MAGOSTO 2O12 MATERIAIS DIDÁCTICOS PARA INFANTIL E PRIMARIA Mª DEL CARMEN GARCÍA VILA LIDIA GÓMEZ BOGA ACTIVIDADES MAGOSTO

Documentos relacionados
MAGOSTO TRES TEXTOS. MATERIAL DIDÁCTICO. Corrección de texto: Alejandra Campo Penín EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGUA GALEGA CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Double-click to enter title

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Unha viaxe á lúa.

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... OS NÚMEROS DECIMAIS ORDES DE UNIDADES DECIMAIS. CENMILÉSIMA 8 1 cm = MILLONÉSIMA 8 1 mm = OPERACIÓNS

Potencias e radicais

MÚSICAS DURMIDAS. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas JOSÉ ABEAL LÓPEZ* Debuxos: Alfredo Erias

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Refráns e ditos populares do Nadal

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

AS FRASES FEITAS NO REXISTRO COLOQUIAL

I.E.S. CADERNO Nº 4 NOME:

Volver empezar. Nesta unidade imos inventar a biografía do candidato ideal para un posto de traballo. Para iso, imos repasar e aprender:

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

1º e 2º de Primaria ACTIVIDADES MANUEL MARÍA, 1º E 2º PRIMARIA. LETRAS GALEGAS,

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Múltiplos e divisores

3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

Eucaristía, punto de encontro cos irmáns e con Deus.

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Segundo a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), desperdíciase un terzo da comida que se produce, o que supón

ÍNDICE. SOPAS Caldo sopa... 4 Caldo vexetal... 5 Sopa de arroz con verduras... 6

VALENTÍN PAZ ANDRADE. 1º CICLO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS,

e diferente ter un bo a camiñar.

PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD ( )

PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE

FICHAS DO XOGO. (Adaptado do xogo Descubriendo al invasor da Comunidad de Madrid) Co apoio

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

POSIBLES IDEAS PARA UNHA HOMILÍA CON NENOS 12 novembro Non deixes que a Súa chamada sexa perdida, ten á man o CARGADOR da ORACIÓN.

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Proceso de facturación.

05 Movémonos mellor?

GATIÑAS E GATIÑOS. Club

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

Achega as persoas á natureza, é unha forma sinxela e natural de reciclar os restos orgánicos, e ten múltiples beneficios ambientais:

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

PROBA B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

Inecuacións. Obxectivos

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

MISA CON NENOS 27 maio de Ordinario 9º Ciclo B Ev. de Mt. 8,16-29: Eu estarei convosco todos os días Mensaxe: Déixate acompañar por el

O envase churrusqueiro

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Que é unha rede de ordendores?

Cantiga de amigo. Dime ti, bosque sen perigo, viches o meu amigo? Oxalá pronto estea comigo.

programas .py python nome.py

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

rodeira 5. QUÉROTE MOITO

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

Potencias e raíces de números enteiros

PIALE Integración en lingua portuguesa

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

O CONTRATO DE TRABALLO

Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE. Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES. Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR. Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR

Manual de cumprimentación da solicitude

As claves da. factura eléctrica

REDE EUSUMO. información e comunicación

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

DE RAMON PIÑEIRO. Caricatura de Ramón Piñeiro, realizada por Xabier Domínguez. Anagrama da Editorial Galaxia, BIOGRAFÍA RAMÓN PIÑEIRO

Porque din que as árbores seica tolearon e todas as froitas de sitio cambiaron.

Ola, eu son Xurxo, e ti? 3. Na casa dos avós 4. 0s ranchiños novos 5. A comer! 6. Como falan! 7. Canta bicharía! 8. Que modernos! 9.

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

Matemática Financeira

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL

BADMINTON DOBRES E DOBRES MIXTOS

Nesta unidade imos imaxinar como seremos dentro duns anos. Para iso, imos aprender:

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

O BIGOTE DE MIM ª MANUEL MAR ª A MATERIAIS. dobre pauta EQUIPO DINAMIZACI ªÑN LINGUA GALEGA CEIP GAL ª N OSEIRO - ARTEIXO O BIGOTE DE MIM ª 1

REFORZO. 2 Data: 1 Completa esta táboa: 2 Escribe órganos ou aparatos dos diferentes grupos de animais que se encarguen de:

Decreto lei RD 16/2012. Preguntas frecuentes

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

NORMAS XERAIS DE ACEPTACIÓN DAS MOSTRAS no Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia. Entrega no Laboratorio

O supermercado. Xabier Campos. Tradución de X. M. Rivas

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

CADERNO Nº 13 NOME: DATA: / / Estatística

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

XEOMETRÍA MÉTRICA DO ESPAZO

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

Unidade 1. Eu son Manuel María 3. Unidade 2. O contexto histórico 7. Unidade 3. A súa infancia 11. Unidade 4. A inmensidade da súa obra 16

PAU XUÑO 2013 MATEMÁTICAS II

Unha. de libro. investigación DE DOCE A DEZAOITO ANOS. Como facer un traballo orixinal, ben documentado e respectuoso cos dereitos de autor

CXT 2018/2019 COMO EFECTUAR A TÚA PETICIÓN?

Transcrição:

MAGOSTO 2O12 MATERIAIS DIDÁCTICOS PARA INFANTIL E PRIMARIA Mª DEL CARMEN GARCÍA VILA LIDIA GÓMEZ BOGA ACTIVIDADES MAGOSTO 2011 1

QUE É O MAGOSTO? No mes de novembro, e xeralmente coincidindo coa festa de San Martiño, celébrase a festa do magosto. Nun principio esta festa, na que os amigos e veciños se xuntaban arredor do lume para asar castañas, facíase no monte. Na actualidade faise nas prazas, nos rueiros, nalgún recuncho da vila, nos adros das igrexas... A tradición do magosto disque se remonta aos celtas, antigos habitantes de Galicia. Como eles non tiñan edificios nin templos onde celebrar as súas festas, facíanas no medio do bosque. María Gallego UNHA POESÍA... DON CARBALLO CHORA LANDRAS Don Carballo chora landras na amencida. E don Outono baballa néboa fría. Don Labrego, de sombreiro, aplaude a don Castiñeiro con variña de abelaira. María Gallego E don Ourizo da chaira, como non se ten coa risa, cáenlle dentes de castaña. Helena Villar e Xesús Rábade. «Dona e Don» ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 2

ADIVIÑAS. Ourizo ou castaña Alto estou cor de ouro teño e por unha risotada perdo o que teño. ourizo Unha cousa que vive na devesa e vaille picar o cu á artesa. Alto me vexo no meu capalexo e por unha risada quedei sen nada. ourizo castaña Altos pais. Capeludas nais. Os fillos inchafoles. Adiviña ti se podes. castaña Alto vivo, mírame a xente e se me río quedo sen dente. ourizo Alta estou. Ladrón vexo vir. Do meu carapucho. Non podo fuxir. castaña Alto pimpín ruín cabaleiro rómpelle a bolsa e cáelle o diñeiro. ourizo ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 3

DISQUE... «Pisar unha castaña, ó ires polo monte, fai que a persoa non teña nunca amores» «Levar unha castaña no peto da boa sorte» «Soñar con castañas crúas é aviso de ter que facer algo urxente, de seren cocidas, é que a persoa é moi débil de carácter e se son asadas, é un aviso de precaución» REFRANEIRO «Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto» «Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño» «Polo San Martiño vai ver o teu soutiño» «Polo San Martiño, castañas e viño» «Antes de San Martiño, pan e viño, despois de San Martiño, fame e frío» «Castañas no Nadal saben ben e pártense mal» «Temperá é a castaña que por setembro regaña» «Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara» «Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín» «A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño.» ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 4

CANTIGAS «As castañas son castañas, os ourizos son ourizos; os ollos da túa cara, para min son dous feitizos» «Canta a rula, canta a rula, canta a rula naquel souto; Probiño daquel que espera polo que está na man doutro» «Dáseme tanto por ti, como si nunca te vira! encólgate nun castaño coas pernas para riba! «A aldea de Palavea, de lonxe parece vila ten corredoira na entrada e un souto sen saída.» «Acabáronse as vendimas aí veñen as esfolladas para comer coas nenas catro castañas asadas» «Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos; Has de cantar e has de cantar, has de cantar que chos hei de dar.» «Teño un castiñeiro alto, no tronco ten mil enredos, tampouco os namorados poden ter os ollos quedos.» «Santo que estás no canizo bota castañas embaixo que aínda que non teño mandil, apáñochas co refaixo.» «Monxe que estás no canizo tira castañas para abaixo, tírame das máis grandiñas que ás pequenas non me baixo.» ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 5

VOCABULARIO DO MAGOSTO E A CASTAÑA Hai moitas palabras relacionadas co mundo da castaña, coa xente que as apaña, cos utensilios que se usan para cociñalas, cos refugallos que van deixando, coas árbores que nos dan o froito, cos vermes que as atacan, coas partes das castañas... Bótalle unha ollada a estas dezasete palabras relacionadas co magosto e a castaña e completa as actividades da páxina seguinte. Barexar : trasnada dos cativos que van roubar castañas aos veciños para o magosto. Bullote: torta de fariña de castaña consumida polos lexionarios romanos. Cacho: tixolo. Coco: verme da castaña. Caldudas: potaxe de castañas secas cocidas. Debullar : quitarlle as cascas á castaña cocida, fresca ou asada. Enxerimento: superficie onde remata a castaña. Moreas: xeito de xuntar os ourizos para golpealos e separar a castaña do ourizo. Petela: pinzas de madeira coas que se apañan as castañas do ourizo. Picós: anacos das cascas procedentes da pisa ou do bandoxo empregados para cebar os porcos. Rangalleira: Dise que o día do magosto o viño «corre á rangalleira». Suchar : Chupar continuamente unha castaña pilonga ata que se consuma. Chuchar. Taloura: vara longa coa que se abanea o castaño para que pinguen os ourizos; tamén é bareiro. Tixolo:tixola de ferro con buratos onde se asan as castañas. Cacho. Tonas: cascas da castaña. Trasmocho: castiñeiro que medra máis ao ancho que ao alto pola acción do home, que o poda coma se fose un frutal. Deste xeito, obtéñense máis castañas, temos pólas grandes para madeira en poucos anos, e non desaparece a árbore. Xemas: partes da castaña. ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 6

ENCRUCILLADO 1 2 A 3 789 789 789 789 789 789 789 M G 4 O 5 S 6 T 7 O 1.- Dise do castiñeiro que medra máis ao ancho que ao alto. 2.- Acción de quitarlle as cascas ás castañas cocidas, asadas ou frescas. 3.- En abundancia. Así corre o viño o día do Magosto. 4.- Unha torta de fariña de castaña que era consumida polos lexionarios romanos. 5.- Partes da castaña. 6.- As cascas da castaña. 7.- Verme de cor abrancuzada que ataca ás castañas. 1.- TRASMOCHO 2.- DEBULLAR 3.- RANGALLEIRA 4.- BULLOTE 5.- XEMAS 6.- TONAS 7.- COCO COMPLETANDO PALABRAS 1.- Vara longa O 2.- Tixola de ferro L 3.- Pinzas de madeira E 4.- Roubar castañas X ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 7

OS TIPOS DE CASTAÑAS Bolerca: a que abortou dentro do ourizo, que non medrou. Brava: a do castiñeiro bravo, sen inxertar. Bullada: a que xa pasou pola bulla. Bullote: castaña asada no tixolo ou cacho. Burgazo: castaña fresca cocida que se come con leite. Crouco: a que é pequena. Degaro: a castaña degraída. Tamén se chaman restrelos. Enxeridas: formadas por varias pezas. Longal: tipo de castaña portuguesa. Maia: a pilonga ou seca, e afumada. Mamota: cocida coas dúas cascas, zoncho; é a castaña mal asada que non pela ben. Pilonga: castaña seca. Zoncho: a mamota. Os cativos enfíanas nun cordel a xeito de rosario para comelas. Abarqueira: a castaña baleira. Bravas: hai anos que se dan e outros que non saen. Presa: froito dun castiñeiro bo para madeira e que rende moita cantidade de castañas. Dise que estas castañas non son as máis saborosas. Raigonas: son as segundas en caer da árbore; as mellores para comer e as que mellor pelan. Velliñas: é moi oscura e debúllase mal. Vérdeas: as máis saborosas e as que máis abundan, xunto coas presas. QUE LETRAS COLOCAMOS? Colócalle as vogais que lle faltan a cada un dos tipos de castañas. V L L Ñ S Z N C H M B L L T P L N G B R V S ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 8

ENCRUCILLADO HORIZONTAIS 1 R 2 A 3 I 4 G 5 O 6 N 7 A 8 S 1.- BRAVAS 2.- MAIA 3.- VELLIÑA 4.- PILONGA 5.- ZONCHO 6.- LONGAL 7.- BURGAZO 8.- PRESA 1.- Castañas que dá o castiñeiro bravo, sen enxertar. 2.- Castaña seca e afumada. 3.- Castaña moi escura e que se debulla mal. 4.- Nome que recibe a castaña seca. 5.- Un tipo de castaña que os máis pequenos enfían para facer rosarios e comelas. Tamén se lle chama mamota. 6.- Un tipo de castaña portuguesa. 7.- É a castaña que se come cocida e acompañada con leite. 8.- Froito do castiñeiro plantado para madeira. QUEN CON QUEN? Colorea da mesma cor cada parella de palabras relacionadas. LONGAL BURGAZO ASADA PORTUGUESA ROSARIO FRESCA PILONGA BULLOTE SECA ZONCHO ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 9

CHEGA O OUTONO Chega o outono e saen as castañas e nós, con gusto, comémolas asadas. «Apaña» e colorea todas as castañas para facer o magosto. ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 10

COIDADO!... QUE PINCHAN Cando están na árbore, o ourizo protexe as castañas. Mira como saen. 12 1234 12345 7 789 78 12345 123 12 12 1234 7 789 789 7 12345 1234 12 Fixácheste ben? Pois agora tócache a ti ordenalas. 1 2 3 ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 11

OUTROS FROITOS DO OUTONO No outono, ademais das castañas, nacen outros ricos alimentos. Copia os seus nomes e colorea. NOZ LANDRA PERA COGOMELO UVAS MAZÁ ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 12

UN CESTIÑO CON FROITOS DO OUTONO (1) Colorea e recorta todos estes produtos do outono e colócaos no cestiño de palla da páxina seguinte. ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 13

ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 14 567890121212 34567890121212123 2345678901212121234 2345678901212121234 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 12121212345 2345678901212121234 34567890121212123 456789012121212 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 UN CESTIÑO CON FROITOS DO OUTONO (e 2)

MANUALIDADES 1 Adorna a castaña, folla e cogomelo para facer unha paisaxe de outono. Podes usar boliñas de papel ou plastilina, papel rasgado, colorear, puntear con rotulador... Unha vez rematadas só tes que recortalas e expoñelas na clase. ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 15

MANUALIDADES 2 Podes facer agora un móbil-castaña. Só tes que colorear todas as partes da castaña, facer os furados cun punzón, recortar e unirlle os brazos e pernas con encadernadores. ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 16

MANUALIDADES 3 Costruímos un cestiño para as castañas? LEITE 1.- Corta un cartón de leite pola metade. LEITE LEITE 2.- Pega cada metade e fai un burato pequeno en cada lateral. 3.- Engancha un cordel longo nos furados que fixeches. Un lado serve para as castañas e outro para as tonas. 4.- Adorna e decora a caixa. Podes empregar técnicas diferentes: coloreala con témperas, forrala con papeis de cores, poñerlle pegatinas... Xa tes a caixa lista para encher de castañas asadas! ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 17

O TRAGACASTAÑAS Este xogo do tragacastañas é moi sinxelo, só hai que seguir estas instruccións: 1.- Abrimos nunha caixa, que podemos decorar, un furado grande e colocámola nun punto fixo. Vai ser a caixa Tragacastañas. 2.- Os participantes colócanse en ringleira a certa distancia da caixa. A distancia dependerá da idade da rapazada. 3.- O primeiro participante deberá tirar unha castaña tratando de metela dentro da caixa polo furado. Ten cinco intentos. Cada castaña que entre contará como un punto. 4.- Cando rematen os seus cinco intentos continúa o seguinte. Gaña quen máis castañas consiga meter. ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 18

A ORIXE DO MAGOSTO Hai centos de anos, cando aínda non se coñecían as patacas, en Galicia empregábanse, para comer as castañas. Moitas das comidas que hoxe levan patacas, antes facíanse con castañas: o caldo, o cocido, os guisos... Por iso era importante apañar moitas, xa que servían de alimento para todo o ano. Os veciños xuntábanse nos soutos, vareaban os castiñeiros e metían as castañas en sacos. Coas que sobraban facíase unha festa. Prendían unha fogueira e, nas brasas, asaban as castañas coa casca cortada para que non estouparan. Cando estaban listas comíanas todos xuntos e divertíanse con xogos e música. ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 19

UN DÍA DE MAGOSTO Ordena a historia e cópiaa por orde. Metían as castañas en sacos. Os veciños vareaban os castiñeiros Encendían unha fogueira e asaban as castañas. Comían todos xuntos as castañas asadas. ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 20

UN RECEITARIO Pide axuda na casa e busca receitas que leven castañas como ingredientes. Despois xuntádeas todas para facer un libro de receitas. Se queres podes inventar ti algunha. PRATO: INGREDIENTES: ELABORACIÓN: ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 21

CADA OVELLA COA SÚA PARELLA Colorea da mesma cor as palabras que estean relacionadas. SOUTO LANDRA CASTAÑA CASTIÑEIRO CARBALLO UVA VIDE CARBALLEIRA VIÑEDO ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 22

DOUS REFRÁNS Escribe o significado destes refráns. Se lostrega na lúa de agosto, non hai magosto. Castaña, noces e viño, fan a festa do San Martiño. INVENTANDO UN REFRÁN Utilizando estas palabras inventa un refrán relacionado co magosto: castaña, magosto, lume e pan. ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 23

UN POEMA Le atentamente esta poesía. Despois cambia as palabras destacadas por outras da dereita, para facer un novo poema. Vén onda nós o outono da cabalo do aire; nos camiños da fraga os ourizos xa abren. Sinto chegar contento da eterna viaxe enredado entre as follas, estreando friaxe. verán árbores do bosque paseando volta plantas calor alegre florecen Vén onda nós o da cabalo do aire; nos camiños Sinto chegar da eterna xa estreando. entre as, ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 24

SOPA DE LETRAS Localiza as palabras do recadro na sopa de letras. Coas letras que sobran poderás formar unha mensaxe secreta. Ollo!, as palabras da sopa poden estar en horizontal, vertical, diagonal, de arriba a abaixo, de abaixo a arriba... MAGOSTO CASTAÑA OURIZO LUME FOGUEIRA PETELA TONA E C P O L O S A N M A M A G O S T O P R T I U S Ñ F O G U E I R A L T O C O M R T E M O S A O C A S I E T A Ñ A Ñ S N E B Z L E B E M A O S A V O A I Ñ O A MENSAXE SECRETA ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 25

A LENDA DO MAGOSTO Contan as lendas, que hai centos de anos vivía en Galicia, preto dunha pequena aldea, un castiñeiro xoven moi presumido. De veciño tiña un carballo moi vello e sabio. Todos os días, o castiñeiro ríase do vello carballo: -Os teus froitos non valen para nada. Os homes só queren as túas landras para darllas de comer aos porcos. En cambio as miñas castañas son moi apreciadas por eles. O carballo, que xa tiña moitos outonos, non dicía nada. Contan que un día pasou por alí un can que escoitou a conversa das árbores e, vendo o sufrimento do carballo, foi correndo a contarlle á xente da aldea o que escoitara. Os homes, enfurecidos, colleron uns paus e fóronse cara ao bosque. Cando chegaron varearon ao castiñeiro como castigo. Din que caeron tantos froitos que os aldeáns se deron conta de que aquela era unha boa maneira de apañar castañas e decidiron facelo todos os anos. Para conmemoralo celebraron unha festa: o magosto. E dende aquel día o castiñeiro deixou de fachendearse. O carballo, apiadado do seu pobre compañeiro, perdoouno e prometeulle que sempre ía permanecer ao seu carón. LICHES CON ATENCIÓN? 1.- A quen tiña de veciño o castiñeiro? 2.- Para que queren as landras os homes? 3.- A quen lle foi contar a conversa o can? ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 26

4.- Que fixeron os homes da aldea cando chegaron ao pé do castiñeiro? 5.- Que festa celebraron os homes dende o día que varearon o castiñeiro? 6.- Que lle prometeu o carballo ao castiñeiro? CADA FROITO COA SÚA ÁRBORE Na lenda do magosto o castiñeiro comparaba os seus froitos cos do carballo. Pero... sabes como se chaman os froitos de cada árbore? Une con frechas cada árbore co seu froito. CASTAÑA CARBALLO LANDRA CASTIÑEIRO NOZ NOGUEIRA ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 27

CELEBRAMOS O MAGOSTO? Nós xa acendimos a fogueira. Agora ti debes debuxar todo o que precisamos para celebrar un bo magosto: xente, castañas, larpeiradas, bebidas... O MONSTRO COMEVOGAIS O famoso Monstro Comevogais pasou pola clase e deixounos todos os carteis estragados. Axuda a amañalos colocándolle todas as vogais que faltan. C S T Ñ N Z V S F G ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 28

O OUTONO No outono recollemos as castañas e facemos o magosto. Pero... que máis cousas acontecen no outono? Serás quen de escribir cinco cousas que pasan nesta estación do ano? 1 2 3 4 5 ADIVIÑA, ADIVIÑANZA... Saberás escribir a resposta a estas dúas adiviñas relacionadas co magosto? A CASTAÑA Na cima me vexo co meu zarandexo, fachos vexo vir e non podo fuxir. Alto está barbas ten ri e guinda o que contén. O OURIZO ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 29

UN CREBACABEZAS ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 30

UNHA PAISAXE DE OUTONO Debuxa unha paisaxe de outono. Non te esquezas das árbores sen follas, das follas secas polo chan, do frío, da choiva, do vento... ACTIVIDADES MAGOSTO 2012 31