Plan de dinamización do EDLG

Documentos relacionados
Plan de dinamización do EDLG

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PIALE Integración en lingua portuguesa

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

- Língua Portuguesa na Galiza

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

Convocatoria ordinaria de 2012

Política e Obxectivos de Calidade

INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

Escala técnica superior

Língua Portuguesa na Galiza

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

REDE EUSUMO. información e comunicación

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

MÁSTER EN PROFESORADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL E ENSINANZAS DE IDIOMAS CURSO

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

Estudo de inserción laboral dos titulados de FP que remataron estudos no curso

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

CAMPA A RESGAL

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

REGULAMENTO DA WEB DA CPMA-VIGO

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

O CONTRATO DE TRABALLO

MANUAL DE USUARIO DE etrades

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

BENQUERENCIA TERRA - MAR

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

FCT con Erasmus+ Curso

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

PLAN TIC IES Chapela (PE)

Planificación do curso escolar

ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE CURSOS E OBRADOIROS QUE SE IMPARTEN NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

CURSO. Datos e cifras do ensino. non universitario. Setembro, 2008

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

Emilio Fernández: "Non estamos a formar universitarios e universitarias, senón especialistas"

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

I XORNADAS GALEGAS DE CALIDADE E SEGURIDADE DO PACIENTE

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

V I C E P R E S I D E N C I A

GALEGAS ACTOS. dedicado. Paraa alumnado. Venres 9 de maio. FANTÁSTICA co espectáculo. En caso de cheo. Martes 13 de maio. Contacontos en CONCELLERÍA

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

1.- Organización da Escola de Primavera:

Transcrição:

Plan de dinamización do EDLG IES San Clemente Ano escolar 2015 2016 1

Índice Introdución Integrantes do EDLG Historia do IES San Clemente Localización Organización e horario do centro Contorno sociolingüístico do centro Oferta académica Alumnado matriculado Obxectivos Actividades 2

1. Introdución No IES San Clemente desenvolvéronse historicamente proxectos e actividades que contemplan a dinamización lingüística e o desenvolvemento da cultura galega como principal eixo condutor. Aínda que no noso centro existen dende sempre iniciativas en prol da nosa lingua e da nosa cultura, o EDLG do IES San Clemente ven funcionando nomeadamente, dende a creación dos equipos de normalización lingüística, e dende ese momento existe un proxecto global de normalización que se revisa curso a curso. É por iso, e dado que un centro de ensino non pode illarse do tecido social do que forma parte, sendo mesmo reflexo, en moitas ocasións, do que naquel acontece, este proxecto deberá continuar traballando coa finalidade de acadar todos os seus obxectivos. Por esta razón, e porque o método de traballo de cursos precedentes debe ser revisado e a actividade a desenvolver axeitada cos obxectivos perseguidos, este proxecto busca consolidar un método de traballo que se poida levar a cabo de forma continuada no presente curso escolar e nos cursos posteriores, polo que sería considerado como plan plurianual. 3

2. Integrantes do EDLG Como ordena o no artigo 15º o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario en Galicia (DOG nº 97, do 25 de maio), no IES San Clemente constituíuse un equipo de dinamización da lingua galega, nomeado e supervisado pola dirección do centro e formado polo seu coordinador, por profesorado, por representantes do alumnado e por persoal non docente. A continuación indícase a composición do equipo de dinamización lingüística do IES San Clemente: Coordinador: Marcos Vence Ruibal (Informática) Membros do profesorado: María del Carmen Viñas Álvarez (directora) Xosé Luis González Ucha (Galego) María Dolores Díaz Rifón (Galego) Cristina París Brandariz (Informática) Borja Rey Seoane (Informática) María Jesús Rodríguez Lastres (Orientadora) Afonso Pena Barreiro (Xeografía e Historia) Pedro Antonio Labraña Barrero (Matemáticas) María del Carmen Moure González (FOL) Manuel Martínez Mira (Filosofía) Membros do alumnado: Xosé Brais Noya García (2º SMR) Adán Lens Pérez (2º SMR) María Inés Otero Mirás (1º ASIR) Natalia Soto Pazos (1º ASIR) Membros do persoal non docente: Manuel Barral Sánchez (Conserxaría) Carme Otero Cruz (Conserxaría) 4

3. Historia do IES San Clemente O centro no que se ubica o IES San Clemente data de mediados do século XX e intégrase perfectamente no casco antigo da cidade. A historia do centro ven ligada á formación no traballo. A historia do noso IES remóntase ao ano 1948, cando unha viúva compostelá doa uns terreos situados no campo de San Clemente á Igrexa, coa finalidade de que neles se construíse un centro para acoller aos nenos pobres da cidade e proporcionarlles uns coñecementos profesionais que lles permitisen no futuro desempeñar un oficio. A doazón realizouse por motivos píos e a Igrexa tutelou o desenvolvemento das obras de edificación a través de D. Fernando Quiroga Palacios. Aínda que o edificio puido estar rematado antes, as súas actividades non comezaron ata o ano 1953 que, curiosamente, coincide tamén co momento en que o Papa Pío XII designa cardeal a Don Fernando Quiroga Palacios. A historia vén demostrar que o centro sempre estivo vinculado a ensinanzas profesionais: foi escola de traballo, escola de artes, escola de mestría industrial, centro de formación profesional...; non foi ata a última década do século XX cando, coa reforma educativa formulada na LOXSE, pasou a denominarse IES e, xa no século XXI, se introduciron as ensinanzas non estritamente profesionais. O edificio forma parte, estrutural e arquitectonicamente, do conxunto histórico da cidade. Foi sempre de titularidade pública e, polo tanto, depende da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. 5

4. Localización A raíz da importancia que ten Santiago de Compostela en todos os ámbitos, fai que sexa unha cidade á que é doado chegar por calquera medio de transporte, contando con aeroporto, estación de ferrocarril e de autobuses. A boa comunicación de Santiago de Compostela con calquera punto de Galicia fai que o noso centro estea situado nun lugar estratéxico. O Instituto San Clemente está situado preto da Alameda e do centro histórico. Desde a nosa plataforma educativa podemos levar o noso idioma a todos os lugares do Planeta. 5. Organización e horario do centro As instalacións do IES San Clemente contan cun bo horario, tanto para realizar calquera proceso administrativo como á hora de estudar calquera das súas ensinanzas. O centro conta tamén cun cadro de persoal que forma un equipo que traballa dentro dun marco de cordialidade. O horario do centro é o seguinte: de luns a venres : 8:45 14:35 e 16:00 23:00 h. 6

6. Contorno sociolingüístico do centro O IES San Clemente ofrece educación tanto presencial como a distancia. Dadas estas características especiais do centro, resulta difícil analizar a súa realidade sociolingüística, xa que cada modalidade educativa se desenvolve nun contorno diferente. O alumnado dos ciclos formativos provén maioritariamente da localidade na que está situado o centro (Santiago de Compostela) e dos concellos limítrofes. O alumnado matriculado na ESA pertence a unha parte importante da provincia da Coruña. O alumnado inscrito en Bacharelato procede de toda a comunidade, por ser este centro o único en Galicia que imparte esta modalidade a distancia. Pero constatamos, pola comunicación mantida a través da plataforma virtual, que pode atoparse fóra da comunidade e mesmo do país mentres realiza os seus estudios. Os módulos e materias impártense no idioma especificado na lexislación vixente. Para o resto dos módulos, aqueles para os cales a normativa non especifica o idioma a usar, o centro procurará que exista unha oferta equilibrada en galego e en castelán que garanta que o alumnado acade a competencia lingüística propia do nivel nas dúas linguas oficiais. En canto ao profesorado, o encargado da formación a distancia, desenvolve o seu labor en galego de forma maioritaria, como pode comprobarse na aula virtual, que é o vehículo prioritario de comunicación entre o profesorado e o alumnado. Con respecto á comunicación interna e externa do centro, esta realízase integramente en galego (agás os casos contemplados na lei, de relación con organismos doutras comunidades autónomas), como pode verse na plataforma educativa. 7

7. Oferta académica O IES San Clemente ofrece educación tanto presencial como a distancia: Oferta educativa presencial: Ciclo medio Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR). Ciclo superior Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR). Ciclo superior Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM). Ciclo superior Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW). Oferta educativa a distancia: Os catro ciclos formativos da alínea anterior. Bacharelato para persoas adultas. ESA para persoas adultas. 8. Alumnado matriculado Estudos Número de alumnos/as Ciclos formativos (presencial ordinario) 179 Ciclos formativos (distancia + modular) 609 Bacharelato (adultos) 758 ESA (adultos) 220 Total 1 766 Debe terse en conta que a matrícula está aberta ao longo do ano escolar, polo que estas cifras aumentan considerablemente consonte avanza o mesmo. 8

9. Obxectivos O obxectivo principal do equipo de dinamización da lingua galega é potenciar o uso do galego no centro educativo. Outros obxectivos do equipo de dinamización da lingua galega: Coidar de maneira especial o uso da lingua nas plataformas educativas, actualizándoas e someténdoas a continuas revisións. Asegurar que o alumnado acade a competencia lingüística propia do nivel nas dúas linguas oficiais. Esixir o cumprimento da lexislación sobre o uso da lingua galega no sistema escolar, adaptada ás súas especificidades e orientada a acadar unha boa competencia nas dúas linguas oficiais. Fomentar o uso do galego, a nivel oral e escrito, por parte de todos os membros da comunidade educativa. Garantir unha oferta de materiais didácticos de calidade e en diversos soportes. 10. Actividades O equipo de dinamización da lingua galega do IES San Clemente leva varios anos de traxectoria realizando múltiples actividades ao longo de todo o curso. Algunhas delas repítense anualmente con éxito. Cabe destacar o concurso literario que xa leva vintesete edicións. A continuación enuméranse unha serie de actividades propostas para o presente ano escolar, algunhas das cales son unha nova edición de actividades xa realizadas en anos anteriores. Actividades relacionadas coa páxina web www.iessanclemente.net : plataforma educativa a distancia, plataforma educativa Mestre, wikis de manuais e axuda. Atención á utilización da lingua galega na plataforma educativa, someténdoa a continuas revisións. Información sobre a normativa vixente. Publicación de artigos: Novas, Novas de dinamización lingüística e Proxectos etwinning. Información sobre os obxectivos e as actividades do EDLG en http://www.iessanclemente.net/plurilinguismo/equipo/ 9

Actividades relacionadas coa vida educativa no IES San Cemente e no contorno: Solución de dúbidas aos membros da comunidade educativa. Participación no club de lectura. Participación en actividades organizadas pola Coordinadora Galega que sexan consideradas de interese para o alumnado. Concursos: VI Concurso de felicitacións de aninovo. I Concurso de micro relatos. I Concurso de micro vídeos. XXIX Concurso literario. VI Concurso europeo de marcapáxinas. Actividades de promoción da lingua por medio de etwinning: Christmas Card Exchange 2015. Letras galegas 2016 Manuel María. Publicacións da embaixada etwinning. Ofrecemento ao Servizo Central de Bruxelas para traducir as interfaces do etwinning Live e TwinSpace ao galego. Participación no Plan Proxecta Paisaxe e Sustentabilidade ou Proxecto didáctico Antonio Fraguas : O proxecto trata sobre as illas de Arousa e Khrysí. Pretendemos traballar sobre aspectos históricos, culturais e naturais de ambas illas, para finalmente realizar unha exposición artística de cadros inspirados en toda esta investigación. Os resultados finais, en galego e grego, serán: Un conxunto de páxinas web, creadas polos alumnos, con imaxes e información sobre ambas illas. Exposición de imaxes en Creta, Compostela e Arousa, con catálogo en galego e grego. Estudo sobre as posibilidades de utilizar plantas nativas en xardinería e deseño de paisaxes. Publicación en formato A5 con todo o material desenvolvido durante este ano e mesmo dos anteriores (por exemplo os relatos premiados, etc.) Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2015. O coordinador do EDLG Marcos Vence Ruibal A directora do centro Carmen Viñas Álvarez 10