10. Botamos as redes

Documentos relacionados
Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas

Unha viaxe á lúa.

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE. Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES. Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR. Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

MISA CON NENOS 24 de decembro º ADVENTOº-B Evanxeo de LUCAS 1, 26-38: Alédate, chea de graza, o Señor está contigo. Mensaxe: Busca a ESTRELA que

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Potencias e radicais

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

05 Movémonos mellor?

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

Celebración do perdón. Grazas, Señor. Un corazón necesitado de acollida. Saúdo

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

A poboación mundial 1. Cifras e distribución 2. Movemento natural 3. Contrastes demográficos 4. As migracións Carlos Díaz Diéguez - IES As Mariñas

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

OS MELLORES REIS. Mari Luz (As Somozas)

A GALIÑA AZUL de Carlos Casares

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

FERRAMENTAS PARA A BÚSQUEDA DE EMPREGO O CURRÍCULO

Múltiplos e divisores

Nesta unidade imos deseñar e presentar unha campaña publicitaria. Para iso, imos aprender:

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE

Potencias e raíces de números enteiros

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

Donkey Xote 1 de 15 DONKEY XOTE. (Os protagonistas están inspirados na novela de Cervantes El ingenioso hidalgo Don Quijote de La Mancha)

EDUCANDO PARA A SOSTIBILIDADE: XESTIÓN N DE RESIDUOS. CEIP de Viñas POIO

SISTEMA DIÉDRICO I Intersección de planos e de recta con plano TEMA 8 INTERSECCIÓNS. Obxectivos e orientacións metodolóxicas. 1.

Que é unha rede de ordendores?

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

FILOSOFÍA MODERNA. O problema do método: a idea de substancia en Descartes e o problema da veracidade divina.

Que hora é? Obxectivos desta unidade Pedir ou dar información sobre horarios Identificar obxectos Describir unha xornada habitual

CADERNO Nº 6 NOME: DATA: / / Proporcionalidade. Formar proporcións. Dados tres números calcular o seu cuarto proporcional.

Somos auga GUÍA DIDÁCTICA. 1º Ciclo de Educación Infantil Rapaces de 1 a 3 anos. Proxecto educativo sobre a importancia da auga

XVI - XOCAS, XERENTE DO CO.MA.

EXEMPLIFICACIÓN DIDÁCTICA PARA ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL.- AREA: Coñecemento do Medio. CURSO: 3º de Educación Primaria.

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

1º e 2º de Primaria ACTIVIDADES MANUEL MARÍA, 1º E 2º PRIMARIA. LETRAS GALEGAS,

LECTURA. Super PEPO e o caso do ensuciador misterioso

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

Debate Born into Brothels. Kauffman & Briski (2004). US

PELÍCULAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS POPULARES

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

SEA. Seguridade e medio ambiente

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia O emprego en 2015: pouco, precario e sen dereitos Setembro de 2015

PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

Panxoliñas Manuel María

1. Disse Jesus: Eu sou o pão da vida. Quem vem a mim não terá mais fome e quem crê em mim jamais terá sede. Jo 6,35

Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

COMPOSICIÓN DE TEXTO (sobre tema de tipo Filosófico)

AS FRASES FEITAS NO REXISTRO COLOQUIAL

CAIXA TORRE (MATEMÁTICAS CON PAPEL)

1.- Organización da Escola de Primavera:

Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a. a nosa lingua

SENTIMENTO GALEGUISTA

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Nesta unidade imos coñecer os compañeiros de clase e facerlles recomendacións para aprender mellor o galego. Para iso, imos aprender:

Ola, como te chamas?

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DIREITOS HUMANOS. Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades

Os irmáns Corazón de León

Inecuacións. Obxectivos

MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL SOLICITANTE

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /

A AVALIACIÓN. Mínimos esixibles

Nome e apelidos:... materiais sólidos (ou no interior fundidos a altas temperaturas)

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

Manual do formatador Kfloppy

OS ECOSISTEMAS. Pepe CEIP ROSALÍA DE CASTRO (LUGO) T R A D U C I Ó N C I E N C I A S D A N A T U R E Z A. Q U I N T O C U R S O / 1 5.

Números decimais. Obxectivos. Antes de empezar. 1.Números decimais...páx. 44 Elementos dun número decimal Redondeo e truncamento dun decimal

TITORIAL DA FERRAMENTA CROWDMAP PARA MAPEADO COLABORATIVO. Dereito ao hábitat

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

Abril dos libros. Lendo para medrar. Adaptacións curriculares A importancia de almorzar ben. Revista para as familias do alumnado

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

DOMINGO I DE ADVENTO

As claves da. factura eléctrica

BADMINTON DOBRES E DOBRES MIXTOS

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

GRAO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA E AGROALIMENTARIA Informe de satisfacción de prácticas. Curso Contenido

O TEATRO GREGO CUESTIONARIOS DE LECTURA

Transcrição:

10. Botamos as redes No horizonte Xesús é modelo de Fidelidade a Deus Si mesmo Próximo pola súa pola súa polo seu 98 Confianza Coherencia Compromiso

Estamos en rede O domingo que vén toda a miña familia vaise xuntar para celebrar as vodas de ouro dos meus avós. Son unhas persoas que se ven felices. Que guai! Será un gran día para toda a familia, non? Si, aínda que o meu tío Andrés non poderá vir. Está en Tanzania facendo de voluntario no proxecto Matumaini. Matumaini, que nome tan raro! Signifi ca esperanza na lingua suahili. Tentan promover os dereitos dos nenos e nenas que viven na rúa. E como o fan? Educando nas escolas, levando a cabo campañas de sensibilización en España e en Tanzania para coñecer a situación dos nenos e poder axudalos Vaia tío tes: non só é fi el aos demais, tamén o é a si mesmo e aos seus principios! Por que o fai? Quere seguir a Xesús? 99999

100 Bota áncora: «Valoro a coherencia» Grafiti no río Un día, os meus amigos e mais eu faciamos un grafi ti no muro do río. O Concello permítenos decorar ese espazo coa nosa arte. Mentres pintabamos, discutiamos sobre o mundo, os políticos, o consumismo e os medios de comunicación. O desalento xeral facíanos sentir fatal. Entón apareceu Dani. Presentouse e díxonos que era xornalista. Escoitara a nosa conversa e propúxonos facer un documental. Como? dixo Lucas, un da cuadrilla. Pero se nós do único que podemos falar é de grafi ti. Das outras cousas non temos nin idea nin tampouco nos interesan. Pero a min gustaríame que explicásedes como vedes o mundo e o voso futuro. Quedamos alucinados. Parecíanos imposible que alguén estivese interesado nas nosas opinións. Non acabaramos os estudos porque non viamos a maneira de poder ter un traballo. Só viamos un futuro negro perante nós; sentiámonos sós e á marxe da sociedade. O proxecto do documental foi o comezo dunha aventura trepidante. Dani non nos quería gravar, senón que quería que aprendésemos a usar a cámara e a fi lmar, que nós mesmos entrevistásemos outros adolescentes e mozos da cidade. Parecíanos un soño. Aquel proxecto facía que nos sentísemos útiles. As experiencias que nos contaba Dani tamén nos axudaron a cambiar. Contábanos que viaxaba polo mundo captando a grandeza, a miseria e a dignidade das persoas; o seu obxectivo era denunciar as inxustizas sociais coas súas imaxes e cos seus documentais. Pasados uns meses díxonos que lle atoparon un tumor na garganta. E que faría quimioterapia. Despois de tantas viaxes polo mundo, debo parar e coñecer o meu mundo interior: os meus medos, os meus sentimentos, as miñas inseguridades e atopar a miña forza para superar a enfermidade e vivir. Agora valoro máis os bos amigos e a familia, que loitan connosco e están ao noso lado en todo momento díxonos Dani. Terminamos o documental e presentámolo no centro cívico do barrio. Foi moi emocionante e inesquecible. Proxectamos o noso documental e causou un grande impacto. Recibimos moitos aplausos e sentímonos satisfeitos. Agora Dani xa está recuperado e segue loitando por un mundo máis xusto con novas reportaxes. Está en Colombia, fi lmando un documental con mulleres afectadas pola guerra. E sempre di que nós o axudamos a saír adiante coas nosas gañas de cambiar e o noso novo entusiasmo.

Todos temos valores que nos definen e nos axudan a afrontar as situacións que nos expón a vida. Un dos máis importantes é a coherencia. Unha persoa é coherente cando se mantén fiel aos seus principios, valores e pensamentos, e actúa de acordo con eles. Decido e actúo Valoro Analizo Destes dous exemplos, di quen é coherente e quen é incoherente. Razoa a túa resposta. a) Un compañeiro diche que non se apuntou a teatro e a fi n de semana decátaste de que vai aos ensaios e que actúa como protagonista da obra. b) Un ciclista afi rma que nunca marchará do equipo que o fi xo debutar; aos dous anos rexeita unha oferta millonaria doutro equipo. Lembra algunha situación na que te amosases especialmente coherente. Relata a túa experiencia e escribe como te sentiches. Sinala se ante esta situación as respostas presentan ou non o valor da coherencia. Alfredo é moi tímido, quere ser enfermeiro e necesita aprobar o último exame. Dedicou moitos meses a estudar, pero suspende. a) Vence a súa timidez e pide unha revisión do exame porque cre que houbo unha equivocación. b) Non pide a revisión do exame porque lle pode a súa timidez e decide presentarse á seguinte convocatoria. c) Acepta o suspenso e decide non volver presentarse a ningunha oposición de enfermeiro. Cal sería a túa resposta fronte a unha situación parecida? Por que? Seguro que coñeces moitas persoas coherentes. Nomea unha delas e destaca algún feito concreto no que demostre a súa coherencia. Pensa como podes poñer en práctica o valor da coherencia na túa vida e parecerte á persoa que elixiches. Que tes que cambiar na túa forma de actuar? Explica unha acción que poidas levar a cabo e que poña de manifesto os anteriores valores. Cando o noso modo de pensar modo de actuar concordan somos COHERENTES 101

Xesús é fiel a Deus Porque deposita en Deus toda a súa confianza. A súa unión con Deus era tan estreita que o chamaba Abba, que significa papá ou papaíño, cando se dirixía a El mediante a oración. Mesmo no momento da súa morte confía en Deus, e pídelle que se faga a súa vontade. a si mesmo Porque acepta plenamente a misión que Deus lle encomendou. O seu compromiso co Reino de Deus é total: os seus pensamentos, as súas palabras e as súas accións amosan a súa coherencia. A súa vida é un fiel reflexo da súa fe. aos demais Porque se achega a todas as persoas: pobres, ricos, enfermos, sabios, pecadores Está comprometido a lle axudar ao próximo, anunciando o Reino de Deus como o camiño para vivir feliz. Todo o que fai e di está cheo de amor polos demais, porque o Espírito de Deus está con El e dálle forza e sabedoría. E arredándose deles como un tiro de pedra, púxose a rogar axeonllado: «Meu Pai, se queres, arreda de min este cáliz. Pero que non se faga a miña vontade, senón a túa». Lc 22, 41-42 Xesús percorría a Galilea enteira ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa Nova do Reino, curando canta doenza padecía o pobo. Mt 4, 23 O Espírito do Señor está sobre min, porque El foi quen me unxiu [ ]. Mandoume para lles anunciar a liberación aos secuestrados e a visitar os cegos, para lles dar liberdade aos asoballados. Lc 4, 18 102 Xesús é modelo de fidelidade a Deus Os cristiáns e as cristiás cren que a verdadeira felicidade está no Reino de Deus que anuncia Xesús e quérena para eles. Por este motivo esfórzanse por vivir os valores da mensaxe. Estes valores, entre outros, son: a obediencia, a caridade, o perdón, a solidariedade, a compaixón, a esperanza, a confianza, o compromiso Todos estes valores recóllense nun só mandamento que dá Xesús: «Que vos amedes uns a outros como eu vos amei». O Espírito Santo dá forza para cumprir este mandamento de Xesús.

Actívate e aprende 1. Responde as seguintes preguntas: a) Xesús é un modelo para os cristiáns? Por que? b) Cres que o mandamento que dá Xesús é fácil de levar a cabo? Por que? c) De onde reciben a forza os cristiáns para poñer en práctica este mandamento? 2. Pensa nalgunha dificultade ou nalgún enfrontamento que tiveches ultimamente. Describe que sucedeu e como se resolveu. Que valores manifestaches? 3. Reflexiona sobre esta iniciativa e responde as preguntas. Desde hai uns anos, Don Xosé, o párroco da miña parroquia, leva adiante unha iniciativa cos nenos que xa fixeron a Primeira Comuñón e que queren participar. Durante varias fins de semana, en Advento e Nadal, vai polas rúas da cidade dándolles de almorzar aos pobres que piden para comer. Organízase cos nenos para levar o necesario: café nun termo, leite, azucre, madalenas e galletas, vasos, culleriñas Está moi contento porque todos os anos os nenos que participan se senten moi felices por rea lizar esta experiencia e queren repetila o ano seguinte. a) Como se cumpre o mandamento que dá Xesús de «amádevos uns a outros como eu vos amei»? b) Por que están todos contentos e repiten a experiencia ano tras ano? c) Participaches algunha vez nunha iniciativa parecida? En caso afi rmativo, conta a túa experiencia En caso negativo, gustaríache facelo? d) Pensa nunha iniciativa na que poidas participar para axudar a outras persoas. Grupo Responsable Iniciativa Beneficiarios Parroquia Don Xosé, o párroco Dar de almorzar no Advento e no Nadal. Os pobres que piden para comer, e os nenos e Don Xosé que dan para comer. 4. Escoita e canta a canción I Must Tell Jesus. Que actitudes de Xesús destacan na canción? Como se comunican con Xesús? 5 CTRL + gardar Os cristiáns e as cristiás toman como modelo para imitar a Xesús pola súa fidelidade a Deus, a si mesmo e aos demais. 103

O proxecto de vida dos cristiáns e das cristiás A finalidade deste proxecto é poñer en práctica o amor cara aos demais, que é como o cristián vive feliz. Este proxecto baséase na fe, escoitando a súa conciencia a través da súa relación con Deus, e en vivir con liberdade e en paz. Como quero ser? O proxecto de vida dá resposta a esta pregunta. É saber que se quere ser para conseguir vivir a vida con sentido. Conciencia No seu interior, cada persoa pode escoitar como unha voz que lle fala. Esta voz interior chámase conciencia e axuda a diferenciar o que está ben do que está mal e a tomar decisións. Os cristiáns e as cristiás confían na forza da oración. A través dela, escoitan a Deus, e isto axúdaos a tomar boas decisións. Liberdade Deus crea as persoas libres. Dálles a capacidade de tomar decisións e de trazar o seu propio proxecto de vida. Os cristiáns e as cristiás comprométense libremente a vivir a súa vida segundo o Evanxeo. Paz Deus desexa que vivamos en paz uns con outros e tamén que teñamos paz no noso interior. A paz empeza no corazón de cada un e esténdese ao resto das persoas. Actívate e aprende 5. Explica como actuarías en cada unha destas situacións se segues a túa conciencia, usas correctamente a liberdade e procuras ter paz. a) Dixécheslle ao teu pai que o acompañarás ao supermercado pola tarde; un amigo convídate a unha festa o mesmo día e á mesma hora. b) Un amigo teu discute cunha persoa que non coñeces, pero sabes que o teu amigo non ten razón. 104 CTRL + gardar O proxecto de vida cristián baséase no amor e na fe para vivir con liberdade e en paz.

Actuar para alcanzar o que queremos Nicodemo é un exemplo de vida cristiá: toma conciencia de que quere achegarse a Xesús e actúa libremente e con valentía sen importarlle o que dirán. Xesús atópase con... Nicodemo Había entre os fariseos un home chamado Nicodemo, maxistrado dos xudeus. Este veu onda el pola noite e díxolle: «Rabbí: sabemos que viñeches de Deus como mestre, pois ninguén pode facer estes signos que ti fas, non sendo que Deus estea con el». Respondeulle Xesús: «Con toda verdade cho aseguro: como un non naza de novo, non pode ver o Reino de Deus». Replicoulle Nicodemo: «Como pode un home nacer, sendo vello?: pode entrar outra vez no seo da nai e nacer?». Respondeulle Xesús: «Con toda verdade cho aseguro: como un non renaza pola auga e o Espírito, non pode entrar no Reino de Deus». Xn 3, 1-5 Nicodemo é un discípulo... SABIO HUMILDE DECIDIDO ALEGRE «Había entre os fariseos un home chamado Nicodemo, maxistrado dos xudeus.» Os xefes xudeus velaban polo cumprimento da Lei xudía. «Rabbí: sabemos que viñeches de Deus, como mestre.» Sendo el xefe xudeu, recoñece que Xesús é o seu mestre. «Como pode un home nacer, sendo vello?» O seu único afán é coñecer como pode entrar no Reino de Deus. «Como un non renaza pola auga e Espírito non pode entrar no Reino de Deus.» Porque Xesús dálle resposta á súa inquietude. Actívate e aprende 6. Rabbí en hebreo significa Mestre. Por que cres que Nicodemo lle chama Mestre a Xesús? Que pode aprender Nicodemo de Xesús? 7. Xesús dille a Nicodemo: «Como un non renaza pola auga e o Espírito, non pode entrar no Reino de Deus». Con que sacramento ou sacramentos relacionas esta frase? Por que? 8. Contesta: Actuaches algunha vez coma Nicodemo, sen prexuízos sobre o que dirán? Pon un exemplo dunha situación na que actúes con sabedoría, humildade, decisión ou alegría. 105

Tarefas: Describo e interpreto Coas nosas mans e con instrumentos podemos traballar e moldear a arxila ata obter a forma desexa da. Así tamén as persoas podemos modelar a nosa maneira de ser ata que teña a forma que desexamos. 9. Pensa un título para esta figura e responde as preguntas. a) Que representa esta figura? b) Que che suxire a postura na que se atopan as figuras? c) Que sentimentos te esperta? 10. Modela coas túas mans unha máscara de arxila que te represente. Cando a remates, exponlle o resultado aos teus compañeiros e dilles que quixeches plasmar da túa personalidade. 11. As persoas parécense á arxila. Sofren cambios na súa forma de ser, provocados por un proceso de aprendizaxe e pola experiencia, que moldea a súa personalidade. Reflexiona sobre como cambiou a túa forma de ser. Fai unha lista das persoas ou dos grupos de persoas que influíron na túa forma de ser. Escribe á beira de cada un que che achega ou que che achegou na túa vida. Persoas ou grupo de persoas Achegoume...... 106

Ver, escoitar, ler... VIVIR! Cadea de favores Un mestre proponlles aos seus alumnos que pensen algunha idea que poida contribuír a mellorar o mundo. Un dos seus alumnos toma moi en serio a proposta do seu mestre e ten unha grande idea: cada persoa deberá axudar tres persoas en algo que por si soas non poderían lograr, e estas, á vez, deberán axudar outras tres máis, e así sucesivamente O protagonista da película é un exemplo de persoa coherente que actúa seguindo os seus valores. Título: Cadea de favores Directora: Mimi Leder Estados Unidos (2000) Un neno chega feliz do seu primeiro día de colexio e dille á súa mamá: Mamá, mamá! Xa sei escribir! A mamá dille: Que ben! E que escribiches? O neno responde: Como o vou saber, se aínda non aprendín a ler! Actualiza os teus coñecementos 1. Completa as frases. a) Xesús é sempre... a Deus, confía nel e cumpre a súa vontade. b) Xesús é fi el a si mesmo e acepta a misión que... lle encomendou. c) Xesús é fi el aos... e brinda a súa axuda a todo o que se lle achega. d)... é modelo para os cristiáns. 2. Responde as preguntas. a) Quen anuncia o Reino de Deus? b) Cal é o mandamento que recolle todos os valores que se dan en Xesús? c) Que forza necesitan os cristiáns e as cristiás para cumprir este mandamento? 3. Busca na sopa de letras catro palabras relacionadas co proxecto de vida cristián e explica en que consiste. P O P I S V S H S A R T U M E A L T Z E B Z R E I S O R P E I O Q M S I A C O D M N E D D H M G D A E R T B L I B E R D A D E N B X H L E F X S 4. Puntúate do 1 ao 4 en cada cuestión. Interese pola fi gura de Xesús.... Traballo individual das actividades.... Respecto polo proxecto de vida cristián.... 107