2.4. SANTIAGO DE COMPOSTELA. NODO DE CALIDADE URBANA Perfil urbano de Santiago

Documentos relacionados
CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

CAMPA A RESGAL

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

Política e Obxectivos de Calidade

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

Proxecto PROXECTO DE ORZAMENTOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA. ANO 2015 AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

I Plan de Divulgación Científica da Universidade de Vigo

Rede CeMIT Carta de Servizos. Santiago de Compostela, 4 de marzo 2011

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos.

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

I Plan de Divulgación Científica da Universidade de Vigo. Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CARACTERIZACIÓN DE SEIS ZONAS DE GALICIA CON DIFERENTE GRAO DE URBANIZACIÓN

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

Plan de Sistemas TIC na Administración de Xustiza en Galicia

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

O GASTO ENERXÉTICO NAS NOSAS EMPRESAS: A XESTIÓN EFICIENTE

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xuño Nº Var. Int. 17/16

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

XEOGRAFÍA E HISTORIA ESO

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REDE EUSUMO. información e comunicación

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

Da RIS3 GALICIA a unha Estratexia conxunta RIS3 GALICIA-REXIÓN NORTE

Emilio Fernández: "Non estamos a formar universitarios e universitarias, senón especialistas"

Burela 01_04_ EMPRAZAMENTO DATOS XERAIS

DEBATE CO PAS 19/04/2018

Plans e protocolos de empresa familiar

A atención do Presidente e da Corporación do Concello de Chantada

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Escala técnica superior

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Proxecto de mellora do servizo de Transporte Metropolitano de Galicia -TMG- ao seu paso polos concellos de Teo e A Estrada

1/10. Casa Luis e Gloria Urb. A campiña, 56. Lugo, España 01. FOTOGRAFÍAS XV PREMIOS COAG ARQUITECTURA PLANOS 03. MEMORIA 04.

O CONTRATO DE TRABALLO

4. EIXE 4. SOCIEDADE DIXITAL, CULTURA E REFORZO DO PESO DE GALICIA NO SEU ENTORNO

1. EIXE 1. EMPREGABILIDADE E CRECEMENTO INTELIXENTE

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

Indicadores sobre Banda Larga. Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia Ano 2012 Edición 2012

Dossier O líder da prensa en galego

- Língua Portuguesa na Galiza

Proceso de facturación.

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

O SECTOR DA INDUSTRIA MANUFACTUREIRA E SERVIZOS AVANZADOS

A ÁLISE ESTATÍSTICA SOBRE O TURISMO ESTIVAL E GALICIA (E QUISA DE DESTI O, 2010) (Versión resumida)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

Que é unha rede de ordendores?

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

DOCUMENTO: EIXES PRIORITARIOS

PLAN ESTRATÉXICO DE COOPERACIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL,

Proxecto GASTO ESTRATÉXICO. Obxectivos e programas

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

As persoas que presentan estes trastornos manifestan, en maior ou menor medida, as seguintes características:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES SECCIÓN 08

Plan de dinamización do EDLG

Análise das necesidades de desenvolvemento e do potencial da zona Parte III

e diferente ter un bo a camiñar.

LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

Plan de dinamización do EDLG

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Ficha técnica. Praça Marquês de Pombal nº 70, Porto Telefone: ª Edição ISBN: Depósito Legal nº

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

A ordenación do territorio en Galicia e o Norte de Portugal: competencias e desenvolvemento

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

PERFIL DO VISITANTE EN AROUSA NORTE

ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO RURAL PARTICIPATIVO LEADER DE GALICIA

Transcrição:

2.4. SANTIAGO DE COMPOSTELA. NODO DE CALIDADE URBANA 2.4.1. Perfil urbano de Santiago Área urbana de Santiago de Compostela A localización da capitalidade galega en Santiago de Compostela, con todo o que iso comporta de representatividade e crecemento dos servizos administrativos, e a súa afirmación como destino internacional do turismo cultural, supuxeron un forte pulo para o desenvolvemento da cidade de Santiago e a súa área urbana. Na última década emerxeu un notable proceso de densificación urbana supramunicipal, trasladando o crecemento aos municipios da contorna á vez que a cidade central experimentaba un certo estancamento na súa poboación. A iso contribuíu decisivamente, máis que a propia magnitude do crecemento urbano, as singulares características urbanas de Santiago de Compostela, que esixe condicións moi especiais ao desenvolvemento urbanístico. O resultado foi a saída cara aos municipios lindeiros, esencialmente Ames, Teo, Vedra, Brión, O Pino, Oroso e Boqueixón, dunha parte importante das novas demandas residenciais e tamén dalgúns dos espazos de actividade económica. O resultado nestes municipios foi un crecemento urbano moi rápido e pouco ordenado sobre uns espazos que, ata hai pouco tempo, presentaban trazos tipicamente rurais, o que está desvirtuando o carácter das periferias da capital, cunha crecente presenza de urbanización lineal seguindo as estradas e áreas intercaladas de urbanización difusa que se superpón ao disperso rural e crea problemas crecentes en canto á adecuación das infraestruturas, á baixa sustentabilidade e ao tratamento da imaxe urbana. Esta circunstancia fai moi recomendable que estes concellos se agrupen de forma voluntaria para contribuír á planificación territorial da Área urbana a partir dun PTI no que se recollan os seus caracteres territoriais específicos e as súas necesidades de planificación e ordenación no tocante a infraestruturas básicas, a servizos públicos municipais, rede de espazos verdes ou a transporte colectivo. Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela Este escenario dos municipios da contorna e da extensa zona rural do propio municipio compostelán contrasta cos compoñentes de excelencia urbana de 150

DOTGALICIA DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO DE GALICIA Santiago nas áreas centrais. A cidade de Santiago de Compostela soubo aproveitar o seu excepcional patrimonio monumental e a súa tradición histórica para configurar un ámbito de resonancia internacional que vai moito máis alá da súa dimensión urbana. De feito, é unha das poucas cidades que conta con dúas declaracións como Patrimonio da Humanidade da Unesco: a cidade histórica e a súa contorna, e o Camiño de Santiago que ten nela a súa meta e a súa razón de ser. O desenvolvemento de importantes proxectos urbanísticos permitiu dotar a capital de Galicia dun potente sistema de grandes dotacións que elevaron notablemente o seu perfil urbano converténdoa nun referente nas estratexias de integración da tradición e a modernidade. Probablemente o elemento máis destacable é o proceso de rehabilitación da cidade histórica. Santiago é unha das cidades galegas que actuou de acordo cun verdadeiro proxecto urbano moi centrado ao redor de elementos de excelencia preexistentes: o excepcional patrimonio material e inmaterial e a universidade, que obtivo un éxito notorio. Ademais, non se debe esquecer a potenciación e recuperación do seu conxunto urbano, especialmente nas zonas de contacto entre o centro histórico e a periferia interior e no tratamento de bordo das novas áreas residenciais e a súa integración na periferia exterior, acadando un crecemento harmonioso, sostible, funcionalmente homoxéneo e con equidade social. Neste sentido pode ser unha excelente vía a xa iniciada de recuperación de barrios con problemas de degradación mediante a posta en marcha de Áreas de rehabilitación integral que doten os barrios degradados de estándares de calidade de vida semellantes ao conxunto da cidade. Pola súa posición e o seu carácter, Santiago aparece como un espazo decisivo para a organización de todo o territorio galego. Santiago é a capital administrativa e cultural de Galicia e a cidade con maior proxección global. A universidade, cinco veces centenaria e Campus de excelencia internacional, Campus Vida, outórgalle unha enorme fortaleza para situarse nas actividades vinculadas á nova sociedade do saber, como son os institutos e centros de investigación. Hoxe en día Santiago constitúe unha referencia internacional polo valor do seu patrimonio e polo seu significado europeo. Estas razóns Praza da Quintana, Santiago de Compostela 151

Campus Universitario, Santiago de Compostela Conexións exteriores explican que nos últimos anos se consolidara entre os destinos europeos de calidade no turismo cultural, o cal xerou un importante despegue do sector. Ao anterior hai que engadir o desenvolvemento dun tecido empresarial con forte presenza de actividades da nova economía e de manufacturas especializadas, con marcas que acadaron unha destacada proxección internacional. Todos estes factores fan que Santiago se posicione ante o futuro como un novo polo de innovación e crecemento de ámbito rexional. Pola súa posición, constitúe un nodo clave na articulación do Eixo Atlántico e nas relacións costa-interior. Santiago é a cidade galega con maior centralidade rexional. A súa localización no centro de gravidade do sistema urbano galego repórtalle importantes vantaxes competitivas para o desenvolvemento de funcións administrativas, culturais e de servizos. Esa posición central no sistema urbano é a súa singular oportunidade para fortalecer o sistema de cidades e xerar elementos de interconexión que permitan unha maior integración dos ámbitos dinámicos do litoral co interior, así como reforzar os aspectos do seu perfil urbano que o dotan de excepcionalidade. Para iso conta con dous soportes singulares: o aeroporto central de Galicia e o nodo ferroviario principal da nova rede de alta velocidade que, xunto co trazado da nova rede de autovías e autopistas, reforzan a centralidade derivada da situación xeográfica. 152

DOTGALICIA DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO DE GALICIA 2.4.2. Infraestruturas de conexión global Santiago é a cidade galega con maior proxección internacional e con notables oportunidades para conectarse globalmente. O seu carácter de centro cultural, turístico e relixioso internacional outórganlle unhas oportunidades moi superiores ás que corresponden ao seu tamaño urbano. Trátase, xa que logo, dun activo moi importante para o sistema urbano de Galicia e constitúe un factor clave para definir o perfil estratéxico da cidade cara ao futuro. Iso require dotar Santiago de infraestruturas de conexión coa dimensión e o atractivo necesarios para consolidarse como o centro de conexión de Galicia co espazo global. As actuacións en execución en materia de conexións por estrada (Lugo- Santiago que permitirá un acceso á A-8 enlazando coa área cantábrica, Santiago-Ourense e as vías de altas prestacións que comunican Santiago coa súa contorna: Santiago-A Estrada e prolongación ata Cerdedo/Forcarei e Santiago-Brión-Noia) nos próximos anos van aumentar de forma crecente a accesibilidade rexional de Santiago de Compostela. O ferrocarril de alta velocidade outorgará a Santiago unha localización central no sistema ferroviario galego para facer accesibles a todo o territorio equipamentos e servizos de rango rexional que se localizan en Santiago. A concepción da estación de alta velocidade como un intercambiador modal permitirá integrar este elemento na rede de transporte metropolitano da Área urbana e facer accesibles os diferentes elementos de atracción da cidade. O aeroporto constitúe un elemento de referencia como infraestrutura esencial na capacidade de Santiago para desenvolver funcións de centralidade rexional e de principal nodo de conexión internacional. A nova terminal de pasaxeiros, en construción, e as actuacións expostas no Plan director do aeroporto dotarano dunha funcionalidade adecuada, que debe completarse coa mellora da comunicación desta infraestrutura coa rede de transporte público non só da área metropolitana compostelá, senón de toda Galicia. 2.4.3. A estratexia de competitividade internacional Santiago dispón de factores relevantes para o seu posicionamento exterior: os valores patrimoniais, culturais e educativos constitúen singularidades cunha relevancia internacional. É fundamental aproveitar esta oportunidade mediante iniciativas que permitan facer dos factores de excelencia da cidade de Santiago motores do seu desenvolvemento urbano e económico. Algunhas actuacións xa iniciadas, como a Cidade da Cultura, están nesta liña. O obxectivo debe ser dotar este proxecto dun contido que reflicta e proxecte internacionalmente os valores culturais de Santiago e de Galicia e que sexa capaz de convertelos en xeradores de actividade. Actuacións deste tipo contribuirán, ademais, a diversificar os atractivos turísticos da cidade evitando a concentración dos visitantes ao redor de momentos concretos como o verán ou os anos xacobeos. Como é sabido, ningunha cidade pode ser competitiva en todo. É necesario atopar campos específicos nos que existen vantaxes competitivas para alcanzar niveis de excelencia relevantes no contexto internacional. Os factores de excelencia citados achegan unha base de enorme potencial para definir un perfil urbano específico concentrando o esforzo nas que teñen máis posibilidades. Entre elas destaca a aposta polo turismo urbano en moi diversas modalidades (cultural, educativo, relixioso, eventos, congresos...) nas actividades relacionadas coa arte, o lecer, a cultura e a educación, as relacións universidade-empresa e as posibilidades de potenciar a I+D+i ao redor de disciplinas cun importante peso científico na cidade (biotecnoloxía, saúde e patrimonio cultural). As infraestruturas, a formación dos recursos humanos, os servizos educativos, a calidade de vida, a oferta cultural e de lecer, a calidade dos espazos urbanos e as posibilidades de conexión proporcionadas polas infraestruturas físicas e telemáticas van ser factores clave de competitividade aos que Santiago debe sacar partido. 153

Imaxe correspondente á cidade de Santiago de Compostela. Voo aéreo de 1956-1957 154

DOTGALICIA DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO DE GALICIA Imaxe correspondente á cidade de Santiago de Compostela. Ortofoto PNOA 2008 155

2.4.4. A Cidade da Cultura: un espazo para a proxección internacional de Galicia Como capital política, histórica, relixiosa e cultural, unha das vocacións de Santiago é converterse nun espazo de referencia dende o que coñecer e acceder ao conxunto do territorio galego, aos seus valores e ás súas actividades. Santiago é así a porta de entrada de Galicia para o turismo cultural internacional. Esta función materialízase no desenvolvemento dun espazo específico que, a modo de exposición permanente, permita dar a coñecer a un público máis amplo as singularidades de Galicia. Actividades turísticas, formación e educación, servizos profesionais, redes e alianzas comerciais e empresariais son campos nos que Santiago pode desempeñar un importante papel como centro de encontro internacional, tendo ademais en conta a importancia das comunidades da diáspora, que converten este espazo nun elemento de fortalecemento e expansión da nosa presenza internacional. A Cidade da Cultura é o maior proxecto en marcha para dotar Galicia dun elemento de proxección exterior. A súa relevancia arquitectónica e paisaxística son factores esenciais dun proxecto con vocación de servir como un foco de prestación de servizos ao conxunto do sector cultural galego e como un motor de promoción de Galicia no mundo. 2.4.5. Coherencia na articulación do proceso de desenvolvemento da Área urbana Na cidade de Santiago, xunto a un amplo programa de equipamentos, desenvolvéronse importantes obras de infraestrutura viaria para tornala máis accesible. A boa accesibilidade facilita tendencias centrífugas ao potenciar os asentamentos periféricos. Este espazo deu lugar á formación dunha extensa Área urbana que pode constituír a base para a aplicación desta nova figura de cooperación supramunicipal para a planificación territorial e a xestión dos servizos públicos, na que se incluirán os municipios da contorna da capital que voluntariamente soliciten adscribirse. A consecuencia da atracción de crecemento provocada polas novas funcións e das características do mercado de vivenda xerouse un auxe da edificación na extensa área rural periférica, moitas veces cun mínimo nivel de urbanización e con formacións de corredores edificatorios seguindo a rede de estradas e as áreas de urbanización difusa. Todo iso, ademais da baixa sostibilidade, deu lugar a un déficit na prestación de servizos públicos aos cidadáns. Este é un proceso cun gran potencial desestabilizador a medio prazo nunha cidade que quere posicionarse pola calidade urbana. Para corrixilo a ordenación deste territorio debe ser contemplada con coherencia e a escala supramunicipal. Tamén é fundamental que a calidade urbana se estenda a toda a Área urbana, xa que a xestión e o deseño urbano non deben limitarse aos espazos históricos e institucionais. Neste sentido propóñense algunhas iniciativas, que poderán ser recollidas e desenvolvidas no futuro Plan territorial intergado da Área urbana. A. Viarios para a mobilidade sostible Proponse a remodelación dos principais eixos de acceso á cidade, apoiados sobre as estradas N-550, N-525, AC-543 e AC-841, case totalmente colmados pola edificación continua que se desenvolve xunto a eles, para configurar vías urbanas máis atractivas, con posibilidades de permeabilidade transversal e sobre os que se desenvolvan programas de recuperación paisaxística recualificando uns espazos clave para a percepción da cidade e a calidade de vida dos seus habitantes, así como desenvolvendo proxectos de mellora e sostibilidade da mobilidade e da cohesión da Área urbana. Estas actuacións deben asociarse ás iniciativas previstas para a mellora da accesibilidade da cidade como a ampliación de capacidade da AP-9 e o previsto Cinto Orbital da Área urbana de Santiago. Por outra parte, a actual estrutura da Área urbana, confusa e falta de centralidades alternativas á capital galega, xera importantes fluxos de tráfico 156

DOTGALICIA DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO DE GALICIA que, ante as debilidades dos sistemas de transporte público supramunicipais, está a xerar crecentes problemas de conxestión. É fundamental mellorar a mobilidade coa creación de sistemas de transporte que integren as necesidades do conxunto da Área urbana. A estratexia de concentración de actividades nos novos desenvolvementos é esencial neste proceso, tanto para crear novas centralidades na periferia como para incrementar a eficacia dos sistemas de transporte público. As vías supramunicipais para a mobilidade sostible incluirán carrís reservados para o transporte colectivo, o que favorecería uns tempos de viaxe sensiblemente máis curtos, de xeito que aumentaría a súa capacidade de captar novos usuarios e aumentaría a súa competitividade fronte ao transporte privado. B. Calidade ambiental: os corredores fluviais e os espazos de interese ambiental En Santiago e no seu contorno figuran como espazos de interese ambiental os sistemas fluviais do Ulla e do Tambre, así como as canles do Sar e do Sarela, que ademais dos valores que presentan polos seus propios ecosistemas, desempeñan a función primordial de corredores ecolóxicos entre os sistemas naturais desta Área urbana, e destes cos da súa contorna. Por todo isto, debe potenciarse a recuperación e conservación destes espazos fluviais e os seus contornos co obxectivo de mellorar a funcionalidade ambiental, hidráulica e morfodinámica. Por outra parte, a valorización dos montes da contorna de Santiago como grandes miradoiros urbanos, espazos ambientalmente atractivos e elementos clave para o gozo da natureza e a paisaxe, constitúe unha oportunidade para achegar máis calidade ambiental á Área urbana. Estes espazos, especialmente o monte Pedroso, constitúen ámbitos idóneos para desenvolver importantes áreas de interpretación da natureza para o desenvolvemento dunha gran variedade de actividades de lecer e educación ambiental. Estas zonas recreativas deberían conectar cunha rede para peóns e bicicletas que percorra o conxunto da Área urbana, integrándose tanto na zona urbana central como nas vías supramunicipais para a mobilidade sostible. C. Transporte colectivo O Plan de transporte metropolitano da Área urbana de Santiago, xa en marcha, é fundamental na procura dunha adecuada e racional conexión dentro da Área urbana e da intermodalidade entre as liñas que unen os concellos limítrofes coas dos autobuses urbanos. Neste contexto, a incorporación dun sistema de transporte colectivo de capacidade intermedia, como o metro lixeiro, debe brindar a oportunidade de potenciar e xerarquizar a rede de transporte público sobre a que se ofertan servizos baseados en diferentes modos baixo un único sistema tarifario integrado. As liñas de metro lixeiro deben seguir os eixos sobre os que se produzan as maiores demandas de mobilidade dentro da área urbana. A creación dunha rede de intercambiadores contribuirá a facilitar unha axeitada oferta de transporte público cando as demandas de mobilidade son menores. Deste xeito, os diferentes modos de transporte utilízanse dun modo máis eficiente, contribuíndo ao obxectivo de alcanzar unha mobilidade sostible. O sistema de metro lixeiro é, polas súas características técnicas (tracción eléctrica, capacidade de transporte, etc.), un modo que podería ofrecer servizos entre ámbitos especialmente significativos de Santiago de Compostela, como puidesen ser o aeroporto, a estación intermodal e a cidade, ou a zona monumental e a Cidade da Cultura. Debe recordarse que o Consorcio de Santiago, consciente das consecuencias derivadas da implantación da Cidade da Cultura e a nova estación intermodal, encargou en 2007 un estudo previo de alternativas técnicas de mobilidade para incluír no Plan especial de Brañas de Sar. Neste documento analizábanse as distintas posibilidades de implantación de medios de transporte público, co obxectivo de conectar a Cidade da Cultura coa cidade histórica. Unha das tecnoloxías que se considerou inicialmente como máis adecuada dende un punto de vista funcional, de eficiencia de transporte, orzamentaria e de impacto ambiental foi a do metro lixeiro, polo que resulta de especial interese afondar no estudo e na implantación destas alternativas. 157