Guía Rápida Correo Web

Tamanho: px
Começar a partir da página:

Download "Guía Rápida Correo Web"

Transcrição

1 SEPTEMBRO 2011 Guía Rápida Correo Web Correo Web Exchange

2 Índice 1. INTRODUCIÓN REQUISITOS DE ACCESO O PANEL DE EXPLORACIÓN OWA OPCIÓNS Configuración rexional Cambiar contrasinal CONSULTAR O CORREO Recibir/Comprobar mensaxes Panel de lectura Datos adxuntos ENVIAR UNHA MENSAXE Engadir destinatarios Buscar un nome no caderno de enderezos Confirmacións de entrega e lectura Adxuntar un ou varios documentos Enviar unha mensaxe Responder unha mensaxe Reenviar unha mensaxe ORGANIZACIÓN DO CORREO Crear carpetas Baleirar a carpeta de elementos eliminados Abrir varias carpetas CONTACTOS Crear un contacto Crear unha lista de distribución CALENDARIO Vistas do calendario Crear citas e eventos Organizar reunións TAREFAS /09/2011 Páxina 3 de 17

3 1. INTRODUCIÓN O obxectivo deste documento é presentar ao usuario unha guía rápida e sinxela para iniciarse no manexo do correo electrónico por medio do sistema chamado Outlook Web Access (OWA), ao cal se accederá a través da seguinte URL: O OWA (Outlook Web Access) é a versión baseada en páxinas web de Microsoft Outlook, o cal prové acceso para ler e usar as diferentes ferramentas de administración de correo (tarefas, notas, axendas, contactos, etc.) dende calquera ordenador con acceso a internet. Neste manual recolleranse as características máis importantes do OWA e como facer uso delas. 07/09/2011 Páxina 4 de 17

4 2. REQUISITOS DE ACCESO Os requisitos para acceder ao correo son: Ordenador conectado a Internet ou á rede da Xunta. Navegador web instalado no ordenador. A pesares de que esta versión é compatible cos navegadores máis comúns do mercado, é recomendable empregar Internet Explorer 8 ou superior. Se o seu navegador non fora totalmente compatible, a versión amosada sería unha reducida de OWA (OWA Light) que non dispón de todas as funcionalidades completas. O presente documento centrarase na versión completa de OWA dado que inclúe así mesmo todas as características da versión Light. Cando se accede ao correo web desprégase a pantalla que solicita o nome do usuario e o contrasinal para ingresar: A forma de acceder é a seguinte: Usando o nome longo, por exemplo alberto.rodriguez.gonzalez@xunta.es, e o contrasinal. 07/09/2011 Páxina 5 de 17

5 3. O PANEL DE EXPLORACIÓN OWA No momento de abrir OWA por primeira vez, pódese ver o Panel de Exploración no lado esquerdo da pantalla. A barra de acceso directo terá unha aparencia como a mostrada na seguinte imaxe: Terá as seguintes opcións: CAIXA DE ENTRADA: A Caixa de entrada utilízase para ver calquera correo que se reciban. As novas mensaxes de correo mostraranse en pantalla en grosa. CALENDARIO: O calendario contén as citas e reunións fixadas polo usuario. CONTACTOS: Na carpeta Contactos aparecen todos os contactos persoais que o usuario cree. TAREFAS: A carpeta Tarefas contén as tarefas que o usuario cree de xeito que se poda facer un seguimento das completadas, pendentes, NOTAS A carpeta de Notas, que aparece listada dentro da parte de correo, contén as anotacións creadas polo usuario para asuntos do seu interese. CARTAFOLES PÚBLICOS: Abre unha ventá de exploración onde se listan las Carpetas públicas do Panel de Exploración. 07/09/2011 Páxina 6 de 17

6 4. OPCIÓNS Para acceder ás opcións de personalización na barra superior hai que facer click sobre o botón Opcións. A continuación pásase a describir algunha das opcións máis importantes que se poden configurar Configuración rexional Elíxese o idioma que se desexa utilizar. Así mesmo, pódese indicar que o nome das carpetas da caixa de correo (Inbox, Sent Items ) se actualice para que coincida co idioma especificado. Ademais, é moi importante configurar a zona horaria actual xa que por defecto estará en branco. De este xeito, adecuarase a hora de recepción e envío de mensaxes para que coincida coa zona horaria na que se encontra Cambiar contrasinal Para cambiar o contrasinal hai que introducir o anterior e dúas veces o contrasinal novo que se desexa. 07/09/2011 Páxina 7 de 17

7 Existe unha política de seguridade para as contrasinais que se describe a continuación: Lonxitude: 8 caracteres. Complexidade: debe estar composta por tres dos seguintes grupos: Letras maiúsculas. Letras minúsculas. Números. Caracteres especiais ($, %, etc.) Caducidade: 90 días. Histórico de contrasinais: 5 contrasinais. Bloqueo de contas de usuario: Bloqueo: tras tres intentos incorrectos. Desbloqueo: automático, tras quince minutos. Non pode conter o nome ou apelidos da propia conta. 07/09/2011 Páxina 8 de 17

8 5. CONSULTAR O CORREO 5.1. Recibir/Comprobar mensaxes Para consultar o correo non é preciso actualizar a Caixa de Entrada, o sistema comunicará automaticamente cando chegue un novo correo, mediante un ton audible e un aviso de nova mensaxe. No panel de exploración de OWA, a Caixa de Entrada pode aparecer cun número entre parénteses indicando as mensaxes sen ler na caixa de correo. As mensaxes novas aparecen en grosa, mentres que as que xa se foron lidas aparecen en texto normal Panel de lectura Outlook Web Access ten un panel de lectura que permite ler a mensaxe sen ter que abrilo. Pódese configurar o panel de lectura para que apareza na parte dereita ou inferior da pantalla ou que non apareza. Tamén se pode ler unha mensaxe pinchando dúas veces sobre ela aparecendo nunha nova ventá Datos adxuntos Para abrir os datos adxuntos incluídos nunha mensaxe, hai que pinchar dúas veces sobre o enlace que aparece debaixo do asunto da mensaxe. Para gardar os datos adxuntos enviados nunha mensaxe, hai que pinchar co botón secundario do rato sobre o enlace do ficheiro adxunto e seleccionar Gardar destino como no menú contextual. 07/09/2011 Páxina 9 de 17

9 6. ENVIAR UNHA MENSAXE Para crear unha mensaxe hai que pulsar o botón "Novo". Abrirase unha ventá de nova mensaxe que permitirá engadir destinatarios, texto e datos adxuntos Engadir destinatarios O xeito máis sinxelo de encontrar un enderezo de correo electrónico no Caderno de Enderezos da Xunta de Galicia ou no persoal, é deixar que OWA realice a busca de xeito automático. Para facer isto, simplemente se escribirá o nome da persoa cuxo enderezo se estea a buscar, na liña Para: " ou "CC: " e se pulsará o botón "Comprobar Nomes": Se OWA encontra o nome no Caderno de Enderezos, mostrará o nome subliñado (por exemplo: "Joe Public"). Se encontra diversos nomes semellantes, OWA proporá unha lista para elixir un deles, e se non encontra o nome, mostrará unha lista baleira e dará a oportunidade de cambialo ou borralo da mensaxe Buscar un nome no caderno de enderezos Para realizar as buscas no caderno de enderezos da Xunta hai que pinchar no seguinte icono: A recomendación é utilizar os apelidos ou ben a dirección de correo electrónico. É dicir, para buscar a Alberto Pérez San José, deberase de buscar por: Pérez San José ou ben por alberto.perez. Ao realizar a busca mostraranse os rexistros que cumpriron co criterio de busca. Seleccionando o contacto e facendo click a continuación sobre os botóns Para ou CC (Con Copia) ou CCO (Con Copia Oculta) agrégase o destinatario. Se non se desexa buscar máis destinatarios, abondará simplemente con facer click en Aceptar Confirmacións de entrega e lectura Para que o sistema avise cando unha mensaxe enviada fora lida polo receptor, hai que pinchar en opcións na pantalla de envío dunha mensaxe. Unha vez feito isto, na nova ventá aberta pinchar en Solicitar confirmación de entrega para esta mensaxe e Solicitar confirmación de lectura para esta mensaxe. 07/09/2011 Páxina 10 de 17

10 6.4. Adxuntar un ou varios documentos Para adxuntar un documento a unha mensaxe, hai que pulsar o botón Adxuntar arquivo : A continuación, explórase o disco duro (ou a rede) para encontrar o ficheiro e unha vez atopado, selecciónase o ficheiro que se desexa adxuntar Enviar unha mensaxe Para enviar unha mensaxe que xa está preparada só hai que pulsar o botón Enviar. A mensaxe moverase á Caixa de Saída e a continuación a Elementos Enviados unha vez o servidor a envíe correctamente Responder unha mensaxe Para responder unha mensaxe en OWA, ou ben se abre a mensaxe ou ben se selecciona e despois púlsase o botón Responder. O emisor orixinal aparecerá automaticamente na liña Para: da mensaxe de resposta. Tamén se pode responder a todos os receptores dunha mensaxe pulsando o botón Responder a todos Reenviar unha mensaxe Para reenviar unha mensaxe o xeito máis sinxelo é reenviar unha mensaxe é pulsar o botón Reenviar, ou ben cando se selecciona a mensaxe ou ben unha vez aberto. 07/09/2011 Páxina 11 de 17

11 7. ORGANIZACIÓN DO CORREO Outlook Web Access almacena toda a información da caixa de correo de correo en carpetas, deste xeito sepáranse os distintos tipos de correo Crear carpetas O xeito máis sinxelo de crear unha carpeta en OWA é facer clic co botón dereito do rato sobre a carpeta dentro da que se quere crear a nova, a continuación púlsase Crear novo cartafol no menú contextual. Por exemplo, para crear unha carpeta dentro da Caixa de entrada, hai que facer clic co botón dereito do rato sobre a Caixa de entrada e seleccionar "Crear novo cartafol ". Despois hai que poñer á nova carpeta un nome significativo e seleccionar Aceptar Baleirar a carpeta de elementos eliminados Para baleirar a carpeta Elementos eliminados, hai que facer clic co botón secundario do rato sobre a esta e a continuación seleccionar Baleirar carpeta "Elementos eliminados" no menú contextual. Deste xeito, libérase o espazo que ocupaban estas mensaxes da cota da caixa de correo Abrir varias carpetas Para ter máis dunha carpeta aberta ao mesmo tempo, hai que facer clic co botón secundario do rato na carpeta que se desexa mostrar e, a continuación, volver a facer clic en Abrir nunha nova ventá no menú contextual. 07/09/2011 Páxina 12 de 17

12 8. CONTACTOS A carpeta de contactos contén información importante acerca da xente coa que se queira comunicar. Estas persoas xeralmente non pertencen á organización, xa que as que están na organización encóntranse no Caderno de Enderezos de OWA. Pulse o botón Contactos na barra de OWA para abrir a carpeta de Contactos Crear un contacto Para crear un contacto, cando se dispón da información acerca dunha persoa que se quere gardar entre os Contactos propios, hai que pulsar o botón Novo. Complétase a información cos datos dispoñibles e a continuación púlsase o botón Gardar e pechar Crear unha lista de distribución Para crear unha lista de distribución, hai que pulsar a frecha do botón Novo, e seleccionar Lista de distribución, como se pode ver na primeira da imaxes que se amosan a continuación. Como integrante da lista de distribución, pódese seleccionar calquera dos contactos locais ou do Caderno de Enderezos da organización pulsando o botón Membros. 07/09/2011 Páxina 13 de 17

13 9. CALENDARIO O calendario está integrado coas funcións do correo electrónico e para utilizalo faise da mesma forma que se se estivese a manexar unha axenda de papel Vistas do calendario OWA permite visualizar o calendario con distinto nivel de detalle: 9.2. Crear citas e eventos Para introducir unha cita bastará con facer dobre click sobre o día e incluso hora en caso de que se estea visualizando o calendario por días. No momento de introducir unha cita é posible configurar distintas opcións que axudan a identificar de que se trata: 07/09/2011 Páxina 14 de 17

14 Asunto: motivo da cita ou reunión Localización: lugar onde se levará a cabo a cita ou reunión Inicio: data e hora de inicio da cita ou reunión Fin: data e hora de fin da cita ou reunión Aviso: xera recordatorio da cita ou reunión. Por defecto esta opción ven habilitada, se non desexa obter recordatorio das citas ou eventos programados na axenda, pódese deshabilitar a opción de aviso. Mostrar o tempo como: Permite definir a forma en que se desexa mostrar o evento dentro do calendario e pode ser: Ocupado: Identifícase coa cor para indicar que non se ten dispoñibilidade para máis citas ou reunións Libre: Identifícase coa cor e indica dispoñibilidade de tempo para asistir a citas ou reunións Provisional: Identifícase coa cor cando se reserva o tempo para unha cita ou reunión pero non é definitiva Fuera de la oficina: Identifícase coa cor cando a cita ou reunión é fora do sitio normal de permanencia Organizar reunións Permite citar a outras persoas para convocalas a unha reunión. OWA presta unha axuda para encontrar a primeira hora na que todos os convidados estean libres. Cando se crea a reunión envíase automaticamente un correo electrónico aos convidados á reunión e avisa se a reunión coincide con outro evento ou cita previamente programada dentro do calendario. Os convidados poden aceptar o convite, rexeitala, aceptala provisionalmente ou propoñer unha nova hora. 07/09/2011 Páxina 15 de 17

15 Para crear unha reunión créase o elemento igual a como se crean as citas e para convocar aos interesados abonda con incluílos no campo Para... ou Opcional... tal e como se mostra na seguinte figura: Para: enderezos electrónicos dos convocados á reunión dos cales a asistencia é obrigatoria. Opcional: enderezos electrónicos dos convocados á reunión dos cales a asistencia é opcional, poden ou non asistir. Recursos: cando se manexan por este medio as salas ou outros elementos que se utilizan durante as reunións. Asunto: motivo da reunión. Localización: lugar onde se levará a cabo. Inicio: data e hora en que se inicia a reunión Fin: data e hora en que se termina a reunión 07/09/2011 Páxina 16 de 17

16 10. TAREFAS Unha tarefa é unha acción persoal ou relacionada co traballo da que desexa realizar un seguimento ata que finalice. Unha tarefa pode producirse unha vez ou de xeito regular (é dicir, unha tarefa periódica). Unha tarefa periódica pode repetirse a intervalos repetidos ou periódicos en función de data de finalización da tarefa. Por exemplo, é útil para enviar un informe de estado a un colaborador o último venres de cada mes, ou para realizar de novo unha acción cando transcorra un mes dende que se realizou por última vez. O seu funcionamento e utilización é moi similar á do calendario, polo que non se afondará máis nesta funcionalidade. 07/09/2011 Páxina 17 de 17

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015 PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015 A) ALTA NO REXISTRO DE FACTURAS ELECTRÓNICAS DA XUNTA DE GALICIA SEF O primeiro que hai que facer é acceder ao SEF a través do seu enlace para

Leia mais

Uso do Disco Privado Virtual: acceso web ó contorno de probas

Uso do Disco Privado Virtual: acceso web ó contorno de probas Uso do Disco Privado Virtual: acceso web ó contorno de probas Aplicación web do Disco Privado Virtual Aplicación web do Disco Privado Virtual Acceder ó Disco Privado Virtual Conectarse ó DPV Autenticación

Leia mais

Acceso ao xestor documental

Acceso ao xestor documental Acceso ao xestor documental Na ventana inicial accedemos a [Documentación] para acceder ao xestor documental. Páxina: 1 Apartados: operacións con cartafoles e ficheiros Dispón de varios botóns para realizar

Leia mais

MANUAL DE USUARIO DE etrades

MANUAL DE USUARIO DE etrades MANUAL DE USUARIO DE etrades Versión: v.01.02 Data edición: 14/12/2010 1. ACCESO Á APLICACIÓN... 3 2. EMPRESA DESPRAZA... 4 3. DATOS DO DESPRAZAMENTO... 5 4. EMPRESA CONTRATA... 6 5. PERSOAL... 8 6. RESUMO...

Leia mais

Portal de Directores de Centro de Gasto da USC

Portal de Directores de Centro de Gasto da USC Portal de Directores de Centro de Gasto da USC Índice Introdución Acceso ao Portal Operacións de Usuario Informes Orzamento Execución Xestión de follas de pedimento Alta Visualización Introdución (1) O

Leia mais

Manual de cumprimentación da solicitude

Manual de cumprimentación da solicitude Manual de cumprimentación da solicitude Para comezar a realizar a comprimentación da solicitude poderá acceder a páxina habilitada a tal efecto na dirección: https://cooperativas.xunta.es Pasos xerais

Leia mais

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC O Servizo de Informática e Comunicacións (en diante SIC) da UDC pon a disposición da comunidade universitaria o servizo de

Leia mais

Requisitos para subir documentos ao

Requisitos para subir documentos ao Requisitos para subir documentos ao Ser PDI Rexistrarse en RUC Solicitar a activación dos permisos para o depósito de documentos, enviando un correo a ruc@udc.es. Nel debes indicar os teus datos persoais

Leia mais

OS ELEMENTOS DUN ESPAZO WEB:

OS ELEMENTOS DUN ESPAZO WEB: Ardora permite ao docente crear un "lugar" no que integrar e organizar calquera das distintas páxinas ou grupo de páxinas que crea o programa: actividades interactivas, paquetes de actividades, páxinas

Leia mais

Conexión á rede Wifi edu.xunta.es: Instrucións

Conexión á rede Wifi edu.xunta.es: Instrucións Conexión á rede Wifi edu.xunta.es: Instrucións Índice 1.Introdución: 5 2.Configuración: 6 3.Equipos Abalar. 6 4.Maqueta corporativa Abalar Libre.6 5.Ubuntu (Linux) 8 6.Windows 7 9 7.Windows 8/10 11 8.Windows

Leia mais

Proceso de facturación.

Proceso de facturación. Proceso de facturación. O proceso de facturación permite asignar os cargos dunha reserva a unha ou varias facturas que, á súa vez, poden estar tamén a un ou varios nomes. Facturar todos os importes a un

Leia mais

MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL SOLICITANTE

MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL SOLICITANTE MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL SOLICITANTE Data actualización: 23/07/15 1.-Alta no aplicativo informático Para solicitar o alta no aplicativo informático de pedidos débese dirixir

Leia mais

AXUDA DE USO DO CALENDARIO DE AULA

AXUDA DE USO DO CALENDARIO DE AULA AXUDA DE USO DO CALENDARIO DE AULA O calendario de aula permite que o alumno/a poida xestionar os diferentes acontecementos e o paso do tempo nas aulas, desde un ordenador con conexión a internet, e preferentemente

Leia mais

Potencias e radicais

Potencias e radicais Potencias e radicais Contidos 1. Radicais Potencias de expoñente fraccionario Radicais equivalentes Introducir e extraer factores Cálculo de raíces Reducir índice común Radicais semellantes. Propiedades

Leia mais

Información do documento. Control de versións. Manual de Explotación

Información do documento. Control de versións. Manual de Explotación MANUAL DE EXPLOTACIIÓN Pllantiillllas para Joomlla versiión 1..0..x e 1..5..x baseadas na nova iimaxe corporatiiva da Uniiversiidade de Viigo Vigo 08/03/2010 Información do documento Nome do proxecto:

Leia mais

Máquinas Recreativas. Guía de usuario

Máquinas Recreativas. Guía de usuario Máquinas Recreativas Guía de usuario Índice Índice. 1) Acceso á Oficina Virtual Tributaria 3 2) Declaración e autoliquidación a) Carga de datos da liquidación informativa 7 b) Confirmación do modelo D-046

Leia mais

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2018 Versión en lectura fácil Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2018 Versión en lectura fácil Permiten pasalo

Leia mais

INSTRUCIÓNS PARA A EDICIÓN DE ARTIGOS

INSTRUCIÓNS PARA A EDICIÓN DE ARTIGOS INSTRUCIÓNS PARA A EDICIÓN DE ARTIGOS RESUMO Anxo de la Puente Fernández, Presidente CPMA-Vigo Neste Anexo ó Regulamento da web da CPMA-Vigo danse as instrucións para crear, editar e publicar artigos na

Leia mais

programas .py python nome.py

programas .py python nome.py Scripts en Python A tradución literal sería guións, aínda que prefiro chamarlles programas. Un programa é un arquivo que contén código fonte en linguaxe Python. Os programas teñen extensión.py Para escribir

Leia mais

12.- APP para dispositivos Android, IOS (Apple) e Apple Watch

12.- APP para dispositivos Android, IOS (Apple) e Apple Watch 12.- APP para dispositivos Android, IOS (Apple) e Apple Watch Podes acceder ás diferentes ferramentas que esteas a empregar en prográmame tamén desde a APP para smartphones, dispoñible para dispositivos

Leia mais

Minerva, Repositorio Institucional da USC

Minerva, Repositorio Institucional da USC Minerva, Repositorio Institucional da USC http://minerva.usc.es SUMARIO Dspace Estrutura de Minerva : organización dos contidos Recuperación da información: consultas Servizos ofrecidos por Minerva: Alertas

Leia mais

MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA A INTRODUCIÓN DE DATOS REDEXGA. Versión 3 (21/02/2013)

MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA A INTRODUCIÓN DE DATOS REDEXGA. Versión 3 (21/02/2013) MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA A INTRODUCIÓN DE DATOS REDEXGA Versión 3 (21/02/2013) A continuación descríbense os pasos recomendados para introducir información na aplicación de captación de datos REDEXGA,

Leia mais

Que é unha rede de ordendores?

Que é unha rede de ordendores? Redes Tema 4 Que é unha rede de ordendores? Unha rede informática é o conxunto de ordenadores interconectados entre sí, o que permite compartir recursos e información entre eles, Entre as ventaxas do uso

Leia mais

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO EXPOSICIÓN DE TEMAS º ESO O proxecto consiste en que o alunado da clase, por grupos, expoña unha unidade completa ou ben parte dunha unidade do programa. Para iso organizarán-se grupos dun mínimo de dous

Leia mais

PANTALLA INICIAL APARTADOS DA APLICACIÓN. Na pantalla inicial o usuario dispón de diferentes apartados na barra esquerda:

PANTALLA INICIAL APARTADOS DA APLICACIÓN. Na pantalla inicial o usuario dispón de diferentes apartados na barra esquerda: PANTALLA INICIAL APARTADOS DA APLICACIÓN Na pantalla inicial o usuario dispón de diferentes apartados na barra esquerda: Accesos: Entidades: accede aos datos das entidades para crear ou modificar as existentes.

Leia mais

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Enrédate con seguridade by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed "Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License. Puede hallar permisos más allá de

Leia mais

REDE EUSUMO. información e comunicación

REDE EUSUMO. información e comunicación REDE EUSUMO información e comunicación Índice 1. Presentación do documento 1. Principais responsabilidades dos beneficiarios en materia de información e comunicación. 1. Referencia ao financiamento e disposición

Leia mais

PIALE Integración en lingua portuguesa

PIALE Integración en lingua portuguesa PIALE Integración en lingua portuguesa Lisboa, outubro de 2015 Isabel Mato Sánchez. IES de Cacheiras (Teo) E se as histórias para crianças passassem a ser de leitura obrigatória para todos os adultos?

Leia mais

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018 As solicitudes de admisión dirixidas á dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados presentaranse

Leia mais

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016 Versión lectura fácil Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016 Permiten pasalo ben, durante 10 días, convivindo e relacionándote con outras persoas nun espazo lúdico, humano,

Leia mais

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo Condicións do Campamento Explora Ourense 2016 subtítulo 1. Introdución O campamento de verán Explora Ourense; un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades

Leia mais

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Puntazo de Encontro speed-dating cultural Culturgal é un gran punto de encontro. Por iso, o Concello de Pontevedra quere ORGANIZAR espazos e momentos para atoparnos no Culturgal. Entendemos que é moi importante que empresas (novas ou non tanto),

Leia mais

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO 2017 Aula CeMIT de Cuntis CIBERDELITOS Días: 2 e 4 de Maio (martes e xoves) Horario: 10:00h a 13:00h Nº de Prazas: 10 Nº de Horas: 6h Descrición

Leia mais

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007 ANEXOS Situación da lingua galega na sociedade Observación no ámbito da cidadanía 2007 183 Situación da lingua galega na sociedade 14. ANEXO I: ENQUISA 14.1 Precuestionario e cuestionario 14.1.1 Rexistro

Leia mais

SBN: O TEMPO NO XORNAL

SBN: O TEMPO NO XORNAL I SBN:9788445345054 1.O TEMPO NO XORNAL PROXECTO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL. CAMBIO CLIMÁTICO 1 O TEMPO NO XORNAL Nesta materia debedes recoller datos meteorolóxicos, podendo obtelos de tres fontes diferentes.

Leia mais

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares. 5.2 Acollemento Enténdese por acollemento o proceso que pon en marcha o centro a través dunhas actividades que teñen como obxectivo facilitar a chegada e a adaptación do novo alumnado. A maioría do alumnado

Leia mais

Manual do director/a de cursos

Manual do director/a de cursos Área de Posgrao Virtual apv@uvigo.es http://bubela.uvigo.es/ 2 Índice de contidos 1. Introdución 4 2. Obxectivos 4 3. Acceder a Bubela 4 4. Menú de administración 6 4.1. Listaxe de cursos 6 4.2. Listaxe

Leia mais

Escola de Pais/Nais. Informática Módulo: Windows XP Capítulo 1. Iniciación a Windows XP Capítulo 2. O escritorio Capítulo 3. O panel de control

Escola de Pais/Nais. Informática Módulo: Windows XP Capítulo 1. Iniciación a Windows XP Capítulo 2. O escritorio Capítulo 3. O panel de control MANUAL WINDOWS XP NIIVEL IINTERMEDIIO Autor: Carlos F. Cid 2009 ÍNDICE Capítulo 1. Iniciación a Windows XP... 1 1. Que é Windows XP... 1 1.1 Manexo do rato... 1 1.2 Manexo de fiestras... 2 Capítulo 2.

Leia mais

A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de:

A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de: PLAN APICOLA 2018 A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de: Ata o 80 % nos tratamentos contra a varroa

Leia mais

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet Enquisa de condicións de vida das familias. Novas tecnoloxías. Ano 2013 RESUME DE RESULTADOS En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet O 58,1% da poboación galega de 5 ou máis

Leia mais

MANUAL PROGRAMA DIETAS E INDEMNIZACIÓNS POR RAZON DE SERVIZO PERFIL UNIDADE TRAMITADORA

MANUAL PROGRAMA DIETAS E INDEMNIZACIÓNS POR RAZON DE SERVIZO PERFIL UNIDADE TRAMITADORA MANUAL PROGRAMA DIETAS E INDEMNIZACIÓNS POR RAZON DE SERVIZO PERFIL UNIDADE TRAMITADORA Data de actualización: 09/06/16 INDICE: 1-Alta no aplicativo informático...páxina 2 2-Perfil...Páxina 2 3-Acceso

Leia mais

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos: BENESTAR SOCIAL 2015 BASES REGULADORAS DAS AXUDAS ECONÓMICAS PARA A ATENCIÓN DA PRIMEIRA INFANCIA EN ESCOLAS INFANTÍS 0-3 PERTENCENTES Á REDE AFESIN, Á CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR E Á AXENCIA GALEGA

Leia mais

NIVEL BÁSICO INICIAL EN TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

NIVEL BÁSICO INICIAL EN TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NIVEL BÁSICO INICIAL EN TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN LINUX 2 Índice 1. SOFTWARE LIBRE... 5 2. USUARIOS DO PROXECTO ABALAR... 5 3. INICIO DA SESIÓN ABALAR... 6 4. ESCRITORIO E MENÚS... 7

Leia mais

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais Unidade Formativa 4 Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais UNIDADE FORMATIVA 4 Denominación: Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais Código: UF0322 Duración: 50 horas MÓDULO

Leia mais

CXT 2018/2019 COMO EFECTUAR A TÚA PETICIÓN?

CXT 2018/2019 COMO EFECTUAR A TÚA PETICIÓN? CXT 2018/2019 COMO EFECTUAR A TÚA PETICIÓN? O CONCURSO DE TRASLADOS - QUE É?: CONCURSO PARA OBTER OU MODIFICAR O DESTINO DEFINITIVO. ESTE ANO É DE ÁMBITO ESTATAL, POLO QUE CALQUER FUNCIONARIX QUE LEVE

Leia mais

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx. 48389 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS SERVIZO GALEGO DE SAÚDE RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2016 pola que se abre un período de elección de provisor de asistencia

Leia mais

MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL UNIDADE TRAMITADORA (U.T.)

MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL UNIDADE TRAMITADORA (U.T.) MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL UNIDADE TRAMITADORA (U.T.) Data de actualización: 23/07/15 INDICE: 1-Alta no aplicativo informático...páxina 1 2-Perfil...Páxina 1 3-Acceso ao programa

Leia mais

MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL VALIDADOR

MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL VALIDADOR MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL VALIDADOR Data actualización: 23/07/15 1.-Alta no aplicativo informático Para solicitar o alta no aplicativo informático de pedidos débese dirixir

Leia mais

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN Que é o calendario de vacinación infantil? É o documento que inclúe as vacinas que se recomenda administrarlle á poboación dependendo

Leia mais

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN II PREMIO DE ILUSTRACIÓN: Convocado polo Concello de Pontevedra en colaboración con Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) A finalidade

Leia mais

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME: I.E.S Os números naturais Contidos 1. Números naturais Sistema de numeración decimal Escritura Orde e redondeo 2. Operacións Suma e resta Multiplicación e división Xerarquía das operacións 3. Potencias

Leia mais

TEMA 3 PROCESOS DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL INFORMÁTICA

TEMA 3 PROCESOS DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL INFORMÁTICA TEMA 3 PROCESOS DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL INFORMÁTICA 1. O PROCESO DE PRODUCION INDUSTRIAL PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO O proceso de produción industrial precisa de certos elementos como a materia prima,

Leia mais

Miguel Mourón Regueira

Miguel Mourón Regueira Índice de contido 1.- Introdución...3 2.- Iniciando sesión...3 3.- Traballando con...7 3.1.- Creando un novo canvas...7 3.2.- Partes dun canvas...9 3.3.- Desprazándonos polo canvas...9 3.4.- Engadindo

Leia mais

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo Instrución: 14/2007 Data: 1/06/2007 Asunto: Trámites administrativos de aseguramento a realizar nos centros de saúde Orixe: Dirección Xeral de Aseguramento e Planificación Sanitaria e Dirección Xeral de

Leia mais

Manual do formatador Kfloppy

Manual do formatador Kfloppy Thad McGinnis Nicolas Goutte Programador: Bernd Johannes Wuebben Desenvolvemento (novo deseño da interface): Chris Howells Desenvolvemento (engadido do soporte para o BSD): Adriaan de Groot Revisión: Lauri

Leia mais

Apostas deportivas e de competición

Apostas deportivas e de competición Apostas deportivas e de competición Oficina Virtual Tributaria (OVT) Guía práctica de usuario Índice Índice. 1) Acceso á Oficina Virtual Tributaria 4 2) Estrutura do ficheiro de datos e subida ao servidor

Leia mais

PROTOCOLO USO PISTOLAS INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN

PROTOCOLO USO PISTOLAS INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN PROTOCOLO USO PISTOLAS ÍNDICE 1.- USO... 1 1.1. SISTEMÁTICA DE TRABALLO... 1 1.1.1. Calibración... 1 1.- USO As pistolas de intradermotuberculinización están destinadas ao uso veterinario para a inoculación

Leia mais

MANUAL PROGRAMA INDEMNIZACIÓNS POR RAZON DE SERVIZO PARA PERSOAS SIN VINCULACIÓN LABORAL PERFIL UNIDADE TRAMITADORA

MANUAL PROGRAMA INDEMNIZACIÓNS POR RAZON DE SERVIZO PARA PERSOAS SIN VINCULACIÓN LABORAL PERFIL UNIDADE TRAMITADORA MANUAL PROGRAMA INDEMNIZACIÓNS POR RAZON DE SERVIZO PARA PERSOAS SIN VINCULACIÓN LABORAL PERFIL UNIDADE TRAMITADORA Data de actualización: 11/04/2017 INDICE: 1-Alta no aplicativo informático...páxina 2

Leia mais

CADERNO Nº 13 NOME: DATA: / / Estatística

CADERNO Nº 13 NOME: DATA: / / Estatística Estatística Contidos 1. Vocabulario estatístico Poboación, mostra, individuo e carácter 2. Carácter. Variable estatística Carácter cualitativo. Atributos Variables discretas Variables continuas 3. Ordenación

Leia mais

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez SÁBADO, 30 DE XULLO ÁS 12.00 HORAS. ORGANIZACIÓN. A X edición da TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO, rexerase polo código deportivo e a

Leia mais

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE 1.- O QUE VOSTEDE TEN QUE CUMPRIR En toda explotación gandeira deben estar presentes os seguintes documentos: 1.

Leia mais

Xestión de Propostas e Memorias de Cursos de Posgrao a través de Bubela

Xestión de Propostas e Memorias de Cursos de Posgrao a través de Bubela Xestión de Propostas e Memorias de Cursos de Posgrao a través de Bubela Área de Posgrao Virtual apv@uvigo.es http://bubela.uvigo.es/ Índice 1 Introdución...1 2 Guía de elaboración da proposta en Bubela...1

Leia mais

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR OS IMPRESOS DE SOLICITUDE DE REXISTRO REGA

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR OS IMPRESOS DE SOLICITUDE DE REXISTRO REGA INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR OS IMPRESOS DE SOLICITUDE DE REXISTRO REGA Van adxuntos os dous tipos de impresos de solicitude. Un para os pombais (rexistro de explotacións avícolas -explotacións de columbofilia-),

Leia mais

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral: CURSO Impartido por Beatriz Méndez Darrocha O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral: UNHA INSERCIÓN LABORAL REAL PARA TODAS/OS. A Coruña 21, 22 e 28 de febreiro, e 1 de marzo. 2013 Con

Leia mais

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Recursos de información Páxina web. http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ Perfil facebook https://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc

Leia mais

I.E.S. CADERNO Nº 4 NOME:

I.E.S. CADERNO Nº 4 NOME: Números decimais Contidos 1. Números decimais Numeración decimal Orde e aproximación Representación 2. Operacións Suma e resta Multiplicación División 3. Sistema métrico decimal Lonxitude Capacidade Peso

Leia mais

Unidade 1. Instalación de OpenOffice.org (I)

Unidade 1. Instalación de OpenOffice.org (I) Unidade 1. Instalación de OpenOffice.org (I) O paquete contén as seguintes ferramentas: Nesta primeira unidade imos coñecer en que consiste o paquete OpenOffice.org. Falamos de "paquete" porque OpenOffice.org

Leia mais

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro Canle Recomendocheunlibro Gústache ler? Queres recomendarnos un libro? Compartir as túas lecturas favoritas? Publicar o teu booktrailer? Xa tes onde facelo! Consulta as normas de funcionamento da canle

Leia mais

O CONTRATO DE TRABALLO

O CONTRATO DE TRABALLO O CONTRATO DE TRABALLO Enlace da páxina oficial do Servicio Público de Empleo Estatal (SPEE) con información sobre os contratos de traballo www.redtrabaja.es/es/redtrabaja/static/redirect.do?page=ah0103

Leia mais

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada ANEXO I PROCEDEMENTO SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DE ACTIVIDADES NO SISTEMA ACREDITADOR DA FORMACIÓN CONTINUA DAS PROFESIÓNS SANITARIAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA A TRAVÉS DE SAGA CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

Leia mais

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO 2016-2017 D E C E M B R O 2 0 1 5 9-14 Envío aos centros de Secundaria e ás Universidades das fichas de solicitudes para participar nas Comisións Delegadas e nas

Leia mais

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA 3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA A.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA : compoñentes e sectores (páx. 94-5) A.1.- Que é a actividade económica? A actividade económica é o conxunto de tarefas ou actividades dos seres humanos

Leia mais

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2017-2018 DEPARTAMENTO DE FRANCÉS NIVEL BÁSICO (A2 do MCERL 1 ) CURSO BÁSICO 1 1 MCERL Marco común europeo de referencia para as linguas 1 Información para o alumnado ÍNDICE

Leia mais

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA INSTITUTO DE ENSINO SECUNDARIO "SAN CLEMENTE" C/. San Clemente, s/n. 15705 Santiago de Compostela Teléfonos 981 58 04 96-981 58 03 66 Fax 981 57 21 90 e-mail: ies.sanclemente@edu.xunta.es www.iessanclemente.net

Leia mais

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO INTEGRADO NO PROGRAMA BEN EMPREGADO páx. 0 O Programa de Fomento do Emprego e a Economía dos Sectores Estratéxicos da provincia

Leia mais

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos). clases sen fume información para os escolares curso 2017-2018 É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos). Ten como fin evitar que comeces a fumar ou ben, se xa o fixeches, que deixes o

Leia mais

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122 DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122 III. OUTRAS DISPOCIÓNS CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA ORDE do 15 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 28 de

Leia mais

MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL UNIDADE RESPONSABLE DO GASTO (U.R.G.)

MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL UNIDADE RESPONSABLE DO GASTO (U.R.G.) MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL UNIDADE RESPONSABLE DO GASTO (U.R.G.) Data de actualización: 23/07/15 1.-Alta no aplicativo informático Para solicitar o alta no aplicativo informático

Leia mais

FERRAMENTAS DE COLABORACIÓN

FERRAMENTAS DE COLABORACIÓN FERRAMENTAS DE COLABORACIÓN Índice de contido 1.- Introdución...3 2.- Organizadores...3 2.1.- Marcadores sociais...3 2.1.1.- Google Bookmarks...3 2.1.1.1.- Complementos para o navegador...8 2.1.2.- Delicious...15

Leia mais

Convocatoria ordinaria de 2012

Convocatoria ordinaria de 2012 Nota informativa Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional inicial Convocatoria ordinaria de 2012 Nota informativa Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional

Leia mais

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade Elabora: División de Asistencia Sanitaria Colaboradores: Pablo Galego Feal Antonio García Quintáns Ana Mª Gutiérrez Molina Javier Abalo Piñeiro

Leia mais

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO INCORPORACIÓN DE VIVENDAS AO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS (MODELO PARA OS CONCELLOS) SOLICITUDE DATOS DA PERSOA SOLICITANTE NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO

Leia mais

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC) 5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC Co patrocinio de 0. DATOS DA ENQUISA Preguntas: 56 (

Leia mais

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN TITULACIÓN CURSO ACADÉMICO GRAO EN PEDAGOXIA APELIDOS E NOME DNI DATOS DO/A ALUMNO/A TITULO DO TFG A) TRABALLO ESCRITO (70%) Apartados

Leia mais

NAVEGA CON RUMBO.

NAVEGA CON RUMBO. NAVEGA CON RUMBO www.navegaconrumbo.es Uso de internet Que facemos en internet? Navegar pola Web Buscar información Correo electrónico Redes sociais Mensaxería instantánea (chats) Xogos en liña Intercambio

Leia mais

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION É un pracer presentarvos o I Circuíto de carreiras saudables CorreSAN, un programa de probas de carreiras a pé organizadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes.

Leia mais

Outlook Web App (OWA)

Outlook Web App (OWA) Outlook Web App (OWA) 2010 Índice 1. O que é o Outlook Web App (OWA) 2010?... 3 2. Como acessar o OWA:... 3 3. Como navegar no OWA... 5 4. As seções do OWA... 5 5. O painel de mensagens OWA... 6 5.1 Como

Leia mais

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias ASOCIACION IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DE BARBANZA-NOIA ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO MAPA DE RECURSOS: Instalacións

Leia mais

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS 1.-ÁMBITO PERSOAL FOLLA DE REXISTRO DE DATOS A.-Datos persoais. CLAVE: 1.- Sexo: 2.- Idade: 3.- Estado civil: 4.- Grupo étnico: 5.- Data de recollida dos datos: 6.- Procedencia da demanda: -Familia: -Centros

Leia mais

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 Elaborado polo Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral ÍNDICE: 1 INTRODUCIÓN... 2 2 GASTOS XUSTIFICABLES...3 2.1 Consideracións

Leia mais

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE PLANO DE FOMENTO da I. Liñas estratéxicas de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade O Plano de Fomento da Corresponsabilidade Os obxectivos As áreas de actuación As liñas de acción A temporalización

Leia mais

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL denominación do proxecto MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto CONSIDERANDO que o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro

Leia mais

INTRODUCIÓN XORNADA DE PORTAS ABERTAS

INTRODUCIÓN XORNADA DE PORTAS ABERTAS INTRODUCIÓN XORNADA DE PORTAS ABERTAS O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanttic, abrirá as súas portas ao público amosando a infraestrutura que dispón e a actividade investigadora

Leia mais

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS Docencia da formación profesional para o emprego CARACTERÍSTICAS XERAIS Modalidade presencial Datas 15/09/2014 18/12/2014 Prácticas Xaneiro 2015 Horario 16:00 21:00 Lugar de impartición Duración Inscrición

Leia mais

PLAN TIC IES Chapela (PE)

PLAN TIC IES Chapela (PE) PLAN TIC IES Chapela (PE) Marzo 2015 (Borrador) 1. XUSTIFICACIÓN DO PLAN TIC 2. ESTADO ACTUAL DO CENTRO 2.1 Recursos do alumnado e familias 2.2 Equipamento do Centro 2.3 Recursos humanos 2.4 Posibilidades

Leia mais

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos) CONCELLARÍA DE CULTURA Pazo da Cultura. Rúa do Pan, s/n Carballo (A Coruña) 981 704 300 www.carballo.gal SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NA CONVOCATORIA DE "AXUDAS DE ESTUDOS PARA ALUMNADO DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN

Leia mais

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas PÁXINA 2 normativa reguladora finalidade beneficiarias PÁXINA 3 actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade PÁXINA 4 contías obrigas PÁXINA 5 presentación de solicitudes prazo

Leia mais

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal Programa de formación en comercialización e marketing Orientación comercial á grande distribución As claves do punto de venda Entender o lineal Programa de formación en comercialización e marketing Orientación

Leia mais

Matemática Financeira

Matemática Financeira Matemática Financeira 1. Introdución 2. Porcentaxes 2.1 Incrementos e diminucións porcentuais 2.2 Porcentaxes encadeadas 3. Problemas de intereses 3.1 Interese Simple 3.2 Interese Composto. Capitalización.

Leia mais