COMPROMISO COA LIBERDADE DE EXPRESIÓN MÉXICO 2009

Documentos relacionados
Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Política e Obxectivos de Calidade

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Plans e protocolos de empresa familiar

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

O CONTRATO DE TRABALLO

CAMPA A RESGAL

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

Premio Literario - Nortear Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

V I C E P R E S I D E N C I A

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

REDE EUSUMO. información e comunicación

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

Ordenanzas fiscais Páxina 1

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2011 Páx

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Rede CeMIT Carta de Servizos. Santiago de Compostela, 4 de marzo 2011

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

Requisitos para subir documentos ao

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DIREITOS HUMANOS. Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

As persoas comerciantes deberán cumprir entre outros cos seguintes aspectos recollidos na normativa vixente: Horarios comerciais:

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

As persoas que presentan estes trastornos manifestan, en maior ou menor medida, as seguintes características:

I Plan de Divulgación Científica da Universidade de Vigo

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

CONCELLO DE VILAR DE BARRIO (OURENSE) BASES III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE VILAR DE BARRIO 2018.

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO X DECLARACIÓN RELATIVA Á CONDICIÓN DE PEME

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

Decreto lei RD 16/2012. Preguntas frecuentes

Condicións legais do programa de puntos R Residencial OBXECTO

Contrato do ID de BlackBerry

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

Ordenanzas fiscais Páxina 1

LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2

San Caetano Santiago de Compostela

A empresa adxudicataria deberá desenvolver as seguintes accións:

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

Guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva

IV RUTA DA MERLUZA DE BURELA (XII RUTA BTT DE BURELA)

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Transcrição:

COMPROMISO COA LIBERDADE DE EXPRESIÓN MÉXICO 2009 A esencia de todas as liberdades é a liberdade de expresión APH FUNDACIÓN PARA A LIBERDADE DE EXPRESIÓN CONSELLEIROS, DIRECTORA EXECUTIVA, AVOGADO ---- PREÁMBULO > REAFIRMANDO a transcendencia da liberdade de expresión como dereito humano fundamental, que supera mesmo o ámbito persoal para constituír sociedades máis libres, plurais, democráticas e respectuosas, > RECOÑECENDO que a liberdade de expresión é esencial para a participación pública e o funcionamento da democracia, > CONVENCIDOS de que non é posible o gozo efectivo da liberdade de expresión cando hai medo, escuridade e silencio, e de que este dereito fundamental das persoas permite o desenvolvemento das súas capacidades e intelixencia de maneira que faga posible no individual o pleno desenvolvemento da personalidade e no colectivo alcanzar unha paz permanente, > COMPROMETENDO os distintos actores sociais para facer dela o fundamento do respecto e da tolerancia, > REITERANDO que a cidadanía é corresponsable do exercicio desta liberdade e que ela debe esixirlles aos gobernos que cumpran a súa obriga de protexela como ingrediente substancial das demais liberdades, > PROMOVENDO a difusión e o acceso ás fontes de información pública que incentiven un nivel de participación máis documentado, responsable e profundo, que mellore a calidade das nosas democracias e da xestión dos gobernos, > CONSCIENTES de que toda forma que reprima a libre expresión se converte nun poderoso estímulo para dilucidar pola forza ou a violencia os conflitos sociais, > RECORDANDO que o artigo 19 da Declaración universal dos dereitos humanos, os artigos 13 e 14 da Convención interamericana dos dereitos humanos e os convenios que sobre a materia fosen referendados, establecen con claridade a importancia da liberdade de expresión no desenvolvemento das nacións e a súa garantía; nada do establecido neste compromiso pode interpretarse como límite ou menoscabo do alcance que as devanditas declaracións e convencións lle outorgan á liberdade de expresión, > CONSIDERANDO a transcendencia do labor dos medios de comunicación e dos xornalistas para promover o libre fluxo de información e ideas que lles permitan ás persoas tomar decisións, argumentar con propiedade e fortalecer as súas democracias, > PUGNANDO porque o desenvolvemento da sociedade da información e do coñecemento, o acceso a Internet, o desenvolvemento das novas tecnoloxías e a converxencia sirvan para un exercicio pleno dos dereitos fundamentais, incluíndo a liberdade de expresión e o dereito á información, > PEDINDO que as obrigas dos organismos internacionais e dos estados en materia de liberdade de expresión e dereito á información inclúen aos poderes executivo, lexislativo e xudicial, así como aos órganos constitucionais autónomos dos diferentes niveis de goberno a partir da división política de cada país, > ACEPTANDO a necesidade de asegurar a liberdade de expresión en América Latina, os abaixo asinantes e todos os que colaboraron para a redacción deste COMPROMISO COA LIBERDADE DE EXPRESIÓN, MÉXICO 2009, manifestamos o noso entendemento e deber cos seguintes PRINCIPIOS: I. A GARANTÍA DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN

1. A liberdade de expresión comprende a liberdade de buscar, recibir e difundir informacións e ideas de toda índole, sen consideración de fronteiras, xa sexa oralmente, por escrito ou en forma impresa ou artística, ou por calquera outro procedemento da súa elección, así como por calquera medio, incluíndo as novas tecnoloxías. A liberdade de expresión é un dereito humano fundamental e un compoñente indispensable da convivencia pacífica e democrática. 2. Todos os habitantes teñen a mesma oportunidade de exercer o dereito á liberdade de expresión, así como a de buscar, obter e recibir información sen restricións. 3. As sociedades e os seus estados están obrigados a adoptar as medidas necesarias para que as persoas con discapacidade poidan exercer a súa liberdade de expresión e o seu dereito á información en igualdade de condicións cos demais. Para iso deberase facilitar a información en formato accesible e sen custo adicional, considerando as necesidades dos diferentes grupos e tipos de capacidade diferenciada. 4. É deber da sociedade e dos seus estados promover iniciativas lexislativas, executivas e xudiciais que eliminen todas aquelas medidas ou prácticas que favorezan un uso discrecional e/ou arbitrario da publicidade oficial. 5. Recoñécese e aléntase un rol activo da sociedade civil na promoción, defensa, reclamo e ampliación da liberdade de expresión como un valor que permite cohesionar os habitantes arredor de valores democráticos sólidos e demandables. Para tal efecto, a sociedade no seu conxunto promoverá a devandita liberdade no seu máis amplo sentido e valor, e vixiará o cumprimento dos gobernos con tal garantía. II. SALVAGARDAS Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN 1. Ninguén deberá ser suxeito a limitación ou interferencia con respecto á súa liberdade de expresión. 2. Non poderá aplicarse á liberdade de expresión ningunha restrición fóra da lei e, se dentro desta existise algunha, deberá estar baseada nun suposto lexítimo, coa xustificación dunha sociedade democrática e que sexa unha medida necesaria e imprescindible para a subsistencia do estado ou dos seus habitantes. Os procedementos deberán ser transparentes, obxectivos e con mecanismos amplos de participación e debate. III. PLURALISMO E DIVERSIDADE A liberdade de expresión require a obriga das autoridades e o compromiso da sociedade en: 1. Promover a pluralidade de ideas e opinións para incrementar a comprensión e a pluralidade de voces no debate público. 2. Facilitar o acceso aos medios de comunicación, incluíndo aqueles de novas tecnoloxías, fomentando especialmente a participación de grupos minoritarios, vulnerables ou marxinados, como poboación indíxena, persoas con discapacidade, mulleres, mozos e nenos, así como grupos lingüísticos ou culturais minoritarios. IV. DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN 1. As institucións públicas son depositarias de información e deben permitir o coñecemento público, a través de normativas legais que permitan e faciliten o acceso da cidadanía a ese tipo de información clave para o exercicio dunha liberdade de expresión responsable. 2. O dereito á información debe estar garantido por lei de acordo cos seguintes principios: Calquera persoa ten dereito a acceder á información dos organismos públicos, sen necesidade de acreditar interese ningún. Todas as persoas teñen dereito á información proveniente das empresas ou organismos descentralizados, institutos ou partidos políticos, institucións educativas, e inclusive das empresas privadas ou sindicatos, cando operen con recursos ou bens públicos subministrados polo estado. Calquera ten dereito a acceder á información das empresas privadas que sexa necesaria para exercer a protección dun dereito humano fundamental, mediando orde xudicial de autoridade competente. Ante a negativa inxustificada, información deficiente ou insuficiente, manipulada ou falsa, deberá existir o dereito a recorrer a un organismo independente e/ou tribunal administrativo. Os organismos públicos deberán, de oficio, publicar periódica e sistematicamente información importante ou relevante para a sociedade en xeral e tematicamente para públicos específicos.

3. Todos os habitantes teñen dereito ao acceso e actualización da información, así como a corrixir a súa información persoal, en caso de falsidade -ou tratándose de datos sensibles-, á súa supresión cando non sexa importante para a materia, xa sexa gardada esta por organismos públicos ou privados, e os gobernos ditarán as medidas necesarias para este fin. V. EDUCACIÓN AS SOCIEDADES E OS SEUS ESTADOS: 1. Deberán obrigar as institucións escolares a que a liberdade de expresión se exercite en todos os niveis da vida académica para a formación de cidadáns; a que sexa esta a forma de participar na adquisición de coñecemento e de formación para a convivencia social. 2. Deberán asegurar que a súa poboación reciba instrución educativa, dende os ciclos escolares iniciais e en todos os niveis posteriores, que lle permita unha comprensión de lectura e escritura abonda para lograr unha cultura do exercicio pleno da liberdade de expresión. 3. Deberán tamén alentar a actualización dos programas universitarios dedicados á comunicación nas materias de liberdade de expresión, transparencia, dereito á información, novas tecnoloxías e dereitos cidadáns, para mellorar a profesionalización. 4. E estimular o desenvolvemento de estudos, investigacións e publicacións sobre liberdade de expresión, dirixidas tanto aos sectores da comunicación, académico e estudantil como á sociedade en xeral. VI. MEDIOS PRIVADOS 1. A sociedade e os seus estados deberán promover a máis ampla participación posible no debate nacional e na transmisión de mensaxes a través dos medios de comunicación. 2. A utilización de frecuencias do espectro radioeléctrico deberá ser plenamente democrática e transparente, sen que o estado as restrinxa ou limite en proveito de monopolios ou oligopolios, públicos e/ou privados. 3. O sistema regulador de transmisións deberá fomentar os medios privados, cidadáns e comunitarios de acordo cos seguintes principios: Unha institución reguladora independente e autónoma será responsable do outorgamento de licenzas ou concesións para a transmisión de sinais radioeléctricos, así como para a supervisión da non restrición na súa adxudicación. O proceso para obter unha licenza deberá ser xusto, transparente, obxectivo e imparcial, debendo promover, en todo momento, a diversidade e pluralidade dos transmisores. As transmisións da comunidade serán fomentadas para ampliar o acceso en comunidades pobres ou rurais, por medio das frecuencias do espectro radioeléctrico. VII. MEDIOS PÚBLICOS As estacións transmisoras administradas con recursos públicos deberán transformarse en emisoras de servizo público, auditables e suxeitas a rendición de contas, de acordo cos seguintes principios: 1. As transmisoras públicas deben estar protexidas por unha lexislación que lles garanta estar libres de interferencia xa sexa particular, política ou económica, coa finalidade de lograr os seus obxectivos. 2. A independencia editorial das transmisoras de servizo público debe estar garantida. 3. Os habitantes de todo o territorio dun país teñen dereito ao acceso e participación nas transmisións e contidos de medios de servizo público. 4. O ámbito das transmisoras públicas debe estar claramente definido e incluír a obriga de que o público reciba información completa, imparcial e politicamente plural, sobre todo en tempos de eleccións. VIII. MEDIOS DE COMUNICACIÓN 1. Ningún sistema de rexistro para os medios de comunicación debe impoñer restricións sobre o dereito á liberdade de expresión.

2. Os medios deben: Fomentar a autorregulación, a promoción de códigos de ética e defensores das audiencias dos medios de comunicación. Realizar esforzos para aumentar as tiraxes de circulación de medios impresos, particularmente en comunidades desatendidas culturalmente. Incentivar o respecto á cláusula de conciencia, ao dereito de réplica e ao segredo profesional. 3. A falta de transparencia nos medios de comunicación provoca desconfianza na sociedade e reduce a calidade do debate, polo que os medios de comunicación deben comprometerse a: Certificar os seus respectivos niveis de audiencia e, se é o caso, o número de exemplares que imprimen, distribúen, venden ou obsequian con absoluta veracidade e ética. Informar os importes de publicidade e anuncios que lle facturan ao estado, o cal contribuirá a evitar privilexios inxustificados ou falta de equidade na distribución da publicidade gobernamental. Ser transparentes na súa xestión interna, cando esta incida na formación de opinión pública, o dereito á información e á liberdade de expresión. 4. A empresa informativa e os seus comunicadores deben ser alentados para alcanzar acordos que garantan as edicións independentes. 5. Ningún anunciante en medios de comunicación poderá retirar publicidade por motivos informativos nin buscar que se oculte información con presións económicas. 6. Os medios de comunicacións e as entidades privadas que provean información, mesmo por Internet, deberán asegurarse de utilizar formatos e servizos accesibles para todas as persoas, en especial para aquelas con discapacidade. IX. NOVAS TECNOLOXÍAS O acceso ás novas tecnoloxías, especialmente Internet, como instrumento para o exercicio pleno dos dereitos fundamentais, como a liberdade de expresión e o dereito á información, debe comprender: 1. Acceso a equipos e redes para o uso das novas tecnoloxías. 2. A educación no uso das novas tecnoloxías. 3. A promoción do desenvolvemento de habilidades informativas para a maior cantidade posible de usuarios. 4. A promoción da creación de contidos pertinentes á poboación en xeral. X. ÓRGANOS REGULADORES PARA AS TRANSMISIÓNS E PARA AS TELECOMUNICACIÓNS Calquera autoridade que exerza atribucións sobre a área das transmisións e das telecomunicacións debe: 1. Ser independente, autónoma e estar protexida axeitadamente contra interferencias de calquera natureza: particular, política ou económica. 2. Ser formalmente responsable ante a sociedade, dotándoa de mecanismos idóneos para iso. 3. Ser transparente e aberta ao público nas xuntas de procesos deliberativos, buscando involucrar a participación cidadá. 4. Garantir que a xunta de goberno ou o órgano colexiado de decisión da autoridade estea integrada por persoas libres de conflitos de intereses con respecto aos axentes regulados e aos partidos políticos, así como desvinculados do goberno, coa finalidade de garantir a imparcialidade nas decisións. XI. QUEIXAS 1. É necesario un sistema para atender queixas sobre a xestión dos medios de comunicación, públicos e privados; este deberá estar dispoñible e ser amplamente accesible, e deberá ser acompañado pola garantía do dereito á réplica. Para iso, deberán existir regras preestablecidas e códigos de conduta que indiquen o procedemento sinxelo que hai que seguir para presentar unha queixa, os prazos do proceso, as recomendacións e remedios. 2. Calquera órgano establecido para atender as queixas sobre contidos difundidos polos medios deberá estar protexido de interferencias políticas, económicas ou de calquera outro carácter. Os poderes do

devandito órgano serán de natureza administrativa e conciliadora e non deberán usurpar o poder dos tribunais. XII. PROMOCIÓN DO PROFESIONALISMO 1. A misión de informar necesariamente importa unha responsabilidade profesional. O comunicador deberá asumir a responsabilidade do seu labor profesional e considerar que a calumnia, a difamación, a aldraxe, a alteración de probas, a deformación dos feitos, as acusacións sen fundamento e a mentira son faltas profesionais graves, con consecuencias xurídicas. 2. Os profesionais dos medios serán libres para organizarse en asociacións ou unións, nacionais e internacionais. 3. As empresas xornalísticas deben comprometerse a prover capacitación continua ao persoal. 4. Sociedade e goberno deberán promover, dende o ámbito profesional e a academia, a reflexión sobre ética xornalística e responsabilidade social dos medios e a súa transcendencia, co fin de fomentar a creación de mecanismos autorregulatorios que permitan elevar a calidade informativa que redunde nunha maior e mellor liberdade de expresión. XIII. MEDIDAS CONTRA OS QUE EMITEN A SÚA OPINIÓN A TRAVÉS DOS MEDIOS 1. É condenable con severidade calquera ataque á liberdade de expresión dos que a exercen nos medios, e aos medios mesmos, como as ameazas, as lesións, o secuestro ou o asasinato, así como a destrución material de instalacións, decimar o periodismo independente, a liberdade de expresión e o libre fluxo de información para o público. 2. A sociedade e os seus estados atópanse baixo a obriga de adoptar medidas efectivas, para evitar calquera tipo de ataques e, se acontecesen, investigalos, castigar os perpetradores e asegurarse de que as vítimas teñan acceso a remedios efectivos e reparación do dano. 3. Os estados e a sociedade civil constituirán redes de apoio, promoción, difusión e acompañamento xurídico para atender actos contra a liberdade de expresión; redes nas que conflúan xornalistas, universidades, medios de comunicación, despachos de avogados, organizacións non gobernamentais, entidades gremiais e a sociedade toda. XIV. DEREITO Á VIDA PRIVADA, Á HONRA E Á PROPIA IMAXE 1. Ninguén ten dereito a difamar ou atentar en contra da vida privada, a honra, a intimidade ou o dereito á propia imaxe das persoas. 2. As persoas públicas deberán comprender que polo simple exercicio do encargo que ocupen están máis expostas a críticas e controversias sustentadas. 3. Os estados deben asegurarse de que as súas leis en contra da difamación ou ataques á vida privada, a honra, a intimidade ou o dereito á propia imaxe nunca impoñan sancións tan severas como para inhibir o exercicio da liberdade de expresión e o dereito á información. Considérase unha sanción severa o encarceramento, así como as sancións pecuniarias excesivas. XV. SITUACIÓNS DE EMERXENCIA En situacións de emerxencia ou desastres naturais, débese respectar o dereito á información das persoas e o exercicio da liberdade de expresión con responsabilidade conforme a elevados estándares éticos, sen propiciar alarmas innecesarias nin situacións de pánico. XVI. OUTRAS MEDIDAS 1. As sociedades e os seus estados deben revisar e adecuar o seu marco xurídico de tal maneira que non existan disposicións que limiten ou socaven o interese público no ámbito da liberdade de expresión. 2. Os conceptos de "seguridade nacional, interese público reservado ao estado e á orde pública" non deberán ser factores que inhiban a liberdade de expresión e o dereito á información, a menos que exista un interese lexítimo para unha restrición temporal.

XVII. MEDIDAS ECONÓMICAS 1. As sociedades e os seus estados deben promover un ambiente económico xeral e unha política fiscal nas que se permita fomentar os medios de comunicación. 2. A sociedade debe esixirlles aos estados promover lexislacións que transparenten e regulen a equidade publicitaria; débese evitar que os funcionarios utilicen a distribución de anuncios públicos para interferir nos contidos dos medios. 3. As sociedades deben esixirlles aos seus estados adoptar medidas efectivas para evitar a concentración monopólica ou oligopólica dos medios de comunicación nun só dono ou en poucos grupos; sen limitar o desenvolvemento do sector das comunicacións e as súas tecnoloxías. XVIII. PROTECCIÓN DAS FONTES E DOS MATERIAIS XORNALÍSTICOS 1. A sociedade debe esixirlles aos gobernos lexislar para que haxa normas que aseguren o segredo das fontes de información dos que exercen a liberdade de información profesionalmente. 2. A regulación do segredo profesional debe incluír tanto as fontes como aqueles materiais e instrumentos de traballo a través de cuxo coñecemento puidese chegar a saber a orixe da información que sexa de interese público. 3. A normatividade do segredo profesional debe ser absoluta cando se trate de órganos administrativos, admitindo excepcións por mandato xudicial debidamente fundado e motivado; só cando razoablemente non haxa forma de coñecer a fonte informativa e iso implique un risco real e inminente que poña en perigo a seguridade democrática. XIX. EXECUCIÓN Os asinantes deste compromiso coa liberdade de expresión realizarán todos os esforzos, accións e actividades de promoción, información, denuncia, de academia, de investigación, difusión e lexislativas, tendentes a cumprir cos principios aquí establecidos. México, D.F., 17 de agosto de 2009 ---- PARTICIPANTES NA REDACCIÓN: