Olga Novo. Tres dozuras ao misterio. Himno intravenoso para un descoñecido

Documentos relacionados
Unha viaxe á lúa.

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

MÚSICAS DURMIDAS. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas JOSÉ ABEAL LÓPEZ* Debuxos: Alfredo Erias

Proceso de facturación.

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Potencias e radicais

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO

e diferente ter un bo a camiñar.

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... OS NÚMEROS DECIMAIS ORDES DE UNIDADES DECIMAIS. CENMILÉSIMA 8 1 cm = MILLONÉSIMA 8 1 mm = OPERACIÓNS

PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD ( )

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

I.E.S. CADERNO Nº 4 NOME:

Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

POSIBLES IDEAS PARA UNHA HOMILÍA CON NENOS 12 novembro Non deixes que a Súa chamada sexa perdida, ten á man o CARGADOR da ORACIÓN.

EXERCICIOS DE XEOMETRÍA. PAU GALICIA

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

SISTEMA DIÉDRICO I Intersección de planos e de recta con plano TEMA 8 INTERSECCIÓNS. Obxectivos e orientacións metodolóxicas. 1.

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: XEOMETRÍA MÉTRICA DO ESPAZO

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

Múltiplos e divisores

PAU XUÑO 2013 MATEMÁTICAS II

GATIÑAS E GATIÑOS. Club

Potencias e raíces de números enteiros

Cantiga de amigo. Dime ti, bosque sen perigo, viches o meu amigo? Oxalá pronto estea comigo.

SBN: O TEMPO NO XORNAL

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

O envase churrusqueiro

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

MISA CON NENOS 8 de abril del 2018 Domingo de Pascua-2º B. Evanxeo de Xoán 20,19-31: Tomé viu e creu; meu Señor e meu Deus.

Eucaristía, punto de encontro cos irmáns e con Deus.

CAMPA A RESGAL

Requisitos para subir documentos ao

Seminário de Crianças e Intermediários - Março/2018 Tema: Certamente Cedo Venho Lista de louvores a serem cantados:

Números decimais. Obxectivos. Antes de empezar. 1.Números decimais...páx. 44 Elementos dun número decimal Redondeo e truncamento dun decimal

Aos Poetas. Que vem trazer esperança a um povo tristonho, Fazendo os acreditar que ainda existem os sonhos.

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

Xeometría analítica do plano

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Que é unha rede de ordendores?

COSTA DE DEXO E SERANTES

Celebración do perdón. Grazas, Señor. Un corazón necesitado de acollida. Saúdo

programas .py python nome.py

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

05 Movémonos mellor?

Nome e apelidos:... materiais sólidos (ou no interior fundidos a altas temperaturas)

MANUAL DE USUARIO DE etrades

Volver empezar. Nesta unidade imos inventar a biografía do candidato ideal para un posto de traballo. Para iso, imos repasar e aprender:

Double-click to enter title

XEOMETRÍA MÉTRICA DO ESPAZO

As claves da. factura eléctrica

SISTEMA EXCRETOR IES ANXEL FOLE. 1º DE BAC

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

PIALE Integración en lingua portuguesa

Matemática Financeira

Guía de recursos dixitais da web da UMinho

OS ANIMAIS VERTEBRADOS INDICE

Creación. Poesía. Xosé Luís MÉNDEZ FERRÍN

INSTRUCIÓNS PARA A EDICIÓN DE ARTIGOS

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

FILOSOFÍA MODERNA. O problema do método: a idea de substancia en Descartes e o problema da veracidade divina.

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

1º e 2º de Primaria ACTIVIDADES MANUEL MARÍA, 1º E 2º PRIMARIA. LETRAS GALEGAS,

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

Puntos singulares regulares e irregulares. Serie de Frobenius. Ecuación de Bessel

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

REFORZO. 2 Data: 1 Completa esta táboa: 2 Escribe órganos ou aparatos dos diferentes grupos de animais que se encarguen de:

Unidade 1. Eu son Manuel María 3. Unidade 2. O contexto histórico 7. Unidade 3. A súa infancia 11. Unidade 4. A inmensidade da súa obra 16

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Outubro Nº Var. Int. 18/17

Inecuacións. Obxectivos

ACTA DA XUNTANZA ORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE VILAR DE INFESTA 2 DE OUTUBRO DE 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DE 2018

DATA: Domingo 15 de Maio de 2016, a partir das 10:00 horas. LUGAR: Pavillon de deportes de Mesoiro-A Coruña.

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Este proxecto musical nace en 2012 cando varios músicos e profesores de corda de Galiza, interesados na interpretación da música dos séculos XVII e

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

O labor das marés 1. João de Mancelos. Alguns poemas do livro

PROBA B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B

NECESARIOS EMPREGADO. Varrer e fregar o chan

SUMÁRIO. APRESENTAÇÃO Sobre Fernando Pessoa...11 Fernando Pessoa: ele mesmo, um outro heterônimo?...23

FICHAS DO XOGO. (Adaptado do xogo Descubriendo al invasor da Comunidad de Madrid) Co apoio

Panxoliñas Manuel María

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

CXT 2018/2019 COMO EFECTUAR A TÚA PETICIÓN?

Algúns conceptos matemáticos necesarios para a materia Optica Física

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

Transcrição:

Olga Novo Tres dozuras ao misterio Quero unha soa cousa e non sei que é. E porque non sei que é, escollina. Angelus Silesius Himno intravenoso para un descoñecido Pola dozura dun descoñecido a miña montaña baixa da montaña e drena a miña pelve a miña superficie solar a miña soidade soa. Porque non sei quen es interrogo o espazo e o espazo interroga as miñas vísceras e volve coa sorpresa do meu corazón que arrastra un trineo no medio da neve do mundo. Porque non sei aínda a que decibelios a túa voz namoraría os meus tímpanos e a frecuencia exacta dunha caricia e tal vez entrar nun ciclón de hortensias que abruman e unha súbita subida da presión arterial un prisma perfecto bombeando amor quizais unha solución ao que non se pregunta un longo camiño que nunca se desanda. O enigma que fai flotar en min o plasma e vou coa miña alegría intravenosa cantando ata que a respiración se me enferruxa e a vida domina este pequeno corpo astral. E entón desprégome coma a eterna flor do encéfalo e penso en ti descoñecido meu misterio mudo coma a poesía que queima Creación 53

que arde que rompe que desgarra que amansa que suaviza que apacigua as feras. Como a música. Porque non sei quen es. A túa ausencia roza a miña pel coma un fósforo a superficie rugosa e a chama ascende da nada á miña mente e ilumino a terra porque non sei quen es. Porque non sei quen es e porén espérote. Enigma *** A libeliña que dorme no meu páncreas sabe o teu nome e non o di. A pegada dixital que forma un labirinto nos meus dedos coñece o teu misterio e non o desvela. Algo en min desfai metáforas para aproveitar a la e facer un tecido novo en min. Porque eu bebo a diario nun enigma que dá sede. Eu bebo a diario nun enigma Pero na hora en que eu soa entendo e me encadeo á subsombra na hora en que o teu sono se entrega a circuítos de pel e eu sucumbo con todos os meus sangues arrebatados a unha verdade implacable feita da nada Na hora en que a razón entra en razón por medios intuitivos e a ciencia treme transida de paixón e moléculas mortais Aí xusto nese momento no que non estás está todo o meu ser completo 54 Dorna 35

arañando o espazo que ocuparía o teu corpo e o oco da caricia que se despraza polo espazo. Alúmame a escuridade e sen pensalo desprego as funcións do tacto e son quen de bicar a distancia ata traerte aos meus brazos coma unha árbore grandiosa que dispón niños para os paxaros. Estremécenseme as raíces que non sabía que tiña e a mente do mundo crepita ante a beleza de algo imprevisto que somos nós que somos como a luz e a combustión que forman xuntas a chama. A libeliña que dorme no meu páncreas sabe o teu nome a pegada dixital que forma un labirinto nos meus dedos coñece o teu misterio e eu espero ao bordo de min mesma os teus pasos sobre o asfalto do meu corazón que non se para nunca a pensar se latexa ou ladra se é un prisma de cristal ou un animal do monte A libeliña sabe o teu nome e non mo di. A pegada dixital que forma un labirinto coñece o teu misterio e non o desvela Somos coma o frío que treme facéndose nas esferas a punto de ser nevado a inminencia brutal dunha cereixa a punto de rebentar da flor dous elementos químicos a punto de formar un cristal ou unha máquina de coser e un paraugas a punto de se encontrar nunha mesa de operacións A vida que non vivimos para vivir preguntándonos quen somos Creación 55

senón para entregar a outros o soplo ferozmente fermoso que fai de nós unha rede de estrelas e de músculos que senten, unha criatura que alcanza o coñecemento cando ama e que sobrevive soamente porque bebe a diario nun enigma que dá sede. Imaxino Imaxino como é o cosmos cando as túas mans xesticulan no espazo Imaxino como se moven os planetas coas poleas da paixón e eu observo desde un recuncho da historia discreta e serena fulgurando lava e vida. Imaxino como se distribúen os órganos saíndo dun templo de gametos e pasan os meses e eu durmo no teu peito coma no meu campo natal Imaxino as túas vértebras descansando na noite e Imaxino que Imaxinas o cosmos cando as miñas mans xesticulan no espazo e eu nazo coma un tambor entre moreiras e Imaxino e Imántome con todos os teus metais fundida e voume ver pequeniña nos ollos das vacas de cando tiven tres anos. A emoción golpéame o estómago coma un gong astronómico e axeónllome diante de arados que inda teñen a boca chea de terra e dou grazas á nada por entregarme todo. Eu comprendo o segredo que transforma un tubérculo nunha verdade absoluta e a electricidade animal dos teus labios que Imaxino e Imaxino combada coma un bambú Tan feliz que o poder non me soporta. Porque Imaxino que te achegas a min e o epicentro do ser xa non se contén e treme a oito na escala de Richter e choro coma un anxo caído ao teu ceo Soberana e fermosa e humana contigo Imaxino que vou por camiños doutrora onde están enterradas no barro as zocas humildes dos meus tataravós e tento controlar o instinto que me fala a berros do teu amor as flores os grilos as cousas que non senten e todo aquilo 56 Dorna 35

que Imaxino e Imaxino que vés que xa estás tan preto que se abren xirasoles na noite e os ríos remontan a corrente e a luz se esconde no corazón unicelular do monte Imaxino eu que sei a razón faime lúcida para ver que a razón nada vale que se aproxima un silencio que ferve e aí estou soa desenredando o abismo para ti. Imaxino que imaxino e salto nos charcos golpeando o ar e volve á miña boca aquela piruleta ancestral que me producía caries e pracer a un tempo topan a luz aquelas cabras que abandonaron un día o cortello en busca da morte... Pero eu sei que hai momentos diminutos nos que a inmortalidade nos roza e colma o plan azaroso do universo quedo extasiada ante o tendal onde as túas camisas penetran no misterio do vento e a vida cotiá é un milagre tan transparente que quen a vive non a ve non a ve pero eu pero eu Imaxino que imaxino que contigo Imaxino... E o meu corpo sente medrar a adrenalina coma a árbore da ciencia e así atraveso portas que inda están pechadas tan feliz tan feliz que o poder non me soporta. Creación 57

58 Dorna 35

Creación 59