PREGUNTAS. Programa de Educación Financeira. 5e respostas clave sobre o. plan de educación financiera

Documentos relacionados
Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Política e Obxectivos de Calidade

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

CAMPA A RESGAL

PIALE Integración en lingua portuguesa

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

REDE EUSUMO. información e comunicación

P E Z A P E Z A. Galicia

Planificación do curso escolar

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

O CONTRATO DE TRABALLO

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

PLAN TIC IES Chapela (PE)

Indicadores da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

1.- Organización da Escola de Primavera:

LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

Ofoe (Oficina de Orientación ao Emprego)

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Plans e protocolos de empresa familiar

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Rede CeMIT Carta de Servizos. Santiago de Compostela, 4 de marzo 2011

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

Guía de recursos dixitais da web da UMinho

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

INTERVENCIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PRINCIPAIS INDICADORES DA ACTIVIDADE ECONÓMICO - FINANCEIRA 1º TRIMESTRE 2004

Matemática Financeira

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

Decreto lei RD 16/2012. Preguntas frecuentes

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

Escala técnica superior

XEOGRAFÍA E HISTORIA ESO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE CURSOS E OBRADOIROS QUE SE IMPARTEN NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

Portal de Directores de Centro de Gasto da USC

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

LINGUA GALEGA E LITERATURA

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Convocatoria ordinaria de 2012

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Língua Portuguesa na Galiza

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

Requisitos para subir documentos ao

As persoas que presentan estes trastornos manifestan, en maior ou menor medida, as seguintes características:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Transcrição:

5e respostas clave sobre o PREGUNTAS Programa de Educación Financeira plan de educación financiera

plan de educación financiera

1 Por que impartir educación financeira nas escolas? E in School Para poder independizarse e participar na Sociedade, os nosos mozos e as nosas mozas terán que tomar decisións financeiras acotío. Necesitan saber xestionar os seus cartos, seguir un orzamento, comparar ofertas de bens e servizos, evitar un exceso de endebedamento, aforrar para urxencias e para a súa vellez, minimizar a súa exposición ao risco e elixir os produtos financeiros máis axeitados. Estes produtos e servizos financeiros son cada vez máis complexos, mentres a presión social e mediática para gastar é cada vez maior. Os hábitos e comportamentos financeiros non só teñen consecuencias para a súa conta corrente; condicionaran as súas oportunidades de futuro, a súa saúde física e mental, e afectarán a súa autoestima e as súas relacións persoais. As malas decisións financeiras poden ter un impacto negativo nas súas vidas durante moitos anos. A educación financeira fai referencia á ensinanza de coñecementos, habilidades, comportamentos, valores e aptitudes que lles permitan aos estudantes tomar decisións financeiras informadas e sensatas na súa vida diaria, que os prepare para afrontar nunha mellor posición os retos básicos de índole financeira cos que se van atopar ao longo do seu ciclo vital. Existe un convencemento cada vez maior sobre a necesidade de incorporar a educación financeira nas escolas. Tanto a Comisión Europea coma a OCDE fixeron repetidas recomendacións aos Estados membros para que a educación financeira pase a formar parte do currículo escolar, e son cada vez máis os países europeos e do resto do mundo que o fixeron. En España, de acordo cos Reais Decretos 126/2014 e 1105/2014, a educación financeira queda incorporada ao currículo escolar en educación primaria e secundaria. "A educación financeira debe comezar o antes posible e impartirse nas escolas. En 2012 PISA realizou unha avaliación para medir as competencias financeiras dos estudantes de 15 anos. Os resultados puxeron de manifesto a necesidade de que os rapaces continúen mellorando as súas competencias financeiras. Ademais, esta avaliación, que se repetiu en 2015 e que se repetirá en 2018, serve de incentivo para impulsar a impartición de contidos sobre finanzas persoais entre a xente nova. 1

2 En que consiste o Programa de Educación Financeira? O Programa de Educación Financeira é unha iniciativa enmarcada dentro do Plan de Educación Financeira, proxecto lanzado pola CNMV e o Banco de España, coa colaboración da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións e a Secretaría Xeral do Tesouro, e que ten como obxectivo xeral contribuír á mellora da cultura financeira de toda a cidadanía. O Programa de Educación Financeira pretende incorporar temas de finanzas persoais nas aulas. Trata de potenciar os coñecementos, destrezas e habilidades básicas que lle permitan ao alumnado comprender conceptos clave como o aforro, os ingresos, o orzamento persoal, o custo das cousas, a calidade de vida ou o consumo responsable. A finalidade que se persegue é que os mozos sexan capaces de extrapolar estes coñecementos e habilidades á súa vida cotiá, persoal e familiar. A nosa intención é promover a súa extensión paulatina ao maior numero posible de centros de ensino. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte avala esta iniciativa no marco do convenio de colaboración subscrito en 2009 co Banco de España e a CNMV. Os centros e docentes que participan no Programa contarán cos seguintes recursos: Contidos e manual didáctico Para o alumno: Resumo dos contidos teóricos que se van impartir e follas de actividades e exercicios. Para o docente: Manual con suxestións e ideas creativas para desenvolver os contidos na aula. Os contidos teóricos e manual didáctico están dispoñibles nos idiomas cooficiais e en inglés. Os contidos que se imparten no programa axústanse ao marco de aprendizaxe que establece PISA en competencia financeira. Divídense en 10 temas e traballan as áreas temáticas que establece PISA: diñeiro e transaccións, planificación e xestión das finanzas persoais, o risco e o beneficio, o panorama financeiro. Ver o anexo Contidos do Programa de Educación Financeira. 2

2 (Continuación) www.gepeese.es Aberto a todo o público, este portal é un repositorio de recursos didácticos, utilidades, ferramentas multimedia, xogos e obradoiros de actividades. Serve de apoio complementario aos contidos e manual didáctico. Zona reservada para profesores Un espazo do portal www.gepeese.es accesible unicamente para os docentes participantes no Programa. Aquí encóntranse todos os recursos formativos para os docentes, así como as noticias e os comunicados sobre o Programa e sobre a educación financeira. Cursos online En colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado creáronse unha serie de NOOCs (Nano Experiencia de Aprendizaxe Aberta en Colaboración) dirixidos tanto a docentes que queiran capacitarse para impartir temas de educación financeira (sexa cal sexa a súa formación previa), así como a outras persoas que queiran mellorar a súa propia competencia financeira. Portal www.finanzasparatodos.es Recoméndase aos docentes utilizar e consultar o portal do Plan de Educación Financeira, para afondar nos contidos e ampliar a información no caso de que se necesite. Recomendacións mensuals Os participantes do Programa recibirán cada mes un acceso a unha serie de recursos didácticos de interese, especialmente seleccionados para traballar a competencia financeira nas súas aulas e facilitar o seu labor docente. 3

3 Como encaixan mellor os contidos no currículo? O Programa de Educación Financeira é flexible. Cada centro pode impartir os contidos da forma que mellor se axuste á súa programación. Non obstante, recoméndase que os contidos se traten de maneira O desenvolvemento da competencia financeira complementa directamente o desenvolvemento das competencias clave establecidas no currículo español. (Ver o cadro de competencias no anexo) transversal, integrados noutras áreas de coñecemento como as Matemáticas, Ciencias Sociais, etc. Tamén encaixan en ciclos de formación profesional (medio ou superior) ou en materias de fomento do emprendemento, resultan moi útiles entendidas como base deste. E dado que os materiais están dispoñibles en inglés, permiten traballar a competencia financeira dentro de programas de educación bilingüe. O Programa de Educación Financeira é adaptable á programación de cada centro. Available in English! 4 Que profesores deben impartir os contidos do programa? O programa poderá ser impartido polos profesores das materias mencionadas na resposta anterior, ou por outros de diferentes especialidades. Os centros e os profesores participantes recibirán un diploma acreditativo* polo Plan de Educación Financeira (Banco de España e CNMV), que avalará que o centro participou no programa e que impartiu educación financeira nas súas aulas. *O Plan de Educación Financeira non outorga certificados de formación específica para os docentes. 5 Como podo inscribir o meu centro? Pode inscribirse a través deste formulario online Se en calquera momento lle xorde algunha dúbida relacionada co Programa de Educación Financeira ou cos contidos propostos nel, pode remitir a súa consulta ao seguinte enderezo de correo electrónico: gepeese@cnmv.es http://www.gepeese.es/inscripcion_centros/formulario-cursos.aspx 4

e ademais Os Premios Programa de Educación Financeira! Ao estar inscritos no Programa, os centros e os profesores poderán participar nos Premios do Programa de Educación Financeira, cuxas bases e contindo poden consultarse aquí. Imaxes da V edición dos Premios. Os centros ganadores recibiron o seu premio en Madrid o Dia da Educación Financeira (2 de outubro de 2017). 5

ANEXO % Contidos do Programa de Educación Financeira plan de educación financiera

Módulo Título Descrición 1 Os meus cartos, a miña vida, o meu futuro Este primeiro módulo debe servir para motivar o alumnado a querer aprender máis sobre a xestión das súas finanzas. Para iso, cómpre que faga a conexión entre bos hábitos financeiros e o logro dun estilo de vida desexado. Defínense conceptos como benestar financeiro, seguridade financeira e riqueza, facendo ver que non dependen só do nivel de ingresos, e que están ao alcance de todos. 2 Aforro: porque eu merézoo O obxectivo deste módulo é un dos mas importantes de calquera programa de educación financeira: fomentar bos hábitos de aforro ao longo da vida do alumnado. Vemos a importancia de sacrificar a gratificación inmediata de consumir agora para poder lograr un obxectivo futuro, o significado de "paga primeiro" a diferenza entre aforro e investimento e o impacto que teñen factores como o tempo e o xuro composto sobre a nosa capacidade de acumular riqueza. *Nota: En función do tempo dispoñible, pódese combinar este módulo co módulo 9. 3 Controla a túa vida! Controla os teus cartos! Neste módulo o alumno aprende como pode tirar máis rendemento dos seus cartos elaborando un orzamento persoal, ou plan de gastos. Distinguirá distintos tipos de ingresos, como clasificar e priorizar os gastos e como axustar un orzamento para asegurar que os gastos sexan inferiores aos ingresos. Insístese na importancia de "paga primeiro" incluíndo do aforro como gasto obrigatorio dentro do orzamento. 4 Crédito: usar sen abusar Neste módulo vemos o significado e as consecuencias do desaforro, ou endebedamento. Os alumnos distinguirán entre débeda boa e débeda mala e coñecerán distintas opcións e custos de utilizar diñeiro prestado, incluíndo os principais produtos bancarios de financiamento (préstamos persoais e préstamos hipotecarios). Entenderán o impacto que ten no seu orzamento ter que reembolsar unha débeda. Faise énfase sobre o perigo dun exceso de endebedamento. 5 Es consumidor intelixente? O obxectivo deste módulo é desenvolver a capacidade de análise crítica do alumnado nas súas decisións de compra. Examínanse os factores que influencian estas decisións, incluíndo a presión entre pares e as mensaxes publicitarias. Os alumnos adestran na comparación de prezos e na procura de información para tomar decisións informadas. Deben distinguir entre consumo e consumismo, e comprenderán que forman parte do consumo intelixente a solidariedade e o coidado do medio natural. i

Módulo Título Descrición 6 O meu banco e mais eu 7 Como o vas aboar? Neste módulo explícase o papel dos bancos dentro da actividade económica e os beneficios e custos de utilizar os seus servizos. Os alumnos comprenderán o funcionamento das contas á vista, os servizos básicos de caixa asociadas a elas e a banca online, así como os dereitos e as obrigas do cliente bancario. Recálcase a importancia de traballar unicamente con entidades rexistradas e de protexer certos datos persoais. Este módulo está dedicado ás características, vantaxes e inconvenientes dos medios de pago distintos das tarxetas: diñeiro en efectivo, medios de pago electrónicos como transferencias e cargos directos e novas tecnoloxías como pagamento con móbiles. O alumno aprenderá a detectar un billete en euros falso e adestrará no cálculo do cambio de moeda estranxeira. 8 9 As tarxetas: amigos ou inimigos? Fai que medren os teus cartos! Este módulo está dedicado ao uso responsable das tarxetas de débito e crédito. O alumnado poderá apreciar as vantaxes e os inconvenientes de distintos tipos de tarxetas e modalidades de pagamento. Faise fincapé no perigo de endebedamento que supón un mal uso das tarxetas de crédito. O alumno tamén debe asimilar a importancia de seguir certas medidas de seguridade ao operar con tarxetas, en persoa ou a distancia. Neste módulo, que se pode facer total ou en parte combinado co módulo 2 sobre aforro, estúdanse os principais produtos de aforro e investimento: contas remuneradas, depósitos a prazo, renda fixa, renda variable, fondos de investimento e os plans de xubilación (como produto de aforro previsión), incluíndo os riscos inherentes en cada un. O alumno analiza a conveniencia dun produto ou doutro, tendo en conta factores como rendibilidade, liquidez e risco, e como encaixan nos seus propios obxectivos financeiros a curto, medio e longo prazo. 10 Protexe os teus cartos! Neste módulo o alumno aprende como se pode xestionar, cubrir e compensar distintos riscos financeiros. Coñecerá opcións para protexerse contra perdas financeiras, en especial o fondo de emerxencia (repetición) e os produtos de seguros. Insístese na importancia da diversificación do aforro e investimento para xestionar o risco, o efecto negativo da inflación sobre os aforros, o perigo dos chiringuitos e outras fraudes financeiras, e a importancia da planificación financeira a longo prazo para asegurar o futuro. ii

Competencia clave Matemática Require aplicar razoamentos matemáticos para interpretar e resolver problemas provenientes de situacións cotiás no uso dos cartos. Tamén pola adquisición dunha disposición favorable e de progresiva seguridade e confianza cara á información e ás situacións (problemas, incógnitas, etc.) que conteñen elementos ou soportes matemáticos e nas que deben utilizar razoamentos para tomar de decisións e interpretar a información. Competencia financeira Competencia financeira = Competencia Cálculo de prezo unitario transversal Descontos Comparación de prezos A proporcionalidade As porcentaxes exemplos A regra de tres O tipo de xuro simple e composto O cálculo mental Os cambios de divisas Comparación de custos de distintas modalidades de pagamento Social e Cívica Permite desenvolver habilidades para a toma de decisións que afecten tanto ao propio individuo coma á sociedade en xeral. exemplos Analizar as posibles vantaxes e desvantaxes das decisións económicas Responsabilizarse do efecto colectivo e/o consecuencias sociais derivadas das decisións financeiras tomadas Utilizar o xuízo moral Asumir un consumo racional, solidario, saudable Entender que non toda decisión económica é ética (consumo responsable) Reflexionar sobre os conceptos de sustentabilidade, solidariedade, corresponsabilidade e cidadanía na dimensión económica Analizar problemas e situacións da sociedade actual (a crise, noticias financeiras) Comprender a interdependencia económica social, a desigualdade, o o conflito Buscar solucións colectivas Solidariedade económica e empatía Sentido da la Iniciativa e Espíritu Emprendedor Contribúe a reforzar a autonomía, a autoestima e a identidade persoal no desenvolvemento das habilidades financeiras individuais. exemplos Tomar decisións financeiras con criterio propio Imaxinar proxectos Emprender accións para levar a cabo plans persoais (obxectivos financeiros) Coñecer as fases de desenvolvemento dun proxecto (planificación financeira) Avaliar alternativas e avaliarse a si mesmo (coñecer o seu perfil de risco - asumir riscos) Fomentar a motivación e a creatividade Distinguir entre desexos e necesidades Desenvolver valores e actitudes persoais como a perseveranza, a capacidade de demorar a gratificación inmediata (Aforro para un obxectivo) Capacidade para afrontar problemas Dialogar e negociar (relacións bancarias) Tomar conciencia da importancia da asertividade para comunicar disconformidade (relacións bancarias) Lingüística Comprender o vocabulario económico e financeiro. Os contidos e guías para o docente están dispoñibles en todos os idiomas cooficiais e en inglés. exemplos Entender o significado das siglas financeiras máis utilizadas (PIB, IPC, TAE, IBAN, PIN...) Distinguir conceptos como tarxeta de crédito e débito Comprender os elementos dunha nómina Saber ler a prensa Redactar documentos con contido financeiro Dixital Permite o adestramento no uso de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), na procura de información, na análise e selección. exemplos O uso e adopción de medidas de seguridade en Internet Saber acceder aos servizos de administración e comercio electrónico Utilizar ferramentas e aplicacións como follas de cálculo (elaborar un orzamento persoal) Analizar as ofertas e os prezos, realizar comparativas Utilizar caixeiros, realizar transferencias e outras operacións Aprender a Aprender Programar, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades son accións que complementan o desenvolvemento desta competencia en tanto que supoñen unha aprendizaxe continua. exemplos A evolución do medio financeiro require dunha aprendizaxe constante en todos os sentidos. iii

plan de educación financiera