TEMA 3 PROCESOS DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL INFORMÁTICA

Documentos relacionados
Acceso ao xestor documental

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Que é unha rede de ordendores?

Proceso de facturación.

Ciencia e tecnoloxía nas nosas vidas

MANUAL DE USUARIO DE etrades

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

Manual de cumprimentación da solicitude

programas .py python nome.py

Portal de Directores de Centro de Gasto da USC

Conexión á rede Wifi edu.xunta.es: Instrucións

OS ELEMENTOS DUN ESPAZO WEB:

Potencias e radicais

Ámbito científico tecnolóxico. Os sistemas operativos, divisibilidade e a Terra como planeta do sistema solar. Módulo 1 Unidade didáctica 2

INSTRUCIÓNS PARA A EDICIÓN DE ARTIGOS

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais

Requisitos para subir documentos ao

Información do documento. Control de versións. Manual de Explotación

Guía Rápida Correo Web

Uso do Disco Privado Virtual: acceso web ó contorno de probas

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

AXUDA DE USO DO CALENDARIO DE AULA

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

Escola de Pais/Nais. Informática Módulo: Windows XP Capítulo 1. Iniciación a Windows XP Capítulo 2. O escritorio Capítulo 3. O panel de control

CAMPA A RESGAL

Unidade 1. Instalación de OpenOffice.org (I)

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Máquinas Recreativas. Guía de usuario

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia Principais indicadores. V Plan Galego de Estatística Edición: 2018

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Minerva, Repositorio Institucional da USC

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

SBN: O TEMPO NO XORNAL

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

O CONTRATO DE TRABALLO

PANTALLA INICIAL APARTADOS DA APLICACIÓN. Na pantalla inicial o usuario dispón de diferentes apartados na barra esquerda:

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL SOLICITANTE

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

Potencias e raíces de números enteiros

1. Distinga hardware de software. 2. Complete o quadro seguinte assinalando com um X, os diversos componentes apresentados:

Guía Básica de iniciación ao Software Libre

INTRODUCIÓN XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

PIALE Integración en lingua portuguesa

AMPLIACIÓN Á PROGRAMACIÓN EN LINGUAXE C CON ARDUINO

Double-click to enter title

MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA A INTRODUCIÓN DE DATOS REDEXGA. Versión 3 (21/02/2013)

NIVEL BÁSICO INICIAL EN TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

REDE EUSUMO. información e comunicación

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Matemática Financeira

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Apostas deportivas e de competición

Convocatoria ordinaria de 2012

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

S.O. em ambiente gráfico e modo de texto

Xeometría analítica do plano

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

LIM (libros interactivos multimedia)

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR OS IMPRESOS DE SOLICITUDE DE REXISTRO REGA

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

A A.1 A.2 Proceder às formalidades de início de módulo: Apresentação do Monitor e dos formandos Apresentação do Módulo Noções básicas de informática:

FERRAMENTAS DE COLABORACIÓN

Múltiplos e divisores

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Manual do formatador Kfloppy

Inecuacións. Obxectivos

Condicións legais do programa de puntos R Residencial OBXECTO

I XORNADAS GALEGAS DE CALIDADE E SEGURIDADE DO PACIENTE

I.E.S. CADERNO Nº 4 NOME:

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA A CORRENTE ALTERNA CADERNO DE TRABALLO. Pilar Anta Fernández. Newton en el aula 1/14

Guía de recursos dixitais da web da UMinho

BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

PLAN TIC IES Chapela (PE)

CADERNO Nº 13 NOME: DATA: / / Estatística

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

Prevención fronte aos riscos no sector agroforestal. Roza coa rozadoira

LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

Transcrição:

TEMA 3 PROCESOS DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL INFORMÁTICA

1. O PROCESO DE PRODUCION INDUSTRIAL PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO O proceso de produción industrial precisa de certos elementos como a materia prima, a man de obra cualificada e unha certa tecnoloxía máis ou menos complexa. O resultado do proceso de produción será o produto, eixe entorno o cal xira todo o proceso de produción. Dito produto ostentará unha serie de características, de entre elas unha é fundamental dende o punto de vista da xestión e o control da produción: a calidade do produto. Todo proceso de produción industrial precisará unha estrutura onde realizar a actividade necesaria para a produción e se dará nun entorno que modificará a propia actividade industrial (demanda, disposición de materia prima e man de obra cualificada, climatoloxía, medios de comunicación,...). ANÁLISE DO PROCESO DE PRODUCCIÓN INDUSTRIAL PARA A FABRICACIÓN As compañías industriais están suxeitas a unha constante presión do mercado para racionalizar e adaptar os seus procesos de produción e fabricación en base o análise de datos de produción e fabricación. Para manter unha posición competitiva e rentable, é fundamental facer un análise da cadea de suministro e un análise do proceso de produción para o control permanente dos costos e marxes, o que inclúe a supervisión de toda a materia prima, recursos humanos, outros activos e procesos de fabricación relacionados. A exclusiva tecnoloxía permite as compañías de fabricación industrial crear aplicacións de análises rápidas e flexibles do proceso de produción, que ofrecen: de produción; o calquera outra variable; loxística e compras; Información detallada en relación con calquera situación do proceso Análises e conseguinte anticipación da demanda por área, produtos Análise, detección e prevención de restricións e mermas; Análise do fluxo de traballo e do proceso de produción; Análise da cadea de suministro para optimizar a administración de Análise centrado na rotación e redución de existencias; Análise do proceso de control de calidade; 2

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO Integración, homoxeneización e depuración de datos. EL PROCESO ASISTENCIAL Podíamos definir o proceso asistencial dende dous puntos de vista: 1-Enfoque restritivo: E o que máis frecuentemente se emprega: 2-Enfoque amplo: o proceso implica o que en realidade se fai 2. ARQUITECTURA DO COMPUTADOR A palabra informática, de orixe francesa, aparece no ano 1962, como combinación dous termos: información e automática. A informática pódese definir como o tratamento automático da información por medio de computadores. Nos países de fala inglesa non se utiliza a palabra informática, senón o termo computer science, que traduciriamos por ciencia dos computadores. O computador traballa internamente con milleiros de interruptores que só poden estar en dous estados, ou apagados ou acendidos. O estado acendido representase por un 1 e o apagado por un 0. Este sistema de representación á base de ceros e uns denominase binario, e é o que empregan todos os computadores. A mínima información que podemos representar está formada por un 1 ou un 0, é dicir o estado en que se atopa un deses interruptores que hai no interior do computador. Pois ben, esa información mínima que pode ter dous estados posibles, 1 e 0; é o que se denomina bit. O hardware e o software Na informática podemos distinguir dúas partes: o hardware e o software. - Hardware: está formado polos elementos físicos cos que se constrúe o computador: a carcasa, os circuítos electrónicos interiores, o teclado, o monitor, a impresora e todos os compoñentes que se poidan conectar ao computador. - Software: é o conxunto de programas que nos permiten controlar o funcionamento do computador. Os programas que nos permiten realizar distintos 3

tipos de tarefas: escribir cartas, consultar unha enciclopedia, realizar os planos dunha casa, levar a xestión dunha empresa ou simplemente xogar. Actividade resolta Cando nos pomos diante dun computador, que é o que vemos e que nos queda oculto? Denomine cada elemento e familiarícese coa súa función (é importante utilizarmos todos a mesma linguaxe, para entendérmonos mellor cando falemos de computadores) 2.1.2 Recoñecemento de cada elemento - CD Rom: Compact Disc, é un medio de almacenaxe que garda a información mediante diminutas cavidades sobre a superficie posterior do disco, de tal xeito que a luz do láser do dispositivo reprodutor se reflicte cunha maior ou menor intensidade, segundo exista ou non unha perforación - CPU: Central Processing Unit, unidade central de procesamento, é o procesador que contén os circuítos lóxicos que realizan as instrucións da computadora. Cada computador posúe unha CPU, que é a encargada de procesar toda a información que se introduce. - DVD: Disco Versátil Dixital, das súas siglas en inglés, Digital Versatil Disc, é un formato e soporte de almacenaxe óptica que pode ser usado para gardar datos, incluíndo películas de alta calidade. - Impresora: dispositivo de saída que ten por unción gravar información sobre papel e obter así un rexistro impreso, en cor ou en branco e negro, dos datos almacenados nun ficheiro. - Lector de CD Rom: dispositivo que permite obter a información almacenada no CD. - Lector de DVD: dispositivo que permite obter a información almacenada no DVD. 4

- Micrófono: dispositivo de entrada que permite gravar os sons ou voz e transferilos a unha unidade de almacenaxe. - Módem: modulador-demodulador; dispositivo periférico externo ou interno que conecta a computadora á liña telefónica. - Monitor: dispositivo de saída que ten como función transformar os sinais que recibe en imaxes. Ten o aspecto similar a unha pantalla de televisor. - Rato: dispositivo de entrada que ao se mover sobre unha superficie plana despraza un apuntador sobre o monitor do computador. - Escáner: dispositivo de entrada que permite copiar texto e imaxes, e transferilos a unha unidade de almacenaxe, interna ou externa. - Tarxeta de son: placa que inclúe circuítos integrados, que se coloca na parte posterior da CPU do computador; conéctanse a ela os dispositivos como os altofalantes, o micrófono ou a panca de xogos. - Tarxeta de vídeo: placa que inclúe circuítos integrados, que se coloca na parte posterior da CPU do computador e nos permite visualizar imaxes - Teclado: dispositivo de entrada máis común e necesario nos computadores, permítelle o usuario interactuar co equipamento en linguaxe natural, a través das teclas. - USB: Universal Serial Bus ou Condutor Universal en Serie, é un porto que serve para conectar periféricos a un computador. Con este tipo de conexión temos a memoria USB, que permite a almacenaxe masiva de información. Atoparémolos no mercado de diferentes capacidades. 2.2 Funcionamento, manexo e conexión dos elementos dun computador Agora que xa coñecemos os nomes e a función de cada elemento, imos tratar de o pór en marcha. Normalmente xa ten un sistema operativo instalado. Cando acendemos ao computador non é preciso ter a pantalla conectada, pero se non é así non veremos nada. 2.2.1 Acender e apagar o computador Antes de pasar a acender o computador, comprobaremos que estea perfectamente conectado á rede eléctrica. _ Para acender o computador ten que premer no botón de arranque da unidade central e despois premer no do monitor, se o computador é de sobremesa. Se é un portátil só temos que premer no botón de arranque. 5

_ Poderemos empezar cando o sistema operativo estea executado. Aparecerá o escritorio de Windows, a pantalla principal que contén as iconas. _ Ao arrastrarmos o rato, o apuntador vaise mover pola pantalla. Para apagarmos o computador teremos que seguir un ritual; non abonda con darlle ao botón. _ Seleccione o menú Iniciar. _ Elixa a opción Apagar o computador. _ Na ventá despregada pulse a tecla Apagar. Ás veces cumprirá reiniciar o computador, para o que tamén é necesario seguir uns pasos. Isto será necesario por varias razóns, entre elas, se o computador se bloquea ou se introducimos cambios na configuración do sistema. Verá que pode reiniciar o equipamento de varios xeitos: _ A través do menú Iniciar. _ Se non é posible, sempre pode premer xuntas as teclas: Ctrl + Alt + Supr. _ Por último, premendo no botón de apagado do computador durante uns segundos seguidos. A CPU ten que estar conectada á rede eléctrica e os periféricos teñen que estar conectados coa CPU. Habitualmente, o monitor ten conexión coa rede eléctrica, así como os altofalantes e a impresora. Actividades resoltas Seguramente ten o seu computador conectado e listo para comezar. Comprobe que as conexións sexan as correctas. Una con frechas as conexións correctas. Os portos nunha computadora son os lugares específicos de conexión con outro dispositivo ( de entrada e saída), en xeral mediante un enchufe situado na 6

parte posterior da CPU. Distinga entre portos en serie, portos paralelos e portos USB, e indique o tipo de conexións se realiza en cada un. 2.2.2 O teclado e o rato O teclado Coñecer o teclado é importante, xa que nos permitirá acudir sen perder tempo á tecla adecuada en cada momento. Cada un debe perder algo de tempo co seu teclado ou co teclado que traballe habitualmente. Distinga as teclas numéricas das alfanuméricas, as teclas de movemento do apuntador, as teclas de control de páxinas, as teclas de función, etc. O botón esquerdo serve para: 7

Seleccionar obxectos, elixir opcións, marcar ou desmarcar cadriños, facendo clic. Editar e executar aplicacións, como abrir documentos ou debuxos, cun dobre clic. Mover, copiar e estender a selección de textos e obxectos, arrastrando. O botón dereito serve para: Activar o menú despregable que amosa as tarefas que se poden realizar nese momento sobre o obxecto seleccionado. A roda serve para: Desprazarnos polos contidos da pantalla sen necesidade de usar as barras de desprazamento. O apuntador O apuntador do rato pode ter diferentes aspectos segundo a acción que se poida realizar, mostraremos algunha delas: 2.3 Emprego do sistema operativo como interface entre persoa e máquina Antes de traballar con programas, temos que familiarizarnos co sistema operativo. Estudaremos o sistema Windows XP, xa que é o máis estendido, sen prexuízo de aprender o manexo doutros. Funcións O sistema operativo ten varias funcións: servir de interlocutor entre maquina e usuario, executar programas, organizar cartafoles e ficheiros, ou configurar o computador. Poderemos recoñecer os elementos da pantalla, dispor a barra de tarefas ao noso gusto e personalizar o noso computador. Ventás 8

O sistema Windows traballa con ventás, que poden ser de aplicación ou de documentos, e cadros de dialogo e de axuda. _ Escritorio: ventá de arranque de Windows. _ Apuntador: aspecto na pantalla do rato. _ Aplicación: conxunto de programas que permiten a realización dunha tarefa ( procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, creación e deseño de presentacións, navegadores de internet, creación de sitios web, xestión de correo, etc. _ Cartafol: localización virtual en que se gardan ficheiros ou aplicacións. _ Ficheiro: produto elaborado cunha aplicación, susceptible de ser gardado, modificado, enviado a outra localización ou a unha impresora, para o pasar a papel. Ao despregar o menú Todos os programas, aparecen os programas que temos instalados, así como as ferramentas e os cartafoles que á súa vez teñen un menú despregable, premendo no triángulo final. Cando acedemos a unha ventá, veremos nela diferentes elementos que convén coñecer. _ Barra de menús: contén as opcións do menú dispoñibles para a aplicación. _ Barra de ferramentas: permite acceder mediante botóns ás opcións do programa máis usadas. _ Barra de título: amosa o nome da aplicación _ Barras de desprazamento: permiten ver as partes do documento que non vemos na pantalla. _ Minimizar, maximizar, restaurar e pechar: realizan esas funcións co documento aberto 2.4 Almacenaxe, organización e recuperación da información en soportes físicos, locais e extraíbles Nesta parte aprendermos a gardar a información, a organizala e despois recuperala para a usar de novo. Veremos como se pode traballar con ficheiros, aínda que despois teñamos que aprender a encher eses ficheiros. Así mesmo, poderemos gardar imaxes ou vídeos que fagamos ou que localicemos na rede. Tipos de memoria dos computadores _ Memoria temporal (RAM): memoria inmediata, dura pouco tempo e desaparece a información ao apagar o computador. _ Memoria permanente: a longo prazo; se gardamos nela datos poderemos volver a utilizalos. 9

Ficheiros A información almacénase en ficheiros, tamén chamados documentos. Cando queiramos organizar a nosa información, poderemos crear cartafoles e subcartafoles. Estes cartafoles pódense almacenar no disco ríxido ou en discos extraíbles ou memorias externas (CD, DVD, USB, etc.). O nome dun ficheiro está formado por varios elementos: a icona, o nome e a extensión. Nós podemos pórlle o nome; o resto faino o computador. A extensión indica o tipo de ficheiro e o programa con que foi creado, por exemplo: Almacenaxe de información no disco ríxido, nun CD e nunha USB Para gardar información temos varias posibilidades, no disco ríxido do computador, nun CD ou DVD ou nunha USB, estes últimos memorias extraíbles. Se temos xa rematado un ficheiro e queremos gardalo para o seu envío ou unha posterior recuperación debemos realizar varios pasos. Dentro do menú Ficheiro da barra de menú, veremos outro menú ao facer clic nel, que contén diferentes opcións. Veremos a opción Gardar e Gardar como. Coa opción Gardar, gardaremos o documento tal cal está. Coa opción Gardar como, aparecerá outro menú, que nos permitira elixir o nome, e onde gardalo, despregando a pestana superior onde aparece un triángulo negro. 10

2.5 Pequenos accesorios de Windows Windows trae unha serie de accesorios que podemos utilizar, como o reprodutor de música Windows Media, a calculadora, o Paint, para debuxo, etc. Son accesorios que teñen unha icona que os fai recoñecibles, e para os abrir teremos que premer con dobre clic sobre ela. Se non os temos no escritorio, podemos buscalos a través do menú Iniciar > Todos os programas > Accesorios. 2.6 Acceso a recursos compartidos en redes locais e posta a disposición destes Case sempre no centro, e noutros postos de traballo, utilizaremos unha rede local para compartir información. Vexamos como compartir cartafoles e impresoras, e como procurar a información noutros computadores en rede. Se queremos ver outro computador da nosa rede, teremos que dar os seguintes pasos, sempre con dobre clic: Os meus sitios na rede > Toda a rede > Nome do equipamento. Pódese tamén crear un aceso directo a ese equipamento para non ter que repetir o proceso de cada vez. Cando nos atopemos dentro do outro computador, poderemos acceder aos cartafoles que estean compartidos, abrilos e coller o documento que se queira. Se non están compartidos non nos será posible acceder á información. Para compartir unha impresora débese indicar, e para deixar compartir unha impresora tamén. Abra o menú de Impresoras e fax, dentro de Panel de control, no menú Iniciar. 2.7 Creación de cartafoles de documentos para poder compartir con outros computadores en rede Cando se traballa en rede, utilizar os documentos doutros computadores é frecuente e útil. Nas seguintes actividades practicaremos os pasos que cómpre dar para compartir estes documentos. Se quere traballar con documentos doutro computador terá que os colocar nun cartafol compartido que se creará para iso. Co botón dereito do rato, colocado enriba do cartafol, ten un menú despregable para poder facelo. 2.8 Instalación de programas e realización de tarefas básicas de mantemento de sistemas Ás veces necesitamos instalar algún programa ou realizar algunha tarefa básica de mantemento do no noso computador. Na actualidade todos os programas veñen preparados para instalarse automaticamente. O computador detéctaos e 11

instálaos de xeito automático, sempre que o dispositivo e a placa base soporten esa posibilidade. Tamén pode ser útil quitar programas que non se utilicen ou actualizar un xa existente. Papeleira de reciclaxe A papeleira de reciclaxe é moi útil, xa que nos permite recuperar ficheiros eliminados por erro. Se non a temos no escritorio, teremos que ir ao Explorador de Windows (convén colocala no escritorio). Pódea visualizar de diferentes xeitos. Desde ela pode restaurar un ficheiro eliminado. Ten unha capacidade limitada, polo que convén baleirala de cando en vez. Temos no debuxo anterior un exemplo da ventá da papeleira de reciclaxe e outra da ventá das propiedades da papeleira, na que vemos a porcentaxe do disco ríxido destinado á papeleira. Desfragmentación do disco Desfragmentar o disco ou liberar espazo nel son funcións que podemos realizar se é preciso. Convén ter pechados todos os programas antes de desfragmentar o disco ríxido. Para liberar espazo iremos a O meu computador, seleccionamos a unidade C: e seleccionamos co botón dereito do rato a opción Propiedades. 2.9 Como pasar un antivirus e como instalar unha impresora Ás veces as conexións a internet poñen en perigo o seu computador, polo que é imprescindible estar protexido. Debe saber pasar un antivirus, ou baixar un gratuíto da rede. E tamén realizar tarefas útiles, como instalar hardware mínimo, impresora, escáner e cámara. 12

Tamén convén ter copias de seguridade do traballo que se estea a facer. Pode realizar varios tipos de copias de seguridade, para o que se poden seguir dous camiños. O máis sinxelo é co asistente para copia de seguridade ou restauración, que guía paso a paso todo o proceso. Outro é o modo avanzado, máis complexo. Convén saber onde imos gardar esas copias e ter preparado o soporte. Na actualidade, para instalar novo hardware abonda con introducir os discos do hardware e seguir os pasos; na maior parte dos casos faise de xeito automático. Se se trata dunha impresora, terá que facer a conexión á rede eléctrica, e algúns discos ríxidos externos tamén a necesitan, así como os escáners. Como instalar un antivirus Para instalar un antivirus podemos acudir no mercado a unha grande variedade de marcas comercias que nos ofrecen o seu produto nun CD, para instalar no noso computador. Con todo, na actualidade podemos comprar na rede un antivirus, que baixaremos directamente ao noso computador, seguindo os pasos que nos indique a casa comercial despois de pagar o prezo correspondente. Outra opción e baixarnos da rede un antivirus gratuíto, en xeral non teñen tanta cobertura como os outros, e o nivel de protección é sempre menor. Para instalar un antivirus gratuíto, acudiremos a unha páxina que nolo ofreza, ou ben a través dun buscador escolleremos opción máis axeitada. Xa dentro da páxina, buscaremos a opción de baixar o produto e este se instala automaticamente no noso computador. Como facer copias de seguridade Para facer copias de seguridade dun cartafol, debemos facer unha copia del. Podemos emprazala nunha memoria externa, ou nun servidor, caso de estar conectados en rede. Podemos copiala cun programa se a colocamos nun CD ou DVD, ou ben copiar e pegar se a colocamos nunha USB ou noutro computador. 2.10 Personalización do computador persoal Personalizar o seu computador significa elixir unha pantalla, un protector de pantalla ou un modo do rato particular. No panel de control temos un conxunto de programas que permiten configurar o ambiente do nosos computador e controlar os dispositivos conectados con el. Ábrao e analice as iconas, e olle o seu contido. Para personalizar a nosa pantalla temos: _ Fondo do escritorio: son debuxos que se poden utilizar para cambiar o aspecto da pantalla. 13

Podemos buscar en fotos ou debuxos que teñamos arquivados ou ben utilizar os debuxos que nos ofrece Windows entre as predeterminadas. _ Protector de pantalla: é unha representación de imaxes en movemento que evitan que se dane a pantalla se o equipamento está inactivo moito tempo. Podemos elixir entre varios modelos que nos ofrece Windows e decidir cando queremos que se poña en funcionamento. _ Aparencia: esta opción permítenos personalizar o aspecto das ventás, cambiar o aspecto dos botóns, cambiar as cores das barras e os tamaños da fonte da letra. Podemos así mesmo personalizar o noso rato, aumentando ou reducindo a súa velocidade de desprazamento pola pantalla, o tipo de apuntador e a velocidade do dobre clic, entre outras posibilidades. Resumo de contidos 3. ESTRUTURA E FUNCIONAMENTO DE INTERNET Internet é un conxunto formado por milleiros de redes de todo o mundo que están conectadas entre si. O nome de Internet vén do inglés Interconected Networks (interconexión de redes). Cada rede conectada a Internet ten, á vez, un feixe de equipamentos informáticos conectados entre eles. Enderezos A información móvese a moita velocidade entre os equipamentos. Cada equipamento conectado a internet está identificado por un enderezo (enderezo IP) 14

formado por unha secuencia de catro números que están comprendidos, cada un deles, entre 0 e 255. Dependendo das condicións en que o equipamento se conecta á rede, este enderezo pode ser estático (sempre o mesmo) ou dinámico (varía cada vez que se establece a conexión). Exemplo de enderezo IP: 69.52.180.1 Conexións Para poder establecer a conexión dun equipamento a internet é preciso contratar unha conexión telefónica cunha compañía. Hai compañías que proporcionan este servizo de xeito gratuíto. As conexións a internet poden ser diversas, e as diferenzas máis salientables radican na velocidade de transmisión de datos. Os tipos de conexión que se usan na actualidade son: _ Liña telefónica normal: non se emprega demasiado, xa que resulta moi lenta e non permite o envío de paquetes de información grandes. _ Conexión RDSI: permite a transmisión de voz e a conexión a internet por unha soa liña. Mellora a velocidade de transmisión de datos con respecto á liña telefónica normal. _ Liña ADSL: alcanza velocidades de transmisión moi altas. É seguramente o tipo de conexión máis empregado. Proporciónano moitas compañías de telefonía. Abonda con ter unha liña telefónica e contratar o servizo con calquera das compañías que o ofrecen. _ Conexión por cable: o sistema máis avanzado. Dispoñible só nalgúns lugares. 3.1. Servizos de internet: páxinas web (www) Internet ofrece diversos sistemas de intercambio de información: páxinas web, correo electrónico, grupos de noticias, etc. Un dos medios de comunicación e de transmisión de información en internet é o constituído polas chamadas páxinas web. En internet a información está dispoñible en servidores, e cada servidor ten un nome, que se denomina enderezo URL (Uniform Resource Locator). Existe unha rede de servidores que ofrece información a todos os usuarios, é a chamada World Wide Web (www) (rede de tea de araña mundial). Os servidores son servidores web. Para acceder a un servidor precisamos o seu enderezo. Nun servidor a información está estruturade en páxinas, as páxinas web. Unha páxina web está 15

construída con hipertexto, é dicir, con conexións que levan a outras páxinas, imaxes, etc. Navegadores Para poder acceder ás páxinas web é preciso dispor dun navegador. Os que máis se empregan son Explorer, Netscape e Mozilla. Todos estes navegadores poden descargarse de balde, aínda que o normal é que os equipamentos informáticos teñan xa instalado un navegador. Hai que localizar a icona no escritorio ou no menú de Inicio. Nos pasos sucesivos empregamos o navegador internet Explorer. _ Para lanzar o navegador cómpre estar conectado a internet. _ Para acceder a páxinas web das que se coñece o enderezo só é preciso escribir o nome completo da páxina na barra de enderezos do navegador. _ Ao pasar o apuntador sobre determinados puntos dunha páxina web prodúcese un cambio na súa aparencia, xa que toma o aspecto dunha man, trátase dunha ligazón. Seleccionándoa co botón esquerdo do rato podemos movernos a outra páxina que está ligada con aquela na que estamos. _ As páxinas que se van abrindo sucesivamente poden ser visitadas sen volver a escribir o seu nome empregando os botóns de atrás e adiante. Favoritos Se queremos gardar o enderezo dunha páxina que nos interesa, para podermos acceder a ela noutro momento sen volver escribir o enderezo, podemos incluíla en Favoritos. Opcións de internet O navegador ten unha páxina de inicio que podemos cambiar por outra que prefiramos. Para isto é preciso modificar as opcións en Opciones de internet do propio navegador. Copiar, pegar e gardar Cando atopamos unha información do noso interese podémola gardar. Tanto se é un texto como se é unha imaxe, podemos Copiar e Pegar despois, por exemplo, nun documento de Word ou de OpenOffice. O procedemento é sinxelo, temos que seleccionar, empregando o botón esquerdo do rato e percorrendo todo aquilo que nos interesa. Logo eliximos no botón dereito do rato a opción Copiar, e despois a de Pegar, empregando tamén o botón dereito do rato, sobre un 16

documento de Word previamente aberto. A información que se copia non sempre aparece co mesmo formato: tipo de letra, parágrafo, etc. Cando a páxina web é moi grande pódese gardar e traballar con ela cando xa non se teña conexión a internet. Para gardar unha páxina web hai que elixir a opción do menú Archivo e Guardar como. Cumprirá elixir o cartafol e o nome con que se queira gardar a páxina. 3.2 Manexo de buscadores: Google, Yahoo, etc. Non sempre coñecemos o enderezo completo da páxina ou das páxinas web que conteñen a información que precisamos. Podemos buscar e identificar as páxinas que conteñen esa información empregando buscadores. O manexo de buscadores é sinxelo e permite que, entre os millóns de páxinas dispoñibles en internet, filtremos aquelas que teñen a información que queremos. Hai moitos buscadores: Google, Yahoo,... Accédese aos buscadores como ao resto das páxinas web, escribindo o seu nome na barra de enderezos ou seleccionándoos en favoritos, se antes nos ocupamos de gardalos. Procura de imaxes Google, o mesmo que outros buscadores, ten unha ferramenta de procura de imaxes. Seleccionándoa pódese facer unha busca das imaxes relacionadas cun determinado tema. O procedemento é o mesmo que para a busca de páxinas web: hai que escribir o tema na ventá de busca. Para copiar unha imaxe dunha páxina web hai que colocar o apuntador sobre ela e, no botón dereito do rato, elixir a opción Guardar imagen como... A imaxe pódese gardar nun cartafol do equipamento e posteriormente inserila nun documento de Word, ou vela con calquera das aplicacións de imaxe dispoñibles. Tamén se pode elixir, no botón dereito do rato, a opción Copiar. Deste xeito, a imaxe pode ser pegada nun documento de texto (Word, Open Office, etc.) coa ferramenta Pegar. 3.3 Servizos de internet: correo electrónico (e-mail) Outra ferramenta moi empregada en internet e o correo electrónico. É un sistema moi rápido que permite o movemento de cantidades importantes de información. Permite anexar ou xuntar ficheiros de texto e gráficos. 17

Para empregar o correo electrónico temos que dispor dun provedor de correo que, pola súa vez, nos ha permitir empregar un enderezo de correo e un portal (páxina web) que dá acceso a un xestor de correo que permite o tráfico de mensaxes. As mensaxes están no provedor ata que o usuario abre a súa conta e pasan ao seu computador. Os servidores de correo poden ser empresas informáticas, como Yahoo, Wanadoo, etc., organismos oficiais, como a Xunta, as universidades, empresas de acceso telefónico, etc. Se non dispomos dun enderezo de correo podémolo conseguir de balde en calquera dos moitos servidores de internet: Hotmail, Yahoo, etc. Os enderezos de correo electrónico gardan certo parecido cos das páxinas web. Constan de dúas partes: 18