deaula I - Nº 1 Outubro 2012

Documentos relacionados
EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

SBN: O TEMPO NO XORNAL

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

- Língua Portuguesa na Galiza

Proceso de facturación.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

1.- Organización da Escola de Primavera:

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE. Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES. Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR. Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Língua Portuguesa na Galiza

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

Emilio Fernández: "Non estamos a formar universitarios e universitarias, senón especialistas"

deaula I - Nº 6 - Abril 2013

PIALE Integración en lingua portuguesa

Double-click to enter title

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Que é unha rede de ordendores?

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

MISA CON NENOS 27 maio de Ordinario 9º Ciclo B Ev. de Mt. 8,16-29: Eu estarei convosco todos os días Mensaxe: Déixate acompañar por el

Plans e protocolos de empresa familiar

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

PROBA B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Requisitos para subir documentos ao

Guía de recursos dixitais da web da UMinho

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas

XEOGRAFÍA E HISTORIA ESO

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

As persoas que presentan estes trastornos manifestan, en maior ou menor medida, as seguintes características:

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

Eucaristía, punto de encontro cos irmáns e con Deus.

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

PLAN TIC IES Chapela (PE)

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO

e diferente ter un bo a camiñar.

Potencias e radicais

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

POSIBLES IDEAS PARA UNHA HOMILÍA CON NENOS 12 novembro Non deixes que a Súa chamada sexa perdida, ten á man o CARGADOR da ORACIÓN.

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

05 Movémonos mellor?

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Unha. de libro. investigación DE DOCE A DEZAOITO ANOS. Como facer un traballo orixinal, ben documentado e respectuoso cos dereitos de autor

O CONTRATO DE TRABALLO

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

Plan de acción para as persoas con discapacidade. Lectura fácil

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

Política e Obxectivos de Calidade

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a. a nosa lingua

PROXECTO EDUCATIVO DA ESCOLA INFANTIL

Unha viaxe á lúa.

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL ASPANAES- DUQUES DE LUGO. Centro Concertado Santiago de Compostela CEEPR ASPANAES DUQUES DE LUGO SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

Transcrição:

llos ANO deaula I - Nº 1 Outubro 2012 Revista para as familias do alumnado Nace Ollos de aula! 6 claves para empezar ben o curso Lei de educación

CAMPAÑA ELECTORAL. Fixarme nas propostas que fan os partidos sobre educación. Nos últimos 40 anos os nomes galegos incrementáronse en máis dun 1000% Descargar a nova versión do corrector Imaxín Galgo 2.0 Quen dixo que o galego non valía para nada? Nace Ollos de aula! Esta revista está editada pola CGENDL. www. coordinadoraendl. org 2

Ollos de aula O que tes nas túas mans é o primeiro número de Ollos de aula, unha revista (revistiña) que chegou a ti grazas ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro no que estuda o teu fillo/a e á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Se todo vai ben, recibirala na túa casa unha vez ao mes. O obxectivo da publicación é achegarvos información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais. Ao longo das distintas seccións procurarase darlle resposta ás preguntas que nos formuledes, afondar en temas de actualidade, explicar conceptos propios do ensino ou achegarvos suxestións (lectura, música, viaxes ) para poder compartir cos vosos fillos/as, sen esquecer, loxicamente, a nosa lingua e as reflexións sobre a súa aprendizaxe. Buscaremos sempre que os artigos sexan asinados por profesionais do ensino ou por especialistas na materia que se trate, co obxectivo de que a información sexa rigorosa e se axuste o máximo posible á realidade que se vive nos centros e nas vosas casas. Somos conscientes da humildade destas oito follas, pero gustaríanos que Ollos de aula fose unha canle de comunicación entre o centro e as familias e poder, así, acompañarvos na difícil tarefa de educar aos vosos fillos/as. OllOs deaula ANO I - Nº 1 Outubro 2012 Nace Ollos de aula! 6 claves para empezar ben o curso Lei de educación 3

O tema Di o noso refraneiro que o que ben empeza, ben acaba, e iso tamén é aplicable ao curso escolar. Estas son as propostas de Mª Montserrat Castro Rodríguez, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, para empezar ben o novo ano académico. 6 Claves para empezar ben o curso 1. Fomentar un ambiente positivo cara á escola, tanto cos fillos e fillas coma co resto da comunidade educativa. Unha escola pode funcionar mellor se os distintos integrantes da comunidade educativa participan e buscan un clima de entendemento e de diálogo para promover un proxecto educativo compartido. É moi importante que as familias dialoguen, acudan e interactúen co profesorado, co centro e coa comunidade educativa en xeral. 2. Organizar os espazos e os tempos individuais e colectivos. Tempos e espazos de traballo, tempos e espazos para o lecer individual, para a familia e para as amizades, para o diálogo. A distinción e a identificación das características propias de cada tempo, de cada lugar e dos protagonistas en cada un deles pode contribuír a fomentar o respecto mutuo, a comprensión, a confianza, a responsabilidade e o coñecemento das regras que regulan cada un deles. 4 3. É importante falar das nosas ocupacións como estudantes e como profesionais. Como che foi o día? Que fixemos? Que satisfaccións houbo? Con que problemas nos atopamos?... Aínda que todos e todas precisamos desconectar, e debemos facelo, tamén é importante que os rapaces e rapazas sexan conscientes da importancia de compartir, intercambiar información e reflexións sobre os seus éxitos, preocupacións, dificultades... tendo en conta as características de cada un dos membros.

4. Fomentar a autonomía persoal, propiciando a procura de información, a curiosidade, a observación, a reflexión individual e colectiva... para, a partir de aí, tomar decisións propias e compartidas e favorecer a progresiva asunción de responsabilidades. 5. Aprender do noso contorno, dos outros contornos... é fundamental para o noso propio benestar e o das persoas que nos rodean. Podemos aprender en todos os contextos. A escola é un lugar privilexiado para as aprendizaxes, tamén o é a familia e coa familia. Por este motivo, a familia debe fomentar a curiosidade pola aprendizaxe, xerando para iso un ambiente rico de experiencias e de oportunidades de aprendizaxe, respectando as características de cada un dos seus membros. Sen caer en excesos, nin en saturacións, nin en imposicións, seleccionando e dosificando o necesario, o oportuno, o conveniente, e, especialmente, escoitando, non deixándose levar por intereses que non responden ás verdadeiras características, necesidades, demandas reais dos membros da familia e/ou da familia como colectivo. 6. As nais, os pais... ante o apaixonante e difícil reto que se nos presenta, debemos ser conscientes de que estamos ante un proceso longo e delicado, no que é moi importante a serenidade e a tranquilidade para a transmisión duns principios, valores e hábitos básicos nos que se sustente o desenvolvemento xeral dos nosos fillos e fillas. As présas e o abandono non son bos compañeiros, posiblemente a constancia sexa máis produtiva. 5

Palabras do ensino Lines Salgado Moita xente pensa que {Lei de educación} os colexios e institutos son unha especie de repúblicas independentes nas que a dirección e o profesorado fai e desfai segundo os seus intereses. Incluso hai quen pensa que a zona xeográfica na que vive é a que realmente determina a vida educativa. Pero, a pouco que nos fixemos, veremos que non é así. Iso débese a que todo o traballo docente está regulado por leis de educación que establecen os principios básicos aos que debe someterse o ensino. Na actualidade, a lei que regula o sistema educativo español é a LOE (Lei Orgánica de Educación), que se promulgou no ano 2006. E aínda que nas últimas décadas en España estamos constantemente reformando a lexislación educativa, realmente só houbo tres verdadeiramente fundamentais nos últimos 200 anos: a lei Moyano (do ano 1857), que deixou atrás a educación do Antigo Réxime; a lei Villar (1970), que conseguiu xeneralizar a escolarización dos menores de 14 anos; e a LOGSE, promulgada no 1990, que ampliaba a educación obrigatoria e gratuíta ata os 16 anos. Cada unha delas intentou adecuar o sistema escolar á realidade do momento. As leis de educación falan de cousas como os anos de escolarización, as etapas educativas, as materias obrigatorias e optativas, os métodos pedagóxicos, os contidos básicos, os criterios para avaliar, pero, sobre todo, deberían ofrecer unha solución ao problema básico do ensino: como crear un sistema de calidade que, ademais, lles dea as mesmas oportunidades a todos e a todas. 6

CADENCIAS Gracia Santorum Para ler... Artur e Clementina Educar en igualdade non é tarefa doada na nosa sociedade. Porén, é o único xeito de axudar a formar unha sociedade máis xusta e de aprender a amar sen violencia. O libro que nos ocupa ofrece varias posibilidades: se aínda non saben ler, as imaxes falan por si mesmas. Se saben, Clementina ensinaralles a entender as agresións non físicas, a base de humillacións e menosprezos, que fan un dano irreversible en moitas mulleres. Este álbum reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e a discriminación da muller. Ideal para ler con/aos nosos fillos e fillas. Para facer Imos de excursión a... Ponte Taboada! Cúmprense 1100 anos da construción da vella Ponte que cruza o río Deza entre as parroquias de Prado e Taboada (concellos de Lalín e Silleda). Encravada nun marco medioambiental moi interesante, pódese contemplar unha parte de Historia, o propio monumento e o antigo camiño real que comunicaba as terras do sur de Galicia coas do centro e norte, e que hoxe forma parte do antigo Camiño Mozárabe de Santiago. As riquezas paisaxísticas inclúen un marco incomparable formado polo encaixe do río Deza no seu curso medio, ademais de poder observar a evolución do desenvolvemento en Galicia: 5 pontes son as que cruzan sobre o río. Unha fermosa excursión para realizar antes de que comece o inverno! Iso si, debemos ir ben calzados! Para oír María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Ducias de artistas cantando á alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos... viaxan nun libro disco, con CD e DVD, no tren máis festeiro que nunca houbo nin haberá. María Fumaça María Fumaça O libro-disco gravita arredor de Ruí, un neno cunha parálise cerebral moi severa que, a pesar desa problemática, ten unha gran capacidade para gozar da vida. Máis de 20 temas musicais e 20 vídeos coa participación de Uxía Senlle, Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco, Tanxarina Teatro, Quico María Fumaça Cadaval Algúns dos vídeos foron elaborados con pictogramas para que os nenos con necesidades especiais poidan gozalo. E todo porque Ilustracións P. pastor cantar e bailar fainos máis felices!... cantar e bailar para ser máis feliz!!! 7

Da lingua Nos últimos anos en Galicia o debate ao redor do ensino non xirou, por desgraza, ao redor do pedagóxico, senón ao redor do lingüístico. A ninguén pareceu preocuparlle neste tempo se a escola está preparada para educar ao alumnado do século XXI. A cuestión que centrou os esforzos e as enerxías de todo o mundo foi decidir cantas horas e que materias tiñan que impartirse nunha ou noutra lingua. A voracidade do debate foi tal que nin sequera permitiu facer unha reflexión serena sobre cal é o mellor método e o mellor momento para a introdución das linguas estranxeiras. Vai sendo hora de que superemos este debate e que todos e todas asumamos que ter unha lingua propia é unha sorte, unha riqueza que temos que transmitir ás futuras xeracións non como unha herdanza inútil senón como unha ferramenta que lles vai abrir portas. Cando teñamos iso claro, resultaramos moito máis fácil darnos conta de que a escola ten que xogar un papel fundamental nese proceso e que para iso é imprescindible crear espazos nos que o alumnado aprenda non só a nosa lingua, senón que tamén na nosa lingua. É interesante reflexionar sobre estas cousas e pensar cales son os intereses que están detrás de todo este debate. Dende esta revista estamos convencidos de que as linguas deberían sumar, e non dividir. 8 + as linguas su+ man + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + + +