A SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL NOS

Documentos relacionados
Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

REDE EUSUMO. información e comunicación

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Achega as persoas á natureza, é unha forma sinxela e natural de reciclar os restos orgánicos, e ten múltiples beneficios ambientais:

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

1.- Organización da Escola de Primavera:

O CONTRATO DE TRABALLO

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

Política e Obxectivos de Calidade

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

IES CANIDO INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO

Que é unha rede de ordendores?

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

I Plan de Divulgación Científica da Universidade de Vigo

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

As persoas que presentan estes trastornos manifestan, en maior ou menor medida, as seguintes características:

Proceso de facturación.

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

- Língua Portuguesa na Galiza

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Planificación do curso escolar

Proxecto Esmelle. Convivencia entre veciños voluntarios e persoas que realizan Traballos en Beneficio da Comunidade

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

I Plan de Divulgación Científica da Universidade de Vigo. Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

DIRECTRICES DE EALTA PARA UNHA BOA PRÁCTICA NO DESENVOLVEMENTO DE PROBAS E NAS TAREFAS DE AVALIACIÓN DE LINGUAS

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

O GASTO ENERXÉTICO NAS NOSAS EMPRESAS: A XESTIÓN EFICIENTE

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Língua Portuguesa na Galiza

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos.

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

PIALE Integración en lingua portuguesa

I XORNADAS GALEGAS DE CALIDADE E SEGURIDADE DO PACIENTE

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Guía de actividades: Educación ambiental Educación para o consumo

CAMPA A RESGAL

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

Anexo III. Modelo de programación de proba libre de módulos profesionais

FECUNDACIÓN IN VITRO OU MICROINXECCIÓN ESPERMÁTICA (FIV/ICSI), CON TRANSFERENCIA E CONXELACIÓN EMBRIONARIA DOCUMENTO DE CONSENTIMENTO

Emilio Fernández: "Non estamos a formar universitarios e universitarias, senón especialistas"

Guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Que é a... Responsabilidade Civil Xeral?

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016)

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Transcrição:

A SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL NOS PROXECTOS DE ESCOLAS OBRADOIRO E OBRADOIROS DE EMPREGO UNIDADE DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO MANCOMUNIDADE DA ÁREA INTERMUNICIPAL DE VIGO

INTRODUCCIÓN Cada vez somos máis os cidadáns e cidadás conscientes da existencia dun ambiente fráxil que é necesario preservar, xa que del depende a nosa pervivencia como especie, a nosa saúde e a nosa calidade de vida. Esta conciencia medioambiental, que se vai xeneralizando a nivel social, é preciso que se vaia trasladando a todos os ámbitos de actividade na que os seres humanos estamos involucrados, non só polo que respecta ás actividades económicas, senón tamén polo que se refire ós hábitos e comportamentos sociais. Para que isto sexa posible é fundamental un traballo amplo e aberto de información e sensibilización social, que se ten que producir tamén no ámbito da educación formal e non formal, a través do que se pode denominar accións de educación ambiental e de formación medioambiental. Os programas de escolas e obradoiros non deben estar alleos a esta forma de actuar. É preciso que na realización dos traballos que lle son propios e na aprendizaxe profesional dos oficios, as persoas que reciben formación, así como o persoal que as capacitan, teñan uns coñecementos e unhas actitudes favorecedoras do medio ambiente, tanto polo que respecta ás condicións de saúde nos postos de traballo, como polo que se refire á calidade ambiental dos centros, as tarefas que neles se levan a cabo ou as intervencións que estas escolas e obradoiros realizan no contorno local. Mais se é importante este traballo de sensibilización e formación sobre o persoal e alumnado das escolas e obradoiros, non o é menos a posta en práctica, no marco dos propios proxectos, así como das accións materiais que estes realizan, dun conxunto de formas de organización e xestión medioambiental que minimicen os posibles impactos negativos das intervencións que se desenvolven e promovan unha acción favorable ó mantemento e mellora da calidade ambiental dos espacios sobre os que se actúa. Así pois, de cara a unha organización racional e planificada das accións medioambientais, todos os proxectos deberían realizar, como punto de partida e en función das súas características, unha análise ou estudio do impacto ambiental que poden xerar as súas actividades. Posteriormente deberase elaborar un plan de actuación ambiental, que pode realizarse tanto na fase de redacción do proxecto como na fase previa á posta en marcha do mesmo. Un plan de actuación ambiental debería incorporar, cando menos, dous elementos clave: a) Un programa de educación ambiental, que estableza un plan formativo e de actividades en materia de sensibilización e formación medioambiental, co fin de incorporar actitudes e aptitudes neste ámbito. Neste deberanse definir tamén as actuacións sobre o propio persoal formador e directivo. 2

b) Un plan de xestión ambiental, que estableza medidas para a minimización dos impactos ambientais que previsiblemente poden ocasionar as obras ou accións que se desenvolverán no marco do proxecto e que atenda ós sistemas de funcionamento das actividades e procesos laborais que se realizan no centro, promovendo, entre outros aspectos, a reducción de residuos e contaminantes, así como o aforro de enerxía. Aínda que poida parecernos un esforzo considerable desenvolver un plan de actuación medioambiental no marco dos proxectos, debemos ter en conta as repercusións que unha mala actuación pode ter, así como a función social que as escolas e obradoiros deben cumprir. Neste senso, as escolas que promoven unha xestión ambiental óptima nos seus proxectos deben consideralo un logro evidente do proceso formativo e de xestión. COMO DESEÑAR O PLAN DE ACTUACIÓN AMBIENTAL Para deseñar e, posteriormente desenvolver, o plan de actuación ambiental dun proxecto, no que converxen tanto elementos formativos como operacionais, débese atender ós seguintes aspectos:?? Determinar uns obxectivos previos que recollan as actitudes, coñecementos e métodos de traballo a desenvolver, de cara a promover a concienciación e capacitación dos integrantes das escolas e obradoiros.?? Analizar os contidos do proxecto, dende o punto de vista das súas implicacións medioambientais, determinando os problemas, puntos de atención ou centros de interese ambiental do proxecto, tratando así de adecuar os obxectivos previos a cada situación, tendo en conta o tipo de actividades que se realizan, a formación que se imparte e os posibles impactos ambientais que se poden xerar.?? Definir o perfil ambiental do centro ou sede da escola ou obradoiro, atendendo a aspectos tales como as características físicas do centro, a composición humana, as características das aulas e dos outros espacios de uso polo alumnado, etc.?? Avaliar o perfil sociocultural dos colectivos sobre os que está previsto actuar e que recibirán formación. Despois, unha vez que o proxecto se poña en marcha, haberase de facer un perfil evolutivo do grupo (recollendo informacións como a idade, o nivel de aprendizaxe do que se parte, as necesidades de formación existentes, a percepción das problemáticas e os intereses que se manifestan, as relacións do alumnado co contorno social e ambiental no que nos encontramos, etc.)?? Estudiar as características do contorno do centro, no que se realizarán as nosas accións de sensibilización e formación medioambiental, tanto polo que respecta 3

ás súas posibilidades físicas ou materiais, como polo referido ós posibles apoios locais e recursos cos que podemos contar para a implementación das accións de educación e xestión ambiental (actuacións da administración, iniciativas do movemento asociativo, políticas de residuos, etc.).?? Establecer unha metodoloxía de traballo para o cumprimento dos obxectivos que nos marcamos, así como un programa das actuacións a desenvolver.?? Dotarse ou viabilizar o emprego de aqueles recursos didácticos e materiais que deberán poñerse ó servicio do programa, para o cumprimento dos obxectivos previstos.?? Establecer os mecanismos de animación e os sistemas de seguimento, coordinación e avaliación do proceso de actuación ambiental que procedan. A EDUCACIÓN AMBIENTAL NOS PROXECTOS A partires de 1970 comezou a adquirir unha crecente importancia a educación que se dirixe ó coñecemento do medioambiente e da forma de actuar para a súa conservación e mellora. Este proceso coincidiu co incremento da conciencia medioambiental dos cidadáns e dos gobernos arredor dos problemas que unha forma de xestión incorrecta dos recursos do Planeta están a ocasionar, ata o punto de poñer en perigo a propia existencia da especie humana. Xurde neste contexto a educación ambiental, concepto que fai referencia ó proceso educativo mediante o cal as persoas logran achegarse a unha concepción global do medio ambiente, incorporando valores e desenvolvendo actitudes e aptitudes que lles permiten adoptar unha posición crítica e participativa respecto ás cuestións que teñen que ver coa súa conservación e coa utilización racional dos recursos para a satisfacción das necesidades reais actuais de todos os habitantes da Terra, sen que isto poña en perigo a sostenibilidade duns recursos sempre limitados e que debemos preservar como herdanza para as xeracións futuras. A educación ambiental debe ser un elemento integrante dun proceso educativo activo e debe ter carácter interdisciplinario e permanente, orientándose sobre todo á sensibilización e construcción dunha forma de pensar responsable e solidaria que responda axeitadamente ós cambios e transformacións que se producen a diario no medio ambiente. Trátase pois dun proceso que supera sobradamente as formas convencionais da educación formal e que pretende achegarse á totalidade da cidadanía, para a introducción dunha lóxica medioambiental en todos os ámbitos das relacións humanas e das relacións dos seres humanos co medio. Neste senso, a educación ambiental debe considerarse como un proceso aberto no que converxen e se interrelacionan os esforzos 4

de sensibilización e formación que levan a cabo gobernos, movementos sociais, empresas, centros sociais e de ensino e outras instancias. Polo que se refire á educación ambiental no ensino formal, ata hai pouco o seu desenvolvemento debeuse máis ás actitudes e inquedanzas propias de determinados docentes que a autenticas directrices educativas emanadas das administracións competentes. No ámbito da formación ocupacional, temos que salientar o interese que a Unión Europea está a amosar nos últimos anos para introducir un conxunto de módulos que faciliten a sensibilización dos traballadores e as competencias destes en materia de xestión ambiental. Neste camiño, as escolas obradoiro, as casas de oficios e os obradoiros de emprego deberán ir facendo tamén esforzos para que a educación e a xestión medioambiental dea os seus froitos nos proxectos. Para o desenvolvemento dun programa e unha metodoloxía de educación ambiental, imponse unha análise previa do contexto operativo no que se vai a desenvolver esta formación e unha necesaria adaptación ás idades, contexto sociocultural e ambiental, tipo de formación na que se introduce, etc. Polo que se refire ás escolas e obradoiros, debemos ter sempre en conta que existen algúns elementos previos que poden condicionar o desenvolvemento dun programa de educación:?? A idade do alumnado, xa que se actúa con idades avanzadas, sobre todo nos obradoiros, polo que resulta normal que existan unhas inercias creadas que debemos ir mudando.?? O tipo de formación que recibe o alumnado traballador destes proxectos, que se centra no desenvolvemento de habilidades profesionais, nas que os procesos que se realizan poden ter moita importancia na conservación do medio ambiente. Aínda que neste momento non sexa obrigatoria á integración da educación ambiental no currículo de formación a impartir nos proxectos de escolas e obradoiros, recoméndase a articulación de sistemas que contemplen a formación directa ou de forma transversal ó proceso de formación xeral que se desenvolve no proxecto. O programa de educación ambiental deberá dirixirse a: a) Traballar valores. b) Adquirir coñecementos. c) Aplicar os coñecementos e formas de actuación aprendidos ó propio desenvolvemento das tarefas que se realizan nos proxectos, tanto na súa vértente persoal (conducta), como na profesional (procedementos de traballo). 5

O proceso de educación ambiental deberá tamén repercutir no persoal docente, integrándoo, ó igual que o resto do persoal das escolas e obradoiros, mediante fórmulas como a organización conxunta das actividades. Para potenciar o éxito da educación haberá que dar o maior protagonismo posible a todas as partes e, de forma especial, ó alumnado, tratando de evitar que se sintan axentes pasivos do proceso. A maiores da formación que se poida recibir e da implicación de todos os integrantes de cada escola ou obradoiro nas tarefas de xestión ambiental do proxecto, debemos ter en conta que estes centros de formación-emprego poden ser ideais de cara á promoción de iniciativas como a elaboración de unidades didácticas medioambientais relacionadas cos proxectos ou a realización de actividades de voluntariado. Neste traballo de educación pode ser tamén moi útil contar co apoio e cos recursos didácticos, humanos e materiais cos que poden contar determinadas asociacións ecoloxistas, ou de outro tipo, para o coñecemento e actuación sobre o medio ambiente. O PLAN DE XESTIÓN AMBIENTAL NO MARCO DOS PROXECTOS A xestión ambiental refírese ós procedementos ordinarios e sistemas de organización interna dos centros para a realización das súas actividades cotiás e das accións puntuais que prevén os proxectos (impartición da formación, uso de oficinas e locais, desenvolvemento de actividades profesionais, intervencións en obra, etc.). De acordo cos pasos a seguir no proceso de deseño do plan de actuación ambiental das escolas e obradoiros, que xa foi tratado con anterioridade, cómpre elaborar para a súa posta en marcha un plan de xestión do centro que defina os obxectivos básicos dunha estratexia e dun sistema de xestión que involucre a todos. Neste senso, ante a posta en marcha dun proxecto de obradoiro ou escola recoméndanse as seguintes cuestións:?? Establecer un estudio das actividades que se desenvolverán no proxecto e no centro, analizando as súas características e as posibles consecuencias medioambientais que se derivan.?? Elaborar un programa aplicado ó proxecto que promova un modelo de xestión medioambiental no mesmo, de cara a realización de tarefas e procedementos de aforro de recursos e minimización de impactos.?? Promover o coñecemento do plan elaborado, sensibilizando ós colectivos involucrados, tratando de implicalos na súa implementación e control, organizando grupos de traballo e responsables de áreas, a poder ser como acción voluntaria. 6

?? Comezar a desenvolver as accións previstas no plan de acordo co programa establecido, que debe ser revisado e avaliado entre as persoas implicadas, para a mellora da xestión. Calquera plan e programa de xestión ambiental que se desenvolva nun proxecto deste tipo, deberá, cando menos, atender os seguintes campos de intervención. a) A xestión dos residuos e o control da contaminación. b) O aforro e a utilización da enerxía. c) A xestión de recursos naturais. a) Xestión de residuos e control da contaminación En relación cos residuos e elementos contaminantes, a nosa actividade debe sempre pretender a reducción dos mesmos, ben mediante un consumo controlado e racional dos productos que os xeran, ben mediante a reutilización e reciclaxe dos mesmos. Para aqueles residuos que non poidan ser reutilizados ou reciclados, haberemos de favorecer a súa eliminación polas canles que favorezan o seu tratamento axeitado, co fin de que o medio ambiente resulte o menos danado posible. Para establecer un plan de xestión que actúe sobre a nosa producción de residuos será importante valorar a cantidade deles que se poden xerar, as súas características e os posibles mecanismos de eliminación e minimización. Deberemos ter en conta a ampla normativa sobre tratamento de residuos e contaminación existente e coñecer ben os mecanismos establecidos para a eliminación de residuos no noso ámbito local. Para adecuar as nosas actuacións ás características dos residuos que se poden producir, cómpre especificar os tipos existentes, que se diferencian en aspectos tales como a súa orixe, o seu grao de periodicidade, o estado da materia, etc. A nivel da xestión das escolas e obradoiros, e aínda que dependendo das características do proxecto, debemos atender de forma diferenciada ós residuos sólidos urbanos (propios do consumo doméstico ou urbano, tales como vidro, latas, papel e cartón, plástico ou materia orgánica domestica ou a pequena escala), os refugallos de obra e os residuos procedentes das actividades agrícolas ou de xardinería, e os residuos considerados tóxicos ou perigosos (entre os que podemos citar productos que poden causar grandes prexuízos como pilas e baterías, disolventes, pinturas, deterxentes, ácidos e fitosanitarios, etc.). Debemos tamén considerar os residuos líquidos (que consisten maioritariamente nas augas residuais, pero que poden ser de tipo moi variado dependendo dos elementos disoltos nos efluentes e as características dos mesmos). 7

Ademais da contaminación que pode producir a xeración de residuos, máxime se non se controla este proceso, existen outras formas que deben ser adecuadamente tratadas, como é a contaminación acústica e a contaminación atmosférica. A incidencia de ambas dependerá enormemente das actividades que realicemos, das características do contorno e dos sistemas e procedementos de traballo que empreguemos para a súa minimización. b) Aforro e utilización da enerxía Esta é unha parte importante da acción medioambiental que se pode desenvolver nas escolas obradoiro e nos obradoiros de emprego. Aínda que os proxectos conten con posibilidades para o financiamento do consumo, debemos considerar malgasto e dano á natureza todo o que non se encamiñe ó seu aforro, pois a obtención da enerxía soe ter uns importantes custos ambientais e económicos para os países e os cidadáns, ó tempo que se poden poñer en perigo as propias fontes das que se obteñen. Así pois, débese establecer nos proxectos un plan de aforro e optimización do consumo enerxético, controlando, entre outros aspectos, as necesidades de iluminación e calefacción, o consumo de auga quente, así como os tempos de acendido de aparatos e maquinaria. Pódense utilizar aparatos e mecanismos de aforro, aproveitando mellor os momentos de consumo que requiren as nosas actividades, evitando as perdas de enerxía nas instalacións. Por outra banda, no marco dos proxectos pódese promover a utilización de enerxías renovables, como a enerxía solar, ben mediante a instalación de paneis solares para a producción de electricidade, ben mediante a instalación de sistemas de auga quente solar, por poñer algúns exemplos. c) Xestión de recursos naturais En todos os proxectos faise uso de certos productos obtidos a través da transformación de recursos naturais mediante procesos máis ou menos complexos que empregan enerxía e xeran residuos, razóns estas pola que deben ser consumidos racionalmente. Pero, asemade, en determinados proxectos este uso de recursos naturais pode chegar a ser moito máis intensivo e requirir un coidado especial. Así, deberemos prestar unha especial importancia a temas como a xestión das augas limpas, promovendo o seu aforro e evitando a súa contaminación, controlando posteriormente os residuos resultantes de cara a facilitar o seu tratamento e depuración. Deberemos atender tamén á calidade das terras, evitando os procesos de erosión do solo e na medida do posible o uso de determinados abonos, insecticidas e herbicidas, que, ademais de caros, poden resultar altamente nocivos. Neste senso, pódense 8

desenvolver sistemas de aproveitamento da materia orgánica mediante procesos de compostaxe, sistema que permite o aporte de nutrientes á terra. Debemos colaborar tamén na conservación da biodiversidade, respectando a riqueza florística e faunística dos espacios nos que intervimos, colaborando en tarefas de rexeneración vexetal de áreas degradadas e na preservación de variedades tradicionais autóctonas que, polo xeral, se adaptan de forma mellor ó medio. MEDIO AMBIENTE E SAÚDE LABORAL Medio ambiente e saúde son dous aspectos intimamente relacionados, xa que só nun ambiente saudable podemos preservar a nosa saúde física e psíquica. O medio ambiente laboral debe ser coidado, xa que é o noso espacio de relación e a nosa saúde está en xogo. Debemos adecuar os locais, proporcionando condicións axeitadas de aireación, nivel de ruído, exposición a fontes de radiación e contaminantes, iluminación, etc. 9