Eu son así. unidade 2

Documentos relacionados
unidade 4 Día a día na rúa para ir a clase, para facer a compra...

Unha vida de película. unidade 12

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Temos que falar. unidade 2

Potencias e radicais

Double-click to enter title

Guía de ocio. unidade 8

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

Mensaxes. comprender 1. UNHA CARTA, UNHA NOTA 2. AO TELÉFONO

SBN: O TEMPO NO XORNAL

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Que é unha rede de ordendores?

Vivir para traballar

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE. Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES. Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR. Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR

Manual de cumprimentación da solicitude

REDE EUSUMO. información e comunicación

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

Proceso de facturación.

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

Volver empezar. Nesta unidade imos inventar a biografía do candidato ideal para un posto de traballo. Para iso, imos repasar e aprender:

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE 1º ESO.

unidade 7 A comer! polbo á feira Onde se atopan as mulleres? Sabedes como son coñecidas? feira festa polbeiras

CADERNO Nº 13 NOME: DATA: / / Estatística

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

ESTRATEXIAS DE ANIMACIÓN À LECTURA ESTRATEXIAS DE ANIMACIÓN À LECTURA. Fuxe sen mirar para atrás Luis Leante

Lugares con encanto. unidade 6

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

O CONTRATO DE TRABALLO

Nesta unidade imos deseñar e presentar unha campaña publicitaria. Para iso, imos aprender:

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

I.E.S. CADERNO Nº 4 NOME:

MANUAL DE USUARIO DE etrades

Unha. de libro. investigación DE DOCE A DEZAOITO ANOS. Como facer un traballo orixinal, ben documentado e respectuoso cos dereitos de autor

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

Nesta unidade imos imaxinar como seremos dentro duns anos. Para iso, imos aprender:

Múltiplos e divisores

Portal de Directores de Centro de Gasto da USC

3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO

GATIÑAS E GATIÑOS. Club

poboación xitana en paro

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

NAVEGA CON RUMBO.

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

PIALE Integración en lingua portuguesa

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

Matemática Financeira

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

A diversidade cultural na India Ciclo superior: 5.º e 6.º de primaria (10-12 anos)

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

unidade 10 Escollas xogos de mesa, unha forma de entretemento familiar ou cos amigos, a cartomancia

ENQUISA ESTRUTURAL A FOGARES Módulos de 'Ocio e hábitos culturais' e 'Capital social: benestar'. Ano 2014

PROBA B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

As persoas comerciantes deberán cumprir entre outros cos seguintes aspectos recollidos na normativa vixente: Horarios comerciais:

Control de programación en Matlab

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Decreto lei RD 16/2012. Preguntas frecuentes

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

Unha viaxe á lúa.

TÉCNICAS DE ESTUDO LUGAR DE ESTUDO. Sempre o mesmo. Silencioso (nin radio, tv, etc). A mesa ordenada. Con boa iluminación. Con temperatura agradable.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD ( )

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

Inecuacións. Obxectivos

Premio Literario - Nortear Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia

Que hora é? Obxectivos desta unidade Pedir ou dar información sobre horarios Identificar obxectos Describir unha xornada habitual

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Transcrição:

unidade 2 Escriba no encerado as seguintes frases: É morena. Ten os ollos negros. Leva o pelo longo. Pídalles aos seus estudantes que se fixen na foto da portada da unidade e que, en parellas, decidan cal das tres frases é verdadeira (a última). Se é preciso, pódelles suxerir que empreguen o dicionario para que entendan o título da unidade. Logo, pregúntelles se pensan que esa frase se pode empregar para falar do físico ou tamén do carácter. Acepte as dúas opcións, pero aclare que esa expresión se usa principalmente para falar dalgún trazo ou peculiaridade do carácter dunha persoa. A continuación, presente brevemente os obxectivos da unidade e a tarefa final: presentar os compañeiros e compañeiros da clase.

1. IRMÁNS Adiviñar que personaxe escolleu o compañeiro ou compañeira. Con esta actividade, os seus estudantes familiarizaranse co vocabulario básico necesario para describir fisicamente unha persoa. Interésese polos coñecementos previos que poidan ter sobre o tema e amplíeos con nova información. Para que os seus estudantes poidan familiarizarse co novo vocabulario, preséntelles os irmáns Portela e pídalles que centren a súa atención no primeiro, Ramón. Lea a descrición de Ramón deténdose no significado de cada frase. A continuación, pídalles aos seus estudantes que lean atentamente as descricions dos outros. Déalles un par de minutos para facelo e despois, en parellas, pídalles que contesten estas preguntas: 1. Que é o contrario de levar o pelo curto? 2. Que é o contrario de ter o pelo liso? 3. De que cor pode ser o pelo dunha persoa? 4. Que leva unha persoa que ten pelo na cara? 1. Levar o pelo longo 2. Ter o pelo rizado 3. Pode ser louro, castaño, moreno e roxo 4. Leva barba, bigote ou perilla Divida os seus alumnos e alumnas en parellas e explíquelles a mecánica da actividade: un estudante pensa nun dos irmán Portela e o compañeiro faille preguntas para adiviñar de quen se trata. Dígalles que para iso poden facerlle preguntas como as do exemplo: é louro? leva lentes? Despois cambian os papeis. Se lle parece oportuno, pode propoñerlles un xogo. Fotocopie e recorte as tarxetas que aparecen na ficha 1 e entréguellas a cada parella. Pídalles que as poñan todas boca abaixo, as fotos á esquerda e as descricións á dereita. Por quendas, un compoñente de cada parella levanta unha tarxeta de cada grupo. Se consegue formar unha parella, queda coas tarxetas; se non, vólveas deixar no mesmo sitio, tratando de recordar onde están por se as necesita cando lle volva tocar. Ao final, gaña o estudante que máis parellas formou. Páxina 107, exercicio 2. comprender 2. PRESENTACIÓNS Relacionar fotos con textos. Falar da impresión que lles provocan tres persoas. Nesta actividade, no punto C, os seus estudantes van ter que falar das impresións que teñen de tres rapazas despois de ler uns textos e de escoitalas. De ser necesario, cando chegue o momento aclare que se emprega o verbo parecer para, precisamente, referirse á impresión que nos provoca algo ou alguén. Cando coñecemos as características de algo ou de alguén, empregamos o verbo ser. Anúncielles aos seus estudantes que na actividade van coñecer como son tres rapazas que falan sobre si mesmas. Dígalles que as rapazas dan esa información para intentar conseguir un traballo. Pregúntelles para que tipo de traballo pode ser necesario ese tipo de información. Anímeos a comentar se están de acordo coas respostas dos seus compañeiros e compañeiras. A. Pídalles aos seus estudantes que se fixen nas tres fotos que aparecen na actividade. Infórmeos de que as tres rapazas son candidatas para ser presentadoras do programa Galegos no planeta e de que cada unha escribiu un breve texto para presentarse. O primeiro que teñen que facer os seus alumnos e alumnas é relacionar cada fotografía co texto correspondente. 1. B 2. A 3. C B. A continuación, dígalles aos seus alumnos e alumnas que van escoitar a Carme, Olaia e Laura falando un pouco máis delas mesmas. Teñen que escribir no cadro o nome da rapaza que fala en cada caso. 1. Laura 2. Carme 3. Olaia C. Dígalles aos seus estudantes que, por último, van comentar como cren que son as tres rapazas falando da impresión que lles provocou cada unha. Primeiro teñen que completar o cadro e, logo, comparar o que marcaron co que marcou un compañeiro ou compañeira. Despois de que comenten as súas opcións en parellas, e se lle parece oportuno, pode pedirlles que fagan un reconto do que marcaron todos, para ver se a clase coincide nas súas impresións sobre as tres rapazas. Páxina 108, exercicio 6. 14

unidade 2 3. OS MEUS AMIGOS Identificar as persoas dunha foto segundo a descrición subministrada nun correo electrónico. Con esta actividade proporciónaselle ao estudante a oportunidade de observar e de reparar nalgúns recursos para identificar as persoas a partir da descrición dalgún aspecto físico: o/a/os/as + adxectivo o/a/os/as + de + substantivo o/a/os/as + que + verbo É importante que faga referencia ás concordancias de xénero e de número en cada caso. Pídalles aos seus estudantes que miren a foto do libro e pregúntelles que relación pensan que existe entre esas persoas. As posibilidades poden ser diversas, acepte todas as que propoñan os seus estudantes e anímeos a facer referencia a en que situacións acostuman a facer fotografías deste tipo. A. Presente a Mar, unha rapaza galega que está a pasar unha tempada en Arxentina e ensínelles o correo electrónico que Mar lle escribiu á sua irmá, Pili. Pídalles que lean o texto e que traten de identificar a cada persoa na foto. Dígalles que Mar é a segunda pola dereita. De esquerda a dereita: Leila, Sandra, Diego, Mar e Abigail B. Pídalles agora aos seus estudantes que se fixen nas estruturas que aparecen neste punto e pídalles que busquen exemplos onde aparecen no correo electrónico de Mar. A morena A que leva lentes O que está entre Sandra e mais eu A de coleta Anime os seus estudantes a xogar coa foto. Vostede di o nome dun dos amigos de Mar e cada estudante, en cadea, debe dicir unha frase que o describa empregando algunha das estruturas anteriores. Deben estar atentos para non repetir información. Páxina 107, exercicio 1. explorar e reflectir 4. TEMPO LIBRE Reflexionar sobre o funcionamento dos verbos gustar, interesar e encantar. O obxectivo desta actividade é que o seu alumnado poida deducir o funcionamento dos verbos gustar, interesar e encantar. Para iso, proporciónaselles un contexto concreto de uso deses verbos: unha enquisa sobre gustos musicais. Escriba no encerado a palabra enquisa e pregúntelles aos seus estudantes se coñecen o seu significado. Se fose necesario, aclare que se refire a un conxunto de preguntas que se fan para coñecer a opinión da xente sobre algún tema. Asegúrese tamén de que coñecen o significado da palabra coincidir. A. Explíquelles aos seus alumnos e alumnas que as persoas das fotos contestaron unha enquisa sobre os seus gustos musicais para a revista Aula de música. Pídalles que a lean e que marquen aquelas respostas coas que coincidan. Dealles uns minutos para realizar a actividade e, a continuación, poña en común algunhas das conclusións, formulando preguntas como: a quen de vós lle gusta a música folk?, quen escoita música no traballo?, a alguén lle gusta o jazz?, a quen lle gusta o pop independente? B. Pídalles aos seus alumnos e alumnas que encerren nun círculo todas as frases do punto anterior nas que aparezcan os verbos gustar, interesar e encantar. Dealles un par de minutos e, a continuación, pídalles que lean as frases en voz alta. Escríbaas no encerado e subliñe os verbos para que os seus estudantes vexan que aparecen unicamente dúas persoas: gusta/n, interesa/n, encanta/n. Pídalles que, en parellas, comenten se entenden porque se usa unha forma ou outra. Logo, coménteo con toda a clase. Asegúrese de que entenden que a forma do verbo, singular ou plural, depende de se o que segue ao verbo, aquilo que provoca gusto ou interese, é singular, plural ou un infinitivo. C. Ensínelles agora o cadro que aparece neste punto e pídalles que, a partir dos exemplos dos textos, o completen cos pronomes que faltan. Se o considera conveniente, chame a atención dos seus estudantes sobre a posición dos pronomes. Recorde o dito na páxina de gramática da unidade 1 e anímeos a sinalar nos textos do punto A (con recursos diferentes) os casos nos que o pronome aparece antes ou despois do verbo, así como as palabras que provocan a anteposición. Se lle parece necesario, propoña a seguinte actividade para comprobar que o funcionamento dos verbos gustar, interesar e encantar quedou claro. 15

Entréguelle a cada estudante unha fotocopia do cadro que aparece na ficha 2. A continuación, anímeos a que se pregunten entre eles se lles gustan as cousas suxeridas no cadro. Deben poñer o nome do compañeiro ou compañeira na casa correspondente segundo a súa resposta. Escriba no encerado un exemplo da interacción que espera do seu alumnado: Gústache o jazz? Si. E a ti? A min encántame. Páxina 108, exercicios 3, 4 e 7. 5. A FAMILIA DE SOCORRO Completar unha árbore xenealóxica co vocabulario das relacións de parentesco. Co esquema da familia de Manolo e Lucía como referencia, os seus alumnos e alumnas poderán deducir o significado do vocabulario que aparece nas frases escritas debaixo da árbore. Anímeos a facer a actividade sen usar o dicionario. Ensínelles aos seus alumnos e alumnas a árbore xenealóxica e dígalles que se trata da familia de Manolo e de Lucía. Faga referencia a algunhas das relacións de parentesco que están escritas no esquema, sinalando en cada caso as persoas implicadas: Lucía é a muller de Manolo, Manolo é o avó de Daniel, Lucía é a nai de Alberte... Déalles tempo aos seus estudantes para que empreguen as súas estratexias e para que consigan deducir o significado das palabras marido, avoa, filla, neto, irmá e pai, coa axuda do esquema. Móstrelles aos seus estudantes as frases que aparecen debaixo do esquema e pídalles que as lean individualmente, para completar os espazos en branco da árbore xenealóxica. Despois da posta en común, explique o funcionamento do masculino no plural de, por exemplo, tres irmás + un irmán = catro irmáns, así como no caso de pais (pai + nai) ou avós (avó + avóa). Consulte despois o cadro de relacións de parentesco que aparecen na páxina de gramática e faga as aclaracións necesarias. Pode ampliar este tipo de vocabulario copiando o seguinte esquema no encerado para que os seus alumnos o completen por escrito ou oralmente. Advírtalles que necesitarán dúas palabras novas que indican relación de parentesco: primo/a e sobriño/a. Daniel é o... de Clara, o... de Alberte, o... de Manolo e o... de Marta. Páxina 108, exercicios 3, 4 e 7. practicar e comunicar 6. BUSCAR PARELLA Redactar o anuncio da persoa ideal para alguén que busca parella nunha páxina web. Nesta actividade, os seus estudantes terán que ler dous anuncios da sección de Contactos dunha páxina web, escoller un e escribir o anuncio de alguén que poida ser a súa media laranxa. Empregue os anuncios achegados no libro como modelo. Chame a atención dos seus estudantes sobre como se estrutura a información e que aspectos se mencionan: idade, descrición física, profesión, afeccións, descrición da personalidade e descrición do que se busca. Escriba no encerado a expresión a túa media laranxa e pregúntelles aos seus alumnos e alumnas para que se usa a dita frase. Se ninguén o soubese, explíqueo vostede e, logo, pregúntelles se na súa lingua existen expresións semellantes para referirse a esa persoa ideal. A. Preséntelles a páxina electrónica de contactos e pídalles que lean os anuncios de Tareixa e Noa. Pregunte: cal das dúas pensades que busca unha relación máis seria? A continuación, pídalles aos seus estudantes que formen parellas e que escollan un dos textos (o de Tareixa ou o de Noa). En función do que se pida, entre os dous teñen que redactar o anuncio que escribiría a súa persoa ideal. Se lle parece oportuno, pode aproveitar este contexto para facer referencia á epígrafe Relacións de parella da páxina de gramática. B. Cando os seus estudantes teñan rematados os seus textos, pídalles que os lean en voz alta. O resto dos compañeiros e compañeiras teñen que escoitar atentamente para decidir se se trata do candidato ideal para Tareixa ou para Noa. Se lle parece oportuno, pódelles pedir aos seus estudantes que digan se teñen máis cousas en común con Tareixa ou con Noa e que expliquen o motivo. 16

unidade 2 7. A NAI DA MIÑA NAI Xogar a adiviñar relacións de parentesco. Esta actividade proporciona unha práctica do vocabulario de parentesco. Antes de comezar, conviría que presentase os posesivos coa axuda das epígrafes Os posesivos e Falar das relacións, da páxina de gramática. A. Pídalles aos seus estudantes que escriban cinco frases sobre a súa familia empregando vocabulario de parentesco, tal e como indica o título da actividade e o exemplo do libro. Divida o seu alumnado en parellas e pídalles que, por quendas, vaian lendo as frases que escribiron. O compañeiro ou compañeira ten que deducir a relación de parentesco da que fala a frase. Pode seguir practicando este vocabulario específico do seguinte modo: divida o grupo en parellas e faga que cada un explique a súa árbore xenealóxica, mentres o outro a debuxa. Despois, han de comprobar se acertaron e intercambiar os papeis. Dea vostede o modelo de lingua explicando a súa propia árbore xenealóxica, mentres a debuxa no encerado. 8. É UN HOME DUNS 55 ANOS Describir unha personaxe famosa. Se fose necesario, comente a diferenza entre ten 55 anos (idade exacta) e ten uns 55 anos (facemos unha aproximación sobre a idade de alguén). Pídalles aos seus estudantes que pensen nunha personaxe famosa (deben estar bastante seguros de que todos os compañeiros ou compañeiras a coñecen) ou nun compañeiro da clase e que escriban unha descrición como a da mostra da lingua. Despois duns minutos, faga unha posta en común en parellas ou, se o prefire, con toda a clase. 9. EU QUERO COÑOCER O PRIMO DE UXÍA Presentar e describir unha persoa (familiar, amigo/a...). Nesta tarefa final, cada estudante preparará unha descrición de alguén a quen coñece e de quen lle gustaría recibir unha visita. Debe conseguir que a clase vote por esa persoa, polo que teñen que facer unha descrición o máis completa e atractiva posible. Ademais, o resto da clase pode formular preguntas para obter máis información e poder decidir por quen votar. Trátase dunha tarefa pautada en tres fases distintas e que integra diversas destrezas de comprensión, expresión e interacción. A. Explíquelles aos seus alumnos e alumnas que van ter a posibilidade de invitar á clase un amigo ou unha amiga, un familiar ou outra persoa que coñezan. Móstrelles a ficha que aparece no libro e pídalles que a completen coa descrición da persoa que elixiron. Vaia supervisando o traballo individual dos estudantes para, de ser necesario, axudarlles. B. Pídalles agora que lle describan a persoa elixida ao resto da clase, empregando a ficha como guión. Déalles tempo para que preparen a súa presentación e aclare que, mentres un compañeiro ou compañeira fai a súa presentación, o resto ten que tomar notas para poder escoller ao final a persoa que máis lles interesou. Se hai algo que non entenden ou se queren saber algunha cousa máis sobre a persoa presentada, anímeos a intervir formulando as preguntas necesarias. C. Explíquelles aos seus alumnos e alumnas que teñen que escoller unha das persoas de todas as presentadas e xustificar a súa eleción. Pode ensinarlles o modelo de lingua do libro. Déalles uns minutos para que preparen a súa exposición. Para saber quen é a persoa que espertou un interese maior, pregunte: quen é a persoa que queren coñecer máis compañeiros e compañeiras? viaxar 10. MODELOS DE FAMILIA Opinar sobre alguns modelos de familias galegas. Relacionar titulares de prensa con estes modelos. Esta é unha actividade de contido cultural a partir da cal se pretende xerar unha interacción oral na aula. A. Móstrelles as fotos da actividade aos seus estudantes. Pídalles que lean a información que aparece con cada unha e que escollan a familia que lles pareza máis tipicamente galega e tamén a menos típica. Déalles uns minutos e, despois, faga unha posta en común. Procure que partici- 17

pen todos os alumnos e que xustifiquen as súas elecións. Interésese tamén por saber como son as familias das persoas que eles coñecen en Galicia. B. A continuación, anime os seus estudantes a falar sobre os modelos de familia que existen nos seus países ou nas súas comunidades, no caso de que non sexan galegos. C. Agora, pídalles que lean os titulares de prensa proporcionados e que relacionen cada un deles coas persoas da reportaxe do punto A. É probable que os seus alumnos non saiban a que se refire IBI, aclare que se trata do imposto sobre bens inmobles. Déalles uns minutos para resolver a actividade e, logo, faga unha posta en común. Comenten se hai datos que os sorprenderon. (suxestións) A. 3 B. 3 C. 1 D. 3 E. 4 F. 5 G. 1, 5, 6 H. 5 I. 2 18