Introdución 5. Contextualización 7 O uso de Internet polas redes sociais 11 Blogs 13. Os fotologs 21. MySpace e derivados 25

Documentos relacionados
5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

Proceso de facturación.

SBN: O TEMPO NO XORNAL

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Ficha técnica. Praça Marquês de Pombal nº 70, Porto Telefone: ª Edição ISBN: Depósito Legal nº

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Requisitos para subir documentos ao

CAMPA A RESGAL

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

Política e Obxectivos de Calidade

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

Dossier O líder da prensa en galego

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Guía de recursos dixitais da web da UMinho

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Potencias e radicais

REDE EUSUMO. información e comunicación

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

Minerva, Repositorio Institucional da USC

Que é unha rede de ordendores?

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Indicadores sobre Banda Larga. Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia Ano 2012 Edición 2012

Acceso ao xestor documental

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

A ÁLISE ESTATÍSTICA SOBRE O TURISMO ESTIVAL E GALICIA (E QUISA DE DESTI O, 2010) (Versión resumida)

O CONTRATO DE TRABALLO

INSTRUCIÓNS PARA A EDICIÓN DE ARTIGOS

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xuño Nº Var. Int. 17/16

Uso do Disco Privado Virtual: acceso web ó contorno de probas

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

Double-click to enter title

MANUAL DE USUARIO DE etrades

PERFIL DO VISITANTE EN AROUSA NORTE

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

Estado da Sociedade da Información en Galicia Resumo executivo

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

Manual de cumprimentación da solicitude

VARIACIÓN MENSUAL DO PARO REXISTRADO EN GALICIA. AGOSTO

PROBA B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B

PROTOCOLO USO PISTOLAS INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

PROPOSTAS PARA PARTICIPAR NO MARCO DA CAMPAÑA #COMPOSTELAENNEGRO. #EnNegroContraAsViolencias. #Galiciaennegro

Consulta Existencia do Asociacions 2017 Grafico Zonas. Se Realizarón un total de 400 Consultas na Enquisa: Existencia do Asociacions 2017

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

A Sociedade da Información e os autónomos de Galicia. Edición 2015

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

Portal de Directores de Centro de Gasto da USC

Condicións legais do programa de puntos R Residencial OBXECTO

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia O emprego en 2015: pouco, precario e sen dereitos Setembro de 2015

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

Matemática Financeira

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

Indicadores da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

A poboación mundial 1. Cifras e distribución 2. Movemento natural 3. Contrastes demográficos 4. As migracións Carlos Díaz Diéguez - IES As Mariñas

Información do documento. Control de versións. Manual de Explotación

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

Língua Portuguesa na Galiza

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. marzo 2010

Transcrição:

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 3 Introdución 5 Obxectivo do informe 5 Contextualización 7 O uso de Internet polas redes sociais 11 Blogs 13 Blogaliza 15 Uso das ferramentas e servizos de blogueo 15 Blogs políticos 18 Blogs comerciais 19 Novas tendencias de blogueo: O microblogueo 19 Os fotologs 21 A foto é o de menos: Fotolog.com 21 A foto é o importante: Flickr.com 23 Outros servizos 24 MySpace e derivados 25 Os músicos e MySpace 26 Facebook 27 Redes sociais de novas 29 Chuza! 30 A Galipedia 33

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 4 A influencia de Internet e as novas ferramentas sociais nos medios de comunicación 36 La Voz de Galicia 37 Faro de Vigo / La Opinión Coruña 39 El Correo Gallego 40 Vieiros 40 Xornal.com 41 Licenza de uso deste documento 42

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 5 Introdución Unha rede social é unha das formas de representación das relacións comunicativas dos seres humanos entre si ou entre os seus agrupamentos de intereses mutuos. O termo rede social non leva implícita a tecnoloxía: relacionarse entre os seus membros, comunicarse e formar grupos de intereses comúns é algo que leva facendo a Humanidade dende que se lle puido chamar así, pero foi coa chegada de Internet cando o termo se dimensionou ata acadar unha notoriedade a nivel mundial. Obxectivo do informe O seguinte informe trata sobre o uso de Internet e as novas ferramentas sociais por parte da rede social en Galiza, e nel tentaremos facer unha exposición clara e simple da penetración da rede social, o seu uso e as ferramentas que existen para que os galegos se comuniquen socialmente en Internet. Os obxectivos son os seguintes: Determinar os inicios e trazar unha breve historia do uso de Internet por parte da rede social en Galiza.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 6 Examinar os servizos sociais e analizar como Internet potenciou a súa expansión. Analizar a adaptación dos medios de comunicacións tradicionais a Internet e ás novas ferramentas sociais.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 7 Contextualización Datos clave: O 40% dos fogares españois, 6,4 millóns, dispón xa de conexión a Internet e máis de 21 millóns de cidadáns de máis de 10 de anos accederon á Rede. O 68% declárase internauta intensivo e Internet consolídase como o servizo utilizado no fogar con mellor relación prezo-utilidade. 1 En Galiza a porcentaxe de uso de computadores nos últimos tres meses é do 46,6% da poboación. En canto a usuarios frecuentes da Internet a porcentaxe é do 34,4%. 2 O uso medio de Internet achégase ao uso de televisión por parte da xuventude europea. 3 Podemos marcar como comezo da popularización da rede social o ano 1995, cando Randy Conrads crea Classmates.com 4, un sitio web onde os usuarios podían rexistrarse e engadir os colexios onde estudaron e os anos que estiveron neles, de xeito que o sistema automaticamente mostraba os compañeiros de clase que estaban rexistrados e permitía poñerse en contacto con eles. 1 http://observatorio.red.es/estudios/documentos/xv_oleada.pdf 2 http://www.ine.es/jaxi/menu.do?type=pcaxis&path=/t25/p450&file=inebase&n=&l= 3 http://www.eiaa.net/news/eiaa-articles-details.asp?lang=1&id=154 4 http://www.classmates.com

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 8 A pesar desta boa idea a explosión da rede social en Internet non chegou ata o ano 2003 coa irrupción dos blogs como ferramenta sinxela de publicación de contido e de debate en rede, e da Wikipedia 5 como punto de reunión para crear contido de forma colaborativa. Foi no ano 2005 cando a rede social acadou a súa fama coa popularización de servizos similares como Friendster 6 e MySpace 7, os chamados sistemas de perfís onde os usuarios rexistrados tiñan un perfil público no que podían crear contido de maneira limitada, e outros usuarios comentaban e se engadían como amigos. A palabra do ano para a prestixiosa revista Time no ano 2006 foi Ti 8, en referencia ao usuario de Internet que creaba contido, usaba ferramentas de comunicación, se relacionaba socialmente e facía evolucionar e mudar día a día a Rede. A pesar da limitada implantación de Internet en Galiza historicamente -tendencia que por sorte está cambiando 9 - podemos afirmar que nunca nos quedamos atrás no tocante á rede social. Tanto no uso de ferramentas como en dispoñibilidade de ferramentas autóctonas. 5 http://www.wikipedia.com 6 http://www.friendster.com 7 http://www.myspace.com 8 http://www.time.com/time/magazine/article/0,9171,1569514,00.html 9 Así o expresa o informe do INE de outubro de 2007: http://www.sociedadedainformacion.eu/actualidade/nova.php?id=702&lg=gal

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 9 De feito, os inicios da Internet galega están marcados por unha peculiaridade importante: o noso carácter de pobo emigrante e a cantidade de galegos que aínda viven fóra, moitos deles en sitios onde hai 10 anos xa se usaba con normalidade Internet mentres aquí era aínda algo exótico. Os galegos espallados no exterior teñen a primeira e máis básica necesidade de estabelecer unha rede social con outros galegos a milleiros de quilómetros de distancia. Isto sábeo moi ben Lois Rodríguez, editor de Vieiros, portal que naceu en 1996 pensado para unir xente que vivía en moitas partes do mundo a través da lingua galega: Daquela vímolo claro e empezamos a ver as posibilidades de Internet: parecía feita para os galegos!. Outro exemplo pode estar noutra rede pioneira en Galiza como é Fillos.org. Durante anos o propio Vieiros foi lugar de referencia e participación desta rede de galegos, a través dos foros e dos primeiros chats públicos de ámbito galego. Aínda que pouco a pouco se incorporaron máis, apostando pola especialización (Código Cero e as novas tecnoloxías) ou polo ámbito local (Lugonet, A Estrada Dixital...) O gran cambio produciríase a partir do 2003, ano no que ocorreron varios feitos que marcaron o inicio das redes sociais en Internet tal como as coñecemos. A cobertura da ADSL aumentou e os prezos popularizáronse, polo que o usuario medio de Internet podía pasar cada vez máis tempo contectado. A aparición de blogs galegos incrementouse exponencialmente.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 10 En marzo apareceu a Galipedia 10 (versión en galego da Wikipedia) A finais de ano apareceu Arredemo 11, o primeiro caso importante de uso áxil de Internet por parte dunha rede social, e un intento de canalizar toda a demanda de comunicación socio-cultural horizontal xurdida co Prestige. Estes factores -entre outros máis minoritarios- deron lugar ao que se lle pode chamar primeira explosión da rede social en Galiza. Os seguintes apartados describirán os puntos de confluencia de internautas galegos activos ou non. 10 http://gl.wikipedia.org/ 11 http://www.arredemo.info

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 11 O uso de Internet polas redes sociais Datos clave: Segundo a Asociación de Publicidade Interactiva europea o 42% dos usuarios de Internet visitan regularmente redes sociais como Myspace, Facebook, Bebo, blogs, etc... O ano pasado este dato era do 23%. 12 Como dato curioso este ano 2007 o consumo de redes sociais en Internet superou ao contido para adultos. 13 Antes da popularización de Internet as redes sociais non tiñan a posibilidade de funcionar a nivel global dunha forma eficiente, xa que para isto era preciso que os individuos que forman a rede tivesen medios para contactar entre si de forma constante. Coa aparición de Internet a capacidade natural humana para comunicarse viuse potenciada de tal forma que como consecuencia apareceron e evoluíron novas formas de organización social en rede: persoas de diferentes partes do mundo, diferente idade e diferente grupo social que compartían intereses (ou mesmo sen eses intereses comúns, tan só gañas de comunicarse) podían formar parte dun grupo ao mesmo nivel. Factores coma este lévannos a falar dunha certa democra- 12 http://www.guardian.co.uk/technology/2007/nov/12/internet 13 http://www.economist.com/displaystory.cfm?story_id=9040354

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 12 tización ou horizontalidade da comunicación por Internet, que non era posíbel cos medios dos que dispoñíamos antes.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 13 Blogs Datos clave: Hai máis de 70 millóns de blogs en todo o mundo e cada segundo se crean 1,4 blogs. Créanse unha media de 17 entradas ou posts por segundo. 14 En Galiza hai dúas redes principais de blogs: A Blogoteca con máis de 1000 blogs e unha media de 65 blogs novos ao mes. 15 En Blogaliza créanse máis 70 blogs ao mes de media. Actualmente o Blogomillo (blogs en galego) coñecido conta con 4512 blogs. 16 Podemos datar a finais do 2003 e comezos do 2004 a primeira visibilización do fenómeno blog en Galiza, coa aparición dos primeiros blogs de referencia: Todo Nada, As túas balas, Cabrafanada, Capítulo 0... é tamén cando os medios tradicionais galegos empezan a falar de blogs, dándoos a coñecer ao gran público. A rede Blogaliza, que foi a primeira en crear un directorio de blogs en galego, tiña en xaneiro de 2003 rexistrados 11 blogs. En xaneiro de 2004 eran 27 17. 14 Technorati 15 http://abertal.com/ga/web/notic.php?ide=28 16 http://blogaliza.org/index.php?val=lblogomillo 17 Fonte: Pedro Silva, administrador de Blogaliza

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 14 No 2004 este número multiplícase por 10: en xaneiro de 2005 estaban identificados 300 blogs en galego. O número de lectores de blogs tamén aumenta exponencialmente, toda vez que o fenómeno esperta cada vez máis a curiosidade dos medios de comunicación. En abril de 2006, data na que se realiza o primeiro congreso galego sobre blogs (EnBlogsʼ06 18 ), organizado polo Consello da Cultura Galega, as cifras son moito maiores e publícanse os primeiros informes sobre o estado da bloguesfera galega. Xusto no momento en que a Rede se está a facer moito máis ampla, heteroxénea, complexa e inabarcábel. O nacente fenómeno dos blogs nese ano por fin madurou. Esa fase de madurez supón unha estabilización e asentamento, paralela á que se vive no ámbito global. Os medios tradicionais comezan a incorporar blogs nas súas edicións dixitais, nacen os primeiros blogs comerciais, e algúns políticos comezan a utilizalos de maneira regular. Na campaña electoral farano de maneira masiva, sen que esta actividade teña continuidade pasadas as eleccións. Ao tempo, os bloggers máis avezados (ou early-adopters) tamén demandan outro tipo de ferramentas coas que completaren a súa actividade blogueira. E é aí cando as redes sociais despregan toda a súa capacidade de satisfacer as demandas dos usuarios. Dende compartir fotografías ata recomendar música, dar avisos instantáneos, ou publicar e valorar noticias. A persoa rexistrada en Blogger 19 (ou similar) ten que comezar a rexistrarse en moitos máis sitios se quere ser alguén en Internet 18 http://www.consellodacultura.org/enblogs/ 19 http://www.blogger.com

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 15 e aproveitar ou compartir os servizos que lle dá a Rede, se quere desenvolver toda a súa personalidade dixital. Nace a web 2.0. Tamén para os galegos. Blogaliza En xaneiro do ano 2003 aparece Blogaliza 20, un punto de encontro na Rede para blogueiros galegos. Ao principio é unha simple páxina cun directorio de blogs, unha lista de correo e un canal de IRC onde usuarios e autores de blogs podían comunicarse en tempo real. Pouco tempo despois a páxina foi tomando máis protagonismo dentro dos blogs e implementou novas e a automatización do rexistro dun blog no directorio, pero non foi ata o ano 2006 cando multiplicou a súa popularidade ao ofrecer un servizo de aloxamento de blogs. Uso das ferramentas e servizos de blogueo Os primeiros blogs que apareceron en Galiza usaban os limitados servizos gratuitos de publicación de blogs que estaban dispoñíbeis naquela época: un primitivo Blogger, Livejournal 21 e Blogia 22 eran os máis populares e, con moito, a que máis se usou aquí era Blogger, bastante diferente ao que é agora: os posts non tiñan título, non estaban dispoñíbeis os comentarios e era bastante complicado sen co- 20 http://www.blogaliza.org 21 http://www.livejournal.com 22 http://www.blogia.com

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 16 ñecer HTML crear unha lista de blogs amigos, polo que tiña bastantes carencias como rede social. Aínda así, pouco a pouco, comezaron a aparecer servizos que complementaban o servizo de blogs e que foron os que axilizaron a creación da comunidade máis grande de blogs do mundo, e a que máis blogs en galego xuntou ata a aparición de Blogaliza anos máis tarde. Como alternativa naquela época ao uso dun servizo de publicación estaba o uso dunha ferramenta de publicación de blogs ou CMS 23 (Content Management System), pero estaba restrinxida a 2 factores importantes: para poñela a funcionar era preciso ter un perfil tecnolóxico e coñecer algunha linguaxe de programación como Perl, PHP, HTML e por outra banda ter a disposición de facer unha pequeno investimento no blog (gastos de dominio/hosting) ou dispor dalgún servizo gratuito de hosting que daquela non eran moi frecuentes. Os CMS máis famosos da época onde se xestaron a maioría dos blogs en galego eran MovableType 24 e B2 25, ambos os dous programas estables e sólidos que aínda están vixentes hoxe en día. De feito o CMS orientado a blogs máis famoso hoxe en día é Wordpress 26 que naceu como derivado do B2. Xa no ano 2004 e 2005 foron aparecendo máis servizos e diversificándose os blogs e as plataformas, aínda que mantiña a supremacía con diferenza Blogger 23 http://en.wikipedia.org/wiki/content_management_system 24 http://www.movabletype.org/ 25 http://cafelog.com/ 26 http://www.wordpress.org

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 17 nos servizos de publicación, e eses dous anos foron os da popularización de Wordpress como ferramenta de publicación. Foi no marco do citado congreso EnBlogs cando apareceron a mesma semana dúas apostas galegas relacionadas cos blogs: por unha banda Pedro Silva, xestor de Blogaliza, decidiu ofrecer aloxamento de blogs nese dominio, e lanzouse a Blogoteca 27 : un sistema propio de xestión de blogs. 400 Uso de blogaliza.org Novos blogs rexistrados Blogs actualizados 300 200 100 0 Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xull Ago Set Out O crecemento do número de blogs en Galiza segue sendo a tónica xeral na rede social este ano 2007, notándose un aumento da actividade a nivel de actualización os últimos meses. 27 http://www.blogoteca.com/

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 18 Blogaliza decidiu basearse no Wordpress multi-usuario, un sistema de código libre e de rexistro aberto, mentres que a Blogoteca ofrece un xestor de contidos pechado de creación propia. As dúas plataformas foron evolucionando ao longo do tempo e implementando novas funcións como os sistemas anti-spam necesarios para o rexistro aberto de Blogaliza ou tamén o soporte para a publicación de imaxes por parte da Blogoteca. Actualmente Blogaliza ten máis de 400 blogs activos (que publicaron un novo post no último mes) o que a fai unha das plataformas máis populares de blogs galegos, preto de superar en presenza ao propio Blogger. Blogs políticos Aínda que nas eleccións autonómicas do ano 2005 xa algúns dos candidatos tiñan como complemento na súa campaña os blogs, foi nas municipais do ano 2007 cando os partidos políticos decidiron apostar fortemente polo uso dos blogs coma ferramenta de comunicación áxil e inmediata co electorado. A irrupción de campaña na blogosfera foi tomada sempre con escepticismo por parte de usuarios habituais, e non adoitan durar moito máis da campaña para a que foron feitos. Esta é a razón pola que, aínda que son moi visitados pola promoción que teñen, non acostuman a afianzar moita comunidade nen debate.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 19 Blogs comerciais Coa aparición fai tres anos de Xataca 28, inaugurouse no Estado o primeiro blog comercial ou profesional. Esta tendencia xestiona os blogs como micromedios nos que publican varios editores que reparten entre eles os ingresos xerados pola publicidade. No ano 2007 apareceu a primeira rede comercial de blogueiros galegos: Blogueiros 29, formada actualmente por 4 editores e que conta cun só blog, Trebellos 30, de temática tecnolóxica. De momento, a comunidade que rodea o blog é algo limitada pero está nun proceso de crecemento dende que naceu. En breve Blogueiros vai sacar un segundo blog sobre economía, finanzas e aforros. Novas tendencias de blogueo: O microblogueo Coa aparición nos últimos tempos de ferramentas como Twitter 31 e Jaiku 32 apareceu un novo concepto que está collendo moito pulo: o microblogueo. Trátase de pequenos espazos onde usuarios rexistrados no servizo publican pequenas entradas dun máximo de 150 caracteres. O uso que se lle dá a estes sistemas é a sim- 28 http://xataka.com/ 29 http://blogueiros.org/ 30 http://trebellos.org/ 31 http://www.twitter.com 32 http://www.jaiku.com/

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 20 ple conversa, o seguimento de eventos ou viaxes ou o uso como reflexo de estados de usuario. O microblogueo veu da man da proliferación de dispositivos móbiles xa que é un tamaño de contido moi cómodo tanto para recibir como para emitir dende un móbil, PDA ou dispositivo similar. Unha implementación autóctona do microblogueo son os chíos 33 de Chuza!, un sistema de actualización de estado de usuarios integrado dentro da rede social que está acadando un certo éxito. En breve será implementada a posibilidade de actualizar o estado de usuario dende o teléfono móbil. Un exemplo pintoresco de microblogueo é un grupo de usuarios galegos de Twitter que baixo o lema Lemos Galego 34 publican con regularidade nos seus perfís de Twitter comentarios de 150 caracteres sobre libros galegos que len. Aínda que actualmente este grupo de usuarios non é moi activo é un exemplo moi bo para visualizar as sinerxias ás que pode dar lugar un sistema tan sinxelo como Twitter ou derivados. 33 http://chuza.org/chios/ 34 http://lemosgalego.blogaliza.org/

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 21 Os fotologs Datos clave: Fotolog.com ten máis de 12 millóns de usuarios rexistrados e máis de 300 millóns de fotos, dato que cada día aumenta en máis de 200 mil. Flickr ten 8 millóns de usuarios rexistrados e almacena unha cantidade de fotos que se achega aos 1000 millóns. 35 O 7% das contas de fotolog.com están feitas no Estado Español. Hai máis de 75.000 fotos en flickr.com co tag Galiza ou Galiza. 36 A Fotoblogoteca conta con máis de 10.000 fotos. 37 A foto é o de menos: Fotolog.com Aínda que existen varias ferramentas parecidas, ningunha acada as cifras nin a dimensión social de Fotolog.com 38. Algo tan sinxelo como publicar unha foto cun texto debaixo, xunto coa posibilidade de enlazar os fotologs amigos e que estes 35 http://www.lavozdegaliza.es/tecnologia/2007/09/24/00031190619802458874.htm 36 http://www.flickr.com/search/?q=galiza+or+galiza&m=tags&ss=2&ct=6 37 http://abertal.com/ga/web/notic.php?idc=1 38 http://www.fotolog.com/

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 22 che deixen comentarios, é máis que suficiente para un usuario que non é demasiado experto nin activo en Internet, se cadra non ten moita experiencia na Rede, pero si dispón de conexión na casa e cámara dixital. A introdución destes dous elementos tecnolóxicos na vida dos rapaces galegos parece ir ligada necesariamente a un fotolog, nun proceso de contaxio a través dos compañeiros de instituto ou de pandilla inédito ata agora, e grazas ao cal podemos estar falando, a finais do 2007, de varios milleiros de fotologs en Galiza. O cómputo é difícil de facer porque Fotolog.com non achega as cifras globais de usuarios galegos, cómpre ir buscando por cada localidade. E hai case 700 localidades galegas con usuarios de Fotolog.com rexistrados! Dende parroquias con poucos habitantes a grandes urbes como Vigo, onde se profundizamos un pouco podemos comprobar que se actualizan nun día uns 1.500 fotologs. Cifras estas que superan con moito a implantación dos blogs en Galiza. Se falamos de fotologs escritos en galego, a proporción é pequena ao falarmos de xente nova e moita dela urbana. Pero non debemos obviar o dato das 700 localidades con usuarios de Fotolog.com, cando aquí só temos 7 cidades. A implantación da banda larga no rural galego, tanto nas casas como nos institutos e cibercafés, fai que a maioría dos adolescentes de hoxe teñan acceso á Rede e que fagan un uso activo das súas posibilidades de comunicación coa mesma naturalidade coa que usan o teléfono móbil. SMS, messenger e fotolog: velaí os tres medios principais de comunicación entre os adolescentes galegos. Vivan no medio rural ou no urbano. Cada vez se despexan máis as diferenzas.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 23 A foto é o importante: Flickr.com 39 Aparte dos usuarios que toman o fotoblog como un vehículo de comunicación e relación con outros usuarios, simplemente tamén están os afeccionados/profesionais da fotografía que ven os sistemas de publicación de fotos como algo máis avanzado e onde prima a foto por riba do texto, do debate e da relación con outros usuarios sen querer deixala de lado. O exemplo máis claro disto é Flickr: unha rede de intercambio de fotografías onde usuarios rexistrados de todo o mundo publican as súas fotos a grande calidade e se relacionan con outros usuarios que publican fotos similares en estilo, ubicación xeográfica, etc... En Flickr hai unha grande comunidade galega tanto a nivel cualitativo como cuantitativo, tan só hai que ver o tag galiza 40 para ver a variedade e o nivel de calidade de fotos tanto realizada por fotógrafos galegos como por visitantes. Outro dos aspectos reseñábeis de Flickr que pasa desapercibido en Fotologs.com é a importancia que lle dá á licenza das fotos, potenciando a distribución destas baixo unha licenza libre como Creative Commons 41, o que fai o servizo un banco de fotos con licenzas abertas incribelmente grande. Este foi un factor que lle deu moito pulo ao servizo dende o principio. 39 http://www.flickr.com/ 40 http://www.flickr.com/photos/tags/galiza/interesting/ ou http://www.flickr.com/photos/tags/galiza/interesting/ 41 http://creativecommons.org/

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 24 Como ferramenta máis avanzada que Fotolog.com, dentro Flickr son moi importantes os Pools ou grupos onde diversos usuarios gardan as súas fotos baixo unha temática única. Un exemplo claro para ilustrar isto foi o grupo Arde Galiza 42 que acadou unha certa relevancia o pasado ano durante os incendios de verán onde os usuarios publicaban fotos relacioadas cos lamentábeis lumes ocorridos ese ano. Outros servizos Picasa e Fotoblogoteca son servizos alternativos de publicación de imaxes con certo uso na comunidade galega. O primeiro é propiedade de Google e está completamente integrado na súa rede de servizos, o que o fai moi accesíbel para todos os usuarios que usan algún servizo de Google. A Fotoblogoteca é un servizo lanzado por Abertal 43 como complemento á Blogoteca e trátase máis dunha extensión ou funcionalidade a maiores da súa ferramenta de publicación de blogs para facer sinxelo aos usuarios a tarefa de publicación de fotografías e está bastante diluída entre os blogs tradicionais. 42 http://www.flickr.com/groups/arde_galiza/ 43 http://www.abertal.com/

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 25 MySpace e derivados Datos clave: Myspace supera o medio millón de usuarios rexistrados no Estado. É un servizo usado masivamente por músicos para promocionar os seus grupos. En Galiza a maioría dos grupos teñen a súa conta en myspace. Facebook é a rede social de perfís que máis está crecendo. No Estado ten 180.000 usuarios rexistrados o que representa o 0,39 % da poboación. En países como Canadá é usado por máis do 22% da poboación. Malia o arrase dos fotologs, se falamos de adolescentes e Internet, a nivel global, o primeiro que nos vén á cabeza é a rede social MySpace 44. En Galiza tamén está presente e tampouco é doada de computar a estas alturas. Só navegando a fondo por unha mostra aleatoria de MySpaces (uns 200) podemos sinalar algunhas observacións sobre os perfís dos usuarios galegos. Esta é, ademáis, unha das vantaxes e características do MySpace respecto a outros espazos máis anónimos como Fotolog: do que se trata aquí é precisamente de crear perfís, de publicar a información que queremos para darnos a coñecer. 44 http://www.myspace.com

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 26 Por iso podemos estabelecer unha primeira diferenza entre o uso de Fotolog e MySpace: no primeiro a comunicación é máis privada, máis entre colegas, non se trata de darnos a coñecer ao mundo senón de relacionarnos cos que xa nos coñecen. A imaxe pública que mostramos é máis íntima, e por iso mesmo máis inaccesíbel para os que non son coñecidos de antes. Facer amigos novos é algo secundario, pero acaba ocorrendo, máis a través de amigos comúns ca de intereses comúns. En MySpace o obxectivo é coñecer e que te coñezan. Para iso tes un lugar fixo onde colocar os teus datos básicos: nome ou alcume, foto, lugar de residencia, idade... pero tamén signo do zodiaco, música favorita, películas favoritas,... deixando moitas veces claro que tipo de amigos se buscan ou que se busca neses posíbeis amigos. O perfil pódese ir actualizando, mesmo a xeito de blog, pero non fai falla para ser activo no myspace, abonda con comentar e ser comentado, con ter ansia de coñecer outros perfís, deixar que outros te coñezan e ter a posibilidade de ir pertencendo a diferentes redes ou comunidades ao mesmo tempo. A socialización dos galegos do século XXI excede con moito o ámbito familiar, escolar, laboral ou local grazas a estas ferramentas. E o seu éxito só se entende dende as novas necesidades de comunicación que nos pide ao vivirmos nunha sociedade global. Os músicos e MySpace Pequenos e grandes grupos, novas promesas e clásicos, atoparon en MySpace un entorno perfecto de comunicación; en Galiza non é menos. Podería decirse

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 27 que o MySpace é o punto de referencia de reunión de músicos galegos en Internet sobre todo en canto á visibilidade: esta rede social conseguiu cohesionar de certa forma unha nova produción musical galega permitindo que músicos accederan ao que estaban facendo outros músicos, un grande problema que as redes sociais solucionaron en moitos outros aspectos da produción cultural. Dende os primeiros anos Myspace ten dispoñíbeis ferramentas orientadas cara a promoción de música: dende un reproductor de MP3 nos perfís para promocionar os cortes, coma un sistema para promocionar eventos musicais ou ata a posibilidade de inclusión de vídeo. Esto foi creando, pouco a pouco, un circuito musical paralelo dentro das marxes da rede social en Internet, nalgún dos casos permeábel co circuito musical máis tradicional. Facebook Dende hai un ano unha nova rede de perfís está dando moito que falar, trátase de Facebook 45, un sistema moito máis limpo e ordeado que MySpace, que na súa creación estaba orientado sobre todo a estudantes como ferramenta para poder facer seguimento entre compañeiros de facultade. De feito, un renomeado artigo de fai uns meses formulaba o feito de que os usuarios de MySpace e Facebook proviñan de diferentes clases sociais ou niveles educacionais. Esta división non se nota tanto en Galiza, onde a comunidade de Facebook non supera os 1000 usuarios, pero é curiosa a entrada deste servizo en Galiza: a tra- 45 http://www.facebook.com

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 28 vés de xente emigrada ou estudantes en países onde está máis popularizada esta rede. A modo de exemplo: buscando a palabra Galiza atopamos ducias de grupos de usuarios creados para buscar persoas dun mesmo apelido espalladas polo mundo, con maior ou menor éxito. Volvemos ás raíces da Internet galega: as ferramentas son moito máis avanzadas que hai dez anos e o número de usuarios infinitamente maior, pero as necesidades de comunicarse son practicamente as mesmas.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 29 Redes sociais de novas Na Wikipedia defínense as novas ou ligazóns sociais coma servizos baseados na web onde se mostran e son compartidas listaxes de ligazóns de Internet creadas polos usuarios. Foi pioneiro nesta idea, fai máis de 4 anos, Digg 46, un servizo en liña que xunta ligazóns sociais, blogueo e sindicación, dun xeito non xerárquico e cun control editorial democrático. Segundo esta definición os sistemas de novas sociais pouco se diferenciarian dun foro ou un blog máis ou menos desenvolvido. A diferenza fundamental das novas sociais a respecto doutras plataformas de publicación de novas, son os que poderiamos traducir coma filtros de colaboración : algoritmos sociais que analizan globalmente as preferencias dos usuarios, reflexadas en forma de votos positivos ou negativos, para decidir que novas son o suficientemente importantes para seren destacadas. En certo xeito, as novas sociais son o resultado dunha evolución natural da propia información na Rede. No momento en que a tecnoloxía dispoñíbel está o suficientemente avanzada como para permitir, por velocidade, accesibilidade e facilidade de uso, que calquera usuario, cuns coñecementos básicos, poida participar na creación, elaboración e control das informacións ás que accede habitualmente e nas que, porén, está máis interesado, isto faise realidade. 46 http://digg.com

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 30 Chuza! Datos clave: Digg, a rede social de novas máis usada a nivel mundial, acadou en marzo deste ano o millón de usuarios. Menéame, a máis usada a nivel estatal, supera os 60.000 usuarios. Chuza é a rede social máis usada en Galiza e superou os 2.000 usuarios en outubro deste ano. Chuza leva indexadas, valoradas e comentadas máis de 25.000 novas nun 1 ano e medio. A rede social de novas galega por excelencia naceu en febreiro do 2006, pouco despois da aparición de Digg a nivel mundial, e unha vez que apareceu a versión a escala estatal: Menéame! 47 Unha das achegas que fixo Menéame á versión inglesa foi unha versión mellorada do código, que ademais se liberou. Dese xeito puido nacer Chuza! 48, a versión galega, antes que moitas versións en portugués, eusquera ou catalán. E unha das redes máis consolidadas e con maior tráfico de novas e usuarios. O éxito de Chuza explícase, en boa parte, pola súa oportunidade: nace no momento que explicamos anteriormente como de consolidación e estabilización da bloguesfera galega. O número de blogs de contido creado polos usuarios multipli- 47 http://meneame.net 48 http://chuza.org

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 31 couse e diluíuse a relevancia dos máis influíntes, sen que houbera un centro ou referente claro ao que acudir. Se a este feito, lle engadimos que boa parte dos blogs, máis que crear contido propio, enlazaban e comentaban contido alleo (doutras bitácoras ou dos medios tradicionais), a aparición de Chuza podía cubrir estes aspectos de maneira complementaría ao blogomillo. De feito, non é casual que os primeiros usuarios rexistrados en Chuza fosen blogueiros. Se a función principal dun blog é compartir información, este novo sistema permitía facelo a unha escala moito maior: calquera persoa podía participar, no grao que quixese, en configurar un directorio de novas interesante para a comunidade internauta galega. Enviándoas, votándoas, comentándoas. Sen a participación tan activa que implicaba manter un blog. Así, a día de hoxe, con pouco máis de 20 meses de vida, Chuza superou os dous mil usuarios e as 10.000 visitas diarias. Cada día pasan á portada unhas 30 noticias, as máis votadas polos usuarios, que configuran unha caste de revista de prensa popular na que teñen cabida dende os principais titulares dos medios tradicionais ata as noticias máis especializadas de corte tecnolóxico, de denuncia social, os artigos de opinión -en prensa ou en blogs- máis aplaudidos polos lectores... pasando tamén polos contidos máis anecdóticos, humorísticos.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 32 usuarios novos novas enviadas 2000 Uso de chuza.org no 2007 1800 1600 1400 1200 1000 800 600 400 200 0 Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xull Ago Sep Oct O número de novas enviadas a chuza experimentou un crecemento constante dende a aparición do servizo. O número de usuarios novos mensuais mantense durante o 2007, superando os 120 novos rexistrados por mes. No mes de outubro de 2007 chuza superou os 2.000 usuarios rexistrados converténdose desa forma na comunidade en liña galega con máis alto nivel crecemento.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 33 A Galipedia Datos clave: A wikipedia en inglés é unha enciclopedia editábel por todo o mundo que conta con máis de 2 millóns de entradas e case 6 millóns de usuarios. 49 A Galipedia, versión en galego da wikipedia, supera as 29.000 entradas e conta con 2.700 usuarios. 50 O 8 de marzo de 2003 apareceu a versión galega da enciclopedia máis coñecida dos últimos anos, a Galipedia. Nun primeiro momento podíase pensar que se trataba só de verquer os contidos da Wikipedia ao galego como o están a outros moitos idiomas. Pero a gran achega da Galipedia está en crear contidos propios, información de ámbito galego que non se poida atopar en ningunha outra wikipedia do mundo. 49 http://meta.wikimedia.org/wiki/list_of_wikipedias 50 http://gl.wikipedia.org/wiki/especial:statistics

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 34 A Galipedia está experimentando un grande avance este ano 2007, o número de artigos está a piques de superar os 30.000 artigos. En novembro de 2007 o número de artigos publicados na Galipedia está próximo a alcanzar os 30.000. Citando a propia Galipedia cando cumpriu as 20.000 entradas: Son poucos en comparación co millón e medio da Wikipedia en inglés, non obstante son resultado dun esforzo moito maior. A Wikipedia en galego é dese tipo de proxectos que, sen facer ruído, van creando o substrato dunha iniciativa moito máis fonda. Persoas con distintas opinións, ideoloxías, crenzas na procura dun obxectivo común. (...) Lonxe queda aquel 22 de xullo de 2003 en que un colaborador de Ribadeo nun esforzo en solitario comezou a crear contidos para a Wikipedia en galego. Pasados 1231 días, ducias de editores acrecentaron a Galipedia xunto cos outros proxectos irmáns: Wikisource para textos orixinais, o Galizio-

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 35 nario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Neste momento ata hai unha extensión da comunidade galega en Commons cun repositorio de imaxes común a todos os wikis, que desde o pasado 30 de novembro alberga máis dun millón de ficheiros multimedia 51. Grazas o traballo colaborativo destes editores, na súa maioría anónimos, hoxe a Galipedia supera, con moito, en número de entradas á Wikipedia en vasco, en bretón ou en islandés, e está moi preto de superar ao Grego. 51 http://gl.wikipedia.org/wiki/wikipedia:20.000_artigos

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 36 A influencia de Internet e as novas ferramentas sociais nos medios de comunicación O ano 2007 foi o ano dos redeseños dos medios de comunicación de corte máis tradicional en Internet. Non só era necesaria unha renovación gráfica máis adaptada aos tempos actuais, senón tamén unha reformulación da figura do visitante/ usuario neses medios. Mentres que historicamente o visitante neses medios tiña unha aptitude pasiva, a evolución da Rede cara a unha presenza maior do usuario, tanto nos debates como na creación de contido, fixo que moitos deses xornais tivesen en conta estes factores á hora de abordaren os seus cambios. Este ano o visitante pasou a ser usuario. En xeral si que se notou un avance en canto a servizos para o usuario nos medios que redeseñaron este ano. Para analizar a implantación das ferramentas sociais nos medios de comunicación tradicionais máis importantes en Internet basearémonos en 4 puntos: Identidade do usuario dentro do medio: Se o medio non ten un sistema de rexistro/perfís de usuario, a capacidade que teñen os membros de estabelecer relacións entre si vese limitada pola carencia de posibilidades de definir unha identidade dixital. Capacidade de interación entre usuarios: Os usuarios do medio deben ter as ferramentas necesarias para relacionarse entre usuarios a nivel básico. O exemplo máis claro disto é a figura do Engadir amigo : algo tan simple co-

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 37 mo poder dicir se estoutro usuario é amigo, permite crear tecidos relacionais dentro da rede que doutra forma son imposíbeis. Capacidade dos usuarios para crear contido: As ferramentas que o medio pon a disposición do usuario para emitir contido dentro do medio, dende o envío de novas ata unha wiki ou un debate aberto. Ferramentas de debate/valoración: A capacidade dos usuarios para avaliar o contido creado polo medio ou por outros usuarios, sexa mediante votos ou comentarios. Analizamos estes factores nos xornais en Internet que redeseñaron este ano: La Voz de Galicia O cambio máis esperado deste último ano foi o redeseño de La Voz de Galicia en xullo de 2007. O cambio deulle moita máis importancia á intervención do usuario aumentando, por unha banda, a interactividade en xeral da web, e pola outra -a que nos interesa- aumentando lixeiramente ou dándolles máis protagonismo ás ferramentas polas que os usuarios poden crear e valorar o contido.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 38 O novo xornal electrónico carece dun sistema de perfil de usuarios rexistrados, polo que os usuarios habituais carecen dunha páxina propia onde gardar información ou facer seguimento do contido xerado. Na parte superior da portada acostúmase a destacar galerías de fotos enviadas polos usuarios e na parte media concéntrase a sección participa, onde están as enquisas/debates comentábeis, xunto con información sobre como enviar novas ao medio (usando o correo electrónico xa que carece dun proceso automatizado para iso). Existe unha sección propia de participación que actua como directorio dos diferentes puntos de participación dentro do xornal, a modo de ampliación da sección da portada. No interior dalgunhas novas permítense os comentarios e existen ferramentas para compartir a nova, tanto por correo electrónico como usando os sistemas de almacenaxe de links sociais máis importantes. Nas columnas dereitas de portada e interior aparecen listados de novas máis visitadas frecuentemente, o que pode funcionar como un sistema de filtrado social moi básico, ao ter unha referencia do que pode ser máis interesante usando o baremo do número de accesos.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 39 Faro de Vigo / La Opinión Coruña Estes dous xornais usaron a mesma plantilla para o redeseño ao seren da mesma empresa editorial (EPI). A integración de ferramentas sociais foi bastante tímida e conservadora: as novas poden ser valorábeis, comentábeis e compartíbeis tanto por mail como en sistemas de almacenaxe de links sociais máis importantes. E na columna dereita aparecen frecuentemente listados das novas máis votadas e mellor valoradas. Mantiveron e potenciaron as clásicas enquisas/foros de debate monotemáticos e na portada teñen unha zona propia onde acceder facilmente a esas zonas de participación. Dun tempo a esta parte están potenciando o envío de contido por parte dos lectores en forma de galería de imaxes de usuarios. Carece dun sistema de rexistro de usuarios e o sistema de envío de comentarios é do máis anónimo que hai nos xornais galegos, tan só pedindo no formulario de envío o nome e o texto do comentario.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 40 El Correo Gallego A implantación das ferramentas sociais en El Correo Gallego é moi parecida á do Faro de Vigo, aínda que moitas delas xa estaban presentes antes do redeseño: noticias comentábeis, valorábeis e envío a sistemas de almacenaxe de links sociais. Listados de novas máis valoradas, visitadas e comentadas dende a portada. Dispoñen dunha zona de envío de contido dos usuarios limitada a envío de fotos de denuncia non accesíbel dende a portada de forma permanente. Vieiros Probablemente Vieiros foi o xornal que máis apostou pola rede social no seu redeseño en marzo de este ano. É o unico medio galego que ten un sistema de perfís de usuarios (en desenvolvemento) que identifica a cada usuario dentro do xornal e permite facer un seguimento da súa participación. As novas son valorábeis, comentábeis e dispón de ferramentas para compartir as novas. Existen zonas de participación mediante enquisas e debates accesíbeis dende a portada do xornal.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 41 Poucos meses despois da publicación da nova versión do xornal apareceu Open Vieiros, un sistema de publicación de contido automatizado para que os usuarios envíen novas e debates de forma sinxela. A aposta por este sistema está dando moi bos resultados, xa que o crecemento da comunidade de Vieiros aumentou moito nos últimos meses. Xornal.com A aposta polas ferramentas sociais na nova versión de xornal.com foi máis ben limitada. Tan só está presente unha enquisa en portada e as novas son comentábeis e dispoñen da opción de enviar a sistemas de almacenaxe de links sociais. Carece de sistema de usuarios.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 42 Licenza de uso deste documento Este documento distribúese baixo licenza Creative Commons Atribución/ Non Comercial/ Compartir Igual. Vostede é libre de copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra, e facer obras derivadas dela baixo as condicións seguintes: Recoñecemento: Debe recoñecer os créditos da obra do xeito especificado pola (persoa) autora ou pola licenciadora (pero non de xeito que suxira que ten o seu apoio ou apoian o uso que fan da sua obra). Non comercial: Non pode empregar esta obra para fins comerciais. Compartir baixo a mesma licenza: Se altera ou transforma esta obra, ou xera unha obra derivada, só pode distribuír a obra xerada baixo unha licenza idéntica a esta. Teña en conta que ao reutilizar ou distribuír a obra, ten que deixar ben claro os termos da licenza desta obra; algunha destas condicións pode non aplicarse se se obtén o permiso da persoa titular dos dereitos de autoría e nada nesta licenza menoscaba ou restrinxe os dereitos morais dela. Os dereitos derivados de usos lexítimos ou outras limitacións non se ven afectados polo anterior. Isto é un resumo facilmente lexible do texto legal (licenza completa) que pode obterse na seguinte URL: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/deed.gl Este documento foi elaborado por María Yáñez e Berto Yáñez para a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, pertencente á Consellaría de Innovación e Industria. A publicación deste informe correspóndese coa iniciativa CES-LA2-I4 Acceso libre aos contidos de orixe pública, do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI). O contido deste informe non representa necesariamente unha posición oficial da Xunta de Galiza.