SERRA DO LABOREIR0. Adela Leiro, Mon Daporta. Pena de Anamão (Castro Laboreiro)

Documentos relacionados
COSTA DE DEXO E SERANTES

e diferente ter un bo a camiñar.

COSTA DE FOZ. Distancia: 17 km (lineal) Dificultade: baixa Duración: 5 a 6 horas

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

Proceso de facturación.

Seo de Nemiña 05_05_ EMPRAZAMENTO DATOS XERAIS

1/10. Casa Luis e Gloria Urb. A campiña, 56. Lugo, España 01. FOTOGRAFÍAS XV PREMIOS COAG ARQUITECTURA PLANOS 03. MEMORIA 04.

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

TC S: NARÓN (1,140 Kms) Talleres Gandoy

Que é unha rede de ordendores?

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

Requisitos para subir documentos ao

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

05 Movémonos mellor?

FICHAS DO XOGO. (Adaptado do xogo Descubriendo al invasor da Comunidad de Madrid) Co apoio

Matemática Financeira

DATA: Domingo 15 de Maio de 2016, a partir das 10:00 horas. LUGAR: Pavillon de deportes de Mesoiro-A Coruña.

Double-click to enter title

SBN: O TEMPO NO XORNAL

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

Potencias e radicais

BENQUERENCIA TERRA - MAR

Costa de Morás 01_04_ EMPRAZAMENTO DATOS XERAIS

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

O envase churrusqueiro

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

As claves da. factura eléctrica

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

AS ROCHAS. As rochas están sometidas a un ciclo contínuo de formación e destrucción

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL

Encontrinhos Ourense Baiona

3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

VOLUNTARIADO XACOBEO 2010

Múltiplos e divisores

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Nome e apelidos:... materiais sólidos (ou no interior fundidos a altas temperaturas)

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /

GATIÑAS E GATIÑOS. Club

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

CARREIRA CALVARIO 5+5

Xeometría analítica do plano

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

BADMINTON DOBRES E DOBRES MIXTOS

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

SISTEMA EXCRETOR IES ANXEL FOLE. 1º DE BAC

PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD ( )

A circunferencia e o círculo

XEOMETRÍA MÉTRICA DO ESPAZO

Subida ao Pindo pola ruta dos Aguillóns (Carnota)

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

As plantas dunares Caderno de actividades didácticas

ESPAÑA ARXILOSA. Tipo de rocha predominante: A rocha predominante é a arxila, que é unha rocha

SISTEMA DIÉDRICO I Intersección de planos e de recta con plano TEMA 8 INTERSECCIÓNS. Obxectivos e orientacións metodolóxicas. 1.

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

PIALE Integración en lingua portuguesa

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

PROTOCOLO USO PISTOLAS INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN

Nacemento do río Sor, de Ambosores a Mañón ( A Coruña)

Piornedo- Balouta Rao - Coro de Rao- Murias-Pandozarco- Piornedo

RUTA DO EUME. 3 DÍAS (3 días / 2 noites) 94 KM 4 CONCELLOS As Pontes de García Rodríguez, A Capela, Pontedeume, Ares.

Control de programación en Matlab

FICHA TÉCNICA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

IX CARREIRA POPULAR DE CHANTADA 10 km no corazón REGULAMETO

Unha viaxe á lúa.

FICHA TÉCNICA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Camposancos 07_02_ EMPRAZAMENTO DATOS XERAIS

ACTA DA XUNTANZA ORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE VILAR DE INFESTA 2 DE OUTUBRO DE 2014

21:43 - Especial Noturna - Zona Industrial Miranda do Corvo

III CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA - SERIES MUNICIPAIS

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

EXERCICIOS DE XEOMETRÍA. PAU GALICIA

AREEIRAS DA LIMIA PROBA DA LIGA GALEGA DE ORIENTACIÓN EN BICICLETA DE MONTAÑA 17 DE XUÑO 2018 ORGANIZACIÓN DATOS DO MAPA E TERREO

A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de:

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Inecuacións. Obxectivos

EXERCICIOS AUTOAVALIABLES: XEOMETRÍA MÉTRICA DO ESPAZO

Volver empezar. Nesta unidade imos inventar a biografía do candidato ideal para un posto de traballo. Para iso, imos repasar e aprender:

Este proxecto musical nace en 2012 cando varios músicos e profesores de corda de Galiza, interesados na interpretación da música dos séculos XVII e

PROPOSTAS PARA PARTICIPAR NO MARCO DA CAMPAÑA #COMPOSTELAENNEGRO. #EnNegroContraAsViolencias. #Galiciaennegro

Consulta Existencia do Asociacions 2017 Grafico Zonas. Se Realizarón un total de 400 Consultas na Enquisa: Existencia do Asociacions 2017

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Transcrição:

SERRA DO LABOREIR0 Adela Leiro, Mon Daporta A Serra do Laboreiro forma un arco con orientación NO-S ao longo da fronteira (coñecida como Raia Seca) entre Galiza e Portugal; desde o val do río Barxas ou Troncoso (onde cae cara ao Miño), ata o Castro Laboreiro (Limia). Ocupa terreos nos concellos de Padrenda, Quintela de Leirado, Verea, Bande, Lobeira, Lobios e Entrimo (Ourense); Melgaço (Portugal). É unha serra de morfoloxía suave, formada por granitos de dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental. Nos cumes do Laboreiro fórmase unha ampla penichaira duns 1.200 m de altitude media, situada no concello de Castro Laboreiro. Os monte máis altos son o Gestosa (1.344 m), en Portugal e o Codesal -marco 34- (1.334 m), na fronteira. Na serra do Laboreiro nacen tributarios do Miño (Deva e Troncoso); e do Limia (Cadós, Grou e Casal na vertente galega e Castro Laboreiro na portuguesa). O Laboreiro é unha serra con interese histórico, etnográfico, paisaxístico e biolóxico. Unha serra distinta, sen grandes cumes pero de fermosas panorámicas que abranguen, cara ao norte e o leste, o suroeste da provincia de Ourense e a serra do Xurés, e cara ao sur as terras de Castro Laboreiro, e as serras da Peneda e da Fonte Seca. Propoñemos unha visita para descubrir e gozar do amplo planalto que se agocha detrás das suaves lombas que o rodean, con case todas as alturas coroadas por mámoas (hai máis de cen recoñecidas e algunha excavada), no que viven en réxime de semilibertade centos de vacas e ducias de cabalos. Unha visita que se pode facer en calquera época do ano pero que se volve impresionante a finais da primavera, e comezos do verán, durante a floración das matogueiras que fan que a paisaxe vaia mudando de cor ao longo dos días, pasando da púrpura dos breixos e das uces á amarela das carqueixas, as carpazas boieiras, os toxos sen esquecer o verde fresco das inmensas praderías e outras cores e outras plantas menos abondosas pero de grande interese botánico, pola sua rareza ou exclusividade. Un espazo ao que non é dificil aceder e que se pode percorrer sen grandes esforzos e sen maiores complicacións porque os desniveis, arriba, son suaves, a vista abrángueo todo e as referencias están sempre presentes. Pódese ir duns cumes a outros pola liña da fronteira e recoñecelos pola numeración dos marcos fronteirizos, como o fan os veciños dos lugares próximos, ou a valmontes porque o mato ten moi pouca altura e hai carreiros do gando por todas partes. O acceso pódese facer desde Padrenda por Lapela ou Gorgua; desde Quintela de Leirado por Mociños ou Xacebáns; desde Verea por Outeiro de Augas; desde Lobeira pola Fraga; desde Lobios por San Bieito de Grou; desde Entrimo por Queguas; e desde Castro Laboreiro por Portelinha, Rodeiro, Cainheiras e a Seara. Panorámica dos cumes: O Codesal, Gestosa, Pena de Anamão e Alto da Preguiça Pena de Anamão (Castro Laboreiro)

Lagoa ao pé do Froufe Planalto do Laboreiro Panorámica dos cumes do sur do Laboreiro Vistas panorámicas da vertente galega do Laboreiro

Armeria humilis Arenaria e Lotus Lagartiña dos penedos (Podarcis hispanica) Silene acutifolia Escaravellos bosteiros Bolboreta Calloprhys rubi Ornithogalum concinum Vacas e cabalos criados en liberdade nos pasteiros do Laboreiro

Subida por Xacebáns (Penagache) Distancia: 17 km (ida e volta) máis o percorrido polos cumes Dificultade: media Xacebáns e Penagache ao fondo A Penagache Na estrada de Padrenda a Bande pouco despois de cruzar o río Deva ao pé do encoro do Retortoiro atopamos á dereita da estrada o desvío a Xacebáns. Achegámonos á localidade e alí xa temos indicadores do camiño a Penegache. Xa sen perda e por esa pista temos que facer case 9 km e superar uns 600 m de desnivel para chegar á liña de cumes e liña da fronteira moi preto da Mota Grande, unha mámoa de grandes dimensións. Un par de quilómetros antes, e feito xa o máis duro da subida, pasamos á beira do penedo de Penagache desde o que se domina o val do Deva e panorámicas de todos os territorios de arredor. A Penagache desde os cumes do Laboreiro Vista desde Penagache cara nordeste

Subida desde Fraga (cumes da serra) Distancia: 20 km (ida e volta) Dificultade: media Duración: 7 horas A Fraga (Lobeira) Monte Meda (marco 31). Ao fondo Froude e Penagache. Desde Lobeira, por Parada do Monte, chegamos á Fraga a localidade que se atopa máis preto dos cumes do Laboreiro e no remate da estrada sae á dereita unha pista de terra que, nuns 6 km, superando 250 m de desnivel, sube á liña da fronteira. Nese punto temos de fronte un marco da fronteira, o número 27, e camiñando cara á esquerda podemos chegar aos máis altos, o 31 (o Meda, 1.318 m), o 34 (o Codesal, 1.334 m), e entre un e outro, internándonos en Portugal, chegamos en 2 km ao cume da Xestosa (1.336 m) o máis alto da serra. O Codesal (Marco 34) Planalto do Laboreiro, no centro o Xestosa. o cume máis alto da serra.

Subida por Rodeiro (das mámoas) Distancia: 20 km (ida e volta) Dificultade: baixa Duración: 7 horas Camiño de Rodeiro Na saída de Castro Leboreiro cara a Lamas de Mouro atopamos, á dereita, unha estradiña con indicadores a varias localidades, a última delas a uns 3,5 km, e a máis próxima ao planalto, é Rodeiro. Nesta localidade un desvío á dereita sinalado con indicadores de roteiro lévanos a unha pista que en 6,5 km e superando 150 m de desnivel, pasa ao pé dos xacementos arqueolóxicos da Mansão do Guerreiro e lévanos ás mámoas do alto da Portela do Pau, ao pé da liña da fronteira. Encoro para auga do gando, na Corga dos Piornais Dolme na Portela do Pau. No interior conservánse petróglifos. Planalto do Laboreiro

De Portos á Gestosa Distancia: 4/7 km (circular, a pé) Dificultade: media Duración: 3/4 horas O percorrido de cor azul, duns catro quilómetros ata o pé da subida á croa do monte, pódese facer en veículo todoterreo aínda que ten algún punto difícil. Ao pouco de saír de Castro Laboreiro cara á Ameijoeira collemos un desvío á esquerda que nos leva a Eiras, a Seara e Portos. Portos é unha branda formada por dous grupos de casas, a que se atopa máis preto do cume do Gestosa. Deixamos o veículo na bifurcación da estrada entre os dous grupos de casas e camiñamos cara ao da dereita, cruzámolo, baixamos ata o regueiro, que cruzaremos por unha singular pontella, e sen deixar ese camiño imos camiñando deixando o monte á esquerda ata chegar a outro camiño no que colleremos cara á esquerda e un pouquiño máis adiante deixarémolo para cortar cara arriba, á dereita, por outro apenas evidente; nun cento de metros chegamos a outro camiño, o que acabamos de deixar que da una pequena volta, e camiñando cara á dereita atopamos unha zona húmida pola que cruza un pequeño regueiro, entre o monte, á esquerda, e un valado, á dereita, un anaco máis adiante onde o camiño comeza unha curva á dereita temos un carreiro, á esquerda, que sube próximo ao curso do regueiro que acabamos de cruzar, e xa nos leva a unha altura desde a que vemos a construción que coroa o Gestosa cara á que podemos seguir atravesando o mato. Se continuamos polo camiño, que da unhas voltas e baixa a unha zona chan onde remata, temos que ir logo á esquerda, pasar á beira dunha pequena turbeira na que medran brións e xuncas de algodón para chegar de novo a un camiño polo rodeamos unhas alturas do terreo e seguimos ata un altiño desde o que xa se ve o planalto, onde ten un desvío á esquerda polo que continuaremos ata cruzar un regueiro, pouco despois temos á esquerda un carreiro moi estragado, ou unha baixante de auga de escorrentía bastante descarnada, que chega ao alto do monte e subindo por ela arriba atopamos de fronte o sinal do vértice da Gestosa ao que se chega monte a través. Para baixar tiramos monte a través atravesando unha zona chan, cara a Portos, que non se ve desde o cume pero sí ao achegarnos á beira da zona cha e continuamos baixando o máis dereito posible levando á esquerda unha pequena valga da canle dun regueiro ata case chegar ao río, un pouco antes damos nun carreiro ou no camiño e seguíndoo cara á esquerda xa non temos perda. Cruzarémolo río por un pasal e máis adiante, xa na entrada do outro agrupamento de Portos, volvemos a cruzalo por unha pontella. Cruzamos o lugar, no que aínda se conservan, xa en moi mal estado, edificacións coa cuberta de palla e volvemos ao punto de partida para completar un percorrido de 4,5 ou case 7 quilómetros segundo subíramos polo camiño dereito ou derámolo rodeo, e empregaremos entre dúas e media e catro horas. Cume do Gestosa, o marco asentase sobre unha mámoa Vista cara ou suroeste Vista cara á serra do Xurés Armewria e breixo

Cumes da Gestosa Xuncas de algodon nas brañas Cumes da Gestosa Lgoa nas nacentes dun río

Pena de Anamão e Penedo Grande Distancia: 4/5 (circular) Dificultade: alta Duración: 3 horas Pena de Anamão Desde Castro Laboreiro, por Cainheiras, achegámonos á capela da Senhora de Anamão, ou Numão como pon no indicador que atopamos á entrada de Cainheiras para indicarnos o desvío que temos que coller, por unha pista de terra, á dereita da estrada. No campo ao pé da capela deixamos o vehículo e un pouco a valmontes e por carreiros do gando vamos subindo cara a Pena de Anamão ata que chegamos a un, entre camiño e carreiro, no que aparecen pequenas mariolas e, fixándonos, cintas, xa moi estragadas, amarradas en xestas e carqueixas. Seguindo ese camiño cara á dereita, que logo desaparece, e fixándose para ir localizando as escasas mariolas, entramos en territorio español, para rodear unha zona elevada e achegarnos ao pé do Penedo Grande pola parte do leste, a de máis doado acceso. A partir de aquí só a intuición, a observación e a busca dos lugares máis axeitados van facer que poidamos coroar a masa rochosa, so hai un par de puntos nos que temos que ter algo de coidado. Outra cousa é baixar. as fortes pendentes poñen difícil baixar do penedo polo oeste, pero hai un punto, tendo de fronte a pena de Anamão, polo que é doado facelo sen problemas aínda que ten moita pendente. Unha vez abaixo podemos volver ao comezo da ruta por un ou outro lado da pena, por calquera dos dous teremos que facelo por carreiros do gando, non sempre visibeis, e baixantes da auga de forte pendente, se escollemos facelo pola cara do leste imos dereitos á capela (teremos percorrido uns catro quilómetros) e se escollemos baixar pola cara do oeste imos saír a un camiño que desde a localidade da Seara vai a xuntarse coa pista de acceso á capela, nel teremos que coller á esquerda e ao chegar á pista outravolta á esquerda e alongaremos a distancia un quilómetro máis. Penedo Grande

Cainheiras Can da serra do Laboreiro Portos e Pena de Anamão Confluencia de dous regos que baixan da serra (Portos) Casa abandonada en Portos Pontellas en Portos