PROXECTO EDUCATIVO DA ESCOLA INFANTIL

Documentos relacionados
Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

PIALE Integración en lingua portuguesa

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

PLAN TIC IES Chapela (PE)

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

Política e Obxectivos de Calidade

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

REDE EUSUMO. información e comunicación

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

1.- Organización da Escola de Primavera:

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

- Língua Portuguesa na Galiza

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

O CONTRATO DE TRABALLO

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

Escala técnica superior

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

Guía de recursos dixitais da web da UMinho

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Plans e protocolos de empresa familiar

PROXECTO IMPLANTACIÓN XORNADA ÚNICA

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

CAMPA A RESGAL

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

Guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

IES 12 DE OUTUBRO PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

PROGRAMA FORMATIVO MF0973_1 GRAVACIÓN DE DATOS

Planificación do curso escolar

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

Plan de acción para as persoas con discapacidade. Lectura fácil

poboación xitana en paro

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

Requisitos para subir documentos ao

V I C E P R E S I D E N C I A

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

Ofoe (Oficina de Orientación ao Emprego)

PROXECTO EDUCATIVO I.E.S. FRANCISCO AGUIAR BETANZOS

Formación Profesional Básica: Módulo profesional de Comunicación e Sociedade II

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Transcrição:

PROXECTO EDUCATIVO DA ESCOLA INFANTIL 1

PROXECTO EDUCATIVO DA ESCOLA INFANTIL I. TIPOLOXÍA DE ESCOLA Índice: II. CARACTERÍSTICAS BÁSICAS A) Características socioculturais do contorno B) O centro C) As familias D) Os nenos/as E) O equipo educativo F) O persoal non docente III. SINAIS DE IDENTIDADE A) Base legal B) Principios básicos da tarefa educativa IV. CONTIDOS EDUCATIVOS V. ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E XESTIÓN 2

O Proxecto Educativo constitúe un documento de carácter programático que expresa as intencións da Comunidade Educativa respecto dos principios educativos, dos obxectivos e da organización da Escola que inspiran a elaboración dos demais proxectos e vertebran a xestión participativa do centro. Cada escola infantil ten un marxe de autonomía que lle permitirá ir creando un estilo propio e uns sinais de identidade que a farán en certa medida orixinal na busca coherente e racional dos obxectivos que a sociedade e o propio centro se marcan. I. TIPOLOXÍA DE ESCOLA Titularidade: Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Niveis educativos: Educación Infantil (Ciclo 0-3). Número de alumnado: xxx nenos e nenas. Profesorado: xx mestras/es (unha delas con función de directora), xx educadoras/es. Calendario de apertura: A escola infantil estará aberta os 12 meses do ano. Cada neno ou nena poderá asistir 11 meses. Horario: Para atender á demanda das familias, cada día a escola estará aberta de 7 30 a 21 30 horas; de acordo coas necesidades expresadas polas familias, poderase establecer un horario de verán e outro de inverno. O tempo máximo de permanencia de cada neno non excederá das 8 horas diarias, agás que circunstancias excepcionais, que deberán xustificarse, o determinen. Central de xx a xx. Ampliado de xx a xx. 3

II. CARACTERÍSTICAS BÁSICAS A) Características socioculturais do contorno. Características económicas. Características socioculturais. Lingua que se emprega no contorno. Enumeración dos recursos do contorno: sanitarios, culturais, educativos, deportivos, asociacións, etc. Convén sinalar as relacións que a escola mantén cos recursos do contorno: Coñece a súa existencia, o persoal da escola coñece e trata aos responsables destes recursos, compártese información con eles, existen relacións de colaboración (que poden ser de diferente natureza e grao, segundo o recurso de que se trate). Neste apartado interesa destacar todo o destinado á primeira infancia: centros, programas, equipamentos. B) O centro. Descrición breve do edificio. Dependencias interiores, planta por planta, indicando a superficie e partes de que consta, conexións con outras dependencias, por exemplo: Un hall e entrada ao edificio. Un despacho de Dirección. X aseos de adultos, con espazos para taquillas e botiquín. Sala de reunións con espazo para almacén. Obradoiro con ordenador e biblioteca cun pequeno almacén. Escaleiras de acceso á primeira planta. Aula de 0-1 anos, con zona de cambio e acceso a un patio independente. Aula de 1-2 anos, con dúas alturas, unha zona de cambio con 2 wc e con comunicación por unha porta coa aula de 0-1. Aula de 2-2 anos independente, con zonas de cambio e 3 wc. Cociña. Comedor. 4

Lavandería. O patio da escola está dividido en dúas zonas: unha para os nenos e nenas de 0-1 anos e outra para o de 1-3 anos. Ten un total de XXX m 2, en parte con solo de area, parte con herba e parte con solo de caucho; está rodeado por un valado e n seto de plantas. Tamén conta cun magnolio e un castiñeiro. C) As familias. Na escola hai actualmente XX familias. Os trazos de composición podémolos resumir na seguintes táboas: Composición das familias (Adultos) Tipos Monoparental Biparental Extensa con avós Número de familias XX XX XX Composición das familias (Número de criaturas) 1 fillo/a 2 fillos/as 3 fillos/as Máis de 3 fillos/as XX XX XX XX A idade media dos pais é de XX anos, sendo o máis novo de XX anos e o máis vello de XX anos. A media de idade das nais é de XX anos, sendo a máis nova de XX anos e a maior de XX anos. Non existe unha distribución homoxénea dos proxenitores en canto á súa formación, xa que XX% deste teñen estudos de nivel universitario e un XX% de graduado escolar ou sen estudos, o que inflúe tanto na disparidade dos niveis socioeconómicos coma na diferenza en canto a intereses, necesidades e demandas. Así, tamén o abano de ocupacións é amplo e vai desde...,..., e... a...,... e..., pasando por...,...,... 5

Do conxunto dos proxenitores XX% traballan por conta allea ou son autónomos, XX% están desempregados ou non traballan fóra da casa.a maioría traballa no núcleo da poboación, pero moitos traballan en... [Aínda que o habitual esta diversidade, tamén pode acontecer que nalgúns contextos predomine unha maior coincidencia e nivel de estudos dos proxenitores, traballo, ingresos económicos e intereses e demandas. Neste caso tamén se debe recoller nesta parte do Proxecto Educativo]. Un dato que compre destacar, se é o caso, é o aumento do número de familias inmigrantes, procedentes, sobre todo, de... A gran maioría dos proxenitores teñen manifestado [se se lles preguntou] que teñen afeccións que abarca nunha ampla gamma, aínda que se concentran en deportes, lectura, música, xardinería, traballos manuais,... aínda que os practican con menos frecuencia da desexada a causa da falta de tempo dispoñible. As nais e pais da Escola Infantil XXX poden describirse como participativos, ben informados e cun alto nivel de contacto diario coa escola xa que cerca dun XX% deles traen persoalmente as súas criaturas á escola, e XX% din que coñecen as actividades que nenos e nenas realizan diariamente a través da mestra ou educadora. Máis da metade das familias colabora activamente coa escola nas saídas, nas festas e/ou en obradoiros. Algúns dos que non colaboran activamente manifestan que non teñen tempo para facelo. No que se refire á xestión e organización da escola, as familias coñecen os seus órganos de xestión e representación, condicionando a súa participación segundo os seus intereses e os temas que estes órganos aborden. D) Os nenos e nenas A escola ten capacidade para XXX nenos e nenas, que están agrupados por idades. Sen embargo hai actividades cotiás que permiten compartir momentos con nenos de outras idades e con outros adultos que non son as súas mestras e ou educadoras. 6

Gran parte dos nenos e nenas desta escola son os únicos fillos na familia; ás veces prodúcese o nacemento de irmáns durante a escolarización. Hai que facer mención expresa a que vai aumentando progresivamente o número de nenos que proceden de outros países ou que os seus proxenitores non son galegos polo que posúen costumes ou valores culturais e relixiosos diferentes. De acordo co principio de integración e normalización, esta escola infantil acollerá nenos e nenas con necesidades educativas especiais, creando as circunstancias axeitadas para a súa seguridade, o seu benestar e o estímulo das súas capacidades. E) O equipo educativo O Equipo Educativo da Escola Infantil XXX está composto por XX persoas: XX educadoras e XX mestras, das que unha é a directora do centro. As mestras teñen un horario de XX horas semanais de dedicación directa aos nenos e nenas e XX de traballo persoal e de reunións. As educadoras teñen un horario de XX horas semanais de dedicación directa aos nenos e nenas e XX de traballo persoal e de reunións. A escola está disposta a recibir alumnado en prácticas tanto de Mestre de Educación Infantil como do Ciclo Superior de Educación Infantil de Formación profesional, así como de calquera institución formativa que teña convenio co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Todos os membros do Equipo Educativo comparten os mesmos principios educativos e transmítenos ás persoas que cheguen novas. Participa en proxectos de innovación e adopta como pauta básica do seu traballo a reflexión sobre a práctica educativa e a participación xunto cos demais membros da Comunidade Educativa na súa organización e xestión. A través do traballo en equipo tratan de responder ás necesidades de aprendizaxe e profesionalización dos adultos. Ao tempo que posibilita o 7

intercambio, constitúe a base dun obxectivo común: integrar a tarefa de todos para ofrecera nenos e nenas coherencia no Proxecto Educativo. F) O persoal non docente A liña educativa da escola é compartida polo resto do persoal non docente: XXX Estas persoas, ademais do importante labor que desempeñan no centro, teñen un contacto diario e directo cos nenos e nenas e as súas familias. Coñecen e comparten os criterios educativos do equipo docente e colaboran directa e indirectamente en determinadas actividades. Tendo en conta que todos os nenos e nenas comen no centro, atenden especialmente a vertente educativa do tempo de comedor. III. SINAIS DE IDENTIDADE: A) Base legal Os principios xerais do noso sistema educativo veñen definidos basicamente na LOE, que no seu artigo 2 establece que se orientará á consecución dos seguintes fins: a) O pleno desenvolvemento das capacidades dos alumnos. b) A educación no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidades. c) A educación no exercicio da tolerancia e a liberdade dentro dos principios democráticos e convivencia, así como na prevención de conflitos e a resolución pacífica dos mesmos. d) A educación na responsabilidade individual e no mérito e esforzo persoal. e) A formación para a paz, o respecto aos dereitos humanos, a vida en común, a cohesión social, a cooperación e a solidariedade entre os pobos así como a adquisición de valores que propicien o respecto cara 8

aos seres vivos e o medio ambiente, en particular ao valorar os espazos forestais e o desenvolvemento sostible. f) O desenvolvemento da capacidade dos alumnos para regular a súa propia aprendizaxe, confiar nas súas aptitudes e coñecementos, así como para desenvolver a creatividade, a iniciativa persoal e o espírito emprendedor. g) A formación no respecto e recoñecemento da pluralidade lingüística e cultural de España e da interculturalidade como un elemento enriquecedor da sociedade. h) A adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, de coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e artísticos, así como o desenvolvemento de hábitos saudábeis, o exercicio físico e o deporte. i) A capacitación para o exercicio de actividades profesionais. j) A capacitación para a comunicación na lingua oficial e cooficial, de habela, e nunha ou máis linguas estranxeiras. k) A preparación para o exercicio da cidadanía e para a participación activa na vida económica, social e cultural, con actitude crítica e responsable e con capacidade de adaptación ás situacións cambiantes da sociedade do coñecemento. Igualmente, ao tratar da Educación Infantil, no artigo 12, establece como un dos principios xerais que: A educación infantil constitúe a etapa educativa con identidade propia que atende a nenas e nenos desde o nacemento ata os 6 anos de idade. E no artigo 13, sinala: A educación infantil contribuirá a desenvolver nas nenas e nenos as capacidades que lles permitan: a) Coñecer o seu propio corpo e o dos outros, as súas posibilidades de acción e aprender a respectar as diferenzas. 9

b) Observar e explorar o seu contorno familiar, natural e social. c) Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais. d) Desenvolver as súas capacidades afectivas. e) Relacionarse cos demais e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e relación social, así como exercitarse na resolución pacífica de conflitos. d) Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión. e) Iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas, na lecto-escrita e no movemento, o xesto e o ritmo. B) Principios básicos da tarefa educativa Tendo en conta as normas anteriores e a pedagoxía da primeira infancia, a tarefa educativa nesta escola infantil rexerase polos seguintes principios de actuación: a) Promovemos un desenvolvemento harmónico e integral dos nenos e nenas nos aspectos físicos, afectivos e intelectuais, atendendo ás súas necesidades, potenciando e valorando as súas capacidades, respectando os seus intereses e posibilitando, ao mesmo tempo, as diferentes formas de expresión. b) Apoiamos e facilitamos o establecemento de relacións sociais e afectivas entre os nenos e os adultos, entre os profesionais e as familias, transmitindo, coa nosa actitude, a importancia do respecto e da consideración cara aos demais, valorando a riqueza que nos achega a diversidade (de sexo, de condicións físicas, de estilos de vida, de ritmos de aprendizaxe, de orixe, de ideoloxía, de situacións económicas, etc). c) Favorecemos o interese e curiosidade dos nenos polo seu propio contorno físico, social e cultural, facilitando os recursos para coñecelo, comprendelo e respectalo. Potenciamos unha actitude aberta e 1

construtiva a respecto da realidade que axude a adquirir unha visión positiva da vida. d) Consideramos a ensinanza-aprendizaxe como un proceso activo de construción e investigación, onde os nenos e as nenas son os protagonistas do seu proceso de aprendizaxe, para o que fomentamos a curiosidade, a investigación, a iniciativa e a reflexión. e) Terase en conta a lexislación vixente en materia lingüística no ámbito educativo, e os obxectivos do Plan de normalización da lingua galega no que se refire a educación, para a concreción do proxecto lingüístico integrado neste proxecto educativo. f) Asumimos a participación como forma de organización e funcionamento que se manifesta en todos os momentos e ámbitos da vida da escola infantil. Propiciamos a existencia de espazos e canles de información e comunicación variados, que favorezan a reciprocidade, de forma que toda a Comunidade Educativa dispoña das canles axeitadas para poder manifestar os seus intereses e formar parte dun proxecto común. g) Entendemos a función da educadora como facilitadora de recursos e facilitadora de procesos que, cunha actitude aberta e flexible e en formación permanente, traballa en equipo para conxuntar a tarefa de todos e ofrecer ás criaturas seguridade e confianza e unidade nun proxecto común. IV. CONTIDOS EDUCATIVOS a. Tendo en conta o desenvolvemento infantil nestas idades, as prácticas educativas neste ciclo da educación infantil e as normas que regulan este aspecto, tomarase como base o Decreto 330/2009 de 4 de xuño para ir pechando a proposta pedagóxica da escola a nivel curricular. 1

V. ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E XESTIÓN Para responder adecuadamente ás necesidades dos nenos e nenas nun contorno cambiante a través da mellor utilización de todos os medios e recursos dispoñibles, consideramos que é de gran importancia establecer unha organización áxil e fluída, que facilite a comunicación entre os distintos sectores da comunidade educativa e que reflicta o modelo democrático da nosa sociedade. Para iso, consideramos básica a coordinación entre todos os elementos que constitúen a Comunidade Educativa da nosa escola: Dirección, Equipo educativo, Consello de Escolar, Persoal non docente, Nenos e nenas, e Familias. Esta coordinación realizarase primordialmente a través da organización de reunións de distinto ámbito e periodicidade, tais como: Reunións xerais coas familias que, con periodicidade de dúas veces pro curso, propician o encontro informativo con todos os pais e /ou titores dos nenos e nenas. Reunións trimestrais das titoras co grupo de pais da súa clase que, baseadas na información, participación e avaliación, propician un punto de encontro colectivo. Reunións do Consello de Escolar que, como órgano de xestión e representación, analiza e resolve sobre os variados aspectos que a el lle competen. Reunións da ANPA onde se abordan os temas, inquietudes e suxestións dos pais e se informan sobre os diferentes aspectos que esta xestiona ou administra. Reunións da Dirección coa ANPA para informar e garantir a comunicación eficaz, que favoreza a participación e colaboración dos pais. 1

Destacaremos tamén a importancia do traballo persoal de cada docente para a consecución dos obxectivos sinalados. Dentro da súa dedicación sinalaranse sinalarase un tempo para a atención personalizada aos pais de nenos e nenas. Con base nesta forma de funcionamento, que permite unha acción coherente e unha reflexión e estudo continuo da propia práctica docente, desenvolverase o traballo con nenos e nenas utilizando, entre outras, as seguintes formas: Recantos de actividade. A organización da clase por zonas ou areas fai posible a participación activa dos nenos e nenas na construción dos seus coñecementos, definíndose esta participación desde o respecto aos intereses e ás eleccións individuais. Estes espazos estables permiten unha distribución espacial da aula e unha mellor estruturación e aproveitamento dos materiais, facilitando as oportunidades de actividade e a rotación segundo as prioridades de elección do neno/a. Esta forma de traballo permítelle ao docente a observación e a escoita activa, o reaxuste das actividades, a detección de conflitos e a avaliación non só do resultado do traballo senón tamén do proceso de posta en práctica. Obradoiros. Organización do traballo en torno a unha tarefa concreta, da que se obtén un resultado material ou non material e permite a participación de toda a Comunidade Educativa, ao tempo que produce novas formas de participación e innovación. O docente ten aquí un papel motivador e facilitador, achegando non só o material e o coñecemento das técnicas, senón tamén creando un ambiente acolledor, seguro e estimulante. Pequenos proxectos. Partindo dun enfoque integrador e aberto, os Proxectos constitúen un excelente procedemento de aprendizaxe; neles o obxectivo non é a adquisición mecánica de coñecementos, senón de procedementos para aprender de forma autónoma. O docente é un catalizador de propostas, un organizador de intereses y un potenciador da busca de solucións. 1

Esta é unha proposta básica de Proxecto Educativo da Escola Infantil, que debe ser concretada e desenvolvida polo persoal da mesma en colaboración coa Dirección do Consorcio e coas outras escolas infantís do mesmo organismo. Periodicamente será actualizado e concretado a través das programacións e avaliacións. 1