PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Documentos relacionados
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE 1º ESO.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

Requisitos para subir documentos ao

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ACHÉGATE AO GALEGO NIVEL 2

Potencias e radicais

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESORA María Loreto Albo García

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

SBN: O TEMPO NO XORNAL

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

GUÍA BREVE SOBRE LINGUA GALEGA E LITERATURA DE 1º DE BACHARELATO. Avaliacións Bloques de contidos Temas de referencia no libro de texto

Programa Curricular de Portugués. Ensino Secundario Obrigatorio Curso IES DE CACHEIRAS (TEO)

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

REDE EUSUMO. información e comunicación

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

1.- Organización da Escola de Primavera:

P R O G R A M A C I Ó N D I D Á C T I C A

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

O CONTRATO DE TRABALLO

PIALE Integración en lingua portuguesa

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

P E Z A P E Z A. Galicia

Double-click to enter title

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Que é unha rede de ordendores?

GUÍA PARA AS PERSOAS CANDIDATAS

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Política e Obxectivos de Calidade

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

Proceso de facturación.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

MANUAL DE USUARIO DE etrades

As persoas que presentan estes trastornos manifestan, en maior ou menor medida, as seguintes características:

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Escala técnica superior

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO

Manual de cumprimentación da solicitude

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

Decreto.../2008, do..., polo que se establece o currículo de nivel avanzado das ensinanzas de réxime especial de idiomas

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

Portal de Directores de Centro de Gasto da USC

! " # $ $ "! % & #! '#

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

UNIDADE 7: INTRODUCIÓN

Departamento de Francés. Programación curso CENTRO EDUCATIVO : I.E.S. REGO DE TRABE- CULLEREDO CÓDIGO DO CENTRO :

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

UNIDADE 2: INTRODUCIÓN

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

Transcrição:

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2017-2018 DEPARTAMENTO DE INGLÉS NIVEL BÁSICO (A2 do MCERL 1 ) CURSO BÁSICO 2 Información para o alumnado 1 MCERL Marco común europeo de referencia para as linguas

ÍNDICE 1. Definición do nivel básico 3 1.1 Obxectivos xerais 3 1.1. 1 oral 3 1.1.2. escrita 3 1.1.3 Expresión e interacción oral 3 1.1.4 Expresión e interacción escrita 4 2. Básico 2 4 2.1. Obxectivos específicos 4 2.1.1. oral 4 2.1.2 escrita 4 2.1.3 Expresión e interacción oral 4 2.1.4 Expresión e interacción escrita 5 2.2. Contidos 5 2.3 Libros de texto e materiais didácticos 22 2.4 Avaliación (Ver documento Avaliación na web) 2

1. Definición do nivel básico PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA O nivel básico (básico 1 e básico 2) ten a finalidade de capacitar, fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, para utilizar o idioma oralmente e por escrito de maneira eficaz e apropiada en actividades comunicativas sinxelas e habituais, relativas a necesidades inmediatas, e que requiran comprender e producir textos breves nun rexistro neutro que conteñan expresións e estruturas básicas e termos sinxelos. Este nivel de uso do idioma permitirá igualmente actuar en situacións cotiás de comunicación como intermediario entre falantes de distintas linguas que non poidan comprenderse de forma directa. O proceso de ensino e aprendizaxe de idiomas parte dun modelo de lingua entendida como vehículo de comunicación, tal e como se define no Marco Europeo Común de Referencia para as linguas (MECR) e na Lei orgánica de educación (LOE), do 3 de maio de 2006 (BOE do 4 de maio). O nivel básico das ensinanzas de idiomas ten como referencia o nivel de competencia A2 do MECR: os obxectivos xerais e específicos para cada unha das destrezas, a selección de contidos e os criterios xerais de avaliación son coherentes co establecido para este nivel e co enfoque accional polo que se pronuncia o MECR. 1.1 Obxectivos xerais Os obxectivos xerais concrétanse en obxectivos de acción, que desenvolven un dos ámbitos propostos en ALTE ( Association of Language Testers in Europe ), o Social e de Turismo (o ámbito de Traballo e Estudo desenvólvense en niveis superiores). Complétase co ámbito de Aprender a Aprender. Dentro do primeiro búscase satisfacer as necesidades básicas dun alumno que queira viaxar a un país de fala inglesa (ou onde esta se utilice como lingua de comunicación) ou que reciba no seu propio ambiente a unha persoa estranxeira que se comunique en inglés. Dentro do segundo búscase dotar o alumno das ferramentas necesarias para que sexa responsable e capaz de dirixir a súa propia aprendizaxe, tanto dentro dos tempos e espazos definidos pola escola como polo contorno da súa vida. 1.1. 1 oral Comprender o sentido xeral, a información esencial e os puntos principais de textos breves, referidos a asuntos da vida cotiá, ben estruturados, articulados a unha velocidade lenta e con claridade, transmitidos de viva voz ou por medios técnicos, nunha variedade de lingua estándar, e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada. 1.1.2. escrita Comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles relevantes en textos moi breves referidos a asuntos da vida cotiá, de estrutura moi sinxela e clara, nunha variedade de lingua estándar. 1.1.3 Expresión e interacción oral Producir textos orais moi breves, referidos a asuntos da vida cotiá, en comunicación á cara, e comunicarse de forma comprensíbel, aínda que resulten evidentes o acento estranxeiro, as pausas e titubeos, e sexa necesaria a repetición, a paráfrase e a cooperación dos interlocutores para manter a comunicación. 3

1.1.4 Expresión e interacción escrita Escribir textos moi breves e de estrutura moi sinxela, referidos a asuntos da vida cotiá, nos que se pide ou transmite información, utilizando axeitadamente os recursos de cohesión e as convencións ortográficas e de puntuación máis elementais. 2. Básico 2 2.1. Obxectivos específicos 2.1.1. oral - Comprender frases e expresións habituais relacionadas con necesidades inmediatas e temas cos que se estea moi familiarizado sempre que se fale de xeito pausado e ben articulado. Comprender o sentido xeral e a información específica predicible de conversas básicas sobre temas cotiáns que se desenvolvan na súa presenza, e identificar un cambio de tema. Comprender o significado global e as informacións relevantes de mensaxes gravadas sinxelas que relaten experiencias persoais e predicibles, articuladas lentamente e nunha linguaxe estándar. Comprender a información esencial en exposicións e presentacións públicas breves e sinxelas, referidas a temas hábitos coñecidos. - Comprender o sentido xeral e a información esencial predicible de textos audiovisuais sinxelos, cando exista o apoio de imaxes moi redundantes.utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas. 2.1.2 escrita - Comprender o sentido global e localizar información relevante e predicible en textos pouco complexos, en lingua estándar e relacionados con temas da súa experiencia. Comprender tipos básicos de correspondencia sobre temas cotiáns. Comprender o sentido xeral e identificar información relevante en textos xornalísticos breves e sinxelos, que describan feitos e acontecementos coñecidos, especialmente se contan con apoio visual. Comprender textos instrutivos, argumentativos, descritivos e narrativos sinxelos, ben estruturados e en lingua estándar. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas. 2.1.3 Expresión e interacción oral Desenvolverse nas relacións sociais habituais de xeito sinxelo pero eficaz, utilizando e recoñecendo fórmulas habituais de inicio e peche da conversa, tomando a palabra con cortesía, utilizando expresións básicas moi habituais adecuadas á situación e aos interlocutores. Desenvolverse en actividades habituais e transaccións e xestións cotiás, sinxelas, propias de situacións e temas coñecidos, facéndose entender ofrecendo ou solicitando información básica. Describir nun monólogo, de forma breve e sinxela, accións, persoas, lugares e obxectos, respondendo a preguntas breves e sinxelas dos ouvintes se llas repiten e se lle axudan coas respostas. 4

Expoñer plans e facer hipóteses, de forma breve e sinxela, en conversas informais en relación con asuntos cotiáns; e expresar de forma breve a opinión, as crenzas ou suxestións sobre un tema coñecido. Solicitar a colaboración do interlocutor e utilizar estratexias para asegurar a comunicación. 2.1.4 Expresión e interacción escrita Intercambiar información concreta e sinxela sobre aspectos cotiáns e habituais nos diferentes ámbitos de actividade social. Describir de forma sinxela lugares, obxectos e persoas e narrar feitos e experiencias, así como expoñer plans e presentar proxectos relacionados con temas cotiáns Utilizar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios textos e organizalos de acordo con textos modelo. Intercambiar correspondencia breve e sinxela, sobre temas predicibles relacionados coa experiencia persoal e na que se expresen sentimentos, opinións, reaccións e actitudes, ou se solicite ou ofreza un servizo ou información, nun rexistro axeitado. 2.2. Contidos 2.2.1. Resumo Área Social e de Turismo Área de Aprendizaxe Asunto: Supervivencia diaria nun país de fala inglesa o Actividade 1: Ir de Compras o Actividade 2: Comer fóra o Actividade 3: Aloxamento nun hotel o Actividade 4: Aluguer o Actividade 5: Instalarse nun novo aloxamento o Actividade 6: Utilizar os servizos bancarios e postais. Asunto: Saúde: o Actividade 1: Poñerse ben / estar ben Asunto: Viaxar Asunto: Utilización de estratexias o Actividade: Desenvolver estratexias lingüísticas Asunto: Seguimento dun curso na EOI ou no estranxeiro o o Actividade 1: Seguir e participar nunha unidade Actividade 2: Aprender sobre as infraestruturas da Escola Asunto: Material do curso o Actividade 1: Recollida de información o Actividade 1: Chegar a un país / atopar e hospedar visitantes o Actividade 2: Ir de vacacións ou planear 5

unhas vacacións Área Social e de Turismo Área de Aprendizaxe Asunto: Visita Turística Asunto: Xestión de estudo o Actividade 1: Ir de visita turística ou mostrar a cidade a outra xente. Asunto: Relacionarse o Actividade 1: Encontro casual / relacionarse coa xente, ocio. o Actividade 2: Coñecer outra xente Asunto: Os medios de comunicación e a cultura o Actividade 1: Ver a TV, películas, obras de teatro, etc. Escoitar a radio, ler xornais, revistas, etc. Asunto: Contactos a distancia o Actividade 1: Transaccións telefónicas, ler e escribir cartas, e-mails, tarxetas, etc. o o o o Actividade 1: Toma de conciencia do proceso de aprendizaxe Actividade 2: Control da motivación Actividade 3: Planificación Actividade 4: Control de progreso. 2.2.2. Descrición I. ÁREA SOCIAL E DE TURISMO 6

1. Asunto: Supervivencia diaria nun país de fala inglesa 1.1 Ir de compras Medio: Tendas autoservizo, tendas normais, mercado Pode pedir o que necesita. Pode intercambiar información básica, relacionada co sitio na cola, con outros clientes. Pode, cando sexa apropiado, regatear no mercado ata certo punto. Pode seguir instrucións básicas escritas sobre a embalaxe de produtos coa axuda necesaria. Pode entender os puntos principais en anuncios sobre centros comerciais, produtos. Pode entender os sinais comúns en contextos de ir de compras. 1.2 Comer fóra Medio: Restaurantes, establecementos de autoservizo, cantinas, restaurantes de comida rápida Pode pedir unha comida nun restaurante dun xeito adecuado e educado. Pode facer preguntas sinxelas sobre o menú e entender respostas sinxelas. Pode expresar a súa opinión sobre a comida, os restaurantes. Pode entender un menú estándar case na súa totalidade. Pode entender receitas básicas. Pode escribir / explicar unha receita sinxela. 1.3 Aloxamento nun hotel Medio: Hotel, Bed & Breakfast, albergue de xuventude Pode entender ao persoal do hotel, se falan amodo e de forma clara, cando dean información sobre reservas e instalacións do hotel. 7

Pode rexistrarse nun hotel (en persoa), nun Bed & Breakfast. Pode preguntar polas instalacións do hotel. Pode facer peticións sinxelas e responder ás ofertas sobre os servizos do hotel. Pode entender moitos puntos de anuncios e folletos para hoteis. Pode entender unha carta de rutina dun hotel sobre a dispoñibilidade de cuartos ou a confirmación de reservas. Pode entender instrucións sobre como usar máquinas dispensadoras e outros servizos. Pode escribir un fax, un e-mail ou unha carta, con tal de que se refiran á reserva de cuartos ou cuestións similares (por exemplo, preguntar sobre a dispoñibilidade de aloxamento) nun rexistro adecuado. 1.4 Aluguer Medio: Axencia, ou aluguer a través de persoas particulares Pode entender e preguntar información básica sobre os prezos, a localización e outros detalles básicos tales como cuartos, mobiliario, e electrodomésticos e sobre o aloxamento (en conversas cara a cara e por teléfono). Pode preguntar e entender preguntas sobre as instalacións. Pode localizar aloxamento en anuncios en xornais e en taboleiros e pode entender prezos, contactar con nomes, números e sitios. Pode extraer información básica dun contrato de aluguer, por exemplo o custo por semana. Pode completar os cuestionarios relacionados con información persoal. 8

Pode escribir un anuncio para un taboleiro de anuncios pedindo aloxamento. Pode escribir unha descrición ou expresar unha opinión sinxela sobre o aloxamento. 1.5 Instalarse nun novo aloxamento Medio: Familias de acollida Pode entender e facer preguntas sobre a casa, normas / convencións, tales como a hora das comidas. Pode necesitar unha explicación, demostración ou consulta de dicionario para responder a, por exemplo, como acender o quentador. Pode expresar agrado ou desagrado. Pode tomar parte en pequenas conversas cos seus compañeiros. Pode entender e facer peticións e ofertas educadas. Pode deixar unha mensaxe sinxela para os compañeiros de piso ou visitantes de intercambio. Pode escribir unha nota de agradecemento ou felicitación. 1.6 Utilizar os servizos bancarios e postais Medio: Bancos, oficinas de correos, oficinas de cambio Pode solicitar servizos postais sinxelos (por exemplo Quero mandar isto a España, Un selo para Europa, por favor.) Pode trocar diñeiro nun banco (por exemplo: Podo trocar isto aquí? ) Pode entender peticións simples por parte do caixeiro ou oficinista. Pode entender a onde ir nun banco ou oficina de correos lendo os sinais (por exemplo: Agarde a súa vez, Moeda estranxeira.) Pode entender mensaxes en caixeiros e distinguir entre correo persoal e publicidade de bancos. Pode entender un impreso sinxelo dun banco. 9

Pode coa axuda de persoal bancario ou de correos, encher un cuestionario, por exemplo, para cambiar diñeiro, ou enviar unha carta con xustificante de recepción. 2. Asunto: Saúde 2.1 Poñerse ben / estar ben Medio: Na farmacia, no médico, hospital ou dentista. Pode pedir (conversación cara a cara) unha cita co médico e pode entender a súa resposta. Pode indicar a natureza dun problema a un profesional, en relación con pequenos accidentes ou doenzas comúns, quizais utilizando xestos ou linguaxe corporal. Pode entender e responder preguntas sinxelas e pode seguir instrucións, por exemplo leva isto á farmacia, queda na cama. Pode entender consellos con tal de que estean nunha linguaxe sinxela. Pode extraer información básica das etiquetas das menciñas por exemplo non tomar en caso de que se vaia conducir, etc. Pode identificar menciñas destinadas a problemas comúns cando a terminoloxía empregada é similar á do idioma orixinal. Pode entender os puntos primordiais e non técnicos de información xeral en folletos de tipo médico. Pode encher un formulario con información médica, persoal e relativa ao seguro (coa axuda necesaria). 3. Asunto: Viaxar 3.1 Chegar a un país / atopar e hospedar visitantes Medio: Aeroporto, porto, ferrocarril / estación de autobuses, rúa, garaxe, axencia de viaxes, aluguer 10

Pode dar e entender direccións con tal de que estas non sexan demasiado longas e / ou complicadas. Pode ir a un centro de información ao viaxeiro, por exemplo, nunha estación de tren ou de autobuses e pedir información por exemplo de como chegar de A a B. Pode reservar e mercar billetes cara a cara ou por teléfono. Pode entender horarios, chegada de voos e pantallas de saídas. Pode entender impresos sinxelos, por exemplo tarxetas de entrada nun país estranxeiro. Pode entender a información de folletos e mapas. Pode entender sinais na rúa tales como bifurcación, non hai saída, non entrar. Pode entender notas dando instrucións sinxelas, por exemplo como chegar á casa desde o aeroporto. Pode completar impresos de tipo estándar tales como cartas de chegada a un país, con axuda en caso de ser necesario. Pode escribir unha nota dando instrucións sinxelas, por exemplo como chegar á casa desde o aeroporto ou como chegar a un restaurante. 3.2 Ir de vacacións ou planear unhas vacacións. Medio: Casa, axencia de viaxes, traballo de clase, o pub 11

Pode dar información xeográfica básica. Pode pedir información. Pode expresar predicións. Pode facer hipóteses sinxelas e pode cambiar plans segundo as circunstancias. Pode contar ou narrar unhas vacacións dun xeito sinxelo. Pode expresar agrado ou desagrado e opinións xerais. Pode falar de cousas en común e diferentes. Pode facer suxestións para planear unha viaxe. Pode falar sobre as condicións meteorolóxicas e facer hipóteses e plans. Pode entender horarios. Pode entender información dada en folletos e mapas. Pode escribir postais e e-mails informais dando información básica e mencionando opinións, sentimentos, plans, actividades presentes e pasadas. Pode escribir unha postal ou un e-mail narrando / describindo sucesos ou actividades ou recomendando que facer, que roupa levar. Pode escribir unha postal, carta ou e-mail describindo un lugar. Pode escribir unha carta ou e-mail formais pedindo información (por exemplo, a unha embaixada). 4. Asunto: Visita Turística 4.1 Ir de visita turística ou mostrar a cidade a outra xente Medio: Oficina de turismo, axencia de viaxes, vistas turísticas, cidades / colexios / universidades / facultades 12

Pode pedir e entender información requirida dunha oficina de turismo, con tal de que esta información sexa coñecido e dunha natureza non específica. Pode entender o esquema de información dada nunha visita guiada nunha situación predicible, por exemplo, Isto é Buckingham Palace, onde vive a Raíña. Pode dar explicacións sinxelas e descricións de lugares familiares. Pode entender os puntos primordiais de información en posters. Pode entender cales son as principais atraccións dunha cidade, área, etc. segundo se describen nun folleto ou catalogo. Pode entender sinais públicos. 5. Asunto: Relacionarse 5.1 Encontro casual / relacionarse coa xente, ocio Medio: Discotecas, festas, escola, hotel, cámping, restaurante, na casa, fóra da casa, traballo Pode iniciar unha conversa nun encontro casual, tomar parte en conversas predicibles e rutineiras, por exemplo: en discotecas, hoteis. Pode expresar opinións e preferencias en termos sinxelos. Pode entender o significado xeral e información específica predicible en conversacións básicas do día a día. Pode facer suxestións sobre un tema coñecido. Pode dar detalles e expresar opinións sobre a experiencia de estudos, a ocupación ou traballo. Pode reaccionar de xeito adecuado a expresións de condolencia, interese, sorpresa. Pode usar expresións para manter unha conversa de xeito educado, por exemplo, tomando o quenda de palabra e expresando opinións. Pode entender convites a eventos sociais escritos en termos sinxelos. Pode escribir unha invitación a un evento social informal en termos sinxelos e axeitados. Pode responder a unha invitación a un evento social de tipo informal en 13

termos sinxelos e axeitados. Pode escribir unha nota, e-mail ou tarxeta de agradecemento. 5.2 Coñecer outra xente Medio: Discotecas, festas, escola, hotel, cámping, restaurante, na casa, fóra da casa, traballo Pode preguntar, dar e entender información persoal sobre hobbies, rutinas, traballos, por exemplo gústame xogar ao fútbol, traballo nunha oficina. Pode facer comparacións utilizando unha linguaxe descritiva sinxela. Pode dar e entender descricións sobre obxectos. Pode dar e entender descricións sobre persoas tanto de natureza física como sobre a personalidade. Pode expresar gustos, desagrado, opinión xeral dun xeito adecuado. Pode entender cartas persoais e e-mails se son curtos e sinxelos. Pode escribir cartas persoais e e-mails moi sinxelos Pode describir xente ou obxectos. 6. Asunto: Os Medios de Comunicación e a Cultura 6.1 Ver os telexornais. Ler xornais, revistas, libros adaptados Medio: A casa, pub, aeroporto Pode identificar as ideas principais e os detalles predicibles básicos de noticias que traten de eventos e accidentes con tal de que teñan un soporte visual. Pode identificar cambios de sección ou noticias en telexornais. Pode explicar a idea principal de noticias, libros, películas. Pode identificar seccións dun periódico. Pode entender o significado xeral e identificar algún tipo de información 14

específica dun periódico, con tal de que o tema sexa coñecido e que teña unha ratio alta de predicibilidade, e especialmente se existe algún tipo de soporte visual. 7. Asunto: Contactos a Distancia 7.1 Transaccións telefónicas. Ler e escribir cartas, e-mails, tarxetas Medio: Casa, fóra da casa, traballo, escola Pode entender unha mensaxe de teléfono sinxela e confirmar os detalles desa mensaxe, cando a mensaxe é sobre experiencias e situacións persoais e predicibles e se se articula devagar e en linguaxe estándar. Pode reservar unha mesa ou un cuarto nun hotel por teléfono. Pode pedir comida por teléfono usando linguaxe predicible. Pode entender unha carta sinxela na que se describan sucesos ou xente. Pode entender mensaxes curtas e sinxelas ou notas (por exemplo as escritas en post-its.) Pode entender unha carta que exprese opinións persoais sobre un tema coñecido. Pode entender tipos de cartas básicos, fax de uso común (pedir impresos, cartas de confirmación, etc.) Pode escribir un e-mail ou carta sinxelos pedindo información unha vez que se lle dá un exemplo. Pode escribir unha tarxeta sinxela, por exemplo, Día dos anos, / Nadal / Desexo que te recuperes, etc. Pode escribir cartas e e-mails moi sinxelos, de natureza rutineira. Pode escribir cartas e e-mails moi sinxelos relacionados con feitos ou eventos. Pode escribir mensaxes e notas curtos (por exemplo: os escritos en post-its.) II. AREA DE APRENDIZAXE 1. Asunto: Desenvolver Estratexias de Aprendizaxe 15

1.1 Desenvolver habilidades lingüísticas Medio: Escola, casa, lugar de estudo Pode predicir o contido dun texto. Pode inferir o significado polo contexto. Pode entender a idea global a pesar dunha comprensión parcial. Pode recoñecer palabras en conversas reais. Pode identificar o propósito dun texto. Pode recoñecer e imitar patróns de acentuación e entoación básicos. Pode repetir e imitar locucións reais idiomáticas. Pode comunicar información básica utilizando a linguaxe coñecida, aínda que sexa limitada. Pode controlar e guiar a súa propia produción. Pode manter unha interacción básica na L2 sen recorrer á L1. Pode compensar a falta de vocabulario. Pode activar vocabulario necesario para a realización dunha determinada tarefa. Pode predicir o contido dun texto. Pode facer unha lectura rápida dun texto ou unha busca de información puntual. Pode inferir o significado polo contexto. Pode entender a idea global a pesar dunha comprensión parcial. Pode identificar o propósito dun texto. Pode entender máis que palabras soltas, frases enteiras ou oracións. Pode adoptar distintos tipos de técnicas de lectura segundo o tipo de textos. 16

Pode asociar o son á grafía. Pode comunicar información básica utilizando a linguaxe coñecida aínda que sexa limitada. Pode atopar o vocabulario que se necesita para desenvolver unha tarefa. Pode revisar e sinalar os erros nos resultados da súa escrita. Pode organizar as ideas en parágrafos. Pode organizar os parágrafos nun texto. Pode escribir un borrador ou / e esquema. 2. Asunto: Seguimento dun Curso da EOI ou no Estranxeiro 2.1 Seguir e participar nunha unidade didáctica Medio : A aula / Pode usar estratexias sociais para interactuar cos seus compañeiros. Pode seguir as mensaxes do profesor ou compañeiros. Pode facer preguntas como por exemplo, repetición, aclaración, razoamento. Pode entender peticións de tipo sinxelo, ou instrucións que teñan que ver con tarefas de aprendizaxe. Pode traballar en parellas ou grupos en inglés. Pode tomar apuntamentos en inglés. 2.2 Aprender sobre as instalacións da Escola Medio: EOI ou no estranxeiro / Pode entender e dar información / instrucións básicas sobre as instalacións da escola, cursos e horarios. Pode ler folletos sobre a escola, oferta de cursos ou anuncios. Pode encher os documentos da escola (matrícula, certificado de estudios.) 17

3. Asunto: Materiais do Curso 3.1 Recollida de información Medio: Aula, casa, biblioteca, Internet / Pode entender o significado xeral dun libro de texto. Pode utilizar estratexias de lectura tales como procura de información relevante en libros de consulta. Pode usar un dicionario bilingüe e entender outra información, á parte do significado, que se dá con cada entrada, así como son os símbolos fonéticos. Pode entender os índices e localizar información en libros de referencia. Pode seleccionar textos para un tipo de audición ou lectura extensiva. Pode seleccionar información relevante de textos escritos ou falados, e copiala. 4. Asunto: Xestión de Estudo 4.1 Toma de conciencia do proceso de aprendizaxe Medio: Aula, casa, biblioteca, Internet / Pode buscar e deducir patróns lingüísticos. Pode ter cautela nas traducións de palabra por palabra ou transferencias directas. Pode identificar o tipo de texto de acordo co formato (por exemplo, anuncios, e-mail.) Pode aplicar axudas de tipo visual, físicas ou auditivas para crear asociacións mentais. 4.2 Xerar motivación Medio: A aula, casa, vida real 18

/ Pode colaborar cos compañeiros, ofrecer axuda, e compartir ideas. Pode demostrar interese usando a linguaxe para comunicación real. Pode mostrar iniciativa (por exemplo perder o medo para interactuar, aproveitar oportunidades para usar a linguaxe.) Pode arriscarse dun xeito intelixente. Pode valorar o seu progreso. Pode desenvolver unha actitude positiva cara á cultura da L2. Pode facer un diario dos progresos da súa aprendizaxe da lingua. 4.3 Planificación do estudo Medio: Aula, casa / Pode organizar e planear o seu estudo. Pode facer plans para realizar unha tarefa de forma autónoma. Pode deseñar e organizar seccións dentro dos seus apuntamentos. Pode deseñar e seguir un portfolio. Pode deseñar e rexistrar a súa competencia. Pode tomar parte en actividades de tempo libre asociadas coa L2. Pode establecer as súas propias metas e necesidades, a curto e longo prazo, dun xeito realista. Pode encontrar e desenvolver o seu propio estilo de aprendizaxe de acordo cos seus obxectivos. Pode organizar o seu tempo persoal para aprender o idioma adecuadamente. 4.4 Control de Progreso Medio: Aula, casa 19

/ Pode entender o papel dos erros e aprender deles. Pode corrixir e atopar erros nas súas actuacións (por exemplo gravar mensaxes curtas para reflexionar sobre os erros, editar a súa propia escrita.) Pode practicar formas exitosas de aprendizaxe. Pode deseñar e encher cuestionarios para reafirmar o seu progreso e éxito. Pode axudar os compañeiros a seguir o seu progreso. Pode comprobar os seus puntos fortes e débiles. Pode ter traballos de recuperación cando sexa necesario. Pode tolerar unha comprensión parcial nunha situación comunicativa. 2.2.3. Tarefas Area social e de turismo 1. Escribir nun blog un perfil persoal. 2. Buscar un compañeir@ que teña un horario e afecciones similares para poder quedar fora da aula. 3. Facer unha festa (con estudantes dunha clase diferente, preferiblemente do mesmo nivel e co mesmo horario) a. Planear a festa, os estudantes deciden que é necesario facer para celebrar a festa, e tamén deciden quen está a cargo de que. Velaí unha lista das posibles actividades: - Decidir que traer (bebida, música, adornos, xogos.) - Acordo sobre a festa. - Escribir unha invitación / resposta. b. Na festa: relacionarse coa xente - Iniciar unha conversa: charlar, falar dun mesmo, coñecer a alguén. - Presentar a xente e describir dun xeito breve. - Ofrecer comida e bebida. - Xogar. c. Despois da festa: - Falar sobre a festa: qué fixeron, e a quen atoparon. - Escribir un e-mail a outros estudantes e profesor describindo a alguén que atoparon na festa, dando a súa opinión sobre isto. 20

4. Comer fóra (nun restaurante de Vigo que eles queiran ou dos arredores). Se é posible nun restaurante onde se fale inglés. a. Preparándose para a saída: - Elixindo un restaurante - Mirando diferentes menús e comparando. Os alumnos colleran un menú do restaurante a onde teñan planeado ir. - Forman grupos de acordo co restaurante que teñan elixido. - Practican pedir unha comida como antesala da tarefa real. - Póñense de acordo sobre unha hora e sitio onde se poida encontrar para xantar ou cear b. Comida no restaurante. c. Gravar en vídeo a comida. 5. De Compras - Na rede. Resultado: facer unha lista de compras de Nadal para a familia, elixindo os mellores agasallos para eles / comprar un agasallo para un amig@ que está de aniversario. 6. Visita a un país de fala inglesa a- Planeando a viaxe e deseñando o itinerario en grupos: - Surfear na rede para buscar aloxamento. - Escribir e-mails a outros tipos de aloxamento (casas rurais, granxas, B&B, faros, apartamentos) para pedir información. - Transporte: os alumnos atopan a forma máis barata posible de chegar ao destino e de se moveren por alí. Reservan os tíckets que necesiten. - De visita: obter información sobre as principais atraccións da zona a través dunha oficina de información turística ou a través da rede, e deseñan o seu propio itinerario. b- Durante a viaxe: - Comer fóra: nun pub ou diner. - Obter información nunha oficina de turismo. - Mercar billetes na estación. - Atopar o camiño na cidade. - Rexistrarse nun hotel. - Mandar unha postal a outros estudantes. c- Volta á Escola: - Os alumnos que fosen á viaxe, seguirán un diario da viaxe onde mencionaran todas as súas impresións sobre o sitio. Este diario será usado para responder a preguntas dos outros alumnos que non fosen. Estes estudantes deseñarán un cuestionario para faceren preguntas aos que foron. - Todo o grupo fará unha lista de consellos para futuros viaxeiros. 7. Unha estadía breve no estranxeiro a- Encontrar aloxamento compartido nunha casa / piso ou intercambiar a propia casa. Escribir e ler anuncios nos xornais / taboleiros de anuncios / páxinas web. - Chamar os compañeiros de piso ou o/a patrón/patroa para concertar un encontro para ver o piso. - Xogo de rol. Unha conversa cara a cara cos compañeiros de piso ou propietarios para pedir información sobre as normas da casa, electrodomésticos. - Encher impresos de aluguer. 21

- Deixar unha nota ao compañeiro/a de piso, por exemplo, usando post-it. - Negociar quén fai as tarefas da casa. - Escribir un mail / encher un formulario describindo a casa e o barrio para facer un intercambio - Explicar cómo cociñar un prato favorito. b. Tratar dun problema leve de saúde: - Simular unha visita ao hospital ou á consulta dun médico. Encher un impreso. - Falar de síntomas relacionados con doenzas leves coa axuda da linguaxe corporal ou xestual. - Entender as instrucións dun médico ou os seus consellos. - Ir á farmacia: mercar menciñas para unha dor de cabeza, un arrefriado, unha escordadura de tornecelo, etc. - Entrevistar ós compañeir@s para averigüar se teñen hábitos saudables. c. Conversas telefónicas sinxelas - Comida a domicilio. - Reservar unha mesa. d. Entender información básica ou sinxela das noticias - Ver telexornais. Os alumnos identifican diversas noticias nos telexornais e nas súas diferentes seccións. - Atopar un artigo nun xornal sobre un tema coñecido. e. Escribir tarxetas - Escribir postais. - Escribir tarxetas de aniversario / Nadal ( Desexo que te recuperes, etc.) a alguén que coñezan ou que coñecesen durante a súa estadía. Area de aprendizaxe: Aprender inglés na Eoi de Vigo 1. Deseñar unha enquisa para saber que queren aprender este curso e as súas motivacións, e decidir cal é a máis popular. 2. Facer unha grella coa linguaxe mais usada na clase. 3. Deseñar un plan para practicar pronunciación de forma regular. Facer unha táboa cos xeitos / lugares / fontes posibles. 4. Facer un directorio de teléfonos e mails de clase. 5. Aproveitar ao máximo as instalacións da escola: a clase pode dividirse en grupos. Cada grupo estará a cargo dunha diferente sección biblioteca, cafetaría, soto. Haberá sitios onde estarán situados os materiais para o estudo. Os alumnos farán unha lista dos materiais dispoñibles, presentaranos na aula e responderán a posibles preguntas. Un dos grupos estará encargado de explicar as normas sobre o uso deses materiais. Os alumnos farán suxestións de como aproveitar ao máximo as instalacións da escola. 6. Comparar dicionarios monolingües / bilingües e materiais de referencia: os alumnos e o profesor traerán dicionarios e libros de referencia á clase, farán unha lista dos aspectos positivos e negativos e usarán a lista para elixir o que se axuste mellor ás súas necesidades. 7. Facer grupos de estudo ou clubs de conversación en función da dispoñibilidade horaria dos alumnos para traballar e practicar fóra da clase. Os alumnos decidirán e acordarán que día da semana, hora ou lugar é mellor. 8. Explotación de lecturas adaptadas: A. Antes de elixiren unha lectura adaptada os alumnos poden desenvolver as súas destrezas lectoras coa seguinte actividade: recollerán mostras de distintas lecturas adaptadas. Teñen que predicir 22

sobre qué trata o libro, facer unha lectura rápida das mostras recollidas, decidir sobre o nivel de dificultade, establecer o propósito do texto e recomendalo aos seus compañeiros ou non. Os alumnos Poden usar esta información para escoller unha lectura adaptada da biblioteca. B. Facer eleccións, falar disto, tanto na escrita como non oral, como sobre lecturas extensas. Crear unha táboa con comentarios breves sobre libros que xa teñan lidos. 9. Facer unha táboa cos 20 mellores consellos para aprender inglés. 10. Facer un diario de clase para cooperar na avaliación das clases e do curso. Os alumnos escribirán comentarios construtivos de xeito voluntario sobre os distintos aspectos da clase: o éxito das distintas actividades, o ritmo, a organización, o ambiente, ideas para mellorar, cousas que saíron mal, suxestións, etc. 11. Deseñar un portfolio simplificado coa axuda de exemplos para controlar o seu propio progreso. 12. Avaliando o traballo feito. A. Avaliar un exercicio escrito, usando unha táboa de avaliación cos criterios do curso e comparando as notas. O exercicio será anónimo pero será elixido polo profesor entre todos os entregados polos alumnos do mesmo nivel. B. Corrixir e avaliar o traballo dos compañeiros e dar consellos para traballo de recuperación. Utilizarán a folla de avaliación e unha lista de símbolos que indicarán os diferentes tipos de erros atopados nas composicións. C. Avaliar o traballo escrito utilizando a folla de avaliación e a lista de símbolos para corrixir e reescribir o seu traballo.. 13. Gravar a actuación oral en conversación ou nun xogo de rol para autoavaliación centrándose na fluidez (espontaneidade, naturalidade, sen pausas estrañas) e planear traballo de recuperación. 14. Reunirse e poñer en práctica xeitos en que outros falantes poidan tratar con dificultades (dúbidas, falta de palabras, malos entendidos, etc.) Poden ver gravacións, películas, entrevistas da TV; escoitar gravacións de xente estranxeira ou nativa, etc. Os alumnos terán que simular eses problemas en conversa como preparación para a práctica real. 15. Deseñar tests para escoitar e ler en grupos. Os tests poden ser intercambiados ou dados a un grupo diferente para que así se poida comparar a media dos resultados obtidos. 16. Deseñar un póster cun título como SÓ SE PODE UTILIZAR O INGLÉS CANDO... no que farán unha lista de cantas situacións sexa posible, poidan e deban utilizar o inglés na escola para se comunicaren entre eles ou co profesor. 17. Tomar parte en actividades de tempo libre conectadas con L2: A. Os estudantes farán pescudas sobre actividades de tempo libre en inglés (concertos, shows de radio, películas, clubs de conversación, etc.) que teñen lugar en /nos arredores de Vigo, e despois presentar estas opcións á clase. Isto pode facerse semanalmente. B. Facer un grupo de intercambio conversacional con falantes Ingleses: os alumnos deciden cando e onde, etc... escribirán un anuncio cos detalles para poñelo logo na Escola, academias de idiomas, CUVI, etc. 2.3 Libros de texto e materiais didácticos Libro de texto: The Big Picture A2 Elementary Student s book and Workbook. Ed. Richmond. ISBN 978-84-668-2076-9. (Consultar co profesor antes de comprar o material). Material recomendado Práctica gramatical: Oxford English Grammar Course Basic (con respostas) Swan&Walter, OUP. Language Links Elementary/Pre-Intermediate CUP (con respostas). Essential Grammar in Use. Raymond Murphy. CUP (con respostas). Práctica listening: Consultar os links na páxina web da escola. Práctica vocabulario: Oxford Word Skills. Basic. R.Gairns&Redman, OUP, 2008 23

Plan de fomento da lectura Recoméndase aos alumnos ler como mínimo dous libros ao longo do curso, para acceder as lecturas do teu nivel podes consultar o fondo bibliográfico da biblioteca da EOI entrando na páxina da EOI (www.eoidevigo.org). Na pestana de biblioteca accedes á túa extensión e na pestana de busca, seleccionas "Materia", logo introduces "Inglés" e, finalmente, "Lectura Adaptada". Aí encontrarás os títulos clasificados por nivel. 2.4 Avaliación (Ver documento Avaliación na web) 24