A nosa proposta. de dinamización. para a túa Biblioteca

Documentos relacionados
A educación artística cumpre un papel clave no desenvolvemento da creatividade e

ACTIVIDADES PARA PEQUES DE 0 A 4 ANOS

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

Proceso de facturación.

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Double-click to enter title

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

REDE EUSUMO. información e comunicación

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2017

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

Língua Portuguesa na Galiza

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a. a nosa lingua

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

PIALE Integración en lingua portuguesa

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

SBN: O TEMPO NO XORNAL

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

Guía de recursos dixitais da web da UMinho

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

Requisitos para subir documentos ao

P E Z A P E Z A. Galicia

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

CAMPA A RESGAL

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Un país desde as táboas

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

05 Movémonos mellor?

MUSEO LISTE ETNOGRÁFICO DE VIGO PROGRAMACIÓN 2º TRIMESTRE 2017

UNIDADE DIDÁCTICA O CINE SOA BEN!

GALEGAS ACTOS. dedicado. Paraa alumnado. Venres 9 de maio. FANTÁSTICA co espectáculo. En caso de cheo. Martes 13 de maio. Contacontos en CONCELLERÍA

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

ENQUISA ESTRUTURAL A FOGARES Módulos de 'Ocio e hábitos culturais' e 'Capital social: benestar'. Ano 2014

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Achega as persoas á natureza, é unha forma sinxela e natural de reciclar os restos orgánicos, e ten múltiples beneficios ambientais:

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

1.- Organización da Escola de Primavera:

Mago: Roberto Lolo Teatro: Bicos con lingua Teatro: Pelos na lingua Concurso radiofónico: Sesión preparatoria English Week Soundpainting

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

O CONTRATO DE TRABALLO

Emilio Fernández: "Non estamos a formar universitarios e universitarias, senón especialistas"

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

TR348 A/B- CONTRATACION INDEFINIDA INICIAL E CONVERSION TEMPORAL A INDEFINIDO (FSE)

ANEXO 2 CONCRECIÓNS DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA E DA AVALIACIÓN PARA TERCEIRO DE ESO

Bibliotecas Públicas Municipais. Premio Nacional María Moliner Concellería de Cultura e Normalización Lingüística

- Língua Portuguesa na Galiza

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

PROBA B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B

e diferente ter un bo a camiñar.

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ACTUACIÓN: Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia. AULA DE TRANSMISIÓN de COÑECEMENTO TITORÍAS PERSONALIZADAS

CALENDARIO PARA O CICLO INTENSIVO DO PROGRAMA UNIVERSITARIO PARA MAIORES. CAMPUS DE PONTEVEDRA. CURSO

IES FRANCISCO AGUIAR BETANZOS IMPRESO DE MATRÍCULA 1º OU 2º DE E.S.O. Curso RÚA: Nº: PISO: CP: LOCALIDADE: PROV.:

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Transcrição:

A nosa proposta de dinamización para a túa Biblioteca 1

A educación artística cumpre un papel clave no desenvolvemento da creatividade e imaxinación. Está comprobado que a arte estimula nos nenos o pensamento científico, xa que proporciona un desenvolvemento mental máis flexible, sen estereotipos nin rutinas, e nos permite superar límites e percibir aqueles aspectos case imperceptibles da realidade cotiá. Promove investigar sobre áreas descoñecidas, innovando e explorando ata chegar ao descubrimento. A actividade creadora é produto da capacidade que ten e desenvolve cada persoa para imaxinar, percibir, buscar e inventar. Por este motivo, dende pequenos debemos incentivar os nenos a que gocen de actividades artísticas usando a imaxinación e expresando libremente as súas ideas para que desenvolvan habilidades, capacidades e destrezas que se irán fortalecendo a medida que o neno creza. Por outra banda, a biblioteca sempre tivo un valor preponderante na sociedades, nunhas culturas mais que noutras, pero na actualidade, vese incrementada a atención da sociedade polo coñecemento e a información tendo en conta que convertéronse en forza condutora para o desenrolo social. A biblioteca e lugar para xenerar, intercambiar, organizar, difundir, conservar, contribuír e socializar, é, polo tanto, mellorar a calidade de vida da sociedade na que está inmersa. 2

Índice 1.- Actividades para super peques de 0 a 3 anos - Babycontos - O xogo e o cesto dos tesouros - Masaxe Shantala - Bandexas Montessori - Cántigas e xogos de arrolar 2.- Actividades para peques de 4 a 10 anos - Obradoiros creativos - Celebración de efemérides - Contacontos 3.- Actividades xuvenís - Obradoiros creativos - Obradoiro de ilustración - Obradoiro de prensa - Obradoiro de teatro improvisado - Obradoiro de técnicas circenses - Obradoiro de maxia - Contacontos interactivo 4.- Actividades para adultos e familias - Conferencia: o O creativo que levas dentro o Agasálla-te, ideas para ser creativo a agasallar o teu tempo - Espectáculos musicais (ámbito familiar) o Un paseo didáctico pola música negra: Soul e literatura o Feminino plural o Big ladies 3

1.- Actividades para super peques de 0 a 4 anos Datos básicos: - Duración de cada sesión: 30 min - Participantes: máximo de 10 peques acompañados por un adulto - Esta proposta está pensada para unir varias das nosas propostas na mesma sesión escollendo as temáticas que máis interesen ao grupo participante. Orzamentos personalizados baixo petición. EQUIPO TÓTEM Ao CARGO DA PROPoSTA Zeltia Iglesias é mestra en educación infantil, influenciada por Tonucci, Malaguzzi e Montessori. Con alma de aventureira, guiaranos por un sinfín de historias que se poden oír, tocar, sentir e ata ulir! Metidas na súa maleta. Queredes abrila con ela? Susi García é técnico superior en Educación Infantil, unha namorada da súa profesión. Gústalle especialmente o mundo artístico: música, danza, teatro... onde a improvisación, o asombro e a estética non poden faltar! De carácter positivo, alegre e con alma soñadora acompañaranos en múltiples historias rodeada de sorpresas emocionantes. Namoreime da primeira etapa da vida, dos 0 meses aos 4 anos, dese camiño cheo de ensinanzas e de cumes que subir. Observei aos máis pequenos, bebín das súas vivencias e aprendín deles a ser maleable, a experimentar e a restaurar a miña imaxe unha e outra vez como eles fan. O meu nome e Valle, son pirata e bandoleira, educadora infantil e unha inesgotable estudosa deste primeiro tramo de idade. 4

BABYCoNTOS 1. Xustificación educativa Acercamento ás diferentes formas de narrar mediante rimas, cancións e contos para fomentar o gusto pola lecto-escritura en todas as súas formas a través de experiencias sensoriais básicas que traballarán os ritmos, a atención e a comprensión. 2. Descrición da actividade Desenvolvemento: - De 0 a 1 ano a) A sesión comeza sempre cunha canción de benvida que invita a focalizar a atención e expoñer o que vai ocorrer. b) Conto curto rimado (a elixir un) Colección Do berce á lúa, de Antonio Rubio e Óscar Villán Zapato: o conto ten un soporte visual e sonoro coa aparición de zapatos reais que aparecen acompañando á rima. Lua: o sol, a lúa e outros elementos da natureza represéntanse con marionetas de dedos e instrumentos que reproducen sons de paxaros. c) Momento de transición entre contos con rima cantada de Tamara Chuvorovsky: Un pitiño pequeniño Chove na montaña d) Conto principal (a elexir un) O pito Pepe: Nick Denchfield e Ant Porker: conto pop up que nos conta o que come o Pito Pepe e coma medra. O soporte é o propio conto pop up e uns monecos de ganchillo do pito e a súa nai. Oh, as cores!: Jorge Lujan: Jorge Luján percorre toda a gama cromática con pequenos poemas, asociando cada cor a elementos da natureza, emocións ou sensacións. e) Volta á calma: rematamos a sesión con música relaxante e pompas. - De 1-2 e 2-3 anos a) Canción de presentación 5

b) Conto rimado (a elexir un) Paxarela de papel : coa axuda de paxarelas de origami imos poñendo a mesa para un amigo especial. Crocodilo : a través de animais e obxectos que forman unha torre rimamos coas súas cores. Contos silenciosos : Benjamin Lacombe, principalmente apropiado para o grupo de 2-3 anos. Láminas pop up que se amosan en silencio. É un conto sen palabras!. Rimas cantadas : estimularemos ao grupo de 1-2 anos a facer mímica da rima e ao de 2-3 anos a repetir a rima, conseguindo que a aprendan con mímica e letra. c) Conto principal (a elexir un) A eiruga larpeira Eric Carle: conto que fala da transformación da eiruga en bolboreta a través da comida. O soporte é o propio conto pop up acompañado da eiruga e a súa comida en bonecos de ganchillo que os nenos poderán manipular. A que sabe a lúa Michael Grejniec: conto sobre animais que, en colaboración, intentan probar a lúa. Utilizase un soporte de figuras de animais que se apilan ata unha lúa-coxín que logo probaremos tod@s. A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza : Werner Holzwarth e Wolf Erlbrunch, conto máis apropiado para o tramo de 2-3 anos xa que se pedirá ao público que participe imitando aos diferentes animais que saen na historia con marionetas e attrezzo. Os petos de Loreto : Quentin Blake, conto rimado dunha señora que garda un sinfín de cousas dentro dos petos da súa bata. Todos os materiais que se va sacando iránselle dando ao público para que o manipulen. 'Pequeno azul e pequeno amarelo': Leo Lionni: Dous amigos, de distintas cores, fúndense nunha aperta sen percatarse de que ao abrazarse convértense nunha nova cor facéndose irrecoñecibles, incluso para as súas propias familias. Unha lección artística, de 6

vangarda, sobre cores, tamaños e direccións que reivindica a comprensión, a convivencia e a solidarizade. d) Volta á perruca: remátase a sesión con música relaxante e un gran tul que fará de mar, peluca, manta, etc segundo o conto contado con anterioridade. 7

O XOGO E O CESTO DOS TESOUROS 1. Xustificación educativa O cesto dos tesouros: xogar con obxectos cotiás permite aos nenos aprender novas e importantes leccións, e ademais encántalles. Por iso, en moitas escolas infantís os bebés xogan co cesto dos tesouros. O cesto dos tesouros trátase dun cesto ou caixón con obxectos de diferentes materiais, pesos e texturas para que os nenos experimenten. Neste xogo, os nenos manipulan elementos da natureza ou do seu entorno cotiá. Estos obxectos, pola súa variedade de formas, texturas, cores e cheiros estimulan os sentidos e as capacidades (motrices, cognitivas, comunicativas...) dos bebés, o que facilita o seu desenvolvemento. 2. Descrición da actividade Charla de 20 minutos de duración aproximada seguida dunha pequena sesión doutros 10 minutos de xogo en vivo. Esta actividade está indicada a partir dos seis meses (cando son capaces de permanecer sentados) ata o ano. Durante a charla responderanse preguntas coma: En que consiste o xogo do cesto dos tesouros?, Que habilidades desenvolven os bebés xogando con obxectos cotiás?, Como podes organizalo en casa?, E se o neno xa anda?, etc 8

MASAXE SHANTALA PARA BEBES. 1. Xustificación educativa Shantala é unha técnica de masaxe milenaria, de orixe hindú, que potencia o vínculo entre o bebé e a nai, e proporciona benestar físico e psíquico ao bebé. A masaxe é un dos momentos preferidos dos bebés. A masaxe infantil Shantala consegue calmar aos bebés, aumentar a resistencia do seu organismo e conseguir que teñan un sono tranquilo e un desenvolvemento psíquico positivo. 2. Descrición da actividade Charla - masaxe de 30 minutos de duración aproximada na que pais e bebés compartirán a experiencia da masaxe Shantala da man dunha de nosas educadoras. Para realizar a masaxe é importante buscar unha habitación cálida, xa que o bebé debe estar completamente espido. Intentar evitar habitacións ruidosas para que o bebé estea tranquilo e relaxado. De 0 a 12 meses. 9

bandexas MONTESSORI 1.- Xustificación educativa Na pedagoxía Montessori utilízanse a menudo as bandexas pra realizar actividades da vida cotidiá. Con elas búscase despertar a curiosidade do neno de tal forma que a aprendizaxe xurde do seu propio interés. 2.- Descrición da actividade Nesta actividade explicaremos ás familias como poden facer as bandexas e levalas a cabo na casa. Mentres os nenos poderán experimentar con elas. 10

CANTIGAS E XOGOS DE ARROLAR (de 0 a 12 meses) 1.- Xustificación educativa Estas cantigas e xogos proporcionan entretenemento e diversión, e axudan a establecer vínculos afectivos entre os pais e o neno. Favorecen aspectos motrices como a cordinación xeral e o equilibrio, o desenvolvemento sensorial e a adquisición da lingua. 2.- Descripción da actividade Crearemos un ambiente relaxado no que realizaremos xogos cas mans e o corpo e tamen trasmitiremos algunhas cantigas de arrolar. 11

2.- Actividades para peques de 5 a 10 anos 2.1.- Obradoiros creativos 2.1.1.- Obradoiro de narración oral Baseado na Gramática da Fantasía, de Gianni Rodari, este obradoiro busca usar o xogo e a imaxinación para que os nenos coñezan os elementos dunha historia e se atrevan a contala aos seus compañeiros. Trátase dunha forma cooperativa e interactiva de participar, na que todos os nenos serán creadores e espectadores para e dos seus compañeiros. As propostas de xogo para a creación de historias iranse facendo algo máis complexas a medida que avanza o obradoiro. 2.1.2.- Cociña do mundo: Recetas de aquí e alá Neste divertido obradoiro os participantes internaranse no mundo da cociña e aprenderán a elaborar pratos de diferentes países, coñecendo así diferentes culturas e baseándonos nunha dieta saudable. 12

2.2.- Celebración de efemérides Adaptamos as nosas propostas segundo a efeméride, nº de participantes, obxectivos buscados, etc... Temos levado a cabo celebracións lúdico educativas de magosto, halloween, nadal, entroido, día do libro, día do medioambiente, etc... combinando contacontos, obradoiros creativos, gymkanas personalizadas, etc... 2.3.- Contacontos Acorde ás diversas idades, levaremos a cabo unha sesión de contacontos personalizada en función dos obxectivos do espazo ou a época do ano. Podemos personalizar a sesión creando un personaxe coma fío condutor. 13

3.- Actividades xuvenís (de 11 a 16 anos) 3.1.- Obradoiros creativos Ofertamos obradoiros creativos coma customización de roupa, creación de mesa doce, calceta cas mans, scrapbooking, cociña con froita... 3.2.- Obradoiro de ilustración Os participantes poderán crear a súa propia tira de cómic coa axuda dun ilustrador con ampla experiencia. Opción a unha sesión introdutoria ou curso de 8 sesións. Imparte: Roi Paz 14

3.3.- Obradoiro de TV e prensa Impartido por dous especialistas coma son María Nieto e Pablo Rodríguez, o obradoiro consiste nunha xornada lúdico educativa, na que os participantes crearán o seu propio programa de televisión. Comezando cunha pequena charla na que tratar os seguintes contidos: que é a televisión, como naceu, como chegou a España, como era e como é un plató de televisión real, como funciona tecnicamente unha televisión (telepromter, croma, retransmisións en directo...), que tipo de programas existen (información, opinión, entretemento, formatos mixtos), como se estrutura unha redacción de televisión. O equipo técnico pasa a recibir formación específica sobre como manexar a cámara, a mesa de mezclas, as luces, a microfonía e a edición. O equipo de redacción aprenderá como se estrutura un equipo de traballo, como se fai a produción dos programas, como se redacta un guión e como se estrutura unha escaleta de medición de tempos e contidos. Co programa xa estruturado, comeza a emisión en falso directo do mesmo, descubrindo eles mesmos como é realmente o traballo dos profesionais audiovisuais. 3.4.- Obradoiro de teatro improvisado A improvisación é a habilidade de contar historias que se crean e desenvolven no mesmo instante de actualas. A improvisación teatral, tamén coñecida como Impro, e unha depurada técnica con normas e motores para facer dela un espectáculo en si mesmo. O improvisador en escena é, ao mesmo tempo, actor, director, escenógrafo e dramaturgo da súa propia historia. Imparte: Los Duguis Impro. 15

3.5.- Obradoiro circense Tradicionalmente, a única forma de transmisión de coñecementos no ámbito circense era por herdanza, de pais a fillos. Sen embargo, nos últimos anos esta tendencia foi cambiando, atopándonos hoxe en día con escolas de circo e centros de adestramento por moitas cidades do país. Así, os diversos beneficios que aporta a práctica das distintas artes do circo, como o traballo da lateralidade, esquema corporal, psicomotricidade e a aceptación do erro como forma de aprendizaxe, están ao alcance de case todas e todos. E, para seguir nesta liña de transmisión da cultura circense, acercando así ás persoas novas a posibilidade de probar as diversas disciplinas circenses ao tempo que se preparan para contidos que se exixen no programa de Educación Física propoñemos este obradoiro da man de Marta Iglesias. 3.6.- Obradoiro de maxia A maxia é unha arte escénica que constrúe soños na realidade, por medio de técnicas que manipulan a percepción e provocan a ilusión de algo imposible e fascinante. Neste obradoiro iniciarémonos na arte da maxia cunha coidada pedagoxía. Trataremos os fundamentos e habilidades da prestidixitación, ao igual que os procesos psicolóxicos que ensinarán a controlar e dirixir a atención do espectador, así como a súa percepción e memoria. Plantexado sempre sobre unha base de xogos e exercicios prácticos para entender e xenerar estes procesos creativos. Para realizar o obradoiro non se require dunha habilidade especial ni coñecementos previos de ilusionismo. Imparte: Kiko Pastur. 16

3.7.- Contacontos participativo Actividade de 45 min de duración onde se lles darán ferramentas a modo de fórmula máxica para que os nenos/as constrúan historias ao momento a partir da nada. Dun xeito lúdico e divertido traballaremos estruturas da narración e diferentes estilos literarios. O espectáculo, levado a cabo pola actriz Noemi Miranda, comezará cunha das historias que a biblioteca propoña a través dun contacontos interactivo. 17

4.- Actividades para adultos 4.1.- Conferencias: O creativo que levas dentro: A conferencia está deseñada para promover hábitos creativos no grupo asistente a través de consellos e ideas novidosas para invitar ao pensamento positivo e motivación para á acción. Duración: 1 hora aprox. Imparte: Iria Mejuto. Agasálla-te: ideas para agasallar a túa creatividade e o teu tempo. A conferencia, de carácter principalmente práctico, está deseñada para mostrar multitude de ideas para regalar o teu tempo a través de proxectos cós que agasallar a pequenos e maiores sendo ecoloxicamente responsable e fomentando o espírito creativo. Duración: 1 hora aprox. Imparte: Iria Mejuto. 18

4.2.- Espectáculos (ámbito familiar) o Un paseo didáctico pola música negra: Soul e literatura BLACK acércanos á música Soul, a esa música de voces negras que alimentan a alma e a sensibilidade e que, a día de hoxe, tan só podemos oír, na súa maioría, en vellas gravacións. A través do espectáculo didáctico de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces masculinas como Hit the road Jack, vibraremos lembrando voces inesquecibles como Aretha Franklin ou Steve Wonder e gozaremos con versións de artistas modernos coma Amy Winehouse, todo isto, tendo como fío condutor a literatura a través de libros coma Cosas que los nietos deberían saber, El ruído eterno, Instrumental, Tokio Blues, Wonder, Música para feos, etc... ca intencionalidade de poñer en valor a importancia histórica, cultural e artística da raza negra e a frutífera relación entre música e literatura. BLACK ofrece, unha visión sensible e chea de detalles das últimas décadas da música negra, da forma na que as cancións nacen, se escriben e interpretan, a través da voz espectacular de Iria Mejuto acompañada polo seu versátil guitarrista Richi Rozas. 19

o Feminino plural FEMININOPLURAL xorde da necesidade de amosar o importante percorrido de diversas mulleres autoras no transcurso da historia da humanidade. Quixemos para iso trazar/construír un camiño cheo de historias tanto contadas como cantadas, onde se puidera reflectir en pequenas cápsulas musicais a pegada indeleble das autoras que conforman un inmenso e necesario patrimonio universal. Cunha ampla experiencia en diversos ámbitos do abanico musical, Silvia Penide e Carla López converxen, coa máxima ilusión, neste roteiro musical que supón unha magnífica oportunidade para xogar, explorar e aprender nun experimento enriquecedor. O noso percorrido da comezo coa figura de Clara Schumann. Unha das súas fermosas pezas para piano da pé a 45' nos que imos da man de Violeta Parra, Guadi Galego e Consuelo Velázquez entre outras, contando anécdotas e dando paso incluso a unha pequena chiscada poética da man de Lucía Aldao, Baia Fernández ou Eva Alfonso. A nosa intención é dar visibilidade e relevancia absoluta á figura da muller autora, que moitas veces permaneceu nun segundo plano. Unha viaxe que anima a gozar, valorar e aplaudir as nosas autoras universais. 20

o Big Ladies The Big Ladies é un repertorio de clásicos, contado e cantado, a medio camiño entre a divulgación (descubrindo o anecdotario máis insólito dos temas máis populares e os seus intérpretes) e o directo íntimo e atmosférico dos mellores clubes de jazz. Para conseguir isto Marian Ledesma aporta a súa voz, para que elas falen, e conta coa colaboración de experimentados músicos do xénero que se suman ao proxecto para enriquécelo. Deste xeito Marian ofrece un percorrido pola historia do jazz e do blues a través do seu repertorio e das divas que lle deron a eternidade na nosa memoria. 21