PROXECTO LECTOR DO I.E.S. SAN PAIO 16-17

Documentos relacionados
EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

1.- Organización da Escola de Primavera:

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

PLAN LECTOR FOMENTO DE LECTURA

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

Proxecto Educativo. Conservatorio Profesional de Música. Santiago de Compostela

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Plan de Sistemas TIC na Administración de Xustiza en Galicia

SmartPeme Pontevedra Un novo impulso para as pemes e os autónomos da provincia

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

Unidade Didáctica 3: Contamos a nosa historia

Potencias e radicais

CMUS Profesional de Viveiro

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

PROGRAMACIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGA CURSO 2017 / 18. Departamento de Lingua e Literatura Galega IES EDUARDO BLANCO AMOR CULLEREDO

A AVALIACIÓN. Mínimos esixibles

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

DANZAS TRADICIONAIS DE CANGAS

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

As claves da. factura eléctrica

II Plan de Igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2016/19

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016)

LECTORADO DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

" Programación" Trompeta

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos.

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

PAU XUÑO 2016 ECONOMÍA DA EMPRESA

Programa para maiores

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

POSTOS BASE DO GRUPO II

Nº DE POSTO DE TRABAJO POSTOS CUALIFICACIÓN PROFESIONAL

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE MÚSICA

PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2

Que é unha rede de ordendores?

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

SEA. Seguridade e medio ambiente

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Música de Cámara de Percusión

PEC (PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PROXECTO LECTOR IES A XUNQUEIRA I Curso PROXECTO LECTOR IES A XUNQUEIRA I Curso

GRAO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA E AGROALIMENTARIA Informe de satisfacción de prácticas. Curso Contenido

ILDA BLANCO GONZÁLEZ A

Formación Profesional Básica Novidades normativas. Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

05 Movémonos mellor?

TITORIAL DA FERRAMENTA CROWDMAP PARA MAPEADO COLABORATIVO. Dereito ao hábitat

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

Identidade dixital Consumo responsable Valores democráticos europeos Mobilidade escolar sostible e segura

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

PROGAMACIÓN DO OBRADOIRO DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS. 4ª CURSO DA ESO.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS. 1º E. Primaria

MANUAL DE CALIDADE SISTEMA DE GARANTÍA INTERNA DE CALIDADE ESAD DE GALICIA

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

DEPARTAMENTO: Matemáticas

Indice. Obradoiros artísticos...3 Obradoiros de idiomas...4 Obradoiros de informática...5

PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE

Primeira circular Chamada a comunicacións

ESTRATEXIA GALEGA DE CONVIVENCIA ESCOLAR

PLAN DE CONVIVENCIA IES Ribeira do Louro O Porriño Outubro 2015

Formación Profesional Básica: Módulo profesional de Comunicación e Sociedade I

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA

CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN. MÚSICA. Criterios de Avaliación de Música para os cursos de 2º e 3º de ESO.

Departamento de Música

PROGRAMACIÓN DE ORQUESTRA E BANDA

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

Os obxectivos educativos

Orde de 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de

FERRAMENTAS PARA A BÚSQUEDA DE EMPREGO O CURRÍCULO

Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a. a nosa lingua

CIENCIAS DA NATUREZA

RESOLVO: Primeiro. Obxecto e persoas destinatarias

Transcrição:

PROXECTO LECTOR DO I.E.S. SAN PAIO 16-17 A praxe docente diaria detecta unha serie de eivas que aconsellan incidir na potenciación dos hábitos de lectura e escritura. Atopamos alumnos, sobre todo nos primeiros cursos da ESO, cunha mecánica lectora e da escrita moi frouxa: pouca velocidade, falta de ritmo e entoación, silabación, omisión da acentuación e da puntuación, faltas de ortografía, defectos na pronunciación e/ou articulación... Outro grupo de alumnado, cun aceptable nivel de lectura e escritura mecánica, mostra dificultades de comprensión (por pobreza de léxico, falta de concentración, dificultades de expresión, construcións anacolúticas, mestura de linguas...) sendo incapaz de redactar ou de transmitir coas súas propias verbas contidos básicos de xeito coherente e intelixible. Todo isto provoca, en último extremo, desinterese e fracaso escolar. Cómpre contrarrestar a competencia e as facilidades ofertadas por outras fontes de información promovendo accións que subliñen os aspectos formativos, enriquecedores, lúdicos e divertidos da lectura sen obviar os atrancos que debemos vencer. Como educadores non podemos limitarnos só ao ensino das técnicas para saber ler, é hora de dar o salto cualitativo ao querer ler, tarefa que debe ocupar a toda a comunidade educativa (alumnado, pais/nais e profesorado). Temos que ser modelos de profesores-lectores. Hai que facer lecturas compartidas. Cómpre familiarizarse cos libros, que a nosa circunstancia sexan os libros. Limiar.- Finalidade.- Pasar do saber ler ao querer ler, fomentar o hábito e o pracer lector e contribuír a mellorar as capacidades leito-escritoras e as competencias lingüísticas, coordinando as accións do profesorado reforzadas coa colaboración activa dos demais membros da comunidade escolar é a finalidade que se propón o presente plan orientado ao logro dos seguintes

1. Desenvolver as competencias básicas para a lectura, materia transversal de todas as áreas do currículo e ferramenta imprescindible para a aprendizaxe de todas as materias. A tal efecto utilizaremos textos continuos (narración, argumentación, descrición...) e descontinuos (impresos, mapas, táboas...), practicaremos a lectura en códigos diversos (verbais, icónicos, sonoros...) e con textos literarios, técnicos e funcionais, de diferentes formas (silenciosa, individual, colectiva...) 2. Potenciar as ferramentas lectoras (habilidades mecánicas, comprensivas e léxicas) 3. Relacionar a lectura coa escritura (expresión escrita, ortografía, técnicas de presentación, vocabulario) e a expresión oral. 4. Propiciar a relación íntima e persoal do alumnado co libro. 5. Descubrir a sensibilidade literaria do alumnado. 6. Potenciar o uso da biblioteca como centro de recursos para a aprendizaxe de todos os membros da comunidade educativa. 7. Implicar ao profesorado para que dea prioridade ao desenvolvemento das habilidades lectoras en todas as áreas do currículo e participe de maneira activa no plan lector. Para iso cómpre un programa coordinado que recolla os acordos ao respecto consensuados. Os Departamentos deseñarán e orientarán as tarefas a realizar nos distintos grupos e niveis. 8. Favorecer a comprensión lectora mediante técnicas de traballo persoal e colectivo e potenciar o uso dos dicionarios para resolver dúbidas sobre vocabulario descoñecido. 9. Ao ser un centro integrado no proxecto E-LBE: fomentar o manexo e xestión dos dispositivos electrónicos de lectura. 10. En resumo: Converter a comunidade educativa nunha comunidade de lectores. Obxectivos.- Intervencións.- O proxecto baséase nas seguintes actuacións: 1. Tempo específico de lectura nas aulas. 1. 1. Programación de lecturas anuais. 2. Implicación dos diversos departamentos didácticos e as súas contribucións ao proxecto lector. 3. Dinamización da biblioteca do Centro. 4. Actividades extraordinarias de estimulación e fomento da lectura e o mundo dos libros. Comentamos cada unha destas actuacións: 1. Tempo específico de lectura nas aulas: sesións de trinta minutos semanais dende o mércores 5 de outubro 2016 ata o luns 29 de maio de 2017.

DÍA DATA HORA AVALIACIÓN 05/10/16 3ª (10.45-11.15) 19/10/16 4ª (11.35-12.05) MÉRCORES 26/10/16 5ª (12.45-13.15) 1º TRIMESTRE 02/11/16 6ª (13.35-14.05) 10/11/16 1ª (8.45-9.15) 17/11/16 2ª (9.35-10.05) XOVES 12/01/17 3ª (10.45-11.15) 19/01/17 4ª (11.35-12.05) 26/01/17 5ª (12.45-13.15) 02/02/17 6ª (13.35-14.05) 2º TRIMESTRE 10/02/17 1ª (8.45-9.15) 17/02/17 2ª (9.35-10.05) VENRES 24/02/17 3ª (10.45-11.15) 24/03/17 4ª (11.35-12.05) 31/03/17 5ª (12.45-13.15) 07/04/17 6ª (13.35-14.05 08/05/17 1ª (8.45-9.15) 3º TRIMESTRE LUNS 15/05/17 2ª (9.35-10.05) 22/05/17 3ª (10.45-11.15) 29/05/17 4ª (11.35-12.05) Acordamos suprimir a actividade ao remate de cada trimestre durante os períodos de exames finais de cada avaliación. 1.1. Programación de lecturas anuais. Para o tempo específico semanal común de lectura nas aulas, no presente ano, optamos pola lectura libre, individual e silenciosa (mais non se descarta a práctica de lectura en voz alta, sobre todo nos primeiros cursos da ESO) de materiais aportados polo alumnado e profesorado (ben propios ou ben prestados pola biblioteca que tamén aporta fondos a aqueles alumnos que, por esquecemento ou apatía, non os traen das súas casas nin os solicitan previamente. As obras máis demandadas son as de literatura xuvenil, novidades, biografías, divulgación científica e banda deseñada. Quedan excluídos como material de lectura os apuntamentos de clase e os libros de texto. Admítense as lecturas obrigatorias e/ou voluntarias establecidas polos distintos departamentos didácticos nos seus respectivos plans anuais de lectura.

2. Implicación dos diversos departamentos didácticos e as súas contribucións ao proxecto lector. Ás lecturas citadas no apartado anterior cómpre engadir as que ofertan os distintos departamentos, recollidas nos correspondentes proxectos didácticos e adaptadas aos distintos contidos, materias e niveis. Estes mesmos departamentos colaboran no proxecto lector con actividades específicas deseñadas para interpretar mapas, planos, estatísticas, gráficos, impresos, recibos, táboas, manuais técnicos... e para capacitar na lectura de códigos diversos (verbais, icónicos, sonoros...) e no uso racional e didáctico das novas tecnoloxías. As intervencións dos apartados 3 e 4 aparecen recollidas nas liñas prioritarias de actuación da biblioteca para o presente curso (anéxanse). Avaliación.- Cómpre avaliar as diversas accións do proxecto lector para establecer as medidas correctoras e os cambios necesarios de cara a próximos cursos e así mantelo vivo. A ferramenta de referencia máis completa neste apartado é Bibliotecas escolares entre interrogantes? A modo de resumo, os indicadores que máis temos en conta no proceso de autoavaliación son os tres seguintes: Enquisas anónimas entre alumnado e profesorado sobre o desenvolvemento e grao de satisfacción ao remate das principais actividades e por trimestres. Índices de lectura (préstamos, movemento de fondos...) e de asistencia (presencia de usuarios nos tempos de lecer e no horario de clase, actividades lectivas, complementarias ou extraescolares que se desenvolven na biblioteca...) e de participación nas diversas actuacións promovidas dende a biblioteca (concursos...) Percepción da evolución nas capacidades do alumnado: competencias leitoescritoras, autonomía da aprendizaxe, elaboración de traballos... a partir dos datos ofrecidos polo profesorado e titores dos distintos grupos. A máis do seguimento que os departamentos fan pola súa conta, suxerimos as seguintes fichas de avaliación para coñecer en que medida se acadan os obxectivos proxectados e se incrementan as capacidades e competencias leito-escritoras do noso alumnado.

FICHA INDIVIDUAL DO/A ALUMNO/A (cumprimentarase con carácter anónimo ao rematar cada lectura) TÍTULO DA LECTURA/ACTIVIDADE: AUTOR... TIPO DE TEXTO (Literario, icónico, técnico ) TEMA (máximo 3 liñas). TEMPO DE LECTURA (páxinas por sesión) VALORACIÓN DA LECTURA / ACTIVIDADE (1-Moi negativa, 2- Pouco útil, 3-4 Bastante aproveitable 5-Moi positiva) SUXESTIÓNS:... FICHA DO/A PROFESOR/A DÍA....CURSO. GRUPO...PROFESOR/A ENCARGADO/A...Nº... LECTORES/AS/ PARTICIPANTES... INCIDENCIAS... VALORACIÓN DA LECTURA / ACTIVIDADE (1-Moi negativa, 2- Pouco útil, 3-4 Bastante aproveitable 5-Moi positiva) SUXESTIÓNS:... FICHA GLOBAL DA ACTIVIDADE ACTIVIDADE OU TAREFA REALIZADA GRAO DE SATISFACCIÓN POUCO SUFI- CIENTE VALORACIÓN GLOBAL MOITO 0-4 5-7 8-10 FACTORES DINAMIZADORES FACTORES RETARDATARIOS IMPLICACIÓN DO PROFESORADO IMPLICACIÓN DO ALUMNADO PROPOSTAS DE MELLORA SUXESTIÓNS POUCA SUFI- CIENTE MOITA POUCA SUFI- CIENTE MOITA

LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN CURSO 2016-2017 1.- Limiar O IES San Paio continuará, dentro do posíbel, fortalecendo e mellorando as iniciativas que xa ven desenvolvendo a prol da potenciación e utilidade da biblioteca e da capacitación lectora nos procesos de ensino-aprendizaxe. 2.- Organización e xestión Recuperar a carga horaria perdida no pasado curso. Manter o compromiso de colaboración coa sección da EOI de Vigo para optimizar o uso compartido de fondos e local no horario de ámbalas dúas institucións. Potenciar o coñecemento do protocolo de actuacións para guiar o traballo dos novos membros e colaboradores do grupo de biblioteca. Manter o pulo da figura do alumnado-colaborador. Incentivar ás suxestións feitas polo alumnado para adquisición de novos fondos (banda deseñada, literatura para adolescentes...) Insistir na necesaria colaboración de todos os departamentos no expurgo de materiais. Seguir coa redistribución de materiais para optimizar o espazo dispoñíbel. Continuar a comunicación e colaboración co departamento de orientación na adquisición de materiais para atención á alumnado con NEE. Promover unha permanente comunicación coa vicedirección e as titorías para incrementar a visibilización e utilidade dos materiais e recursos da biblioteca. Consolidar os puntos de lectura informal e de exposición de materiais fóra do propio recinto bibliotecario. 3.- Dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución á alfabetización múltiple e ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado Seguir facilitando recursos e actividades para materias como: estratexias de aprendizaxe e comunicación (1º ESO, materia de libre configuración do centro: traballo por proxectos e colaborativo, estratexias para contar, expresión e comunicación oral), oratoria (2º ESO, técnicas para falar en público) ou a historia no cine e comentario de textos (BAC). Incentivar a participación do alumnado nos blogs da biblioteca e do club de lectura (integralos en drupal), manter a vitalidade dos nosos espazos dentro da páxina web do instituto e nas redes sociais facebook e twitter. Continuar a elaboración de guías de recursos bibliográficos e fílmicos para a confección de traballos, conmemoracións... Mantemento e actualización das bibliomaletas (temáticas, por niveis, de aula...) Sesións informativas e prácticas con titores, profesorado e alumnado sobre os recursos materiais e virtuais da biblioteca. Actividades de animación e promoción da lectura, da escritura, de pequenas investigacións... Potenciación do Proxecto Lector.

4.- Formación de usuarios, competencia informacional e dixital Actividades (incluídas no plan de acción titorial) abertas a todos os membros da comunidade educativa pero incidindo sobre todo no alumnado e profesorado novo no centro. Xornadas de información teórica e práctica sobre elaboración de traballos en formatos impreso e/ou dixital. Xornadas de coñecemento da biblioteca, da CDU, de organización e busca de información en soporte impreso (directa e inversa) e/ou virtual. Sesións de divulgación e práctica dos recursos que oferta o programa MEIGA. Os novos formatos de lectura: sesións de divulgación e manexo dos e-readers Competencias básicas na busca na INTERNET (páxinas máis fiables, buscas seguras...) Manexo racional das novas tecnoloxías, coa colaboración do departamento TIC. Formación do profesorado: individual e creación dun novo grupo de traballo ou seminario permanente. Visita e coñecemento da biblioteca pública municipal e doutras. 5.- Fomento da Lectura e Proxecto Lector de Centro Publicidade de efemérides relacionadas co mundo do libro e da lectura. Estímulo ás recensións de actividades e lecturas feitas polo alumnado. Concursos (de textos de amor, de iniciativas de fomento da lectura...) Continuación do Biblioxornal, con novas da biblioteca, guías de lectura, cine, música... A poesía e o libro do mes Continuación do Club de Lectura Pedra do Acordo Cine e literatura: lectura de obras e proxección de películas baseadas nelas. Música e letras: en colaboración co departamento de música, breves audicións e recitacións coincidindo con distintas conmemoracións. Elaboración de listas de reprodución de vídeos musicais. Visita ao centro de escritores, recitadores, ilustradores, cineastas, contacontos... e publicidade e participación nas actividades culturais programadas ao longo do ano pola biblioteca municipal e/ou asociacións culturais. Rutas literarias: por Tui e bisbarra e tamén aproveitando as viaxes didácticas. Proxecto Lector: insistiremos, de novo, na potenciación das actividades de capacitación lectora específicas dos distintos departamentos nas súas horas de docencia (lectura nos novos soportes e de todo tipo de textos: estatísticas, planos, mapas, recibos, facturas, circulares... a utilidade da lectura na vida diaria) e a lectura colectiva en novos soportes (EDI, canóns, lectores electrónicos...)

6.- Outras actuacións Contribución á compensación das desigualdades socio-educativas: colaboración cos departamentos de linguas na atención aos alumnos con dificultades lingüísticas e cos titores e o departamento de orientación no apoio aos que presentan problemas de adaptación, necesidades educativas especiais ou situacións socioeconómicas comprometidas. Coñece a biblioteca do teu próximo centro : xornadas de portas abertas para o alumnado do último curso dos colexios de primaria adscritos. As bibliotecas da Eurocidade : potenciar actividades comúns co resto das bibliotecas do concello e de Valença (escolares e municipais): Tui Le. Accións conxuntas con outras bibliotecas escolares de fóra da nosa bisbarra. Seguir coa colaboración e participación nas actividades interdisciplinares e festivas (Samaín, Nadal, fin de curso, viaxes didácticas, revista do centro, día contra a violencia de xénero, da muller, dos dereitos humanos, do traballo, semana da prensa...) Relación coa escola infantil próxima (celebracións conxuntas poético-musicais, pequenas dramatizacións, apadriñamentos...) e coas residencias da terceira idade.