ESQUEMA DE TRABALLO: A XORNADA EN EDUCACIÓN INFANTIL 4º EDUCACIÓN INFANTIL GRUPO A/B TITORAS: BEATRIZ GARCÍA PLATAS/ MARÍA DOPICO IGLESIAS CURSO

Documentos relacionados
PROGRAMACIÓN DE AULA 4º EDUCACIÓN INFANTIL CEIP ISAAC PERAL

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

[PROGRAMACIÓN ANUAL ]

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN. MÚSICA. Criterios de Avaliación de Música para os cursos de 2º e 3º de ESO.

IES CANIDO INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

PROGRAMACIÓN SEGUNDO CICLO EDUCACIÓN INFANTIL

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

CAIXA TORRE (MATEMÁTICAS CON PAPEL)

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE 1º ESO.

CEIP DE AGOLADA CURSO ESCOLAR PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA EDUCACIÓN MUSICAL

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

PIALE Integración en lingua portuguesa

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

ESTÁNDARES MÍNIMOS. CEIP TARRÍO-CULLEREDO. SEXTO E. PRIMARIA

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN PLÁSTICA. 3º E. Primaria

REDE EUSUMO. información e comunicación

2º curso MANUEL PIÑEIRO SÁNCHEZ [PROGRAMACIÓN ANUAL CURSO 2017/2018]

PROGRAMACIÓN+DIDÁCTICA++ MATEMÁTICAS+1ºESO.+++ IES+DE+TOMIÑO.+CURSO:+2016/2017.+

EDUCACIÓN FÍSICA 1º-2º

SEGUNDO DA E.S.O. Páx. 67

1º CURSO DE PRIMARIA. A) Obxectivos xerais do curso e competencias (temporalizados por avaliacións)

GUÍA BREVE SOBRE LINGUA GALEGA E LITERATURA DE 1º DE BACHARELATO. Avaliacións Bloques de contidos Temas de referencia no libro de texto

PROGRAMACIÓN TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA 1.- COÑECEMENTO DO MEDIO.

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN VALORES SOCIAIS E CÍVICOS. 2º E. Primaria

Requisitos para subir documentos ao

IES CANIDO INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESORA María Loreto Albo García

Guía de recursos dixitais da web da UMinho

Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE. Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES. Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR. Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR

PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE

UNIDADE 5: INTRODUCIÓN

As persoas que presentan estes trastornos manifestan, en maior ou menor medida, as seguintes características:

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN CIENCIAS DA NATUREZA. 3º E. Primaria

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS. 1º E. Primaria

PROXECTO EDUCATIVO DA ESCOLA INFANTIL

A POBRA DO CARAMIÑAL 0

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS. 2º E. Primaria

O CONTRATO DE TRABALLO

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN VALORES SOCIAIS E CÍVICOS. 5º E. Primaria

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA MÚSICA CURSO 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR DANIEL COSTA FERREIRO

UNIDADE 7: INTRODUCIÓN

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2

CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE POR CURSO

RESUMO PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Departamento de Debuxo

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN MUSICAL. 6º E. Primaria CEIP ISAAC PERAL

discurso e as propias accións e tarefas, adoptar decisións e desfrutar escoitando, expresándose de forma oral e escrita.

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

P E Z A P E Z A. Galicia

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

A AVALIACIÓN. Mínimos esixibles

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

LINGUA GALEGA E LITERATURA SECUENCIA TEMPORAL DE CONTIDOS PARA 2º DE ESO

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

SBN: O TEMPO NO XORNAL

UNIDADE 2: INTRODUCIÓN

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

CAMPA A RESGAL

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

Obxectivos específicos curso (Informados positivamente polo Claustro en sesión ordinaria celebrada o día 27 de xuño de 2017)

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

PRIMARIA. Proxectos. Aprender a emprender. Recurso interdisciplinario. Estratexias metodolóxicas

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

3 Lingua. e literatura E.S.O. PROPOSTA DIDÁCTICA

PROGRAMACIÓN ANUAL CURSO

PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN MUSICAL. 3º E. Primaria CEIP ISAAC PERAL

MUSEO LISTE ETNOGRÁFICO DE VIGO PROGRAMACIÓN 2º TRIMESTRE 2017

CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL ASPANAES- DUQUES DE LUGO. Centro Concertado Santiago de Compostela CEEPR ASPANAES DUQUES DE LUGO SANTIAGO DE COMPOSTELA

Programa Curricular de Portugués. Ensino Secundario Obrigatorio Curso IES DE CACHEIRAS (TEO)

Programación didáctica do departamento de Matemáticas

Transcrição:

ESQUEMA DE TRABALLO: A XORNADA EN EDUCACIÓN INFANTIL 4º EDUCACIÓN INFANTIL GRUPO A/B TITORAS: BEATRIZ GARCÍA PLATAS/ MARÍA DOPICO IGLESIAS CURSO 2017/2018 Tres premisas marcan o deseño deste plan de traballo: 1. As adquisicións máis significativas de nenos e nenas de 3 a 4 anos. Por iso seguiremos a súa evolución tendo en conta aspectos fundamentais como a ampliación do campo perceptivo a través do ambiente, o aumento progresivo da capacidade de actuar sobre o mundo exterior, a formación da conciencia de si mesmo, a adecuación á realidade e a adquisición dunha serie de valores que lle permitan actuar con autonomía, o desenvolvemento das facultades de manipulación, de imaxinación, de observación e de lóxica. 2. Entender o xogo como a actividade básica de aprendizaxe de nenos e nenas. 3. Ter en conta, para o deseño de tempos e espazos, que estes permitan a nenos e nenas atoparse: a. Co seu corpo, tendo momentos de descanso, aseo, xogo. b. Coa súa voz e os seus xestos. c. Cos seus sentidos. d. Coa súa capacidade de búsqueda e razoamento. e. Coa súa orixinalidade, espontaneidade, creatividade. UN DÍA NAS NOSAS AULAS TERÁ AS SEGUINTES RUTINAS Rutinas de entrada: Cambio de calzado para estar cómodos na aula, buscar día na axenda, colocar pertenzas, sentarse na asemblea. Asemblea: tempo de conversa e diálogos espontáneos tendo as en conta as normas que rexen os intercambios lingüísticos, xogos de estimulación da linguaxe, tempo para organizar as actividades do día; tempo para adquirir normas e hábitos de convivencia e resolución de conflitos. Traballo nos distintos recantos: espazos delimitados en distintas zonas da aula e, nos que nenos e nenas, en pequenos grupos ou equipos, traballan de forma simultánea. Estes espazos permítenlle aprender a través do xogo; educarse na colectividade favorecendo hábitos de orde e respecto; estimular a investigación; respectar o ritmo de desenvolvemento de cada neno e nena; Tomar conciencia de si mesmos e do seu contorno ao tempo que aumentan as posibilidades de autonomía. Recreo Pequeno momento de relaxación para a volta a actividade. Traballo por recantos. Aseo: Lavamos mans. Comedor PLSS ou lectura do conto. Asemblea final, recordar o traballado, o vivido ao longo da xornada, o que imos facer mañá, resolución de conflitos. Recollida da axenda e da identificación do bus, cambio de calzado. Tras recoller as mochilas, as nosas pertenzas e coa identificación do bus colocada, despedímonos.

ÁREA DE COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL A través desta área desenvolverase o proceso de construción persoal. Interaccións cos demais nenos, nenas e persoas adultas así como co medio, serán fundamentais para o coñecemento propio, para diferenciarse dos demais, para ter unha identidade única e diferente. O crecente control do corpo permitirá darse conta de posibilidades e limitacións así como gañar en autonomía e independencia con respecto das persoas adultas. O corpo e a propia imaxe (imaxe axustada ao esquema corporal), o control progresivo do mesmo a través do xogo e movemento, a vida cotiá dentro e fóra da aula e as relacións que se establecen, así como o coidado persoal, serán elementos de aprendizaxe no día a día do aula. COMPETENCIAS CONTIDOS MATERIAIS - Recoñeceremos e representaremos o noso corpo na súa globalidade e as diferentes partes. - Traballaremos para controlar e coordinar o noso corpo e as súas posibilidades motrices adaptándonos ás características dos obxectos e na vida cotiá. - Recoñeceremos os sentidos e identificaremos as percepcións e sensacións que nos entran a través dos mesmos. - Axudaremos a crear unha imaxe positiva propia, aceptando como somos cada un de nós, coñecendo as nosas posibilidades e tamén as nosas limitacións. - Identificaremos semellanzas e diferenzas entre as persoas valorando positivamente a diversidade. - Identificaremos e manifestaremos os nosos sentimentos, vivencias e emocións comprendendo as dos demais. - Participaremos en xogos e actividades motrices mostrando destrezas motoras e habilidades motrices aceptando as normas que os rexen. - Desenvolveremos a nosa autonomía e iniciativa tratando de desenvolver as tarefas por nos mesmos/as. - Vai ao baño, lava as mans e manifesta outros hábitos de hixiene e coidado persoal, respectando e coidando os espazos. - Aprenderemos a valorar os riscos e a ser coidadosos ante eles INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ APRENDER A APRENDER AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL - Zona de perchas. - Caixa axendas. - Carné bus - Material feito na escola. - Cociña. - Bonecos. - Teas. - Comida. - Cubertería. - Teléfonos. - Nomes con foto para pasar lista. - Panel do tempo para observar e deixar reflectido que día vai hoxe, que día é, semana, mes... - Pizarra dixital. - Horto. - Fotos, textos... e outras cousas aportadas polos nenos que inciten a facelos falar e expresar as súas ideas aos compañeiros. - Materiais elaborados pola titora para presentar ou traballar na aula sobre algún tema concreto. - Contos, poesías, cancións...

Criterios de avaliación Identifica e nomea as partes do seu corpo e segmentos do mesmo. Ten unha boa coordinación de movementos: salta, move o corpo con axilidade Discrimina obxectos polas súas características sensoriais: - Rugoso/liso, áspero/suave, duro/brando. - Olor - Cor - Silencio e son. Solicita axuda dun modo correcto, se a precisa. Gústalle facer encargos e ter responsabilidades. É autónomo nas tarefas vinculadas ao seu coidado e saúde (ir ao baño, calzarse e descalzarse, limpar o nariz, etc) Non discrimina aos compañeiros/as. Progresa no control dos seus sentimentos e emocións: Non se enfada nin chora sen motivo, solicita axuda para resolver conflitos, identifica e acepta xestos afectivos. Participa con agrado en xogos que impliquen movemento e respecta as consignas verbais e normas dadas. Recolle os obxectos da clase. Pode facer variacións bruscas da marcha ao escoitar un sinal. Realiza encaixes e crebacabezas. Oriéntase para localizar lugares coñecidos. Respecta aos adultos e aos iguais, sen discriminalos polas súas diferencias e pide perdón cando molesta ou dana a un compañeiro/a. Coñece e respecta as normas da escola e do aula. Está adaptado ao ritmo da aula. Participa nas actividades e tarefas que se lle propoñen. Mantén a concentración nunha actividade. Amosa cautela en situación descoñecidas. Entra e sae ordenadamente do aula, respectando as filas nos desprazamentos.

ÁREA DE COÑECEMENTO DO CONTORNO Nesta área de coñecemento e experiencia preténdese que nenos e nenas, de acordo as súas posibilidades, descubran, comprendan e coñezan como é e como se configura á realidade que os rodea. Farano a través de contidos que potencien o pensamento lóxico-matemático, favorecendo nocións de tempo, espazo, causalidade, cuantificación, e a resolución de problemas que se presentan na súa vida cotiá. Achegarnos á natureza, ao medio e aos seres e elementos que o integran -de manifesto interese para nenos/as- será outra fonte de contidos. O coñecemento de como nos organizamos social e culturalmente completará os contidos que abranguen esta área. COMPETENCIAS CONTIDOS MATERIAIS MATEMÁTICA INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ APRENDER A APRENDER AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL - Exploraremos os elementos e obxectos que nos rodean para recoñecer as súas cualidades e atributos. Agruparémolos, clasificarémolos e ordenarémolos segundo distintos criterios (forma, cor, tamaño, etc) - Empregaremos os números contando, clasificando, ordenando e identificando a súa grafía. - Propoñeremos e resolveremos problemas sinxelos relacionados coas nosas actividades cotiás. - Recoñeceremos elementos xeométricos básicos como liña, punto, rectángulos, cadrados, triángulos, círculos... - Compararemos obxectos polo seu peso, lonxitude e capacidade. - Aprenderemos a indicar a posición de obxectos e persoas respecto a nos mesmos usando expresións como: dentro ou fora, abaixo e arriba e diante, detrás. - Ordenaremos temporalmente feitos da nosa vida cotiá. - Observaremos os cambios que se producen no medio e aprenderemos a respectalo e conservalo. - Identificaremos e recoñeceremos as distintas etapas da vida das persoas e doutros seres vivos. - Coñeceremos o nome dos distintos membros da familia e doutros grupos sociais importantes para a nosa vida cotiá. - Recoñeceremos tradicións propias da nosa zona e participaremos activamente na súa celebración: O Magosto, o Samaín, o Nadal, o Entroido - Descubriremos distintos servizos proporcionados pola comunidade. -De manipulación, clasificación. Asociación, correspondencia: Ensartables Dominó Bingos Materias de refugallo: tapóns de cores, caixas, pinzas Materias da natureza: follas, froitos, cunchas, pedras -De apreciación de atributos Apilables Encaixables Materiais elaborados para pesos e medidas Animais e plantas: Semilleiros Terra Macetas Botes Bulbos Utensilios de xardinería Lupas Láminas Libros de imaxes

Criterios de avaliación: Selecciona obxectos atendendo a criterios como a súa forma, cor, tamaño ou material. Agrupa os obxectos atendendo ás súas diferenzas e semellanzas e/ou en base a un atributo concreto (forma, cor, tamaño e material). Interésase polos números que o rodean na súa vida cotiá. Asocia números coa cantidade que representan. Agrupa obxectos atendendo a unha determinada cantidade. Participa na resolución de problemas cotiás. Recoñece os aspectos xeométricos básicos. (sendo contidos mínimos: punto, liña, triángulo cadrado e círculo) Establece relaciones comparando obxectos usando vocabulario como: longo/curto, grande/pequeno, pesa máis ou menos que. Coloca obxectos e indica a súa posición usando expresións como: dentro/fora, abaixo/arriba ou diante/detrás. Ordena temporalmente as súas actividades cotiás básicas. Diferenza día e noite. relaciona feitos coas distintas estacións do ano. Comeza o uso do calendario para situar no tempo acontecementos relacionados coa súa vida. Diferenza entre seres vivos e inertes. participa activamente nos proxectos e investigacións que se desenvolvan. Representa con debuxos os aspectos observados. Respecta o medio Nomea os membros da súa familia e conta as súas experiencia familiares. coñece as rutinas da aula e participa nas mesmas de forma axeitada. Colabora na vida da aula respectando e amosando empatía polos iguais e os adultos de referencia. Participa e recoñece as celebracións e eventos que se celebran na escola e o contorno que se celebran no contorno. Recoñece oficios relacionados cos servizos comunitarios Coñece medios de transporte e comunicación

AREA DE LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN Con esta área preténdese contribuír a mellorar a relación de nenos e nenas e o medio a través das diferentes formas de comunicación e representación Esta área abrangue a linguaxe verbal para a falar escoitar e conversar, achegarnos á lingua escrita, iniciarnos no coñecemento doutras linguas e desenvolver outras formas de expresarnos a través da linguaxe plástica, corporal, musical LINGUAXE VERBAL Nesta área preténdese acadar aqueles contidos que permitan desenvolver tanto a vertente expresiva como comprensiva da linguaxe. Por este motivo todo o espazo da aula incidirá na linguaxe como unha totalidade: o recanto das letras, o recanto la biblioteca e o recanto da asemblea... Os nenos, ao longo do día, terán un contacto directo con letras, palabras e textos orais e escritos de marcada significatividade para eles. Aproveitarán para experimentar coa creación de letras de diferentes tamaños, materiais e texturas. Crearán palabras que, aínda que en moitas ocasións non sexan precisas, terán unha gran significatividade para eles. Aprenderán diverso vocabulario sendo quen de integralo dentro dun campo semántico claro. Serán creadores de diferentes formatos de textos (receita, poesía, carta,.. ) coñecendo diferentes tipos de libros e, investigando, chegarán a comprender o que a palabra escrita lles quere transmitir. Sen esquecer incidir no coidado que se debe ter cos libros e textos. COMPETENCIAS CONTIDOS MATERIAIS LINGÜÍSTICA AUTONOMÍA E INCIATIVA PERSOAL CULTURAL E ARTÍSTICA - Empregaremos a lingua oral de modo conveniente para una comunicación positiva con igual e con persoas adultas segundo as intencións comunicativas - Traballaremos para comprender mensaxes orais diversas mostrando actitude de escoita. -Amosaremos interese por textos escritos relacionados coa nosa vida cotiá (folletos, contos, rimas ) - Produciremos textos diversos con distintos propósitos e intencións. - Gozaremos compartindo a escoita e a lectura en voz alta de textos literarios: contos, relatos, lendas, poesías, rimas, adiviñas. - Empregaremos a biblioteca con respecto e coidado valorándoa como recurso informativo de entretemento e gozo. -Libros de contos. -Libros feitos na escola asociados aos proxectos e o día a día dos nenos. -Libros que traen os nenos das súas casas. -Revistas. -Xornais. -Folletos de propaganda. - Letras móbiles. - Letras de elaboración na aula con diferentes materiais. - Letras apoiadas en materiais de reciclaxe ou da natureza( tapón, piñas, plantas) - Álbums cas fotos dos nenos para traballar o nome - Tarxetas con imaxes para traballar vocabulario - Libreta do alumno onde se recollen diferentes escritos. - Pizarra dixital - Mochila viaxeira - Libros de contos e poesías. - Revistas. - Xornais. - Calendarios - Libros feitos na escola de forte motivación para a lectura polo seu significado afectivo. - Libretas dos nenos -Material de xogo simbólico - Carné de préstamo do libro da biblioteca de aula - Murais, carteis...

Criterios de avaliación Manifesta interese por comunicarse con outras persoas, sexan estas adultos ou compañeiros. É quen de solicitar axuda cando a precisa. Emprega expresións convencionais para saudar e despedirse. Usa frases de construción sinxela. Presta atención ás informacións que se están a transmitir. Comprende instrucións sinxelas, ordes, consignas habituais. Percibe que as palabras e outros signos convencionais teñen unha funcionalidade. Recoñece o seu nome. Percibe diferencias e parecidos entre palabras en base a propiedades cuantitativas e cualitativas (cantidade de letras, variedade de grafías, etc) Recoñece a funcionalidade dos textos literarios como contos, lendas, poesías e algunha propiedade significativa como o título, estrutura, personaxes Iniciase no uso da escrita en situación contextualizadas e reais. Reproduce textos, tendo en conta as diferentes etapas individuais na adquisición da lingua escrita. Escoita a lectura en voz alta de diferentes tipos de textos e participa en xogos lingüísticos. Fai uso da biblioteca respectándoa, coidándoa e, valorándoa como espazo de diversión e coñecemento.

LINGUAXE ARTÍSTICA COMPETENCIAS CONTIDOS MATERIAIS CULTURAL E ARTÍSTICA COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO - Expresarémonos empregando diversos medios, materiais e técnicas de diferentes linguaxes artísticas e audiovisuais. - Potenciaremos diferentes posibilidades de expresión e representación do noso propio corpo e do medio, gozando coas nosas producións e gozando por compartir as experiencias creativas, estéticas e comunicativas. - Empregaremos linguaxes audiovisuais e tecnoloxías da comunicación para expresarnos e comunicarnos - Lapis de cores - Témperas e acuarelas. - Rotuladores grosos e finos. - Ceras duras e brandas. - Pinceis grosos e finos - Papeis de diferentes texturas. - Plastilina. - Gomets. - Tesoiras, punzóns, pegamento, cola. - Cordas. - Materiais da natureza. - Materiais de refugallo. E calquera outro material que nos permita crear. Criterios de avaliación Gusta de explorar sensorialmente os elementos presentes na contorna. Explora as posibilidades plásticas e creativas de distintos materiais e soportes como recurso e medio de expresión dos seus sentimentos, pensamentos e emocións. o Papeis, cartón arame, plástico, teas, materiais naturais o Pantalla de ordenador, mesa de área, retroproxector e encerado dixital. Emprega todas as cores. Valora e respecta as produción dos compañeiros e as propias así como as de autores recoñecidos, amosando un criterio estético propio. Traballa con interese con calquera tipo de material. Utiliza todo o espazo gráfico. Experimenta coa luz, as sombras e a cor descubrindo as súas posibilidades creativas (lanternas, lámpadas ) Recoñece sons de instrumentos do contorno. Lémbrase de cancións e fragmentos de música traballados. Mostra actitude de atención e relaxación diante da escoita de distintas obras musicais populares, clásicas e contemporáneas. Diferenza son e silencio. Participa cando se fan actividades musicais e expresivas. Comprende os xestos e manifestacións corporais como una forma de comunicación. Descobre as posibilidades expresivas e sonoras do seu corpo e da voz, obxectos cotiáns e instrumentos musicais Participa activamente e goza en actividades de dramatización, xogos simbólicos e outros xogos de expresión corporal. Demostra interese e gusto polas actividades nas que se empregan as Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Manexa o rato do ordenador.