Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Currículo Educación Secundaria Obrigatoria. 1º ciclo - 3º curso

Documentos relacionados
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PROGRAMACIÓN BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO. UNIDADE 1: A ORGANIZACIÓN DO CORPO HUMANO.

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

ANEXO II PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

ILDA BLANCO GONZÁLEZ A

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

PROGRAMACIÓN FÍSICA E QUÍMICA

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

FÍSICA E QUÍMICA 3º E.S.O. 1- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 1. Utilizar correctamente a linguaxe científica relacionada co tema

ANEXO III PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

PROXECTO DIDÁCTICO Curso Académico I.E.S DO CASTRO - VIGO SEMINARIO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO 2017/2018 PROFESORA LUCÍA CASTRO FERREIRO

Programación didáctica Departamento de Ciencias Naturais. Curso

Programación didáctica

CAMPA A RESGAL

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

CIENCIAS DA NATUREZA 5º

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

ANEXO IV PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Unidade 1. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CURSO 1º BACHARELATO CURSO ACADÉMICO 2016/2017 PROFESOR PABLO FERNÁNDEZ ZAPATA

IES CANIDO INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO

Unidade 5. Primaria Ciencias da Natureza 3 Programación

FÍSICA E QUÍMICA DE 2ºESO

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

As persoas que presentan estes trastornos manifestan, en maior ou menor medida, as seguintes características:

CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN. MÚSICA. Criterios de Avaliación de Música para os cursos de 2º e 3º de ESO.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Currículo Bacharelato. 1º curso

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESORA María Loreto Albo García

CIENCIAS DA NATUREZA

XEOGRAFÍA E HISTORIA ESO

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

P R O G R A M A C I Ó N T E C N O L O X Í A I N D U S T R I A L I E I I

Non se vai predeterminar ningún libro de texto. O material didáctico deixarase por avaliacións, en carpetas, nos computadores da biblioteca.

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

PROGRAMACIÓN+DIDÁCTICA++ MATEMÁTICAS+1ºESO.+++ IES+DE+TOMIÑO.+CURSO:+2016/2017.+

CONTIDOS MINIMOS: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA DE 1º DE BACHARELATO Unidade 1: A materia viva - Explica as características que definen os seres vivos:

PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS CURSO 2017/18

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

REDE EUSUMO. información e comunicación

PROGRAMACIÓNS DE : TECNOLOXÍAS DA ESO, Curso Departamento de Tecnoloxía IES Arcebispo Xelmirez I

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

ESTÁNDARES AVALIABLES DA AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE NO CURSO 2016/17

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

Programación didáctica do departamento de Matemáticas

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

PROGRAMACIÓN DE AULA Ciencias da Natureza 1º ESO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

SBN: O TEMPO NO XORNAL

GUÍA BREVE SOBRE LINGUA GALEGA E LITERATURA DE 1º DE BACHARELATO. Avaliacións Bloques de contidos Temas de referencia no libro de texto

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

CEIP ISAAC PERAL PROGRAMACIÓN CIENCIAS DA NATUREZA. 3º E. Primaria

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES

Convocatoria ordinaria de 2012

Escala técnica superior

PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

Política e Obxectivos de Calidade

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

P E Z A P E Z A. Galicia

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

PLAN TIC IES Chapela (PE)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

PROGRAMA FORMATIVO MF0973_1 GRAVACIÓN DE DATOS

Os obxectivos educativos

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE GREGO

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

O CONTRATO DE TRABALLO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Programación didáctica

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA BIOLOXÍA CURSO 2º BACHARELATO CIENCIAS CURSO ACADÉMICO PROFESOR MÓNICA DAPENA MARTÍNEZ

SEGUNDO DA E.S.O. Páx. 67

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

ANEXO VI PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Transcrição:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Currículo Educación Secundaria Obrigatoria 1º ciclo - 3º curso 1

Índice Anexo I. Bloque de materias troncais... 3 Bioloxía e Xeoloxía... 3 Física e Química... 13 Lingua Castelá e Literatura... 23 Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas... 36 Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas... 49 Primeira Lingua Estranxeira... 62 Xeografía e Historia... 77 Anexo II. Bloque de materias específicas... 85 Cultura Clásica... 85 Educación Física... 95 Educación Plástica, Visual e Audiovisual... 103 Música... 110 Segunda Lingua Estranxeira... 117 Tecnoloxía... 132 Valores Éticos... 137 Anexo III. Bloque de materias de libre configuración autonómica... 145 Lingua Galega e Literatura... 145 Anexo IV. Cadro de distribución horaria. Educación secundaria obrigatoria... 163 2

Anexo I. Bloque de materias troncais Bioloxía e Xeoloxía A materia de Bioloxía e Xeoloxía, tanto na etapa da educación secundaria obrigatoria como no bacharelato, debe contribuír a que o alumnado desenvolva as competencias clave de cada etapa educativa, pondo especial atención na adquisición da competencia científica en todas as súas dimensións. Non se trata, pois, unicamente de adquirir coñecementos relacionados coa bioloxía e a xeoloxía, senón de que o alumnado aprenda a observar e a reflexionar sobre situacións reais, recoller datos, tomar decisións, ter curiosidade, iniciativa, motivación e moitos outros aspectos que o leven a un mellor desenvolvemento do seu contorno e a un mellor benestar social. A bioloxía e a xeoloxía deberán tamén contribuír a que as persoas melloren a súa autoestima e a superar prexuízos, respectar diferenzas e participar na toma de decisións democráticas a todos os niveis, mediante o uso do diálogo e respectando a diversidade cultural. Durante estas etapas perséguese asentar as competencias xa adquiridas, para ir mellorando un nivel competencial que conduza o alumnado a non perder o interese que ten desde o comezo da súa temperá actividade escolar por non deixar de aprender. Durante o primeiro ciclo da ESO, o eixe vertebrador da materia xirará en torno aos seres vivos e a súa interacción coa Terra, incidindo nomeadamente na importancia que a conservación do ambiente ten para todos os seres vivos. Tamén durante este ciclo, a materia ten como núcleo central a saúde e a súa promoción. O principal obxectivo é que o alumnado adquira as capacidades e as competencias que lle permitan coidar o seu corpo a nivel tanto físico como mental, así como valorar e ter unha actuación crítica ante a información e ante actitudes sociais que poidan repercutir negativamente no seu desenvolvemento físico, social e psicolóxico. Preténdese tamén que os alumnos e as alumnas entendan e valoren a importancia de preservar o ambiente polas repercusións que ten sobre a súa saúde. Así mesmo, deben aprender a ser responsables das súas decisións diarias e das consecuencias que estas teñen na súa saúde e no contorno, e comprender o valor que a investigación ten nos avances médicos e no impacto da calidade de vida das persoas. Neste primeiro ciclo, o bloque "Habilidades, destrezas e estratexias. Metodoloxía científica" e o bloque Proxecto de investigación" son comúns a primeiro e a terceiro de ESO. Dado que a bioloxía e xeoloxía son disciplinas de carácter científico, debemos ter sempre eses bloques como marco de referencia no desenvolvemento do currículo. Non se trata, por tanto, de bloques illados e independentes dos demais, senón que están implícitos en cada un deles e son a base para a súa concreción. En Bioloxía e Xeoloxía de primeiro de ESO, o currículo parte do mundo macroscópico, máis concreto, observable e identificable polo alumnado (como a Terra no Universo, a biodiversidade no planeta Terra e os ecosistemas), para se achegar en terceiro de ESO a un nivel máis abstracto (estudo microscópico da célula, o ser humano e a saúde, o relevo terrestre e a súa evolución). Finalmente, en cuarto curso de ESO iníciase o alumnado nas grandes teorías que permitiron o desenvolvemento máis actual desta ciencia (a tectónica de placas, a teoría celular e a teoría da evolución), para finalizar co estudo dos ecosistemas, as relacións tróficas entre os niveis e a interacción dos organismos entre eles e co medio, así como a súa repercusión na dinámica e na evolución dos devanditos ecosistemas. 3

No bacharelato, a materia de Bioloxía e Xeoloxía afonda nas competencias adquiridas en ESO, analizando con maior detalle a organización dos seres vivos, a súa biodiversidade, a súa distribución e os factores que nela inflúen, así como o comportamento da Terra como un planeta en continua actividade. A xeoloxía toma como fío condutor a teoría da tectónica de placas. A partir dela farase énfase na composición, na estrutura e na dinámica do interior terrestre, para continuar coa análise dos movementos das placas e as súas consecuencias (expansión oceánica, relevo terrestre, magmatismo, riscos xeolóxicos, etc.) e finalizar co estudo da xeoloxía externa. A bioloxía preséntase co estudo dos niveis de organización dos seres vivos (composición química, organización celular e estudo dos tecidos animais e vexetais). Tamén se desenvolve e completa nesta etapa o estudo da clasificación e a organización dos seres vivos, e moi en especial desde o punto de vista do seu funcionamento e da adaptación ao medio en que habitan. Ao longo das etapas de ESO e bacharelato, a materia de Bioloxía e Xeoloxía permitirá ao alumnado desenvolver as competencias esenciais que se inclúen no currículo, así como as estratexias do método científico. Entre estas competencias haberá que considerar a lingüística e a dixital, a través da realización de tarefas en grupo que supoñan compilar e organizar información, expola de xeito oral e escrito, elaborar presentacións e defender as opinións propias en debates na aula. Os alumnos e as alumnas deberán desenvolver tamén nesta etapa a comprensión de lectura, a expresión oral e escrita, a argumentación en público e a comunicación audiovisual; e igualmente deberán potenciar actitudes conducentes á reflexión e á análise sobre os grandes avances científicos da actualidade, as súas vantaxes e as implicacións éticas que en ocasións se suscitan, e coñecer e utilizar as normas básicas de seguridade e uso do material de laboratorio. En adición ao anterior e debido aos grandes retos biotecnolóxicos actuais, a materia de Bioloxía e Xeoloxía deberá ter, no seu tratamento metodolóxico, un carácter eminentemente práctico, baseado na realización de variadas e adecuadas tarefas experimentais, adaptadas a cada nivel, que permitan ao alumnado alcanzar as destrezas necesarias no manexo de material de laboratorio, microscopios, material de campo, recollida de mostras, resolución de problemas e todos os que lle permitan afrontar no futuro estudos científicos coa formación necesaria para o seu correcto desenvolvemento. Para alcanzar estes obxectivos ao longo do currículo preséntanse actividades de laboratorio e manexo de modelos baseados nas novas tecnoloxías, que se engaden á formación teórica que se recolle nos contidos. Xa que logo, a materia de Bioloxía e Xeoloxía en ESO e en bacharelato ha permitir que os alumnos e as alumnas adquiran un nivel competencial que lles axude a ser cidadáns e cidadás con respecto por si mesmos/as, coas demais persoas e co medio, co material que utilizan ou que está ao seu dispor; a ser responsables, capaces de ter criterios propios e de manter o interese por aprender e descubrir. 3º de ESO Bioloxía e Xeoloxía. 3º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave Bloque 1. Habilidades, destrezas e estratexias. Metodoloxía científica 4

Bioloxía e Xeoloxía. 3º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave o B1.1. O vocabulario científico na expresión oral e escrita. B1.1. Utilizar adecuadamente o vocabulario científico nun contexto preciso e adecuado ao seu nivel. BXB1.1.1. Identifica os termos máis frecuentes do vocabulario científico e exprésase con corrección, tanto oralmente como por escrito. m o B1.2. Metodoloxía científica: características básicas. B1.3. Experimentación en bioloxía e xeoloxía: obtención, selección e interpretación de información de carácter científico a partir da selección e a recollida de mostras do medio natural ou doutras fontes. B1.2. Procurar, seleccionar e interpretar a información de carácter científico e utilizala para formar unha opinión propia, expresarse con precisión e argumentar sobre problemas relacionados co medio natural e a saúde. BXB1.2.1. Procura, selecciona e interpreta a información de carácter científico a partir da utilización de diversas fontes. BXB1.2.2. Transmite a información seleccionada de xeito preciso utilizando diversos soportes. BXB1.2.3. Utiliza a información de carácter científico para formar unha opinión propia e argumentar sobre problemas relacionados. B1.4. Planificación e realización do traballo experimental, e interpretación dos seus resultados. B1.5. Normas de seguridade no laboratorio, e coidado dos instrumentos e do material. B1.3. Realizar un traballo experimental con axuda dun guión de prácticas de laboratorio ou de campo, describir a súa execución e interpretar os seus resultados. BXB1.3.1. Coñece e respecta as normas de seguridade no laboratorio, e coida os instrumentos e o material empregado. BXB1.3.2. Desenvolve con autonomía a planificación do traballo experimental, utilizando tanto instrumentos ópticos de recoñecemento como material básico de laboratorio, argumenta o proceso experimental seguido, describe as súas observacións e interpreta os seus resultados. Bloque 2. A célula, unidade estrutural e funcional dos seres vivos B2.1. Características da materia viva e diferenzas coa materia inerte. B2.2. A célula. Características básicas da célula procariota e eucariota, animal e vexetal. B2.1. Recoñecer que os seres vivos están constituídos por células e determinar as características que os diferencian da materia inerte. BXB2.1.1. Diferencia a materia viva da inerte partindo das características particulares de ambas. BXB2.1.2. Establece comparativamente as analoxías e as diferenzas entre célula procariota e eucariota, e entre célula animal e vexetal. 5

Bioloxía e Xeoloxía. 3º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave B2.3. Funcións vitais: nutrición, relación e reprodución. B2.2. Describir as funcións comúns a todos os seres vivos, diferenciando entre nutrición autótrofa e heterótrofa. BXB2.2.1. Recoñece e diferencia a importancia de cada función para o mantemento da vida. BXB2.2.2. Contrasta o proceso de nutrición autótrofa e nutrición heterótrofa, e deduce a relación entre elas. B3.1. Niveis de organización da materia viva. B3.2. Organización xeral do corpo humano: células, tecidos, órganos, aparellos e sistemas B3.3. A célula animal: estruturas celulares. Orgánulos celulares e a súa función. Bloque 3. As persoas e a saúde. Promoción da saúde B3.1. Catalogar os niveis de organización da materia viva (células, tecidos, órganos e aparellos ou sistemas) e diferenciar as principais estruturas celulares e as súas funcións. BXB3.1.1. Interpreta os niveis de organización no ser humano e procura a relación entre eles. BXB3.1.2. Diferencia os tipos celulares e describe a función dos orgánulos máis importantes. B3.4. Os tecidos do corpo humano: estrutura e funcións. B3.2. Diferenciar os tecidos máis importantes do ser humano e a súa función. BXB3.2.1. Recoñece os principais tecidos que conforman o corpo humano e asóciaos á súa función. m m B3.5. Saúde e doenza, e factores que as determinan. B3.6. Doenzas infecciosas e non infecciosas. B3.3. Descubrir, a partir do coñecemento do concepto de saúde e doenza, os factores que os determinan. B3.4. Clasificar as doenzas e determinar as infecciosas e non infecciosas máis comúns que afectan a poboación (causas, prevención e tratamentos). BXB3.3.1. Argumenta as implicacións dos hábitos para a saúde, e xustifica con exemplos as eleccións que realiza ou pode realizar para promovela individual e colectivamente. BXB3.4.1. Recoñece as doenzas e as infeccións máis comúns, e relaciónaas coas súas causas. BXB3.4.2. Distingue e explica os mecanismos de transmisión das doenzas infecciosas. m B3.7. Hixiene e prevención. Hábitos e estilos de vida saudables. B3.5. Valorar e identificar hábitos e estilos de vida saudables como método de prevención das doenzas. BXB3.5.1. Coñece e describe hábitos de vida saudable e identifícaos como medio de promoción da súa saúde e da das demais persoas. BXB3.5.2. Propón métodos para evitar o contaxio e a propagación das doenzas infecciosas máis comúns. 6

Bioloxía e Xeoloxía. 3º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave a c d m m a c m m B3.7. Hixiene e prevención. Hábitos e estilos de vida saudables. B3.8. Sistema inmunitario. Vacinas, soros e antibióticos. B3.9. Uso responsable de medicamentos. B3.10. Transplantes e doazón de células, sangue e órganos. B3.11. Substancias aditivas: tabaco, alcohol e outras drogas. Problemas asociados. B3.6. Seleccionar información, establecer diferenzas dos tipos de doenzas dun mundo globalizado e deseñar propostas de actuación. B3.7. Determinar o funcionamento básico do sistema inmune e as continuas contribucións das ciencias biomédicas, e describir a importancia do uso responsable dos medicamentos. B3.8. Recoñecer e transmitir a importancia que ten a prevención como práctica habitual e integrada nas súas vidas e as consecuencias positivas da doazón de células, sangue e órganos. B3.9. Investigar as alteracións producidas por distintos tipos de substancias aditivas, e elaborar propostas de prevención e control. BXB3.6.1. Establece diferenzas entre as doenzas que afectan as rexións dun mundo globalizado, e deseña propostas de actuación. BXB3.7.1. Explica en que consiste o proceso de inmunidade, e valora o papel das vacinas como método de prevención das doenzas. BXB3.8.1. Detalla a importancia da doazón de células, sangue e órganos para a sociedade e para o ser humano. BXB3.9.1. Detecta as situacións de risco para a saúde relacionadas co consumo de substancias tóxicas e estimulantes, como tabaco, alcohol, drogas, etc., contrasta os seus efectos nocivos e propón medidas de prevención e control. a d m B3.11. Substancias aditivas: tabaco, alcohol e outras drogas. Problemas asociados. B3.10. Recoñecer as consecuencias para o individuo e a sociedade de seguir condutas de risco. BXB3.10.1. Identifica as consecuencias de seguir condutas de risco coas drogas, para o individuo e a sociedade. m B3.12. Alimentación e nutrición. Alimentos e nutrientes: tipos e funcións básicas. B3.11. Recoñecer a diferenza entre alimentación e nutrición, e diferenciar os principais nutrientes e as súas funcións básicas. BXB3.11.1. Discrimina o proceso de nutrición do da alimentación. BXB3.11.2. Relaciona cada nutriente coa súa función no organismo, e recoñece hábitos nutricionais saudables. B3.13. Dieta e saúde. Dieta equilibrada. Deseño e análise de dietas. Hábitos B3.12. Relacionar as dietas coa saúde a través de exemplos prácticos. BXB3.12.1. Deseña hábitos nutricionais saudables mediante a elaboración de dietas 7

Bioloxía e Xeoloxía. 3º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave m nutricionais saudables. Trastornos da conduta alimentaria. equilibradas, utilizando táboas con grupos de alimentos cos nutrientes principais presentes neles e o seu valor calórico. c m m B3.13. Dieta e saúde. Dieta equilibrada. Deseño e análise de dietas. Hábitos nutricionais saudables. Trastornos da conduta alimentaria. B3.14. Función de nutrición. Visión global e integradora de aparellos e procesos que interveñen na nutrición. B3.13. Argumentar a importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico na saúde, e identificar as doenzas e os trastornos principais da conduta alimentaria. B3.14. Explicar os procesos fundamentais da nutrición, utilizando esquemas gráficos dos aparellos que interveñen nela. BXB3.13.1. Valora e determina unha dieta equilibrada para unha vida saudable e identifica os principais trastornos da conduta alimentaria. BXB3.14.1. Determina e identifica, a partir de gráficos e esquemas, os órganos, os aparellos e os sistemas implicados na función de nutrición, e relaciónao coa súa contribución no proceso. m B3.14. Función de nutrición. Visión global e integradora de aparellos e procesos que interveñen na nutrición. B3.15. Asociar a fase do proceso de nutrición que realiza cada aparello implicado. BXB3.15.1. Recoñece a función de cada aparello e de cada sistema nas funcións de nutrición. m B3.15. Anatomía e fisioloxía dos aparellos dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor. B3.16. Identificar os compoñentes dos aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor, e coñecer o seu funcionamento. BXB3.16.1. Coñece e explica os compoñentes dos aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor, e o seu funcionamento. m m B3.16. Alteracións máis frecuentes e doenzas asociadas aos aparellos que interveñen na nutrición: prevención e hábitos de vida saudables. B3.17. Función de relación. Sistema nervioso e sistema endócrino. B3.18. Órganos dos sentidos: estrutura e función; coidado e hixiene. B3.17. Indagar acerca das doenzas máis habituais nos aparellos relacionados coa nutrición, así como sobre as súas causas e a maneira de previlas. B3.18. Describir os procesos implicados na función de relación, e os sistemas e aparellos implicados, e recoñecer e diferenciar os órganos dos sentidos e os coidados do oído e a vista. BXB3.17.1. Diferencia as doenzas máis frecuentes dos órganos, os aparellos e os sistemas implicados na nutrición, e asóciaas coas súas causas. BXB3.18.1. Especifica a función de cada aparello e de cada sistema implicados nas funcións de relación. BXB3.18.2. Describe os procesos implicados na función de relación, e identifica o órgano ou a estrutura responsables de cada proceso. BXB3.18.3. Clasifica os tipos de receptores sensoriais e relaciónaos cos órganos dos sentidos en que se atopan. 8

Bioloxía e Xeoloxía. 3º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave m m B3.19. Coordinación e sistema nervioso: organización e función. B3.20. Doenzas comúns do sistema nervioso: causas, factores de risco e prevención. B3.21. Sistema endócrino: glándulas endócrinas e o seu funcionamento. Principais alteracións. B3.19. Explicar a misión integradora do sistema nervioso ante diferentes estímulos, e describir o seu funcionamento. B3.20. Asociar as principais glándulas endócrinas coas hormonas que sintetizan e coa súa función. BXB3.19.1. Identifica algunhas doenzas comúns do sistema nervioso e relaciónaas coas súas causas, cos factores de risco e coa súa prevención. BXB3.20.1. Enumera as glándulas endócrinas e asocia con elas as hormonas segregadas e a súa función. m B3.22. Visión integradora dos sistemas nervioso e endócrino. B3.21. Relacionar funcionalmente o sistema neuro-endócrino. BXB3.21.1. Recoñece algún proceso que teña lugar na vida cotiá no que se evidencie claramente a integración neuroendócrina. m B3.23. Aparello locomotor. Organización e relacións funcionais entre ósos, músculos e sistema nervioso. B3.23. Aparello locomotor. Organización e relacións funcionais entre ósos, músculos e sistema nervioso. B3.22. Identificar os principais ósos e músculos do aparello locomotor. B3.23. Analizar as relacións funcionais entre ósos, músculos e sistema nervioso. BXB3.22.1. Localiza os principais ósos e músculos do corpo humano en esquemas do aparello locomotor. BXB3.23.1. Diferencia os tipos de músculos en función do seu tipo de contracción, e relaciónaos co sistema nervioso que os controla. m B3.24. Factores de risco e prevención das lesións. B3.24. Detallar as lesións máis frecuentes no aparello locomotor e como se preveñen. BXB3.24.1. Identifica os factores de risco máis frecuentes que poden afectar o aparello locomotor e relaciónaos coas lesións que producen. m B3.25. Reprodución humana. Anatomía e fisioloxía do aparello reprodutor. Cambios físicos e psíquicos na adolescencia. B3.25. Referir os aspectos básicos do aparello reprodutor, diferenciar entre sexualidade e reprodución, e interpretar debuxos e esquemas do aparello reprodutor. BXB3.25.1. Identifica en esquemas os órganos do aparello reprodutor masculino e feminino, e especifica a súa función. m B3.26. Ciclo menstrual. Fecundación, embarazo e parto. B3.26. Recoñecer os aspectos básicos da reprodución humana e describir os acontecementos fundamentais da fecundación, do embarazo e do parto. BXB3.26.1. Describe as principais etapas do ciclo menstrual e indica que glándulas e que hormonas participan na súa regulación. BXB3.26.2. Identifica os acontecementos fundamentais da fecundación, do embarazo e do parto 9

Bioloxía e Xeoloxía. 3º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave m B3.27. Análise dos métodos anticonceptivos. B3.28. Doenzas de transmisión sexual: prevención. B3.27. Comparar os métodos anticonceptivos, clasificalos segundo a súa eficacia e recoñecer a importancia dalgúns deles na prevención de doenzas de transmisión sexual. BXB3.27.1. Discrimina os métodos de anticoncepción humana. BXB3.27.2. Categoriza as principais doenzas de transmisión sexual e argumenta sobre a súa prevención. m B3.29. Técnicas de reprodución asistida. B3.28. Compilar información sobre as técnicas de reprodución asistida e de fecundación in vitro, para argumentar o beneficio que supuxo este avance científico para a sociedade. BXB3.28.1. Identifica as técnicas de reprodución asistida máis frecuentes. a c d m B3.30. Reposta sexual humana. Sexo e sexualidade. Saúde e hixiene sexual. B3.29. Valorar e considerar a súa propia sexualidade e a das persoas do contorno, e transmitir a necesidade de reflexionar, debater, considerar e compartir. Bloque 4. O relevo terrestre e a súa evolución BXB3.29.1. Actúa, decide e defende responsablemente a súa sexualidade e a das persoas do seu contorno. B4.1. Modelaxe do relevo. Factores que condicionan o relevo terrestre. B4.1. Identificar algunhas das causas que fan que o relevo difira duns sitios a outros. BXB4.1.1. Identifica a influencia do clima e das características das rochas que condicionan os tipos de relevo e inflúen neles. B4.2. Procesos xeolóxicos externos e diferenzas cos internos. Meteorización, erosión, transporte e sedimentación. B4.2. Relacionar os procesos xeolóxicos externos coa enerxía que os activa e diferencialos dos procesos internos. BXB4.2.1. Relaciona a enerxía solar cos procesos externos, e xustifica o papel da gravidade na súa dinámica. BXB4.2.2. Diferencia os procesos de meteorización, erosión, transporte e sedimentación, e os seus efectos no relevo. m B4.3. Augas superficiais e modelaxe do relevo: formas características. B4.4. Augas subterráneas: circulación e explotación. B4.3. Analizar e predicir a acción das augas superficiais, e identificar as formas de erosión e depósitos máis características. B4.4. Valorar e analizar a importancia das augas subterráneas, e xustificar a súa dinámica e a súa relación coas augas superficiais. BXB4.3.1. Analiza a actividade de erosión, transporte e sedimentación producida polas augas superficiais, e recoñece algún dos seus efectos no relevo. BXB4.4.1. Valora e analiza a importancia das augas subterráneas e os riscos da súa sobreexplotación. 10

Bioloxía e Xeoloxía. 3º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave B4.5. Acción xeolóxica do mar: dinámica mariña e modelaxe litoral. B4.5. Analizar a dinámica mariña e a súa influencia na modelaxe litoral. BXB4.5.1. Relaciona os movementos da auga do mar coa erosión, o transporte e a sedimentación no litoral, e identifica algunhas formas resultantes características. B4.6. Acción xeolóxica do vento: modelaxe eólica. B4.6. Relacionar a acción eólica coas condicións que a fan posible, e identificar algunhas formas resultantes. BXB4.6.1. Asocia a actividade eólica cos ambientes en que esta actividade xeolóxica pode ser relevante. B4.7. Acción xeolóxica dos glaciares: formas de erosión e depósito que orixinan. B4.7. Analizar a acción xeolóxica dos glaciares e xustificar as características das formas de erosión e depósito resultantes. BXB4.7.1. Analiza a dinámica glaciar e identifica os seus efectos sobre o relevo. l ñ B4.8. Factores que condicionan a modelaxe da paisaxe galega. B4.8. Indagar e identificar os factores que condicionan a modelaxe da paisaxe nas zonas próximas ao alumnado. BXB4.8.1. Investiga acerca da paisaxe do seu contorno máis próximo e identifica algúns dos factores que condicionaron a súa modelaxe. m B4.9. Acción xeolóxica dos seres vivos. A especie humana como axente xeolóxico. B4.9. Recoñecer e identificar a actividade xeolóxica dos seres vivos e valorar a importancia da especie humana como axente xeolóxico externo. BXB4.9.1. Identifica a intervención de seres vivos en procesos de meteorización, erosión, transporte e sedimentación. BXB4.9.2. Valora e describe a importancia das actividades humanas na transformación da superficie terrestre. B4.10. Manifestacións da enerxía interna da Terra. B4.10. Diferenciar os cambios na superficie terrestre xerados pola enerxía do interior terrestre dos de orixe externa. BXB4.10.1. Diferencia un proceso xeolóxico externo dun interno e identifica os seus efectos no relevo. B4.11. Actividade sísmica e volcánica: orixe e tipos de magmas. B4.11. Analizar as actividades sísmica e volcánica, as súas características e os efectos que xeran. BXB4.11.1. Coñece e describe como se orixinan os sismos e os efectos que xeran. BXB4.11.2. Relaciona os tipos de erupción volcánica co magma que as orixina, e asóciaos co seu grao de perigo. B4.12. Distribución de volcáns e terremotos. Riscos sísmico e volcánico: importancia da súa predición e da súa prevención. B4.12. Relacionar a actividade sísmica e volcánica coa dinámica do interior terrestre e xustificar a súa distribución planetaria. BXB4.12.1. Xustifica a existencia de zonas en que os terremotos son máis frecuentes e de maior magnitude. 11

Bioloxía e Xeoloxía. 3º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave B4.12. Distribución de volcáns e os terremotos. Riscos sísmico e volcánico: importancia da súa predición e da súa prevención. B4.13. Sismicidade en Galicia. B4.13. Valorar e describir a importancia de coñecer os riscos sísmico e volcánico, e as formas de previlos. Bloque 5. O solo como ecosistema. BXB5.13.1. Valora e describe o risco sísmico e, de ser o caso, volcánico existente na zona en que habita, e coñece as medidas de prevención que debe adoptar. B5.1. O solo como ecosistema. B5.2. Compoñentes do solo e as súas interaccións. B5.1. Analizar os compoñentes do solo e esquematizar as relacións entre eles. BXB5.1.1. Recoñece que o solo é o resultado da interacción entre os compoñentes bióticos e abióticos, e sinala algunha das súas interaccións. m B5.3. Importancia do solo. Riscos da súa sobreexplotación, degradación ou perda. B5.2. Valorar e determinar a importancia do solo e os riscos que comporta a súa sobreexplotación, degradación ou perda. BXB5.2.1. Recoñece a fraxilidade do solo e valora a necesidade de protexelo. Bloque 6. Proxecto de investigación c B6.1. Método científico. Elaboración de hipóteses, e a súa comprobación e argumentación, a partir da experimentación ou a observación. B6.1. Planear, aplicar e integrar as destrezas e as habilidades propias do traballo científico. BXB6.1.1. Integra e aplica as destrezas propias do método científico. B6.1. Método científico. Elaboración de hipóteses, e a súa comprobación e argumentación, a partir da experimentación ou a observación. B6.2. Elaborar hipóteses e contrastalas a través da experimentación ou da observación e a argumentación. BXB6.2.1. Utiliza argumentos que xustifiquen as hipóteses que propón. B6.2. Artigo científico. Fontes de divulgación científica. B6.3. Utilizar fontes de información variada, e discriminar e decidir sobre elas e os métodos empregados para a súa obtención. BXB6.3.1. Utiliza fontes de información apoiándose nas TIC, para a elaboración e a presentación das súas investigacións. a c B6.3. Proxecto de investigación en equipo. Organización. Participación e colaboración respectuosa no traballo individual e en equipo. Presentación de conclusións. B6.4. Participar, valorar e respectar o traballo individual e en equipo. BXB6.4.1. Participa, valora e respecta o traballo individual e en grupo. 12

Bioloxía e Xeoloxía. 3º de ESO Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave a d o B6.3. Proxecto de investigación en equipo. Organización. Participación e colaboración respectuosa no traballo individual e en equipo. Presentación de conclusións. B6.5. Expor e defender en público o proxecto de investigación realizado. BXB6.5.1. Deseña pequenos traballos de investigación sobre animais e/ou plantas, os ecosistemas do seu contorno ou a alimentación e a nutrición humana, para a súa presentación e defensa na aula. BXB6.5.2. Expresa con precisión e coherencia as conclusións das súas investigacións, tanto verbalmente como por escrito. 13

Física e Química A aprendizaxe da física e da química resulta imprescindible, xunto coas demais ciencias experimentais e a tecnoloxía, para permitir aos alumnos e ás alumnas analizar con coñecemento de causa os problemas de orixe científica e tecnolóxica que se formulan na nosa sociedade, así como participar no debate que suscitan e dar a resposta que corresponda como cidadanía responsable. Ademais, compártese co resto das disciplinas a responsabilidade de promover no alumnado a adquisición das competencias necesarias para que poida integrarse na sociedade de xeito activo. Como materia científica, Física e Química ten o compromiso engadido de dotar o alumnado de ferramentas específicas que lle permitan afrontar o futuro con garantías, participando no desenvolvemento económico e social ao que está ligada a capacidade científica, tecnolóxica e innovadora da propia sociedade. Para que estas expectativas se concreten, o ensino desta materia debe incentivar unha aprendizaxe contextualizada que relacione os principios en vigor coa evolución histórica do coñecemento científico; que estableza a relación entre ciencia, tecnoloxía e sociedade; que potencie a argumentación verbal, a capacidade de establecer relacións cuantitativas e espaciais, así como a de resolver problemas con precisión e rigor. A materia de Física e Química debe capacitar os alumnos e as alumnas para extraeren e comunicaren conclusións a partir de probas científicas, formularen preguntas que a ciencia poida responder e explicaren cientificamente fenómenos físicos e naturais. Á achega á competencia propiamente científica cumprirá engadir as correspondentes ao resto das competencias clave. É preciso o afondamento nunha verdadeira cultura científica, baseada na concepción da ciencia como cultura e non só como un conxunto de coñecementos que, estruturados en teorías, poidan ter algunha aplicación máis ou menos útil. Neste sentido, resulta salientable a achega de Física e Química á competencia en conciencia e expresións culturais, por ser moitos os logros da ciencia que modificaron o noso modo de entender o mundo e moitos os científicos e as científicas que influíron na nosa forma de comprender a realidade; consecuentemente, personaxes como Newton, Lavoisier, Boyle, Marie Curie, Lise Meitner, no plano internacional, ou Antonio Casares Rodríguez, Ramón María Aller Ulloa e tantos outros, na nosa comunidade, deben ser recoñecidos e valorados como actores principais da construción da nosa cultura. A física e a química non son alleas ao desenvolvemento das competencias sociais e cívicas, xa que promoven actitudes e valores relacionados coa asunción de criterios éticos fronte a problemas relacionados co impacto das ciencias e da tecnoloxía no noso contorno: conservación de recursos, cuestións ambientais, etc. A mesma competencia tamén está relacionada co traballo en equipo que caracteriza a actividade científica. Non debemos esquecer que o emprego das tecnoloxías da información e da comunicación e, consecuentemente, a competencia dixital merece un tratamento específico no estudo desta materia. O alumnado de ESO e bacharelato para o que se desenvolveu o presente currículo básico é nativo dixital e, en consecuencia, está familiarizado coa presentación e a transferencia dixital de información. O uso de aplicacións virtuais interactivas permite realizar experiencias prácticas que por razóns de infraestrutura non serían viables noutras circunstancias. Por outra banda, a posibilidade de acceder a unha grande cantidade de información implica a necesidade de clasificala segundo criterios de relevancia, o que permite desenvolver o espírito crítico do alumnado. A elaboración e a defensa de traballos de investigación sobre temas propostos ou de libre elección, que permite afondar e ampliar contidos relacionados co currículo e mellorar as destrezas tecnolóxicas e comunicativas nos alumnos e nas alumnas, ten como obxectivo desenvolver a aprendizaxe autónoma destes. Tanto o traballo en equipo como a creatividade na resolución de problemas ou o deseño de experiencias e 14

pequenas investigacións, tarefas todas elas propias da actividade científica, propician, nos contextos adecuados, o desenvolvemento da competencia de sentido da iniciativa e espírito emprendedor, sen a que non se entendería o progreso da ciencia. En relación á competencia de aprender a aprender, cómpre indicar que se algo caracteriza a actividade científica é a curiosidade, o interese por aprender propio da ciencia. En unión a procesos tales como a reflexión sobre si mesmo/a como estudante, sobre a tarefa para desenvolver ou sobre as estratexias para aprender, que propician todas as disciplinas, Física e Química achega unha estratexia, o método científico, nomeadamente relevante no proceso de adquisición de coñecementos. Para finalizar a análise xeral da participación da materia que nos ocupa no desenvolvemento das competencias clave, haberá que referirse á competencia en comunicación lingüística. Das múltiples achegas a esta competencia clave (defensa de traballos de investigación, selección e interpretación da información, comunicación dos traballos realizados, etc.) podemos salientar dúas: a relacionada coa linguaxe propia das ciencias (interpretación de gráficas, táboas, etiquetaxes, símbolos, formulación, etc.) e, moi importante, a relacionada co proceso de argumentación, entendido como o proceso de avaliación dos enunciados de coñecemento, á luz das probas dispoñibles. A materia de Física e Química impártese nos dous ciclos na etapa de ESO e no primeiro curso de bacharelato. No primeiro ciclo de ESO débense afianzar e ampliar os coñecementos que sobre as ciencias da natureza foron adquiridos polo alumnado na etapa de educación primaria. O enfoque co que se procura introducir os conceptos debe ser fundamentalmente fenomenolóxico; deste xeito, a materia preséntase como a explicación lóxica de todo aquilo ao que o alumnado está afeito e coñece. É importante sinalar que neste ciclo a materia de Física e Química pode ter carácter terminal, polo que o seu obxectivo prioritario será o de contribuír á cimentación dunha cultura científica básica. No segundo ciclo de ESO e en primeiro de bacharelato esta materia ten, pola contra, un carácter esencialmente formal, e está enfocada a dotar o alumnado de capacidades específicas asociadas a esta disciplina. Cun esquema de bloques similar, en cuarto de ESO aséntanse as bases dos contidos que en primeiro de bacharelato recibirán un enfoque máis educativo. Os contidos que se recollen no currículo están ao servizo do logro dos distintos criterios. Estes elementos, en unión coas competencias clave e cos obxectivos, estrutúranse en bloques. O primeiro bloque, común a todos os niveis, está dedicado a desenvolver as capacidades inherentes ao traballo científico, partindo da observación e a experimentación como base do coñecemento. Os elementos propios deste bloque deben desenvolverse de xeito transversal ao longo de todo o curso, utilizando a elaboración de hipóteses e a toma de datos como pasos imprescindibles para a resolución de calquera tipo de problema. Hanse desenvolver destrezas no manexo do aparato científico, pois o traballo experimental é unha das pedras angulares de Física e Química. Traballarase, así mesmo, a presentación dos resultados obtidos mediante gráficos e táboas, a extracción de conclusións e a súa confrontación con fontes bibliográficas. Os estándares deste bloque, de carácter transversal como xa se indicou, cobran sentido ao combinalos cos doutros bloques. É como resultado desta combinación e das características das actividades de aprendizaxe deseñadas polo profesorado que se poderá avaliar o grao de desenvolvemento dunhas competencias ou das outras. Na ESO, a materia e os seus cambios trátanse nos bloques segundo e terceiro, respectivamente, abordando os aspectos de forma secuencial. No primeiro ciclo realízase unha progresión do macroscópico ao microscópico. O enfoque macroscópico permite introducir o concepto de materia a partir da experimentación directa, mediante exemplos e situacións cotiás, entanto que se procura un enfoque descritivo para o estudo microscópico. No segundo ciclo introdúcese secuencialmente o concepto moderno do átomo, a ligazón química e a nomenclatura dos compostos 15

químicos, así como o concepto de mol e o cálculo estequiométrico; así mesmo, iníciase unha aproximación á química orgánica incluíndo unha descrición dos grupos funcionais presentes nas biomoléculas. A distinción entre os enfoques fenomenolóxico e formal vólvese presentar claramente no estudo da física, que abarca tanto o movemento e as forzas como a enerxía, bloques cuarto e quinto respectivamente. No primeiro ciclo, o concepto de forza introdúcese, empiricamente, a través da observación, e o movemento dedúcese pola súa relación coa presenza ou ausencia de forzas. No segundo ciclo, o estudo da física, organizado atendendo aos mesmos bloques anteriores, introduce de xeito progresivo a estrutura formal desta materia. En primeiro de bacharelato, o estudo da química secuenciouse en catro bloques: aspectos cuantitativos de química, reaccións químicas, transformacións enerxéticas e espontaneidade das reaccións, e química do carbono. Este último adquire especial importancia pola súa relación con outras disciplinas, que tamén son obxecto de estudo no bacharelato. O estudo da física consolida o enfoque secuencial (cinemática, dinámica e enerxía) esbozado no segundo ciclo de ESO. O aparato matemático da física cobra, á súa vez, unha maior relevancia neste nivel, polo que convén comezar o estudo polos bloques de química, co fin de que o alumnado poida adquirir as ferramentas necesarias proporcionadas pola materia de Matemáticas. 3º de ESO Física e Química. 3º de ESO Bloque 1. A actividade científica B1.1. Método científico: etapas. B1.2. Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación. B1.1. Recoñecer e i dentificar as características do método científico. FQB1.1.1. Formula hipóteses para explicar fenómenos cotiáns utilizando teorías e modelos científicos. FQB1.1.2. Rexistra observacións, datos e resultados de maneira organizada e rigorosa, e comunícaos oralmente e por escrito, utilizando esquemas, gráficos, táboas e expresións matemáticas. m B1.3. Aplicacións da ciencia á vida cotiá e á sociedade. B1.2. Valorar a investigación científica e o s e u i m p a c t o n a i n d u s t r i a e n o desenvolvemento da sociedade. FQB1.2.1. Relaciona a investigación científica coas aplicacións tecnolóxicas na vida cotiá. 16

Física e Química. 3º de ESO B1.4. Medida de magnitudes. Sistema Internacional de Unidades. Notación científica. B1.5. Erros. B1.6. Traballo no laboratorio. B1.3. Aplicar os procedementos científicos para determinar magnitudes e expresar os resultados co erro correspondente. FQB1.3.1. Establece relacións entre magnitudes e unidades, utilizando preferentemente o Sistema Internacional de Unidades e a notación científica para expresar os resultados correctamente. FQB1.3.2. Realiza medicións prácticas de magnitudes físicas da vida cotiá empregando o material e instrumentos apropiados, e expresa os resultados correctamente no Sistema Internacional de Unidades. B1.6. Traballo no laboratorio. B1.4. Recoñecer os materiais e instrumentos básicos presentes no laboratorio de física e de química, e describir e respectar as normas de seguridade e de eliminación de residuos para a protección ambiental. FQB1.4.1. Identifica material e instrumentos básicos de laboratorio e coñece a súa forma de utilización para a realización de experiencias, respectando as normas de seguridade e identificando actitudes e medidas de actuación preventivas. i B1.7. Procura e tratamento de información. B1.2. Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación. B1.5. Interpretar a información sobre temas científicos de carácter divulgativo que aparece en publicacións e medios de comunicación. FQB1.5.1. Selecciona, comprende e interpreta información salientable nun texto de divulgación científica, e transmite as conclusións obtidas utilizando a linguaxe oral e escrita con propiedade. FQB1.5.2. Identifica as principais características ligadas á fiabilidade e á obxectividade do fluxo de información existente en internet e noutros medios dixitais. i B1.1. Método científico: etapas. B1.2. Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación. B1.4. Medida de magnitudes. Sistema Internacional de Unidades. Notación científica. B1.5. Erros. B1.6. Traballo no laboratorio. B1.8. Proxecto de investigación. B1.6. Desenvolver pequenos traballos de investigación en que se poña en práctica a aplicación do método científico e a utilización das TIC. FQB1.6.1. Realiza pequenos traballos de investigación sobre algún tema obxecto de estudo aplicando o método científico, e utilizando as TIC para a procura e a selección de información e presentación de conclusións. FQB1.6.2. Participa, valora, xestiona e respecta o traballo individual e en equipo. 17

Física e Química. 3º de ESO Bloque 2. A materia B2.1. Estrutura atómica. Modelos atómicos. B2.1. Recoñecer que os modelos atómicos son instrumentos interpretativos de diferentes teorías e a necesidade da súa utilización para a interpretación e a comprensión da estrutura interna da materia. FQB2.1.1. Representa o átomo, a partir do número atómico e o número másico, utilizando o modelo planetario. FQB2.1.2. Describe as características das partículas subatómicas básicas e a súa localización no átomo. FQB2.1.3. Relaciona a notación Z A X co número atómico e o número másico, determinando o número de cada tipo de partículas subatómicas básicas. m B2.2. Isótopos. B2.3. Aplicacións dos isótopos. B2.2. Analizar a utilidade científica e tecnolóxica dos isótopos radioactivos. FQB2.2.1. Explica en que consiste un isótopo e comenta aplicacións dos isótopos radioactivos, a problemática dos residuos orixinados e as solucións para a súa xestión. l B2.4. Sistema periódico dos elementos. B2.5. Unións entre átomos: moléculas e cristais. B2.6. Masas atómicas e moleculares. B2.3. Interpretar a ordenación dos elementos na táboa periódica e recoñecer os máis relevantes a partir dos seus símbolos. B2.4. Describir como se unen os átomos para formar estruturas máis complexas e explicar as propiedades das agrupacións resultantes. FQB2.3.1. Xustifica a actual ordenación dos elementos en grupos e períodos na táboa periódica. FQB2.3.2. Relaciona as principais propiedades de metais, non metais e gases nobres coa súa posición na táboa periódica e coa súa tendencia a formar ións, tomando como referencia o gas nobre máis próximo. FQB2.4.1. Explica o proceso de formación dun ión a partir do átomo correspondente, utilizando a notación adecuada para a súa representación. FQB2.4.2. Explica como algúns átomos tenden a agruparse para formar moléculas interpretando este feito en substancias de uso frecuente, e calcula as súas masas moleculares. 18

Física e Química. 3º de ESO m o B2.7. Elementos e compostos de especial interese con aplicacións industriais, tecnolóxicas e biomédicas. B2.8. Formulación e nomenclatura de compostos binarios seguindo as normas IUPAC. B2.5. Diferenciar entre átomos e moléculas, e entre elementos e compostos en substancias de uso frecuente e coñecido. B2.6. Formular e nomear compostos binarios seguindo as normas IUPAC. Bloque 3. Os cambios FQB2.5.1. Recoñece os átomos e as moléculas que compoñen substancias de uso frecuente, e clasifícaas en elementos ou compostos, baseándose na súa fórmula química. FQB2.5.2. Presenta, utilizando as TIC, as propiedades e aplicacións dalgún elemento ou composto químico de especial interese a partir dunha procura guiada de información bibliográfica e dixital. FQB2.6.1. Utiliza a linguaxe química para nomear e formular compostos binarios seguindo as normas IUPAC. B3.1. Reacción química. B3.1. Describir a nivel molecular o proceso polo que os reactivos se transforman en produtos, en termos da teoría de colisións. FQB3.1.1. Representa e interpreta unha reacción química a partir da teoría atómicomolecular e a teoría de colisións. B3.2. Cálculos estequiométricos sinxelos. B3.3. Lei de conservación da masa. B3.2. Deducir a lei de conservación da masa e recoñecer reactivos e produtos a través de experiencias sinxelas no laboratorio ou de simulacións dixitais. FQB3.2.1. Recoñece os reactivos e os produtos a partir da representación de reaccións químicas sinxelas, e comproba experimentalmente que se cumpre a lei de conservación da masa. F Q B 3. 2. 2. R e a l i z a o s c á l c u l o s estequiométricos necesarios para a verificación da lei de conservación da masa en reaccións químicas sinxelas. B3.4. Velocidade de reacción. B3.3. Comprobar mediante experiencias sinxelas de laboratorio a influencia de determinados factores na velocidade das reaccións químicas. FQB3.3.1. Propón o desenvolvemento dun experimento sinxelo que permita comprobar o efecto da concentración dos reactivos na velocidade de formación dos produtos dunha reacción química, e xustifica este efecto en termos da teoría de colisións. 19

Física e Química. 3º de ESO FQB3.3.2. Interpreta situacións cotiás en que a temperatura inflúa significativamente na velocidade da reacción. m B3.5. A química na sociedade e o ambiente. B3.4. Valorar a importancia da industria química na sociedade e a súa influencia no ambiente. FQB3.4.1. Describe o impacto ambiental do dióxido de carbono, os óxidos de xofre, os óxidos de nitróxeno e os CFC e outros gases de efecto invernadoiro, en relación cos problemas ambientais de ámbito global. FQB3.4.2. Defende razoadamente a influencia que o desenvolvemento da industria química tivo no progreso da sociedade, a partir de fontes científicas de distinta procedencia. Bloque 4. O movemento e as forzas B4.1. Carga eléctrica. B4.2. Forza eléctrica. B4.1. Coñecer os tipos de cargas eléctricas, o seu papel na constitución da materia e as características das forzas que se manifestan entre elas. FQB4.1.1. Explica a relación entre as cargas eléctricas e a constitución da materia, e asocia a carga eléctrica dos corpos cun exceso ou defecto de electróns. FQB4.1.2. Relaciona cualitativamente a forza eléctrica que existe entre dous corpos coa súa carga e a distancia que os separa, e establece analoxías e diferenzas entre as forzas gravitatoria e eléctrica. B4.1. Carga eléctrica. B4.2. Interpretar fenómenos eléctricos mediante o modelo de carga eléctrica e valorar a importancia da electricidade na vida cotiá. FQB4.2.1. Xustifica razoadamente situacións cotiás nas que se poñan de manifesto fenómenos relacionados coa electricidade estática. B4.3. Imáns. Forza magnética. B4.3. Xustificar cualitativamente fenómenos magnéticos e valorar a contribución do m a g n e t i s m o n o d e s e n v o l v e m e n t o tecnolóxico. FQB4.3.1. Recoñece fenómenos magnéticos identificando o imán como fonte natural do magnetismo, e describe a súa acción sobre distintos tipos de substancias magnéticas. 20

Física e Química. 3º de ESO FQB4.3.2. Constrúe un compás elemental para localizar o norte empregando o campo magnético terrestre, e describe o procedemento seguido para facelo. B4.4. Electroimán. B4.5. Experimentos de Oersted e Faraday. B4.4. Comparar os tipos de imáns, analizar o seu comportamento e deducir mediante experiencias as características das forzas magnéticas postas de manifesto, así como a súa relación coa corrente eléctrica. FQB4.4.1. Comproba e establece a relación entre o paso de corrente eléctrica e o magnetismo, construíndo un electroimán. FQB4.4.2. Reproduce os experimentos de Oersted e de Faraday no laboratorio ou mediante simuladores virtuais, deducindo que a electricidade e o magnetismo son dúas manifestacións dun mesmo fenómeno. B4.6. Forzas da natureza. B4.5. Recoñecer as forzas que aparecen na natureza e os fenómenos asociados a elas. FQB4.5.1. Realiza un informe, empregando as TIC, a partir de observacións ou busca guiada de información que relacione as forzas que aparecen na natureza e os fenómenos asociados a elas. Bloque 5. Enerxía m B5.1. Fontes de enerxía. B5.1. Identificar e comparar as fontes de enerxía empregadas na vida diaria nun contexto global que implique aspectos económicos e ambientais. FQB5.1.1. Compara as principais fontes de enerxía de consumo humano a partir da distribución xeográfica dos seus recursos e os efectos ambientais. FQB5.1.2. Analiza o predominio das fontes de enerxía convencionais frontes ás alternativas, e argumenta os motivos polos que estas últimas aínda non están suficientemente explotadas. m B5.2. Uso racional da enerxía. B5.2. Valorar a importancia de realizar un consumo responsable das fontes enerxéticas. FQB5.2.1. Interpreta datos comparativos sobre a evolución do consumo de enerxía mundial, e propón medidas que poidan contribuír ao aforro individual e colectivo. 21