rodeira 5. QUÉROTE MOITO
|
|
|
- Rebeca Lobo Cerveira
- 8 Há anos
- Visualizações:
Transcrição
1
2 5. QUÉROTE MOITO
3 Nome: Cand& lle di á túa familia e ao teu amigo que lle quere, ele séntense felice. U: 5 F: 7 UNIDADE 5: QUÉROTE MOITO CONTIDOS DA UNIDADE Conto: O papaventos. Actitudes que nos achegan a Deus: o perdón. A oración do Nosopai. Conto: A avoa de Nitta cóntalle algo importante. Relato bíblico: A historia do pai bo. Dimensión espiritual: Regálolles alegría aos demais. ACTIVIDADES DE MOTIVACIÓN Nomear xestos e accións que serven para expresar o seu cariño e o seu amor polos demais (por exemplo: dar un bico, dar unha aperta, coller da man, regalar un debuxo...). Dicir se Nitta e o seu amigo se mostran cariñosos ou enfadados. Pegar anacos de papel de cores ao redor dos nenos. Debuxar no dorso da ficha un elemento ou un símbolo (flor, labios, corazón...) que exprese o moito que lle quere ao seu mestre ou á súa mestra ou a algún membro da súa familia.
4 O PAPAVENTOS
5 Nome: O papaventos A semana pasada Nitta fixo seis anos. O seu pai regaloulle un papaventos. Era amarelo e verde e tiña unha cola longuísima con lazos de moitas cores: azul, verde, vermello, amarelo, rosa, violeta... Ademais, era un papaventos único, porque o fixera o seu pai especialmente para ela, e iso dáballe moito valor. Ao día seguinte había moito vento. «Hoxe hei poder estrear o meu papaventos!», pensou Nitta. Nitta e mais o seu avó foron ao parque. O avó levantou o papaventos por riba da súa cabeza e, coa primeira ventada, soltouno. O papaventos comezou a subir e a subir ata que a corda quedou ben tirante. O papaventos quedou alí, no ceo, movendo a cola co vento. Sss sss sss!, sopraba o vento. Pero, de súpeto, un forte refacho fixo que o fío se tensase de máis e crag! rompeu, e deixou libre o fantástico papaventos. Ai, perdín o papaventos que me fixo o papá! dicía Nitta con lágrimas nos ollos. Acouga, Nitta, non chores dixo o seu avó. Habemos seguir o papaventos e tentaremos recuperalo. E así o fixeron. Seguiron o papaventos, que xa non voaba sobre o parque, senón sobre as rúas da cidade. Andaron un bo anaco mirando para o ceo, ata que por fin o vento deixou de soprar e o papaventos caeu de súpeto. Pero caeu sobre unha árbore, e non o daban baixado de alí. Nitta quedou calada e axiña empezou a chorar. Cando o seu pai chegou á casa, Nitta xa estaba na cama, pero aínda non adormecera. Papá, papá! berrou Nitta cando sentiu a porta. Teño que che contar unha cousiña! Que pasa, miña filla? Entre saloucos, Nitta contoulle ao seu pai como perdera o papaventos e pediulle perdón por romper algo que a el lle custara tanto esforzo. Non te preocupes, ruliña dixo o seu pai. Se fun quen de construír un papaventos, hei poder facer outro. Non me poño triste; ao contrario, alégrame que me contes o que che preocupa. Recorda: sempre podes contarmo todo, sexa bo ou malo. Fala comigo, eu sempre estarei disposto a te escoitar. Dous días despois, Nitta e mais o seu pai foron polo papaventos, que aínda estaba entre as pólas da árbore. Fixérono caer cun balón. Tiña a tea un pouco esgazada, pero o pai de Nitta puido amañala. A fin de semana seguinte, o pai e mais a filla estrearon de novo o papaventos. U: 5 F: 8 OBXECTIVOS Expresar os propios sentimentos. Descubrir a importancia das actitudes de perdón. Desenvolver a confianza nos membros da familia. Respectar e coidar as cousas do contorno. CONTIDOS A confianza na familia. Coidado e respecto polos regalos que nos fan. A reconciliación. ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE Escoitar o conto e responder as seguintes preguntas: Quen fixo o papaventos de Nitta? Con quen foi Nitta facer voar o papaventos? Que pasou co papaventos? Como se sentiu Nitta? Por que? Como reaccionou o seu pai ao saber que perderan o papaventos? Por que se puxo contento? Pegar lazos de cores ao longo da cola do papaventos (adhesivos U: 5 F: 8). Debuxar nubes no ceo. O mestre ou a mestra debuxará un papaventos nun papel corrido. Os alumnos, de xeito individual, debuxarán un adorno no papaventos, despois de contar algunha ocasión na que pediron perdón porque fixeron algo mal (por exemplo: un día rompín un cómic do meu irmán, pero pedinlle desculpas e el perdooume...).
6
7 Nome: U: 5 F: 9 OBXECTIVOS Desenvolver a actitude cristiá da reconciliación e do perdón. CONTIDOS Actitudes que nos achegan a Deus: o perdón. ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE Recordar como,no conto,nitta perde o papaventos e pídelle perdón por iso ao seu pai; este perdóaa e van xuntos buscar o papaventos. Dicir o que acontece na primeira viñeta e propoñer posibles solucións.debuxar follas no camiño que levará a Nitta e o seu amigo a se perdoar e a recuperar a súa amizade. Modelar un corazón con plastilina e regalarllo a algunha persoa á que se lle queira pedir perdón.
8 Nos& Pai que está no ce&: santificad& sexa & teu nome, veña & teu rein& e fágase a túa vontade aquí na terra coma n& ce&.
9 Nome: A avoa de Nitta cóntalle algo importante Hai xa un anaco que Nitta non ve a súa avoa. «Ha estar no seu cuarto», pensa Nitta. «Vouna ver!» Toc, toc..!, peta na porta. Avoa! Podo entrar? Por suposto, miña rula responde a avoa. Que fas? pregunta Nitta. Estou rezando un pouquiño contéstalle a súa avoa. A ti gústache falar coas persoas que queres, va que si? Pois aos amigos de Xesús tamén nos gusta falar con El. E daquela que lle dis? Cóntolle as miñas alegrías e as miñas preocupacións, doulle grazas por te ter e tamén rezo unha oración. Queres aprendela? Empeza así: «Noso Pai...». U: 5 F: 10 OBXECTIVOS Descubrir a oración como diálogo espontáneo con Deus. CONTIDOS Os amigos de Xesús falan con El. A oración do Nosopai. ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE Escoitar como o mestre ou a mestra explica a escena na que aparecen Nitta e a súa avoa. Dicir en que momentos e lugares fala coas persoas que quere e o que lles conta (por exemplo:falo co meu pai cando me acompaña á escola; falo coa miña nai un anaco antes de ir para a cama; aos meus amigos cóntolles o que me fai ilusión, o que me pasa...). Debuxar estreliñas ao redor da oración que a avoa lle ensina a Nitta e decoralas libremente (con cores, con purpurina, con papel brillante...). Recitar a oración do Nosopai. Noso Pai que estás no ceo: santificado sexa o teu nome, veña o teu reino e fágase a túa vontade aquí na terra coma no ceo. Dános hoxe o noso pan de cada día; perdoa as nosas ofensas, como tamén perdoamos nós a que nos ten ofendido; e non nos deixes caer na tentación, mais líbranos do mal.
10 A HISTORIA DO PAI BO
11 Nome: A historia do pai bo Era unha vez un pai que tiña dous fillos. O fillo maior axudaba moito na casa, pero o máis pequeno dixo: Dáme a miña parte dos cartos, agora. Quero pasalo ben. O seu pai púxose moi triste. Pero deulle os cartos. O rapaz marchou da casa e foise lonxe. O tempo de xolda durou pouco: axiña gastou os cartos. O rapaz atopou un traballo: o de coidador de porcos. Pasaba tanta fame que sería capaz de papar a encaldada dos porcos. Era moi desgraciado. A miña vida é unha miseria pensou. Por que non volvo á casa? Alí non se pasa fame. Direille a meu pai que me perdoe por gastarlle os cartos. Non merezo que me trate coma un fillo. Pero ao mellor déixame traballar con el. E volveu á casa. O pai agardaba cada día a chegada do seu fillo. E agora alí estaba, baixando polo camiño. Saíu a correr ao camiño. Síntoo, papá. Síntoo moito dixo o rapaz. Non merezo ser da túa familia. O seu pai deulle unha aperta e un bico. Vai buscarlle roupa ao rapaz berrou. Vísteo, imos celebrar unha festa. O meu fillo volveu á casa e estou moi feliz. Pensei que o perdera, e hoxe atopeino. A túa primeira Biblia. Editorial Rodeira U: 5 F: 11 OBXECTIVOS Coñecer e interpretar o relato bíblico «A historia do pai bo». Descubrir a Deus como un Pai Bo que coida das súas criaturas. CONTIDOS O relato bíblico «A historia do pai bo». Deus é un Pai Bo que coida das súas criaturas. ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE Escoitar o relato bíblico «A historia do pai bo» e responder as seguintes preguntas: Por que marchou da casa o fillo menor? Que lle pasou? Por que decidiu volver á casa? Como o recibiu o seu pai? Alegrouse de ver de novo o seu fillo? Debuxar a escena do pai bo e do seu fillo abrazados, contentos e felices. Completar, de forma oral, frases que resumen a parábola lida. Por exemplo: O fillo menor pediulle. ao seu pai e marchou da casa. Gastou os cartos e buscou. para gañar a vida. Ao final decidiu volver á.. O seu pai recibiuno cunha. e cun.. Por parellas,xogar a dramatizar as diversas maneiras nas que o pai bo recibiu o seu fillo menor (por exemplo: cunha aperta, cun bico, dando saltos de alegría, cunha festa de benvida, dicíndollelo aos seus veciños...).
12 Tristura Alegría Dor Med&
13 Nome: U: 5 F: 12 DIMENSIÓN ESPIRITUAL: Regálolles alegría aos demais. CONTIDOS Accións e actitudes coas que lles podemos causar alegría ou tristura aos demais. ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE 15 REFLEXIONO Que podo facer para lles regalar a miña alegría aos demais? Escoitar como o mestre ou a mestra explica que as nosas accións producen efectos nos demais.por exemplo: se lle damos un susto a alguén, terá medo; pero se lle damos unha boa noticia, sentirá alegría. PENSO EN SILENCIO Coa audición como fondo (CD: track 15), reflexionar e pintar de cor vermella o marco da cara que mellor expresa como se sente o alumno ou a alumna cando un amigo ou unha amiga o empurra, cando o insulta ou o ignora. Despois, colorear de verde o marco da cara que representa o seu estado de ánimo cando un amigo ou unha amiga lle pide perdón e el perdóao. COMPARTO A MIÑA EXPERIENCIA Debuxarse a si mesmo realizando algunha acción que cause alegría e regalarlle o debuxo a algún compañeiro ou compañeira da clase que queira animar.
clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES
clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES 2014 2015 Para poder avaliar e mellorar o Programa Clases sen Fume necesitamos que dediques uns minutos a contestar este breve cuestionario. É ANÓNIMO, o que nos
Double-click to enter title
EU SON COMA TI Unidade didáctica sobre igualdade de xénero 8 de marzo Día da Muller Traballadora E TI DE QUE EQUIPO ES? Hoxe imos falar de fútbol, un dos deportes que máis polémica xera... respondede as
Unha viaxe á lúa. https://orientacionandujar.wordpress.com/
Unha viaxe á lúa No colexio sortearon unha viaxe á lúa e tocouche a ti. Ademais pódeste levar a un amigo. Con quen farías a viaxe? Que te levarías na túa nave espacial? Pasarías medo?... A caixa faladora
TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote
TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote ACOLLIDA Irmáns e irmás: Aínda queda, no noso recordo, o Bautismo de Xesús no Xordán. Aquel Neno que, sendo mozo, iniciou a súa misión como Fillo de Deus ao
clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).
clases sen fume información para os escolares curso 2017-2018 É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos). Ten como fin evitar que comeces a fumar ou ben, se xa o fixeches, que deixes o
Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas
MISA CON NENOS 14 de maio de 2017 - PASCUA 5-A Xoán 14, 1-12: Eu son o camiño e a verdade e a vida. Mensaxe: Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas mans, MÓVEME! Deus Pai en min e eu en vós. Póñome
AS FRASES FEITAS NO REXISTRO COLOQUIAL
AS FRASES FEITAS NO REXISTRO COLOQUIAL XUSTIFICACIÓN O alumnado utiliza o castelán como lingua do rexistro informal e o galego como lingua formal para a aprendizaxe de contidos. O traballo pretende que
INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES
1 LAVAR OS DENTES 2 INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES Establecer unha correcta hixiene oral desde os primeiros anos é un investimento para toda a vida. Os problemas relacionados coa saúde bucodental,
ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007
ANEXOS Situación da lingua galega na sociedade Observación no ámbito da cidadanía 2007 183 Situación da lingua galega na sociedade 14. ANEXO I: ENQUISA 14.1 Precuestionario e cuestionario 14.1.1 Rexistro
Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.
5.2 Acollemento Enténdese por acollemento o proceso que pon en marcha o centro a través dunhas actividades que teñen como obxectivo facilitar a chegada e a adaptación do novo alumnado. A maioría do alumnado
EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO
EXPOSICIÓN DE TEMAS º ESO O proxecto consiste en que o alunado da clase, por grupos, expoña unha unidade completa ou ben parte dunha unidade do programa. Para iso organizarán-se grupos dun mínimo de dous
Club. Podes informarte de todo o que acontece na familia Bolechas no noso teléfono
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro ISBN: 978-84-617-1953-2 Depósito Legal: C 1651-2014 Impreso en Galicia Club Entra na nosa web e faite do club! Terás vantaxes especiais, descontos,
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO 2012-13 PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º curso) Titora 1º curso: M. Rosario Rey Titora 2º: Esther Fernández O SAMAÍN Alumnado de primeiro e segundo preparando
Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE
2 Potencias e raíces Lembra o fundamental Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES CONCEPTO DE POTENCIA EXPOÑENTE Calcula. a a a a a = a 5 { 5 VECES BASE Lese a elevado á quinta. 3 2 = 2 5 = 4 3 = 7 2 = PROPIEDADES
Nesta unidade imos imaxinar como seremos dentro duns anos. Para iso, imos aprender:
Mañá unidade 4 Nesta unidade imos imaxinar como seremos dentro duns anos. Para iso, imos aprender: a falar de accións e situacións futuras a expresar condicións: se + presente/futuro de indicativo marcadores
Nesta unidade imos deseñar e presentar unha campaña publicitaria. Para iso, imos aprender:
Busque e compare unidade 3 Nesta unidade imos deseñar e presentar unha campaña publicitaria. Para iso, imos aprender: a recomendar e aconsellar a dar instrucións a describir unha escena en pasado e en
Potencias e radicais
Potencias e radicais Contidos 1. Radicais Potencias de expoñente fraccionario Radicais equivalentes Introducir e extraer factores Cálculo de raíces Reducir índice común Radicais semellantes. Propiedades
NAVEGA CON RUMBO.
NAVEGA CON RUMBO www.navegaconrumbo.es Uso de internet Que facemos en internet? Navegar pola Web Buscar información Correo electrónico Redes sociais Mensaxería instantánea (chats) Xogos en liña Intercambio
3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO
3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO 1. CUALIDADES DO SON ( REPASO) Exercicios 1. Cita as 4 cualidades do son: 2. Relaciona cada un dos termos coa cualidade correspondente. Recorda que: a intensidade
Ola, eu son Xurxo, e ti? 3. Na casa dos avós 4. 0s ranchiños novos 5. A comer! 6. Como falan! 7. Canta bicharía! 8. Que modernos! 9.
Ola, eu son Xurxo, e ti? 3 Na casa dos avós 4 0s ranchiños novos 5 A comer! 6 Como falan! 7 Canta bicharía! 8 Que modernos! 9 Imos plantar 10 A miña aldea 11 Canto traballo! 12 Son o máis listo 13 Adeus
PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN
PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN Que é o calendario de vacinación infantil? É o documento que inclúe as vacinas que se recomenda administrarlle á poboación dependendo
"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed
"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License. Puede hallar permisos más allá de
Nome e apelidos:... Curso:... Data:... OS NÚMEROS DECIMAIS ORDES DE UNIDADES DECIMAIS. CENMILÉSIMA 8 1 cm = MILLONÉSIMA 8 1 mm = OPERACIÓNS
5 Os números decimais Lembra o fundamental Curso:... Data:... OS NÚMEROS DECIMAIS ORDES DE UNIDADES DECIMAIS 1 DÉCIMA 8 1 d = u = 0,1 u DEZMILÉSIMA 8 1 dm = 0,0001 u 10 CENTÉSIMA 8 1 c = MILÉSIMA 8 1 m
Ciencia que estuda o pasado da humanidade.
Ciencia que estuda o pasado da humanidade. Clasifícanse FONTES HISTÓRICAS Son pegadas deixadas pola actividade do ser... a través do... Permítennos... os acontecementos e a forma de... Poden ser Restos
Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia
Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia Chanzo 1: Pódese falar de calquera maneira? Tema: As variedades lingüísticas. o Variedades internas da lingua: Niveis Rexistros Variedades xeográficas Chanzo
Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni
Museo Interactivo da Historia de Lugo Omni Tempore Juan Pablo Mastroianni Juan Pablo Mastroianni Nacido en Buenos Aires, Arxentina (1957); residente na cidade de Lugo dende o ano 2002. Cursou estudos artísticos
PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015
PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015 A) ALTA NO REXISTRO DE FACTURAS ELECTRÓNICAS DA XUNTA DE GALICIA SEF O primeiro que hai que facer é acceder ao SEF a través do seu enlace para
Ciencia que estuda o pasado da humanidade.
- I.- Introdución á Historia: fontes históricas e liñas de tempo. - II.- A caída do Imperio romano e o inicio da Idade Media - III.- O Islam 1.- Define o concepto de Historia: Ciencia que estuda o pasado
A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL
A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL INTRODUCIÓN Finalidade A música é unha forma de linguaxe na que a función expresiva é unha das súas manifestacións fundamentais. Edgar Wilems di que a música favorece o impulso
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DE 2018
MARÍA VICTORIA MORENO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DE 2018 MARÍA VICTORIA MORENO LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DE 2018 MARÍA VICTORIA MORENO 1 MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ
O LIBRO FAUSTINO REY ROMERO. UN EVANXEO BUFO
VICTOR CAMPIO PEREIRA Catoira, novembro 2015 O LIBRO FAUSTINO REY ROMERO. UN EVANXEO BUFO En primeiro lugar, lamento de veras non poder asistir persoalmente a este acto, por mor da miña saúde, que desde
Potencias e raíces de números enteiros
Potencias e raíces de números enteiros Obxectivos Nesta quincena aprenderás a: Expresar multiplicacións dun mesmo número en forma de potencia. Realizar operacións con potencias. Traballar con potencias
SAN AMARO. Capela no barrio de San Amaro Na parroquia de Santa María das Neves de Traspielas Na Unidade Pastoral d Os Cotos
SAN AMARO Capela no barrio de San Amaro Na parroquia de Santa María das Neves de Traspielas Na Unidade Pastoral d Os Cotos 1 OITAVARIO DE SAN AMARO DÍA 1º Unidade Pastoral d Os Cotos 2 (tod@s de pé) 1.-
PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD ( )
PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD (010-017) XUÑO 017 (OPCIÓN A). 0,75+1 ptos Página de 47 Página 3 de 47 XUÑO 017 (OPCIÓN B). 1,75 ptos Página 4 de 47 Página 5 de 47 SETEMBRO 017 (OPCIÓN A). 1 pto Página 6 de
Panxoliñas Manuel María
Panxoliñas Manuel María Esta ducia de panxoliñas é unha selección das que Manuel María escribiu fundamentalmente nos anos cincuenta e comezos dos sesenta e que utilizaba frecuentemente para felicitar as
MÚSICAS DURMIDAS. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas JOSÉ ABEAL LÓPEZ* Debuxos: Alfredo Erias
MÚSICAS DURMIDAS Músicas durmidas Músicas durmidas Músicas durmidas Músicas durmidas Músicas durmidas JOSÉ ABEAL LÓPEZ* Debuxos: Alfredo Erias Fóronseme tan lonxe os ollos hoxe que os atopei perdidos polas
IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_
: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_24.11.2010 IMAGINA ATLANTICA: ESPAZO ATLÁNTICO, TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES ACCION WP3.1: Programa de Intercambio
Contos. Jacob e Wilhelm Grimm. Tradución de Lucía Castaño
Contos Jacob e Wilhelm Grimm Tradución de Lucía Castaño Xacob e Wilhelm Grimm Contos Versión galega de Lucía Castaño A afillada da Virxe Ó pé dunha grande fraga vivía un leñador coa súa muller e tiñan
A GALIÑA AZUL de Carlos Casares
A GALIÑA AZUL de Carlos Casares ADAPTACIÓN TEATRAL María del Carmen Gómez Álvarez A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 1 A GALIÑA AZUL de Carlos Casares ADAPTACIÓN
