións de tempo): momento puntual (p. ex. em 1999), divisións (p. ex., días, meses) e indicacións de tempo (p. ex., atrás, cedo, tarde); anterioridade (ontem); posterioridade (depois, logo);. Expresión do modo (expresións, preposicións e locucións prepositivas de modo, p. ex., devagar, pior). 20

3.2. 2º da ESO Bloque 1. Conversar, escoitar e falar. Comprensión de mensaxes orais de progresiva complexidade articuladas con claridade e pausadamente, para realizar actividades da aula. Comprensión de textos orais de dificultade crecente -diálogos, anuncios, información meteorolóxica, localización dunha persoa, obxecto ou lugar -, conectados cos seus intereses en soporte audiovisual e multimedia, para extraer información global e algunha específica. Identificación e dominio progresivo de aspectos fonéticos, do ritmo, acentuación e entoación da lingua estranxeira como aspectos fundamentais para a comprensión e a produción oral. Participación en situacións reais ou simuladas de comunicación (conversas telefónicas, peticións, autopresentación e presentación doutras persoas, compra-venda, identificación e localización de persoas, obxectos e lugares), dando respostas verbais e non verbais que supoñan unha elección entre un repertorio cada vez máis amplo de posibilidades, en contextos progresivamente menos dirixidos. Utilización das convencións propias do proceso comunicativo: prestar atención á persoa que fala, quendas de palabra, contacto visual, actitude positiva e adecuación da resposta á intervención das outras persoas. Utilización das estratexias básicas para apoiar a comprensión e expresión oral: uso do contexto visual e non-verbal e dos coñecementos previos sobre o tema ou a situación transferidos desde as linguas que coñece á lingua estranxeira e solicitando repeticións para asegurar a comprensión. Valoración positiva das intervencións orais propias e alleas na lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e coñecer outras culturas. 21

Bloque 2. Ler e escribir. Asociación de grafía, pronunciación e significado a partir de modelos escritos e expresións orais coñecidas e consolidación das asociacións grafía-son das mensaxes empregadas en situacións funcionais de comunicación. Lectura e comprensión de diferentes mensaxes significativas (entrevistas de personaxes de interese, bitácoras, instrucións dun novo xogo, mensaxes de correo, narración dun suceso, historias curtas...) en soporte papel e dixital, adaptadas á competencia lingüística do alumnado, para utilizar información global e específica, no desenvolvemento dunha tarefa ou proxecto ou para gozar da lectura. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas, solicitadas previamente, en diferentes tipos de textos sinxelos auténticos e adaptados, en soporte papel e dixital, sobre diversos temas axeitados á súa idade, que vehiculen aspectos socioculturais dos países onde se fala a lingua estranxeira. Uso guiado de estratexias de lectura (utilización das imaxes, títulos e outras informacións visuais, e dos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación transferidos desde as linguas que coñece o alumnado), identificando a información máis importante e deducindo o significado de palabras e expresións non coñecidas. Lectura expresiva e escrita de textos propios de situacións cotiás próximas como invitacións, felicitacións, notas, avisos, billetes de transporte, entradas, etiquetas, xogos. Composición de textos sinxelos a partir de modelos, empregando expresións e enunciados moi coñecidos oralmente, para transmitir información, ou con intencións comunicativas propias da vida cotiá. Utilización das tecnoloxías da información e a comunicación para ler e transmitir información (webs, programas multimedia, correo electrónico...). 22

Interese polo coidado e a presentación dos textos escritos valorando o sentido estético dos mesmos. Interese por cooperar na utilización da lingua estranxeira na súa forma escrita na aula, por expoñela como recordatorio visual e para a aprendizaxe de novas palabras e expresións (carteis para identificar os obxectos e espazos da aula, calendario, normas de xogos...). Iniciación ao coñecemento e uso das estratexias básicas para producir textos (elección da persoa destinataria, finalidade, planificación, redacción do borrador, revisión do texto e versión final) a partir de modelos moi estruturados e con axuda. Bloque 3. Coñecementos da lingua. Coñecementos lingüísticos. Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua como o substantivo, verbo, adxectivo, adverbio, preposición e conectores básicos de adición, enumeración e clasificación. Identificación e uso de expresións comúns, de frases feitas sinxelas relativas ao tempo meteorolóxico, gustos, localización espazo-temporal, lugares e de léxico relativo a contextos concretos e cotiáns de prioridade inmediata (comida e bebida, actividades cotiás e de lecer, o corpo e o estado físico...). Identificación de antónimos básicos e de uso habitual. Recoñecemento e pronuncia intelixible de fonemas básicos. Recoñecemento e produción comprensible de patróns básicos de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases. Reflexión sobre a aprendizaxe. Ampliación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar léxico. 23

Uso de estratexias que permiten a adquisición de novos coñecementos e a súa integración na propia competencia: memorización, identificación de necesidades, inferencia. Uso de estratexias para producir lingua adecuadamente: repetición por imitación e recoñecemento e uso de modelos da lingua estranxeira. Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais axeitadas a distintas intencións comunicativas. Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección. Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades da aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela. Participación activa en actividades e traballos de grupo. Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita. Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural. Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación internacional. Identificación e respecto cara aos costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira respecto de patróns culturais existentes en Galiza. Iniciación á competencia intercultural mediante a identificación de aspectos socioculturais básicos dos países nos que se fala a lingua estranxeira coas culturas do alumnado, se é o 24

caso, analizándoos comparativamente, evitando os estereotipos e incidindo nos trazos característicos da cultura galega. Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas. Respecto pola cultura da lingua estranxeira en comparación coa galega, acadando unha consciencia intercultural que supere os estereotipos. Toma de conciencia da diversidade lingüística e cultural europea e aceptación da propia pertenza a esta, evitando actitudes etnocéntricas. Segunda Lingua Estranxeira. 2º de ESO Obxectivo s Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave Bloque 1. Comprensión de textos orais a c d i B1.1. Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: Uso do contexto verbal e non verbal, e dos coñecementos previos sobre a situación (quen fala a quen, con que intencións, onde e cando) que dan lugar a inferencias do significado baseadas no contexto; Uso dos coñecementos referenciais sobre o tema. Identificación de palabras clave. Adaptación da escoita á súa finalidade (global e/ou específica) Identificación dos recursos lingüísticos ou temáticos adquiridos. Inferencia do significado probable das palabras ou das frases que descoñece, a partir do contexto e das experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece á lingua estranxeira. B1.2. Tolerancia da comprensión parcial ou vaga nunha situación comunicativa. B1.3. Perseveranza no logro da comprensión oral, reescoitando o texto gravado ou solicitando repetición ou reformulacións do B1.1. Comprender preguntas e informacións relativas á información persoal e pública moi básica (identificación persoal, gustos, etc.), así como instrucións e peticións elementais relativas ao comportamento e actividades na aula. B1.2. Usar estratexias básicas de comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais, ou os detalles relevantes do texto: anticipación do contido xeral do que se escoita con axuda de elementos verbais e non verbais, e uso dos coñecementos previos sobre a situación (quen fala a quen, con que intencións, onde e cando) que dan lugar a inferencias do significado baseadas no contexto, e as experiencias e os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece. B1.3. Comprender o sentido global e as informacións específicas máis salientables de mensaxes orais sinxelas e moi básicas (por exemplo, onde e cando ocorre algo, seguir instrucións ou indicacións, identificar persoas que posúen algo, obxectos e lugares descritos cun vocabulario básico, etc.) emitidas cara a cara, 25 SLEB1.1. Comprende preguntas básicas moi sinxelas e habituais sobre asuntos persoais ou educativos (información básica de carácter persoal, solicitudes de enderezo sinxelas a lugares moi coñecidos, etc.) sempre que se fale de xeito pausado e ben articulado, e se repita se o necesita. SLEB1.2. Comprende frases e expresións habituais relacionadas con necesidades inmediatas (datas, prezos, pequenas doenzas, etc.) e temas con que está moi familiarizado, e segue instrucións e consignas de aula. SLEB1.3. Comprende o sentido global e a información máis salientable de textos orais procedentes de medios audiovisuais ou de internet, breves como instrucións e comunicados, con estruturas previamente traballadas, léxico moi común relacionado con necesidades inmediatas e accións presentes moi habituais, sempre que se fale de xeito moi pausado e ben articulado, e poida volver escoitar o dito. SLEB1.4. Comprende a información esencial en conversas breves e moi sinxelas CD CD CD

Segunda Lingua Estranxeira. 2º de ESO Obxectivo s Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave dito. gravadas ou en soporte B1.4. Memorización de multimedia, sobre situacións expresións orais breves habituais de comunicación, se se significativas (saúdos, fala moi amodo e con moita despedidas, consignas de aula, claridade. preguntas sobre idade, orixe, B1.4. Comprender o esencial en etc.). conversas moi básicas e breves sobre temas cotiáns habituais e de necesidade inmediata, previamente traballados, relativas ao ámbito persoal e público moi elemental, sempre que se fale con lentitude, articulando de forma clara e comprensible. nas que participa, que traten sobre temas familiares como, por exemplo, un/unha mesmo/a, a familia, a escola, o tempo libre, a descrición moi básica dunha persoa, un obxecto ou un lugar, e estados de saúde, sensacións e sentimentos moi elementais. CD Bloque 2. Produción de textos orais a c d i B2.1. Estratexias de produción: Planificación: Identificación do contexto, do destinatario e da finalidade da produción ou da interacción. Adecuación do texto ao destinatario, ao contexto e á canle, escollendo os expoñentes lingüísticos necesarios para lograr a intención comunicativa Execución: Percepción da mensaxe con claridade, distinguindo a súa idea ou ideas principais e a súa estrutura básica. Activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados. Expresión da mensaxe con claridade e coherencia básica, estruturándoa adecuadamente e axustándose, de ser o caso, aos modelos e ás fórmulas de cada tipo de texto memorizados e traballados na clase previamente. Reaxuste da tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (limitar o que realmente lle gustaría expresar), tras valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles. Compensación das carencias lingüísticas B2.1. Pronunciar de xeito intelixible, aínda que se cometan erros de pronuncia polos que as persoas interlocutoras teñan que solicitar repeticións para entender a mensaxe. B2.2. Interactuar de xeito sinxelo en intercambios claramente estruturados, utilizando fórmulas moi básicas relativas a saúdos, despedidas, agradecementos e presentacións, colaborando para entender e facerse entender. B2.3. Intercambiar de xeito intelixible información sobre si mesmo/a e sobre accións e nocións (horarios, datas e cantidades) moi habituais da vida diaria, usando un repertorio básico de palabras e frases moi simples memorizadas, e facéndose comprender aínda que a persoa interlocutora necesite que se repita ou repetir o dito. B2.4. Dar e obter información sobre datos básicos persoais e bens e servizos moi elementais, utilizando un repertorio moi básico de expresións moi sinxelas e habituais sobre estes datos. 26 SLEB2.1. Na maioría das actividades de aula, amosa unha actitude positiva polo uso da lingua estranxeira en diferentes situacións comunicativas, esforzándose por utilizala aínda que teña que recorrer a outras linguas para pedir axuda ou aclaracións. SLEB2.2. Utiliza de xeito espontáneo as formas de cortesía máis sinxelas e habituais relativas a saúdos, despedidas, agradecementos e presentacións, colaborando para entender e facerse entender, e fai e responde intelixiblemente preguntas sinxelas sobre si mesmo/a e sobre actividades moi comúns da vida social diaria e do tempo libre, en situacións de comunicación significativas para a súa idade e o seu nivel escolar. SLEB2.3. Desenvólvese entendendo o suficiente e facéndose entender en situacións moi habituais relacionadas coa xestión e transaccións moi sinxelas relativas a necesidades inmediatas, nas que pide e dá información sobre lugares, horarios, datas, prezos, cantidades e actividades máis comúns para a súa idade e o seu nivel escolar. SLEB2.4. Participa en conversas informais breves e moi básicas, cara a cara, e reacciona adecuadamente para establecer contacto social elemental, intercambiar información moi CSIEE CD CD CD CD