A POBRA DO CARAMIÑAL 0

Documentos relacionados
A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Planificación do curso escolar

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Política e Obxectivos de Calidade

PROGRAMACIÓN DE AULA 4º EDUCACIÓN INFANTIL CEIP ISAAC PERAL

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

1.- Organización da Escola de Primavera:

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

O CONTRATO DE TRABALLO

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

Escala técnica superior

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PIALE Integración en lingua portuguesa

PROXECTO IMPLANTACIÓN XORNADA ÚNICA

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

PLAN TIC IES Chapela (PE)

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

CPR PLURILINGÜE ANDAINA REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

NORMAS DE ORGANIZACIÓN e FUNCIONAMENTO

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

[PROGRAMACIÓN ANUAL ]

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

IES CANIDO INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO

REDE EUSUMO. información e comunicación

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Estudo de caso da Galiza: Programa PROA e Plan PROXECTA

- Língua Portuguesa na Galiza

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

As persoas que presentan estes trastornos manifestan, en maior ou menor medida, as seguintes características:

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2

Plans e protocolos de empresa familiar

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO CEIP PLURILINGÜE DE PALMEIRA ANO 2016

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

PROGRAMACIÓN SEGUNDO CICLO EDUCACIÓN INFANTIL

PROXECTO EDUCATIVO DA ESCOLA INFANTIL

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

MEMORIA ANO 2013 SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

Rede CeMIT Carta de Servizos. Santiago de Compostela, 4 de marzo 2011

Guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

Transcrição:

A POBRA DO CARAMIÑAL 0

INDICE Pax. 0.-INTRODUCCIÓN.. 2 1.- QUEN SOMOS?... 3 2.- COMO SOMOS?... 4 2.1.- O CONTORNO...4 2.2.- OS DISCENTES... 7 2.3.- OS DOCENTES. 8 3.- COMO NOS ORGANIZAMOS?... 10 4.- QUE PRETENDEMOS?... 13 4.1.- AS BASES.. 13 4.2.-AS NOSAS METAS...13 5.- COMO O FACEMOS?... 14 CONCRECION CURRICULAR 5.1.- OBXECTIVOS DO PROCESO DE ENSINANZA. 14 5.2.- OBXECTIVOS, CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN.. 14 5.3.-AS COMPETENCIAS BÁSICAS NO CURRÍCULO DE EDUCACIÓN INFANTIL. 30 5-4.- METODOLOXÍA... 34 5.5.- AGRUPAMENTOS 40 5.6.- RECURSOS DIDÁCTICOS. 44 5.7.- PARTICIPACIÓN, COLABORACION E IMPLICACIÓN FAMILIAR 6.-OUTROS PLANS E PROXECTOS.. 6.1.- PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE... 6.2.- PLAN DE CONVIVENCIA.. 6.3.- PROXECTO LINGÜÍSTICO 6.4.- PROXECTO LECTOR.. 6.5.- PROXECTO DE INTEGRACIÓN DAS TICS 6.6.- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL.. ANEXOS ANEXO l: REGULAMENTO DE RÉXIMEN INTERNO 1

0.-INTRODUCCIÓN Comezamos a elaboración deste Proxecto con ilusión e enerxías renovadas, pero sobre todo cunha visión moi diferente á que tiñamos cando fixemos o anterior PEC Pasados uns anos, xente nova, unha chea de experiencias, cursos, lecturas, nova lexislación, novos enfoques de vellas teorías, etc. proporciónannos a idea da nova escola que queremos. Fai uns meses, nunhas xornadas en Granada, Francesco Tonucci falaba de Emoción e educación. Un oxímoron?, un Binomio Fantástico?. E agora, con este proxecto pretendemos dar resposta ás preguntas de Frato OXÍMORON porque aínda que Emocións e Educación, son dúas estruturas sintácticas que non teñen significados opostos, aínda que moitos así o pensen, e que cando as xuntamos dan un novo sentido ao ENSINO, así con maiúsculas e sen necesidade de mais explicacións!!!! E por outra banda, un BINOMIO FANTÁSTICO xa que xuntas xeneran todo un inmenso mundo de experiencias, actividades, creatividade, innovación, relacións, sentimentos, no que cativos e metres/as somos quen de medrar xuntos unidos polo corazón e con co-razón. Que facer para sentir esa maxia que as veces esquecemos nas aulas?? Tonucci, Zabala, Santos Guerra, Toro, Tomé, Romera e tantos outros Pena non poder levalos cada mañá na nosa carteira á escola ou na axenda de traballo, avisando cando esquecemos traballar con co-razón e o facemos so coa cabeza Temos que poñer un post-it na fronte para non esquecer nunca xamais levar o corazón á escola cada mañá 2

1.- QUENES SOMOS? DENOMINACIÓN: EEI Fernández Varela TITULARIDADE: Consellería de Educación da Xunta de Galicia LOCALIDADE: A Pobra do Caramiñal CONCELLO: IDEM COD. CENTRO: 15013163 C.I.F.: Q6555475J TELÉFONO/FAX: 981830708 CORREO ELECTRÓNICO: eei.fernandez.varela@edu.xunta.es PAX. WEB: http://centros.edu.xunta.es/eeifernandezvarela COMPOSICIÓN XURÍDICA E. Infantil: 8 F. Inglesa: 1 Audición e linguaxe: 1 COMPOSICIÓN FUNCIONAL Educación infantil: 6 Apoio: 2 Filoloxía Inglesa: 1 Audición e linguaxe: 1 Pedagoxía terapéutica: 1 (Itinerante) Relixión: 1 (Itinerante) Coidadora: 1 Coordinadora E. de O.: 1 (Itinerante) O centro está situado nunha zona urbana da costa galega, en concreto na Pobra do Caramiñal. Dende o ano 1999, co traslado dos alumnos/as de primaria e secundaria a outros centros da vila, constituímonos en Escola de Educación Infantil con so 5 unidades e 7 postos de traballo catalogados: 5 EI; 1 AL e 1 Relixión. Había ademais 2 itinerantes de PT e FI. Dende entón non paramos de medrar, tanto en número de alumnos/as como en postos de traballo. Respecto aos espazos tamén realizamos algúns cambios, xa que si ben durante estes anos tivemos ocupadas tres aulas cunha sección do Centro de Formación de Santiago, este curso, ao deixalas libres reorganizamos despachos e aulas tendo nestes momento unha aula de informática e outra de Inglés/Expresión artística. Deste xeito aumentamos e melloramos a oferta educativa. Actualmente a escola consta de 6 unidades, das cales 2 corresponden a tres anos, 2 a catro anos e 2 a cinco anos. Están distribuídas nun edificio de dous andares: na planta baixa están 3 aulas de Educación infantil con 3 baños para os nenos/as/as, un deles adaptado, o almacén de limpeza, a conserxería, o baño das mestras, sala de mestras e despachos (dirección, secretaria e orientación), aula de usos múltiples, aula de informática e despacho do asesor ABALAR. No primeiro andar están 3 aulas de EI, 1 baño para os nenos/as, a aula de Audición e Linguaxe, a biblioteca, a sala de psicomotricidade, o comedor, a sala de xuntas e aula de inglés/expresión artística. No exterior do edificio hai un patio que ten un anaco cuberto, pero que cando chove non se pode utilizar porque para acceder a el non hai unha zona cuberta. Pero onde fixemos e estamos a facer os cambios mais profundos é na esencia mesma da escola: - no modelo pedagóxico de ensino e aprendizaxe que queremos ofrecer ao nosos discentes; - no modelo escolar que conte coas familias e coa comunidade ; - no modelo escolar que coide, respecte e mellore a capacitación dos docentes 3

2.-COMOS SOMOS? 2.1.- O CONTORNO O nivel socioeconómico é medio e medio-baixo e a poboación está ocupada en actividades de pesca, marisqueo fábricas de conservas, etc., aínda que como todos os pobos da costa, actualmente o turismo amósase cada vez máis como un incipiente motor económico. En canto ó idioma temos que dicir que non hai unha tendencia clara cara a un dos dous idiomas oficiais, pero si que medra a idea de que os/as nenos/as usen os dous idiomas como lingua de comunicación entre as familias. Teremos en conta a normativa vixente, neste tipo de contextos no que a utilización da lingua galega debe ser como mínimo igual á Castelán. Estas e outras conclusión foron sacadas das enquisas enviadas ás familias, vinda que contestaron tan so ao redor do 55% e cuxos resultados engadimos: CUESTIONARIO PARA AS FAMILIAS, PARA ELABORACIÓN DO PROXECTO EDUCATIVO 1. - Nivel de estudos de pais/nais: (marque cun X) 2. - Idades de pais/nais: (marque cun X) 3. - Número de fillos/as por unidade familiar: (marque cun X) PAI NAI Sen estudos Estudos Primarios 32 41 Estudos Secundarios 13 11 Estudos Universitarios 9 16 PAI NAI Menores de 30 anos 1 10 De 31 a 40 anos 48 55 De 41 a 50 anos 11 3 Maiores de 51 anos Familias de 1 fillo 23 Familias de 2 fillos 33 Familias de 3 fillos 10 De máis de 3 fillos 4. - Ocupación laboral: (marque cun X) PAI NAI Parado/a 1 5 Amo/a de casa 2 15 Sector Primario (mar, campo ) 17 Sector Secundario(industria) 20 22 Sector Terciario (hostalería, comercio ) 22 20 5. - Nivel de ingresos: (marque cun X) 6.- Por que elixiu este centro para o seu fillo/a?: (marque cun X) De 9.000 a 15.000 euros 20 De 15.000 a 35.000 euros 29 Máis de 35.000 euros 9 1. Polo nivel de ensino 24 2. Por proximidade 34 3. Pola súa maior dotación 6 4. Polo ambiente do Centro 17 5. Por referencias 21 1. Unha educación completa 38 2. Un bo nivel cultural 12 4

7.- Que esperan do Centro, como pais/nais? (marque cun X) 3. Preparación para o futuro 26 4. Fomento de valores 37 5. Outras 10 8. -Observa que o seu fillo/a se sinte contento/a de vir ao colexio? (marque cun X) 10- Que é o que máis lle gusta do Colexio? 11.- Que é o que menos lle gusta do colexio? SI NON ÁS VECES NON CONTESTA 61 1 3 Saídas O peche do colexio. Fomento Autonomía Trato de educadora co neno/a Dpto. Orientación As educadoras Estilo Traballo A didáctica educativa A vixilancia As instalacións A biblioteca Aprender O ambiente Ximnasia A Biblioteca O profesorado Uso 3 linguas A participación das familias Obradoiros Horario Todo Vallas verdes do patio O comedor. Que me queda un pouco lonxe. O estado do areeiro. Algunha integrante da ANPA subida de poderes. Acceso os mércores (mercado) A entrada e as formas desta O patio ten moita grava debería estar máis cuberto e acolchado As instalacións A area do patio Que os nenos teñan que beber obligatoriamente auga da billa 12.- Que cambiaría no Colexio? Cambiar de clase cada curso O patio (illamento e pavimento) A entrada (non hai onde abrigar os nenos/as cando chove) A hora de entrada é excesiva Nada As instalacións Patio Escaleiras Horario que fose de 10 a 14h Plantas e trastos da entrada. 13. Que lingua emprega para falar: (marque cun X) Pai/Titor Nai/Titora GALEGO CASTELÁN OUTRA 39 34 32 44 5

CUESTIONARIO PARA OS ALUMNOS, PARA ELABORACIÓN DO PROXECTO EDUCATIVO Hábitos hixiénicos: (marca cun X) Hora de deitarse e TV no dormitorio: (marca cun X) Horas de Televisión: (marca cun X) Os programas que máis lle gustan son: (marca cun X) SI NON Dúchase diariamente 42 7 Dúchase unha vez á semana 14 Dúchase dúas veces á semana 14 Dúchase máis de dúas veces á semana 23 6 Sempre lava as mans antes de comer 50 4 Aséase despois dunha actividade física 49 2 SI NON Déitase antes das 8:30h 4 13 Déitase entre as 9:30 e as 10:30 h 53 6 Déitase entre as 10:30 e as 11:30 h 13 7 Déitase máis tarde as 11:30 h 13 No seu dormitorio ten TV 18 30 SI NON Os días de clase ve TV entre 1 e 2 horas 38 11 Os días de clase ve TV entre 2 e 3 horas 19 15 Os días de clase ve TV máis de 3 horas 4 17 Os días festivos ve TV entre 3 e 6 horas 7 22 Series 8 Debuxos animados 66 Películas 19 Programas musicais 2 Programas de "conto" 6 Outros 1 Ocupa o seu tempo libre en: Deporte(piscina, patinaxe, futbol ) 34 (marca cun X) Xogar no parque 47 Xogar con outros nenos 43 Xogar con adultos 33 Xogar só 25 Televisión 31 Ordenador/ Maquinitas 18 Outros 3 Lectura: (marca cun X) SI NON Lémoslle na casa diariamente 39 11 Lémoslle na casa de cando en vez 25 8 Non adoitamos lerlle na casa 9 10 A lingua que emprega para falar: (marca cun X) GALEG O CASTELÁN OUTRA Coa familia é 25 52 Cos amigos fóra da escola é 16 59 Cos veciños é 21 51 TODOS OS DÍAS ÁS VECES NUNCA 6

Tarefas domésticas: (marca cun X) Colabora nas tarefas domésticas 22 48 Tarefas escolares: (marca cun X) Síntese querido polos seus compañeir@s e profesor@s: (marca cun X) Estado de ánimo no colexio:(marca cun X) Amizades: (marca cun X) SEMPRE ÁS VECES NUNCA Fai as tarefas escolares 41 14 1 SI NON ÁS VECES Polos seus compañeiros/as 60 15 Polos seus profesores/as 61 4 TODOS OS DÍAS ÁS VECES NUNCA Vén content@ ao colexio 55 12 2 Os seus mellores amigos/as son do seu mesmo sexo 48 Os seus mellores amigos/as son do sexo contrario 13 Os seus mellores amigos/as son da súa mesma idade 52 Os seus mellores amigos/as son de diferente idade 17 2.2.- OS DISCENTES Para elaborar este proxecto é fundamental ter en conta os rasgos característicos dos alumnos/as aos que vai dirixido, sen esquecer nas concrecións curriculares as particularidades e individualidades dos discentes de cada nivel. 2.2.1.-Características psicolóxicas As características do pensamento desta idade pódense sintetizar en: - Pensamento concreto: pode representar mentalmente obxectos e accións, sempre que traballe directamente coa realidade. - Pensamento sincrético: realiza percepcións xerais para despois centrarse na parcela que lle interesa. Este modo de pensamento xustifica a globalización da etapa. - Pensamento egocéntrico: o neno ou nena é incapaz de establecer relacións causais ou analoxías e os seus plantexamentos son subxectivos. Non pode situarse no punto de vista dos demais. - Pensamento transductivo ou preconceptual: procede do particular ao particular, é incapaz de xeneralizar. - Pensamento irreversible: non pode volver ao punto de orixe porque non hai conservación non seu pensamento. - Pensamento máxico: concibe o mundo animado por forzas sobrenaturais. Dota de vida e poder a animais e seres inanimados (animismo). Dota de intencionalidade os obxectos (intencionalismo). - Pensamento fenoménico: centra a súa atención sobre un trazo chamativo, incapaz de considerar todos os demais factores que inciden non feito. Queda no superficial. - Xogo simbólico: substitúe obxectos polo que lle interesa (unha escoba é un cabalo). 2.2.2.-Características afectivas e sociais. 2.2.2.1.- Afectivas: - Necesidade de sentirse seguro e querido/a, isto contribúe á formación dunha autoimaxe positiva. - As interrelacións sociais van estar fortemente condicionadas polo seu egocentrismo, xa que logo a escolarización supón un paso decisivo na súa socialización. - Ten pouca capacidade para manter a atención en períodos prolongados de tempo. - Moral heteroxénea, vai aceptar as regras que se lle impoñen aínda que non as asimila. A primeira moral do neno/a é a obediencia, e ou primeiro criterio, durante moito tempo, é a vontade dous pais. - Desenvolvemento de sentimentos interindividuais: afectos, simpatías e antipatías. 2.2.2.2.-Sociais: 7

- Pasan por unha etapa egocéntrica, só falan de si mesmos e non teñen en conta ou punto de vista dous demais. - A interrelación cos outros e a imitación achégaos a un diálogo socializado. - Relaciónanse co adulto segundo criterios de obediencia e estima. - Consideran aos maiores modelos de comportamento e aprenden deles actitudes e normas sociais básicas. - Inician a formación de pequenos grupos por intereses inestables ou polo sexo dos seus integrantes. 2.2.3.- Características psicomotrices: -Neste período a/o nena/o descobre o seu corpo e as súas posibilidades: salta, corre, sobe, modela, debuxa, pega, etc. cada día manexa mellor as súas pernas, brazos e mans. Dirixe os movementos e coordínaos con maior destreza e equilibrio. Xorde a dominancia lateral. -Durante esta etapa establécese a visión binocular (simultánea cos dous ollos). -Lógrase un desenvolvemento, polo xeral completo da motricidade grosa (aos 5 anos). A motricidade fina haberá que desenvolvela e afianzala ao longo do ciclo. Neste ciclo é de gran importancia o desenvolvemento do esquema corporal, eixe corporal, a partir da previa diferenciación das partes. Os conceptos espazo-temporais deberán ser traballados estruturalmente, e mellora a súa capacidade para orientarse no tempo e no espazo. -Incrementan o control do ton muscular e a respiración. -Aumentan a súa capacidade de atención, que se fai máis sólida e consciente. 2.2.4.- Desenvolvemento da linguaxe: A súa linguaxe, sobre todo o oral, adquire maior expresividade e adopta recursos simbólicos. A partir dos tres anos, os nenos/as e nenas dispoñen da capacidade de operar con múltiples representacións. Cara aos 4 anos xa asimilaron, en xeral, as regras gramaticais básicas da súa lingua materna. A esta idade poden recoñecer palabras moi significativas da súa contorna, polo que se pode favorecer a súa habilidade lectora. Explican o que lles rodea deixándose levar pola imaxinación, dan vida a obxectos inanimados, describen as cousas pola súa utilidade, establecen lazos con situacións próximas e todo o consideran o resultado da acción humana. A linguaxe escrita tamén adquire importancia nestes anos, iniciándose a súa aprendizaxe mediante a representación gráfica de letras, palabras e frases sinxelas. 2.3.- OS DOCENTES O noso claustro é novo, emprendedor, animoso e comprometido, con ganas de aprender e desenvolver o seu traballo dentro das teorias constructivistas, humanistas, baseadas no desenvolvemento emocional, como así o demostra a enquisa que se pasou e cuxos datos engadimos. CUESTIONARIO PARA O PROFESORADO, PARA ELABORACIÓN DO PROXECTO EDUCATIVO Escala: menos (0) mais(5) Grao de satisfacción no centro: Escala 0 1 2 3 4 5 Resposta 2 4 1 Grao de implicación en tarefas de: Escala 0 1 2 3 4 5 Nivel: Resposta 1 2 5 1 Ciclo: Resposta 1 2 5 1 Claustro: Resposta 2 3 2 2 Consello Escolar : Resposta 11 1 3 2 1 Centro: Resposta 1 2 5 1 Escala 0 1 2 3 4 5 8

Clima relacional c@s compañeir@s: Clima relacional c@s alumn@s: Clima relacional c@s pais e nais: Implicación curricular na aula: Coherencia de criterios educativos (implicación cos acordos de grupo): Resposta 4 5 Escala 0 1 2 3 4 5 Resposta 1 8 Escala 0 1 2 3 4 5 Resposta 1 2 6 Escala 0 1 2 3 4 5 Resposta 4 5 1 Escala 0 1 2 3 4 5 Resposta 2 3 3 1 Con que modelo pedagóxico te identificas? *Constructivista: 9 *Interactivo: 1 *Outros: 1 *Humanista:1 *Orientación: PASS 1 Que metodoloxía cres que favorece a mellor aprendizaxe d@s nos@s alumn@s e a formación de persoas responsables? *Activa: 5 *Global: 1 *Baseada na observación e experimentación 2 * Participativa:Que implique a pais/nenos/as/metres/as 3 *Partir dos intereses dos nenos/as, motivalos: 3 *De confianza: 1 *Xogo: 1 *Desenvolvemento da IE: 1 9

3.- COMO NOS ORGANIZAMOS? De acordo coa Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, no seu artigo 132 son competencias do DIRECTOR: a) Exercer a representación do centro, representar a Administración educativa nel e facerlle chegar a esta as formulacións, aspiracións e necesidades da comunidade educativa. b) Dirixir e coordinar todas as actividades do centro, sen prexuízo das competencias atribuídas ao claustro de profesores e ao consello escolar. c) Exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos obxectivos do proxecto educativo do centro. d) Garantir o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes. e) Exercer a xefatura de todo o persoal adscrito ao centro. f) Favorecer a convivencia no centro, garantir a mediación na resolución dos conflitos e impoñer as medidas disciplinarias que correspondan aos alumnos/as, en cumprimento da normativa vixente sen prexuízo das competencias atribuídas ao consello escolar no artigo 127 desta lei. Para tal fin, promoverase a axilización dos procedementos para a resolución dos conflitos nos centros. g) Impulsar a colaboración coas familias, con institucións e con organismos que faciliten a relación do centro co ámbito, e fomentar un clima escolar que favoreza o estudo e o desenvolvemento de cantas actuacións propicien unha formación integral en coñecementos e valores dos alumnos/as. h) Impulsar as avaliacións internas do centro e colaborar nas avaliacións externas e na avaliación do profesorado. i) Convocar e presidir os actos académicos e as sesións do consello escolar e do claustro de profesores do centro e executar os acordos adoptados no ámbito das súas competencias. j) Realizar as contratacións de obras, servizos e subministracións, así como autorizar os gastos de acordo co orzamento do centro, ordenar os pagamentos e visar as certificacións e documentos oficiais do centro, todo isto de acordo co que establezan as administracións educativas. k) Propoñer á Administración educativa o nomeamento e cesamento dos membros do equipo directivo, logo de información ao claustro de profesores e ao consello escolar do centro. l) Calquera outra que lle sexa encomendada pola Administración educativa. E segundo o artigo 35º do Decreto374/ 1996 do 17 de outubro polo que se aproba o regulamento Orgánico das escolas de EI e dos Colexios de EP, e a Orde do 22de xullo de 1997 pola que se regula determinados aspectos da organización e funcionamento dos mesmos dependentes da Consellería de E. e OU, son competencias do secretario: a) Ordena-lo réxime administrativo do centro, de conformidade coas directrices do director. b) Actuar como secretario dos órganos colexiados de goberno do centro, levantar acta das sesións e dar fe dos acordos co visto e prace do director. c) Custodia-los libros e arquivos do centro coa colaboración dos coordinadores do ciclo. d) Expedi-las certificacións que soliciten as autoridades e os interesados. e) Realiza-lo inventario xeral do centro e mantelo actualizado. f) Custodiar e dispoñe-la utilización dos medios audiovisuais, material didáctico, mobiliario ou calquera material inventariable. g) Coordinar, dirixir e supervisar, por delegación do director, a actividade e funcionamento do persoal de administración e de servizos adscrito ó centro. h) Elabora-lo anteproxecto de orzamento do centro de acordo coas directrices do consello escolar e oída a comisión económica. i) Ordena-lo réxime económico do centro, de conformidade coas instrucións do director, realiza-la contabilidade e render contas ante o consello escolar e as autoridades correspondentes. l) Velar polo mantemento material do centro en tódolos seus aspectos, de acordo coas indicacións do director. m) Dar a coñecer e difundir a toda a comunidade educativa a información sobre normativa, disposicións legais e asuntos de interese xeral ou profesional que se reciba no centro. n) Presidir, se é o caso, e, por delegación do director, a comisión económica. ñ) Calquera outra función que lle encomende o director dentro do seu ámbito. Segundo a LOE 2/2006 do 3 de maio, os órganos colexiados son: Claustro de Metres/as e Consello Escolar. O artigo 127 regula as competencias do Consello escolar: a) Aprobar e avaliar os proxectos e as normas a que se refire o capítulo II do título V desta lei. b) Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro sen prexuízo das competencias do claustro de profesores, en relación coa planificación e organización docente. c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos. d) Participar na selección do director do centro nos termos que esta lei establece. Ser informado do nomeamento e do cesamento dos demais membros do equipo directivo. De ser o caso, logo doacordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do director. e) Decidir sobre a admisión de alumnos/as con suxeición ao establecido nesta lei e disposicións que a desenvolvan. 10

f) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o consello escolar, por instancia de pais ou titores, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, de ser o caso, as medidas oportunas. g) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social. h) Promover a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios de acordo co establecido no artigo 122.3. i) Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas administracións locais, con outros centros, entidades e organismos. j) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas en que participe o centro. k) Elaborar propostas e informes, por iniciativa propia ou por petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa súa calidade. l) Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa Segundo o artigo 129 son competencias do claustro: a) Formular ao equipo directivo e ao consello escolar propostas para a elaboración dos proxectos do centro e da programación xeral anual. b) Aprobar e avaliar a concreción do currículo e todos os aspectos educativos dos proxectos e da programación xeral anual. c) Fixar os criterios referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos/as. d) Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado do centro. e) Elixir os seus representantes no consello escolar do centro e participar na selección do director nos termos establecidos por esta lei. f) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos. g) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas en que participe o centro. h) Emitir informe sobre as normas de organización e funcionamento do centro. i) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de sancións e velar por que estas se ateñan á normativa vixente. j) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro. k) Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa ou polas respectivas normas de organización e funcionamento Os Órganos de Coordinación Docente son: Comisión de Coordinación Pedagóxica, Equipo de Normalización Lingüística, Equipo de BE, Departamento de Orientación, Equipo de dinamización TIC e as titorías e cuias funcións establécense na Orde do17 de Xullo de 2007 pola que se regula a percepción da compoñente singular do complemento específico por función titorial e outras funcións docentes.. Segundo artigo 10º da citada orde, son funcións da dinamización de biblioteca en colaboración co profesorado de apoio, serán as seguintes: 1. Elaborar, en colaboración co profesorado de apoio, o proxecto anual de biblioteca escolar e a memoria final. 2. Coordinar, seguindo as directrices da consellería, a elaboración e posta en práctica do proxecto lector de centro, coa participación de todo o profesorado. 3. Realizar o tratamento técnico dos fondos (seleccionar, organizar, clasificar e catalogar). 4. Informar o claustro das actividades da biblioteca e integrar a súas suxestións. 5. Difundir os fondos existentes e as súas posibilidades de consulta entre toda a comunidade escolar. 6. Definir os criterios para o préstamo e atender o servizo xunto co equipo de apoio. 7. Asesorar o profesorado en técnicas de animación á lectura, estratexias de dinamización, formación de usuarios e traballo documental, seleccionando e elaborando materiais, xunto co resto do profesorado, para a formación do alumnado nestes aspectos. 8. Coordinar o equipo de apoio á biblioteca escolar. 9. Representar o equipo de biblioteca na Comisión de Coordinación Pedagóxica. 10. Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableza na súa normativa específica sobre bibliotecas escolares. Artigo 14º.-Funcións da dinamización das tecnoloxías da información e a comunicación en colaboración co profesorado de apoio, serán as seguintes: 1. Dinamizar e impulsar o uso das TIC do centro. 2. Mantemento cotián dos equipamentos informáticos do centro, constituíndo o primeiro nivel de soporte destes, contando co apoio,nesta tarefa, do asesor ou asesora TIC da zona, sempre que as circunstancias así o requiran. 3. Dar soporte, no uso didáctico, do equipamento informático do centro, ao resto do claustro, contando co apoio, nesta tarefa, do asesor ou asesora TIC da zona, sempre que as circunstancias así o requiran. 4. Elaborará, por requirimento do equipo directivo e das liñas directrices da Comisión de Coordinación Pedagóxica, o proxecto TIC e a organización e xestión dos medios e recursos tecnolóxicos do centro. 11

5. Asesorar, de ser o caso, no mantemento do sitio web do centro. 6. Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableza na súa normativa específica. O cadro de persoal laboral non docente consta dunha limpadora e un conserxe, contratados ámbolos dous polo Concello. No centro funciona unha Asociación de Pais e Nais de Alumnos/as que xestiona o funcionamento do comedor, o servizo de madrugadores cando é necesario e as actividades extraescolares. Así mesmo organiza as festas do Nadal e fin de curso. O horario do centro é de xornada continuada de mañá, de 9:30 a 14:30 horas. A hora de obrigada permanencia do profesorado no centro é os luns de 16:30 a 19:30 h. 12

4.-QUE PRETENDEMOS? 4.1.- AS BASES 4.1.1.- A lexislación vixente: reflectida no anexo II. 4.1.2.-Os modelos pedagóxicos e psicolóxicos sobre o ensino e a aprendizaxe: considerando este proxecto de corte cognitivo constructivista, humanista, non directivo, baseado na educación emocional, de corte comunicativo e que aposta polo desenvolvemento integral desde a concepción de persoa diferente (múltiple), socialmente activa que recolle a diversidade coma un factor de enriquecemento e camiña cara a unha escola inclusiva ( Mª del Mar Romera). Desde esta idea a intervención educativa estará apoiada en catro principios: Construtivismo e significatividade: partindo do desenvolvemento do/a neno/a, respectando os seus estadios evolutivos e as súas posibilidades de razoamento e aprendizaxe; asegurando a construción de aprendizaxes significativos; relacionando os novos conceptos, actitudes e procedementos; motivando a actividade do alumno no desenvolvemento da estratexias e destrezas adecuadas. Educación afectiva e do afecto: subordinando o desenvolvemento do resto dos procesos ao desenvolvemento e a atención das demandas afectivas. Globalización: entendendo que a aprendizaxe non se produce pola suma ou acumulación de novos coñecementos, senón que é o produto do establecemento de múltiples conexións e relacións entre o novo e o xa coñecido, experimentado ou vivido. Mediación e investigación: é o discente quen constrúe o seu coñecemento coa axuda do/a educador/a. 4.1.3. A demanda e a estrutura social actual: aprender a ser, aprender a vivir, é a grande demanda da sociedade actual cara a escola. O informe Delors elaborado a petición da UNESCO, propón a educación ao longo da vida baseada en catro pilares: Aprender a ser: desenvolvemento integral da persoa para actuar cada vez con maior autonomía, xuízo crítico e respectuoso e responsabilidade persoal. Aprender a saber, coñecer: apostando polo valor da cultura ampla, aprendendo a aprender para poder continuar o proceso ao longo da vida. Aprender a facer: para poder afrontar as diversas situación da vida cotiá e profesional. Aprender a convivir: coñecendo, comprendendo e respectando aos demais, ao mundo, ás estruturas sociais e a interdependencia a todos os niveis. 4.2.-AS NOSAS METAS En base a todo o dito anteriormente, as finalidades educativas xerais do centro so: Mellorar a capacitación dos docentes, así como o seu desenvolvemento profesional e persoal. Potenciar a participación activa e vinculante dos docentes en todos os ámbitos da vida escolar. Desenvolver as aptitudes necesarias para a sociedade do coñecemento. Apostar polo valor da cultura e pola cultura dos valores. Aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles. Abrir as portas do centro a toda a comunidade. Deseñar e implementar programas de compensación e intensificación en resposta ás necesidades educativas dos discentes. Deseñar e desenvolver medidas de atención á diversidade. Favorecer o incremento da oferta educativa cara á mellora e implementación da Calidade da Escola. Estimular a participación do conxunto da comunidade educativa nas tarefas de goberno e control a través do Consello Escolar. Potenciar a participación activa e vinculante das familias na Escola. 13

5.-COMO O FACEMOS? CONCRECIÓN CURRICULAR 5.1.- OBXECTIVOS DO PROCESO DE ENSINANZA Atender á diversidade camiñando cara a unha escola inclusiva que recolle dita diversidade coma un factor enriquecedor e un recurso do proceso de ensinanza- aprendizaxe. Crear un clima de afecto e confianza,desde o respecto e a disciplina como proceso de conquista da autonomía persoal e o goce. Espertar, afianzar, consolidar no/as rapaces/as o gusto pola escola. Abrir a escola e o aula a participación activa da familia. Potenciar o desenvolvemento integral dos/as nenos/as desde un enfoque humanista, democrático e baseada na educación emocional e na concepción da persoa como un todo con diferentes capacidades_intelixencias (Gardner) que merecen ser todos potenciados e respectados. Integrar as TIC no proceso de ensinanza- aprendizaxe. Utilizar o contorno próximo e día a día dos discentes como punto de partida e de encontro. 5.2.- OBXECTIVOS, CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL 1.-ÁREA DE COÑECEMENTO DE SÍ MESMO E AUTONOMÍA PERSONAL 1.1.- OBXECTIVOS 1. Formarse unha autoimaxe axustada e positiva co fin de acadar unha maior autonomía persoal. 2. Iniciarse no coñecemento e na representación do propio corpo. 3. Identificar os propios sentimentos, emocións e necesidades básicas. 4. Tomar a iniciativa para realizar tarefas e resolver problemas da vida cotiá. 5. Desenvolver actitudes e hábitos de respecto, axuda e colaboración. 6. Progresar na adquisición de hábitos e actitudes relacionados coa seguridade,saúde, hixiene e alimentación. 7. Iniciarse na adquisición de hábitos de orde e constancia nas súas tarefas cotiás. 8. Amosar unha actitude de aceptación e respecto polas diferenzas individuais: idade, sexo, etnia, cultura, personalidade, características físicas 9. Coñecer e vivir o xogo como medio para favorecer unha autonomía persoal positiva e unha boa relación cos demais. 1.2.-CONTIDOS BLOQUE 1: O CORPO E A PROPIA IMAXE. 1.1. Exploración do propio corpo, recoñecendo progresivamente as súas características e posibilidades para chegar á toma de conciencia do propio esquema corporal. 1.2. Identificación, manifestación, regulación e control das necesidades básicas do corpo. 1.3. Adquisición de confianza nas capacidades propias. 1.4. Potenciación da construción do esquema corporal a partir das sensacións e das percepcións do propio corpo, en relación e interacción cos datos que a nena ou o neno recibe das outras persoas, do medio e dos obxectos. Vivencia do corpo como un todo para pasar progresivamente a sentir as partes que o integran. 1.5. Identificación, verbalización e expresión de sentimentos, emocións, vivencias, preferencias e intereses propios e das demais persoas. 14

1.6. Valoración positiva e respecto polas diferenzas, aceptación da identidade e características das demais persoas, evitando actitudes discriminatorias. BLOQUE 2: XOGO E MOVEMENTO 2.1. Participación nos xogos e na actividade motriz, identificando as súas capacidades e confiando nas propias posibilidades de acción, amosando actitudes de iniciativa e constancia. 2.2. Gozo co xogo como medio para coñecer a realidade, mantendo unha actitude de axuda e cooperación con iguais e con persoas adultas. Aceptación do xogo como medio de desfrute e de relación cos demáis. 2.3. Adquisición de nocións básicas de orientación e coordinación de movementos. BLOQUE 3: A ACTIVIDADE COTIÁ. 3.1. Regulación do propio comportamento, satisfacción pola realización de tarefas e conciencia da propia competencia. 3.2. Hábitos elementais de organización, constancia, atención, iniciativa e esforzo. 3.3. Recoñecemento progresivo da súa identidade persoal: capacidades, actitudes e coñecementos, aplicándoos nas súas actividades diarias. BLOQUE 4: O COIDADO PERSOAL E A SAÚDE. 4.1. Recoñecemento das necesidades básicas do corpo: hixiene, alimentación, descanso 4.2. Valoración da axuda das outras persoas. 1.3.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Ten unha imaxe positiva propia. 2. Coordina e controla o seu corpo, as súas posibilidades motrices e adaptalo ás características dos obxectos, á acción da vida cotiá. 3. Identifica e manifesta os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demáis persoas. 4. Resolve con inciativa e autonomía das actividades da vida cotiá, colaborar en tarefas e aceptar as normas. 5. Manifesta hábitos de saúde, alimentación saudable, hixiene corporal e benestar. 6. Identificar semellanzas e diferenzas entre as persoas valorando Participar en xogos aceptando as normas que o rexen e fomentando o respecto polos demáis. 7. positivamente a diversidade. 2.-ÁREA DE COÑECEMENTO DO CONTORNO 2.1.- OBXECTIVOS 1. Recoñecer e identificar as características dos obxectos do contorno atendendo a diferentes calidades. 2. Iniciarse no establecemento de relacións entre a propia actuación e as consecuencias que dela se derivan. 3. Iniciarse na resolución de problemas sinxelos. 4. Iniciarse no uso de cuantificadores básicos a través de situacións cotiás. 5. Orientarse e actuar autónomamente nos espazos cotiás. 6. Adquirir as nocións temporais básicas a través da vivenciación diaria das rutinas. 7. Descubrir características dos seres do contorno. 8. Coñecer as normas e modos de comportamento social dos grupos dos que forma parte. 9. Observar e participar en festas, tradicións e costumes do seu contorno. 10. Identificar algunhas características e funcións dos oficios da súa comunidade. 2.2.-CONTIDOS BLOQUE 1: MEDIO FÍSICO 15

1.1. Exploración dos obxectos do contorno apreciando as diferentes calidades a través do uso dos diferentes sentidos. 1.2. Curiosidade e interese por descubrir as características con distintos obxectos. 1.3. Iniciación na realización de actividades que conleven determinadas consecuencias e análise das mesmas. 1.4. Observación e toma de conciencia da funcionalidade dos números na vida cotiá. 1.5. Curiosidade por descubrir a medida dos obxectos. 1.6. Situación e localización de obxectos respecto a si mesmo no espazo segundo as nocións básicas 1.7. Realización de desprazamentos orientados. 1.8. Estimación intuitiva da duración de certas rutinas da vida cotiá en relación coa medida de tempo. 1.9. Análise do paso do tempo a través da observación de persoas próximas a el/ela. 1.10. Exploración dalgúns corpos xeométricos elementais relacionándoos con distintos obxectos do contorno inmediato. BLOQUE 2: ACHEGAMENTO Á NATUREZA 2.1. Descubrimento de animais e plantas do medio. 2.2. Observación e seguimento do ciclo vital dalgunha planta e dalgún animal, establecendo relacións co paso do tempo. 2.3. Valoración da importancia das plantas e dos animais para a vida das persoas. 2.4. Descubrimento da orixe dalgúns produtos naturais. 2.5. Respecto e coidado polos elementos do medio. 2.6. Iniciarse na clasificación dos distintos residuos xerados na aula. 2.7. Observación dos distintos fenómenos atmosféricos. 2.8. Observación das modificacións que se producen no medio natural co paso do tempo, o clima e a intervención humana. 2.9. Valoración da importancia da natureza para a saúde e o benestar. BLOQUE 3: CULTURA E VIDA EN SOCIEDADE 3.1. Incorporación progresiva de pautas axeitadas de comportamento, disposición para compartir e resolver conflitos cotiás mediante o diálogo. 3.2. Regulación da propia conduta segundo as normas da aula. 3.3. Participación activa e responsable nas diferentes tarefas da vida cotiá tanto familiar coma escolar. 3.4. Descrición da súa familia, descubrindo a existencia de diferentes estruturas familiares. 3.5. Participación activa nas diferentes tarefas cotiás. 3.6. Recoñecemento das profesións máis habituais e próximas ao neno/a, adquirindo actitudes de respecto. 3.7. Observación dos medios rural e urbano, dos seus elementos, das súas funcións e da súa utilidade. 3.8. Achegamento aos costumes e ao folclore característicos da súa localidade. 3.9. Coñecemento dalgunhas actividades axeitadas para o seu tempo de lecer. 2.3.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Recoñece as características dalgúns dos obxectos do contorno. 2. Relaciona as causas e efectos dalgúns procesos. 3. Asocia grafía e cantidade dalgúns números. 4. Resolve problemas sinxelos. 5. Realiza sinxelos desprazamentos guiados. 6. Manexa nocións temporais básicas. 7. Recoñece distintos animais e plantas do entorno. 16

8. Compórtase de forma axeitada. 9. Describe as características dalgunhas profesións habituais do seu entorno. 10. Participa nas manifestacións culturais do seu entorno 3.-ÁREA DE LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN 3.1.- OBXECTIVOS 1. Utilizar a linguaxe oral para comunicarse cos demais 2. Recoñecer outros tipos de comunicación non verbal (comunicación xestual). 3. Percibir que existen distintas linguas coas que podemos expresarnos. 4. Adoptar unha actitude positiva cara ás manifestacións lingüísticas dos compañeiros/as e adultos/as. 5. Manifestar curiosidade e interese por unha lingua estranxeira. 6. Achegarse a outras formas de comunicación e expresión a través dos contos e o seu goce. 7. Facer uso da biblioteca valorándoa como fonte de información e como fonte de pracer. 8. Potenciar a creatividade a través de distintas linguaxes artísticas (plástica, contos, música, psicomotricidade...) 9. Amosar interese e respecto polas súas propias creacións e as dos demais. 10. Iniciarse no uso das TICs (ordenadores, encerado dixital, internet...) 3.2.-CONTIDOS BLOQUE 1. LINGUAXE VERBAL. 1.1. Escoitar, falar e conversar. 1.1.1. Uso progresivo, acorde coa idade, de léxico variado, aumentando a precisión na busca dunha maior estruturación das súas frases. 1.1.2. Participación de forma oral en distintas conversas, narracións e xogos colectivos. 1.1.3. Emprego axeitado das formas socialmente establecidas para relacionarse coas demais persoas (saúdos, despedidas, fórmulas de cortesía, cumprimentos...). 1.1.4. Interese cara a lingua estranxeira, amosando unha actitude positiva. 1.2. Aproximación á lingua escrita. 1.2.1. Interese e atención na escoita de narracións e instrucións lidas por outras persoas. 1.3. Achegamento á literatura. 1.3.1. Escoita e comprensión da lectura en voz alta, nas dúas linguas oficiais, como fonte de pracer e de aprendizaxe compartida. 1.3.2. - Memorización e recitado dalgúns textos de carácter poético, de tradición cultural ou de autor. 1.3.3.Introdución ao uso das bibliotecas de centro e de aula como medio de aproximación aos contos. BLOQUE 2. LINGUAXES ARTÍSTICAS: PLÁSTICA, MUSICAL E CORPORAL. 2.1. Exploración sensorial dos elementos presentes no contorno integrando actividades de tocar, ulir, oír e ver. 2.2. Potenciación da imaxinación e fantasía do alumnado para enriquecer a actividade creativa. 2.3. Exploración das posibilidades plásticas e creativas de distintos materiais, útiles e soportes - papeis, cartón, arame, plástico, teas, cortiza, barro, rasquetas, cepillos, esponxas, pantalla de ordenador, mesa de area, retroproxector, encerado dixital, fotografías...- e das distintas técnicas -debuxo, pintura, colaxe, amasado, modelado, escultura e a combinación de dúas ou máis técnicas...- como recursos e medios de expresión e comunicación. 2.4. Vivencia do son e do silencio. 2.5. Recoñecemento de sons do contorno natural e social. 17

2.6. Participación activa e gozo na interpretación de cancións, xogos musicais e danzas colectivas e individuais. 2.7. Vivencia de xestos e movementos como recursos corporais para a expresión e a comunicación. BLOQUE 3. LINGUAXE AUDIOVISUAL E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN. 3.1. Achegamento a producións audiovisuais como películas, series de animación, xogos interactivos... 3.2. Coidado e uso, na medida das súas posibilidades, das ferramentas tecnolóxicas. 3.3.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Utiliza a lingua oral do modo máis conveniente para unha comunicación positiva con iguais e con persoas adultas, segundo as intencións comunicativas. 2. Comprende mensaxes orais diversas, mostrando unha actitude de escoita atenta e respectuosa. 2. Amosa unha actitude positiva cara á aprendizaxe dunha lingua estranxeira, interesándose por participar en interaccións orais en rutinas, xogos e situacións habituais de comunicación. 3. Goza compartindo a escoita e a lectura en voz alta de textos literarios: contos, relatos, lendas, poesías, rimas, adiviñas... 4. Utiliza a biblioteca con respecto e coidado. 5. Amosa interese polas distintas linguaxes artísticas, os seus medios e materiais. 6. Goza coa posta en común das súas experiencias creativas. 7. Manifesta interese polo uso das tecnoloxías da información e comunicación. 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL 1.-ÁREA DE COÑECEMENTO DE SÍ MESMO E AUTONOMÍA PERSONAL 1.1.- OBXECTIVOS 1. Participar en xogos aceptando as normas que o rexen e fomentando o respecto polos demais. 2. Avanzar no coñecemento e na representación do propio corpo, identificando as súas partes e algunhas das súas funcións. 3. Identificar os propios sentimentos, emocións, necesidades e preferencias, e ser capaces de expresalos e comunicalos, así como identificar e respectar tamén os das outras persoas. 4. Tomar a iniciativa, e planificar a propia acción para realizar tarefas sinxelas, resolver problemas da vida cotiá reforzando o sentimento de autoconfianza e sendo quen de solicitar axuda. 5. Desenvolver actitudes e hábitos de respecto, axuda e colaboración evitando a adopción de comportamentos de submisión ou dominio. 6. Progresar na adquisición de hábitos e actitudes relacionados coa seguridade, a hixiene, a alimentación e o fortalecemento da saúde, apreciando e gozando das situacións cotiás de equilibrio e benestar emocional. 7. Progresar na adquisición de hábitos de orde, constancia e planificación no desenvolvemento das tarefas. 8. Amosar unha actitude de aceptación e respecto polas diferenzas individuais: idade, sexo, etnia, cultura, personalidade, características físicas 9. Coñecer e vivir o xogo como medio para favorecer unha autonomía persoal positiva e unha boa relación cos demais. 18

1.2.-CONTIDOS BLOQUE 1: O CORPO E A PROPIA IMAXE 1.1. Exploración do propio corpo, recoñecendo progresivamente as súas características e posibilidades para chegar á toma de conciencia do propio esquema corporal. 1.2. Identificación, manifestación, regulación e control das necesidades básicas do corpo. 1.3. Adquisición de confianza nas capacidades propias. 1.4. Potenciación da construción do esquema corporal a partir das sensacións e das percepcións do propio corpo, en relación e interacción cos datos que a nena ou o neno recibe das outras persoas, do medio e dos obxectos. Vivencia do corpo como un todo para pasar progresivamente a sentir as partes que o integran. 1.5. Identificación, verbalización e expresión de sentimentos, emocións, vivencias, preferencias e intereses propios e das demais persoas. 1.6. Valoración positiva e respecto polas diferenzas, aceptación da identidade e características das demais persoas, evitando actitudes discriminatorias. 1.7. Control progresivo dos propios sentimentos e emocións. BLOQUE 2: XOGO E MOVEMENTO. 2.1. Participación nos xogos e na actividade motriz, identificando as súas capacidades e confiando nas propias posibilidades de acción, amosando actitudes de iniciativa e constancia. 2.2. Gozo co xogo como medio para coñecer a realidade, mantendo unha actitude de axuda e cooperación con iguais e con persoas adultas. Aceptación do xogo como medio de desfrute e de relación cos demáis. 2.3. Adquisición de nocións básicas de orientación e coordinación de movementos. 2.4. Aceptación de compromisos, establecendo acordos en consideración á súa persoa, ás outras e ao seu medio, fortalecendo vínculos afectivos- amizade, cooperación, axuda, solidariedade -. Comprensión, aceptación e valoración de regras para xogar. BLOQUE 3: A ACTIVIDADE COTIÁ. 3.1. Aceptación de compromisos, establecendo acordos en consideración á súa persoa, ás outras e ao seu medio, fortalecendo vínculos afectivos- amizade, cooperación, axuda, solidariedade. Comprensión, aceptación e valoración de regras para xogar. 3.2. Hábitos elementais de organización, constancia, atención, iniciativa e esforzo. 3.3. Valoración e gusto polo traballo propio ben feito e pola das demais persoas, buscando os recursos axeitados que lle permitan concluír os proxectos que inicia, sendo quen de solicitar e prestar axuda. 3.4. Recoñecemento progresivo da súa identidade persoal: capacidades, actitudes e coñecementos, aplicándoos nas súas actividades diarias. BLOQUE 4: O COIDADO PERSOAL E A SAÚDE. 4.1. Recoñecemento das necesidades básicas do corpo: hixiene, alimentación, descanso 4.2 Valoración da axudas das outras persoas. 1.3.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Valora as axudas das outras persoas. 2. Coordina e controla o seu corpo, as súas posibilidades motrices e adaptalo ás características dos obxectos, á acción e á vida cotiá. 3. Identifica e manifestar os propios sentimentos, vivencias e emocións e comprender os das demais persoas. 4. Resolve con iniciativa e autonomía as actividades da vida cotiá, colaborar en tarefas e aceptar as normas. 5. Manifesta hábitos de saúde, alimentación saudable, hixiene corporal e benestar. 6. Identifica semellanzas e diferenzas entre as valorando positivamente a diversidade. 19

7. Participr en xogos aceptando as normas que o rexen e fomentando o respecto polos demais. 2.-ÁREA DE COÑECEMENTO DO CONTORNO 2.1.- OBXECTIVOS 1. Recoñecer e identificas as características dos obxectos do contorno atendendo a diferentes calidades e iniciándose no establecemento de comparación. 2. Iniciarse na análise das relacións causa-efecto a través da experimentación con diferentes obxectos do contorno. 3. Adquirir progresivamente diferentes estratexias para a resolución de situacións problemáticas. 4. Empregar en situacións de xogo cuantificadores e medidas. 5. Avanzar no manexo das habilidades matemáticas de cuantificación e medida a través de situacións lúdicas. 6. Utilizar adecuadamente nocións espacio-temporais en relación consigo mesmo e con outras persoas e obxectos. 7. Empregar técnicas básicas relativas á organización do espazo e o tempo en relación coas súas vivencias periódicas e habituais. 8. Analizar algunhas características de seres vivos e elementos do seu contorno. 9. Progresar no coñecemento das pautas de comportamento social coas persoas e espazos habituais. 10. Participar activamente nas diferentes festas, tradicións e costumes do contorno próximo, valorándoas como manifestacións culturais propias. 11. Coñecer algunhas institucións e roles propios da sociedade na que vive 2.2.-CONTIDOS BLOQUE 1: O MEDIO FÍSICO 1.1. Exploración dos obxectos do contorno apreciando as súas calidades e realizando procesos de comparación atendendo ás mesmas. 1.2. Curiosidade e interese por descubrir as características dos diferentes obxectos 1.3. Realización de pequenos experimentos cos obxectos do contorno analizando os as causas e os efectos que se producen neles 1.4. Análise das consecuencias das acción propias, valorando e respectando ó outros e ás cousas 1.5. Execución de estratexias que conleven a resolución de problemas plantexados, sendo quen de recurrir para elo ós diferentes recursos de que dispoña 1.6. Uso dos cuantificadores como parte da linguaxe matemática que lle permite definir a realidade nas súas actividades cotiás 1.7. Emprego de diferentes unidades de medida naturais que permitan categorizar e describir obxectos, realizando comparacións entre os mesmos 1.8. Valoración da importancia dunha axeitada organización espacial dos obxectos que nos rodean para o uso autónomo dos mesmos 1.9. Situación e localización de si mesmo e dos obxectos no espazo segundo as nocións espaciais básicas. 1.10. Emprego de diferentes nocións temporais que lle permitan describir e orientarse nas rutinas da vida cotiá 1.11. Recoñecemento e trazado das formas xeométricas básicas BLOQUE 2: ACHEGAMENTO Á NATUREZA 2.1 Descubrimento e análise das características dos animais e plantas e dos distintos contornos que habitan 2.2 Describir o ciclo vital dalgúns animais e plantas do contorno próximo 2.3 Valoración da importancia das plantas e dos animais para a vida das persoas 20