A fábula dos ratos mensaxeiros. (Ou de como a bruxa Herminia aprendeu dunha pedra)

Documentos relacionados
clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Unha viaxe á lúa.

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

Double-click to enter title

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

O CONTRATO DE TRABALLO

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... OS NÚMEROS DECIMAIS ORDES DE UNIDADES DECIMAIS. CENMILÉSIMA 8 1 cm = MILLONÉSIMA 8 1 mm = OPERACIÓNS

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

TRAS A SOMBRA DO BRUXO

MANUAL DE USUARIO DE etrades

O envase churrusqueiro

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

Requisitos para subir documentos ao

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

GATIÑAS E GATIÑOS. Club

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

PIALE Integración en lingua portuguesa

e diferente ter un bo a camiñar.

A 180 completo: O testemuño persoal de Andy Esche, Fundador da MissingPets.com

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

9999 Afonso Becerra de Becerreá

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

Potencias e radicais

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

POSIBLES IDEAS PARA UNHA HOMILÍA CON NENOS 12 novembro Non deixes que a Súa chamada sexa perdida, ten á man o CARGADOR da ORACIÓN.

VARIACIÓN MENSUAL DO PARO REXISTRADO EN GALICIA. AGOSTO

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

Eucaristía, punto de encontro cos irmáns e con Deus.

O ESPÍRITO DO ÚLTIMO VERÁN

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Outubro Nº Var. Int. 18/17

Portal de Directores de Centro de Gasto da USC

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD ( )

Club. Podes informarte de todo o que acontece na familia Bolechas no noso teléfono

Que é unha rede de ordendores?

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xuño Nº Var. Int. 17/16

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Dirección e proxecto editorial. Gravación e produción Francisco Cerdeira Castiñeiras Tomi López Serrano Gloria M. Roel

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

O supermercado. Xabier Campos. Tradución de X. M. Rivas

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

ANEXO I SOLICITUDE DE ACTUACIÓNS DA SUBMEDIDA M10.22 DE CONSERVACIÓN DE RECURSOS XENÉTICOS NA AGRICULTURA/CULTIVOS-CASTES AUTÓCTONAS 2016

REDE EUSUMO. información e comunicación

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

Matemática Financeira

O meu nome é Skywalker. Agustín Fernández Paz

DATA: Domingo 15 de Maio de 2016, a partir das 10:00 horas. LUGAR: Pavillon de deportes de Mesoiro-A Coruña.

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

05 Movémonos mellor?

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia O emprego en 2015: pouco, precario e sen dereitos Setembro de 2015

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DE 2018

Proceso de facturación.

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

Ordenanzas fiscais Páxina 1

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Condicións legais do programa de puntos R Residencial OBXECTO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

DE RAMON PIÑEIRO. Caricatura de Ramón Piñeiro, realizada por Xabier Domínguez. Anagrama da Editorial Galaxia, BIOGRAFÍA RAMÓN PIÑEIRO

Manual de cumprimentación da solicitude

Achega as persoas á natureza, é unha forma sinxela e natural de reciclar os restos orgánicos, e ten múltiples beneficios ambientais:

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Refráns e ditos populares do Nadal

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

NAVEGA CON RUMBO.

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Potencias e raíces de números enteiros

CARREIRA CALVARIO 5+5

1º e 2º de Primaria ACTIVIDADES MANUEL MARÍA, 1º E 2º PRIMARIA. LETRAS GALEGAS,

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

I.E.S. CADERNO Nº 4 NOME:

Transcrição:

A fábula dos ratos mensaxeiros (Ou de como a bruxa Herminia aprendeu dunha pedra)

Xan López Domínguez, texto e illustracións, 2017 Ed. Gal.: rodeira, 2017 Rúa Rafael Alberti, 11, baixo 15008 A Coruña www.edebe.com Atención ao cliente 902 44 44 41 contacta@edebe.net Directora de Publicacións: Reina Duarte Editora de Literatura Infantil: Elena Valencia Deseño da colección: Book & Look Primeira edición: marzo 2017 ISBN 978-84-8349-537-7 Depósito Legal: B. 348-2017 Impreso en España Printed in Spain EGS - Rosario, 2 - Barcelona Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, salvo excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) se precisa fotocopiar ou dixitalizar algún fragmento desta obra (www.conlicencia.com; 91 702 19 70 / 93 272 04 45).

Xan López Domínguez A fábula dos ratos mensaxeiros (Ou de como a bruxa Herminia aprendeu dunha pedra) rodeira

Desde moi pequeno axudaba na central de teléfonos que tiña a miña avoa en Castroverde. Atendía chamadas, poñía conferencias, recibía telegramas e tamén os entregaba. Ás veces, dábanme unha propina. Sobre todo cando os telegramas levaban boas noticias. Unha desas veces o vello Carreira subiume a unha cerdeira da súa horta e dixo: Anda, come ata que te fartes. Era verán. E a cerdeira estaba chea de cereixas. Uhmmmmmm! Que cousa máis ricaaaaaaaaa!... Esa mesma noite, un corvo me contou esta fábula 4

Comezo Os animais, de sempre, fixeron ruídos. Uns miañan, outros ladran, outros roxen, outros asubían, outros pían... Fano moi alto: PÍO..., PÍO Ou moi baixo: PÍO, PÍO Pero eses ruxidos, superouveos ou requetemuxidos MUUUUUUUUUUUUUUUUUU!!!!! 5

Eses cacarexos, quiquiriquís, orneos, rinchos e demais acordes que, nas noites de inverno, resoan en bosques e montañas disparáronse por todo o alto non hai menos de cen lúas, por mor dun desencontro entre as toupas e os demais animais.

De toupas e amorodos A case ninguén lle apetece comer unha toupa. Como din os depredadores: «Dá un non sei que...». Ese «non sei que», ademais do feito de que transitasen por galerías subterráneas, facía das toupas unha especie ideal para o oficio de Mensaxeiras do Mundo Animal. A actividade das Mensaxeiras do Mundo Animal consistía única e exclusivamente en levar mensaxes duns animais a outros con rapidez e discreción. 7

A cambio, as mensaxeiras obtiñan certos beneficios, como o de ser intocables para os demais animais, ou o de poder establecer unha tarifa polos seus servizos, un cobro que os animais lles pagaban ás

toupas co que tiñan máis á man: unha chapa, un caramelo chupado, unha noz... Eran cousas insignificantes para calquera, pero para elas supoñíalles unha forma de entrar en contacto co mundo da luz.

Familias e grupos distanciados por múltiples perigos e dificultades, grazas ás toupas, podían manter unha correspondencia regular, e así coñecer de amoríos, noticias, murmuracións, calamidades ou golpes de sorte. Dona Matilde, que a súa nena tivo sete. Moitas grazas, señora toupa. Non hai de que, dona Matilde. As toupas son moi súas. Coñécense algo así como cinco tratados sobre as súas teimas. Pero o traballo de mensaxería realizábano con gran dedicación, e durante moitos anos non houbo entre toupas e animais máis problemas que algún que outro malentendido. 10

Como di a canción dos birrios: Fiu Fiu Todo vai ben. Todo vai ben. Todo vai ben. Todo vai ben Sempre é verán. Fai calor en Zimbabwe ou en New York. Todo vai ben. Todo vai ben. Todo vai ben Todo vai ben 11

Todo ía ben, ata que un día, alguén uns din que foi un esquío, outros un camaleón, o caso é que alguén lle pagou a unha toupa o seu servizo de mensaxería cun amorodo. A toupa, cando probou o amorodo, sentiu unha emoción desmedida. Uhmmm Que cousa máis ricaaa!... Afeita a sabores tan tristes como as raíces e algún froito seco, o sabor do amorodo era... Uhmmmmmm... Deliciosoooooo! A toupa contoullo a outra toupa. E esa toupa, a outra, e a outra Din que os amorodos saben coma unha cenoria zumenta, brandiña, doce e agre. A noticia correu de túnel en túnel e ás poucas horas todas as toupas querían cobrar os seus servizos cun amorodo. 12

Para os demais animais a nova teima das toupas non lles supuxo nin o máis insignificante problema. Era primavera, facía calor, os campos estaban cheos de amorodos e no ceo cantaban os birrios: «Todo vai ben» Durante ese verán, o servizo de correspondencia funcionou con absoluta normalidade. 14

Pasaron os meses, chegou o outono e xa non quedaba nin un triste amorodo con que lles pagar ás toupas. Os animais propuxéronlles outras froitas: uvas, mazás e mesmo kiwis; pero as toupas, que non entendían de estacións, continuaron coa esixencia de cobrar un amorodo polo seu servizo. As toupas argumentaban, ou máis ben roñaban: Queremos amorodos e, se non hai amorodos, non hai correos. 15

Os animais resignáronse e pasaron o outono, o inverno e o comezo da primavera sen saber dos seus. Que será do meu curmán Nicolao laiaba un lobo subido a unha rocha. Coas primeiras calores, naceron os primeiros amorodos. Todos se botaron a por eles con certa temeridade. E cun algo de imprudencia. Os verdes non lles gustan dicíalle, rebuscando nunha silveira unha aguia a unha lebre. Uns e outros osmaban polos recunchos en busca dun punto vermello que lles permitise ter noticias de familiares e achegados. Aos poucos días, os campos enchéronse de amorodos. E escoitábanse por todas as partes os berros dos animais. 18

Vaite ao tobo da miña tía Felosía e cóntalle que este inverno un gato malvado acabou coa vida do primo Donato. As toupas non daban feito. Multiplicábanse como podían para recuperar o traballo que se lles acumulou durante o outono e o inverno. Por riba, con tantos amorodos as toupas empezaron a engordar. Xa non se podían cruzar dúas no mesmo corredor, e o servizo de correos fíxose algo pesado e lento. Pero aínda así continuaron entregando mensaxes ata que apareceron os primeiros cogomelos. Logo chegou de novo o silencio. E empezaron a caer as follas. A isto da incomunicación hai que lle poñer remedio dixo un cervo espelido. 19

Chegados a este punto, os grandes depredadores decidiron tomar cartas no asunto. E para iso convocaron unha reunión no xardín da bruxa Doura Flata. 20