MÓDULO 2: O ICTUS MANUAL DANO CEREBRAL ADQUIRIDO E ICTUS

Documentos relacionados
PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

O CONTRATO DE TRABALLO

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

As persoas que presentan estes trastornos manifestan, en maior ou menor medida, as seguintes características:

TÁBOAS DE VALORACIÓN DO RISCO CARDIOVASCULAR

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

I XORNADAS GALEGAS DE CALIDADE E SEGURIDADE DO PACIENTE

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

REDE EUSUMO. información e comunicación

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Risco de morbilidad neonatal en descendentes de nais con factores de risco cardiovascular na xestación: estudo de cohortes retrospectivo.

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

poboación xitana en paro

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

SBN: O TEMPO NO XORNAL

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

Política e Obxectivos de Calidade

Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Decreto lei RD 16/2012. Preguntas frecuentes

CAMPA A RESGAL

Potencias e radicais

Consulta Existencia do Asociacions 2017 Grafico Zonas. Se Realizarón un total de 400 Consultas na Enquisa: Existencia do Asociacions 2017

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

A poboación mundial 1. Cifras e distribución 2. Movemento natural 3. Contrastes demográficos 4. As migracións Carlos Díaz Diéguez - IES As Mariñas

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

Emilio Fernández: "Non estamos a formar universitarios e universitarias, senón especialistas"

I Plan de Divulgación Científica da Universidade de Vigo

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

CARACTERIZACIÓN DE SEIS ZONAS DE GALICIA CON DIFERENTE GRAO DE URBANIZACIÓN

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

MEMORIA ANO 2013 SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES

1.- Organización da Escola de Primavera:

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

Double-click to enter title

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

MANCOMUNIDADE TERRA DE CELANOVA. Nazaret Álvarez Freire Coordinadora de Servizos da Mancomunidade Terra de Celanova

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

Que é unha rede de ordendores?

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN E ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS CUESTIONARIO DE AUTOAVALIACIÓN PARA AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL ASPANAES- DUQUES DE LUGO. Centro Concertado Santiago de Compostela CEEPR ASPANAES DUQUES DE LUGO SANTIAGO DE COMPOSTELA

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

OLLO_cos ollos. unha visión saudable_ dende a Atención Primaria

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Plans e protocolos de empresa familiar

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

PIALE Integración en lingua portuguesa

CRITERIOS DE USO DE INTERFERÓN

I Plan de Divulgación Científica da Universidade de Vigo. Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

Guía de recursos dixitais da web da UMinho

Guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Língua Portuguesa na Galiza

A SAÚDE BUCODENTAL DOS ESCOLARES GALEGOS NO ANO 2010

Plan de acción para as persoas con discapacidade. Lectura fácil

Transcrição:

MÓDULO 2: O ICTUS MANUAL DANO CEREBRAL ADQUIRIDO E ICTUS

MÓDULO 2. O ICTUS 1. -Definición 2. -Causas e tipos de Ictus 3. -Síntomas e/ou signos de alarma no Ictus 4. -Factores de risco e prevención 5. -Preguntas máis frecuentes 6.- Campaña sobre o que hai que saber sobre o ICTUS OBXECTIVO XERAL Mellorar o coñecemento sobre Ictus e a súa prevención OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Recoñecer e saber comunicar as causas e síntomas do ICTUS Comunicar a idea da prevención como a estratexia más eficaz de traballo sobre o ICTUS 2

1.- DEFINICIÓN E BREVES CONSIDERACIÓNS O ictus é unha das principais causas de morbilidade e mortalidade a nivel mundial. En todo o mundo se producen aproximadamente uns 15 millóns de ictus anualmente, sendo responsable de 5,1 millóns das mortes que se producen cada ano, polo que se constitúe na segunda causa de morte a nivel global1. Só en España, no ano 2008, o ictus foi a segunda causa de morte na poboación, con 31.833 casos, e a primeira causa de morte na muller, con 18.381 defuncións. Delas, 29.443 (92,5%) defuncións aconteceron en suxeitos de idade 65 anos, e 21.129 (66,3%) en suxeitos 80 años. Ademais, debido ao progresivo envellecemento poboacional, dado que o ictus afecta principalmente aos maiores, e unido á maior supervivencia actual das persoas que sofren un ictus, a cifra de individuos con ictus está a alcanzar niveis impensables hai unhas décadas. Así se sabe por exemplo, que máis do 5% dos maiores de 65 anos e máis do 10% dos maiores de 75 presentaron un ictus. O termo accidente cerebrovascular fai referencia ao dano ou disfunción, focal ou difusa, transitoria ou permanente, provocada por unha alteración ou interrupción no aporte sanguíneo ao cerebro, que limita ou incluso elimina o aporte de osíxeno e glicosa. De acordo coa definición da OMS, a enfermidade vascular é o desenvolvemento rápido de síntomas clínicos indicativos dun trastorno local ou xeneralizado da función cerebral, con síntomas que persisten 24 ou máis horas ou que conducen á morte, sen que exista outra causa aparente máis que a vascular. O termo Ictus fai referencia á aparición repentina de síntomas neurolóxicos a causa dun trastorno na circulación sanguínea. Engloba alteracións como o infarto cerebral, a hemorraxia cerebral e a hemorraxia subaracnoidea. Soe presentarse de xeito agudo, aínda que, en ocasións, pode expresarse de forma sutil e enganosa, e ter unha duración variable. 3

O ictus é unha verdadeira urxencia médica e, na actualidade, puido demostrarse que as súas desvastadoras consecuencias son tanto menores canto antes se acuda ao hospital e se atenda ao neurólogo. As enfermidades cerebrovasculares convertéronse nun grave risco para a saúde da muller. Trátase da principal causa de mortalidade da muller en España, onde cada ano acaba coa vida dunhas 18.000, segundo indica o doutor Jaime Masjuán, coordinador da Unidade de Ictus do Hospital Ramón e Cajal de Madrid. O ictus afecta máis á muller porque a súa esperanza de vida é maior que no caso do home, pois os varóns adoitan falecer antes debido, sobre todo, a infartos de miocardio. No home o ictus é máis frecuente, pero é máis grave a idades avanzadas. O ictus afecta sobre todo, ás persoas maiores de 65 anos, aínda que tamén pode manifestarse en mozos, polo que todos debemos estar alerta. Deste xeito saber detectar os síntomas da enfermidade a tempo pode supoñer a diferenza entre a vida e a morte. O ictus cerebral é unha patoloxía que chega de súpeto e aplicar un tratamento nas primeiras horas resulta crucial. 2. - CAUSAS E TIPO DE ICTUS O ICTUS pode producirse por unha diminución importante de fluxo sanguíneo que recibe unha parte do noso cerebro como pola hemorraxia orixinada pola rotura dun vaso cerebral. No primeiro caso falamos de ICTUS isquémico (o 85% do total) e a súa consecuencia final é o infarto cerebral: situación irreversible que leva á morte ás células cerebrais afectada pola falta de osíxeno e nutrientes achegados polo sangue. 4

No segundo caso falamos dun ICTUS hemorráxico. Son menos frecuentes pero a súa mortalidade é moito maior, se ben é certo os superviventes dun ICTUS hemorráxico adoitan presentar, a medio prazo, secuelas menos graves. Grupo de enfermidades cerebrovasculares segundo a sociedade española de neuroloxía Fonte: Clasificación de ictus o enfermidade cerebro vascular (Díez, E., 2006:47) 5

Ademais os profesionais médicos, distinguen os seguintes tipos de ICTUS Ictus trombótico, aterotrombótico ou tromobosis cerebral É un ictus isquémico causado por un coágulo de sangue (trombo), formado na parede dunha arteria importante, que bloquea o paso do sangue a unha parte do cerebro. Ictus embólico ou embolia cerebral Trátase dun ictus isquémico que ao igual que o trombótico, está orixinado por un coágulo de sangue; este, non obstante, formouse lonxe do lugar da obstrución, normalmente no corazón. A este coágulo denominámolo émbolo. Ictus hemodinámico Dentro dos ictus isquémicos é o máis infrecuente. O déficit de achega sanguínea débese a un descenso na presión sanguínea; isto acontece, por exemplo, cando se produce unha parada cardíaca ou unha arritmia grave, pero tamén pode ser debido a unha situación de hipotensión arterial grave e mantida. Hemorraxia intracerebral É o ictus hemorráxico máis frecuente. Unha arteria cerebral profunda rompe e deixa saír o seu contido sanguíneo, que se espalla entre o tecido cerebral circundante, prémeo e dánao. A gravidade deste tipo de ictus reside non só no dano local senón no aumento de presión que orixina dentro do cranio, o que afecta á totalidade do encéfalo e pon en perigo a vida. Hemorraxia subaracanoidea É unha hemorraxia localizada entre a superficie do cerebro e a parte interna do cranio. A súa causa máis frecuente é a rotura dun aneurisma arterial (porción anormalmente delgada da parede dunha arteria, que adopta forma de globo ou saco). 6

3. SÍNTOMAS E/OU SIGNOS DE ALARMA NO ICTUS O ictus pode presentar síntomas e/ou signos variados e non é frecuente que curse con dor, o síntoma que máis nos alarma. As súas consecuencias poden ser igualmente graves e moito máis invalidantes. O ICTUS é unha verdadeira urxencia médica e, na actualidade, pode demostrarse que as súas desvastadoras consecuencias son menores canto antes se acuda ao hospital. De aquí a importancia de que o paciente e as persoas que o rodean habitualmente poidan recoñecer con prontitude. OS SÍNTOMAS/SIGNOS DE ALARMA, que se enumeran a continuación e que son válidos tanto para os pacientes que nunca padeceron un ictus coma para aqueles que xa o sufriron e nos que pode repetirse. Debilidade ou perdida de forza que afecta a un lado do corpo (cara, brazo, perna, de inicio brusco). Perda de visión nun ollo ou parcial nos dous. Perda ou dificultade na fala. Perda de forza ou parálise nun lado do corpo ou da cara. Trastornos ou perda de sensibilidade nun lado do corpo ou da cara. Sensación de encortizamento, formigo da cara, brazo ou perna dun lado do corpo. Inestabilidade, desequilibrio e incapacidade para andar. Dor de cabeza moi intensa ou repentina, non habitual. Actuar con celeridade pode salvar a vida do paciente. Existen tratamentos moi efectivos cando poden aplicarse nas primeiras horas dende que empezan os síntomas. Aos pacientes que chegan ao hospital nas catro primeiras horas tras sufrir un ictus, pódeselles practicar unha trombolisis. Adminístraselles un medicamento a través da vea para disolver o trombo, restaurar o fluxo e facer que a zona do cerebro que se morra por non ter rego sanguíneo sexa a menos posible. 7

O tratamento mediante cateterismo é unha técnica máis novidosa. Consiste en meter un catéter ata o centro do cerebro, onde está o trombo. Ben se extrae o trombo ou se disolve cunha medicación. Características Clínicas do ICTUS Fonte:www.portalesmedicos.com/publicaciones/articles/301/4/Enfermedad-cerebrovascular.-Diapositivas A CARACTERÍSTICA PRINCIPAL do ictus é que calquera destes síntomas s e presenta de xeito brusco. O ICTUS TRANSITORIO presenta os mesmos síntomas, pero desaparecen rapidamente sen deixar secuelas. Iso non quere dicir que sexa menos importante, senón todo o contrario: é unha situación de alto risco que require ser atendida de xeito urxente. Un ictus transitorio é un signo de alerta do feito de que podería repetirse. Entre o 10% e o 20% das persoas que o padecen pode ter un ictus definitivo ao longo do mes seguinte. 8

Un paciente con ictus transitorio ten que ir a urxencias dun hospital o máis rápido posible ou chamar o 061 Teñen que realizarse as probas necesarias e indicar o tratamento axeitado durante os días posteriores ao episodio. 4. FACTORES DE RISCO E PREVENCIÓN Na actualidade os factores de risco están ben identificados: A idade (o risco de ter un ictus crece de forma importante a partir dos 60 anos) e o sexo (en xeral, ata idades avanzadas, o ictus dáse máis entre os homes que entre as mulleres, aínda que a mortalidade é maior nestas últimas). A historia familiar de ictus, como antecedente persoal ou familiar. A hipertensión arterial. Toda persoa maior de 50 anos de idade debe revisar a súa tensión arterial polo menos unha vez ao ano; hai que ter presente que o risco de sufrir un ictus increméntase tanto se está elevada a tensión arterial máxima como mínima, ou ambas. Os pacientes que padecen enfermidades cardíacas e, sobre todo pola súa frecuencia, as que teñen a súa orixe na arteriosclerose das arterias coronarias -a "anxina de peito" e o infarto de miocardio (cardiopatías isquémicas)- corren un risco claramente maior de sufrir un ictus. O tabaco. A súa asociación é clara coa arteriosclerose, as enfermidades cardíacas e o ictus. A diabete mellitus. A diabete aumenta o risco de padecer moitas outras enfermidades (renais, oculares, cardíacas dos nervios periféricos, etc.) e tamén de sufrir un ictus. O alcohol e a obesidade. A prevención dependerá do tipo de ictus que se padecera e sempre requirirá consello médico. 9

En xeral e especialmente no caso do ictus isquémico, que é o máis frecuente, recoméndase: Seguir unha dieta equilibrada. Evitar a obesidade. Facer o exercicio físico que recomende o médico e adoptar estilos de vida saudables. Non fumar. Controlar, coa axuda do médico, as enfermidades que aumentan o risco de ictus: Hipertensión arterial Diabete Colesterol elevado (dislipemia) Enfermidades do corazón Así pois, unha vez superado o problema inicial, é importante descubrir por que se produciu o ictus para poder previr unha nova aparición da enfermidade. Un derrame cerebral adoita estar causado pola hipertensión arterial. O importante nestes pacientes é que teñan a tensión arterial controlada, ben con pastillas ou ben só coa dieta. Se o ictus se produciu debido a unha arterioesclerose, a solución é non fumar, camiñar a diario, baixar o colesterol, baixar a tensión arterial e perder peso, por exemplo. 10

Fonte: http://www.fisioterapianeurologica.es/tratamientos/ictus.php É MOI IMPORTANTE seguir tódalas recomendacións que faga o equipo de profesionais sanitarios 5. - PREGUNTAS FRECUENTES Deporte? Depende do estado pódese requirir consello médico. En calquera caso, o deporte é recomendable sempre e cando non se chegue a unha situación de risco. 11

Condución? O ICTUS pode afectar á capacidade de condución segura debido aos déficit que pode causar. A posibilidade de conducir poderase formular segundo o nivel de discapacidade. Consultar co equipo profesional. Relacións sexuais? O feito ter tido un ictus comporta, ás veces, alteracións das funcións sexuais. O tratamento médico é aconsellable sempre e cando a persoa o solicite, se pode ser conxuntamente coa parella, co fin de facer unha valoración dentro da situación particular de cada un. Risco de caídas? Unha parte do corpo perdeu forza, coordinación, sensibilidade e/ou reflexos. Polo tanto, o risco de caídas é maior e a estabilidade é menor e téñense que tomar as precaucións axeitadas para minimizar ese risco. No domicilio hai que retirar alfombras e mobles, evitar cables polo chan, ter boa iluminación e, para andar, levar un bo calzado antideslizante e usar as axudas para a marcha, como por exemplo férulas ou muletas, que se puideran indicar. Axudas económicas, sociais,? Consultar coa traballadora social do seu centro de saúde ou concello ou da Asociación de Dano Cerebral Adquirido máis próxima. Poden axudar a tramitar o recoñecemento ou a revisión de grao de discapacidade, que representará unha serie de vantaxes, como tamén o aconsellar sobre outras cuestións. 12

6.- CAMPAÑA O QUE HAI QUE SABER SOBRE O ICTUS 6.1. - RELEVANCIA SOCIAL E BENEFICIARIOS Se ben non dispoñemos aínda de estudos epidemiolóxicos completos sobre o ictus, sabemos que esta enfermidade é a segunda causa de morte na poboación xeral e é a primeira causa de morte en mulleres, ademais supón a primeira causa de discapacidade. A información epidemiolóxica dispoñible baséase fundamentalmente en rexistros hospitalarios, en enquisas e estudos realizados polo Instituto Nacional de Estatística (INE: Enquisa de morbilidade hospitalaria, Estatística de indicadores hospitalarios, Defuncións segundo a causa de morte, etc.). Da análise das series de datos dispoñibles da taxa de Morbilidade Hospitalaria (1977-2009), obsérvase un incremento constante de pacientes ingresados co diagnóstico principal á alta de enfermidade cerebrovascular. A xeito de exemplo non ano 2006 segundo esta enquisa, o ictus supuxo 114.807 altas hospitalarias, mentres que non ano 2009 alcanzou ás 116.575 altas hospitalarias con internamento. A relevancia social de promover accións de prevención do ictus queda enmarcado nun número de persoas que nos próximos anos poderían verse afectados por un accidente cerebrovascular de continuar a tendencia actual. Os beneficiarios directos das accións de prevención que se propoñen neste proxecto estímanse en 500 persoas, ás que se informará de forma persoal ou grupal sobre o que deben saber para previr o ictus. Os beneficiarios indirectos das accións de prevención estímanse en 1.400 persoas. 13

6.2- OBXECTIVOS E RESULTADOS DO PROXECTO/CAMPAÑA Trátase de informar de forma personalizada sobre O que hai que saber sobre o ictus a persoas que acudan ás consultas médicas, centros cívicos o servizos sociais, asociación, etc, Así mesmo realizaranse enquisas para coñecer o que saben cidadáns que acoden aos centros sanitarios, cívicos e entidades socias sobre o ictus. A campaña levarase a cabo nos meses de setembro e outubro, incluíndo a formación as persoas voluntarias das entidades federadas. Profesionais, voluntarios e persoas usuarias acudirán as centros de saúde, centros cívicos, entidades sociais para dar información sobre ou ICTUS. OBXECTIVO 1 Formar a persoas voluntarias e persoas interesadas para traballar sobre O que hai que saber sobre o ictus de forma personalizada. Resultado Formar polo menos unha persoa de cada asociación participante para que poidan elaborar un diálogo motivador con persoas en entidades socias, centros cívicos ou de saúde a partir do material divulgativo sobre o ictus. OBXECTIVO 2 Informar de forma personalizada sobre O que hai que saber sobre o ictus a persoas que apoien ás consultas médicas en atención primaria centros hospitalarios e/ou Centros de Servizos Sociais, cívicos ou entidades sociais. Resultado Informar a persoas preocupadas pola súa saúde. OBXECTIVO 3 Apoiar e potenciar accións sociocomunitarias de información e prevención do ictus vinculadas ao Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido e ao Día Mundial do Ictus. Resultado Realizar accións sociocomunitarias de prevención do ictus. 14

6.3.PLAN DE TRABALLO E METODOLOXIA Valorar os recursos necesarios e dispoñibles para realizar o proxecto. Formar ás persoas que se encargarán de realizar ás accións. Establecer contactos cos centros sanitarios, servizos sociais, asociación, aos que se vai acudir. Calendarizar ás accións. Facer seguimento e recollida de cuestionarios. Realizar unha avaliación final da participación de dúas persoas responsables das accións preventivas. Elaborar un informe cos datos recollidos nos cuestionarios. ACCIÓNS Recepción de FOLLETOS e OUTRO MATERIAL Formar ás persoas que se encargarán da campaña, obxectivo 1, indicar: Cando Onde se desenvolverá Cantos por mes Xuño-Outubro Establecer contactos cos centros sanitarios e de servizos sociais, asociacións aos que se vai acudir Actuacións correspondentes ao obxectivo 2 indicar : Cando Onde se desenvolverá Cantos por mes Actuacións correspondentes ao obxectivo 3 indicar : Cando Onde se desenvolverá * Cantos por mes Facer seguimento, recollida e envío das enquisas Realizar unha avaliación final coa participación de dúas persoas responsables das accións preventivas. Elaborar un breve informe de avaliación da Campaña 15

BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA PARA CONSULTA VV.AA. Guía de Información ao paciente con ICTUS. Axencia Valenciana de Salut. Generelitat Valenciana. Valencia, 2007. VV.AA. Supera-lo ICTUS. Guía dirixida ás persoas afectadas dunha enfermidade vascular cerebral e ós seus familiares e coidadores. Generalitat de Catalunya. Departamentet de Salut. Axencia de Avaliació de tecnologia i recerca Mediques. Barcelona, 2005. VV.AA Despois do ICTUS. Guía práctica para o paciente e os seus coidadores. Asociación española de Ictus. Madrid, 1997. Consellería Murciana de Salud. Guía de Peto. Guía para prevención secundaria do ICTUS. Recomendacións e actividades a realizar. Sociedade Murciana de Neurología. Sociedade Murciana de Medicina de Familia e Comunitaria. Murcia, 2006. WEBGRAFÍA Federación Galega de Dano Cerebral. http://es.fegadace.org/ Federación Española de Dano Cerebral ( podes atopar guías moi interesantes sobre Dano Cerebral). http://www.fedace.org/portal/ Comité Español de representantes de persoas con minusvalidez. http://www.cermi.es Ceadac. Centro de Referencia Estatal de atención de daño cerebral www.ceadac.es Instituto Guttmann. Hospital de neurorehabilitación. www.guttmann.com Servizo de información sobre minusvalidez. http://sid.usal.es/default.aspx Sociedade Española de Neuroloxía ( SEN). http://www.sen.es/ Grupo de estudos de enfermidades cerebrovasculares de la SEN. http://www.ictussen.org/ Fundación 061 Urxencia Sanitarias.Galicia. http://061.sergas.es/asp/index.asp 16

Discapacitados y discapacidad. http://www.discapacidadonline.com/acvaccidente-cerebrovascular-prevencion.html ( páxima moi interesante, chea de documentación e imaxes ) 17