UNIDADE DIDÁCTICA O CINE SOA BEN!

Tamanho: px
Começar a partir da página:

Download "UNIDADE DIDÁCTICA O CINE SOA BEN!"

Transcrição

1 UNIDADE DIDÁCTICA O CINE SOA BEN! LUNS 13 DE MARZO, Sala Mozart (Auditorio de Galicia) Alumnado 2º curso de Ed. Infantil e 1º + 2º cursos de Ed. Primaria 1 de 14

2 1. INFORMACIÓN PARA OS/AS DOCENTES A sesión O CINE SOA BEN!, á que corresponde esta unidade didáctica, é a primeira das actividades do programa de DIDÁCTICOS AUDIOVISUAIS que neste curso se pon en marcha dende a Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela, a través do Auditorio de Galicia. QUE TIPO DE CONTIDOS VEREMOS NESTE PROGRAMA DE DIDÁCTICOS AUDIOVISUAIS? Os contidos deste proxecto serán de dous tipos: Por unha banda teremos as sesións de cine, é dicir, as actividades de exhibición audiovisual nas que os centros de ensino se desprazan á sala Mozart. Estas sesións terán entre 60 e 75 minutos de duración. Desta volta, a sesión O CINE SOA BEN! terá lugar o luns 13 de marzo ás h. 2 de 14

3 Por outra banda estarán as accións de mediación como acompañamento das sesións, nas que se inclúen as actividades previas nos centros de ensino. Estas actividades suporán un achegamento ao contido que días despois os nenos/as ou adolescentes visionarán na sesión correspondente. Terán entre 40 e 50 minutos de duración (unha clase de primaria, secundaria ou bacharelato) na que se tratarán contidos:.- temáticos (que é o que imos ver? que conta a historia?).- de contextualización (cando se rodou esta historia? como? de onde veñen os personaxes? como se relaciona coa nosa realidade?).- técnicos (como se fixo esta peza? que recursos técnicos se utilizaron? música, montaxe, tipos de planos ) CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA? Os obxectivos do programa que poñemos en marcha poderían resumirse en: Achegar contidos audiovisuais ao público escolar dende o punto de vista didáctico. Poñer a disposición dos/das escolares e docentes pezas/producións fóra da dinámica mainstream de fácil consumo. Crear hábito e disposición para o consumo de audiovisual deste tipo de produtos. Establecer pontes entre o audiovisual e outras manifestacións artísticas como a música, o circo ou a creación escénica. QUE NOS IMOS ATOPAR NESTA 1ª SESIÓN: O CINE SOA BEN!? A primeira sesión de proxección na sala Mozart consistirá nun concerto didáctico e interactivo de Caspervek Trío no que traballaremos sobre a relación da música/son e imaxe no cine. Enfocado dende un punto de vista totalmente pedagóxico e participativo, serán os propios alumnos/as participantes os que, a través de diversas escenas de filmes e pezas audiovisuais, traballen a súa diferente percepción do contido visual con distintos acompañamentos sonoros. 3 de 14

4 QUEN SON CASPERVEK TRÍO? Caspervek Trío nacen en Vigo no ano Dende entón convertíronse xa nun referente galego no eido do cine musicado, especializándose no cinema mudo de todas as latitudes e tipoloxías sempre con composicións orixinais creadas ad hoc para eses filmes. Desenvolven tamén distintas propostas pedagóxicas no tocante á relación entre música e imaxe, entre as que destacan a proposta para centros de ensino Cine Miúdo, dentro da programación do Festival Primavera do Cine de Vigo. QUE EXPERIMENTAREMOS NO CINE-CONCERTO O CINE SOA BEN!? A estrutura da actividade do luns 13 de marzo será como segue: O CINE SOA BEN! INTRODUCCIÓN (5-10 min.) Presentación da actividade e diálogo inicial cos nenos e nenas. Preguntas básicas sobre o cine en xeral e sobre o cine mudo (sen texto, diálogo, palabras) en particular. 4 de 14

5 BLOQUE 1: O CINE E A MÚSICA (20 min.) Como a música altera a nosa percepción das imaxes que vemos na pantalla? Mostraránse pequenos clips con escenas de filmes nos que veremos como a música vai cambiando a medida que a escena (imaxe) cambia. Despois, propoñeremos un xogo: os nenos e nenas terán que decidir cal das músicas interpretadas a continuación corresponde coas escenas que veremos na pantalla. Visionado da curtametraxe de fantasía Les Kiriki. Acróbatas xaponeses, de Segundo de Chomón. BLOQUE 2: FACENDO UNHA BANDA SONORA (20 min.) Sacaremos distintos instrumentos de percusión, que serán tocados por nenos e n e n a s q u e s u b a n a o e s c e n a r i o. Visionaremos a curtametraxe Charlot boxeador de Charles Chaplin, quedando á imaxinación dos nenos e nenas, baixo a batuta dos músicos, a creación dos efectos sonoros do filme. O bloque rematará cunha actividade grupal con todos os nenos e nenas do auditorio, que porán efectos sonoros a través de percusión corporal e efectos vocais a unha peza audiovisual sorpresa. Por último, visionaremos a curtametraxe musicada en directo Félix goes west. 5 de 14

6 BLOQUE 3: IMITANDO A CHAPLIN (15 min.) Faremos unha presentación de Charles Chaplin e do seu máis famoso personaxe, Charlot. Despois disto, propoñeremos aos nenos e nenas que eles mesmos se convirtan nos protagonistas da película, caracterizando a algúns deles e delas e subíndoos ao escenario no que proxectaremos unha escena dunha pelícua de Charlot. Poremos música en directo namentres se recrea esta escena. CONCLUSIÓN (10 min.) Visionaremos a versión musicada por Caspervek Trío de The Goat, de Buster Keaton. Diálogo final cos nenos e nenas asistentes e despedida. 6 de 14

7 2. ACTIVIDADES PARA ANTES DO CONCERTO. (Levaránse a cabo nos centros de ensino correspondentes, previa organización do calendario de accións cos/coas docentes. Duración: 50 minutos) ACTIVIDADE 1. Introducindo a Caspervek Trío (10 minutos aprox.) Falaremos do que imos ver e facer en O CINE SOA BEN! Presentaremos a Caspervek Trío, o seu traballo e os seus compoñentes e analizaremos uns dos deus traballos: a versión musicada da curtametraxe A rá de Segundo de Chomón, centrándonos en:. Aspectos temáticos: Que conta a historia?. Contextualización: Como está rodada a curtametraxe? Notas algo especial?. Técnicos: Que diferencia atopas cos debuxos animados de hoxe en día? Este é o enlace á curtametraxe versionada por Caspervek: 7 de 14

8 ACTIVIDADE 2. Dous dos nosos protagonistas: Charles Chaplin e Segundo de Chomón (10 minutos aprox.) Faremos unha presentación aos alumnos e alumnas destas 2 figuras fundamentais da historia do cine, un moi coñecido e outro descoñecido para o gran público, e protagonistas do noso concerto: CHARLES CHAPLIN Charlot SEGUNDO DE CHOMÓN Chaplin foi o artista total : actor, director, produtor e guionista, comezou a súa carreira nos anos 10 e continuou facendo películas, agora absolutos clásicos, durante os anos 30, 40 e 50. O seu personaxe máis famoso, coñecido en España como Charlot, forma parte da nosa cultura popular pola súa inxenuidade e sorriso. Prácticamente descoñecido para o gran público, Chomón, nacido en Teruel, foi un dos pioneiros do cine en París a comezos do S. XX. Xenio dos efectos visuais e comparada con George Meliés pola súa mestría técnica. 8 de 14

9 ACTIVIDADE 3. O cine: IMAXE e SON (30 minutos aprox.) Nesta actividade participará todo o grupo de alumnos e alumnas e veremos como entre todos e todas podemos descompoñer os dous elementos principais do cine e outros contidos audiovisuais: a IMAXE e o SON. Visionaremos 3 pezas..- Unha escena do filme de animación POCAHONTAS: watch?v=utijtzgtsmk.- A curtametraxe FORWARD, MARCH!: v=lwqnveqvlyq.- A cabeceira do programa infantil OS BOLECHAS: watch?v=6zgggcuj4t8 Levaremos a cabo 4 dinámicas: 1.- Xogaremos a que ANIMAIS podemos identificar no primeiro vídeo e cantos podemos IMITAR para ser nós os protagonistas sonoros de POCAHONTAS. 2.- Identificaremos cantos son os personaxes de FORWARD MARCH e que SONS e RUÍDOS fan en cada acción. Despois nós poñeremos voz e son á peza. 3.- Visionaremos a canción de OS BOLECHAS sen son, e probaremos a cantala, a ver cantos nenos e nenas a saben. Identificaremos cal é o noso personaxe preferido e por que, e imitaremos como fala. 4.- Veremos (e escoitaremos) como cada un dos contidos funciona cunha música diferente á súa propia. 9 de 14

10 3. ACTIVIDADES PARA DESPOIS DO CONCERTO. (Para ser levadas a cabo na aula polos/polas docentes, tras asistir ao cine concerto O CINE SOA BEN!) ACTIVIDADE 1. Pensamos o noso CHARLOT. Paso 1. Pintamos a nosa versión de CHARLOT. 10 de 14

11 Paso 2. Só precisamos 3 elementos para ser CHARLOT. Cartulina negra e tesoiras. BIGOTE SOMBREIRO GRAVATA Paso 3. CHARLOT en acción. Visionamos a seguinte canción: Paso 4. Agora cada un pode ser a súa versión de CHARLOT a través do XESTO, o MOVEMENTO e a MÚSICA. ACTIVIDADE 2. Creando música nós mesmos. En grupos de 6-7 alumnos e alumnas facemos xogos de percusión corporal e experimentación coa nosa voz, creando efectos musicais e sonoros. É o chamado traballo de CORO (polo concepto de coro grego como actuación grupal) Como conseguiremos intepretar? O BARCO NA TORMENTA. ESTRELAS DO ROCK. CARREIRA DE MOTOS. CABALOS AO GALOPE. 11 de 14

12 ACTIVIDADE 3. Poñendo música e son ás películas. Podemos facer que as películas se transformen segundo nós queremos. E nós mesmos podemos facernos protagonistas a través do son das escenas. Visionemos estas 2 escenas SEN SON: O CÍRCULO DA VIDA, O REY LEÓN: CARREIRA DE CUÁDRIGAS, BEN HUR: Fagamos un xogo de efectos sonoros. Que vida lle podemos dar a estes personaxes na pantalla? Pensa nos animais da primeira escena. Cantos podes identificar e cales son os seus sonidos? Poderiamos nós mesmos construír o son? E na segunda escena? Cales poden ser os sons que aparezan? Que estarán dicindo os personaxes? Podemos dar vida a estas imaxes coas nosas voces? 12 de 14

13 ACTIVIDADE 4. Acróbatas de mil cores. Na sesión O CINE SOA BEN! coñecimos a curtametraxe de Segundo de Chomón Les Kiriki. Acróbatas xaponeses. Volvamos vela: E agora, pensemos! Como van vestidos estes artistas? Por que? Viches algunha vez un espectáculo parecido? Onde? Estes debuxos animados son como os que vemos na tele? Si ou non? Por que? Por que cres que non falan? XOGUEMOS NOVAMENTE COA IMAXE E O SON. Quitémoslle o volume á curtametraxe e elixamos a nosa personaxe. Podemos inventar as palabras dos acróbatas? Outros compañeiros e compañeiras poden interpretar os efectos de son: o esforzo dos acróbatas, os pasos sobre o chan, as palmadas, o ruído dos traxes ao moverse 13 de 14

14 CONTACTO: Diego Vázquez Meizoso Telf.: Correo-e: 14 de 14

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO 2012-13 PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º curso) Titora 1º curso: M. Rosario Rey Titora 2º: Esther Fernández O SAMAÍN Alumnado de primeiro e segundo preparando

Leia mais

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL INTRODUCIÓN Finalidade A música é unha forma de linguaxe na que a función expresiva é unha das súas manifestacións fundamentais. Edgar Wilems di que a música favorece o impulso

Leia mais

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO EXPOSICIÓN DE TEMAS º ESO O proxecto consiste en que o alunado da clase, por grupos, expoña unha unidade completa ou ben parte dunha unidade do programa. Para iso organizarán-se grupos dun mínimo de dous

Leia mais

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal Programa de formación en comercialización e marketing Orientación comercial á grande distribución As claves do punto de venda Entender o lineal Programa de formación en comercialización e marketing Orientación

Leia mais

SBN: O TEMPO NO XORNAL

SBN: O TEMPO NO XORNAL I SBN:9788445345054 1.O TEMPO NO XORNAL PROXECTO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL. CAMBIO CLIMÁTICO 1 O TEMPO NO XORNAL Nesta materia debedes recoller datos meteorolóxicos, podendo obtelos de tres fontes diferentes.

Leia mais

Double-click to enter title

Double-click to enter title EU SON COMA TI Unidade didáctica sobre igualdade de xénero 8 de marzo Día da Muller Traballadora E TI DE QUE EQUIPO ES? Hoxe imos falar de fútbol, un dos deportes que máis polémica xera... respondede as

Leia mais

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo Condicións do Campamento Explora Ourense 2016 subtítulo 1. Introdución O campamento de verán Explora Ourense; un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades

Leia mais

Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a. a nosa lingua

Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a. a nosa lingua Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a a nosa lingua O espectáculo A Lingua na boca é un espectáculo cómico, poético e musical sobre a lingua, sobre as linguas, sobre a nosa lingua. Dicía Castelao:

Leia mais

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares. 5.2 Acollemento Enténdese por acollemento o proceso que pon en marcha o centro a través dunhas actividades que teñen como obxectivo facilitar a chegada e a adaptación do novo alumnado. A maioría do alumnado

Leia mais

REDE EUSUMO. información e comunicación

REDE EUSUMO. información e comunicación REDE EUSUMO información e comunicación Índice 1. Presentación do documento 1. Principais responsabilidades dos beneficiarios en materia de información e comunicación. 1. Referencia ao financiamento e disposición

Leia mais

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos). clases sen fume información para os escolares curso 2017-2018 É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos). Ten como fin evitar que comeces a fumar ou ben, se xa o fixeches, que deixes o

Leia mais

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet Enquisa de condicións de vida das familias. Novas tecnoloxías. Ano 2013 RESUME DE RESULTADOS En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet O 58,1% da poboación galega de 5 ou máis

Leia mais

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni Museo Interactivo da Historia de Lugo Omni Tempore Juan Pablo Mastroianni Juan Pablo Mastroianni Nacido en Buenos Aires, Arxentina (1957); residente na cidade de Lugo dende o ano 2002. Cursou estudos artísticos

Leia mais

PIALE Integración en lingua portuguesa

PIALE Integración en lingua portuguesa PIALE Integración en lingua portuguesa Lisboa, outubro de 2015 Isabel Mato Sánchez. IES de Cacheiras (Teo) E se as histórias para crianças passassem a ser de leitura obrigatória para todos os adultos?

Leia mais

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016 Versión lectura fácil Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016 Permiten pasalo ben, durante 10 días, convivindo e relacionándote con outras persoas nun espazo lúdico, humano,

Leia mais

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_ : TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_24.11.2010 IMAGINA ATLANTICA: ESPAZO ATLÁNTICO, TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES ACCION WP3.1: Programa de Intercambio

Leia mais

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION É un pracer presentarvos o I Circuíto de carreiras saudables CorreSAN, un programa de probas de carreiras a pé organizadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes.

Leia mais

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017. INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017. O día 10 de maio de 2017 foi publicada pola CIUG as instruccións e calendario de probas

Leia mais

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007 ANEXOS Situación da lingua galega na sociedade Observación no ámbito da cidadanía 2007 183 Situación da lingua galega na sociedade 14. ANEXO I: ENQUISA 14.1 Precuestionario e cuestionario 14.1.1 Rexistro

Leia mais

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Puntazo de Encontro speed-dating cultural Culturgal é un gran punto de encontro. Por iso, o Concello de Pontevedra quere ORGANIZAR espazos e momentos para atoparnos no Culturgal. Entendemos que é moi importante que empresas (novas ou non tanto),

Leia mais

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia Anatomía Vicens Vives Galicia Anatomía OBRADOIRO DE CIENCIA Nestas páxinas propóñense dous tipos de actividades: INTRODUCIÓN ACTIVIDADE PROCEDEMENTAL Permite poñer en práctica aspectos estudados no ESTUDO

Leia mais

PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE

PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE UNIDADE DIDACTICA: PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE CEP PLURILINGÜE IGREXA VALADARES EQUIPOS DE BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA (2012-2013) ACTIVIDADE Nº 1 QUE SABEMOS SOBRE A XEOMETRÍA?

Leia mais

1.- Organización da Escola de Primavera:

1.- Organización da Escola de Primavera: Curso: Escola de Primavera do CESG. Metodoloxías de acción e participación socioeducativas Lugar: Centro Cívico Municipal de Monelos da cidade de A Coruña Data: 9 e de maio de 6 Duración: horas lectivas

Leia mais

INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2

INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2 FACULTADE DE FILOLOXÍA INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2 Carme Blanco María Xesús Nogueira Xosé Manuel Salgado G 5051122 GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2018/2019 FACULTADE DE FILOLOXÍA. UNIVERSIDADE

Leia mais

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS Docencia da formación profesional para o emprego CARACTERÍSTICAS XERAIS Modalidade presencial Datas 15/09/2014 18/12/2014 Prácticas Xaneiro 2015 Horario 16:00 21:00 Lugar de impartición Duración Inscrición

Leia mais

Proceso de facturación.

Proceso de facturación. Proceso de facturación. O proceso de facturación permite asignar os cargos dunha reserva a unha ou varias facturas que, á súa vez, poden estar tamén a un ou varios nomes. Facturar todos os importes a un

Leia mais

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL XOVES, 4 DE FEBREIRO Xoves de comadres 11h30 Regueifas e loitas tradicionais Organiza: Concellaría de Educación 20h30 Trópico de Grelos NOITE DE COMADRES Lugar:

Leia mais

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN Que é o calendario de vacinación infantil? É o documento que inclúe as vacinas que se recomenda administrarlle á poboación dependendo

Leia mais

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO II ciclo de workshops PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO Workshop 1. Tendencias de consumo saudables Workshop 2. O surtido e a innovación na gran distribución Workshop 3. Plan promocional eficiente Primeiro

Leia mais

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2018 Versión en lectura fácil Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2018 Versión en lectura fácil Permiten pasalo

Leia mais

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas PÁXINA 2 normativa reguladora finalidade beneficiarias PÁXINA 3 actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade PÁXINA 4 contías obrigas PÁXINA 5 presentación de solicitudes prazo

Leia mais

Este proxecto musical nace en 2012 cando varios músicos e profesores de corda de Galiza, interesados na interpretación da música dos séculos XVII e

Este proxecto musical nace en 2012 cando varios músicos e profesores de corda de Galiza, interesados na interpretación da música dos séculos XVII e Este proxecto musical nace en 2012 cando varios músicos e profesores de corda de Galiza, interesados na interpretación da música dos séculos XVII e XVIII, deciden fundar unha orquestra para interpretar

Leia mais

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015 PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015 A) ALTA NO REXISTRO DE FACTURAS ELECTRÓNICAS DA XUNTA DE GALICIA SEF O primeiro que hai que facer é acceder ao SEF a través do seu enlace para

Leia mais

Potencias e radicais

Potencias e radicais Potencias e radicais Contidos 1. Radicais Potencias de expoñente fraccionario Radicais equivalentes Introducir e extraer factores Cálculo de raíces Reducir índice común Radicais semellantes. Propiedades

Leia mais

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez 5º OUT. Auditorio Centro Sociocultural 6 out.-21:30 h. 13 out.-21:30 h. 20 out.-21:30 h. 27 out.-21:30 h. Pepo Suevos Xosé A. Touriñán Pedro Brandariz Lois Pérez Entrada Xeral: 5 - Xosé A. Touriñán: 10

Leia mais

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO 2017 Aula CeMIT de Cuntis CIBERDELITOS Días: 2 e 4 de Maio (martes e xoves) Horario: 10:00h a 13:00h Nº de Prazas: 10 Nº de Horas: 6h Descrición

Leia mais

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS 2009-2010 EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE Os dereitos das nenas e dos nenos a traverso da obra de Francesco Tonucci PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS 2009-2010 EDUCANDO

Leia mais

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS A poboación dun determinado lugar aumenta ou diminúe ao longo do tempo. O estudo deses movementos da poboación realízase a partir dunha serie de indicadores demográficos denominados

Leia mais

3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO

3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO 3º ESO - MÚSICA - EXERCICIOS SETEMBRO 1. CUALIDADES DO SON ( REPASO) Exercicios 1. Cita as 4 cualidades do son: 2. Relaciona cada un dos termos coa cualidade correspondente. Recorda que: a intensidade

Leia mais

O CONTRATO DE TRABALLO

O CONTRATO DE TRABALLO O CONTRATO DE TRABALLO Enlace da páxina oficial do Servicio Público de Empleo Estatal (SPEE) con información sobre os contratos de traballo www.redtrabaja.es/es/redtrabaja/static/redirect.do?page=ah0103

Leia mais

GALEGAS ACTOS. dedicado. Paraa alumnado. Venres 9 de maio. FANTÁSTICA co espectáculo. En caso de cheo. Martes 13 de maio. Contacontos en CONCELLERÍA

GALEGAS ACTOS. dedicado. Paraa alumnado. Venres 9 de maio. FANTÁSTICA co espectáculo. En caso de cheo. Martes 13 de maio. Contacontos en CONCELLERÍA MAIO CULTURAL 2014 MES DAS LETRAS GALEGAS dedicado a CONCELLO DE RIVEIRA CONCELLERÍA DE CULTURA E FESTEXOS CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO ACTOS DAS LETRAS GALEGAS Mércores 7 de maio CONTACONTOS

Leia mais

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca. 1 Departamento de Lingua e Literatura Galega EPAPU Eduardo Pondal LITERATURA UNIVERSAL 1º DE Bacharelato GUÍA BREVE Curso 2017-2018 MATERIAIS E RECURSOS Non se vai predeterminar ningún libro de texto.

Leia mais

ANEXO 2 CONCRECIÓNS DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA E DA AVALIACIÓN PARA TERCEIRO DE ESO

ANEXO 2 CONCRECIÓNS DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA E DA AVALIACIÓN PARA TERCEIRO DE ESO ANEXO 2 CONCRECIÓNS DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTI E DA AVALIACIÓN PARA TERCEIRO DE ESO 1 A) CONCRECIÓNS DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTI PARA TERCEIRO DE ESO Unidade 1: Tiempo de monasterios y juglares (12 sesións) Sesións

Leia mais

MANUAL DE USUARIO DE etrades

MANUAL DE USUARIO DE etrades MANUAL DE USUARIO DE etrades Versión: v.01.02 Data edición: 14/12/2010 1. ACCESO Á APLICACIÓN... 3 2. EMPRESA DESPRAZA... 4 3. DATOS DO DESPRAZAMENTO... 5 4. EMPRESA CONTRATA... 6 5. PERSOAL... 8 6. RESUMO...

Leia mais

Mago: Roberto Lolo Teatro: Bicos con lingua Teatro: Pelos na lingua Concurso radiofónico: Sesión preparatoria English Week Soundpainting

Mago: Roberto Lolo Teatro: Bicos con lingua Teatro: Pelos na lingua Concurso radiofónico: Sesión preparatoria English Week Soundpainting SETEMBRO 2017 Visita ó Parlamento de Galicia OUTUBRO Mago: Roberto Lolo Mago: Roberto Lolo Teatro: Bicos con lingua Teatro: Pelos na lingua Concurso radiofónico: Sesión preparatoria English Week NOVEMBRO

Leia mais

Acceso ao xestor documental

Acceso ao xestor documental Acceso ao xestor documental Na ventana inicial accedemos a [Documentación] para acceder ao xestor documental. Páxina: 1 Apartados: operacións con cartafoles e ficheiros Dispón de varios botóns para realizar

Leia mais

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE PLANO DE FOMENTO da I. Liñas estratéxicas de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade O Plano de Fomento da Corresponsabilidade Os obxectivos As áreas de actuación As liñas de acción A temporalización

Leia mais

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda Por suposto, non temos que ser expertos en todo, pero como pais interesados en aprender pautas de actuación cos seus fillos, especialmente de comunicación acerca do cánnabis deixámosvos a seguinte ligazón

Leia mais

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC) 5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC Co patrocinio de 0. DATOS DA ENQUISA Preguntas: 56 (

Leia mais

Volver empezar. Nesta unidade imos inventar a biografía do candidato ideal para un posto de traballo. Para iso, imos repasar e aprender:

Volver empezar. Nesta unidade imos inventar a biografía do candidato ideal para un posto de traballo. Para iso, imos repasar e aprender: unidade 1 Volver empezar Nesta unidade imos inventar a biografía do candidato ideal para un posto de traballo. Para iso, imos repasar e aprender: a falar de hábitos en presente a relatar experiencias pasadas

Leia mais

MUSEO LISTE ETNOGRÁFICO DE VIGO PROGRAMACIÓN 2º TRIMESTRE 2017

MUSEO LISTE ETNOGRÁFICO DE VIGO PROGRAMACIÓN 2º TRIMESTRE 2017 MUSEO LISTE ETNOGRÁFICO DE VIGO PROGRAMACIÓN 2º TRIMESTRE 2017 EXPOSICIÓN PERMANENTE Percorrido por nove salas temáticas nas que descubrir anacos da nosa historia: arte tecido, o escultor da madeira, a

Leia mais

II SEMANA DAS MÚSICAS DO AUDIOVISUAL 2017

II SEMANA DAS MÚSICAS DO AUDIOVISUAL 2017 II SEMANA DAS MÚSICAS DO AUDIOVISUAL 2017 A CORUÑA / COMPOSTELA / NARÓN DO 27 DE NOVEMBRO AO 1 DE DECEMBRO 2017 #SEMUA17 www.academiagalegadoaudiovisual.gal SEMANA DAS MÚSICAS DO AUDIOVISUAL A CORUÑA /

Leia mais

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO 2016-2017 1 Primeiro e segundo curso 1. Cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do alumnado, divididas en 7 horas de docencia

Leia mais

Un país desde as táboas

Un país desde as táboas Un país desde as táboas 125 anos de teatro galego Breve guía para a mostra DOCUMENTO DISTRIBUIDO E CREADO POR CULTURAGALEGA.ORG CONSELLO DA CULTURA GALEGA Itinerancia da mostra A Coruña - Ata o 15 de agosto

Leia mais

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel ACCESO Á FORMACIÓN CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE NIVEL 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN REQUISITOS FORMATIVOS REGULACIÓN PROBAS COMPETENCIAS CLAVE Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos

Leia mais

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA 3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA A.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA : compoñentes e sectores (páx. 94-5) A.1.- Que é a actividade económica? A actividade económica é o conxunto de tarefas ou actividades dos seres humanos

Leia mais

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs IES URBANO LUGRÍS A CORUÑA INDICE 1. CARACTERÍSTICAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA (curso 2012-2013). INICIATIVAS XA REALIZADAS NESTE CAMPO. INTERESE DE CARA AO FUTURO. 2. OBXECTIVOS

Leia mais

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR. CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR. Ao abeiro do convenio de colaboración para a obtención do Diploma

Leia mais

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE OBXECTIVOS: Formar persoas capaces de realizar actividades socioculturais e recreativas, tanto en tempo libre urbano como na natureza. As funcións

Leia mais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24106 I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ORDE do 14 de xuño de 2013 pola que se desenvolve o Decreto 49/2013,

Leia mais

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Enrédate con seguridade by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed "Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License. Puede hallar permisos más allá de

Leia mais

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES 1 LAVAR OS DENTES 2 INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES Establecer unha correcta hixiene oral desde os primeiros anos é un investimento para toda a vida. Os problemas relacionados coa saúde bucodental,

Leia mais

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018 As solicitudes de admisión dirixidas á dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados presentaranse

Leia mais

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES 2014 2015 Para poder avaliar e mellorar o Programa Clases sen Fume necesitamos que dediques uns minutos a contestar este breve cuestionario. É ANÓNIMO, o que nos

Leia mais

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA Do 3 ao 20 de Decembro 2018 Descobre as novas tecnoloxías internet e as redes sociais Adquire técnicas de comunicación efec va en inglés Fórmate en novas técnicas de cociña

Leia mais

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN II PREMIO DE ILUSTRACIÓN: Convocado polo Concello de Pontevedra en colaboración con Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) A finalidade

Leia mais

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30 REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES Día: 02.02.2017 Hora: 10:30 RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA

Leia mais

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral: CURSO Impartido por Beatriz Méndez Darrocha O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral: UNHA INSERCIÓN LABORAL REAL PARA TODAS/OS. A Coruña 21, 22 e 28 de febreiro, e 1 de marzo. 2013 Con

Leia mais

BENQUERENCIA TERRA - MAR

BENQUERENCIA TERRA - MAR VI CARREIRA POPULAR BENQUERENCIA TERRA - MAR Páxina, 1 HORARIO: Menores 16:30 h Absoluta 17:40 h REGULAMENTO DA PROBA: A Carreira Popular Benquerencia Terra Mar está organizada conxuntamente polo Centro

Leia mais

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO 2008-2009

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO 2008-2009 1 Ђы C U R S O PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO 2008-2009 M AT E R I AS C I E N CI AS E T ECNOLO X ЊП A H UM AN I D AD E S E C I E N CI AS SO CI AI S Artes pl ЋЁsticas,

Leia mais

Planificación do curso escolar

Planificación do curso escolar Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CMUS/CDAN DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA Procedemento PR81PLA Planificación do curso escolar Versión Modificación Data 01 Recodificación

Leia mais

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades: A axeitada transferencia de coñecemento procedente dos organismos de investigación ao tecido produtivo está considerada unha estratexia prioritaria a nivel global para incrementar o desenvolvemento socioeconómico

Leia mais

Programa_Antroido_2013.pdf 1 04/02/13 17:24.

Programa_Antroido_2013.pdf 1 04/02/13 17:24. Programa_Antroido_2013.pdf 1 04/02/13 17:24 www.santiagodecompostela.org Programa_Antroido_2013.pdf 2 04/02/13 17:24 SÁB DOM 10 09 13 :30 h. e 20:00 h. Animación de rúa a cargo da comparsa OS CONFORMISTAS

Leia mais

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2017

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2017 Preinscrición e inscrición: Preguntar no centro cívico a partir do 1 de SETEMBRO CENTRO CIVICO MUNICIPAL ROSALES Praza Elíptica, 1 Teléfono: 981 184350/010 ccrosales@coruna.es http://www.coruna.gal/serviciossociales

Leia mais

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME: I.E.S Os números naturais Contidos 1. Números naturais Sistema de numeración decimal Escritura Orde e redondeo 2. Operacións Suma e resta Multiplicación e división Xerarquía das operacións 3. Potencias

Leia mais

e diferente ter un bo a camiñar.

e diferente ter un bo a camiñar. ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO EN BABIA Babiaa ofrece unhas das paisaxes máis marabillosas da cordilleira Cantábrica e esta zona montañosa foi declarada Parque Natural no ano 2015. A simbiose entre os seus

Leia mais

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias ASOCIACION IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DE BARBANZA-NOIA ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO MAPA DE RECURSOS: Instalacións

Leia mais

XOGOSMUSICAIS Ourense, 22 de xuño de 2013

XOGOSMUSICAIS Ourense, 22 de xuño de 2013 XOGOSMUSICAIS Ourense, 22 de xuño de 2013 OSEÑORDASERRA Fonte: - Para cantar e bailar Luis Prego - Serxio Cobos; Ed. Cumio PISTA 1 AXIRALDA xogo con música Fonte: - Para cantar e bailar Luis Prego - Serxio

Leia mais

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS 1.-ÁMBITO PERSOAL FOLLA DE REXISTRO DE DATOS A.-Datos persoais. CLAVE: 1.- Sexo: 2.- Idade: 3.- Estado civil: 4.- Grupo étnico: 5.- Data de recollida dos datos: 6.- Procedencia da demanda: -Familia: -Centros

Leia mais

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO? CONVOCATORIA XIII EDICIÓN DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO Programa de voluntariado internacional para o persoal técnico da administración local galega Ano 2018 1. QUE SON AS VACACIÓNS CON TRABALLO?

Leia mais

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso clases sen fume información para os centros docentes curso 2016-2017 30 outubro Remate do prazo de inscrición Remisión ficha de inscrición (web o fax) 2novembro Comezo do compromiso de non fumar 11novembro

Leia mais

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra. Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra. Asdo. A xefatura de departamento. Dª/D. Jorge Fernández Seoane Departamento de Economía Páxina 1 de 7. 1. Modificacións introducidas

Leia mais

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III REGIÃO NORTE GALICIA Camas por 1000 habitantes: número de camas de hospitais e de centros de saúde com internamento referido à população residente estimada para

Leia mais

IES FRANCISCO AGUIAR BETANZOS IMPRESO DE MATRÍCULA 1º OU 2º DE E.S.O. Curso RÚA: Nº: PISO: CP: LOCALIDADE: PROV.:

IES FRANCISCO AGUIAR BETANZOS IMPRESO DE MATRÍCULA 1º OU 2º DE E.S.O. Curso RÚA: Nº: PISO: CP: LOCALIDADE: PROV.: IES FRANCISCO AGUIAR BETANZOS IMPRESO DE MATRÍCULA 1º OU 2º DE E.S.O. Curso 2018-2019 : : Matricúlase por 1ª vez neste curso: Repite: CENTRO DE PROCEDENCIA: Nº RUTA Nº PARADA DATOS ES TITOR LEGAL APELIDOS

Leia mais

Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia

Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia Chanzo 1: Pódese falar de calquera maneira? Tema: As variedades lingüísticas. o Variedades internas da lingua: Niveis Rexistros Variedades xeográficas Chanzo

Leia mais

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa Programas europeos IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente O programa de Aprendizaxe Permanente é un programa de acción comunitaria adoptado na Decisión nº 1720/20006/CE do Parlamento Europeo e do Consello,

Leia mais

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015) AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015) V I G O FICHA TÉCNICA TRABALLO DE CAMPO: Do 21 de setembro ao 5 de outubro (a.i.) MOSTRA: 374 persoas PÚBLICO OBXETIVO: Usuarios/as

Leia mais

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO INTEGRADO NO PROGRAMA BEN EMPREGADO páx. 0 O Programa de Fomento do Emprego e a Economía dos Sectores Estratéxicos da provincia

Leia mais

AXUDA DE USO DO CALENDARIO DE AULA

AXUDA DE USO DO CALENDARIO DE AULA AXUDA DE USO DO CALENDARIO DE AULA O calendario de aula permite que o alumno/a poida xestionar os diferentes acontecementos e o paso do tempo nas aulas, desde un ordenador con conexión a internet, e preferentemente

Leia mais

A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos.

A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos. A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos. O aforro enerxético, ou a redución de gases contaminantes, marcan

Leia mais

MEMORIA ANO 2013 SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES

MEMORIA ANO 2013 SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES MEMORIA ANO 2013 SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES ANTECEDENTES O Servizo de Atención Temperá da Mancomunidade de Ordes, situado no concello de Ordes funciona

Leia mais

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO 2017-2018 1 Primeiro e segundo curso 1. Cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do alumnado, divididas en 7 horas de docencia

Leia mais

Manual de cumprimentación da solicitude

Manual de cumprimentación da solicitude Manual de cumprimentación da solicitude Para comezar a realizar a comprimentación da solicitude poderá acceder a páxina habilitada a tal efecto na dirección: https://cooperativas.xunta.es Pasos xerais

Leia mais

III Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro

III Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro III Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro BASES TÉCNICAS 1.- OBXETIVO Realización de imaxes de calidade, creando unha estética das construccións eminentemente funcionales,

Leia mais

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro Canle Recomendocheunlibro Gústache ler? Queres recomendarnos un libro? Compartir as túas lecturas favoritas? Publicar o teu booktrailer? Xa tes onde facelo! Consulta as normas de funcionamento da canle

Leia mais

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años) Benvidos, Benvidas Universidade Formación Profesional. Ciclos de Grao Superior Bacharelato Formación Profesional. Ciclos de Grao Medio Con proba de acceso Graduado en Educación Secundaria Formación Profesional

Leia mais

Plans e protocolos de empresa familiar

Plans e protocolos de empresa familiar Plans e protocolos de empresa familiar INSTRUMENTO DE CONSOLIDACIÓN E PERPETUACIÓN DA EMPRESA FAMILIAR O protocolo constitúe un marco normativo interno que ofrece á empresa familiar un conxunto de regras

Leia mais

Bibliotecas Públicas Municipais. Premio Nacional María Moliner Concellería de Cultura e Normalización Lingüística

Bibliotecas Públicas Municipais. Premio Nacional María Moliner Concellería de Cultura e Normalización Lingüística Bibliotecas Públicas Municipais Premio Nacional María Moliner 2011 Concellería de Cultura e Normalización Lingüística nas bibliotecas públicas municipais de Oleiros Para a nena e o neno pequeno a palabra

Leia mais

Xestión cultural_hoxe

Xestión cultural_hoxe Xestión cultural_hoxe [estratexias para artistas e xestores] imparte Paula Cabaleiro :::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::: obradoiro teórico práctico [OBXECTIVOS]

Leia mais