LECER PROGRAMA OUTONO Arte, literatura, cine, cociña, fotografía, novas tecnoloxías, creatividade, música...

Documentos relacionados
PROGRAMA LECER. OUTONO 2015 Arte, literatura, cine, cociña, fotografía, novas tecnoloxías, creatividade, música...

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2017

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

PROGRAMA. Cociña, ciencia, filmoteca, fotografía, historia, arquitectura, cine, arte... LECER

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2010

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE CURSOS E OBRADOIROS QUE SE IMPARTEN NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE

CALENDARIO PARA O CICLO INTENSIVO DO PROGRAMA UNIVERSITARIO PARA MAIORES. CAMPUS DE PONTEVEDRA. CURSO

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

REDE EUSUMO. información e comunicación

PROGRAMA LECER. OUTONO 2015 Arte, literatura, cine, cociña, fotografía, novas tecnoloxías, creatividade, música...

INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

MANUAL DE USUARIO DE etrades

PIALE Integración en lingua portuguesa

LECER PROGRAMA PRIMAVERA Astronomía, música, cine, fotografía, arquitectura, teatro, historia, arte... CORUÑA CULTURA

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

PROGRAMA. Teatro, ciencia, filmoteca, fotografía, astronomía, cine arquitectura... LECER

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

Proceso de facturación.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

Política e Obxectivos de Calidade

Double-click to enter title

SBN: O TEMPO NO XORNAL

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

O CONTRATO DE TRABALLO

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

BENQUERENCIA TERRA - MAR

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

Lingua, literatura e cultura galegas 1

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Convocatoria ordinaria de 2012

MúsicARTE 1. BREAK DANCE 2. RAP 3. FUNKY 4. HIP HOP 5. O TEU CORPO: UN INSTRUMENTO. RúARTE 6. SLACKLINE 7. MONOPATÍN 8.

CAMPA A RESGAL

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

1.- Organización da Escola de Primavera:

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

Que é unha rede de ordendores?

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

PROBA B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

BOLETÍN INFORMACIÓN CULTURAL DE LUGO

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

GALEGAS ACTOS. dedicado. Paraa alumnado. Venres 9 de maio. FANTÁSTICA co espectáculo. En caso de cheo. Martes 13 de maio. Contacontos en CONCELLERÍA

Ofoe (Oficina de Orientación ao Emprego)

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

PLAN TIC IES Chapela (PE)

III Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

INTRODUCIÓN XORNADA DE PORTAS ABERTAS

No LIMIAR DAS ARTES Encrucillada de tradicións rupestres. Ciclo de Conferencias de Decembro 2017

A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos.

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Transcrição:

PROGRAMA LECER OUTONO 2016 Arte, literatura, cine, cociña, fotografía, novas tecnoloxías, creatividade, música...

HISTORIA E ARTE ABISMOS DE PAIXÓN: ROMANTICISMO E ARTE Luns, de 17.00 a 18.30 h. Responsable: Héctor Mosquera Partindo dunha análise da filosofía e da estética romántica e analizando a obra pictórica de grandes artistas románticos coma Friedrich e Turner, trataremos de responder as seguintes preguntas: É o Romanticismo unha forma de misticismo? E se fose así, é a auténtica arte unha manifestación do impulso místico? GALICIA IMAXINARIA: RASTREANDO O PATRIMONIO A TRAVÉS DOS OFICIOS Martes, de 19.00 a 20.30 h. Responsable: Carmela Galego Mármore de Carrara para as lavandeiras nun lavadoiro público da Coruña; un proxecto básico para estabulacións e feiras en Ourense; os pendellos da Golada; fontes neoclásicas para augadores, teatros para cómicos, palcos para músicos... Distintos proxectos, moitos deles desaparecidos, a outros non construídos para mellorar a calidade laboral sen deteriorar a imaxe das cidades. Indagaremos o cotián deses oficios a través dos espazos que os acolleron. SOMÉRXETE NAS EXPOSICIÓNS Mércores, de 17.30 a 19.00 h. Responsable: Viriato Valdés Moitas veces, o máis próximo é o gran descoñecido. Por iso, a oferta cultural que nos ofrece a cidade será o fío condutor deste curso. Por medio de sesións alternativas na aula e nos diferentes espazos museísticos, iremos descubrindo e analizando cada unha das exposicións da nosa contorna. POR GALICIA ADIANTE Xoves, de 19.15 a 20.45 h. Responsables: Bea Álvarez e Paula Naveira Actividade formativa que invita a realizar dende a aula un percorrido histórico e artístico por diferentes enclaves galegos para visitar os seus monumentos e manifestacións artísticas e culturais máis destacados. Nesta ocasión traballaremos por bloques temáticos independentes en cada sesión. Mitos, lendas, música, danza, pintura, escultura, urbanismo... son algúns dos temas que propoñemos. MÚSICA JAZZ CLÁSICO: DAS ORIXES AO SWIMG Martes, de 17.00 a 18.30 h. Responsable: Dumia Pernas Faremos un percorrido pola historia do chamado jazz clásico e dos seus protagonistas. Rastrearemos as súas raíces na fusión dos ritmos africanos e a influencia da música europea, así como a importancia do blues. Veremos que é o Ragtime, que pasou en Nova Orleáns, como se moveu o estilo pola xeografía estadounidense, cales foron os fitos na evolución do jazz, os intérpretes e as grandes composicións ata a Era do swing que seguiu a Gran Depresión. ROCK I (DENDE AS ORIXES ATA 1980) Mércores, de 17.00 a 18.30 h. Responsable: Dumia Pernas Os anos 50 do s. XX foron testemuñas de moitos trocos; entre eles, asístese naquela época ao nacemento do rock and roll. A influencia daqueles primeiros pasos do estilo que chegan aos nosos días, con múltiples transformacións e ramificacións. No obradoiro de Rock I mergullarémonos nos distintos estilos e protagonistas que marcaron a música rock dende as súas orixes até a década de 1980. LITERATURA, ESCRITURA CREATIVA E NOVAS TECNOLOXÍAS A VOLTAS COAS PALABRAS Martes, de 10.30 a 12.00 h. Responsable: Chus Molina Obradoiro onde se traballa coas palabras desde un punto de vista creativo. A partir dunha serie de pautas, crearemos os nosos propios textos literarios desenvolvendo a nosa creatividade e imaxinación. Á vez que escribimos, iremos aprendendo os diversos elementos e técnicas literarias, compartindo e comentando todolos textos escritos. DE LITERATURA E OUTRAS ARTES Mércores, de 19.00 a 20.30 h. Responsable: Dores Tembrás Prestarémoslle atención ao contacto de determinadas obras da literatura universal con outras disciplinas artísticas como cine, pintura, arquitectura A dita conexión permite contextualizar a palabra e afondar nas características que singularizan determinados movementos. O que nos interesa é repararmos nos fíos, máis ou menos explícitos, entre disciplinas. CONSTRÚE O TEU BLOG Venres, de 17.00 a 18.30 h. Responsable: Anxo Carracedo Un blog é unha estupenda ferramenta de expresión persoal e de comunicación. Dende darlles renda solta a vocacións artísticas ou literarias ata poñer en marcha unha pequena tenda en liña ou compartir afeccións como a cociña, a moda ou a fotografía, as súas posibilidades son infinitas. Neste obradoiro, aprenderemos como pór un a andar e como dalo a coñecer. FOTOGRAFÍA E NOVAS TECNOLOXÍAS FOTOGRAFÍA BÁSICA Martes, de 17.30 a 19.00 h. Responsable: Miryam Pato Moita xente ten unha cámara dixital e sabe sacar fotos pero non é quen de tirarlle á súa cámara todo o rendemento que esta lle pode ofrecer. Aprenderemos a empregar mellor os recursos das nosas cámaras dixitais. RETOQUE FOTOGRÁFICO DIXITAL Martes, de 19.00 a 20.30 h. Responsable: Miryam Pato Hoxe en día pódese considerar tan importante como saber sacar unha boa foto o feito de saber facer un bo traballo a nivel dixital con ela. Neste obradoiro, valerémonos do traballo con programas de software libre que nos permitirán mellorar todas as fotografías que teñamos á man. COLOREADO FOTOGRÁFICO ARTESANAL Xoves, de 19.00 a 20.30 h. Responsable: Cándido Díaz Neste obradoiro buscamos aprender a xerar unha imaxe fotográfica monocroma (branca/negra, sepia etc.) e a darlle cor á impresión en papel, utilizando técnicas tradicionais. Cada alumno/a xerará unha imaxe fotográfica (coa técnica fotográfica aprendida) apropiada para o seu posterior coloreado, realización dun fotogravado e unha posible exposición final. 1 2

ASTRONOMÍA BAIXO O FIRMAMENTO Martes, de 19.00 a 20.30 h RESPONSABLE: Óscar Blanco Descubrir entretidamente as estrelas, os planetas, o universo, facendo prácticas e experimentos que demostren as distintas teorías científicas, con actividades dinámicas e algunha saída complementaria. TEATRO INTERPRÉTAO Luns, de 19.15 a 20.45 h. Responsable: GATEA (Laura Sarasola e Kevin Stewart) Obradoiro de introdución á interpretación para todolos públicos, onde se tratarán distintas disciplinas e técnicas (expresión corporal, improvisación, teatro físico, máscara e teatro clásico e contemporáneo), co obxectivo de que as e os participantes desenvolvan un coñecemento básico sobre o corpo, a voz, a dicción, o ritmo e o pensamento. LENDO TEATRO Martes, de 19.00 a 20.45 h. Responsables: Vicky Pérez Obradoiro que pretende achegar o alumnado ao apaixonante mundo da interpretación textual actoral e á lectura en grupo de textos teatrais, coa intención de que as persoas participantes se desinhiban e poidan gozar da experiencia de interpretaren. CREACIÓN DE WEBSERIE Martes, de 19.00 a 20.30 h. Responsable: Víctor Grande Aprenderemos todas as fases de creación dunha webserie, dende a idea e o guión até a gravación e posprodución. Cada alumno asumirá un rol: guión, actores, director, produción, son en función dos seus gustos e habilidades. Ao rematar o obradoiro mostrarase a webserie creada nun evento especial. OBRADOIRO DE CLOWN Xoves, de 19.00 a 20.30 h. Responsable: Pedro Brandariz Todas e todos temos un pallaso dentro de nós, que nos pode axudar a levar a vida desde un punto de vista máis positivo e optimista. Neste curso, traballaremos sobre as técnicas para atopar o clown, para que cada persoa encontre a súa identidade cómica. Para iso, contaremos cun dos mellores clowns do panorama artístico actual. CINE O CINEMA: MANUAL DE INSTRUCIÓNS Mércores, de 19.00 a 20.30 h. Responsable: Martín Pawley Os movementos da cámara, os planos, a montaxe. A invención da linguaxe fílmica. O proceso de creación dunha película. Os xéneros cinematográficos. Os formatos e as pantallas. Ao longo do obradoiro iremos descubrindo algúns por ques que nos axudan a entender mellor e desfrutar máis as películas que vemos. Un manual de instrucións abreviado para descifrar algunhas claves da arte das imaxes en movemento. Ademais, repasaremos cada semana o máis valioso da programación cinematográfica da Coruña. CIDADE E CONTORNA CASCOS HISTÓRICOS DE GALICIA Mércores, de 17.00 a 18.30 h. Responsable: Jesús Freire Análise descritiva das urbes e cidades máis significativas de Galicia, dende un punto de vista da pegada histórica que deixou o desenvolvemento urbano, do patrimonio e dos seus monumentos, ofrecendo unha visión máis atractiva das nosas cidades. Realizaranse visitas ás máis próximas descubrindo a súa historia e fisionomía. PAISAXES ARQUEOLÓXICAS DA HISTORIA DA CORUÑA: DAS ORIXES A FALVIUM BRIGANTIUM Xoves, de 10.30 a 12.00 h. Responsables: Fidel Méndez, Purificación Soto e Mª del Carmen Martínez Somos turistas da nosa propia cidade? Poderiamos facer unha visita arqueolóxica para explicárllela a outras persoas? Exponse un achegamento ao coñecementos dos lugares arqueolóxicos da cidade a través dunha serie de charlas, visitas virtuais e reais, entre outros coñeceremos as murallas, a casa grande de Valparaíso, o castro de Elviña, o convento de San Francisco, a Torre de Hércules. E valoraremos tamén a conservación de todos estes monumentos de cara ao público. UN PASEO POLA CIDADE, DENDE OS PRIMEIROS POBOADORES ATÉ MARÍA PITA Venres, de 10.00 a 11.30 h. Responsables: Patricia Angulo e Fernando Campos Este obradoiro busca coñecer a historia da nosa cidade, onde ninguén é forasteiro, pero nós menos ca ninguén. E por iso trataremos de achegar a historia da nosa cidade aos seus propios habitantes de xeito ameno e próximo, o máis interactivo e práctico posible en cada un dos paseos que deamos por ela. CREATIVIDADE MANUAL MINITRUCOS CASEIROS Martes, de 18.00 a 20.00 h. Responsable: Laura Blanco Traballaranse distintas manualidades como pintura en tea (roupiña de bebés, camisetas, mandís), coiro (pulseiras, cintos ou carteiras), traballo con fimo ou distintas pastas de modelado, pirogravados, lámpadas de reciclaxe etc. MANUALIDADES CREATIVAS Mércores, de 10.30 a 12.30 h. Responsable: Chari Maquieira Obradoiro que nos introducirá no mundo da reciclaxe e todo tipo de formas de reutilizar e darlles un novo uso ás cousas. As distintas técnicas manuais levarannos a coñecer e desfrutar das máis diversas técnicas de traballo con materiais como o papel, metal ou cristal. SOUTACHE Mércores, de 18.30 a 20.30 h. Responsable: Zeltia Rodríguez Sedes Técnica na que se combina o Soutache (técnica utilizada en Francia na que se decoraban os traxes de época e os uniformes cun cordón con forma de espiga trenzada) con abelorios que permiten crear unha xoia de bixutería totalmente artesanal e cuxo segredo está no gusto de cada persoa ao combinar cores, pedras, perlas nunha perfecta simetría e unidos con puntadas invisibles ao ollo. COAS TÚAS MANS Xoves, de 10.30 a 12.30 h. Responsable: Fina Sedes Neste obradoiro podedes escoller entre dúas opcións. Aprender a técnica do tapiz ou iniciarvos no mundo do macramé. Teceremos un tapiz no que aprenderemos os puntos básicos para desenvolvernos nun tear ou aprenderemos a técnica do macramé para realizar xoiería téxtil, nesta ocasión iniciarémonos no macramé Cavandoli. ESCULTURA E MODELADO Xoves, de 19.00 a 20.45 h. Responsable: Laura Blanco Unha vez que teñamos adquiridas unha serie de destrezas manuais que permitan desenvolvermos o noso talento, faremos creacións probando distintos tipos de pastas, desde o barro ou a pasta de modelar ate pastas feitas por nós mesmos. 3 4

ACTIVIDADE MOTRIZ DÁLLE RITMO Grupo I - martes e xoves, de 9.30 a 10.30 h Grupo II - martes e xoves, de 10.30 a 11.30 h Responsable: Ana Lago Actividade física variada para manter e mellorar a condición física, gañar habilidade e mellorar niveis de mobilidade articular mediante diversas dinámicas, estiramentos, traballo de resistencia, tonificación, circuítos cardiovasculares, exercicios parar mellorar posturas diarias, prevención de doenzas musculares, xogos (motores, de habilidade, percepción, reflexos), táboas de exercicios específicos, bailes... CORPO E CREATIVIDADE Mércores, de 19.00 a 20.30 h. Responsable: Carmen Rodríguez Obradoiro de autocoñecemento e autoexpresión orientado á estimulación da creatividade, á exploración e ao desenvolvemento das capacidades individuais. Unha oportunidade única de descubrir máis sobre un mesmo e sobre os demais. TODO ESTÁ NOS TEUS PÉS Grupo I: martes, de 11.30 a 13.00 h Grupo II: mércores, de 11.00 a 12.30 h Responsable: Rubén da Silva A través dos pés e tras descubrir uns coñecementos básicos e sinxelos sobre eles, aprenderemos a masaxear as zonas reflexas que posúen para sermos capaces de desbloquear o sistema inmunitario de noso corpo. Trátase dun obradoiro eminentemente práctico, polo que é necesaria roupa cómoda. MINDFULNESS INICIACIÓN AO MINDFULNESS Grupo I: mércores, de 17.00 a 18.30 h Grupo II: mércores, de 19.00 a 20.30 h Responsable: Eduardo Dopico Neste novidoso e participativo obradoiro, as persoas asistentes interiorizarán unha serie de técnicas de coñecemento do seu propio corpo, así como outras que lles facilitarán o coñecemento das súas propias emocións. Todas estas ferramentas están enfocadas ao coñecemento e desenvolvemento da intelixencia emocional e social, para tratar de acadar unha conciencia plena dun mesmo. COCIÑA COCIÑA AFRICANA Luns, de 10.30 a 12.30 h. Responsable: Fatou A gastronomía de África comprende un conxunto de artes e costumes culinarios da xente, tribos, etnias e grupos sociais que compoñen este continente, o segundo máis grande en extensión. Esta diversidade apréciase tamén na súa cociña, tanto nas técnicas coma nos ingredientes empregados e presenta influencias doutras cociñas, como son a mediterránea a árabe ou a turca. As tapas son un elemento moi típico desta cultura gastronómica. TAPEANDO Luns, de 18.30 a 20.30 h. Responsable: Jose Ares o Vanessa Areas As tapas son un elemento típico da cultura gastronómica da nosa terra, e a arte culinaria modernizouse enormemente nos últimos tempos. Se combinamos estas dúas cuestións teremos como resultado unha receita perfecta: modernas tapas cos alimentos de sempre que nos farán quedar de luxo cos nosos comensais. FONDOS DE DESPENSA Martes, de 10.30 a 12.30 h. Responsable: Marta Ramos Realizaranse pratos con ingredientes que se poden ter na casa, ben en conserva, frescos de longa duración ou conxelados. Son pratos que nos poden sacar dun apuro dado que os prepararemos cando nos fagan falta sen necesidade de acudir ao mercado. Unha despensa elaborada axeitadamente é moi práctica e económica. MASTERÁGORA Martes de 18:30 a 20:30 h. Responsables: Vanessa Areas e Jose Ares Baseado en todolos programas televisivos que copan as nosas pantallas, a idea deste obradoiro está enfocada a aquelas persoas que queiran dar un paso máis na cociña, aprendendo técnicas novidosas e innovadoras que lles permitan dar un toque diferente á súa cociña e ás súas presentacións, que nos deixarán quedar ante os invitados como auténticos profesionais da cociña de autor. CUCINA ITALIANA Mércores, de 10.30 a 12.30 h. Responsable: Eliana Pirrello Italia non só destaca pola súa bagaxe histórica e cultural, senón tamén pola súa excepcional e universal gastronomía. Impartido por unha profesora napolitana, este obradoiro poderá descubrirnos ese toque especial co que podermos preparar os deliciosos pratos dun país que xira en torno á súa gastronomía; achegaranos tamén a coñecer a súa cultura e as súas tradicións. COCIÑA ÁRABE Mércores, de 18.30 a 20.30 h. Responsable: Halimah Shalabi As persoas asistentes poderán desfrutar de clases de cociña e receitas tradicionais dos países de Oriente Medio. Así mesmo, tendo en conta a importancia das especias dentro destes menús, poderemos aprender un pouco máis de todas esas especias que se empregan nesta zona. A COCIÑA DA AVOA Xoves, de 10.30 a 12.30 h. Responsable: Marta Ramos Cociña elemental, elaboración tradicional, a cociña de toda a vida. Elaboraremos pratos sinxelos cheos de sabor. COCIÑANDO POR AUTONOMÍAS Xoves, de 18.30 a 20.30 h. Responsable: Marta Ramos Elaboración de pratos típicos doutras autonomías ou zonas de España, procurando que os ingredientes sexan sinxelos de encontrar nos nosos mercados. Aínda que algúns ingredientes son propios das distintas zonas, as receitas son tantas e tan variadas que non hai problema de cociñar infinidade de pratos. COCIÑA GALEGA Venres de 10:30 a 12:30 h. Responsable: Jose Ares o Vanessa Areas Recordaremos receitas tradicionais que fusionan os sabores da nosa terra de xeito sinxelo e ameno. Teremos, iso si, que estar preparados para experimentarmos con todolos pratos típicos da gastronomía galega. SOBREMESAS DELUXE Venres, de 17.30 a 19.50 h. Responsable: Laura Blanco Repostería creativa para que calquera persoa afeccionada aos pratos doces poida, con materiais que temos na casa, elaborar cousas sabedoras e moi bonitas e todo iso cos utensilios de cociña que pode haber en calquera casa, sen ter que mercar ningún equipamento profesional!! 5 6

OFERTA ESPECÍFICA PARA NENAS E NENOS PEQUENOS/AS COCIÑEIROS/AS (10-14 anos) Sábados, de 11.00 a 13.00 h. Responsables: Laura Blanco e Chari Maquieira Obradoiro de cociña destinado ás e aos máis pequenos, que aprenderán a preparar pratos sinxelos, divertidos, creativos e, sobre todo, moi saborosos pero sempre partindo dunha concienciación en hábitos alimenticios saudables. XUNTOS Á ÁGORA (de 4 a 12 anos (2012-2004)) Separados por grupos de idades. Sábados, de 11.00 a 13.00 h. Responsables: educadoras/es dos campamentos Proposta de carácter lúdico e compoñente recreativo para favorecer a capacidade de iniciativa colectiva das nenas e dos nenos. Cada día teremos un obradoiro creativo diferente, un día faremos con scrap as nosas invitacións de aniversario, outro día decoraremos magdalenas, construiremos un monicreque ou unha marioneta, crearemos xogos de lóxica, de imaxinación, construiremos con gomaeva, crearemos personaxes de plastilina... buscaremos desenvolver a creatividade de cada neno e nena de forma divertida e entretida, cada sábado será unha sorpresa. MONOGRÁFICO MIGUEL DE CERVANTES SAAVEDRA Mércores, de 19.00 a 20.30 h Este ano, propoñémosvos unha aproximación a todo o mundo que rodeou a don Miguel de Cervantes, no ano do IV centenario do seu falecemento. Descubriremos e coñeceremos a súa historia, os seus textos, a época na que viviu, os seus coetáneos, a gastronomía nos seus libros que nos aproximen a descubrir todo o apaixonante mundo cervantino. OFERTA ESPECÍFICA +65 ANOS TONIFICA O TEU CORPO Grupo I Luns e mércores, de 9.00 a 10.00 h Grupo II Luns e mércores, de 10.00 a 11.00 h Responsable: Fernando Campos Obradoiro orientado a persoas maiores de 65 anos, buscando adquirir hábitos saudables de forma amena. A actividade física de intensidade moderada tórnase necesaria e beneficiosa permitíndonos estar activos. EXERCITA A TÚA MENTE Grupo I - Luns e mércores, de 10.00 a 11.00 h Grupo II - Luns e mércores, de 11.00 a 12.00 h Responsable: María Alonso O cerebro é un músculo que debemos adestrar e non hai mellor xeito de facelo que a través de actividades lúdicas, entretidas e divertidas, e todo iso nun ambiente cordial e familiar. Actividade especialmente indicada para persoas maiores de 65 anos. VIAXANDO CON MEMORIA Martes e xoves, de 10.30 a 11.30 h. Responsable: María Alonso A través de distintas actividades dinámicas e divertidas, coñeceremos e recoñeceremos diferentes vilas, cidades e países, co fin de aproveitarmos os recursos que a mente nos achega. Actividade especialmente indicada para persoas de máis de 65 anos. ACTÍVATE Mércores, de 17.00 a 18.30 h. RESPONSABLE: Carmen Rodríguez Estimulación da vitalidade e do benestar xeral. Traballo de consciencia corporal, mental e emocional, orientado ao equilibrio persoal e ao mantemento dun bo estado de ánimo. Obradoiro orientado a persoas maiores de 65 anos que queiran revitalizarse e mellorar a súa calidade de vida. 7 8

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DO PROGRAMA DE LECER: PREINSCRICIÓN: Os días 5, 6 e 7 de setembro na conserxaría de Ágora, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h, ou por vía telemática cubrindo a folla de preinscrición, tal e como se indica na páxina www.coruna.es/cultura. Todas as preinscricións telemáticas que teñan data de envío anterior ou posterior ás 9.00 h do día 5 e que rematará o día 7 ás 20.00 h non serán tramitadas. Cada solicitante poderá anotar ata catro obradoiros na ficha; deberase ter en conta que na adxudicación respectarase a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo. Na preinscrición presencial, adxudicaráselle directamente a cada solicitante un número que servirá para o sorteo. O día 9 de setembro ás 09:00 horas, publicarase a listaxe das preinscripcións telemáticas co seu número de sorteo correspondente. SORTEO PÚBLICO: Venres 9 de setembro, ás 10.00 h, na conserxaría do Ágora. ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: As listaxes dos obradoiros adxudicados publicaranse o luns 12 de setembro a partir das 9.00 h, en Ágora, nas distintas webs municipais de Cultura e no servizo telefónico 010. A partir do número extraído no sorteo, asignaranse as prazas en cada obradoiro. Outorgaráselle ao maior número de persoas, cando menos, un obradoiro. Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros por persoa. INSCRICIÓN: Os días 12, 13 e 14 de setembro na conserxaría do Ágora, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Para formalizar a inscrición, será necesario aboar en efectivo o importe do obradoiro correspondente. As prazas adxudicadas só poderán ser ocupadas polas persoas agraciadas no sorteo. As prazas non aboadas durante estes días adxudicaránselles ás persoas en listaxe de agarda. LISTAXES DE AGARDA E PRAZAS VACANTES: As persoas en listaxes de agarda dun obradoiro terán preferencia en ocuparen as prazas non aboadas do dito obradoiro, que serán adxudicadas pola orde do sorteo. Terán preferencia aquelas persoas que non obtivesen ningunha praza. Os días 16 e 17 de setembro contactaremos vía telefónica só con aquelas persoas que estean nas listaxes de agarda para saber se continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran. Terán que formalizar a inscrición, pagándoa, os días 19 e 20 de setembro. A partir do 21 de setembro e despois deste proceso, o resto das prazas vacantes poderán ser ocupadas polo público en xeral, que deberá inscribirse e aboalas por orde de chegada, nos horarios indicados anteriormente. COTA DE INSCRICIÓN: 30 por obradoiro (maiores de 65 anos, 21 ) INICIO DOS OBRADOIROS: A partir do 26 de setembro, no día e hora que lle correspondan a cada obradoiro. Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes. Radio Ecca é unha fundación sen ánimo de lucro que realiza distintas actividades co obxectivo de elevar a formación cultural e humana do maior número de persoas posibles. Con esta misión sempre presente, propoñémonos ofrecerlles a mellor alternativa de lecer posible para os centros do Fórum e de Ágora. Grazas por formar parte deste proxecto!! 9 10

O PROGRAMA DE LECER DO OUTONO 2016 vén cargado de propostas innovadoras con actividades que impulsan a formación con accións culturalmente enriquecedoras utilizando a cidade e todolos recursos que esta nos ofrece. Busca, á súa vez, o incremento da demanda cultural e o coñecemento da oferta da cidade e promove convivencia e a sociabilidade das persoas participantes. Programa enfocado a persoas maiores de 16 anos, con excepción das actividades específicas para nenas/os e adolescentes. Lugar da Gramela 17, 15010 A Coruña - forumocio@coruna.es - Tel. 981 189 888