Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia A sinistralidade laboral en Galicia en cifras Abril de 2015

Documentos relacionados
Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2017 Abril de 2018

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016 Abril de 2017

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xuño Nº Var. Int. 17/16

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

VARIACIÓN MENSUAL DO PARO REXISTRADO EN GALICIA. AGOSTO

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Outubro Nº Var. Int. 18/17

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia O emprego en 2015: pouco, precario e sen dereitos Setembro de 2015

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. marzo 2010

PREVENCIÓN E SEGURIDADE NO SECTOR FORESTAL SINISTRALIDADE LABORAL NO SECTOR FORESTAL DE GALICIA E DA PROVINCIA DE LUGO

PREVENCIÓN E SEGURIDADE NO SECTOR FORESTAL

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia Sete anos negativos para o emprego que o 2015 non contribúe a paliar Febreiro de 2016

O CONTRATO DE TRABALLO

PARO REXISTRADO POR GRUPOS DE IDADE

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia 2014, un ano pésimo para o emprego en Galicia Febreiro de 2015

PRINCIPAIS INDICADORES DA MEDIACIÓN DE SEGUROS EN GALICIA EXERCICIO 2016

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia Dous anos de reforma laboral: menos emprego, máis paro, máis pobreza Xuño de 2014

Sinistralidade laboral GALICIA 2012

4.3. construcción. Galicia económica social memoria CES GALICIA. presente capítulo, adicado á construcción, está dividido en tres grandes

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia

Sinistralidade laboral Galicia 2009

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR. Memoria Área de Traballo

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

SECTORES FEMINIZADOS ANOS

statísticas en materia de economía social COOPERATIVAS SOCIEDADES LABORAIS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

O EMPREGO NO ÚLTIMO ANO

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

Sinistralidade laboral GALICIA 2014

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ano 2009

Indicadores da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia

poboación xitana en paro

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

CAMPA A RESGAL

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

iml informe mecado laboral introducción

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

Sinistralidade laboral. Informe de actuación e xestión issga GALICIA 2015

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

A nosa proposta de análise é estudia-los datos do ano 2001 integrados nun ciclo máis longo, para evita-los erros propios das análises conxunturais.

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Observatorio Ocupacional Instituto Galego das Cualificacións Dirección Xeral de Emprego e Formación Consellería de Traballo e Benestar Xunta de

Informe VIH-sida en Galicia: Diagnósticos de infección polo VIH: Casos de sida:

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

INFORME MULLER E MERCADO LABORAL EN GALIZA Natividade López Gromaz Gabinete Confederal de Economía

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

I XORNADAS GALEGAS DE CALIDADE E SEGURIDADE DO PACIENTE

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia As políticas de austeridade e a reforma laboral provocan un intolerable retroceso na igualdade Marzo de 2014

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

REDE EUSUMO. información e comunicación

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

Informe VIH-sida en Galicia 2016

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Plans e protocolos de empresa familiar

Elaborado polo Gabinete Económico e coordinado pola Secretaría de Emprego

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Plan Galego de Política Familiar

A poboación mundial 1. Cifras e distribución 2. Movemento natural 3. Contrastes demográficos 4. As migracións Carlos Díaz Diéguez - IES As Mariñas

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Estudo de inserción laboral dos titulados de FP que remataron estudos no curso

Estudo do Mercado Laboral Galicia 2013

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

PROPOSTAS PARA PARTICIPAR NO MARCO DA CAMPAÑA #COMPOSTELAENNEGRO. #EnNegroContraAsViolencias. #Galiciaennegro

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

CARACTERIZACIÓN DE SEIS ZONAS DE GALICIA CON DIFERENTE GRAO DE URBANIZACIÓN

DOCUMENTOS A PROBLEMÁTICA DA VIVENDA EN GALICIA

INTERVENCIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PRINCIPAIS INDICADORES DA ACTIVIDADE ECONÓMICO - FINANCEIRA 1º TRIMESTRE 2004

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

Transcrição:

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia A sinistralidade laboral en Galicia en cifras Abril de 2015 Elaboración: Secretaría de Saúde Laboral e Gabinete Económico

ÍNDICE 1. Presentación...5 2. Introdución...9 3. Accidentes con baixa en xornada laboral...9 3.1. Evolución por sexo...10 3.2. Evolución segundo a gravidade e o sexo...11 3.3. Evolución por sectores e sexo...12 3.4. Evolución por sectores de actividade e gravidade...14 3.5. Evolución por provincias...14 3.6. Evolución dos accidentes mortais en xornada laboral...15 3.7. Clasificación por comunidades autónomas...18 4. Accidentes de traballo in itinere...20 5. Enfermidades profesionais...22 6. Conclusións...25 7. Anexos...26

ÍNDICE ANEXO 7.1. Accidentes con baixa en xornada laboral por sectores de actividade e gravidade. Xaneiro-decembro 2013/2014...27 7.2. Evolución 2009-2014. Accidentes con baixa en xornada laboral e índices de incidencia por gravidade...28 7.3. Accidentes in itinere. Xaneiro-decembro 2013/2014...29 7.4. Accidentes mortais. Xaneiro-decembro 2013/2014...30 7.5. Accidentes en xornada de traballo mortais por sector de actividade e provincia. Xaneiro-decembro 2013/2014...30 7.6. Accidentes en xornada de traballo mortais por sexo do traballador/a e provincia. Xaneiro-decembro 2013/2014...30 7.7. Accidentes en xornada de traballo mortais por forma dos accidentes.32 Acumulado ano 2014...31 7.8. Accidentes con baixa en xornada laboral por sectores de actividade e gravidade. Xaneiro-febreiro 2014/2015...32 7.9. Accidentes de traballo con baixa in itinere por provincias. Xaneiro-febreiro 2014/2015...33 7.10. Accidentes laborais mortais acumulados ata febreiro de 2015 por sector de actividade en xornada laboral...33 7.11. Accidentes laborais mortais acumulados ata febreiro de 2015 por forma dos accidentes...34 7.12. Enfermidades profesionais por sectores de actividade e grupos. Ano 2014...35 7.13. Enfermidades profesionais por grupos e provincias con baixa. Ano 2014...36 7.14. Enfermidades profesionais por grupos e provincias sen baixa. Ano 2014...36

1. PRESENTACIÓN Vinte anos despois da publicación da Lei de prevención de riscos laborais (PRL), constatamos que gran parte dos seus obxectivos están aínda pendentes e nunha situación agravada polas consecuencias dunha longa crise socioeconómica que aproveita a caste neoliberal económica asentada nos órganos de poder. Esta caste logrou mudar a realidade sociolaboral do noso país: debilitou con reformas exprés e reais decretos o equilibrio patrón-traballador e minou profundamente as condicións de seguridade, saúde e dignidade das traballadoras e os traballadores, obrigados agora a primar a obtención dun salario por riba de calquera outra consideración. A teoría da austeridade máis radical e o proceso de desvalorización interna conduciron á perda de peso na negociación colectiva e facilitaron un proceso de individualización das relacións laborais e un mercado de traballo precario que ergue como bandeira a contratación temporal e a tempo parcial e unha alta rotación. Neste contexto, Galicia é hoxe máis pobre, máis desigual e menos saudable; só o ano pasado perdéronse máis de dous mil empregos na comunidade; desde que comezou a crise destruíronse máis de 216.000 postos de traballo. En saúde laboral, investir en prevención é sinónimo de investir en calidade: a saúde e a seguridade son compoñentes esenciais da calidade do traballo e teñen sido indicadores prioritarios nas estratexias adoptadas no ámbito da Comunidade Europea e, polo tanto, trasladadas e asimiladas no Estado español e nas comunidades autónomas. Porén, actualmente asistimos a un claro retroceso: abandónanse o apoio e o fomento das políticas públicas de saúde e prevención de riscos laborais. A primeira estratexia comunitaria posta en marcha entre os anos 2002 e 2006 foi froito da creación de espazos de consenso e negociación de ámbito tripartito, co obxectivo de paliar a tremenda lacra da sinistralidade laboral, que naquela altura adquiría no estado español niveis inaceptables. O pulo decidido ás políticas activas en materia de seguridade e saúde, plasmado nas diferentes estratexias, foi evolucionando nun proceso de mellora continua que, ata a terrible crise económica, era percibido por amplos sectores da sociedade. Actualmente o panorama é ben diferente. A recuperación económica e a saída da crise teñen un alto prezo, ao que se suma de novo o incremento da accidentabilidade laboral: traballadores e traballadoras que falecen no seu posto de 5

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras traballo, outros centos de miles que contraen enfermidades profesionais sen se lles recoñecer os dereitos asistenciais máis básicos, tanto médicos como económicos. É unha realidade incuestionable e escandalosa a crecente infradeclaración de enfermidades relacionadas co posto de traballo, cuestión que se mantén como un dos maiores retos no eido da prevención de riscos. Crise económica, condicións precarias na contratación, abuso empresarial e marcha atrás en políticas activas de loita contra a sinistralidade laboral son o caldo de cultivo propicio para o rebrote da sinistralidade laboral. Só en Galicia, entre os anos 2008 e 2015, diminúen en máis de oito millóns de euros (un 49 % menos) os recursos que a Xunta destina ao programa para a mellora dos sistemas de saúde e seguridade no traballo. No ano 2014 os accidentes en xornada de traballo aumentaron en Galicia un 3,79 % con respecto ao ano 2013. O dato máis grave é o incremento dos accidentes mortais: 59 en 2014. Canto aos accidentes in itinere e tendo en conta que moitos deles quedan na sombra ao ser contabilizados como simples accidentes de tráfico, tamén ofrecen datos alarmantes: 2755 accidentes, oito deles rexistrados como mortais. É inconcibible, ademais, que este ano sexamos a segunda comunidade autónoma en accidentes mortais, tanto en valores absolutos (57) como en índices de incidencia (7,56), só por detrás da comunidades autónomas de Andalucía e A Rioxa, respectivamente. Esta situación retrotráenos a épocas cunha sinistralidade que criamos superada grazas á concienciación de todos os axentes implicados no deseño e execución de políticas activas de prevención da sinistralidade laboral. No que respecta ás enfermidades profesionais, mantéñense como a gran materia pendente da saúde laboral. No ano 2014 rexistráronse un total de 1124 enfermidades profesionais, que supoñen un incremento do 11,95 % en relación co ano 2013; delas, unicamente 588 foron enfermidades que causaron baixa. Porén, pese a este incremento, o subrexistro de enfermidades segue sendo alarmante. O que non se rexistra nin existe nin se pode previr. A aprobación do Real decreto 625/2014 sobre incapacidade temporal (un verdadeiro ataque frontal á clase traballadora e modificado nos seus aspectos más lesivos grazas á actitude contundente e decidida das organizacións sindicais) e a nova lei de mutuas que modifica a lei de seguridade social en relación co réxime xurídico das antigas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, introducen significativos cambios lexislativos (moitos deles pendentes de desenvolvementos posteriores) que afectan directamente ás contraprestacións e dereitos dos traballadores e traballadoras e, ademais, colocan 6

estas entidades no mesmo nivel da Seguridade Social e inspeccións médicas do servizo público de saúde. Doutra banda, coa nova Lei de mutuas do Goberno estase encubrindo unha privatización do sistema nacional de saúde do noso país. Neste sentido, o grande afectado pola situación actual e que ten e terá gran repercusión na saúde das persoas traballadoras, é o sector dos servizos de prevención. A nova Lei de mutuas Lei 35/2014 establece a prohibición de que as mutuas manteñan a súa participación nas sociedades de prevención; obrígaas a presentar un proxecto de venda antes de xuño do 2015 e a liquidalas se non se atopou un «comprador adecuado». Es dicir, ordena poñer á venda ao mesmo tempo todas as sociedades de prevención, o que as obriga a intentar posicionarse nun mercado á baixa. Hai que salientar, ademais, que este proceso debería estar intervido pola Seguridade Social e a Auditoría Xeral do Estado, algo que non sucede. O sindicatos consideramos imprescindible apostar por un servizo de calidade para que a prevención non se deteriore máis; por iso, desde que se presentou o Anteproxecto de lei de reforma do sistema de seguridade social, vimos denunciando que encobre unha privatización do sistema sanitario. Estas leis establecen as pautas necesarias para conseguir, pola porta de atrás e ás caladas, que o sistema público de saúde pase a mans privadas. Neste punto cómpre lembrar que os servizos e sociedades de prevención teñen como función principal exercer a vixilancia da saúde das traballadoras e traballadores e desenvolver actuacións relacionadas coas planificacións preventivas. En Galicia, o goberno da Xunta segue a mesma dinámica e recorta os orzamentos para a prevención nas empresas, facilita modificacións das normas lexislativas para facelas máis laxas e que as empresas non teñan tantas trabas administrativas nin tantos controis por parte das autoridades laborais e debilita premeditadamente os propios organismos autónomos encargados de velar pola seguridade e a saúde, permitindo, de paso, un maior control político destes. Á luz destes cambios, o labor dos sindicatos cobra cada vez máis relevancia na denuncia e defensa dos dereitos da clase traballadora. Cómpre frear e reverter esta situación xa, e debemos transmitir unha mensaxe clara e contundente á sociedade civil: talvez esteamos saíndo da crise e comezando a recuperación económica, pero os dereitos que como xente traballadora e como cidadanía estamos perdendo en todos os niveis dificilmente volveremos alcanzalos a curto ou medio prazo, como no freemos entre todos esta deriva cara a unha sociedade totalmente privatizada. 7

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras Para finalizar, baixo o lema «os recortes atentan contra a democracia e a saúde no traballo», este ano os sindicatos propoñemos un decálogo de medidas prioritarias e urxentes en materia de prevención de riscos laborais: Ningún traballador nin traballadora sen protección Prioridade dos accidentes de traballo Avanzar na detección de enfermidades profesionais Garantir a equidade, erradicando desigualdades sociais determinantes para a saúde Independencia e calidade dos servizos de prevención Vixilancia da saúde das traballadoras e traballadores Reforzo dos organismos técnicos das Administracións Potenciación da Inspección de Traballo Transformación do modelo de mutuas Impulso á democratización nas relacións laborais Ascensión ESTEBAN CEBALLOS Secretaría de Saúde Laboral Sindicato Nacional CC OO de Galicia 8

2. INTRODUCIÓN Neste informe recompílanse os seguintes datos da sinistralidade laboral e das enfermidades profesionais en Galicia: os accidentes con baixa en xornada laboral, os accidentes in itinere e os partes comunicados das enfermidades profesionais. O período de estudo céntrase, fundamentalmente, no ano 2014 e compárase co mesmo período do ano anterior. Os datos tíranse das seguintes fontes: A información estatística da sinistralidade laboral e enfermidades profesionais do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA). As estatísticas do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, para comparar a sinistralidade laboral e as enfermidades profesionais por comunidades autónomas. Ao final do informe inclúese un anexo con cadros extraídos da páxina web do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), que desagregan bastante polo miúdo os datos de sinistralidade laboral e enfermidades profesionais para Galicia. Poden consultarse na seguinte ligazón: http://issga.xunta.es/portal/contido/observatorio/index.html. Entre a información dispoñible no citado anexo, inclúese tamén o avance dos datos de sinistralidade laboral ata febreiro de 2015 e a súa comparación co mesmo período do ano anterior. 3. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL Os datos que publica o ISSGA reflicten que no 2014 se incrementaron os accidentes con baixa en xornada laboral, tanto en termos absolutos como relativos (índice de incidencia), o que confirma a deterioración das condicións de traballo e da prevención de riscos laborais. Así pois, o número total de accidentes de traballo con baixa en xornada laboral no 2014 aumentou un 3,79 % en relación co ano anterior, rompendo a tendencia de descenso iniciada no 2008. Pola súa parte, o «índice de incidencia» (cociente entre o número de accidentes en xornada de traballo con baixa e o número de traballadores/as coas continxencias profesionais cuberta por cada 100.000 traballadores/as) incrementouse un 3,58 %. 9

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras Cadro n.º 1. ACCIDENTES EN XORNADA LABORAL E ÍNDICE DE INCIDENCIA ACCIDENTES DE TRABALLO POBOACIÓN AFILIADA ÍNDICE DE INCIDENCIA 2007 51.843 875.799 5.919,51 2008 50.363 869.274 5.793,69 2009 39.499 828.173 4.769,41 2010 36.912 807.466 4.571,34 2011 31.141 788.712 3.948,34 2012 23.657 750.783 3.150,98 2013 22.366 752.336 2.972,87 2014 23.214 753.836 3.079,45 FONTE: Elaboración propia a partir de datos do ISSGA 3.1. Evolución por sexo No ano 2014 rexistráronse 23.214 accidentes de traballo con baixa en xornada laboral: o 70 % sufríronos homes (16.200 accidentes) e o 30 % restante, mulleres (7.014 accidentes). Son 848 accidentes máis que no 2013: 466 nos homes e 382 nas mulleres. En proporción, as máis prexudicadas son as mulleres cun incremento do 5,76 % fronte ao 2,96 % dos homes. 25.000 22.366 23.214 20.000 15.000 15.734 16.200 2013 2014 10.000 6.632 7.014 5.000 0 Homes Mulleres Total Canto aos índices de sinistralidade por sexo, aos homes afectoulles en 4.295,65 accidentes por cen mil traballadores e as mulleres en 1.861,91 accidentes por cen mil traballadoras. En comparación co ano 2013, ese índice de incidencia sobe un 5,07 % nas mulleres e un 3,22 % nos homes. 10

3..2 Evolución segundo a gravidade e o sexo A distribución dos accidentes de traballo con baixa en xornada laboral no ano 2014 segundo a gravidade é a seguinte: 22.726 leves (o 97,90 % do total), 429 graves (o 1,85 %) e 59 mortais (0,25 %). En comparación co ano 2013 aumentan todos os tipos de accidentes pero, en proporción, os que máis soben son os mortais: 12 accidentes mortais máis (+ 25,53 %), 825 leves máis (+ 3,77 %) e 11 graves máis (+ 2,63 %). O aumento do índice de incidencia foi do 25,28 % nos mortais, do 3,56 % nos leves e do 2,43 % nos graves. 25.000 21.901 22.726 20.000 2013 15.000 2014 10.000 5.000 0 418 429 47 59 Leves Graves Mortais Nos homes notificáronse 466 accidentes máis que no 2013: 15 mortais; 29 graves e 422 leves. Nas mulleres soben os accidentes leves (403 máis) pero baixan os mortais (3 menos) e os graves (18 menos). Cadro n.º 2. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR GRAVIDADE E SEXO ANO 2013 ANO 2014 HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL Leves 15.369 6.532 21.901 15.791 6.935 22.726 Graves 323 95 418 352 77 429 Mortais 42 5 47 57 2 59 Total 15.734 6.632 22.366 16.200 7.014 23.214 FONTE: Elaboración propia a partir de datos do ISSGA 11

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras 3.3. Evolución por sectores e sexo A maior parte dos accidentes con baixa en xornada laboral ocorren no sector dos servizos; é lóxico porque tamén é o que xunta máis ocupados e ocupadas. Así pois, no ano 2014 rexistráronse 11.482 accidentes nos servizos (o 49 % do total de accidentes), 6.381 na industria (o 27 % do total), 2.943 na construción (o 13 % do total), 1.211 na agricultura (o 5 % do total) e 1.197 na pesca (o 5 % do total). 1.211 1.197 11.482 6.381 Agricultura Pesca Industria Construción Servizos 2.943 O aumento dos accidentes en xornada laboral dáse nos servizos, na construción e na pesca. Só baixan na agricultura (3 accidentes menos ca no 2013, descenden o 0,25 %) e na industria (10 menos, un descenso do 0,16 %). O dos servizos é o sector en que máis soben os accidentes: 638 máis con baixa en xornada laboral, un incremento do 5,88 %. A seguir, na construción déronse 159 accidentes máis (+ 5,71 %) e na pesca producíronse 64 máis (+ 5,65 %). Expresado en termos relativos, o índice de incidencia sobe en todos os sectores de actividade. No 2014, o índice máis alto prodúcese na pesca con 6.212,05 accidentes por cen mil traballadores (o que supón un incremento do 8,24 % en relación co do 2013). A seguir, a construción ten un índice do 6.056,55 (+ 7,67 %); a industria cun 5.377,59 (+ 1,80 %), a agricultura co 3.545,39 (+ 2,31 %) e, por último, os servizos co 2.153,58 (+ 4,68 %). 12

12.000 10.844 11.482 10.000 8.000 6.000 6.391 6.381 2013 2014 4.000 2.784 2.943 2.000 1.214 1.211 1.133 1.197 0 Agricultura Pesca Industria Construción Servizos Nas mulleres prodúcense máis accidentes en todos os sectores, agás na agricultura (40 menos ca no 2013): 5 máis na construción, 155 na industria, 12 na pesca e 250 nos servizos. Os accidentes das mulleres encádranse mormente nos servizos: no 2014 rexistráronse 5.331 accidentes, que supoñen o 76 % sobre o total dos accidentes nas mulleres. No caso dos homes, baixan na industria (165 menos ca no 2013) e aumentan nos restantes sectores: 388 máis nos servizos, 154 construción, 52 na pesca e 37 na agricultura. A distribución dos accidentes nos homes por sectores é a seguinte no ano 2014: 6.151 accidentes nos servizos (o 38 % do total de accidentes nos homes), 5.144 na industria (o 32 % do total), 2.918 na construción (o 18 %), 1.070 na pesca (o 7 %) e 917 na agricultura (o 6 % do total). Cadro n.º 3. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES E SEXO ANO 2013 ANO 2014 HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL Agricultura 880 334 1.214 917 294 1.211 Pesca 1.018 115 1.133 1.070 127 1.197 Industria 5.309 1.082 6.391 5.144 1.237 6.381 Construción 2.764 20 2.784 2.918 25 2.943 Servizos 5.763 5.081 10.844 6.151 5.331 11.482 Total 15.734 6.632 22.366 16.200 7.014 23.214 FONTE: Elaboración propia a partir de datos do ISSGA 13

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras 3.4. Evolución por sectores de actividade e gravidade O incremento dos accidentes mortais no ano 2014 dáse nos sectores da pesca (13 máis) e a industria (4 máis). Os graves soben na construción (27 máis) e os leves, na agricultura (3 máis), na pesca (54 máis), na construción (133 máis) e nos servizos (643 máis). Cadro n.º 4. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES E GRAVIDADE ANO 2013 ANO 2014 LEVES GRAVES MORTAIS TOTAIS LEVES GRAVES MORTAIS TOTAIS Agricultura 1.142 68 4 1.214 1.145 62 4 1.211 Pesca 1.068 58 7 1.133 1.122 55 20 1.197 Industria 6.297 88 6 6.391 6.289 82 10 6.381 Construción 2.717 57 10 2.784 2.850 84 9 2.943 Servizos 10.677 147 20 10.844 11.320 146 16 11.482 Total 21.901 418 47 22.366 22.726 429 59 23.214 FONTE: Elaboración propia a partir de datos do ISSGA Na táboa 5 desagrégase o índice de incidencia por sectores e gravidade para os anos 2013 e 2014. Como xa se dixo, o índice de incidencia sobe en todos os sectores de actividade: un 8,24 % na pesca, un 7,67 % na construción, un 4,68 % nos servizos, un 2,31 % na agricultura e o 1,80 % na industria. O índice de incidencia aumenta nos tres graos de gravidade e de xeito significativo nos mortais (un 25,28 %). Cadro n.º 5. ÍNDICE DE INCIDENCIA DOS ACCIDENTES CON BAIXA POR SECTORES E GRAVIDADE ANO 2013 ANO 2014 LEVES GRAVES MORTAIS TOTAIS LEVES GRAVES MORTAIS TOTAIS Agricultura 3.259,97 194,11 11,42 3.465,50 3.352,17 181,51 11,71 3.545,39 Pesca 5.410,06 293,80 35,46 5.739,32 5.822,82 285,43 103,79 6.212,05 Industria 5.204,56 72,73 4,96 5.282,25 5.300,06 69,11 8,43 5.377,59 Construción 5.489,67 115,17 20,20 5.625,04 5.865,16 172,87 18,52 6.056,55 Servizos 2.025,68 27,89 3,79 2.057,37 2.123,19 27,38 3,00 2.153,58 Total 2.911,07 55,56 6,25 2.972,87 3.014,71 56,91 7,83 3.079,45 FONTE: Elaboración propia a partir de datos do ISSGA 3.5. Evolución por provincias Por provincias, A Coruña rexistra o maior número de accidentes con baixa en xornada laboral, cun total de 10.804 no 2014, o 47 % aproximadamente do total dos rexistrados. Séguena Pontevedra con 7.245 (ao redor do 31 %), Lugo con 2.641 e, por último, Ourense con 2.524. 14

En comparación co ano 2013, os accidentes só baixan na provincia de Pontevedra, con 259 menos ( 3,45 %). Pola contra, soben na provincia de Lugo (270 máis, + 11,39 %), na da Coruña (764 máis, + 7,61 %) e na de Ourense (73 máis, + 2,98 %). Cadro n.º 6. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR PROVINCIAS ANO 2013 ANO 2014 ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA A Coruña 10.040 3.082,66 10.804 3.306,58 Lugo 2.371 2.588,88 2.641 2.882,06 Ourense 2.451 3.176,35 2.524 3.273,16 Pontevedra 7.504 2.909,73 7.245 2.804,39 Galicia 22.366 2.972,87 23.214 3.079,45 FONTE: Elaboración propia a partir de datos do ISSGA 12.000 10.000 10.040 10.804 8.000 7.504 7.245 6.000 2013 4.000 2.371 2.641 2.451 2.524 2014 2.000 0 A Coruña Lugo Ourense Pontevedra 3.6. Evolución dos accidentes mortais en xornada laboral No ano 2014 morreron 59 persoas en accidentes en xornada laboral; son 12 persoas máis que no 2013. Os accidentes mortais aumentan nos homes e diminúen nas mulleres: 15 accidentes mortais máis nos homes fronte a 3 menos nas mulleres. 15

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras 60 50 42 57 47 59 40 30 2013 2014 20 10 5 2 0 Homes Mulleres Total Por tipo de contrato, o 34 % das persoas que faleceron por accidente de traballo en xornada laboral no 2014 tiñan un contrato temporal: morreron 20 persoas con este tipo de contrato (fronte a 19 no 2013). 40 36 35 30 25 20 15 24 19 20 2013 2014 10 5 4 3 0 Indefinido Temporal Autónomos O incremento dos accidentes mortais no 2014 dáse en traballadores/as que levaban máis de tres anos no seu posto de traballo (13 accidentes máis, + 72,22 %) e, sobre todo, nas que levaban entre tres e seis meses (5 mortes máis, + 166,67 %). 16

35 31 30 25 20 18 15 10 11 10 8 10 8 2013 2014 5 3 5 2 0 <3 meses 3-6 meses 6-12 meses 1-3 anos >3 anos Atendendo á idade, os accidentes mortais no 2014 soben de xeito acusado nas persoas máis novas: un 200 % en persoas de entre 20 e 24 anos, o 100 % en persoas entre 25 e 34 anos e o 64,71 % en persoas entre 45 e 54 anos. Cadro n.º 7 ACCIDENTES MORTAIS POR IDADE DO TRABALLADOR/A 2013 2014 VARIACIÓN ABSOLUTA 16-19 anos 0 0 0 20-24 anos 1 3 2 25-34 anos 4 8 4 35-44 anos 12 8 4 45-54 anos 17 28 11 55-65 anos 12 12 0 >65 anos 1 0 1 Total 47 59 12 FONTE: Elaboración propia a partir de datos do ISSGA Por provincias, os accidentes mortais soben en Pontevedra (6 mortes máis), na Coruña (7 máis) e en Lugo (1 máis). E, por sectores, increméntanse na pesca (13 máis ca no 2013) e na industria (4 máis). 17

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras 25 24 22 20 17 16 15 10 8 9 6 4 2013 2014 5 0 A Coruña Lugo Ourense Pontevedra 20 18 16 14 12 10 8 6 4 2 0 20 20 16 10 10 9 7 6 4 4 Agricultura Pesca Industria Construción Servizos 2013 2014 No 2014, a forma máis frecuente dos accidentes mortais foron os infartos e outras patoloxías non traumáticas: 15 accidentes, o 25 % do total de accidentes mortais; a seguir están os afogamentos e sepultamentos con 14 accidentes (o 24 % do total); os choques ou golpes contra obxectos en movemento, 10 accidentes; e os esmagamentos por atrapamentos e amputacións, 9 accidentes. En comparación co 2013, é destacable o incremento das mortes por afogamentos e sepultamentos: soben un 600 % (2 accidentes no 2013 fronte a 14 no 2014). 3.7. Clasificación por comunidades autónomas Na clasificación por comunidades autónomas, e utilizando os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Galicia é a sexta con máis accidentes con baixa en xornada laboral; só está por detrás de Cataluña, Andalucía, Madrid, Comunidade Valenciana e País Vasco. 18

Na distribución dos índices de incidencia por comunidades autónomas, Galicia ocupa o décimo segundo lugar con 3.001,6 accidentes con baixa en xornada laboral por cada cen mil traballadores/as. O maior índice dáse en Baleares con 4.331,2 e o menor en Madrid con 2.568,9. Cadro n.º 8. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR CC AA. ATA DECEMBRO DE 2014 CC. AA. ÍND. DE INCIDENCIA Baleares 4.331,2 Castela-A Mancha 3.654,9 Asturias 3.647,4 Canarias 3.574,2 Ceuta 3.442,2 Andalucía 3.425,5 Estremadura 3.387,2 País Vasco 3.174,2 Murcia 3.077,7 Total 3.058,2 Navarra 3.050,8 A Rioxa 3.040,2 Galicia 3.001,6 Cataluña 2.987,3 Melilla 2.933,7 Castela e León 2.922,3 Cantabria 2.818,5 Aragón 2.713,4 Valencia 2.708,7 Madrid 2.568,9 CC. AA. ACC. DE TRABALLO Cataluña 73.797 Andalucía 69.916 Madrid 61.705 Valencia 35.321 País Vasco 22.773 Galicia 22.636 Canarias 20.949 Castela e León 19.731 Castela-A Mancha 18.018 Baleares 14.677 Murcia 12.488 Aragón 11.157 Asturias 10.327 Estremadura 8.886 Navarra 6.453 Cantabria 4.596 A Rioxa 2.856 Ceuta 597 Melilla 494 Total 417.377 FONTE: Elaboración propia a partir de datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. NOTA: Inclúense só os accidentes que causaron baixa no período de referencia (xaneiro-decembro 2014) O índice de incidencia total dos accidentes en xornada laboral con baixa rexistrado en Galicia está algo por debaixo da media estatal. Porén, o índice dos accidentes mortais está moi por riba desa media. No tocante aos accidentes mortais en xornada, Galicia rexistrou un índice de incidencia de 7,56 accidentes mortais por cada cen mil traballadores/as, mentres que a proporción acadada no conxunto do estado foi do 3,33. Na clasificación por comunidades autónomas, Galicia presenta o segundo índice máis elevado, só está por detrás da Rioxa. En número de accidentes mortais, Galicia tamén é a segunda comunidade autónoma con maior número, despois de Andalucía que é a comunidade autónoma con máis accidentes mortais (74 no 2014). 19

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras Cadro n.º 9. ACCIDENTES MORTAIS E ÍNDICE DE INCIDENCIA CC. AA. ÍND. DE INCIDENCIA A Rioxa 9,58 Galicia 7,56 Ceuta 5,77 Navarra 5,67 Estremadura 5,34 Asturias 4,94 Cantabria 4,91 Castela e León 4,74 Canarias 3,75 Murcia 3,70 Andalucía 3,62 Total 3,33 País Vasco 3,21 Aragón 3,16 C. Valenciana 3,14 Catela-A Mancha 3,04 Cataluña 2,15 C. de Madrid 2,04 Baleares 0,59 Melilla CC. AA. ACC. DE TRABALLO Andalucía 74 Galicia 57 Cataluña 53 C. de Madrid 49 C. Valenciana 41 Castela e León 32 País Vasco 23 Canarias 22 Castela-A Mancha 15 Murcia 15 Estremadura 14 Asturias 14 Aragón 13 Navarra 12 A Rioxa 9 Cantabria 8 Baleares 2 Ceuta 1 Melilla Total 454 FONTE: Elaboración propia a partir de datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. NOTA: Inclúense só os accidentes que causaron baixa no período de referencia (xaneiro-decembro 2014) 4. ACCIDENTES DE TRABALLO IN ITINERE No ano 2014 rexistráronse un total de 2.755 accidentes in itinere: 1.670 nas mulleres (o 61 % do total) e 1.085 nos homes. En comparación co ano 2013, este tipo de accidentes baixa un 2,24 % pero a evolución por sexos é diferente: nas mulleres soben o 0,12 % e nos homes baixan o 5,65 %. Expresado en valores absolutos e en comparación co ano 2013, son 2 accidentes máis in itinere nas mulleres e 65 menos nos homes. Daquela, as mulleres tamén son as máis prexudicadas neste tipo de accidentes. 20

3.000 2.818 2.755 2.500 2.000 1.668 1.670 1.500 1.000 1.150 1.085 2013 2014 500 0 Homes Mulleres Total Atendendo á gravidade, no 2014 baixaron os accidentes leves (81 menos, 2,95 %) pero soben os graves (+ 20 %) e, sobre todo, os mortais (+ 166,67 %). Expresado en cifras absolutas rexístranse 13 graves máis (9 nos homes e 4 nas mulleres) e 5 mortais máis (1 nos homes e 4 nas mulleres). Cadro n.º 10. ACCIDENTES DE TRABALLO IN ITINERE POR SEXO E GRAVIDADE ANO 2013 ANO 2014 HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL Leves 1.114 1.636 2.750 1.039 1.630 2.669 Graves 34 31 65 43 35 78 Mortais 2 1 3 3 5 8 Total 1.150 1.668 2.818 1.085 1.670 2.755 FONTE: Elaboración propia a partir de datos do ISSGA No ano 2014, os accidentes in itinere soben na provincia de Ourense (18 accidentes máis, un 8,37 %) e na da Coruña (32 máis, un 2,59 %). Nas outras provincias, baixan. 1.400 1.200 1.000 800 600 400 200 0 1.267 1.235 1.125 1.016 243 239 215 233 A Coruña Lugo Ourense Pontevedra 2013 2014 21

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras Os accidentes mortais in itinere aumentaron na provincia da Coruña (3 máis), na de Lugo (1 máis) e na de Pontevedra (1 máis). En Ourense non houbo accidentes mortais in itinere no 2014 nin no 2013. 5. ENFERMIDADES PROFESIONAIS No ano 2014 declaráronse 1.124 enfermidades profesionais en Galicia, e delas, só 588 con baixa (o 52 % do total). En comparación co 2013 recoñecéronse 120 enfermidades profesionais máis (un incremento do 11,95 %): 67 partes con baixa (+ 12,86 %) e 53 sen baixa (+ 10,97 %). 1200 1.124 1000 1.004 800 600 400 521 588 483 536 2013 2014 200 0 Con baixa Sen baixa Total En comparación co ano 2013, as declaracións de enfermidades profesionais incrementáronse máis nas mulleres ca nos homes: 67 máis nas mulleres fronte a 53 máis homes. No 2014, hai máis partes comunicados de enfermidades profesionais nas mulleres ca nos homes: 570 (o 51 % sobre o total de partes comunicados) fronte a 554, respectivamente. Non obstante, a distribución por sector e sexo é moi desemellante: no sector dos servizos, as enfermidades profesionais declaradas padécenas mormente as mulleres, nos restantes sectores, os homes. 600 554 570 500 400 325 387 300 200 100 0 174 119 79 22 9 6 1 2 Agricultura Pesca Industria Construción Servizos Total Homes Mulleres 22

Por grupos de enfermidades profesionais, no II, causadas por axentes físicos, rexístranse un total de 842: 404 en homes e 438 en mulleres. É o grupo con maior número de casos: o 75 % do total de partes comunicados no 2014. Ségueo de lonxe o grupo IV, que recolle as enfermidades profesionais causadas por inhalación de substancias e axentes non comprendidos noutros apartados: rexístranse un total de 105 casos, e a maioría son homes (87 homes e 18 mulleres). O grupo V enfermidades profesionais da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos nalgún dos outros apartados contabiliza un total de 77 partes comunicados e son na súa maioría de mulleres: 24 homes e 53 mulleres. O grupo III, que engloba as enfermidades causadas por axentes biolóxicos, rexistra 68 casos, principalmente mulleres: 14 homes e 54 mulleres. Do grupo I, enfermidades profesionais causadas por axentes químicos, rexístranse un total de 30 partes: 23 homes e 7 mulleres. Polo tanto, o 77 % das declaracións de enfermidades profesionais neste grupo corresponden aos homes. Finalmente, o grupo VI aglutina todas as enfermidades profesionais causadas por axentes carcinóxenos. No 2014, este grupo rexistra dous casos en homes e son sen baixa (un parte está encadrado no sector da agricultura e o outro na construción). 450 400 350 300 250 200 150 100 50 0 438 404 87 54 53 23 14 7 18 24 2 0 Grupo I Grupo II Grupo III Grupo IV Grupo V Grupo VI Homes Mulleres Segundo a distribución das enfermidades profesionais por provincias, Pontevedra e A Coruña son as que máis rexistran en concordancia tamén co seu maior volume de emprego, e a seguir, Ourense e Lugo. A repartición no 2014 é a seguinte: 629 partes comunicados en Pontevedra, 287 na Coruña, 140 en Ourense e, por último, 68 en Lugo. En comparación co ano 2013, os partes de enfermidades profesionais aumentaron nas catro provincias galegas: 57 máis na Coruña, 3 en Lugo, 13 en Ourense e 47 en Pontevedra. 23

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras 700 600 500 582 629 400 300 200 100 230 287 65 68 127 140 2013 2014 0 A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Na clasificación do número de partes comunicados por comunidades autónomas, Galicia ocupa a sexta posición no ano 2014. A seguinte táboa amosa a distribución das enfermidades profesionais por grupo de enfermidade e comunidade autónoma. Cadro n.º 11. NÚMERO DE PARTES COMUNICADOS DISTRIBUÍDOS POR GRUPO DE ENFERMIDADE E CC. AA. 2014 GRUPO I GRUPO II GRUPO III GRUPO IV GRUPO V GRUPO VI TOTAL Cataluña 132 2.704 99 97 215 4 3.251 País Vasco 55 2.189 102 81 85 13 2.525 Valencia 32 2.091 36 66 68 5 2.298 Madrid 38 907 359 55 96 2 1.457 Navarra 21 1.255 3 33 72 1 1.385 Galicia 30 842 68 105 77 2 1.124 Aragón 25 809 7 27 62 3 933 Andalucía 48 563 70 56 66 3 806 Castela e León 19 575 48 48 34 3 727 Murcia 11 454 11 9 26 1 512 Castela-A Mancha 26 317 28 33 32 2 438 Baleares 5 343 43 17 22 430 Canarias 14 310 22 21 46 413 Asturias 18 253 13 22 33 10 349 A Rioxa 6 260 6 14 13 299 Cantabria 5 258 7 10 14 294 Estremadura 3 102 17 15 4 141 Ceuta e Melilla 6 2 8 Total 488 14.238 939 709 967 49 17.390 FONTE: Elaboración propia a partir de datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social Nota: Grupo I: EE. PP. causadas por axentes químicos Grupo II: EE. PP. causadas por axentes físicos Grupo III. EE. PP. causadas por axentes biolóxicos Grupo IV: EE. PP. causadas por inhalación de substancias e axentes non comprendidos noutros apartados Grupo V: EE.PP. da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos nalgún dos outros apartados. Grupo VI: EE. PP. causadas por axentes carcinóxenos. 24

6. CONCLUSIÓNS No 2014 muda a tendencia de descenso dos accidentes con baixa en xornada laboral iniciada no ano 2008. O ano pasado producíronse 848 accidentes máis deste tipo ca no ano 2013: 382 nas mulleres (aumentan un 5,76 %) e 466 nos homes (soben un 2,96 %). O índice de incidencia ofrece datos máis precisos ca a simple comparación de cifras absolutas de accidentes e confirma a deterioración das condicións de traballo e da prevención de riscos laborais. Por sectores, o índice de incidencia aumenta un 8,24 % na pesca, un 7,67 % na construción, un 4,68 % nos servizos, un 2,31 % na agricultura e un 1,80 % na industria. No que atinxe á gravidade dos accidentes, aumentan todos os tipos pero máis, en proporción, os mortais: no ano 2014 houbo 59 accidentes mortais en xornada laboral, 12 máis ca no 2013. A situación foi especialmente tráxica na pesca, sector no que perderon a vida 20 homes (no 2013 faleceron seis homes e unha muller). En proporción, incrementáronse moito os accidentes mortais en xornada de traballo nas persoas novas e nas que tiñan pouca antigüidade no seu posto de traballo: un 200 % nas persoas entre 20 e 24 anos e un 166,67 % nas que levaban entre tres e seis meses no seu posto. Tamén merece especial mención a incidencia destes accidentes entre as persoas cun contrato temporal: das 59 que perderon a vida en xornada de traballo, 20 tiñan este tipo de contrato. A gravidade da situación apréciase na súa verdadeira dimensión cando nos comparamos coas restantes comunidades autónomas: Galicia é a segunda comunidade que rexistra máis accidentes mortais, tanto en cifras absolutas como relativas (índice de incidencia). O descenso dos accidentes in itinere só se notou nos leves porque os graves aumentan un 20 % e os mortais, un 166,67 %. As mulleres tamén son as máis prexudicadas neste tipo de accidentes xa que se rexistran 2 accidentes máis ca no 2013 fronte a 65 menos nos homes. Segue sendo preocupante a infradeclaración de enfermidades profesionais. No 2014 declaráronse 1.124 enfermidades profesionais en Galicia (570 en mulleres e 554 en homes) pero desas só 588 causaron baixa. Nos casos de enfermidades profesionais causadas por axentes carcinóxenos (grupo VI) chama a atención que o ano pasado só se recoñeceran dous casos en homes e sen baixa (un parte está encadrado no sector da agricultura e o outro na construción). 25

7. ANEXOS 26

7.1. Accidentes con baixa en xornada laboral por sectores de actividade e gravidade. Xaneiro-decembro 2013/2014 27

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras 7.2. Evolución 2009-2014. Accidentes con baixa en xornada laboral e índices de incidencia por gravidade 28

7.3. Accidentes in itinere. Xaneiro-decembro 2013/2014 29

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras 7.4. Accidentes mortais. Xaneiro-decembro 2013/2014 7.5. Accidentes en xornada de traballo mortais por sector de actividade e provincia. Xaneiro-decembro 2013/2014 7.6. Accidentes en xornada de traballo mortais por sexo do traballador/a e provincia. Xaneiro-decembro 2013/2014 30

7.7. Accidentes en xornada de traballo mortais por forma dos accidentes. Acumulado ano 2014 31

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras 7.8. Accidentes con baixa en xornada laboral por sectores de actividade e gravidade. Xaneiro-febreiro 2014/2015 32

7.9. Accidentes de traballo con baixa in itinere por provincias. Xaneiro-febreiro 2014/2015 7.10. Accidentes laborais mortais acumulados ata febreiro de 2015 por sector de actividade en xornada laboral 33

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras 7.11. Accidentes laborais mortais acumulados ata febreiro de 2015 por forma de accidentes 34

7.12. Enfermidades profesionais por sectores de actividade e grupos. Ano 2014 35

A sinistralidade laboral en Galicia en cifras 7.13. Enfermidades profesionais por grupos e provincias con baixa. Ano 2014 7.14. Enfermidades profesionais por grupos e provincias sen baixa. Ano 2014 36

37