A FILOSOFÍA A TRAVÉS DA HISTORIA. 1 A filosofía na Idade Antiga

Documentos relacionados
FILOSOFÍA MODERNA. O problema do método: a idea de substancia en Descartes e o problema da veracidade divina.

Contidos mínimos e criterios de avaliación Historia Filosofía 2 Bacharelato

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Potencias e radicais

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

GUÍA BREVE DA MATERIA DE HISTORIA DA FILOSOFÍA DE 2º CURSO DE BACHARELATO.

Sócrates: após destruir o saber meramente opinativo, em diálogo com seu interlocutor, dava início ã procura da definição do conceito, de modo que, o

FILOSOFIA BREVE PANORAMA GERAL FILOSOFIA ANTIGA

Proceso de facturación.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

O CONTRATO DE TRABALLO

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

0.- ANTECEDENTES DE PLATÓN. VIDA E OBRAS. a) Homero Mitos Cultura grega

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

UNHA APROXIMACIÓN AO MUNDO CLÁSICO:

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

A criação da filosofia está ligada ao pensamento racional. Discutir, pensar e refletir para descobrir respostas relacionadas à vida.

Múltiplos e divisores

Que é unha rede de ordendores?

TEXTOS DESCARTES TEXTO 1:

índice geral PARTE I - A SABEDORIA DO ORIENTE, 15

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

HISTORIA DA FILOSOFÍA

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Processo de compreensão da realidade. Não é lenda Verdade Explicação do misterioso Expressão fundamental do viver humano

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

XEOMETRÍA MÉTRICA DO ESPAZO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

OS FILÓFOFOS PRÉ-SOCRÁTICOS

COMPOSICIÓN DE TEXTO (sobre tema de tipo Filosófico)

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

Historia da Filosofía

HISTORIA DA FILOSOFÍA

O punto de partida do atomismo encóntrase nas formulacións de Parménides:

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

OS PRIMEIROS FILÓSOFOS E AS PRIMEIRAS QUESTÕES FILOSÓFICAS. A physis é a Natureza eterna e em constante transformação

FILOSOFIA MODERNA (XIV)

REDE EUSUMO. información e comunicación

e diferente ter un bo a camiñar.

Clóvis de Barros Filho

Aula Véspera UFU Colégio Cenecista Dr. José Ferreira Professor Uilson Fernandes Uberaba 16 Abril de 2015

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

FILOSOFÍA GREGA. Historia da Filosofía

Mari Trillo Centremonos.com IES Basanta Silva-Vilalba 1. ARISTÓTELES E O SEU MUNDO: O TRÁNSITO CARA O HELENISMO

2. J. LOCKE: AS BASES DA TEORÍA EMPIRISTA DO COÑECEMENTO

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA EMENTÁRIO DE DISCIPLINAS ATIVAS

Língua Portuguesa na Galiza

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

DESCARTES. O PROBLEMA DO MÉTODO E A EVIDENCIA DO CÓGITO.

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

FILOSOFIA. Professor Ivan Moraes, filósofo e teólogo

Requisitos para subir documentos ao

DOUTRINAS ÉTICAS FUNDAMENTAIS PROFA. ME. ÉRICA RIOS

Curso 2015/2016 HISTORIA DA FILOSOFÍA DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA IES FONTEXERÍA -MUROS-

PROFESSOR: MAC DOWELL DISCIPLINA: FILOSOFIA CONTEÚDO: TEORIA DO CONHECIMENTO aula - 02

FILOSOFÍA GREGA ANTIGUA I :PRESOCRÁTICOS, SOFÍSTAS, SÓCRATES E PLATÓN.

FILOSOFIA E OS PRÉ-SOCRÁTICOS TERCEIRÃO COLÉGIO DRUMMOND 2017 PROF. DOUGLAS PHILIP

15/03/2016. História da Filosofia Antiga: Aula 2 Prof. Rafael de Lima Oliveira

Unidade 2: História da Filosofia Filosofia Clássica. Filosofia Serviço Social Igor Assaf Mendes

TEMA 2 ARISTÓTELES e a filosofía Helenística

Prof. Talles D. Filosofia do Direito O Direito e o tema da Justiça

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

DA IDADE MÉDIA À IDADE MODERNA. Prof. Adriano R. 1º Anos

3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD ( )

A ÉTICA NA HISTÓRIA DO PENSAMENTO

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Unidade 04. Prof.ª Fernanda Mendizabal Instituto de Educação Superior de Brasília

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Double-click to enter title

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

MITO E FILOSOFIA 1 SÉRIE DO ENSINO MÉDIO COLÉGIO DRUMMOND 2017 PROF. DOUGLAS PHILIP

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Inecuacións. Obxectivos

Curso 2014/2015 HISTORIA DA FILOSOFÍA (I) IES FONTEXERÍA - DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

Xeometría analítica do plano

FILOSOFIA. DISCIPLINA: História da Filosofia Antiga

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

FILOSOFIA PARA CONCURSOS

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

O HOME DENDE A FILOSOFÍA : PERSPECTIVAS ANTROPOLÓXICAS

Disciplina: Filosofia Série: 10 Unidade: Primeira Content Area: Philosophy Grade 10 Quarter I

INSTITUTO ÁGORA CEZAR CANESSO. O SURGIMENTO DA FILOSOFIA Resenha Crítica

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

PROTOCOLO USO PISTOLAS INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

Transcrição:

A FILOSOFÍA A TRAVÉS DA HISTORIA A historia da filosofía é o relato do devir das ideas que desenvolveu o home ó longo da historia. Móstranos a través dos seus pensadores máis relevantes os problemas e conflitos de ideas que se lle presentaron ó home a través dos tempos. Moitos dos debates filosóficos manteñen a súa vixencia dende a antiga Grecia ata os nosos días, posto que entroncan no máis vital e perenne do ser humano, que en palabras de Kant poderíamos resumir nas seguintes interrogantes: Que poido saber?, que debo facer? e que me cabe esperar?, en definitiva que é o home?. 1 A filosofía na Idade Antiga O marco histórico da filosofía antiga esténdese dende o século VI. a.c. ó século III d.c. Como vimos na quincena anterior, a filosofía xurde cando a explicación racional (logos) substitúe ó mito na tarefa de explicar a realidade no seu conxunto, o universo físico (natureza) e o home como ser pensante e social. Polo tanto o mito e a filosofía buscaban o mesmo obxectivo. A diferenza entre ambos modelos explicativos estaba en que mentres os Mitos, que eran un conxunto de narracións que teñen a súa orixe nas obras de Homero e Hesíodo sobre o mundo e os deuses, tiñan un carácter arbitrario e caprichoso (os sucesos dependían do ánimo dos deuses), o Logos impón a condición de necesidade nos sucesos da natureza. Esto significará que as cousas xa non ocorren polo capricho dos deuses, senón por unha causa natural que as explica e que a razón humana pode descubrir e comprender. Atendendo ó obxecto de reflexión e ó carácter das solucións dadas, podemos dividir a filosofía antiga en catro períodos: cosmolóxico, antropolóxico, dos grandes sistemas (Platón - Aristóteles) e helenístico. a) Período Cosmolóxico: No inicio da filosofía occidental o obxecto de análise será a Physis (natureza), entendida esta como o conxunto do que existe e a súa esencia. Os filósofos presocrátivos trataron de coñecer o principio ( Arxé) ou principios que explican a orixe e natureza desa Physis así como as leis que rexen o devir dunha realidade complexa e cambiante. Algúns filósofos considerarón que o arxé era un só elemento (monistas) e outros que eran varios (pluralistas). As primeiras respostas a esta cuestión dérona os Milesios: Tales de Mileto (s. VI a.c.), considerado o primeiro filósofo propiamente dito, afirmou que o arxé, ou elemento esencial a partir do cal se xeran todas as cousas, era a auga. Para Anaximandro de Mileto (s.vi a.c.) o primeiro elemento era o apeirón, algo indefinido e abstracto. E finalmente, Anaxímenes dirá que o arxé era o aire. Os pitagóricos, escola fundada por Pitágoras ( o do teorema) no século VI a.c. e que perdurará hasta o século IV a.c. considerará que todo está composto de números. Os pitagóricos vinculaban os números co espacio: o un identifícase co punto xeométrico, o dous coa linea, o tres cun plano, etc. Para os pitagóricos toda a realidade se pode explicar matematicamente dado que os números son a realidade orixinaria de todas as cousas. 1

Heráclito de Efeso (s. VI a.c.) da escola Jonia (cidade de Asia menor), considerado o pai da dialéctica por defender que todo está en continuo fluir (cambio) e este é o resultado da loita de contrarios (o frio/calor, o día/ a noite, etc.). Esta loita está rexida por un Logos, unha lei racional universal, da que o home participa e que lle permite coñecer os cambios no mundo. O principio (arxé) do que todo flue é o lume todo sale do lume e volve a el -. Parménides de Elea (s. VI a.c. cidade de Elea da Magna Grecia actual Italia-) parte da razón, os datos dos sentidos carecen de valor. Para Parménides os cambios son mera apariencia dos sentidos, a esencia das cousas ten que ser algo que permanece e que polo tanto non cambia. A concepción da natureza de Parménides é a dunha realidade eterna e inmutalbe sempre idéntica a si mesma. Esta visión é o resultado do seu razoamento lóxico, que vai máis alá do cambio e diversidade que nos mostran os sentidos, porque estes só nos ofrecen as apariencias das cousas. Está preocupado, como o resto de filósofos presocráticos, pola busqueda do Arxé, e postulará que esa realidade esencial é o ser. Todas as cousas son e redúcense ó ser. As características do ser: é infinito, único, indivisible, inexendrado e inmóbil. Coa idea do cambio de Heráclito e o ser inmóbil de Parménides, creouse un conflito que tentaron resolver primeiramente os filósofos pluralistas, posteriormente Platón dende a teoría das ideas e Aristóteles coa teoría hylemórfica. Os filósofos pluralistas. Despois de Parménides, houbo unha serie de filósofos que tentaron superar a pugna entre o inmobilismo do Eléata e o dinamismo de Heráclito propoñendo vaios elementos como principio ou Arxé. Desta maneira esos elementos asemellábanse ó ser de Parménides, e as súas combinacións producían os cambios de Heráclito. Empédocles de Agrigento (s. V a.c.) postula a teoría dos catro elementos: Lume, Aire, Auga e Terra. Estes elementos son eternos e imperecedoiros e todo se forma pola mezcla dos mesmos. A causa desa mezcla é o amor e a discordia entre eles. Anaxágoras de Clazomene (s. V a.c.). Todo canto existe é o resultado da mestura de innumerables homeomerías (sementes) e estas sepáranse e únense guiadas polo Nous, intelixencia omnipotente e infinita. Demócrito (s.v-iva.c.). O plantexamento de Demócrito é semellante ó de Empédocles e Anaxágoras, trata de dar resposta ó debate ser e devir (Parménides/Heráclito). Para Demócrito o arxé son os átomos: son infinitos, eternos, inmutables e móvense e chocan entre sí. O mundo formouse polo choque ó azar destes átomos. (Mecanicismo). Conclusión, apesares das diferenzas respecto ó elemento/s que constitue/n a natureza, todos considerarán que é eterna, que hai unha orde (non é un caos) que a regula e que o tempo é circular (eterno retorno) pois todo volve ó principio. Período Antropolóxico. Este período iníciase a mediados do século V.a.C cos Sofistas e Sócrates. Nesta etapa darase un xiro no obxecto da filosofía e pásase de reflexionar sobre a Physis a ocuparse fundamentalmente das cuestións éticas e políticas. Os 2

sofistas son un conxunto de pensadores da metade do século V a.c. que se adican a ensinar retórica, política e moral. Preocúpanse por coñecer o home e non a natureza como fixeran os presocráticos. Fronte á diversidade de teorías acerca da natureza e o arxé ofrecidas polos filósofos anteriores, os sofistas adoptan unha postura escéptica e relativista. Ademais son os primeiros en defender o carácter convencional das leis e o ideais morais do home: o bo, o malo, o xusto e o inxusto, non son algo inmutable, senón que cambian dun pobo a outro, dunha cultura a outra. Protágoras resumía o relativismo dos sofistas na famosa sentenza: o home é a medida de todas as cousas. Sócrates, non é sofista, pero comparte con estes o interese polo home e pola política. Sen embargo non comparte nin o escepticismo nin o relativismo dos sofistas. Consideraba que coñecer unha cousa é dicir o que é, definila. Só coñecendo o que é a xustiza se poderá ser xusto. Só sabendo o que é bo se poder obrar ben. Desta maneira a virtude será un saber que se aprende. A esto denominóuselle intelectualismo moral. Sócrates recupera a idea de valores morais universais, fronte ó relativismo dos sofistas. Período dos sistemas. No século IV a.c. aparecen os dous pensadores mais importantes da filosofía grega: Platón (427-347a.C.) e Aristóteles (384 322 a.c.). Chámaselle período dos grandes sistemas porque estes dous filósofos tratan de articular unha explicación global da realidade e do home. A filosofía de Platón céntrase nun mundo de entidades inmateriais e inmutables, infravalorando o mundo físico ou sensible e, pola contra, Aristóteles no mundo dos seres naturais sometidos ó cambio e o devir. Platón e Aristóteles consideran a filosofía como a búsqueda do verdadeiro coñecemento. Para o primeiro, o obxecto desta búsqueda son as esencias universais das cousas ou ideas. E para Aristóteles ese obxecto son os primeiros principios e causas das cousas. Platón (427 347 a.c) Naceu en Atenas, o seu nóme era Aristócles, pero foi apodado Platón, o das anchas costas. Ós vinte anos coñeceu a Sócrates e foi discípulo seu ata a morte deste. O seu interese pola política fixo que toda a súa filosofía esta orientada a buscar e lexitimar un modelo político ideal. Ós sesenta fundou en Atenas a Academia onde ensinaban filosofía, matemáticas, astronomía, etc. Platón herda o gran debate do pensamento grego: como conxugar os cambios na natureza coa idea dunha esencia ou realidade permanente que está detras deses cambios. O problema do ser e o devir que chegara á súa máxima expresión con Heráclito e Parménides. Fronte a esta disxuntiva Platón resolveu crear un dualismo ontolóxico: distinguiu dous mundos, o mundo sensible o aparente,onde se dan os cambios, terreal, material, múltiple, imperfecto e corruptible e o mundo das ideas o real, trascendente que son a esencia das cousas, e todas elas son únicas, eternas, perfectas e intelixibles. Así, o mundo verdadeiro é o mundo das ideas e o mundo material e sensible é unha copia daquelas. Á vez que hai dous mundos no plano ontolóxico, tamén hai segundo platón dous modos de coñecer, dualismo epistemolóxico: O coñecemento sensible o dos sentidos que el chama a doxa (opinión) e o coñecemento intelixible a razón que el chama episteme (ciencia), o coñecemento certo e seguro. O coñecemento da verdadeira realidade das cousas realízase a través das ideas e obtense pola razón. 3

Platón tamén defenderá un dualismo antropolóxico o considerar que corpo e alma son dúas realidades distintas cuxa unión é accidental. O corpo é material e corruptible e a alma é eterna, esencia do home e principio de coñecemento. En realidade coñecer consistirá en recordar (reminisciencia) o que a alma contemplou no mundo das ideas antes de caer ó corpo. Platón distingue tres tipos ou partes da alma no home: alma racional esencia do home e fonte de coñecemento, encargada de gobernar as outras dúas, e cuxa virtude é a sabedoría e a prudencia alma irascible, cuxa virtude é valentía e fortaleza e alma concupiscible, ou apetitiva, cuxa virtude será a temperanza. A antropoloxía platónica está estreitamente relacionada coa ética e a política. As virtudes desenvólvense en sociedade xa que o home é considerado un ser social por natureza. A orde perfecta da sociedade xérase na práctica da virtude propia de cada home, segundo a alma que predomine nel.deste modo o mesmo que no home hai tres almas, cada unha coa súa virtude e función, tamén na sociedade haberá tres clases sociais coas súas funcións e virtudes. Aqueles homes nos que prevaleza a alma racional deberán adicarse a gobernar a polis, porque eles son os que posúen a sabedoría para elo. Nos que prevaleza a alma irascible a súa función será a de gardiáns (soldados) da polis porque neles prevalece a virtude da valentía e finalmente nos que prevaleza a alma concupiscible deberán adicarse a proveer á cidade das necesidades económicas e materiais. Así, si a virtude no home consiste en facer o que lle é propio segundo a alma que lle predomina, a xustiza na sociedade consistirá en que cada grupo cumpra da mesma maneira co que lle é propio. Aristóteles (384 322 a.c) Macedonio, era fillo do médico da corte de Filipo II, pai de Alexandre Magno do que Aristóteles foi titor. Foi discípulo de Platón e máis tarde fundou en Atenas o Liceo, unha institución pedagóxica que durante anos competiu coa Academia de Platón. Pese á súa relación con Platón a súa filosofía pronto tomou camiños distintos. Desenvolveu importantes estudos sobre a lóxica, a metafísica, física, astronomía, bioloxía, política, ética, etc.. Polo rigor da súa metodoloxía e pola amplitude dos campos que abarcou, Aristóteles pode ser considerado o primeiro investigador científico no sentido moderno da palabra. Fronte ó idealismo do seu mestre Platón, Aristóteles é realista: non existen dous mundo separados un sensible e o outro intelixible senón un único mundo, formado por obxectos individuais: as sustancias. Calquera sustancia é un composto de materia e forma (Tª Hilomórfica: hyle materia, morphe- forma). A forma corresponderíase coa as ideas de Platón unidas á materia. As formas son universais, pero só existen vencelladas a un ser concreto e material. O que determina o que é unha cousa é a forma: por exemplo, o que distingue unha mesa dunha cadeira é a súa forma, a materia pode ser a mesma (as dúas de madeira, cristal, etc), pero esta forma (idea) non existe separada da mesa concreta. Esta é a crítica que lle fixo Aristóteles ó seu mestre, que a esencia das cousas a idea non pode estar separada das cousas. Na súa física Aristóteles define os seres naturais como aqueles que teñen en si mesmos o principio de movemento e repouso. O movemento explícase como o paso do ser en potencia ó ser en acto. (o paso dunha semente (potencia) a árbore (acto). Pero, como todo movemento require dun ser en acto previo que actúe como causa eficiente ou motor do cambio que sempre se dirixe a unha meta, que actúa como causa final do 4

movemento, e sendo imposible unha cadea infinita de causas eficientes, é necesario admitir a existencia dun primeiro motor inmóbil (causa eficiente), acto puro, que é a causa e fin último de todo movemento do universo. Antropoloxía e tª do coñecemento. Como calquera outra sustancia, o home componse de forma (alma) e materia (corpo), sendo a alma o principio vital que anima, da vida (ánima = alma) o corpo. Como materia e forma van xuntas, alma e corpo son inseparables, polo que Aristóteles nega que a alma sexa inmortal. Distingue tres tipos de almas: vexetativa (das plantas), sensitiva (animais) e racional (propia do home, que loxicamente comparte as outras dúas). A alma racional é capaz de adquirir a ciencia, un coñecemento baseado en conceptos universais, abstraendo as formas e separándoas da materia a que están unidas. Este proceso avanza dende os sentidos ó entendemento, que é o que separa a forma da materia. Esta alma racional, ou entendemento constitúe a parte mais perfecta e divina do home, que pola súa capacidade de coñecer as formas, convértese en eterna e universal. Ética e política. A ética aristotélica é unha ética da felicidade (eudemonista). Ben supremo que Aristóteles non concibe como unha idea separada, senón como un ben accesible resultado da práctica e os hábitos do home. A meta dos nosos hábitos é a felicidade. So podemos alcanzala cunha vida dedicada a busqueda do coñecemento porque esa é a verdadeira natureza do home: a razón. A virtude (areté) consistía para os gregos na excelencia, mérito, perfección, etc. Aristóteles distinguía dous tipos de virtudes: éticas e dianoéticas. Estas últimas eran as virtudes intelectuais, como a prudencia ou a sabedoría. As virtudes éticas como a xustiza, a valentía ou a temperanza, son para Aristóteles o resultado do hábito de adoptar o termo medio entre dous extremos viciosos. ( A valentía estaría entre a temeridade e a cobardía). Non somos polo tanto virtuosos por natureza, nin tampouco por unha aprendizaxe teórica (Sócrates/Platón), senón que a virtude (que é un hábito) é o resultado da práctica. A ética aristotélica remata na política, que é a ciencia práctica mais importante, porque non busca o ben ou felicidade do individuo, senón o da sociedade. O home é un animal político ( Zoon Politikón). O home e moitos animais son sociais por natureza, pero só o home é político (o que habita a polis), porque só nese espazo se pode realizar como tal: o que non vive en sociedade ou é un Deus ou un animal. A súa posición é máis realista que a de Platón ó considerar que non hai un modelo ideal senón que cada sociedade deber desenvolver o modelo de organización que mellor se adapte ás súas costumes e necesidades. Aristóteles recopilou mais de 150 tratados constituintes. Período Helenístico. Neste período posterior ó século IV a.c. un importante acontecemento político provocará un novo xiro na filosofía grega: a caída das polis como cidades-estado no período da dominación macedonia e o imperio de Alexandre Magno. O antigo cidadán da polis, perde o referente próximo da cidade-estado o que leva o home grego a unha crise que lle fai virar a súa preocupación cara as cuestións éticas que lle permitan atopar a súa felicidade no medio dun mundo tan cambiante e distinto ó anterior. Se o home hasta agora estaba virado cara afora, na vida pública da 5

súa cidade, na busqueda da xustiza e o ben común, a partires de agora vai virar cara o seu interior e buscar unha nova virtude que lle procure a felicidade individual. O Estoicismo, o Epicureísmo e o Escepticismo serán as tres escolas que levarán a cabo unha filosofía de tipo práctico que ensine ós homes a ser felices. Esta etapa péchase no século III d.c. co Neoplatonismo, que terá xa un carácter marcadamente místico e relixioso. 2 A filosofía na Idade Media. Este período esta protagonizado pola aparición do Cristianismo no espazo cultural greco-romano. A base do Cristianismo, en canto relixión, reside na fe ou aceptación incondicional da verdade revelada. Neste sentido diferénciase da Filosofía, que busca o coñecemento para entender e explicar a realidade dende bases racionais. Por iso o encontro do Cristianismo coa Filosofía greco-romana xerará un dos problemas mais importantes que dende o principio planeará sobre a Filosofía Medieval: o problema da relación entre razón e fe. O Cristianismo terá que tratar de adaptar esta poderosa tradición filosófica ó seu credo, tentando racionalizar as súas crenzas (Teoloxía natural) e deste modo facelas mais resistentes as numerosas críticas. Esta situación levou ó conflito entre Razón e Fe, entre Filosofía e Teoloxía. Boa parte dos pensadores cristiáns aceptaron, na maioría dos casos, o importante papel da razón na comprensión e aclaración da fe, pero reservando o ditame último en caso de conflito a favor das sagradas escrituras. É dicir, prevalecía a teoloxía sobre a filosofía. A teoloxía natural será polo tanto o intento de racionalizar a fe, para desta maneira facela máis crible e apuntalar algúns dos dogmas que parecían ó alcance ra razón humana. Unha das principais tarefas que vai tentar levar adiante a teoloxía natural será a demostración da existencia de Deus por unha vía racional. Desenvolvéronse basicamente dous tipos de probas da existencia de Deus: a priori e a posterioi. O modelo de proba a priori foi o Argumento Ontolóxico de S. Anselmo. Este era un argumento racionalista puro, que partindo da identidade entre ser e pensar (todo aquilo que penso existe), consideraba demostrada a existencia de Deus a partires da idea que temos del: si eu teño a idea dun ser superior este ten que existir. Se non fose así, sería unha contradición coa propia idea. As Vías Tomistas serán unha porba a posteriori, que se remonta do observado a unha primeira causa. Terán polo tanto un carácter mais empirista. Outro dos debates da filosofía medieval será o problema dos universais, é dicir, cal é a realidade dos conceptos cos que nos referimos ó común das cousas, por exemplo, da idea de home, máis aló do home concreto, de carne e óso. Ockam resolverá esta cuestión propoñendo a teoría nominalista: sostén que a única realidade existente é o particular, o singular e o individual e que os universais son palabras e nomes comúns que designan coleccións de individuos semellantes. G. De Ockam abre con esta teoría o camiño do pensamento moderno. A filosofía medieval divídese en dous períodos: A Patrística e a Escolástica A patrística dos país da Igrexa desenvólvese entre os séculos I e V. A súa tarefa máis importante foi a defensa da súa crenza fronte ós ataques dos filósofos pagáns; e, nun segundo momento, a explicación do dogma. Isto obrigaraos a recorrer á filosofía antiga, 6

especialmente a Platón, Plotino (neoplatonismo) e o Estoicismo. Sto. Agostiño (354-430) foi o pensador máis destacado da patrística. A Escolástica abarca desde o século VIII ata o XIV, e caracterizase pola construción de sistemas filosóficos que xustifiquen os dogmas da igrexa, entre eles, como xa dixemos, a demostración da existencia de Deus. A figura máis destacada da escolástica é Sto. Tomé de Aquino (1225 1274) Para Sto. Tomé hai dous tipos de verdades de fe: os artigos de fe e os preámbulos de fe, estas últimas son demostrables pola razón humana. Con Guillerme de Ockam (1298-1349) iníciase o declive da filosofía medieval co xurdimento dunha nova forma de pensar, caracterizada pola autonomía entre a filosofía e a relixión, entre a razón e a fe, que abrirá o camiño do pensamento moderno. 3 A filosofía na idade moderna. Os séculos XV e XVI representan un importante cambio cultural respecto do pensamento medieval. O Renacemento supuxo un xiro humanista que rompe coa cultura teocentrica da Idade Media. Por outra banda, a ciencia renacentista rompe coa tradición Aristotélica e Tolemaica e abrirá o camiño á ciencia moderna. Algúns dos filósofos mais importantes deste período renacentista son Nicolás de Maquiavelo (1467-1527) pola súa visión pragmática da política fronte ó idealismo de Platón, e Francis Bacon (1561-1626) que destaca polas súas críticas á lóxica e método aristotélicos e desenvolve un Novum Organum (Nova lóxica) que sentará as bases metodolóxicas da ciencia moderna. Se na filosofía medieval o problema mais relevante foi o teolóxico e a relación entre razón e fe, na filosofía moderna vai ser o problema gnoseolóxico, é dicir, o debate acerca da certeza e límites do noso coñecemento. Así, no século XVII asistimos ó debate entre os dous grandes sistemas filosóficos, Racionalismo e Empirismo, sobre o problema do método e alcance da nosa ciencia. Racionalismo: Corrente epistemolóxica que aparece en Francia coa filosofía de René Descartes (1596-1650) e que considera que a razón é a ferramenta que permitirá ó home coñecer verdades universais e necesarias. Coñecemos o mundo a través das ideas (subxectividade). Identifican ser e pensar. A máxima cartesiana que fundamenta a metafísica racionalista e : penso, logo existo, esta será a primeira evidencia do método de Descartes. A matemática é o modelo de coñecemento a seguir, esta disciplina susténtase en principios intuitivamente evidentes ( fora de toda dúbida) a nosa razón (axiomas), pero indemostrables empiricamente. O método dedutivo (Do universal ó particular) é o empregado polos racionalistas Para os racionalistas a razón posúe ideas innatas como a idea do eu, perfección, infinito, causalidade, etc. e estas serven de fundamento ó noso coñecemento da realidade. Os seus coñecementos, xa que non dependen do sensible, pois son descubertos pola razón, teñen un carácter universal e absoluto. Outros filósofos racionalistas destacados foron Baruch de Spinoza(1632-1677) e G.W. Leibniz (1646-1716). 7

Empirismo: Doutrina filosófica que se desenvolveu en Inglaterra nos séculos XVII e XVIII e que considera a experiencia aquilo que percibimos atraves dos sentidos como a única fonte válida de coñecemento, negando polo tanto a posibilidade de ideas innatas ou a priorí. A nosa mente é unha tábula rasa, antes da sensibilidade non hai nada. Só o coñecemento sensible nos pon en contacto coa realidade. Toman a Física como modelo de ciencia, e a inducción (do particular ó universal) é o procedemento que nos permite facer xeneralizacións. Por esta razón, para os empiristas o coñecemento ten un carácter probable (escepticismo), é dicir, non aporta unha certeza absoluta posto que sempre está suxeita a súa validez á contrastación dos feitos empíricos e estes poden cambiar en calquera momento. Un enunciado de carácter empírico como todos os corvos son negros é unha xeneralización certa na medida en que hasta o de agora todos os corvos que vin son desa cor, pero isto non impide que en calquera momento apareza un corvo que non sexa negro, co que esta xeneralización perdería a súa validez. Destacaron Jhon Locke (1632-1704), G. Berkeley (1685-1753) e David Hume (1711-1776). O pensamento filosófico e científico iniciado no Renacemento culmina no século XVIII co gran proxecto da Ilustración. O carácter do espírito ilustrado destácase pola autonomía da razón fronte ó dogmatismo e a intolerancia relixiosa, ética ou política e fronte á tradición e prexuízos de autoridade no ámbito da ciencia e a filosofía. A ilustración exaltará a confianza na razón como ferramenta para o progreso da ciencia e da humanidade. Os ilustrados farán unha importantísima aposta pola educación a través do Enciclopedismo como medio para que a humanidade supere o que Kant, o filósofo mais importante desta época, chamou a minoría de idade do home. Esta enténdea Kant como a incapacidade de pensar por si mesmo. De ahí, o lema da Ilustración : Sápere Aude, atrévete a pensar! E. Kant (1724 1804) é o filósofo mais destacado da Ilustración e vai levar a cabo unha filosofía crítica que permita superar o dogmatismo dos racionalistas e o escepticismo dos empiristas. Fronte ós racionalistas defenderá a necesidade do coñecemento empírico pois sen datos dos sentidos non habería nada que organizar, e fronte ós empiristas propón a existencia dunhas condicións transcendentais ou a priori que nos permiten organizar os datos que nos aportan os sentidos e que permiten un coñecemento obxectivo universal e necesario- daquilo que vexo. O propio Kant recorre a un exemplo que nos permite entender o seu idealismo transcendental: a razón ven a ser como unha pomba que pensa o rápido que voaría sen a resistencia do aire. Así a nosa razón, tende a soñar o moito que coñecería sen a resistencia dos datos dos sentidos. Ignoran a pomba e a razón, que o aire e os datos empíricos son os que fan posible o voo e o coñecemento. 4 A filosofía contemporánea Esta etapa comprende a filosofía desenvolvida nos séculos XIX e XX e nela non podemos falar dunha problemática ou tarefa tan definida coma nas etapas anteriores. A 8

filosofía contemporánea está conformada por correntes moi diversas cada unha das cales entende dunha maneira distinta os contidos e o papel da filosofía. No século XIX podemos destacar as seguintes correntes: o Idealismo alemán, o Marxismo, o Positivismo e o Vitalismo. No século XX resaltaremos o Existencialismo, a Filosofía Analítica, o Neopositivismo e a Escola de Frankfurt. O Idealismo alemán arranca da filosofía de E. Kant e chega á súa máxima expresión con G.W. Friedrich Hegel (1770-1831), o propósito de Hegel foi elaborar un sistema filosófico que puidera abarcar as ideas dos seus predecesores e crear un marco conceptual baixo cuxos termos, tanto o pasado coma o futuro puideran ser entendidos dende presupostos teóricos racionais. Este sistema é considerado coma un racionalismo absoluto. O eixo vertebral da súa filosofía é a súa teoría dialéctica que posteriormente foi recollida polo materialismo histórico. A dialéctica basase na fundamentación de que unha idea (tese), xeralmente histórica, social ou filosófica, ó ser desenvolvida en detalle manifesta aspectos diversos que entre sí avéñense mal (antítese), pero finalmente xurde unha maneira de reconcebila conciliando aqueles aspectos aparentemente contradictorios (síntese). Segundo este punto de vista moitas ideas ou correntes reflexivas pasan por unha fase de contradicción aparente, esta característica sería profunda e esencial na análise de Hegel. Metafóricamente poderíase decir que a identidade é a determinación do simple inmediato e estático, mentras que a contradición é a raíz de todo movemento e vitalidade, soamente aquilo que encerra unha contradicción se move. (Heráclito: a loita de contrarios é a razón de todo cambio). O Marxismo é unha teoría filosófica, económica e política que aplicará a dialéctica hegeliana á análise económica e histórica dende un punto de vista materialista. Esta teoría foi elaborada por K. Marx (1818-1883) e F. Engels (1820-1895). Marx é o pensador de mais evidente e decisiva repercusión na historia contemporánea. Participa directamente nas orixes do movemento obreiro, intervén na creación en 1864 en Londres da Asociación Internacional dos Traballadores (I Internacional), e a súa teoría proxéctase nos acontecementos que deron lugar en 1917 á Revolución Rusa e posteriormente á Revolución China(1949). Para a antropoloxía racionalista e ilustrada, Descartes e Kant, o home é fundamentalmente razón...; para Marx o home é praxe Para Marx a filosofía debe abandonar o seu carácter teórico e converterse en praxe. Dicía Marx que os filósofos non fixeron máis que interpretar o mundo, pero do que se trata é de transformalo: O coñecemento teórico a ciencia e a filosofía non pode ser entendido como algo abstracto e puro senón como unha actividade orientada á práctica transformadora do mundo. É dicir deben estar ó servizo do home para mellorar a súa vida. 9

O Positivismo é un sistema filosófico baseado no coñecemento experimental que só admite como coñecemento válido aquel que se axusta ó método científico, e que rexeita polo tanto a metafísica e todo coñecemento de carácter absoluto e a priori. O positivismo representa a oposición ó racionalismo absoluto de Hegel e a súa epistemoloxía xurde en Francia a principios do século XIX da man de Saint-Simon (1760 1825) e acada a súa plenitude con Augusto Comte (1798 1857) e o británico J.Stuart Mill ( 1806 1858). O Vitalismo é unha doutrina filosófica caracterizada pola afirmación e a exaltación da vida en toda a súa magnitude. Unha das características desta corrente filosófica é a defensa do irracional fronte ó exceso de racionalidade científica e filosófica. Un dos seus máximos representantes, Friedrich Nietzsche (1844 1900) considera a tradición moral xudeo-critián como a culpable da escravitude vital do home e de trasladar a esencia da vida a un plano ultra-terrenal. Outro destacado pensador do vitalismo foi o español Ortega y Gasset (1883 1955) que de defenderá unha versión do vitalismo máis racional (racio-vitalismo) que o Nietzscheano e que adianta algunhas das teses do Existencialismo. Para Ortega o coñecemento integral da vida non se obtén por medio da razón pura dos racionalistas, senón a través da razón vital. Esta razón integra todas as exixencias as vitais, as culturais e as históricas para permitir ó suxeito descubrir as circunstancias que determinan a súa acción. Vivir consistirá en decidir libremente de acordo a estas circunstancias. O Existencialismo: baixo a denominación de existencialismo enténdese unha ampla corrente filosófica que se desenvolve, principalmente, no continente europeo entre as dúas guerras mundiais. O existencialismo é unha filosofía que afirma a orixinalidade da existencia individual fronte as esencias universais: a realidade individual única é a existencia, entendida esta dun xeito concreto e mundano, non o eu esencial e transcendental de Descartes e Kant. A vida non se limita á razón, tamén é paixón e liberdade. A claridade racional é desexable alí onde sexa posible, pero hai aspectos importantes da vida que non son accesibles á razón ou a ciencia. Entre os pensadores destacados temos a Soren Kierkegaard ( 1813 1855) : debemos atopar unha verdade axustada a min...a idea pola que vivir ou morrer. Quizais o filósofo existencialista mais coñecido sexa J. Paul Sartre (1905 1980). Dende un ateísmo radical a súa consideración do home é a dun ser condenado a ser libre, empuxado á acción e responsable da súa vida sen posibilidade de apelar a ningunha instancia superior na que descargar as súas decisións nin os seus erros. A Filosofía Analítica é unha corrente filosófica que considera que os problemas filosóficos son un problema da linguaxe que usamos. A principios do século XX, filósofos como Bertrand Russell (1872 1970) e Ludwing Wittgenstein (1889 1951) enfocaron os seus esforzos en crear unha linguaxe ideal para á análise filosófica que estivera libre das ambigüidades da linguaxe ordinaria, que era a causante dos problemas filosóficos. Wittgenstein considerou que o mundo é unha totalidade de feitos, e estes feitos pódense expresar nunha linguaxe lóxica. O Neopositivismo ou Positivismo Lóxico é unha escola que, continuando a liña iniciada pola filosofía analítica, considera que só son xuízos con significado (certos) aqueles 10

enunciados que ou son tautoloxías (matemáticas ou lóxica) ou empiricamente verificables (ciencias naturais). Os enunciados da metafísica, da ética ou da teoloxía son pseudo-afirmacións, nin verdadeiras nin falsas, carentes de significado. Rudof Carnap (1891 1970) e Hans Reichenbach (1891 1953) foron dous dos más destacados neopositivistas e filósofos da ciencia do século XX. Escola de Frankfurt. Baixo o nome de Escola de Frankfurt é coñecido un grupo de pensadores que apareceron ó carón do Instituto de Investigación Social da Universidade de Frankfurt, e que se propoñía dende unha posición marxista e psicoanalítica unha reflexión crítica sobre a sociedade pos-industrial e o concepto de razón instrumental que propiciara. Podemos definir a razón instrumental como un modo de pensamento que prioriza o fin sobre os medios. Max Horkheimer (1895 1973) máximo representante da Escola de Frankfurt, afirmaba que o modelo económico capitalista e a sociedade industrial e tecnolóxica son unha ameaza para a cultura e a civilización. Horkheimer observara por si mesmo participou na primeira guerra mundial e tivo que escapar do Nazismo na segunda xa que era xudeo - as devastadoras consecuencias das dúas guerras mundiais e isto levouno a sospeitar desa razón instrumental cientifista e tecnolóxica ó servizo dos totalitarismos ou das elites. Outros destacados pensadores desta escola foron: Theodor W. Adorno (1903 1969), Herbert Marcuse (1898 1979) e Jürgen Habermas (1929) 11