III Plan de Igualdade de oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Fene

Documentos relacionados
PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

REDE EUSUMO. información e comunicación

ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE CURSOS E OBRADOIROS QUE SE IMPARTEN NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

MEMORIA ANO 2013 SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Política e Obxectivos de Calidade

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

PROPOSTAS PARA PARTICIPAR NO MARCO DA CAMPAÑA #COMPOSTELAENNEGRO. #EnNegroContraAsViolencias. #Galiciaennegro

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

MANCOMUNIDADE TERRA DE CELANOVA. Nazaret Álvarez Freire Coordinadora de Servizos da Mancomunidade Terra de Celanova

O CONTRATO DE TRABALLO

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

PIALE Integración en lingua portuguesa

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Escala técnica superior

Consulta Existencia do Asociacions 2017 Grafico Zonas. Se Realizarón un total de 400 Consultas na Enquisa: Existencia do Asociacions 2017

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

I Plan de Divulgación Científica da Universidade de Vigo

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

I PLAN MUNICIPAL PARA A IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES DO CONCELLO DE ALLARIZ SERVIZOS SOCIAIS CONCELLO DE ALLARIZ 3

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

1.- Organización da Escola de Primavera:

ÍNDICE INTRODUCIÓN... 3 BREVE ANÁLISE DO II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VERÍN ( )... 14

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

CAMPA A RESGAL

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

Guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva

I Plan de Divulgación Científica da Universidade de Vigo. Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

Rede CeMIT Carta de Servizos. Santiago de Compostela, 4 de marzo 2011

Plan de acción para as persoas con discapacidade. Lectura fácil

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR SECCIÓN 05

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

Planificación do curso escolar

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

I XORNADAS GALEGAS DE CALIDADE E SEGURIDADE DO PACIENTE

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA

Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

V I C E P R E S I D E N C I A

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR SECCIÓN 05

Double-click to enter title

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

Ofoe (Oficina de Orientación ao Emprego)

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Língua Portuguesa na Galiza

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

COMO PODE AXUDARME O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA?

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

enfrontar a Administración local. Un reto que resposta aos intereses de construír unha sociedade xusta,

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

Convocatoria ordinaria de 2012

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

PROXECTO IMPLANTACIÓN XORNADA ÚNICA

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Que é unha rede de ordendores?

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

Transcrição:

III Plan de Igualdade de oportunidades entre Mulleres e Homes Concello de Fene 2017-2020 Edita: Concello de Fene (A Coruña) - Concellaría de Benestar Social e Igualdade - 2017 Concelleira Delegada de Benestar Social e Igualdade: Mª Carmen Martínez Rodríguez Redacción e elaboración: EDESGA Dirección, coordinación e desenvolvemento: Servizo de Atención á Muller e Promoción da Igualdade do Centro Municipal de Servizos Sociais Agradecementos: Grupos Políticos Municipais: BNG, PSOE, PP, EU, Somos Fene. Responsables Técnicos Municipais das áreas de Benestar Social, Cultura, Xuventude, Deportes, Emprego e Participación. Persoal dos Centros de Saúde Municipais. Responsable Técnica da Estratexia de Inclusión Social do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Centros Educativos: Escola Infantil A Galiña Azul de Perlío, Escola Infantil A Galiña Azul de Barallobre, CEIP Plurilingüe Os Casais, CEIP Plurilingüe O Ramo, CEIP Centieiras, CEIP de Sillobre, CPI A Xunqueira, Colegio Jorge Juan e IES Fene. Asociacións: A.V. San Ramón Sillobre, A.V. Perlío, A.V. Sta. Eulalia de Limodre, Asociación Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, Asociación Oncohematolóxica Por + vida, Clube Actividades Subacuáticas Nautilus. Este III Plan de Igualdade do Concello de Fene non houbese sido posible sen a colaboración e o compromiso de todas estas persoas e entidades. A todas elas moitas grazas polo seu tempo e a súa dedicación neste camiño pola igualdade.

Indice Saúda p. 5 Introdución Que é un PIOM? Como se elaborou o III PIOM de Fene? Como é o III PIOM de Fene? p. 7 p. 9 p. 10 p. 12 Áreas de actuación Área 1: Fene en igualdade Área 2: Coeducando Área 3: Emprego, conciliación e usos do tempo Área 4: Sociedade participativa e corresponsable Área 5: Violencia de xénero p. 13 p. 15 p. 19 p. 23 p. 27 p. 29 Guía de linguaxe integradora. Normas e usos Glosario p. 31 p. 42

Saúda O Concello de Fene, como o conxunto da sociedade na nosa comunidade e no noso país, enfróntase ao reto de producir transformacións significativas en materia de igualdade de xénero e na consecución real do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Nos últimos anos, a crise económica afectou negativamente á veciñanza do noso concello, pero os datos amosan que as mulleres sofren con maior dureza a precariedade e a exclusión. A maior presenza das mulleres nos coidados, a maior taxa de desemprego feminino de longa duración e a precariedade no mercado laboral indican que probablemente as diferenzas entre homes e mulleres aumentarán co tempo. O III Plan de Igualdade de Oportunidades para Mulleres e Homes 2017-2020 nace coa vontade de converterse no instrumento común do Concello para combater as desigualdades no noso municipio e superar as situacións de discriminacións que aínda persisten nunha sociedade patriarcal como a nosa. Para elaborar este Plan partimos da diagnose e da avaliación do Plan anterior, contando coa participación da cidadanía, das entidades e asociacións, dos centros escolares, dos grupos políticos e das diferentes áreas e departamentos municipais. Facemos especial incidencia na prevención de comportamentos sexistas que podan ser o xermolo de condutas machistas e violentas cara á muller, na coeducación, a colaboración, sensibilización e participación da cidadanía, na visibilización da muller e o compromiso de acadar unha linguaxe inclusiva en todos os documentos municipais así como de favorecer o emprego feminino e a conciliación da vida laboral e familiar. A consecución da igualdade entre mulleres e homes e a erradicación da violencia machista é tarefa de todas e de todos, e ese é tamén o compromiso do Concello de Fene. Fene, xullo de 2017. Mª del Carmen Martínez Rodríguez Concelleira de Benestar Social e Igualdade 5

Introdución

Pero que é un PIOM? Un Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal, ou PIOM, non é soamente un documento de carácter normativo destinado a eliminar as desigualdades de xénero aínda existentes entre mulleres e homes, é tamén unha ferramenta útil e necesaria tanto para os axentes sociais como para o persoal político e técnico do municipio. O Concello de Fene deseñou este III Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes para os vindeiros anos 2017-2020, co fin de continuar traballando en acadar unha igualdade de xénero real e efectiva. 9

Como se elaborou o III PIOM de Fene? O III Plan de Igualdade de Fene elaborouse empregando distintas técnicas: metodoloxía cuantitativa e cualitativa de estudo, e a base do marco legal e normativo preexistente. A análise cuantitativa realizouse a través do estudo de fontes secundarias de estudo (como o INE, o IGE, ou o Instituto Galego das Cualificacións). Este estudo permitiu facer unha radiografía demográfica, formativa e laboral da poboación da Fene, co fin de adaptar os obxectivos xerais á realidade local. A metodoloxía cualitativa desenvolveuse coa realización de entrevistas en profundidade, cuestionarios de propostas e unha xornada participativa de encontro e debate, na que se tiveron en conta os principais eidos de actuación do Plan de Igualdade. A través de preguntas específicas, obtívose información relevante para o establecemento de medidas centradas nas principais necesidades locais, e que teñen en conta os recursos existentes. 10

A parte cualitativa do estudo non houbera sido posible sen a colaboración e as propostas dos seguintes axentes sociais do Concello de Fene participantes: Eido Municipal Servizo de Atención á Muller e Promoción da Igualdade Organización e seguridade Cultura, Xuventude e Deportes Dinamización económica Dinamización social e Transparencia Medio Ambiente Área de Emprego Oficina de Información Xuvenil (OMIX) Centro de Saúde de Fene BNG Partidos políticos de Fene PSOE PP EU Somos Fene Cultural Maniños San Xurxo Magalofes Sociedade Cultural Recreativa O Pote de Maniños Eido Educativo IES Fene CEIP Plurilingüe Os Casais CEIP Plurilingüe O Ramo CEIP Centieiras CEIP de Sillobre CPI A Xunqueira Colegio Jorge Juan Escola Infantil A Galiña Azul de Perlío Escola Infantil A Galiña Azul de Barallobre Eido Asociativo Asociación Veciñal San Ramón Sillobre Asociación Veciñal Perlío Clube Actividades Subacuáticas Nautilus ASPANEPS-Fene Asociación Veciñal Sta Eulalia de Limodre Asociación Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres Asociación Oncohematolóxica Por + Vida Cultural Felicia 11

Como é o III PIOM de Fene? O III PIOM de Fene estruturase en torno a cinco grandes áreas de intervención prioritarias, asociadas a liñas de actuación estratéxicas, que artellan unha serie de medidas concretas a desenvolver entre os anos 2017 e 2020. As áreas de actuación e liñas estratéxicas a seguir son: ÁREA 1 FENE EN IGUALDADE ÁREA 2 COEDUCANDO ÁREA 3 EMPREGO, CONCILIACIÓN E USOS DO TEMPO ÁREA 4 SOCIEDADE PARTICIPATIVA E CORRESPONSABLE ÁREA 5 VIOLENCIA DE XÉNERO Liña Estratéxica 1.1. Priorizar a igualdade de oportunidades na planificación municipal e potenciar a implicación do persoal político e técnico neste eido. Liña Estratéxica 1.2. Promover a igualdade de oportunidades entre toda a veciñanza do Concello de Fene. Liña Estratéxica 2.1. Impulsar a coordinación entre o Concello e os centros educativos a fin de mellorar a sensibilización no eido da igualdade da comunidade educativa. Liña Estratéxica 2.2. Favorecer a coeducación en igualdade de oportunidades entre a poboación infantil e xuvenil municipal. Liña Estratéxica 3.1. Fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través da formación e o emprego. Liña Estratéxica 3.2. Favorecer a conciliación dos tempos familiares, laborais e persoais da poboación de Fene. Liña Estratéxica 4.1. Impulsar o reparto equitativo de tarefas e responsabilidades domésticas nos fogares do Concello de Fene. Liña Estratéxica 4.2. Promover o empoderamento e a participación social das mulleres. Liña Estratéxica 5. Sensibilizar á poboación sobre a importancia da prevención e eliminación da violencia de xénero. Deste xeito, e a través da posta en marcha das medidas que compoñen o Plan de Igualdade, levaranse a cabo as estratexias de actuación recollidas durante o proceso de deseño e elaboración para reducir as desigualdades de xénero existentes. 12

Áreas de actuación

ÁREA 1 Liña Estratéxica 1.1. Priorizar a igualdade de oportunidades na planificación municipal e potenciar a implicación do persoal político e técnico neste eido. Establecer unha reunión anual entre os distintos departamentos municipais para planificar en común e levar a cabo unha programación conxunta das medidas que se levarán a cabo nos seguintes meses. Realización dos trámites precisos para constituír un Centro de Información á Muller (CIM) no Concello de Fene. Establecer unha partida orzamentaria axeitada para a realización das medidas e obxectivos contemplados no III PIOM. 15

Fene en igualdade Liña Estratéxica 1.1. Organizar un curso básico de formación en igualdade para a totalidade do persoal político e técnico do Concello, dando facilidade ó persoal para a súa asistencia ó mesmo. ÁREA 1 Recoller datos e información desagregada por sexo nas actividades, cursos ou iniciativas levadas a cabo polo Concello co fin de coñecer o tipo e volume de participación da poboación feminina e masculina. Publicitar as iniciativas formativas que dende os distintos organismos se levan a cabo para mellorar a formación do persoal político e técnico na área de igualdade de xénero. Potenciar o uso dunha linguaxe non sexista empregando as seguintes canles: Realización e colocación de carteis sobre o uso da linguaxe non sexista nas distintas dependencias do Concello. Revisar os contidos da páxina web municipal adaptándoos a un uso correcto da lingua. Empregar unha linguaxe administrativa inclusiva en tódolos documentos oficiais do Concello. Procedería establecer unha guía de expresión non sexista na linguaxe administrativa e que a tivera presente todo o persoal do Concello. Visibilizar todas aquelas campañas realizadas dende outros organismos, tanto nas dependencias de servizos sociais, como nos demais edificios públicos do Concello Establecer os mecanismos de avaliación pertinentes para garantir a eficiencia do Plan e a consecución dos obxectivos propostos. 16

Fene en igualdade ÁREA 1 Liña Estratéxica 1.2. Promover a igualdade de oportunidades entre toda a veciñanza do Concello de Fene. Difusión do III Plan de Igualdade entre a poboación de Fene, comunicando as súas medidas e obxectivos. As fases a seguir serían as seguintes: Presentación pública do Plan de Igualdade e anuncio nos medios de comunicación locais. Reparto e colocación de exemplares nas dependencias municipais. Divulgación do III PIOM a través da web -deixando na mesma un espazo fixo para elo- e nas redes sociais municipais. Crear un pequeno espazo ou sección, dentro da Radio local, onde se traten temas relacionados coa igualdade, a conciliación, a coeducación, a prevención e sensibilización da violencia de xénero... Promover actividades nos centros educativos e asociacións para a organización de actividades conmemorativas con motivo do 8 de Marzo (Día Internacional da Muller) e o 25 de Novembro (Día Internacional contra a Violencia de Xénero) procurando que teñan un carácter transversal. Nos centros educativos facer especial fincapé no último nivel da Escola Infantil, segundo ciclo de Educación Infantil e primeiro ciclo da ESO, sen descoidar o resto dos niveis educativos. Poñer en marcha unha campaña divulgativa e de sensibilización en igualdade que fomente a participación da cidadanía. 17

ÁREA 2 Liña Estratéxica 2.1. Impulsar a coordinación entre o Concello e os centros educativos a fin de mellorar a sensibilización no eido da igualdade da comunidade educativa. Establecer unha reunión ao inicio do curso escolar entre os centros educativos e persoal da área de igualdade, a fin de incluír no programa de acción titorial as actividades que se queiran levar a cabo. Propor aos centros educativos que no seu PEC sinalen especificamente actuacións conducentes a conseguir unha efectiva igualdade entre todos os membros da comunidade educativa. Deberíase establecer unha reunión trimestral de seguimento. Todo isto deberíase reflectir na Programación Xeral Anual de todos os centros educativos cara a un compromiso efectivo. 19

Coeducando Liña Estratéxica 2.1. ÁREA 2 Organizar unha sesión de traballo entre as ANPAS, os centros educativos e o Concello onde cada un poida levar ideas e propostas concretas que teñan cabida dentro do marco do Plan de Igualdade. Isto debería reflectirse na PXA de cada centro, xa que a programación xeral anual será de obrigado cumprimento para tódolos membros da comunidade educativa. Promover en colaboración cos centros educativos, asociacións culturais, recreativas e deportivas, actividades de sensibilización que teñan un carácter dinámico e reflexivo (por exemplo obras de teatro, concursos de curtametraxes, exposicións...) co fin de implicar activamente á poboación infantil e xuvenil. Facer partícipes da planificación e organización das actividades tanto ós centros educativos como ás entidades. Realizar unha xornada centrada na educación emocional do profesorado e na súa sensibilización. Crear cuñas radiofónicas -ou un programa de carácter estable- na radio local de Fene, orientado á concienciación e sensibilización, no que o alumnado local sexa o protagonista. Habilitar un buzón de suxestións -cun cartel explicativo do seu obxectivo- nos lugares vinculados ao eido educativo (centros escolares, OMIX, biblioteca, polideportivo...) co fin de recoller denuncias, críticas ou propostas da cidadanía en relación á igualdade de xénero. 20

Coeducando ÁREA 2 Liña Estratéxica 2.2. Favorecer a coeducación en igualdade de oportunidades entre a poboación infantil e xuvenil municipal. Incluír na temática do Campus lingüístico a perspectiva de xénero e desenvolver actividades centradas especificamente na sensibilización en igualdade e a prevención de condutas violentas. Traballar de xeito intensivo os valores de igualdade entre mulleres e homes e as pautas educacionais para previr e combater a violencia de xénero. Crear dende a Biblioteca municipal un listado de lecturas recomendadas en clave de xénero e difundilo entre os distintos centros educativos. Celebrar o Día do Libro en torno á literatura ou cómics xuvenís escritos por mulleres galegas. Proponse tamén a organización dunha charla entre as escritoras e o alumnado de Fene, onde poidan debater e facer unha reflexión conxunta. 21

Coeducando Liña Estratéxica 2.2. ÁREA 2 Organización dunha serie de obradoiros destinados a nais e pais, en colaboración coas ANPAS, nos que se aborden as seguintes cuestións: Sensibilización en igualdade de xénero (principios coeducativos, estereotipos na elección de estudos e profesións, deportes mixtos, etc.) Información sobre os perigos na Internet (redes sociais, foros...) e pautas para un uso responsable. Información e abordaxe da violencia de xénero e os conflitos daniños nas relacións de amizade e parella. Deseñar, dende os Servizos Sociais municipais, talleres centrados na afectividade e na sexualidade nos que se fomente a independencia, a autoestima e o empoderamento feminino (primeiras relacións sexuais, primeiras etapas do noivado, autorespeto das nenas...). Estes talleres serán levados a cabo nos diferentes centros escolares de Fene. Proporcionar valores coeducativos ás avoas e avós coidadores a través dunha xornada interxeracional na que tamén participe a poboación infantil (por exemplo o papel das mulleres na sociedade no pasado e no presente...). 22

ÁREA 3 Liña Estratéxica 3.1. Fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través da formación e o emprego. Valorar a posibilidade de introducir criterios de discriminación positiva na convocatoria de concursos públicos municipais, ofertas de emprego, cursos formativos, etc. Trataríase por exemplo de: bonificar nos impostos locais ou priorizar a contratación de empresas que dispoñan de plan de igualdade, que teñan adoptado medidas de conciliación, que respecten os principios de paridade, etc. Establecer como requisito obrigatorio que o persoal que imparte os módulos de igualdade de oportunidades dos cursos formativos e dos obradoiros de emprego dispoñan de ampla formación acreditada neste eido. 23

Emprego, conciliación e usos do tempo Liña Estratéxica 3.1. ÁREA 3 Elaborar en colaboración coa área de emprego e as asociacións empresariais unha guía para difundir entre as empresas locais e que trate os seguintes temas: Beneficios da conciliación familiar, laboral e persoal. Dereitos laborais dos traballadores en xeral e das mulleres en particular. Información sobre recursos e axudas de interese. Levar a cabo una xornada anual informativa e de asesoramento para promover o autoemprego entre a poboación feminina de Fene, nas que se poidan abordar as seguintes cuestións: Pasos na creación de empresas ou cooperativas. Posibles ideas de negocio no eido local. Intercambio de experiencias con mulleres cooperativistas da zona de Ferrolterra. Realizar talleres formativos nos centros educativos de Fene onde se rompan os estereotipos de xénero existentes e que inflúen na elección de estudos e ramas profesionais. 24

Emprego, conciliación e usos do tempo ÁREA 3 Liña Estratéxica 3.2. Favorecer a conciliación dos tempos familiares, laborais e persoais da poboación de Fene. Ofrecer espazos de conciliación dentro das actividades de carácter formativo, deportivo e cultural que se organizan dende o Concello de Fene, co fin de facilitar a asistencia das persoas con menores ao seu cargo. Organizar tódalas actividades municipais (deportivas, culturais, etc.) en horarios e lugares que faciliten a conciliación dos tempos familiares, persoais e laborais. Establecer criterios de priorización no acceso ás actividades municipais nos que se teñan en conta cuestións como: familias monoparentais, xornadas laborais e horarios, nivel de renda... Cómpre ter en conta esta medida especialmente no Campus Lingüístico e naquelas actividades organizadas en períodos vacacionais. Promover a organización de actividades deportivas, culturais, educativas e de lecer en períodos vacacionais e/ou fóra do horario escolar co fin de favorecer a conciliación das familias de Fene. Crear un espazo informativo na Web do Concello sobre os recursos dispoñibles a nivel municipal en materia de conciliación (horarios de servizos, prezos, axudas dispoñibles, requisitos de acceso...). 25

ÁREA 4 Liña Estratéxica 4.1. Impulsar o reparto equitativo de tarefas e responsabilidades domésticas nos fogares do Concello de Fene. Realizar, en colaboración cos centros educativos, cursos nos que se aborde a autonomía persoal e as habilidades domésticas para fomentar a corresponsabilidade entre a poboación xuvenil de Fene. Desenvolver iniciativas, nas que participen as ANPA e os centros educativos, dirixidas a reflexionar sobre o actual reparto de tarefas e responsabilidades domésticas (por exemplo a través de fichas nas que o alumnado reflicta o reparto habitual de tarefas nos seus fogares para xerar un debate posterior). Levar a cabo un curso básico de mantemento do fogar orientado tanto a mulleres coma homes nos que se aprendan habilidades básicas vinculadas por exemplo ao bricolaxe, a mecánica ou a xestión do fogar. 27

Sociedade participativa e corresponsable ÁREA 4 Liña Estratéxica 4.2. Promover o empoderamento e a participación social das mulleres. Valorar a posibilidade de recuperar o Consello sectorial da muller. Priorizar as axudas e o apoio ás asociacións comprometidas cos principios de igualdade e integración social. Levar a cabo unha xuntanza anual coas asociacións de Fene co fin de favorecer unha cooperación real e estable entre entidades, procurando tanto a recollida de necesidades, suxestións e propostas de actuación, como a reciprocidade na difusión de actividades. Establecer canles de comunicación periódicos (por exemplo a través do envío de boletíns trimestrais) entre a área de igualdade, os centros educativos e as asociacións do termo municipal co fin de mantelas informadas, fomentar a difusión do III PIOM, e posibilitar a colaboración estable e continuada. Fomentar a sensibilización en igualdade no eido deportivo, contando coa colaboración de asociacións e centros escolares, por exemplo a través da organización de equipos ou campionatos mixtos. 28

ÁREA 5 Liña Estratéxica 5.1. Sensibilizar á poboación sobre a importancia de prevención e eliminación da violencia de xénero. Realizar os trámites precisos para formalizar e poñer en marcha o Protocolo de violencia de xénero xa existente. Crear e difundir un folleto informativo cos servizos dispoñibles en materia de violencia de xénero a nivel municipal, comarcal, provincial, autonómico (teléfonos de emerxencia, información contacto CIM, centros de saúde, 016...). 29

Violencia de xénero Liña Estratéxica 5.1. ÁREA 5 Visibilizar e informar sobre os distintos tipos de violencia de xénero existentes (psicolóxica, física, económica, sexual), por exemplo, a través das seguintes canles: Cursos ou charlas, especialmente nos centros de secundaria. Difusión nos medios de comunicación locais. Dípticos ou guías de sensibilización. Colocación na Web e redes sociais municipais. Organizar cursos ou talleres nos que se aborden cuestións como a autoestima, o fomento da independencia, como actuar en casos de conflitos de parella, o benestar persoal, etc. Levar a cabo unha campaña de sensibilización, contando coa colaboración das asociacións de hostalería, co fin de incluír un slogan contra a violencia de xénero e un teléfono de axuda nas servilletas, salvamanteis, etc. Levar a cabo unha reunión conxunta entre as distintas entidades e axentes sociais implicados no Protocolo de violencia de xénero (Concello, centro de saúde, policía local, garda civil, centros escolares...) co obxectivo de coñecer a situación en materia de violencia de xénero, valorando a posibilidade de introducir melloras na abordaxe desta problemática. Favorecer a formación e a sensibilización en igualdade das persoas implicadas activamente no Protocolo de violencia de xénero (charlas, cursos, documentación específica...) co obxectivo de garantir a especificidade desta ferramenta e a correcta atención ás vítimas de violencia de xénero. 30

Que é a linguaxe integradora ou non sexista A linguaxe integradora ou non sexista (tamén chamada inclusiva) é aquela que fai visible a existencia dos sexos, utilizando diversas fórmulas e estratexias para fomentar unha visión do mundo na que se inclúan mulleres e homes en igualdade. É unha linguaxe completamente correcta desde unha perspectiva gramatical, que busca superar o sexismo lingüístico e a reprodución estereotipada do xénero social. Actualmente no uso escrito e oral da linguaxe aínda reproducimos moitos dos estereotipos sexistas da sociedade. Este feito ten como consecuencia que o valor das mulleres desaparece do noso imaxinario colectivo. Para mudar esta situación hai unha serie de estratexias e normas que debemos seguir para construír unha linguaxe non sexista, igualitaria e integradora para... Dar visibilidade a toda a sociedade, independentemente do seu sexo. Resolver moitos problemas de imprecisión e ambigüidades na nosa comunicación escrita. 33

Estratexias de uso da linguaxe integradora ou non sexista Uso dos XENÉRICOS: en que consiste? A utilización abusiva do xénero masculino en substantivos que designan ao conxunto dunha colectividade, axuda a reproducir a invisibilización das mulleres. Para evitar usos sexistas da linguaxe, e mesmo reducir ambigüidades, téñense que empregar verdadeiros termos colectivos ou xenéricos. Os electores incrementaron a súa participación O electorado incrementou a súa participación Os funcionarios do Concello de Fene O funcionariado do Concello de Fene O libro foi reservado por outro usuario O libro foi reservado por outra persoa usuaria Os solicitantes deberán presentar o seu currículo Coa solicitude deberase presentar o currículo 34

Estratexias de uso da linguaxe integradora ou non sexista Mal uso dun falso xenérico Os veciños de Fene O home Os mozos Os cidadáns Os funcionarios Os traballadores Os profesores O alumno O estudante Os técnicos Aqueles que teñan O demandante Bo uso dun xenérico A veciñanza de Fene O ser humano A mocidade A cidadanía O funcionariado A clase traballadora O profesorado O alumnado O estudantado O persoal técnico Quen teña Quen presente a demanda 35

Estratexias de uso da linguaxe integradora ou non sexista Uso dos DESDOBRAMENTOS: en que consiste? Na lingua escrita, sempre hai que valorar o dobre emprego de substantivos con forma feminina ou masculina. Esta opción é moi recomendable, posto que estaremos facendo unha mención explícita a ambos os sexos. Os pais As nais e os pais Os xogadores Os xogadores e as xogadoras O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Galicia O Colexio Oficial de Enxeñeiras e Enxeñeiros de Galicia A estratexia do desdobramento, ás veces, supón realizar un uso reiterativo da linguaxe oral e escrita. As alumnas e alumnos chamadas e chamados As e os alumnos chamados Todas as cociñeiras contratadas e todos os cociñeiros contratados Todas as cociñeiras e cociñeiros contratados É importante, no uso do desdobramento, adiantar a mención da muller nos nosos hábitos de expresión do seguinte xeito: Os homes e mulleres As mulleres e os homes Asociación de Pais e Nais Asociación de Nais e Pais 36

Estratexias de uso da linguaxe integradora ou non sexista Uso das BARRAS e das ARROBAS: en que consiste? A barra (/) é un símbolo que pode ser empregado, ás veces, para visibilizar os xéneros feminino e masculino. A barra emprégase en dous casos: No caso de non atopar ningún substantivo xenérico ou neutro. Nos documentos (instancias, cartas, nóminas ) nos cales non se coñece a persoa que finalmente vai facer algún tipo de trámite. A/o arquitecta/o O/a traballador/a Empregada/o Graduada/o Director/a Xefa/e Dona/Don Clienta/e A arroba (@) tense empregado como unha forma de reproducir unha linguaxe non sexista. Cómpre sinalar que o seu uso non é axeitado posto que no plano oral non se pode pronunciar, e porque non é un signo lingüístico. 37

Estratexias de uso da linguaxe integradora ou non sexista Feminización das PROFESIÓNS: en que consiste? Unha mostra moi habitual dun uso sexista da linguaxe é o non recoñecemento dunha actividade profesional que é desempeñada por mulleres e homes. As máis das veces acontece que determinadas profesións son masculinizadas (médico, notario, alcalde ). Este incorrecto e sexista uso da lingua hai que mudalo empregando e coñecendo os substantivos femininos correspondentes. Feminino Masculino Feminino Masculino Albanela Albanel Empregada do fogar Empregado do fogar Almaceneira Almaceneiro Enxeñeira Enxeñeiro Arquitecta Arquitecto Facultativa Facultativo Avogada Avogado Fontaneira Fontaneiro Bombeira Bombeiro Limpadora Limpador Camareira Camareiro Modista Modisto Camioneira Camioneiro Peoa Peón Cociñeira Cociñeiro Perita Perito Compradora Comprador Porteira Porteiro Condutora Condutor Repatidora Repartidor Costureira Costureiro Xuíza Xuíz 38

Linguaxe administrativa integradora ou non sexista A linguaxe dos distintos documentos oficiais ten que reflectir sempre un tratamento de xénero totalmente igualitario. As estratexias xerais deben ser, pois, de obrigado cumprimento en calquera documento da Administración. Formas de tratamento administrativo Nos documentos de carácter administrativo (solicitudes, inscricións, cartas, instancias...) é moi frecuente masculinizar diferentes formas de tratamento. E preciso mudar as fórmulas de redacción, tal e como se reflicte: Don Nacido en Empadroado en Provisto de documento de identidade O solicitante Pai ou titor Nome e apelidos (ou emprego da fórmula Dona/Don) Data de nacemento Con empadroamento en Nº documento de identidade Sinatura/ Persoa solicitante Nai, pai ou representante legal Cabe precisar que os termos señora e señorita indican o estado civil das mulleres, aspecto que non acontece cos termos masculinos correspondentes. Ámbolos dous termos non se deben reproducir na linguaxe administrativa. 39

Estratexias de uso da linguaxe integradora ou non sexista Feminización dos postos administrativos No eido administrativo non se pode incorrer nun uso masculinizado na designación de calquera posto; polo tanto e novamente, hai que coñecer e dar uso á forma feminina correspondente. Feminino Alcaldesa Administrativa Auxiliar administrativa Bedela Concelleira Funcionaria Interventora Orientadora Secretaria Técnica Masculino Alcalde Administrativo Auxiliar administrativo Bedel Concelleiro Funcionario Interventor Orientador Secretario Técnico 40

Decálogo da linguaxe integradora ou non sexista Lembra que para facer un uso axeitado dunha linguaxe integradora tes que 1. Saber que constrúes unha sociedade máis igualitaria 2. Saber que estás respectando totalmente a norma gramatical 3. Evitar o uso dos substantivos masculinos xenéricos, substituíndoos por xenéricos colectivos axeitados e non discriminatorios 4. Valorar o dobre emprego de substantivos con forma feminina ou masculina 5. Facer un uso axeitado, na escrita, da barra (/) 6. Evitar o uso escrito da arroba (@) 7. Coñecer e facer uso dos substantivos femininos de diferentes profesións e cargos 8. Evitar o uso de fórmulas orais e escritas discriminatorias ( señora e señorita ) 9. Recoñecer e facer uso de dun tratamento administrativo igualitario 10. Respectar a feminización de diversos cargos e postos administrativos 41

Glosario Coeducación Método de intervención educativo que vai máis alá da educación mixta e cuxas bases aséntanse no recoñecemento das potencialidades e individualidades de nenas e nenos, independentemente do seu sexo. A coeducación é, polo tanto, educar dende a igualdade de valores das persoas. Conciliación Supón propiciar as condicións para lograr un axeitado equilibrio entre as responsabilidades persoais, familiares e laborais. É un concepto tradicionalmente ligado, en exclusiva, ás mulleres, polo que é necesario transcender o seu significado prestando especial atención aos dereitos dos homes nesta materia, evitando que as mulleres sexan as únicas responsables do coidado de fillas e fillos e outras persoas dependentes xa que estas obrigas entran en colisión co seu dereito de acceder e permanecer no emprego. Corresponsabilidade Concepto que vai alén da mera conciliación e que implica compartir a responsabilidade dunha situación, infraestrutura ou actuación determinada. É dicir, consiste en se responsabilizar de maneira conxunta e independentemente do xénero, sobre aspectos tales como o coidado das fillas e fillos, do fogar, etc. Violencia de xénero A Declaración das Nacións Unidas sobre a eliminación da violencia contra as mulleres define esta violencia como todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para as mulleres, inclusive as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública ou privada. As Nacións Unidas recoñecen en 1980 que a violencia contra as mulleres é o crime encuberto máis frecuente no mundo. Xénero Concepto que fai referencia ás diferenzas sociais (por oposición ás biolóxicas) entre mulleres e homes, as cales foron aprendidas, cambian co tempo e presentan grandes variacións tanto entre diversas culturas como dentro dunha mesma. 42

Máis información CENTRO MUNICIPAL DE SERVICIOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE Horario de atención xeral: de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas Traballadoras Sociais, Psicóloga e Pedagoga: Cita Previa Servizo Asesoramento Xurídico: Cita Previa 981 342 607 / 981 492 706 607 60 02 65 servizos.sociais@fene.gal Equipo Técnico e Admistrativo: 4 Traballadoras Sociais 1 Psicóloga 1 Pedagoga 1 Auxiliar Administrativa 1 Axudante de Administración 1 Avogado/a Enderezo Avda. do Mar, bloque I - baixo, San Valentín. 15500 Fene 43

Contactos de interese Casa do Concello: 981 492 707 Centro Municipal de Servizos Sociais - Servizo de Atención á Muller e Promoción da Igualdade: 981 342 607 / 981 492 706 / 607 600 265 - servizos.sociais@fene.gal Centros de Saúde de Tarrío e Maniños: 981 341 429 / 981 361 140 Policía Local: 981 492 777 / 609 828 744 / 669 829 355 Garda Civil: 981 340 094 Xulgado de Paz: 881 930 141 Servizo de Información e Asesoramento ás mulleres vítimas de violencia de xénero: 016 Teléfono da Muller (24 horas gratuíto): 900 400 273