Camposancos 07_02_ EMPRAZAMENTO DATOS XERAIS

Documentos relacionados
Seo de Nemiña 05_05_ EMPRAZAMENTO DATOS XERAIS

Praia de Coroso 06_03_ EMPRAZAMENTO DATOS XERAIS

Costa de Morás 01_04_ EMPRAZAMENTO DATOS XERAIS

Burela 01_04_ EMPRAZAMENTO DATOS XERAIS

Illa de Arousa e Arquipélago de Rúa e Os Guidoiros 06_03_ EMPRAZAMENTO DATOS XERAIS

Cedeira 02_06_ EMPRAZAMENTO DATOS XERAIS

1/10. Casa Luis e Gloria Urb. A campiña, 56. Lugo, España 01. FOTOGRAFÍAS XV PREMIOS COAG ARQUITECTURA PLANOS 03. MEMORIA 04.

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xuño Nº Var. Int. 17/16

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

COSTA DE FOZ. Distancia: 17 km (lineal) Dificultade: baixa Duración: 5 a 6 horas

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE MAIO DE 2018

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

e diferente ter un bo a camiñar.

PLAN ESPECIAL DE PROTECCION E REFORMA INTERIOR PEPRI O BARCO de VALDEORRAS CATALOGO:

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Outubro Nº Var. Int. 18/17

Política e Obxectivos de Calidade

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

AS ROCHAS. As rochas están sometidas a un ciclo contínuo de formación e destrucción

CAMPA A RESGAL

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Requisitos para subir documentos ao

ESPAÑA ARXILOSA. Tipo de rocha predominante: A rocha predominante é a arxila, que é unha rocha

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

FICHAS DO XOGO. (Adaptado do xogo Descubriendo al invasor da Comunidad de Madrid) Co apoio

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

1. NORMAS XERAIS: CRITERIOS DE VALORACIÓN. 2. ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS PRESUPOSTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL DA EDIFICACIÓN.

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

Proxecto Esmelle. Convivencia entre veciños voluntarios e persoas que realizan Traballos en Beneficio da Comunidade

COSTA DE DEXO E SERANTES

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

Territorio, recursos naturais e medio

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

REDE EUSUMO. información e comunicación

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

Balance do ano Carina Fernández Faya. Directora

A ÁLISE ESTATÍSTICA SOBRE O TURISMO ESTIVAL E GALICIA (E QUISA DE DESTI O, 2010) (Versión resumida)

Achega as persoas á natureza, é unha forma sinxela e natural de reciclar os restos orgánicos, e ten múltiples beneficios ambientais:

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia

1.- Organización da Escola de Primavera:

VARIEDADE LITOLÓXICA DA PENÍNSULA IBÉRICA. Isaac Buzo Sánchez (ADAPTADO)

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

CARACTERIZACIÓN DE SEIS ZONAS DE GALICIA CON DIFERENTE GRAO DE URBANIZACIÓN

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

A poboación mundial 1. Cifras e distribución 2. Movemento natural 3. Contrastes demográficos 4. As migracións Carlos Díaz Diéguez - IES As Mariñas

ESTRATEXIA DE COOPERACIÓN DO RÍO MINHO TRANSFRONTEIRIZO 2030 PRIMEIRO BORRADOR

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

Que é unha rede de ordendores?

DOCUMENTO ÚNICO DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA VALDEORRAS

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Língua Portuguesa na Galiza

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

DIAGNÓSTICO SOCIOECONÓMICO DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

Proceso de facturación.

poboación xitana en paro

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

INDICADORES SOBRE BANDA LARGA Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia

concello de FENE separata 04

CRYPTOSPORIDIOSE E GIARDIOSE NAS GANDARÍAS BOVINA, OVINA E CAPRINA

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

XEOMETRÍA MÉTRICA DO ESPAZO

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

EXEMPLIFICACIÓN DIDÁCTICA PARA ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL.- AREA: Coñecemento do Medio. CURSO: 3º de Educación Primaria.

EXERCICIOS DE XEOMETRÍA. PAU GALICIA

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

I Plan de Divulgación Científica da Universidade de Vigo

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Transcrição:

Camposancos 1. EMPRAZAMENTO DATOS XERAIS Comarca: Costa Sur. Sector: Baixo Miño. Municipio: A Guarda. Parroquias: Santa Isabel de Camposancos. Extensión: 2,11km2. 07_02_425

2. CARACTERIZACIÓN ELEMENTOS NATURAIS ELEMENTOS ANTRÓPICOS AS FORMAS DO RELEVO Chaira costeira de pouco desenvolvemento continental configurada sobre terraza fluvial do río Miño e colmatada por un amplo complexo sedimentario resultado da intensa dinámica fluvio-mariña neste sector, que trouxo como consecuencia a formación de varias praias así como bancos areosos na propia canle. A unidade prolóngase cara ao interior nunha vertente regular sobre depósitos coluviais procedentes do desmantelamento do macizo granítico de Santa Tegra-Alto do Facho, que actúa como peche e fondo escénico da costa de Camposancos. USOS DO SOLO Predominio de uso forestal, mediante bosques de repoboación tanto na ladeira sueste do Monte Tegra, de forte pendente e pouco desenvolvemento, como nas partes baixas da unidade próximas ao litoral. A zona intermedia, constituíndo unha franxa paralela á costa que se apoia na estrada PO-355, articula a maioría dos usos residenciais da unidade, que se alternan con explotacións agrícolas, cultivos de froiteiros ou pequenas masas illadas de vexetación mixta. En xeral, a actividade agraria é nesta unidade moi pouco representativa: as zonas cultivadas que se estenden como continuación das da Cruz da Sangriña, na unidade veciña de Salcidos, estréitanse aos lados da estrada principal até case desaparecer, substituídas polo bosque de repoboación. Tamén na parte norte e central da fronte litoral aparecen superficies ocupadas por usos residenciais, turísticos, de equipamentos ou industriais. AS UNIDADES LITOLÓXICAS Esta unidade, disposta na ladeira suroriental do Monte de Santa Tegra, vén caracterizada pola predominancia litolóxica dos granitos de afinidade alcalina, con bandas descontinuas de rocas metamórficas (Complexo de Monteferro - O Rosal) a modo de lentellóns alargados con orientación de norte a sur. Ao pé do monte, e logo dunha banda de depósitos coluviais cuaternarios, recoñécese un nivel de terraza de 0 a 10 metros; e xusto na liña de costa depósitos de area de praia. A DIVERSIDADE CLIMÁTICA Unidade con dous dominios climáticos diferenciados polo rango de precipitacións. A franxa costeira, en torno ao complexo sedimentario, ten un réxime ombrotérmico Cálido e Húmido caracterizado por temperaturas medias superiores a 15ºC, oscilación térmica en torno a 13ºC e precipitacións medias acumuladas de 1200mm a 1400mm. Sen embargo a vertente do Monte Tegra e Alto do Facho recibe maiores precipitacións, entre 1400mm e 1600mm, polo que pertence ao dominio climático tamén Cálido pero neste caso Moi Húmido. MORFOLOXÍA Territorio altamente construído, no que os diferentes casaríos que conforman a parroquia de Camposancos ocupan a franxa intermedia da unidade, entre a ladeira do Monte Tegra e a zona chaira litoral cuberta de masas de repoboación. Trátase dun asentamento de orixe tradicional (considerado núcleo de identidade do litoral), con estrutura alveolar policéntrica que concentra o casarío ao longo da tupida rede viaria, con amplos espazos baleiros (en ocasións dedicados ao cultivo) entre eles. A construción da PO.355, posterior á fundación deste núcleo, introduciu certas modificacións no seu crecemento, xa que propiciou a aparición de vivendas ao longo desta vía e interrompeu algúns dos camiños que tradicionalmente unían os casaríos orixinais. Outro tipo de asentamento, vinculado ao valor engadido que significa o litoral, prodúcese en determinados puntos da costa, sen presentar a continuidade nin estrutura do anterior e acollendo fundamentalmente equipamentos de certo tamaño ou industrias. OS SOLOS Grande importancia dos solos costeiros relacionados co fluxo mareal e a intensa dinámica sedimentaria fluvio-mariña que caracteriza a desembocadura do Río Miño. Destacan pola súa superficie os numerosos bancos areosos do interior e marxes da ribeira e sobre todo os arenosois tanto álbicos como háplicos que se estenden en toda a liña de costa desde a Punta de Santa Tegra ata o límite nororiental da unidade englobando as praias de Camposancos e do Muíño. A vertente segue o esquema descrito en boa parte da costa sur, cunha primeira banda de escaso desnivel con solos máis profundos de tipo cambisol eútrico e dístrico desenvolvidos sobre os coluvións de ladeira, e unha metade superior de pendente acusada na que os solos dominantes son os regosois e os leptosois líticos aptos para usos forestais. No devandito esquema hai que incluír os antrosois, que cada vez se fan máis frecuentes pola modificación da paisaxe derivada da urbanización e expansión do fenómeno turístico. INFRAESTRUTURAS DE MOBILIDADE A vía máis importante desta zona é a PO-355, que vai desde A Guarda a Salcidos rodeando a base do Monte Tegra a uns 35 metros sobre o nivel do mar. Atravesa a unidade lonxitudinalmente, cunha traza sensiblemente paralela á costa a uns 400 metros desta. Ademais de garantir a accesibilidade e comunicación do ámbito coas terras lindeiras, esta vía estrutura o crecemento residencial que se desenvolve na unidade. Outra vía importante é a que percorre a costa, articulando os diferentes fenómenos que se suceden nela, aínda que non o fai coa mesma continuidade que a anterior. As conexións transversais, de moita menor importancia, realízanse mediante a rede viaria tradicional existente. AS AUGAS Non se desenvolven leitos de importancia sobre a chaira litoral que se abre ao sueste do Monte de Tegra, polo que a rede hidrográfica se restrinxe a pequenos leitos que de forma temporal verten ao esteiro do río Miño, nas Augas de Transición 20454. PATRIMONIO HISTÓRICO O PATRIMONIO NATURAL As ladeiras do Monte Tegra conservan numerosos exemplos de excelente patrimonio arqueolóxico, entre os que destacan diferentes petróglifos (da Revolta, Rego do Bico ou do Ermitán). No casarío de Camposantos catalóganse numerosas edificacións como patrimonio etnográfico, que inclúen fontes, pombais, marcos, lavadoiros e casas. Así mesmo rexístranse varias construcións indianas do s. XIX, de especial relevancia en toda a zona. Destaca tamén a existencia dun Camiño Real, entre O Couto e Salgueiró. Zona de dunas, brañas e marismas incluídos no LIC Baixo Miño. Costa de dominio sedimentario con presenza frontal de bancos areosos e/ou lamacentos intermareais e submareais someros. Un sector areoso alargado contén pequenos sectores de dunas degradadas, pertencentes ao grupo de hábitats 21, dunas marítimas atlánticas. A chaira costeira, ao abandonar usos agrarios, contén matogueiras e masas arbóreas pequenas que repoboan cara a hábitats naturais, aparecendo especies frondosas autóctonas que aproveitan tamén algún grao de hidromorfía en pequenas concavidades. Afloramentos en Monte Santa Tegra suman o grupo de hábitats 82, pendentes rochosas con vexetación casmofítica. No ámbito forestal poderían aparecer potencialmente pequenas agrupacións dos hábitats 9330, Sobreiras de Quercus suber e 9230, Bosques galaico-portugueses de Quercus robur e Quercus pyrenaica, restos de antigas masas máis extensas, hoxe xa case desaparecidas.

O CARÁCTER E A ORGANIZACIÓN ACTUAL Paisaxe de ladeira con dous partes moi diferenciadas; unha plataforma sensiblemente plana que sobe desde o litoral con suave pendente uns 600 metros cara ao interior, a partir dos cales se desenvolve a ladeira sueste do Monte Tegra, de fortísimas pendentes. A actividade humana limítase a esta primeira franxa, concentrando os asentamentos no seu parte máis interior, ao longo da estrada principal que atravesa o ámbito. No resto do territorio predominan as masas arbóreas de reforestación, que na ladeira se alternan con masas de vexetación autóctona de matogueira e na costa fano con distintos equipamentos e outros usos construídos. Como ocorre nas unidades limítrofes que constitúen o Monte Tegra, a actividade agrícola aquí é practicamente anecdótica. DINÁMICA DA PAISAXE Territorio que noutro momento caracterizouse pola relativamente importante actividade agrícola que se desenvolvía nel. Desde o asentamento de Camposancos cara ao mar, estendíase unha área de cultivo bastante continua que chegaba até a costa, case sen interrupcións con outros usos, xa que os usos forestais concentrábanse ao norte e o sur da franxa costeira. A redución das actividades agrarias, xunto ao incremento da presión residencial no ámbito, provocou que estas terras cambiasen o seu uso agrícola por unha combinación de uso forestal e residencial, quedando cubertas por vexetación autóctona de matogueira aquelas que caeron no abandono. Na ladeira do Monte Tegra, as únicas modificacións importantes que se realizaron foron as aperturas de novas pistas forestais para garantir o acceso ás leiras de explotación. RISCOS E IMPACTOS 3. AVALIACIÓN VALORACIÓN DA PAISAXE Territorio sometido á potencia expresiva do Monte Tegra, que domina coa súa impoñente figura non só esta unidade senón toda a área da desembocadura do Río Miño, a costa galega e as terras portuguesas. A este fito paisaxístico súmaselle o valor ambiental da costa, formada por un continuo areal que, a pesar da intensidade de usos que soporta, supón un conxunto de excepcional valía. De feito, a liña litoral e parte das terras continentais lindeiras están protexidas polos Directiva Hábitats coa catalogación de LIC Baixo Miño. As visuais cruzadas que se xeran desde os diferentes puntos da costa, e desde esta cara á canle do Miño no seu último tramo antes da desembocadura, permiten abarcar unha paisaxe especialmente representativa do litoral de Galicia.

4. PLANIFICACIÓN OBXECTIVOS DE CALIDADE PAISAXÍSTICA ACCIÓNS ÁMBITOS DE RECUALIFICACIÓN Crecementos espontáneos na fachada fluvial á altura do núcleo do Muíño co obxectivo de ordenar os usos do solo e evitar a implantación de novas vivendas unifamiliares co obxectivo de ordenar os usos do solo e evitar a implantación de novas vivendas unifamiliares desvinculado do seu núcleo tradicional e sen funcións urbanas, que xeren un continuo urbano que impida a contemplación do horizonte litoral, mellorar tanto no que se refire ás súas características ambientais como ás relativas á harmonía e calidade da paisaxe.