Daniel Gabarró. Dominar a ortografía. Caderno do alumnado. Reduce os erros ortográficos ata un 80 %

Documentos relacionados
clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Double-click to enter title

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

Potencias e radicais

Unha viaxe á lúa.

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Proceso de facturación.

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Múltiplos e divisores

TÉCNICAS DE ESTUDO LUGAR DE ESTUDO. Sempre o mesmo. Silencioso (nin radio, tv, etc). A mesa ordenada. Con boa iluminación. Con temperatura agradable.

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

O CONTRATO DE TRABALLO

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... OS NÚMEROS DECIMAIS ORDES DE UNIDADES DECIMAIS. CENMILÉSIMA 8 1 cm = MILLONÉSIMA 8 1 mm = OPERACIÓNS

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

I.E.S. CADERNO Nº 4 NOME:

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

programas .py python nome.py

PIALE Integración en lingua portuguesa

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

Matemática Financeira

Potencias e raíces de números enteiros

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Unha. de libro. investigación DE DOCE A DEZAOITO ANOS. Como facer un traballo orixinal, ben documentado e respectuoso cos dereitos de autor

AXUDA DE USO DO CALENDARIO DE AULA

Volver empezar. Nesta unidade imos inventar a biografía do candidato ideal para un posto de traballo. Para iso, imos repasar e aprender:

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

PROBA B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE. Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES. Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR. Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR

CADERNO Nº 6 NOME: DATA: / / Proporcionalidade. Formar proporcións. Dados tres números calcular o seu cuarto proporcional.

MANUAL DE USUARIO DE etrades

celga 4 obxectivos votamos celga 4 votamos

Xeometría analítica do plano

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Que é unha rede de ordendores?

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Inecuacións. Obxectivos

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

BADMINTON DOBRES E DOBRES MIXTOS

Que hora é? Obxectivos desta unidade Pedir ou dar información sobre horarios Identificar obxectos Describir unha xornada habitual

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

REDE EUSUMO. información e comunicación

DATA: Domingo 15 de Maio de 2016, a partir das 10:00 horas. LUGAR: Pavillon de deportes de Mesoiro-A Coruña.

Nesta unidade imos imaxinar como seremos dentro duns anos. Para iso, imos aprender:

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Requisitos para subir documentos ao

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

PROBLEMAS DE SELECTIVIDAD ( )

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

CADERNO Nº 13 NOME: DATA: / / Estatística

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

PROTOCOLO USO PISTOLAS INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN

Manual de cumprimentación da solicitude

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

POSIBLES IDEAS PARA UNHA HOMILÍA CON NENOS 12 novembro Non deixes que a Súa chamada sexa perdida, ten á man o CARGADOR da ORACIÓN.

Números decimais. Obxectivos. Antes de empezar. 1.Números decimais...páx. 44 Elementos dun número decimal Redondeo e truncamento dun decimal

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

AS FRASES FEITAS NO REXISTRO COLOQUIAL

TEMA 3: INICIACIÓN AO VOLEIBOL

05 Movémonos mellor?

Condicións legais do programa de puntos R Residencial OBXECTO

ENQUISA ESTRUTURAL A FOGARES Módulos de 'Ocio e hábitos culturais' e 'Capital social: benestar'. Ano 2014

e diferente ter un bo a camiñar.

Segundo a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), desperdíciase un terzo da comida que se produce, o que supón

INSTRUCIÓNS PARA A EDICIÓN DE ARTIGOS

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

OS ELEMENTOS DUN ESPAZO WEB:

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /

CTO. GALEGO DE NATACIÓN ABSOLUTO DE INVERNO OPEN

Puntos singulares regulares e irregulares. Serie de Frobenius. Ecuación de Bessel

CADERNO Nº 4 NOME: DATA: / / Polinomios

A 180 completo: O testemuño persoal de Andy Esche, Fundador da MissingPets.com

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

A poboación mundial 1. Cifras e distribución 2. Movemento natural 3. Contrastes demográficos 4. As migracións Carlos Díaz Diéguez - IES As Mariñas

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

Transcrição:

Daniel Gabarró Dominar a ortografía Caderno do alumnado Reduce os erros ortográficos ata un 80 %

Índice Primeiro paso: Test. Podes mellorar a túa ortografía? Segundo paso: Cal é o segredo para ter boa ortografía? Terceiro paso: Avaliación previa: o teu punto de partida Cuarto paso: Que é a memoria visual? Quinto paso: Fortalecer a túa memoria visual Sexto paso: Unir a memoria visual ás palabras Sétimo paso: Dominar o vocabulario máis habitual www.edudigital.es axúdache a estudar o vocabulario O sistema de tarxetas recortables Técnicas de estudo útiles para a ortografía O meu propio vocabulario 3 4 5 7 8 9 10 10 10 11 14 Oitavo paso: Estratexias de consolidación Na rúa Aprender ortografía con calquera texto Aprender ortografía lendo Ditado cruzado A copia Os contos Xogos en pequeno grupo Concurso ortográfico para clases enteiras Noveno paso: reciclar o teu propio vocabulario Décimo paso: Avaliación final Palabras que producen moitos erros en galego Recortables 23 23 23 25 25 28 30 30 30 32 33 34 35 Vocabulario máis habitual (1) Vocabulario máis habitual (2) Vocabulario máis habitual (3) Vocabulario máis habitual (4) 15 17 19 21 2

3

DOMINAR A ORTOGRAFÍA 1 2 3 4 5 6 Primeiro paso: Test. Podes mellorar Le un texto calquera durante un minuto e responde: cantas palabras podes ler correctamente nun minuto? Cando escribes habitualmente, cometes erros ortográficos? Queres escribir con poucos erros? Tes constancia para traballar vinte minutos por día? Imaxina a Superman. Como o imaxinas? Recorda o teu primeiro apelido. Sen escribilo, sabes cal é a terceira letra comezando a contar polo final? a túa ortografía? a. Menos de 50 b. Entre 51 e 70 c. Máis de 75 a. Ningún ou moi poucos b. Os normais c. Bastantes ou moitos a. Dáme igual b. Claro c. Si, encantaríame! a. Moi pouca b. Ás veces c. Si, cando mo propoño a. Non podo b. Imaxínoo un pouco c. Fácil: leva roupa vermella e azul a. Nin idea b. Creo que si c. Si, seino con seguranza Solucións: Cada resposta a. vale cero puntos, cada resposta b. vale un punto e cada resposta c. vale tres puntos. De 0 a 4 puntos: seguramente non tirarás proveito deste caderno. De 5 a 10 puntos: este caderno será bo para ti. De 11 a 18 puntos: este caderno serache moi útil e mellorarás moito. NOTA: se na primeira pregunta respondiches a. precisas ler máis rápido antes de poder tirar proveito deste caderno. 4

DOMINAR A ORTOGRAFÍA Segundo paso: Cal é o segredo para ter boa ortografía? Ter boa ortografía sen esforzo é doado se se domina o seu segredo. Todas as persoas con boa ortografía fan o mesmo: isto é o que vas aprender neste caderno. Sabes cal é ese segredo? Moi sinxelo: VER as letras das palabras na túa mente. Si, todas as persoas con boa ortografía VEN nas súas cabezas as palabras que desexan escribir. O que fan é copiar as palabras que VEN na súa mente! En troques, intentar escribir sen erros ortográficos escoitando as letras dunha palabra unha a unha NON funciona. Escoitar os sons produce erros, porque hai letras que non soan (como o H) ou que soan igual entre elas (como a letra V e a letra B). O son non nos ofrece ningunha pista segura para escribir as palabras. Non sigas esa estratexia. Se dis para ti as palabras para comprobar a súa ortografía, sempre te enganarás. O que debes facer é aprender a VER as palabras na túa mente. Ver as letras na túa mente é tan fácil como recordar a Superman ou recordar o teu apelido: soamente é cuestión de aprender o truco e practicar. Este caderno axudarache a facelo. Cando domines este segredo de forma automática, a túa ortografía mellorará moitísimo. AVÓ Este caderno axudarache a conseguilo. Cando o aprendas, escribir sen erros será tan fácil como copiar da túa cabeza! Ademais, unha vez que fagas este caderno, verás como aproveitas calquera traballo ortográfico que fagas posteriormente. Anímaste? Pois adiante! 5

DOMINAR A ORTOGRAFÍA Terceiro paso: Avaliación previa: o teu punto de partida Con este caderno, os teus erros ortográficos diminuirán entre un 50 % e un 80 %. Para comprobalo, faremos unha proba no inicio do caderno e outra na fin. Primeira parte da proba: ditado das palabras máis frecuentes Pide a unha persoa que che dite 100 palabras ao azar da páxina deste caderno titulada «Palabras que producen moitos erros en galego» (páxina 34). Pídelle que posteriormente chas corrixa. Se, cando che ditan a palabra, non tes total seguranza da súa ortografía, NON a escribas. En troques, pon un risco. Este exercicio serve para determinar o teu nivel inicial: se escribes sen estar segura ou seguro, estarás a enganarte. Non te preocupes: ao rematares este caderno terás mellorado moito. 1. 15. 29. 2. 16. 30. 3. 17. 31. 4. 18. 32. 5. 19. 33. 6. 20. 34. 7. 21. 35. 8. 22. 36. 9. 23. 37. 10. 24. 38. 11. 25. 39. 12. 26. 40. 13. 27. 41. 14. 28. 42. 6

43. 62. 81. 44. 63. 82. 45. 64. 83. 46. 65. 84. 47. 66. 85. 48. 67. 86. 49. 68. 87. 50. 69. 88. 51. 70. 89. 52. 71. 90. 53. 72. 91. 54. 73. 92. 55. 74. 93. 56. 75. 94. 57. 76. 95. 58. 77. 96. 59. 78. 97. 60. 79. 98. 61. 80. 99. 100. Cantas palabras escribiches correctamente? En cantas te enganaches ou non as sabías? Este é o teu punto de partida respecto ao vocabulario máis habitual. Segunda parte da proba: redacción libre Escribe unha redacción de máis de 400 palabras (ou recolle diversos textos breves que escribises e sumen esa cantidade de palabras) sen mirar o dicionario, copiar ou preguntar pola ortografía das palabras que escribas. Así, cando cho corrixan, saberás o teu nivel ortográfico actual. Podes facelo nun caderno á parte. Para coñecer o tanto por cento de erros ortográficos, fai o seguinte: (Número de erros x 100) Número de palabras escritas = % de erros ortográficos Que tanto por cento de erros ortográficos tes agora? Ánimo! Verás que, cando remates, terás mellorado moito! 7

DOMINAR A ORTOGRAFÍA Cuarto paso: Que é a memoria visual? Cando recordamos marcas, personaxes de filmes ou similares, usamos a memoria visual. Por exemplo, podes recordar o aspecto de Tintín, de Mickey Mouse ou o logo dunha marca o suficientemente ben como para facer o debuxo no recadro? Para debuxalo fixeches uso da memoria visual. Na vida cotiá usamos moitas veces a memoria visual sen decatármonos. Agora imos utilizar a memoria visual de forma consciente para mellorar a ortografía. Farémolo en sete pasos ao longo deste caderno: Primeiro: fortaleceremos a túa memoria visual. Segundo: uniremos a túa memoria visual á ortografía. Terceiro: aprenderás as palabras que máis erros producen e así os teus textos mellorarán moito. Cuarto: explicarémosche algúns trucos para mellorar a túa ortografía durante a vida cotiá. Quinto: axudarémosche a eliminar os erros do vocabulario que usas cando escribes pola túa conta. Sexto: terás as normas ortográficas máis fundamentais. Sétimo: farás unha proba final que demostrará a túa melloría. A partir dese momento, a ortografía será fácil para ti e mellorarás con cada clase de lingua. 8

DOMINAR A ORTOGRAFÍA Quinto paso: Fortalecer a túa memoria visual Recorta as figuras xeométricas que encontrarás máis adiante (páxina 35). Pide a unha persoa que coloque dúas figuras enriba da mesa e que chas amose. Míraas ata que, ao cerrar os ollos, continúes a ver as figuras na túa mente. Pide á persoa que as tape e que che faga cinco preguntas sobre elas. Practica esta actividade varios días, ata que poidas ver facilmente na túa mente as tres figuras. Cando respondas ben a todas as preguntas que che fagan con tres figuras, podes pasar ao seguinte exercicio. Se te atreves, faino con catro figuras e logo con máis. Cal será o teu récord? Exemplos de preguntas que poden facerche: Sobre a forma: Que forma ten a figura vermella? Que forma ten a figura que está no primeiro lugar? Que forma ten a figura que está entre o círculo e o triángulo?... Sobre as cores: De que cor é a primeira figura? De que cor é o triángulo? De que cor é a figura entre o círculo e o triángulo?... Sobre o lugar que ocupan: En que posición está a figura vermella? En que posición está o círculo? En que posición está a figura entre o círculo e o triángulo?... 9

DOMINAR A ORTOGRAFÍA Sexto paso: Unir a memoria visual ás palabras Recorta as palabras con letras de cores que encontrarás neste caderno (páxina 37). Pide a unha persoa que che amose unha palabra de dúas letras. Míraa ata que, ao cerrar os ollos, continúes a ver a palabra na túa mente. Pide á persoa que tape a palabra e que che faga cinco preguntas sobre ela. As dúas primeiras preguntas deben ser obrigatoriamente nesta orde: 1. Deletrear a palabra comezando polo final. Exemplo: AÍ deletreada desde o final: i con acento, a. 2. Deletrear a palabra comezando polo inicio. Exemplo: AÍ deletreada desde o inicio: a, i con acento. As tres preguntas seguintes son libres. Exemplos de preguntas que poden facerche: Sobre a cor: De que cor é a primeira letra? De que cor é a letra S?... Sobre a posición: En que lugar está a letra S? En que lugar está a letra vermella?... Practica este exercicio tantos días como precises ata que poidas ver na túa mente palabras de tres letras sen dificultade. Cando sexas capaz de responder sen enganarte ás preguntas sobre palabras de tres letras, podes pasar ao exercicio seguinte. Se te atreves, antes de pasares ao seguinte exercicio, fai o mesmo con palabras de catro ou máis letras. Cal será o teu récord? 10

DOMINAR A ORTOGRAFÍA Sétimo paso: Dominar o vocabulario máis habitual Agora animarémoste a dominar o vocabulario máis habitual. Se escribes ben as palabras que máis utilizas, entón a túa ortografía mellorará moito. Máis adiante encontrarás este vocabulario en listas de vinte e oito palabras. Para memorizar estas listas, proporémosche o seguinte: 1. Un sistema informático e outro de tarxetas para dominar as palabras. 2. Unha serie de técnicas de estudo útiles para a ortografía. Será unha forma sinxela e sistemática de mellorar a túa escritura! www.edudigital.es axúdache a estudar o vocabulario En www.edudigital.es encontrarás un programa informático que che preguntará as palabras das listas deste caderno. De feito, o programa ten moito máis vocabulario ca o caderno e é aumentado periodicamente. É un programa intelixente: tras rexistrarte, gardará a túa puntuación e preguntarache as palabras nas que máis erras. Ademais, poderás incluír as palabras que escribas mal nas túas redaccións e ditados: así personalizarás o estudo. Será unha forma sinxela de mellorar rapidamente! Animámoste a visitar a páxina e a usar o programa para estudar o vocabulario. Tamén podes usalo no teu móbil ou no teu tablet: o programa viaxa contigo! O sistema de tarxetas recortables Como dominar as listas de vocabulario co sistema de tarxetas recortables? 1. Recorta as palabras pola liña de puntos. 2. Mira cada palabra, cerra os ollos e continúa a «vela» na túa memoria visual. 3. Deletrea as palabras, comezando polo final. 11

4. Deletrea as palabras, comezando polo inicio. 5. Despois, prepara catro sobres. Marca cada sobre cun número: 1, 2, 3 e 4. 6. Garda no sobre 1 todas as palabras. Os outros sobres estarán aínda baleiros. 7. Pide a alguén que che pregunte as palabras ou que chas dite. 8. Deixa no sobre 1 as palabras que ignoras ou as que, aínda que as acertases, non sabes con plena seguranza. 9. Garda no sobre 2 as palabras que acertaches do sobre 1 e que sabías con total seguranza. 10. Procura que che pregunten cada día todas as palabras, polo menos unha vez. 11. Cando saibas as palabras do sobre 1, gárdaas no 2 para a próxima vez que chas pregunten. 12. Cando saibas as palabras do sobre 2, deberán ir ao 3 para a próxima vez que chas pregunten. 13. As palabras que soubeches do sobre 3, deben ir ao sobre 4. 14. No sobre 4 estarán as palabras que xa dominas. Estas palabras soamente deben preguntarchas de vez en cando, para teres a certeza de que non as esqueces. 15. Se erras nunha palabra de calquera sobre, debes colocala novamente no sobre 1 para que volva comezar o circuíto. 16. Cando che queden poucas palabras da primeira lista nos tres primeiros sobres, inclúe as palabras da seguinte lista no sobre 1. No canto de sobres, tamén podes usar catro pinzas da roupa, catro clips ou obxectos semellantes. É importante que estudes as palabras de cada sobre diariamente, tal como che explicamos: ollar, recordar a súa imaxe, deletrear primeiro desde o final e despois deletrear desde o inicio. Tamén podes usar algunha das técnicas de estudo que che explicamos a continuación. Técnicas de estudo útiles para a ortografía Estas técnicas de estudo seranche de moita utilidade para estudar o vocabulario. Próbaas todas e descubre as que máis che axudan. Utilízaas para estudar o vocabulario. Chegará un momento en que xa non che será necesario: reterás a maioría das palabras simplemente ao velas un par de veces lendo, paseando pola rúa, vendo un anuncio, etc. 1. Mira a palabra en silencio. Cerra os ollos e continúa a «ver» a palabra escrita na túa mente. Deletrea a palabra, comezando primeiro polo final e logo polo inicio. 12

2. A mesma técnica anterior, pero imaxina a palabra na túa cor preferida. Exemplo: HORA. 3. Imaxina que os teus dedos son de xiz e escribe a palabra no aire coma se fose o encerado. 4. Imaxina a palabra escrita no aire e síguea coma se o teu dedo fose de xiz e estiveses a escribir enriba dela. 5. Mira a palabra e «visualízaa» pero imaxinando en grande a letra difícil. 6. Fai o mesmo, pero imaxina a letra difícil nunha cor distinta do resto. Exemplo: cova. 7. Se a palabra é moi longa, divídea en anacos e «visualiza» a parte onde se encontra a dificultade. Exemplo: prima vera. 8. «Visualiza» a palabra e, ao mesmo tempo, expresa en voz alta a dificultade. 9. Escribe a palabra sobre a palma da túa man ou sobre o teu brazo ou outra parte do teu corpo. 10. Converte a palabra nun ideograma, para iso transforma a palabra nun debuxo que teña relación co seu significado. 11. Vincular a palabra a outras da mesma familia é tamén unha boa forma de recordar a ortografía. Exemplo: cabalo cabaleiro cabalería... 12. Imaxínate nun concurso de televisión onde deletreas as palabras, escríbelas nun grande encerado (debes «velo» mentres as escribes) e todo o mundo che aplaude tras facelo ben. 13. Se a imaxe da palabra que recordas non é o suficientemente boa, quizais debes probar algúns cambios na túa forma de recordar. Proba a facer a imaxe algo maior e imaxina que lle dá o sol para que fique ben iluminada. A miúdo tamén axuda o feito de poñer un fondo ben claro e unhas letras escuras ou negras que contrasten ben. Tenta imaxinala algo máis preto ou algo máis lonxe: déixaa onde a vexas mellor. Proba as mudanzas anteriores coa palabra BAÍA. Mellorou a túa imaxe cando a visualizaches... maior? Si Non máis iluminada? Si Non cun fondo claro? Si Non 13

con letras escuras? Si Non máis preto? Si Non máis lonxe? Si Non Se notaches algunha mellora con algunha mudanza, aplícaa sempre a partir de agora. 14

O meu propio vocabulario PÁXINA FOTOCOPIABLE Non uses esta folla ata que chegues ao noveno paso, páxina 32. Pasa á páxina seguinte. 15

Vocabulario máis habitual (1) Estuda a lista seguinte. Cando a domines coa técnica dos sobres, pasa á lista seguinte. Se che custa ver as palabras na túa mente, imaxínaas maiores, máis preto ou con máis luz, e escritas en negro sobre fondo claro. Velas mellor así? Entón faino sempre deste xeito na túa mente. había vacacións voda así unha vez enriba ben baía home abaixo bo/boa vén sempre máis colexio aí ía aquí deberes vaia ás veces alí irmán/irmá entón barco bastante traballar varrer 16

17

Vocabulario máis habitual (2) Estuda esta lista. Recorda aplicar a técnica que explicamos. Tamén podes probar outra técnica distinta: imaxinar as palabras escritas no aire e seguilas co dedo. día debuxo ata ambulancia inverno verán hai fútbol rúa xa primavera balón redacción autobús esixir século bicicleta carreira cabalo gravata xogo ditado escribir galleta caixa feliz/felices avión hora 18

19

Vocabulario máis habitual (3) Usa a técnica que explicamos para estudar esta lista. Tamén podes usar esta técnica de estudo: imaxínate nun concurso de televisión onde deletreas as palabras, escríbelas nun grande encerado (debes velo mentres as escribes) e todo o mundo che aplaude tras facelo ben. pálpebra azul traballo selva xersei branco/a voar ovella máquina neve heroe cervo marrón chuvia árbore frío verde nube abella harmonía achar tempo bosque guerra investir marabilla cegoña rei/raíña 20

21

Vocabulario máis habitual (4) Aquí tes a última lista das palabras máis habituais. Apréndeas seguindo os pasos que explicamos anteriormente. Utiliza os sobres para estudar as palabras ata que as integres. vello/a bonito/a estraño guitarra maior moi quería queixo cenoria ovo oso garavanzo boca estranxeiro está están vós voso/a tío/tía curmán/curmá hoxe veciño/a habitar vivenda matemáticas historia inglés inscrición 22

23

DOMINAR A ORTOGRAFÍA Na rúa Vivimos rodeados de palabras. Encontrámolas por todas as partes: carteis, revistas, sinais, publicidade, embalaxes... Aproveita este feito para mellorar a túa ortografía. Durante sete días, escolle calquera palabra que vexas impresa ao longo do día; por exemplo, unha palabra que saia nun anuncio, nun cartel que vexas pola rúa, na caixa de cereais do almorzo ou nun programa de televisión que esteas a ver... Faille unha fotografía mental e retén esa palabra na túa cabeza. Deletréaa comezando polo final e, despois, comezando polo inicio. Para rematar, escríbea co dedo sobre a palma da túa man ou co nariz no aire. Debes facer este exercicio sete veces cada día durante sete días. Lembra: sete veces. Despois, deixa pasar tres días de descanso e volve facelo sete días máis. Volve descansar outros tres días e realiza unha última fase de sete días máis. Mentres fas este exercicio, continúa a avanzar neste caderno facendo os exercicios seguintes. Aprender ortografía con calquera texto Le o seguinte texto e identifica aquelas palabras que che poidan resultar difíciles ortograficamente. Estúdaas e, cando as saibas, pide que che fagan un ditado. Para estudares cada palabra, podes seguir estes tres pasos: Oitavo paso: Estratexias de consolidación 1) Faille unha foto mental e, cando a teñas, deletréaa comezando polo final e despois comezando polo inicio. 2) Escribe a palabra co dedo sobre a palma da túa man. 3) Escríbea nunha folla e comproba que está ben escrita. Se non tes dúbidas, xa podes pasar á seguinte palabra que che produza dúbidas, ata que creas que as dominas todas. 24

Serei quen decida ser Ás veces, na clase, algúns alumnos maltratan a outros: rinse deles, escóndenlles as cousas, insúltanos, lanzan boatos... Algunhas persoas da clase poden pensar que elas teñen sorte porque non son atacadas e porque as vítimas son outras persoas. Pero non é así. Non intervir ante unha inxustiza é converterse en cómplice. Se soubermos que unha persoa está a pasalo mal na clase, deberemos facer algo ao respecto: falar co profesorado, coa nosa familia, co agresor, con outras persoas da clase... As persoas que agriden as súas compañeiras ou compañeiros teñen un problema, unha incapacidade evidente para relacionarse cos demais e de aceptar que cada persoa é diferente. Se non resolven esta incapacidade, no futuro serán persoas adultas odiosas e desequilibradas. Pero as persoas que ven as inxustizas e non actúan tamén serán odiosas, por indiferentes, covardes e crueis. De maior serás o que decidas ser. Quen queres ser ti? Ditado do texto anterior: 25

Aprender ortografía lendo Presentámosche un truco que che servirá para mellorar a túa ortografía con calquera lectura na vida cotiá: 1) Le o que queiras: un cómic, un conto, unha novela, unha revista, un periódico deportivo... 2) Mentres les, fíxate en tres palabras de cada páxina que presenten dificultades. 3) Visualiza unha desas palabras na túa mente. 4) Deletréaa comezando polo final. 5) Logo deletréaa comezando polo inicio. Podes empregar outras técnicas das que che explicamos neste caderno. 6) Faino coas outras dúas palabras. 7) Continúa lendo. 8) Fai o mesmo en cada páxina... e mellorarás moito en pouco tempo! Ditado cruzado Este é un exercicio excelente para mellorares a túa memoria visual ligada á ortografía. A mecánica é moi sinxela: escolle un ditado (pode ser un texto dun libro calquera) e busca unha parella coa que facer o exercicio. Ti e a túa parella debedes estar moi separados, en extremos opostos da clase. A persoa que dita mira a primeira frase do texto que se vai ditar. Deixa o ditado no lugar afastado onde está e diríxese cara á súa parella de ditado. Espera uns trinta segundos en silencio e, transcorrido ese tempo, dítalle a primeira frase. Quen dita debe avisar a súa parella se se engana nalgunha palabra e debe dicirlle como escribila, de tal xeito que o ditado quede perfecto. Ao rematar a primeira frase, regresa ao lugar onde está o texto do ditado (lembra que debe estar afastado) e fai o mesmo coa seguinte frase, e así sucesivamente. Ao final, as parellas corrixen o ditado consultando o texto orixinal. Posteriormente, trócanse os papeis: o que escribía agora dita e ao revés. Se fas o exercicio sen parella, debes ter o ditado afastado do sitio onde escribes, ollar con atención a primeira frase do ditado, ir ao lugar onde o escribirás, esperar trinta segundos e escribir o texto, se o recordas con claridade; en caso contrario, debes volver a miralo. Aínda que se pode ditar un fragmento de calquera libro, aquí hai dous textos para facer o 26

exercicio con alguén da clase ou para facelo só, se o fas na casa. Primeiro ditado: Familias de amor Cada familia é diferente. Algunhas teñen unha morea de fillos e outras non teñen ningún. Unhas teñen unha infinidade de tíos, primos, parentes... outras son diminutas. Hai alumnos que viven co seu pai e a súa nai, outros soamente co seu pai, outros soamente coa súa nai, outros cos seus avós, outros en centros de acollida e outros teñen dúas nais ou dous pais... Realmente, cada familia é distinta. Non importa que sexa grande, pequena, biolóxica, de acollida... O realmente importante é sentirse feliz e contar co apoio e o amor das persoas que a forman. Segundo ditado: A escola libera A escola serve para que sexas máis libre. Dáche ferramentas, coñecementos e habilidades para poderes comprender o mundo e vivires nel. A súa misión non é soamente darche coñecementos concretos, senón axudarche a crecer globalmente, a conquistar a túa madurez, a coñecer as túas emocións e a vivir responsablemente. Ninguén pode aprender por ti. Unicamente ti podes facer o esforzo de aprender: faino. Esfórzate. Non te enganes: os profesores son os teus aliados, a escola é a túa amiga. Sen a escola, a túa vida adulta sería moi difícil. Teno sempre presente e valora e coida a túa escola. Esfórzate por ser nela a persoa valiosa que mereces ser. Espazo para o primeiro ditado: 27

Espazo para o segundo ditado: Avaliación dos ditados: Enganácheste nalgunha palabra cando ditaches? Si Non E cando che ditaban? Si Non En cales? 28

A copia Moi a miúdo, na clase, copiamos textos do encerado ou do libro. Esta é a forma máis adecuada de copiar para aprender ortografía mentres copias: 1. Le todo o texto. Tenta comprender o seu significado. 2. Agora le un fragmento curto. 3. Repara se contén palabras con algunha dificultade. 4. Pecha os ollos e continúa a «ver», na túa mente, esas palabras. 5. Escribe ese fragmento curto mentres continúas a «velo» na túa mente; en especial, as partes con dificultades. 6. Comproba que o fixeches ben comparándoo co texto orixinal. En caso contrario, bórrao e volve ao punto 2. 7. Continúa copiando. Lémbrate de copiar sempre así e a túa ortografía mellorará sen decatáreste. O texto para copiar é o seguinte: Obxectos inxustos A moita xente gústalle ir de compras, pasear entre as tendas vendo os artigos á venda. Incluso moitas persoas acaban comprando cousas que non precisan porque son, simplemente, baratas ou bonitas. Pero coido que debemos preguntarnos se esas compras son xustas e responsables. Se un obxecto é barato porque se fabrica de forma inxusta (pagando mal aos traballadores, sen medidas de seguranza, contratando menores de idade, con materiais antiecolóxicos, contaminando moito...), trátase dun obxecto inxusto. Ao irmos comprar, non debemos unicamente mirar o prezo ou a beleza externa do obxecto, tamén debemos comprobar se foi fabricado de forma xusta. Queremos ser tratados con xustiza. Por tanto, non debemos comprar obxectos fabricados de forma inxusta. Deste xeito, axudaremos a construír un mundo mellor. Espazo para a copia: 29

Avaliación do proceso de copia: Seguiches as instrucións para facer a copia? Enganácheste nalgunha palabra? Si, totalmente Bastante, pero non de todo Non, fíxeno doutro xeito En cal? En resumo, como che foi? Moi ben Ben Regular Mal 30

Os contos Un truco excelente para mellorar rapidamente a ortografía coa lectura son os contos. Propómosche o seguinte: 1. Busca un conto de cando tiñas catro ou cinco anos: terá moi poucas páxinas e soamente dúas ou tres liñas de texto en cada páxina. 2. Le o conto memorizando a súa ortografía tal como che explicamos no punto anterior. 3. Fai que alguén che dite o texto (tamén podes facelo ti cunha gravadora ou semellante). Xogos en pequeno grupo Velaquí uns xogos que podes practicar nun grupo pequeno para mellorares a túa ortografía e integrares máis vocabulario. Seguro que che serán útiles: 1) Apostas. Cada xogador recibe un número de fichas ou puntos para apostar. Un xogador pregunta unha palabra. Os que coiden que a saben escribir poden apostar o número de fichas que desexen, deixándoas no centro da mesa. Os que non se atrevan a apostar poden retirarse tras deixar unha ficha no centro da mesa. As persoas apostantes escriben a palabra e os que acerten reparten as fichas a partes iguais. Se alguén escribiu mal a palabra, non obtén ningunha ficha e, ademais, debe pagar catro fichas como penalización. Se todo o mundo perde as fichas apostadas, déixanse no centro para a seguinte palabra. 2) Apostar e aumentar a aposta. Igual que no xogo anterior, pero as persoas que apostan poden aumentar a aposta acrecentando unha, dúas ou máis palabras (ata un máximo de seis) que deben ser escritas. Para gañar as fichas do centro da mesa, deben escribirse correctamente todas as palabras apostadas. As persoas que se enganen ao escribir non obteñen ningunha ficha e pagan catro fichas por cada palabra mal escrita. Os que se retiran soamente pagan unha ficha por retirarse. 3) O xogo da oca. Se ao lanzares o dado te prexudica moverte, estás obrigado a moverte. Pero se te beneficia, antes debes escribir ben as tres palabras que che diten as outras persoas que xogan contigo de entre os vocabularios que esteas a estudar. Se te enganas, non podes moverte. Concurso ortográfico para clases enteiras Este concurso pode xogarse cun gran grupo de persoas, como unha clase: 1) Escollede un texto calquera. Pode ser un texto dun libro, dunha novela, dunha revista... a única condición é que todas as persoas o teñan. Estudádeo reparando especialmente nas palabras que presenten dificultades. 31

2) Xuntádevos por parellas e axudádevos mutuamente, comprobando que as dúas persoas dominades o significado e a escritura das palabras difíciles do texto. 3) Dividide a clase en dous equipos (tamén se poden facer tres ou máis equipos). Un dos equipos sae ao encerado para que lle pregunten. Unha persoa do equipo que está sentado pide a alguén que deletree unha palabra concreta do texto. Se a persoa preguntada responde ben, está salvada e pode sentar de novo. Se non sabe responder, continúa en pé. 4) Gaña o equipo que antes de cinco minutos (ou o tempo marcado) teña todos os integrantes sentados. Se os membros de ambos os equipos sentaron antes dos cinco minutos, gaña o que o fixese antes. 5) Podedes inventar variantes do xogo acrecentando preguntas de vocabulario, ademais das ortográficas. Outra variante é esixir á persoa que pregunta que responda á súa propia pregunta, se a persoa que está en pé non acertou. En caso de que falle, a persoa que foi preguntada ten dereito a outra oportunidade. Apuntade aquí as palabras que, pola súa dificultade, queirades preguntar especialmente: 32

DOMINAR A ORTOGRAFÍA Noveno paso: Reciclar o teu propio vocabulario Este paso é fundamental. Agora vas reciclar o teu propio vocabulario. Isto produce resultados fabulosos. Explicación: cada persoa ten un vocabulario limitado duns centos de palabras. O vocabulario que cada un de nós utiliza é distinto dunha persoa para outra. Agora imos localizar as palabras que ti escribes mal e imos reciclalas. Deste xeito dominarás perfectamente o teu vocabulario habitual e os teus textos serán case perfectos. Ademais, con este sistema, cada vez que cometas un erro terás unha forma de aprender del... e cada vez cometerás menos! Tes que facer o seguinte: 1. Fai fotocopias da páxina titulada «O meu propio vocabulario. Páxina fotocopiable». 2. Vai buscar todos os teus cadernos dos dous últimos cursos. 3. Busca os erros ortográficos que tes alí corrixidos. 4. Copia as palabras ben escritas nun cadro da folla «O meu propio vocabulario». 5. Copia un máximo de 28 palabras de cada vez. 6. Traballa ese vocabulario do mesmo xeito que fixeches coas listas do «Vocabulario máis habitual» deste caderno. Lembra: ollar, recordar a súa imaxe, deletrear desde o final e deletrear desde o inicio. Tamén podes usar as outras estratexias: concurso de televisión, seguir a palabra escrita no aire... 7. Debes facer isto ata que o teu nivel de erros ortográficos sexa mínimo. Recorda que o programa informático www.edudigital.es che permite realizar este paso de forma sinxela. Recomendámoscho especialmente, xa que permite un estudo individualizado. 33

DOMINAR A ORTOGRAFÍA Décimo paso: Avaliación final Con este caderno, os teus erros ortográficos reduciranse drasticamente. Para comprobalo, convidámoste a facer esta proba e a comparar os resultados coa que fixeches no inicio do caderno. 1) Escribe cen palabras ditadas ao azar da lista que encontrarás neste caderno titulada «Palabras que producen moitos erros en galego» (páxina 34). Cantas palabras fallaches? 2) Escribe unha redacción de máis de catrocentas palabras ou diversos textos breves que sumen esa cantidade de palabras, sen mirar o dicionario, copiar ou preguntar pola ortografía das palabras que escribas. Así, cando cha corrixan, saberás o teu nivel ortográfico actual. Para coñecer o teu tanto por cento de erros ortográficos, fai o seguinte: número de erros 100 número de palabras escritas = % de erros ortográficos Que tanto por cento de erros ortográficos tes agora ao escribir libremente? Canto tiñas no inicio? Canto melloraches? E isto é só o comezo... A partir de agora, cada novo traballo ortográfico vaiche ser de utilidade. Mellorarás continuamente porque interiorizaches o segredo da boa ortografía. Parabéns! 34

Palabras que producen moitos erros en galego había unha vez home sempre ía ás veces barco vacacións enriba abaixo máis aquí alí bastante voda ben bo/boa colexio deberes irmán/irmá traballar así baía vén aí vaia entón varrer día inverno rúa redacción bicicleta xogo caixa debuxo verán xa autobús carreira ditado feliz/felices ata hai primavera esixir cabalo escribir avión ambulancia fútbol balón século gravata galleta hora pálpebra xersei máquina marrón verde achar investir azul branco/a neve chuvia nube tempo marabilla marabilloso/a voar heroe árbore abella bosque cegoña selva ovella cervo frío harmonía guerra rei/raíña vello/a maior cenoria boca vós hoxe matemáticas bonito/a moi ovo estranxeiro voso/a veciño/a historia estraño quería oso está tío/tía habitar inglés guitarra queixo garavanzo están avó/avoa vivenda inscrición 35

36

37

Xa ó é aí X 38

X X 39