Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

Documentos relacionados
Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Outubro Nº Var. Int. 18/17

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xuño Nº Var. Int. 17/16

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ano 2009

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

PERFIL DO VISITANTE EN AROUSA NORTE

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

4.3. construcción. Galicia económica social memoria CES GALICIA. presente capítulo, adicado á construcción, está dividido en tres grandes

II.- O ESCENARIO MONETARIO

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

3.2.- galicia. Estrutura produtiva

iml informe mecado laboral introducción

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

VARIACIÓN MENSUAL DO PARO REXISTRADO EN GALICIA. AGOSTO

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

A ÁLISE ESTATÍSTICA SOBRE O TURISMO ESTIVAL E GALICIA (E QUISA DE DESTI O, 2010) (Versión resumida)

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

3.2.- Estrutura produtiva

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. marzo 2010

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

Monumento Natural As Catedrais. Perfil do Visitante

Indicadores da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia

II. O escenario Monetario

ESTUDO DE CARACTERIZACIÓN DA DEMANDA TURÍSTICA SANTIAGO DE COMPOSTELA

Informe de Conxuntura socioeconómica I / 2016

INDICADORES SOBRE BANDA LARGA Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017 Abril de 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE MAIO DE 2018

PRINCIPAIS INDICADORES DA MEDIACIÓN DE SEGUROS EN GALICIA EXERCICIO 2016

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia O emprego en 2015: pouco, precario e sen dereitos Setembro de 2015

Dossier O líder da prensa en galego

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia A sinistralidade laboral en Galicia en cifras Abril de 2015

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016 Abril de 2017

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

Indicadores de poboación: decrecemento e envellecemento poboacional en Galicia

O GASTO ENERXÉTICO NAS NOSAS EMPRESAS: A XESTIÓN EFICIENTE

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

A Sociedade da Información nas empresas de Galicia

PREVENCIÓN E SEGURIDADE NO SECTOR FORESTAL SINISTRALIDADE LABORAL NO SECTOR FORESTAL DE GALICIA E DA PROVINCIA DE LUGO

DOCUMENTOS A PROBLEMÁTICA DA VIVENDA EN GALICIA

poboación xitana en paro

Observatorio Ocupacional Instituto Galego das Cualificacións Dirección Xeral de Emprego e Formación Consellería de Traballo e Benestar Xunta de

Estudo do Mercado Laboral Galicia 2013

Matemática Financeira

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

Informe VIH-sida en Galicia: Diagnósticos de infección polo VIH: Casos de sida:

A poboación mundial 1. Cifras e distribución 2. Movemento natural 3. Contrastes demográficos 4. As migracións Carlos Díaz Diéguez - IES As Mariñas

O CONTRATO DE TRABALLO

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo Dirección Xeral de Formación e Colocación Instituto Galego das Cualificacións

PARO REXISTRADO POR GRUPOS DE IDADE

Política e Obxectivos de Calidade

A POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

A BRECHA SALARIAL PERSISTE PORQUE SE INFRAVALORA O TRABALLO DAS MULLERES 22 DE FEBREIRO, DÍA POLA IGUALDADE SALARIAL

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Estudo do mercado laboral. Galicia 2011

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

A Sociedade da Información e os autónomos de Galicia. Edición 2015

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... OS NÚMEROS DECIMAIS ORDES DE UNIDADES DECIMAIS. CENMILÉSIMA 8 1 cm = MILLONÉSIMA 8 1 mm = OPERACIÓNS

SBN: O TEMPO NO XORNAL

INTERVENCIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PRINCIPAIS INDICADORES DA ACTIVIDADE ECONÓMICO - FINANCEIRA 1º TRIMESTRE 2004

INFORME SOBRE COMERCIO EXTERIOR

Informe VIH-sida en Galicia 2016

O recambio xeracional en ocupacións do mercado laboral galego O RECAMBIO XERACIONAL EN OCUPACIÓNS DO MERCADO LABORAL GALEGO

CAMPA A RESGAL

INFORME SOBRE COMERCIO EXTERIOR

INFORME SOBRE COMERCIO EXTERIOR

Estudo do mercado laboral Galicia 2015

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

Potencias e radicais

PREVENCIÓN E SEGURIDADE NO SECTOR FORESTAL

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

INFORME SOBRE COMERCIO EXTERIOR

CARACTERIZACIÓN DE SEIS ZONAS DE GALICIA CON DIFERENTE GRAO DE URBANIZACIÓN

A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia. Edición 2016

Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia

Proceso de facturación.

Informe VIH-sida e outras ITS en Galicia 2017

O Software Libre nas empresas informáticas de Galicia

I. A Economía Galega. O seu contorno

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

SÍNTESE DE RESULTADOS ESTATÍSTICOS 2009

Informe VIH-sida e outras ITS en Galicia 2018

Estado da Sociedade da Información en Galicia Resumo executivo

Censo de Poboación e Vivendas Información provisional

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Tema 1: A MEDIDA. Na Física e na Química, como ciencias experimentais que son, estamos constantemente medindo diferentes magnitudes.

SI A Sociedade da Información. nas empresas TIC de Galicia

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

Transcrição:

MAIO 2018 Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio 2018 ESPAÑA GALICIA VIAXEIROS 10.005.892 1,6% 380.080-4,7% NOITES 31.954.789 1,6% 679.897-0,5% ESTADÍA MEDIA 3,19 0,0% 1,79 4,4% % OCUPACIÓN 58,42% 0,28 36,38% 1,77 % OCUPACIÓN Fds 64,59% -1,02 41,17% 1,57 Fonte: Elaboración propia a partir de EOH No pasado mes de maio rexístrase, en sentido estrito, unha caída dos niveis de demanda en relación ao mesmo período do pasado ano. En particular, descende a cifra de viaxeiros aloxados un 4,7%- e o volume de noites apenas un 0,5%-. En termos xerais pode falarse, por tanto, dun estancamento dos niveis de demanda hoteleira medida en pernoctacións- como consecuencia da combinación de dous factores: caída do volume de viaxeiros aloxados nun contexto de mellora da estadía media. Tal circunstancia rompe cunha tendencia positiva de crecemento da demanda nos últimos cinco anos. En particular, logo das caídas rexistradas en 2011 e 2012, o volume de pernoctacións increméntase en maio de 2013 un 5,3%-, como paso previo aos crecementos rexistrados en 2014 do 8,6%-, en 2015 do 4,0%-, en 2016 do 2,0% e en 2017 do 6,4%-. O estancamento de maio deste 2018 coloca o nivel final en preto de 680 mil noites cifra obviamente inferior á do pasado ano mais superior á rexistrada no período 2011-16. En termos de viaxeiros aloxados a evolución é equivalente, rompéndose en 2018 a tendencia positiva rexistrada nos cinco anos anteriores e que levaran a colocar o volume final en case 400 mil en maio do pasado ano. O descenso deste 2018 sitúa o nivel en 380 mil viaxeiros aloxados. En termos de volume a variación da demanda tradúcese na perda de case 19 mil viaxeiros aloxados e de pouco máis de 3.500 noites en relación ao mes de maio do pasado ano. A nivel estatal obsérvase un comportamento diferente. No conxunto de España rexístrase un leve incremento tanto da cifra de viaxeiros aloxados coma do volume de noites do 1,6% en ambos casos-. Esta mellora vén como consecuencia dos incrementos observados en boa parte das comunidades autónomas doce en total-, con diversa intensidade. Estremadura é, neste mes, o destino de mellor comportamento relativo, rexistrando un crecemento do 9% no volume de noites hoteleiras. Seguen en orde de importancia, Asturias cunha suba do 7,3%- e Murcia e o País Vasco con incrementos do 5% en relación ao pasado ano-. No lado contrario é Madrid o destino que presenta o crecemento máis moderado, inferior ao 1% interanual. 1

En catro destinos mantense estable o nivel de demanda Baleares, Castela e León, A Rioxa e Galicia- e só un presenta unha caída en relación ao pasado ano Canarias en particular, que rexistra un descenso do 1,8%-. En termos de viaxeiros aloxados o ranking é semellante, con incrementos xeneralizados que lidera tamén Estremadura coa suba do 11,3%-. Nun sentido estrito Galicia rexistra neste caso a maior caída na cifra de viaxeiros aloxados e o segundo maior descenso no volume de noites, en relación ao mes de maio do pasado ano. Baleares con preto de 7,5 millóns de pernoctacións hoteleiras- é o destino que lidera o mercado turístico hoteleiro neste mes de maio absorbendo o 23,3% do total estatal-. Tal circunstancia é unha novidade neste 2018 pois ata o pasado mes de abril era Canarias o destino de maior volume e peso no conxunto da demanda hoteleira estatal lideraba o mercado hoteleiro en temporada baixa-. Logo de Baleares, seguen en orde de importancia neste mes Cataluña con máis de 5,5 millóns de pernoctacións-, Canarias con preto de 5,2 millóns de pernoctacións-, Andalucía con pouco máis de 5,0 millóns-, a C. Valenciana con máis de 2,5 millóns- e Madrid con preto de 2,2 millóns neste caso-. Só estas seis comunidades absorben en conxunto ao 87% do total da demanda hoteleira de España. O 13% restante repártese no resto do territorio. Galicia ocupa neste mes a oitava posición representando o 2,1% do total estatal. En termos de mercado obsérvase un comportamento dispar dos tres grandes segmentos, con melloras do mercado interno e caídas do receptor de diversa intensidade. O turismo interno aquel representado polos residentes en Galicia- presenta un incremento do 12,4% no volume de pernoctacións hoteleiras auspiciado por unha suba da cifra de viaxeiros aloxados, do 4,0%, e unha mellora da estadía media do 8,1% neste caso-. Contrasta este crecemento co observado nos últimos anos nos que o mercado interno presentaba variacións dispares alternando anos de crecemento con caídas de baixa intensidade-. Esta forte suba coloca o volume final en 174 mil noites a cifra máis elevada desde o 2011-. O mercado receptor nacional aquel conformado polos españois procedentes doutras comunidades autónomas- presenta en cambio un comportamento negativo, cun descenso do 2,5% no volume de noites en relación ao pasado ano 2017 consecuencia da caída paralela da cifra de viaxeiros españois, do 2,7% neste caso-. Este descenso contrasta coa suba rexistrada no pasado ano do 10,7%- e mantén a secuencia irregular observada nos últimos anos. Con isto o volume de noites do mercado receptor nacional sitúase en 275 mil neste mes de maio cifra inferior á de 2017 máis superior á do período 2011-16. O turismo internacional presenta tamén un descenso da demanda en relación ao pasado ano. A cifra de viaxeiros aloxados cae un 11,1% e o volume de pernoctacións un 6,3%, contribuíndo desta maneira ao comportamento negativo da demanda. O descenso deste ano rompe cunha serie de crecementos consecutivos nos seis anos anteriores, con subas do 3,2% en maio de 2012, do 11,5% en 2013, do 24,9% en 2014, do 4,6% en 2015, do 10,3% en 2016 e do 6,3% en 2017. Esta caída sitúa o nivel final en 231 mil noites cifra inferior á dos dous últimos anos pero superior á serie anterior-. 2

Neste mes o peso do turismo internacional sitúase no 34,0% do total da demanda hoteleira, cifra importante como corresponde a un mes de temporada media e que supera os valores que se rexistraban no primeiro cuadrimestre do ano co 21% de media nos catro meses-. O segmento de maior peso é o nacional e sobre todo aquel que procede do conxunto do Estado o turismo receptor nacional representa o 40,5% do total das noites hoteleiras-. O mercado interno representa o 25,6% do total neste caso. A nivel territorial obsérvase un comportamento dispar da demanda hoteleira, con variacións de diversa intensidade. En particular, descende o volume de noites en A Coruña un 4,2%- e en Lugo apenas un 1%- como consecuencia de caídas paralelas da cifra de viaxeiros aloxados amortiguadas por unha mellora da estadía media. En Ourense e Pontevedra, en cambio, sobe e mellora a demanda hoteleira un 4,2% na primeira e un 4,4% nesta última-, como consecuencia neste caso de crecementos paralelos da cifra de viaxeiros. Con máis de 315 mil noites hoteleiras, A Coruña é a provincia que absorbe o maior volume de demanda no conxunto da comunidade representando o 46,4% do total-. A estadía nos hoteis e pensións de Galicia increméntase neste mes de maio un 4,4%-, situándose en 1,79 noites de media. É o segundo ano consecutivo no que mellora a estadía media no mes de maio, rompendo coa serie de caídas consecutivas desde o 2012. Estes incrementos permitiron mellorar en máis dunha décima a cifra de maio de 2016. A estadía media hoteleira de Galicia sitúase nunha posición media-baixa no conxunto do Estado. Canarias marca o valor máis elevado con 6,9 noites de media, mentres que Castela e León rexistra a cifra máis baixa, con 1,6 noites neste caso. O descenso dos niveis de demanda prodúcese nun contexto de caída paralela da oferta dispoñible, se ben con maior intensidade o volume de prazas ofertadas descende un 5,4%-, circunstancia que leva a unha mellora dos niveis de ocupación do sector en particular, sobe en 1,8 puntos porcentuais para situarse no 36,4% de media-. Son seis anos consecutivos de mellora dos niveis de ocupación hoteleira en Galicia no mes de maio, circunstancia que eleva o dato deste 2018 ao máis elevado da serie histórica moi parello á cifra rexistrada en 2004, ano Xacobeo-. En comparación coas restantes comunidades autónomas Galicia rexistra neste mes a terceira cifra de ocupación máis baixa do conxunto do Estado só por diante de Asturias e Castela A Mancha-. Canarias é o destino que lidera o ranking dos niveis de ocupación a nivel estatal cun 70,1% en maio. Seguen Baleares cun 68,0%-, Madrid cun 63,6%- e a C. Valenciana cun 60,1% neste caso-. A media do conxunto de España sitúase no 58,4%. En termos dinámicos obsérvase que o nivel de ocupación mellora en boa parte das comunidades autónomas, con diversa intensidade. O incremento máis notable sitúase en Estremadura con case catro puntos porcentuais de diferenza en relación ao pasado ano-. No lado contrario descende o nivel de ocupación en tres destinos Canarias, Navarra e Baleares-, por encima do punto porcentual. As tarifas hoteleiras en Galicia soben levemente neste quinto mes do ano un 1,0% en particularsituándose en 55,6 euros de media a quinta cifra máis baixa do conxunto do Estado-. Mellora a súa posición en comparación co observado no primeiro cuadrimestre cando a nosa comunidade rexistraba sempre a tarifa máis baixa do conxunto do Estado. 3

País Vasco é o destino que presenta as tarifas hoteleiras máis elevadas neste mes de maio con 95,6 euros de media por vez primeira neste ano Canarias non ocupa este lugar-. Acadan tamén cifras importantes, por encima da media estatal, Madrid con 92,5 euros-, Cataluña con 88,9 euros-, Canarias con 88,3 euros-, Baleares con 82,6 euros- e Andalucía con 81,1 euros neste caso-. Son seis as comunidades que se sitúan por encima da media estatal, que neste mes queda nos 80,9 euros de media. Os prezos hoteleiros varían de forma dispar nas diferentes comunidades autónomas. Soben e melloran na maioría delas sendo o País Vasco o destino co incremento máis notable, do 15,8%-, mantéñense estables en Andalucía e descenden nas tres restantes. Cataluña rexistra neste caso a caída máis notoria, do 5% interanual neste caso. A mellora dos niveis de ocupación neste mes de maio froito dunha caída da oferta superior ao descenso da demanda-, nun contexto no que ademais soben levemente as tarifas, leva a que os establecementos hoteleiros de Galicia melloren os niveis de rendibilidade en relación ao mesmo período de 2017 o RevPAR sobe un 4,7% ata situarse en 23,1 euros de ingreso medio por habitación dispoñible, a terceira cifra máis baixa do conxunto do Estado-. Os establecementos hoteleiros de Madrid con 72,4 euros de ingreso medio por habitación dispoñible- son os que presentan un maior nivel de rendibilidade neste mes de maio. Sitúanse por diante das restantes comunidades entre as que destaca o País Vasco con 69,5 euros neste caso-. En termos dinámicos obsérvase igualmente un comportamento dispar a nivel das comunidades autónomas sendo maioría as que presentan cifras positivas. Os niveis de rendibilidade hoteleira melloran en trece destinos sendo tamén neste caso o País Vasco o que amosa o incremento máis notable, do 17,7% en relación ao pasado ano. Mantéñense estables en Madrid, e descenden nos tres destinos restantes. Cataluña marca a caída máis notable, cun descenso do 6,1%. 4

ACUMULADO A MAIO 2018 Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Acum. Maio 2018 ESPAÑA GALICIA VIAXEIROS 36.988.854 0,9% 1.277.737-4,4% NOITES 111.139.703 0,1% 2.355.495-1,1% ESTADÍA MEDIA 3,00-0,8% 1,84 3,5% % OCUPACIÓN 53,74% -0,37 29,09% 0,97 Fonte: Elaboración propia a partir de EOH Nos primeiros cinco meses deste ano 2018 Galicia rexistra unha leve caída dos niveis de demanda hoteleira en relación ao mesmo período do pasado ano. En particular, descende a cifra de viaxeiros aloxados un 4,4%, acadando preto de 1,3 millóns- e o volume de noites un 1,1% neste caso, con máis de 2,3 millóns no conxunto da comunidade-. O descenso deste ano rompe cunha serie de crecementos consecutivos nos catro anteriores. Logo das caídas rexistradas no trienio 2011-13, a demanda hoteleira consegue mellorar no acumulado a maio de 2014 un 2,8%- con carácter previo aos incrementos do 6,2% en 2015, do 5,3% en 2016 e do 8,3% en 2017. A caída deste ano, aínda que suave, rompe esta dinámica e coloca o nivel final en máis de 2,35 millóns da noites a segunda cifra máis elevada desta década-. En termos de viaxeiros aloxados a evolución é paralela rexistrando neste 2018 case 1,3 millóns no conxunto da comunidade, a segunda cifra máis elevada desde o 2008. En termos de volume a variación tradúcese na perda de algo máis de 59 mil viaxeiros aloxados e de máis de 26 mil pernoctacións en relación aos cinco primeiros meses de 2017. A nivel estatal obsérvase un comportamento algo diferente. No conxunto de España rexístrase un leve incremento da cifra de viaxeiros aloxados do 0,9%- mais estabilízase o volume de noites como consecuencia dunha mellora da estadía media. Son variacións pouco significativas que falan máis ben de certa estabilidade dos niveis de demanda en relación ao pasado ano. O comportamento da demanda a nivel das comunidades autónomas é moi dispar neste período de cinco meses. En particular, sobe e mellora en once delas sendo Murcia e Estremadura os destinos que rexistran os crecementos máis intensos, do 5,6% e 5,1% respectivamente-. No lado contrario é Cantabria o destino de crecemento máis moderado. A demanda cae nas seis comunidades restantes, con menor intensidade en Cataluña menos do 1%- e de forma máis acusada en A Rioxa cunha caída do 3,6%-. Similar comportamento se observa no lado dos viaxeiros aloxados, onde se aprecian variacións dispares. Dez delas melloran as cifras do pasado ano encabezando Cantabria o ranking cun incremento do 6,0%-, mantense estable en tres e descende en catro sendo A Rioxa o destino coa caída máis notoria, do 4,6% neste caso-. 5

Canarias con máis de 27,5 millóns de pernoctacións hoteleiras- é o destino que lidera o mercado turístico hoteleiro neste período absorbendo o 24,8% do total estatal-. Seguen en orde de importancia Andalucía con preto de 17,9 millóns de pernoctacións-, Cataluña con máis de 17,5 millóns de pernoctacións-, Baleares con 12,5 millóns-, a C. Valenciana con preto de 10,1 millóns- e Madrid con preto de 9,8 millóns neste caso-. Só estas seis comunidades absorben en conxunto ao 86% do total da demanda hoteleira de España. O 16% restante repártese no resto do territorio destacando Castela e León por encima das restantes. Galicia ocupa neste período a oitava posición por detrás de todas as anteriores- representando o 2,1% do total estatal. En termos de mercado obsérvase un comportamento dispar dos grandes segmentos, con variacións ademais de diversa intensidade. O turismo interno aquel representado polos residentes en Galicia- presenta un leve incremento do 1,3% no volume de pernoctacións hoteleiras auspiciado por unha mellora da estadía media pois a cifra de viaxeiros residentes cae un 1,2%. Son variacións de baixa intensidade que en todo caso dan continuidade á tendencia de crecemento dos catro anos anteriores, de 2014 a 2017. O nivel final deste período de cinco meses sitúase en preto de 739 mil noites. O mercado receptor nacional aquel conformado polos españois procedentes doutras comunidades autónomas- presenta en cambio un comportamento negativo cun descenso do 3,4% no volume de noites hoteleiras provocado en grande medida pola caída da cifra de viaxeiros españois, do 5,1% neste caso-. O descenso deste ano rompe cunha tendencia de crecementos consecutivos desde o 2014 e deixa o nivel final en máis de 1,03 millóns de noites a segunda cifra máis elevada desde o 2010-. O turismo internacional presenta un comportamento diferente e mantense nos mesmos niveis do pasado ano. O volume de pernoctacións sitúase en valores case equivalentes aos do mesmo período de 2017 como consecuencia da combinación de dous factores: caída da cifra de viaxeiros estranxeiros -do 7,2%- e mellora paralela da estadía media do 7,9% neste caso-. Coa estabilidade deste 2018 o segmento internacional rexistra sete anos consecutivos sen caídas da demanda no conxunto dos primeiros cinco meses do ano, acadando agora máis de 583 mil noites cifra que supón en sentido estrito un máximo histórico na nosa comunidade-. O 43,9% da demanda hoteleira corresponde ao turismo receptor nacional, segmento de maior peso neste período. O mercado interno representa o 31,4% mentres que o internacional supón o 24,8% do total cifra que tamén supón máximo histórico na comunidade neste período de cinco meses-. A nivel territorial obsérvase un comportamento dispar da demanda hoteleira. O volume de noites sobe e mellora nas provincias de interior un 2,1% en Lugo e un 2,4% en Ourense-, mantense estable en Pontevedra e descende, en cambio, na provincia de A Coruña un 3,9% neste caso-. Con máis de 1,04 millóns de noites hoteleiras, A Coruña é a provincia que absorbe o maior volume de demanda no conxunto da comunidade representando o 44,3% do total-. A estadía media nos hoteis e pensións de Galicia sitúase en 1,84 noites, cifra que supera nun 3,5% o dato do mesmo período do pasado ano. É o segundo ano consecutivo no que mellora a estadía media na nosa comunidade, conseguindo recuperar parte do perdido nos cinco anos anteriores. 6

O descenso dos niveis de demanda prodúcese nun contexto de caída da oferta dispoñible, de maior intensidade o volume de prazas ofertadas descende un 4,4%-. Tal circunstancia ten como consecuencia unha mellora dos niveis de ocupación do sector en particular, sobe en case un punto porcentual para situarse no 29,1% de media, a cifra máis elevada desde o 2008-. Son cinco anos consecutivos de mellora dos niveis de ocupación no conxunto dos primeiros cinco meses do ano, por motivos diferentes de 2014 a 2017 mellora nun contexto positivo de crecemento da demanda e agora en 2018 mellora por unha caída da oferta superior ao descenso da demanda-. En comparación coas restantes comunidades autónomas Galicia rexistra neste período a segunda cifra de ocupación máis baixa do conxunto do Estado. Canarias é o destino que lidera o ranking dos niveis de ocupación a nivel estatal cun 74,5%. Seguen Baleares cun 63,6%-, Madrid cun 58,9%- e a C. Valenciana cun 55,0% de media neste caso-. A media do conxunto de España sitúase no 53,7%. 7