CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN CIENCIAS DA NATUREZA. 3º E. Primaria

Documentos relacionados
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

CIENCIAS DA NATUREZA 5º

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS. 1º E. Primaria

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN VALORES SOCIAIS E CÍVICOS. 2º E. Primaria

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN PLÁSTICA. 3º E. Primaria

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS. 2º E. Primaria

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS. 3º E. Primaria

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

IES CANIDO INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN VALORES SOCIAIS E CÍVICOS. 5º E. Primaria

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

Programación didáctica do departamento de EDUCACIÓN FÍSICA Curso escolar IES A Xunqueira II Pontevedra

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

2º curso MANUEL PIÑEIRO SÁNCHEZ [PROGRAMACIÓN ANUAL CURSO 2017/2018]

Escala técnica superior

REDE EUSUMO. información e comunicación

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN RELIXIÓN CATÓLICA. 2º E. Primaria

PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN MUSICAL. 6º E. Primaria CEIP ISAAC PERAL

PROGRAMACIÓN+DIDÁCTICA++ MATEMÁTICAS+1ºESO.+++ IES+DE+TOMIÑO.+CURSO:+2016/2017.+

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESORA María Loreto Albo García

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN MUSICAL. 1º E. Primaria CEIP ISAAC PERAL

Programación didáctica Departamento de Ciencias Naturais. Curso

PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS CURSO 2017/18

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

PLAN TIC IES Chapela (PE)

Instituto de Ensino Secundario Arcebispo Xelmírez 1. Departamento de Artes Plásticas

PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN MUSICAL. 3º E. Primaria CEIP ISAAC PERAL

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

XEOGRAFÍA E HISTORIA ESO

Programación didáctica do departamento de Matemáticas

Anexo III. Modelo de programación de proba libre de módulos profesionais

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Política e Obxectivos de Calidade

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

PROGRAMACIÓNS DE : TECNOLOXÍAS DA ESO, Curso Departamento de Tecnoloxía IES Arcebispo Xelmirez I

P E Z A P E Z A. Galicia

1.- Organización da Escola de Primavera:

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

Código Centro Concello Ano académico IES Concepción Arenal Ferrol Código do ciclo formativo

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

P R O G R A M A C I Ó N T E C N O L O X Í A I N D U S T R I A L I E I I

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Calidade de educación para todo o alumnado. Equidade que garanta a igualdade de oportunidades. Esforzo compartido por todas as persoas compoñentes da

PIALE Integración en lingua portuguesa

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

Relixión 2º ESO UNIDADE 1

Programación didáctica

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

A AVALIACIÓN. Mínimos esixibles

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE TECNOLOXIA

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

Programación didáctica departamento de matemáticas Curso 2017/18

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

ANEXO II PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico I.E.S DO CASTRO - VIGO SEMINARIO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

Planificación do curso escolar

Convocatoria ordinaria de 2012

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE MÚSICA

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO: FILOSOFÍA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Programación didáctica do departamento de EDUCACIÓN FÍSICA Curso escolar IES A Xunqueira II Pontevedra

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

Plans e protocolos de empresa familiar

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN CIENCIAS SOCIAIS. 4º E. Primaria

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

CIENCIAS DA NATUREZA

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

PROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGA CURSO 2017 / 18. Departamento de Lingua e Literatura Galega IES EDUARDO BLANCO AMOR CULLEREDO

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO

Transcrição:

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN CIENCIAS DA NATUREZA 3º E. Primaria

Esta programación foi elaborada segundo as directrices fixadas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica do CEIP Isaac Peral e aplicando a lexislación vixente da LOMCE DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia 1

INDICE 1. Introdución e contextualización 2. Obxectivos da Educación Primaria 3. Competencias clave 4. Obxectivos, contidos, criterios de avaliaciñon e estándares de aprendizaxe 5. Ensinanzas trasversais 6. Mínimos esixibles 7. Avaliación inicial 8. Procedimentos e instrumentos de avaliación e criterios de cualificación 9. Metodoloxía 10. Organización de espazos 11. Materiais e recursos didácticos 12. Atención á diversidade 13. Incorporación das TIC 14. Accións de contribución ao proxecto lector do centro 15. Accións de contribución ao proxecto lingüístico do centro 16. Accións de contribución ao plan de convivencia do centro. 17. Actividades complementarias e extraescolares 18. Avaliación da programación. 19. Modificaciones propostas na memoria do curso anterior 2

1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN Esta área forma parte das áreas troncais especificadas pola LOMCE. As ciencias da natureza axúdannos a coñecer o mundo en que vivimos, a comprender a nosa contorna e as achegas dos avances científicos e tecnolóxicos á nosa vida diaria. A través das ciencias da natureza achegámonos ao traballo científico e á súa contribución ao desenvolvemento, polo que é necesario proporcionar a todos os alumnos e alumnas as bases dunha formación científica que lles axude a desenvolver as competencias necesarias para desenvolverse nunha realidade cambiante cada vez máis científica e tecnolóxica. A través do área de Ciencias da Natureza os alumnos e alumnas inícianse no desenvolvemento das principais estratexias da metodoloxía científica, tales como a capacidade de formular preguntas, identificar o problema, formular hipótese, planificar e realizar actividades, observar, recoller e organizar a información relevante, sistematizar e analizar os resultados, sacar conclusións e comunicalas, traballando de forma cooperativa e facendo uso de forma adecuada dos materiais e ferramentas. Os contidos están organizados en 5 bloques Bloque 1. Iniciación á actividade científica. Bloque 2. O ser humano e a saúde. Bloque 3. Os seres vivos. Bloque 4. Materia e enerxía. Bloque 5. A tecnoloxía, objectos e máquinas. Para o desenvolvemento deste currículo dividiremos a materia en unidades didácticas que serán repartidas ao longo das tres avaliacións, pero dada a interrelación dos cinco bloques, non deben ser traballados de forma illada, senón integrada. A área impartirase nun contexto sociocultural medio, no que, en xeral, podemos contar co apoio e cooperación das familias. A área impartirase en lingua galega. 2. OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN PRIMARIA A educación primaria contribuirá a desenvolver nos nenos e nas nenas as capacidades que lles permitan: a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática. b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor. 3

c) Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan. d) Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade nin por outros motivos. e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas. f) Adquirir en, polo menos, unha lingua estranxeira a competencia comunicativa básica que lles permita expresar e comprender mensaxes sinxelas e desenvolverse en situacións cotiás. g) Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo, coñecementos xeométricos e estimacións, así como ser quen de aplicalos ás situacións da súa vida cotiá. h) Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais, a xeografía, a historia e a cultura, con especial atención aos relacionados e vinculados con Galicia. i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran. j) Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais. k) Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o das demais persoas, respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social. l) Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado. m) Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de discriminación por cuestións de diversidade afectivo-sexual. n) Fomentar a educación viaria e actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico. o) Coñecer, apreciar e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais de Galicia, poñendo de relevancia as mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e á sociedade galegas. 4

3. COMPETENCIAS CLAVE As competencias clave do currículo serán as seguintes: a) Comunicación lingüística (CCL). b) Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT). c) Competencia dixital (CD). d) Aprender a aprender (CAA). e) Competencias sociais e cívicas (CSC). f) Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE). g) Conciencia e expresións culturais (CCEC). 5

CIENCIAS DA NATUREZA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA 4. CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN, ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS CLAVE BLOQUE 1. INICIACIÓN Á ACTIVIDADE CIENTÍFICA OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE e g h i B1.1. Realización de proxectos e presentación de resultados. B1.2. Busca guiada de información en internet e noutros soportes. B1.3. Utilización básica de tratamento de textos para a presentación de traballos. B1.1. Realizar un proxecto para a obtención dun produto como resultado dun problema formulado, elaborando con certa autonomía documentación sobre o proceso. CNB1.1.1. Busca, selecciona e organiza a información importante, obtén conclusións e comunica o resultado de forma oral e escrita de maneira ordenada, clara e limpa, en diferentes soportes. CNB1.1.2. Manifesta certa autonomía na observación, planificación e execución de accións e tarefas e ten iniciativa na toma de decisións. CAA CCL CSIEE CD CAA CSIEE e h B1.4. Iniciación á actividade científica. B1.2. Establecer conxecturas de sucesos ou problemas que ocorren no seu contorno por medio da observación, e obter unha información. CNB1. 2.1. Establece conxecturas de sucesos ou problemas do seu contorno mediante a observación obtén unha información. CAA CSIEE a c m B1.5. O traballo cooperativo. B1.6. Técnicas de estudo e traballo. B1.7. Hábitos de traballo, esforzo e responsabilidade. B1.3. Traballar de forma cooperativa apreciando o coidado pola seguridade propia e a dos seus compañeiros/as, coidando as ferramentas e facendo un uso axeitado dos materiais. CNB1.3.1. Coñece e aplica estratexias para estudar e traballar de forma eficaz individualmente e en equipo, amosando habilidades para a resolución pacífica de conflitos. CAA CMCT CSC CSIEE 6

BLOQUE 2. O SER HUMANO E A SAÚDE OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE g k B2.1. O corpo humano e o seu funcionamento. B2.2. As funcións vitais. Importancia dos sentidos en relación co medio. B2.3. Recoñecemento dos cambios físicos e persoais nas diferentes etapas da vida das persoas. B2.1. Coñecer a morfoloxía externa do propio corpo e os órganos máis importantes para o seu funcionamento. CNB2.1.1. Explica a morfoloxía externa do propio corpo, o seu funcionamento nun sentido global e os cambios nas distintas etapas da vida. CNB2.1.2. Coñece os principais órganos vitais e entende a súa importancia no funcionamento do organismo. a c d g k m B2.4. Saúde e enfermidade. B2.5. Hábitos saudables: alimentación, hixiene, exercicio físico e descanso. B2.6 Factores que producen as enfermidades máis habituais: carie, obesidade, gripe, catarros... B2.7. Coñecemento de si mesmo/a e dos e das demais: emocións e sentimentos propios e alleos. B2.2. Identificar e explicar as consecuencias para a saúde e o desenvolvemento persoal de determinados hábitos de alimentación, hixiene, exercicio físico e descanso deseñando protocolos para a súa prevención. CNB2.2.1 Emprega hábitos de hixiene, de exercicio e de alimentación sa na escola. CNB2.2.2. Recoñece algúns factores causantes das enfermidades máis habituais (caries, catarros, gripe e obesidade) e aplica actuacións para á súa prevención. CSC B2.8. A relación cos demais. Toma de decisións. B2.9 A igualdade entre homes e mulleres. e h B2.10. Clasificación dos alimentos en función dos nutrientes principais. B2.11. Pirámide alimentaria. B2.12. Análise de dietas equilibradas. B2.3. Deseñar un menú equilibrado para a súa idade. CNB2.3.1. Clasifica alimentos en función dos nutrientes principais. CNB2.3.2. Diferencia entre dieta equilibrada e non equilibrada e elabora un menú saudable na escola. CSC CSIEE 7

BLOQUE 3. OS SERES VIVOS OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE g e l i o B3.1. Diferenza entre seres vivos e inertes. B3.2. Identificación de animais e de plantas como seres vivos. B3.3. Clasificación de animais vertebrados e invertebrados a partir de características observables. B3.4. Clasificación das plantas (herbas, arbustos e árbores) a partir de características observables. B3.5. Utilización guiada de claves e de guías de animais e plantas para a clasificación e identificación dalgunhas especies existentes en Galicia. B3.1. Identificar e clasificar, con criterios científicos, animais e plantas do seu contorno próximo, recoñecer as súas características principais e buscar información en fontes variadas. CNB3.1.1. Observa, identifica e recoñece as características básicas e clasifica animais vertebrados e invertebrados do seu contorno, con criterio científico. CNB3.1.2. Observa, identifica e recoñece as características das plantas do seu contorno e clasifícaas con criterio científico. CNB3.1.3. Utiliza claves e guías para a clasificación de animais e plantas. CSIEE CCL CSIEE CAA B3.6. Identificación de cambios observables que se producen nos seres no contorno. a c e h i j l B3.7. Observación e comparación das diversas maneiras en que os seres vivos realizan as funcións vitais utilizando instrumentos apropiados e medios audiovisuais e tecnolóxicos da maneira máis precisa e rigorosa posible. B3.8. Valoración da biodiversidade e interese pola súa conservación. B3.2. Observar e rexistrar de forma cooperativa, algún proceso asociado ao ciclo vital dun ser vivo, no seu medio ou na aula. Comunicar de xeito oral e escrito os resultados, empregando soportes textuais variados. CNB3.2.1. Coñece as funcións de relación, reprodución e alimentación dun ser vivo e as explica empregando diferentes soportes. CNB3.2.2. Rexistra e comunica de xeito oral e escrito os resultados da observación do ciclo vital previamente planificado. CCL CSIEE CD m o 8

BLOQUE 4. MATERIA E ENERXÍA OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE a c g h B4.1. Fontes de enerxía. A enerxía e os cambios. B4.2. Intervención da enerxía na vida cotiá. B4.3. Uso responsable dos recursos naturais do planeta. Aforro enerxético. B4.4. A produción de residuos, a contaminación e o impacto ambiental. B4.1. Identificar, a partir de exemplos da vida cotiá, usos dos recursos naturais e consecuencias dun uso inadecuado facendo fincapé no aforro enerxético e no impacto medioambiental. CNB4.1.1 Coñece algunhas fontes de enerxía, os seus usos e a súa intervención na vida cotiá. CNB4.1.2. Emprega actitudes responsables de aforro enerxético e de recollida de residuos na escola. CSC CSC B4.5. Desenvolvemento de actitudes individuais e colectivas fronte a determinados problemas mediombientais. e g h B4.6. Cambios de estado da auga. B4.7. O ciclo da auga. B4.8. Identificación de forzas coñecidas que fan que os obxectos se movan ou deformen. B4.2. Realizar experiencias sinxelas e pequenas investigacións para recoñecer os cambios de estado da auga e os efectos de forzas coñecidas no movemento dos corpos. CNB4.2.1. Explica os cambios de estado da auga en fenómenos naturais e situacións da vida cotián. CNB4.2.2. Realiza experiencias sinxelas para identificar as forzas que fan que os obxectos se movan en situacións reais. CCL g h B4.9. Identificación de compoñentes e preparación dunha mestura. B4.3. Realizar mesturas sinxelas con sustancias relacionadas coa vida doméstica e do contorno, achegando conclusións sobre os resultados. CNB4.3.1. Compara densidades de diferentes sustancias que emprega diariamente con respecto á auga. CNB4.3.2. Realiza algunhas mesturas de uso doméstico e presenta conclusións dos resultados. 9

BLOQUE 5: A TECNOLOXÍA, OBXECTOS E MÁQUINAS OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS CLAVE a e g B5.1. Manipulación e observación do funcionamento de obxectos, aparellos e máquinas sinxelas (bicicleta, xoguetes, móbiles, tesoiras, roda, manivelas, espremedor, reloxo, pinzas, triturador...). B5.2. Importancia da ciencia e da tecnoloxía para mellorar as condicións de vida e de traballo. B5.1. Manipular e observar o funcionamento de aparellos e máquinas sinxelas simples e das complexas máis habituais e observar o seu uso na vida cotiá. CNB5.1.1. Coñece e emprega obxectos, aparellos e máquinas sinxelas de uso cotián na escola analizando o seu funcionamento. CNB5.1.2. Identifica e explica a enerxía que empregan obxectos, aparellos e máquinas sinxelas de uso habitual na vida cotiá. CCL CSC a c d e g h j B5.3. Planificación e realización dalgún obxecto ou máquina de construción sinxela. B5.4. Manexo de ferramentas, aparellos e máquinas de uso doméstico, superando estereotipos sexistas. B5.5. Prevención de riscos no emprego de máquinas de uso cotián. B5.2. Planificar e realizar a construción de forma cooperativa dalgún obxecto ou máquina sinxela para a resolución dun problema formulado e presentar os resultados en diferentes soportes. CNB5.2.1. Identifica e describe oficios en función dos materiais, das ferramentas e das máquinas que empregan. CNB5.2.2. Aplica os coñecementos ao deseño e construción dalgún obxecto ou aparello sinxelo, empregando operacións matemáticas no cálculo previo, así como as tecnolóxicas: unir, cortar, pegar... CCL CSC CCEC CD m 10

5. ENSINANZAS TRANSVERSAIS Educación para a igualdade entre sexos Rexeitar calquera tipo de estereotipos sexistas e calquera forma de discriminación por razón de sexo. Educación do consumidor Desenvolver actitudes de compromiso cara á reciclaxe, á redución e á reutilización dos residuos para reducir o consumo excesivo. Desenvolver actitudes e compromisos por un uso responsable da enerxía en accións cotiás. Educación ambiental Coñecer o medio como un sistema vivo onde o ser humano é un elemento máis, capaz de actuar sobre el, cuestionalo e modificalo, achegando ideas e posibles solucións que comporten un compromiso persoal para a súa mellora e o seu mantemento. Desenvolver actitudes de compromiso e respecto co medio natural, practicando a reciclaxe e utilizando a enerxía dunha maneira responsable. Educación para a saúde e a calidade de vida Coñecer e practicar hábitos elementais de hixiene, alimentación e coidado persoal que melloran a calidade de vida. Valorar a importancia de coñecer nocións básicas de primeiros auxilios. Educación sexual Coñecer e apreciar os aspectos biolóxicos, emocionais e sociais dos diferentes sexos. Educación para a paz Coñecer, comprender e aplicar as normas que rexen o intercambio comunicativo sabendo respectar e aceptar as achegas dos demais. Coñecer, valorar e respectar outras culturas entendéndoas como enriquecemento da propia cultura. Educación para o lecer Iniciarse na necesidade de organizar o seu tempo libre para un maior goce deste. Educación moral e cívica Respectar as regras propias do intercambio comunicativo. 11

6. MÍNIMOS ESIXIBLES Contidos mínimos esixibles para Terceiro Curso. CIENCIAS DA NATUREZA Definición de materia inerte, ser vivo, planta e animal. Identificación das principais características dos seres humanos. Os sentidos, os seus órganos e as súas funcións. Hábitos que favorecen a saúde. Características e clasificación dos diferentes tipos de vertebrados e invertebrados. Recoñecemento das propiedades de distintos materiais. Distinción entre cambios físicos e cambios químicos, e identificación destes na vida cotiá. Os estados da materia: sólido, líquido e gasoso. Forzas e efectos que provocan. Clasificación das formas de enerxía: renovables e non-renovables. Identificación do papel da enerxía na vida cotiá. Máquinas, tipos de máquinas e operadores. Identificación das fontes de enerxía que necesitan as máquinas para funcionar. Criterios de avaliación mínimos esixibles para Terceiro Curso. CIENCIAS DA NATUREZA Clasificar seres vivos: réxime alimentario, forma de reproducirse e morfoloxía. Comparar ciclos vitais de diferentes seres vivos. Identificar os sentidos, os seus órganos principais, o seu funcionamento e as súas relacións coa percepción do contorno. Identificar e explicar as consecuencias para a saúde e o desenvolvemento persoal de determinados hábitos de alimentación, hixiene, exercicio físico e descanso. Identificar e clasificar animais, segundo criterios científicos. Obter información relevante sobre feitos ou fenómenos previamente delimitados, facendo predicións sobre sucesos naturais, integrando datos de observación directa e indirecta a partir da consulta de fontes básicas e comunicando os resultados. Recoñecer a calor como transferencia de enerxía en procesos físicos observables. Establecer conxecturas tanto respecto de sucesos que ocorren dunha forma natural como sobre os que ocorren cando se provocan, a través dun experimento ou dunha experiencia. Identificar fontes de enerxía comúns, poñer exemplos de usos prácticos da enerxía, transformacións simples e valorar a importancia de facer un uso responsable das diversas fontes de enerxía. Analizar as partes principais de obxectos e máquinas sinxelas e as funcións de cada unha delas. Traballar en equipo, mostrando actitudes de cooperación. 12

7. AVALIACIÓN INICIAL Na primeira quincena do curso realizarase una proba escrita de avaliación inicial sobre os contidos mínimos esixidos no curso anterior. 8. PROCEDEMENTOS, INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Os criterios de cualificación serán fundamentais para valorar o grao de adquisición das competencias básicas e os obxectivos fixados. No primeiro trimestre realizarase unha avaliación inicial que servirá de referencia para o desenvolvemento do currículo. Ao longo do curso realizaranse tres avaliacións, informando por escrito ao alumno e aos pais das cualificacións obtidas. A asignatura dividiráse en temas ou unidades didácticas que se repartirán ao longo das tres avaliacións. Os procedementos serán variados e descritivos para facilitar a información do progreso nesta área e as competencias básicas, utilizando os seguintes instrumentos: Observación sistemática. Revisión de cadernos e traballos realizados polos alumnos/as. Probas orais e escritas. Rexistro e control por parte do profesorado. Valorarase A realización dos exercicios diarios na clase. A realización das tarefas de casa. O seu interese. O esforzo. A resposta das preguntas diarias orais da clase. A realización das probas escritas e orais. As probas escritas realizaránse cada tema ou unidade e, nalgúns caso, se o tema presenta moita dificultade, dividirase o tema. Valoraranse con nota numérica do 1 ao 10, considerándose non superados os obxectivos, unha nota inferior ao 5. Para a cualificación trimestral da área aplicaranse os seguintes CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN: Controis orais e escritos : 70%. Tarefas e preguntas realizadas en clase orais e escritas e participación en actividades comunicativas de produción oral e comprensión: 20%. 13

Interese, esforzo persoal e traballos de casa: 10%. 9. METODOLOXÍA A área de Ciencias da Natureza, a partir do recoñecemento da propia identidade e do contorno máis próximo, inicia aos alumnos no coñecemento, na análise e na valoración do contorno físico. Tomaránse como base para futuras aprendizaxes, os coñecementos previos que os alumnos adquiriron en contacto co contorno. Partir da propia experiencia esperta o interese por resolver problemas sobre a realidade que os rodea e entender os fenómenos que suceden ao seu redor. A metodoloxía proposta resúmese do seguinte xeito: Evocación de coñecementos previos para abordar os novos contidos. Progresiva e coidada incorporación de novos contidos, a través de exemplos extraídos de situacións cotiás e contextualizadas para o alumno/a, que favorecen a súa comprensión. Isto posibilita a transferencia de aprendizaxes á vida cotiá, conectando coa adquisición das competencias propias da materia. Exercicios e actividades diversificadas que contemplan competencias e intelixencias múltiples: traballo individual e en grupo, traballo cooperativo en proxectos, tarefas integradas, uso das TIC e actividades e experiencias que traballan contidos fundamentais. Están secuenciados por niveis de dificultade, abordan diversidade de estilos cognitivos e intelixencias e facilitan a adquisición de competencias a todos os alumnos. Preguntas orais diarias. 10. ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS Aula: - Adaptable segundo as actividades (orais, escritas, canón...). - A disposición permitirá desprazarse con facilidade polos distintos espazos e os materiais estarán ao alcance dos nenos para que traballen de forma autónoma. - Distribución posible en grupos e traballo individual. Espazos comúns: - Patio, comedor, biblioteca do centro, sala de informática... Espazos exteriores - Casa - Diferentes espazos segundo as actividades extraescolares 14

11. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS Libro de texto Recursos educativos (Internet). Ordenador. Proxector. Láminas Fotografías Material de laboratorio: esqueleto, órganos,musculatura, rochas e minerais. 12. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Terase en conta a atención á diversidade de niveis, estilos e ritmos de aprendizaxe, de intereses e capacidades dos alumnos: COMPETENCIAS e INTELIXENCIAS MÚLTIPLES: Contémplase a diversidade de estilos cognitivos e de intelixencias en aprendizaxes coa lectura, co movemento, coa representación plástica, coa dramatización... PLANS INDIVIDUAIS dirixidos a alumnos que o requiren (necesidades educativas especiais e superdotación) con fichas de reforzo e/ou ampliación. ACTIVIDADES MULTINIVEL: Posibilita que os alumnos atopen, respecto ao desenvolvemento dun contido, actividades que se axustan ao seu nivel de competencia curricular, aos seus intereses, habilidades e motivacións. ENSINO TITORADO. TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN. LECTURAS E CONSULTAS DE FORMA LIBRE. 13. INCORPORACIÓN DAS TIC NA AULA Actividades TIC Actividades integradas nas secuencias de aprendizaxe. Recursos interactivos da nosa web Ligazóns de actividades interactivas existentes na nosa web Ligazóns a Internet Aproveitamento de recursos educativos en Internet: procura de imaxes, información ou curiosidades e selección e organización para transformar estes elementos en coñecemento. 15

14. ACCIÓNS DE CONTRIBUCCIÓN AO PLAN LECTOR LECTURA Lectura do libro de texto. Outros textos escritos: curtos, de tipoloxía diferente (informativo, descritivo, contos, poemas...). Textos en soporte dixital (Internet e aplicacións informáticas, lectura en pantalla). Textos orais complementados e acompañados de imaxes ou audios. EXPRESIÓN Exposición oral e escrita en traballos individuais, actividades en grupo, en razoamentos ou intervencións: planificación, redacción, revisión. Expresión oral e escrita das aprendizaxes, utilizando un vocabulario preciso. Expresión escrita en soporte papel e en pantalla. 15. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO 1. SITUACIÓN DO ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA O alumnado é maioritariamente castelán falante. Teñen o castelán como lingua inicial e como lingua habitual. Obsérvase que a competencia en lingua galega mellora na escrita ao finalizar o ciclo, estando un pouco máis baixo o nivel que o castelán, pero na expresión oral é moito máis baixa. 2. SITUACIÓN DO PROFESORADO. A maior parte dos docentes do centro empregan o castelán en contextos informais, fóra da clase. É o idioma empregado habitualmente, aínda que moitos teñen como lingua inicial o galego pero a lingua habitual é compartida dependendo dos contextos. A competencia en galego é case do 100% por parte dos docentes. 3. LINGUA DO ENSINO Como se deriva da análise sociolingüística, atopámonos nun contorno castelán falante. Tendo en conta o marco legal e o noso punto de partida, fixaremos a lingua de ensino na área de Ciencias da Natureza de 3º de primaria en lingua Galega. 4. OBXECTIVOS XERAIS Respondendo a un contorno castelán falante e como pautas para a planificación do noso proxecto lingüístico, centrarémonos en dous obxectivos xerais: Que o alumnado aumente a competencia e uso habitual do galego. Que acaden unha axeitada competencia en galego ao remate da etapa. 16

5. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Ser quen de manter unha conversa en galego. Ler en galego con fluídez. Ampliar o vocabulario galego. Ser quen de expresarse por escrito en galego. 6. MEDIDAS PARA A CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS PREVISTOS. A lingua vehicular desta área será o galego. Utilizaranse os textos en galego. A programación será en Galego. Aumentaranse os volumes de libros en lingua galega na biblioteca do centro e nas distintas bibliotecas de aula. Aumentarase o material fonográfico e informático en galego. 16. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓNS AO PLAN DE CONVIVENCIA DO CENTRO Os obxectivos fundamentais do noso PLAN DE CONVIVENCIA QUE SON: a. Fomentar a convivencia no centro b. Instaurar o sentimento de pertenza a un grupo, sentindose todos os seus membros ben acollidos, respetados e seguros, todos e todas. c. Aprender estratexias de resolución pacífica de conflitos tales que nos permitan vivir de xeito pacífico tanto dentro como fora da escola d. Adquisición por parte do alumnado dsa competencias necesarias para lograr unhas relacións sans consigo, cos demais e co medio no que vive e. Dotar a comunidade educativa dos recursos necesarios para a xestión do conflito. Para levar a cabo isto centramos o noso labor en tres eixos fundamentais: 1. O COIDADO DA PERSOA: a. Procuraremos acadar nos nosos alumnos o benestar emocional. b. Traballaremos a educación en valores e as habilidades sociais. c. Prestaremos especial atención á diversidade entendendo a diferencia coma un valor. 2. O COIDADO DO ENTORNO: a. Buscamos unha escola aberta e integrada no entorno i. Procuraremos ter un entorno físico agradable: Traballaranse a normas: 17

Da aula: orden do material escolar e limpeza Do patio de recreo: limpeza e resolución de conflictos Do resto das instalacións 3. O COIDADO DAS RELACIÓNS: a. Coas familias: Reunións informativas con todas as familias. Entrevistas persoais con cada unha das familias. b. Entre todo o persoal do centro e, en especial entre o profesorado e o alumnado e entre todo o alumnado polo que é necesario levar a cabo: Un labor titorial para: Establecer entre todos unhas normas fundamentales de aula. Acadar unha cohesión de todo o grupo. 17. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES - Murais de clasificación de animais. - Observacións de animais: esqueletos, restos, cunchas... - Separación de material reciclable. - Visita á Sociedade Galega de Historia Natural. 18

18. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN Preparación da clase e dos materiais didácticos Utilización dunha metodoloxía adecuada ADECUACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Hai coherencia entre a programación e o desenvolvemento das clases. Existe unha distribución temporal equilibrada. O desenvolvemento da clase adecúase ás características do grupo. Tivéronse en conta aprendizaxes significativas. Considérase a interdisciplinariedade (en actividades, tratamento dos contidos etc.). A metodoloxía fomenta a motivación e o desenvolvemento das capacidades do alumno/a. Grao de seguimento dos alumnos. RESULTADOS ACADÉMICOS PROPOSTAS DE MELLORA Regulación da práctica docente Validez dos recursos utilizados na clase para as aprendizaxes. Os criterios de promoción están acordados entre os profesores. Os criterios para unha avaliación positiva atópanse vinculados aos obxectivos e aos contidos. Avaliación das aprendizaxes e información que deles se lles dá aos alumnos e ás familias Os instrumentos de avaliación permiten rexistrar numerosas variables da aprendizaxe. Os criterios de cualificación están axustados á tipoloxía de actividades planificadas. Os criterios de avaliación e os criterios de cualificación déronse a coñecer: Aos alumnos. Ás familias. Adóptanse medidas con antelación para coñecer as dificultades de aprendizaxe. Utilización de medidas para a atención á diversidade Ofreceuse resposta ás diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxe. As medidas e os recursos ofrecidos foron suficientes. Aplica medidas extraordinarias recomendadas polo equipo docente atendendo aos informes psicopedagóxicos. 9. 19