A Rasela Ceip Concepción López Rey

Documentos relacionados
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Double-click to enter title

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

SBN: O TEMPO NO XORNAL

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

EDUCANDO PARA A SOSTIBILIDADE: XESTIÓN N DE RESIDUOS. CEIP de Viñas POIO

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

Proceso de facturación.

Volver empezar. Nesta unidade imos inventar a biografía do candidato ideal para un posto de traballo. Para iso, imos repasar e aprender:

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

POSIBLES IDEAS PARA UNHA HOMILÍA CON NENOS 12 novembro Non deixes que a Súa chamada sexa perdida, ten á man o CARGADOR da ORACIÓN.

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Programa_Antroido_2013.pdf 1 04/02/13 17:24.

PROBA B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B

PIALE Integración en lingua portuguesa

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL

GALEGAS ACTOS. dedicado. Paraa alumnado. Venres 9 de maio. FANTÁSTICA co espectáculo. En caso de cheo. Martes 13 de maio. Contacontos en CONCELLERÍA

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

PROPOSTAS PARA PARTICIPAR NO MARCO DA CAMPAÑA #COMPOSTELAENNEGRO. #EnNegroContraAsViolencias. #Galiciaennegro

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

e diferente ter un bo a camiñar.

BOLETÍN DA PASTORAL DE ESCOLAS CATÓLICAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - ANO 3 - NÚM. 15. Corresponden estes debuxos a dúas alumnas:

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

Unha viaxe á lúa.

Eucaristía, punto de encontro cos irmáns e con Deus.

A Coresma: camiño cara á Pascua. Oración SUMARIO

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de setembro as 10:00. Piscina Carballo Calero e Praia de Razo. Carballo.

Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas

MISA CON NENOS 27 maio de Ordinario 9º Ciclo B Ev. de Mt. 8,16-29: Eu estarei convosco todos os días Mensaxe: Déixate acompañar por el

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

MUSEO LISTE ETNOGRÁFICO DE VIGO PROGRAMACIÓN 2º TRIMESTRE 2017

ANPA DO IES DO MILLADOIRO Travesa do porto s/n, Ames MEMORIA DE ACTIVIDADE ANPA

Refráns e ditos populares do Nadal

CALENDARIO PARA O CICLO INTENSIVO DO PROGRAMA UNIVERSITARIO PARA MAIORES. CAMPUS DE PONTEVEDRA. CURSO

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

Mago: Roberto Lolo Teatro: Bicos con lingua Teatro: Pelos na lingua Concurso radiofónico: Sesión preparatoria English Week Soundpainting

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

Este proxecto musical nace en 2012 cando varios músicos e profesores de corda de Galiza, interesados na interpretación da música dos séculos XVII e

Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE. Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES. Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR. Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR

REDE EUSUMO. información e comunicación

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

BENQUERENCIA TERRA - MAR

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2017

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

1.- Organización da Escola de Primavera:

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

ANEXO I SOLICITUDE DE ACTUACIÓNS DA SUBMEDIDA M10.22 DE CONSERVACIÓN DE RECURSOS XENÉTICOS NA AGRICULTURA/CULTIVOS-CASTES AUTÓCTONAS 2016

A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos.

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

GATIÑAS E GATIÑOS. Club

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

MANUAL DE USUARIO DE etrades

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Potencias e radicais

DE RAMON PIÑEIRO. Caricatura de Ramón Piñeiro, realizada por Xabier Domínguez. Anagrama da Editorial Galaxia, BIOGRAFÍA RAMÓN PIÑEIRO

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

INSTRUCIÓNS PARA A EDICIÓN DE ARTIGOS

05 Movémonos mellor?

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

IV RUTA DA MERLUZA DE BURELA (XII RUTA BTT DE BURELA)

Indice. Obradoiros artísticos...3 Obradoiros de idiomas...4 Obradoiros de informática...5

VOLUNTARIADO XACOBEO 2010

O acceso a estas tres actividades dinamizadoras é, coma sempre, libre e de balde ata completar a capacidade das salas que as acollen.

O envase churrusqueiro

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a. a nosa lingua

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

GUIÓN A PAZ Nós hoxe imos desenvolver algunhas actividades, pero a paz é moito máis que un fermoso conto, de pombas e globos...

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

O CONTRATO DE TRABALLO

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

ACTIVIDADES DE NADAL 2014

deaula I - Nº 1 Outubro 2012

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

Transcrição:

Nº 30

Sumario CONTIDOS Editorial Desde a... aula de Inglés O Nadal no colexio PÁXINA 3 4,9 10-11 Novo espazo infantil.. 12 Un gran bocata.. 13 Charla sobre Educación vial 14 A Paz... 15 Saímos de Excursión... 16 O Entroido 17-18 Carreira Solidaria 19 Día da árbore 20 Os maios... 21 Letras Galegas A amizade Nós,... tamén traballamos... Últimas novas 22,28 29 30,32 33 2

Editorial Agora que o curso está chegando ao seu fin sae, coma sempre, a nosa revista. Está elaborada por todos e cada un de nós para deixar unha pegada máis neste centro. Aquí hai información de todo o ano académico e da maior parte das celebracións deste último ano para nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é triste, pero sabemos que nos queda moito por experimentar e temos gañas de facelo, a pesar de que estes seis anos sempre irán nos nosos corazóns. E así poderemos enriquecer máis os nosos coñecementos e aprender cousas novas para así ter un bo futuro. Esperamos que todo o noso traballo sexa do voso agrado e vos goste. Por último gustarianos agradecer aos profesores a súa axuda, o seu apoio e as súas ensinanzas de todos estes cursos con eles. Ata... sempre... e moito ánimo para os que nos seguen... ======================= ========== === = 3

Desde a... clase de Inglés: Hallowen, Magosto, San andrés,... Ao mirar atrás lembrando momentos estelares na vida do noso cole, o CEIP Concepción López Rey, ao longo deste ano podemos salientar varias actividades encamiñadas a celebrar diferentes festas cun enfoque tanto educativo como lúdico e a compartir un bo rato todos xuntos. HALLOWEEN O día 31 de outubro celebramos HALLOWEEN, festa celta de orixe anglosaxona pero que hoxe en día celébrase por tódalas partes do mundo. Para ampliar os nosos coñecementos, este ano exploramos a cultura doutro país que tamén comparte a celebración dos mortos, México. No Día dos Mortos en México se celebra a época de Halloween con moito fincapé na imaxe da calavera e do esqueleto, das tumbas e dos crucifixos como símbolos da calidade transitoria da vida. Representan os espiritos dos humáns reflictindo o oficio de cadaquén, e ata os espiritos dos animais! 4

Polo tanto, as caretas que elaboraron en 4º e 6º eran de calavera decoradas de mil maneiras e elaboramos un mural sobre o tema. Disfrazámonos todos pola tarde e cada grupo fixo a súa actuación cantando unha canción de Halloween en inglés. Os alumnos de Infantil encandeáronnos coa súa rendición de " 1, 2, 3 Pumpkins (1,2,3 Calabazas)" Os de 1º e 2º cantaron e bailaron a canción da graciosa bruxa "Winnie the Witch" co seu gato Wilbur. Aos de 4º e 6º tocoulles cantar de xeito moi sinistro "There are Ghosts at Halloween" (Hai "Pantasmas en Halloween)". Despois, para repoñer forzas e levantar a alma tomamos palomitas dabondo e algún refresco. 5

Elaboramos un mural terrorífico no hall do cole no que predominaban os morcegos, arañas, pantasmas, e calaveras e o máis chamativo de todo era...a MESA DAS CABAZAS! GUY FAWKES En todo o Reino Unido o día 5 de novembro coñécese como GUY FAWKES ou BONFIRE NIGHT, (a Noite das fogueiras). No cole, os alumnos de 4º e 6º aprenderon un pouco sobre a orixe desta festa e de como se festexa. Data do século XVII conmemorando o descubrimento dunha conspiración que planeou un grupo de católicos para voar con pólvora o Parlamento protestante de Londres co rei dentro. O líder do grupo era o pobre Guy Fawkes quen pagou moi caro por intentar levar a cabo tan arriscado proxecto! Hai varias maneiras moi populares para lembrar tal enigmática historia. Cada barrio da cidade ou cada aldea constrúe unha fogueira enorme, metén enriba unha boneca de palla (que representa o desgraciado Guy Fawkes), préndenlle lume e despois empregan a borralla para asar chourizo, patacas, e outros manxares típicos da festa. Acompañando a fogueira hai festas de foguetes por todas partes. 6

Os alumnos descubriron diferentes matices desta festa a través dunha presentación no encerado dixital, aprendendo un pouco sobre a Historia e as tradicións e despois plasmaron as súas impresións nun mural sobre o tema. MAGOSTO No mes de novembro participamos todos, como non, na festa da castaña, cada grupo do cole compartindo cos compañeiros unhas variadas manualidades e actuacións. Os alumnos de Infantil engaioláronnos cun par de cancións moi traballadas, " Que Vivan as Castañas!" e "Froitos do Outono", levando ao redor do pescozo uns colares preciosos feitos de castañas. Os maiores de 1º, 2º e 3º ciclo participaron nunha actuación imitando un concurso de televisión. O reto era descubrir o sentido dalgunhas palabras relacionadas co Magosto pero que ao mellor xa caeron en desuso. Compartímolo convosco... 7

1.Que é unha castaña folga ou boleca? a) unha castaña oca b) unha castaña azul furada c) unha castaña china 2. Que é unha castaña do canizo ou maia? a)unha castaña que se colle na malla? b) unha castaña seca c) unha castaña moi dura para comer 3. Que é un degaro ou destelo? a) unha castaña que sae do ourizo sen casca b) ourizo a cal lle caen os picos c) castaña que se solta espontaneamente do ourizo 4. Que é un zoncho? a) unha castaña cocida coa pel b) unha castaña cadrada 8

c) castaña que se recolle co poncho 5.Que é un bullo? a)castaña que se come crú b) castaña pisada polos raposos c) castaña asada sen casca 6. Que é un bullote? a) castaña asada con casca b) castaña pisada polos xabaríns c)castaña con leite 7. Que é unha castaña do leite? a)unha castaña verde b)unha castaña con leite c)unha castaña que sae co leite da vaca 8. Que é unha candea? a) a flor do castiñeiro b) un adorno do Nadal c) unha lámpada Tamén gozamos dunha actuación musical dos alumnos de 1º e 2º de moito ritmo e percusión coa colaboración de Raúl, de 6º, quen leu o poema : "A Castaña no Souto da Araña". Cada alumno, cun instrumento diferente, levou a percusión como acompañamento. Elaboramos un mural aproveitando a natureza que temos ao redor de nós, prensamos follas de castañeiro e pegámolas nun fondo pintado coas preciosas cores do outono. Rematamos todo comendo castañas asadas no forno da cociña do cole. Grazas Lucía! 9

O DÍA DE SAN ANDRÉS Co gallo de descubrir un pouco máis sobre a cultura británica, neste caso específico a escocesa, celebramos o día de San Andrés, día que se festexa en Escocia con moito orgullo. San Andrés é o patrón de Escocia. Segundo a historia levaron o seu cadáver a Escocia e ao partir da súa presenza nesa terra obrou varios miragres incluíndo a vitoria en importantes loitas contra os ingleses. Por iso tomárono como patrón de Escocia e o símbolo da cruz de San Andrés converteuse na bandeira de Escocia. Cada 30 de novembro, os homes visten a famosa saia escocesa kilt, tocan a gaita para que todo o mundo poida cantar e bailar. O prato forte é o Haggis, prato nacional que se serve con puré de pataca e nabo. O Haggis ten certo parecido co butelo, pero o recheo está feito a base de ovella. Mestúranse todas as vísceras picadiñas da ovella con avea e especias e métese todo dentro dun saco que tradicionalmente é a pel do estómago do animal. Todos os rapaces e as rapazas quixeron probar un cachiño, algúns máis ca outros e o premio despois foi poder gozar dun anaquiño de Tablet, un doce típico de Escocia de leite condensada, azucre e manteiga. MOI doce! Tamén aprendimos un baile escocés para ir gastando algunhas das calorías da comida! A PASCUA No Reino Unido, nos días anteriores ao Domingo de Pascua, é moi habitual ver as costas dos outeiros ou dos parques cheos de actividade, familias enteiras xogando xuntas ao xogo dos óvos. Consiste en botar os ovos por unha costa/rampa e ver como van dando voltas e voltas mentres van baixando pola costa ata chegar á meta. Así o fixemos tamén no colexio CLR. Pintamos os ovos cocidos de cores chamativas, dividímonos en equipos e na rampa que hai entrando desde a rúa ao patio do cole, fixemos as típicas carreiras dos ovos de Pascua. Con moita tensión e adrenalina no aire, pasamos da 1ª rolda, á semi final e á final. Os de Infantil tamén disfrutaron dun xogo no que tiñan que ir na procura dos ovos agochados e...canta alegría cada vez que aparecía un ovo...de chocolate por suposto! 10

O Nadal O día 20 de decembro celebramos, coma cada ano, o festival de nadal. Ó longo da última semana estivemos con tódolos preparativos finais: demos xa forma ás actuacións que ensaiamos con moito esmero ao longo do último mes e medio no período de lecer para non interrumpir para nada as clases, preparamos decorados, puxemos o Belén, decoramos tamén o local social para a ocasión,... Ese día, pola mañá, preparamos os últimos detalles para a celebración, ensaiando para perfeccionar o espectáculo, comprobando que non faltara nada,... Logo foron chegando os pais, nais,avós, irmáns... do alumnado que se reuniu no local social do 11

centro. Nese intre comezou o festival. Primeiro, actuaron os nenos de educación infantil que, coa vestimenta apropiada, fermosos todos eles, cantaron tres cancións: unha foi unha panxoliña galega, outra cantada en inglés e da outra os temas pincipais eran o nadal e as súas comidas típicas. Logo, tocaron e cantaron os nenos que van ás actividades extraescolares organizadas pola ANPA. Despois, os nenos de 1º, 2º, 4º e 6º fixemos un musical sobre unha unidade musical de emerxencias. Cómico, con música a esgalla. Canto gozamos!!!! Por último, os pais, dos alumnos foron tomar café de confraternidade cos propios profes a unha das salas mentras intercambiaban opinións, inquedanzas, suxerencias,... Nese momento, nós saímos ao patio e xogamos un pouco. Ao final as familias fóronse e parte do alumnado tamén posto que eses días houbo un virus no colexio e aínda non nos tiñamos recuperado de todo. Foi moi divertido aínda que ese día non foi o que mellor o fixemos porque, moitos de nós, aínda arrastrabamos problemas gripais, cansanzo,... 12

Novo Espazo infantil... En Baleira abriuse un novo parque infantil para todos os nenos e nenas de Baleira en especial para os máis pequenos para que disfruten dun novo lugar de lecer cos seus pais, avós,amigos,...por ser a praza un lugar estratéxico e céntrico, fai que fora un gran acerto a súa instalación. Achegouse alí,no Nadal, Papá Noel, para facer as delicias de tódolos nenos e de todas a nenas alí presentes,... presentou o parque, trouxo agasallos... e estivo on todos nós un bo anaco,... pediunos que foramos bos, que traballaramos ben, e que, si así o faciamos, volvería o vindeiro ano. Así que... A PORTARSE BEN... 13

Un gran bocata!!!!!..... No actual curso solicitamos á Consellaria de Educacion a inclusión no Plan Proxecta, plan que contempla moitas versións ligadas á formación no seu amplo sentido...en concreto,nós, solicitamos aquilo que máis nos interesaba e se adaptaba ás nosas circunstancias, que era a sección Alimenta-T ben. A mesma abrangue tres modalidades : consumo de leite,consumo de froita e consumo de peixe, co fin de profundizar nas boas prácticas destes alimentos... Asi pois, trátase de ensinar aos nenos a comer froita, verdura e peixe a diario...como complementos imprescindibles na nosa dieta...ó noso colexio viñeron dúas rapazas a ensinarnos a comer peixe de diferentes maneiras.chamáronnos, baixamos ao comedor e alí estaban as rapazas que nos explicaron o que tiñamos que facer, os beneficios que nos aporta o peixe...cando remataron propuxéronnos uns xogos adaptados ao que estaban a falar e pasámolo moi ben... Por último déronnos un anaco de pan e despois, nós debiamos elexir duns ingredientes que colocaran nunha mesa para facer un nutrido bocata baixo o lema PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA... co que despedimos a xornada formativa e amena. 14

Charla sobre... Educación Vial O día 16/01/14 propúxonos o concello, instancia da sección de tráfico da garda civil unha charla informativa sobre a educación vial,algo de gran inportancia, como asi se nos amosou, dada a situación de emerxencias acontecidas nos últimos anos e que levan, en moitos casos, ata a mortes inesperadas e moitas delas poderían ser evitables se todos puxeramos os cinco sentidiños... A charla do centro socio-cultural estivo ben,pero o garda que no lo amosou tiña que habelo preparado mellor. Estaba basada nunhas imaxes e nun vídeo no que nos ensinaba o perigo de dar paseos pola noite sen chaleco reflectante,as boas prácticas para os conductores así como para circulación dos ciclistas e os propios peóns. As imaxes íannos ensinando sinais de tráfico e o garda íanos dicindo o que significa cada unha.a pesares de que o garda o podía facer mellor e explicar máis, a miña opinión é que todos aprendemos moito sobre as sinais de tráfico, os perigos nas estradas, precaucións necesarias,... Cando rematou a charla agasalláronnos cun chaleco reflectante a cada un... En fin,... FOI APROVEITABLE... 15

A PAZ Cada 30 de Xaneiro celébrase o Día Internacional da Paz. A Asamblea Xeral decretou que ese día se dedicara a reforzar os ideais da paz en tódalas nacións e pobos do mundo. O Día Internacional da Paz foi establecido en 1981 pola resolucion 36/67 da Asamblea Xeral das Nacións Unidas para que coincidira ca sesión de apertura da mesma,que se celebra anualmente o terceiro martes de Xaneiro.O Día da Paz conmomerouse por primeira vez en Xaneiro de 1982. En 2001,a Asamblea Xeral aprobou por unanimidade a resolución 55/282 que estableceu o 30 de Xaneiro como un dia da PAZ e da non violencia a nivel mundial. No noso colexio celebrámolo facendo diversas actuacións ó longo da xornada...os de infantil cantaron e bailaron dúas cancións: aínda que ao principio tiñan vergoña, logo fóronse soltando...os de primeiro e segundo bailaron e cantaron unha canción. Ó empezar había moito cachondeo xa que faltaba María, unha das bailarinas, aínda que axiña lle buscaron substituta coa profe Bego... Por último, pero non menos importante, os de sexto recitaron unhas frases e seguido íanse colocando para bailar e cantar unha canción en inglés. Todos levabamos unha pañoeleta azul... 16

Saída... Excursión... O día 23 de xaneiro fixemos unha excursión a Lugo programada con antelación para visitar os seguintes lugares: Begonte, o teatro Gustavo Freire e o centro comercial As Termas. En Begonte observamos o seu impresionante Belén no cal hai: figuras que se moven, auga, tormentas...pola súa tradición e importancia, aspiran, tanto o propio concello de Begonte coma o responsable do centro cultural a que sexa declarada como festa de interés turístico. Nelo están traballando actualmente. Non me gustou o frío que facía e o espazo era moi pequeño. Contén un anexo ou sala adicada a resaltar lugares famosos de Lugo como a muralla, a súa catedral, etc... No teatro de Lugo Gustavo Freire asistimos a representación dunha obra de teatro en inglés titulada Time Travellers ou o que é o mesmo Viaxeiros do Tempo. A sala estaba repleta de xente, a maior parte eran nenos de moitos colexios. A obra foi moi entretida e nela tiñamos que interactuar contestando ás preguntas que nos facían. Esta actividade xa se traballara no centro con antelación, co cal xa sabiamos de que ía e por iso se facía aínda máis amena. Logo fomos ao centro comercial As Termas : comemos no McDonals e ao acabar fomos de compras ás tendas dese centro. 17

A maior parte das tendas son de roupa e nelas podes encontrar prendas e accesorios para todas as idades. Pero tamén hai tendas de alimentación, de animais, de lambetadas, xoiarías, perfumerías, etc. Ademais hai cines e restaurantes. Pasámolo moi ben e divertímonos moito, ademais, foi moi educativo porque tivemos a oportunidade de practicar e comprender mellor o inglés. O Entroido O Entroido é unha celebración que ten lugar xusto antes da semana santa e cambia de día cada ano en función de cando se celebre, posto que o entroido se festexa corenta días antes que a mesma. A orixe da súa celebración parece probable das festas paganas coma as que se realizaba en honor a Baco, o deus do viño, e as lupercales romanas. Hai lugares onde o Entroido é máis famoso coma os de Río de Janeiro, Santa Cruz de Tenerife, Venecia e México. En Galicia o lugar máis famoso polos seus Entroidos e polos seus incribles disfraces de cigarróns é Verín. No noso colexio fixemos unha pequena celebración: Primeiro fixemos os disfraces. Logo, baixamos e ensinámolos para que nos fixeran fotos. Cada curso levaban os seus disfraces: 18

educación infantil ían de paiasos, 1º e 2º de cigarróns e 3º, 4º e 6º de máscaras. Despois, cada curso fixo un pequeño espectáculo musical. Fomos comer e había un estupendo cocido galego: chourizo, grelos, patacas... de postre había orellas e a cociñeira deunos lambetadas que as repartiron Alba, Alejandra, Sandra e Pablo. E por último saímos ao patio e abrimos as piñatas que, por suposto,estaban cheas de lambetadas. Gustounos moito e pasámolo xenial tanto ese día coma os anteriores facendo os nosos propios disfraces, e ensaiando unha e outra vez nos periodos de lecer para conseguir coordinar unha actuación para nós moi importante. Ó rematar fomos para as clases, collemos o que tiñamos e fómonos para a casa a gozar duns merecidos días de descanso. 19

Carreira Solidaria O pasado 23 de marzo no concello de Baleira tivo lugar unha carreira solidaria contra o cancro patrocinada por Marzo Saúde. A carreira comezou ás 10 da mañá. Nela había varias categorías nas cales, se querías participar só tiñas que levar un quilo de comida non perecedeira que ía destinada ao Banco de Alimentos de Lugo.Tamén había outras actividades coma a andaina de 10 km na que para participar debías pagar 7, ou as carreiras de 10 e 20 km nas que tiñas que pagar 10. As carreiras saían de Baleira ata Castroverde, onde se celebrou unha comida ás 14:00 h pola que tiñas que pagar 17 por comensal. Tódolos fondos ían destinados á Asociación Española contra o cancro. Ás 17:00 h celebrouse unha master class de pilates no pavillón do colexio de Castroverde. No mesmo, ás 18:30 h tivo, lugar outra master class de zumba. Tanto para a ida coma para a volta había autobuses e botellas de auga de balde. Ese día no pavillón do colexio de Baleira había persoas apuntándose ás carreiras por categorías. Pero, para a andaina ou as outras dúas carreiras xa había que estar apuntado, porque había seguro. Todos levaban camisetas nas que poñían o número e a categoría. Nas carreiras por categorías tódolos participantes gañaban medallas e unha bolsa con diferentes obxectos. Ademais, o noso colexio, coma outro colaborador, tamén foi agasallado. En definitiva, foi unha carreira moi divertida na que todos gañaban. 20

Día da Árbore Más de 10.000 alumnos de 97 centros participaron no programa do día da árbore e da auga.a institución repartiu e laureles e facilitou materiais didácticos, concretamente o conto``o tesouro da Terra do Miño`` ademais dunha guía para os profesores.os nenos bautizaron os exemplares e ocupáronse de regalos. Nós celebramos este día o 24 de marzo a pesar de que pretendiamos prantalo o 21 de marzo pero non poidemos debido á treboada.buscamos un sitio para prantar,colleron un sacho e fixeron un furado e prantamos a árbore. Unha vez colocado, votámoslle algo de terra por as veiras, é tamen puxemos un pau gordo ao carón da árbore.unha vez preparado todo, regámolo e fixémonos duás fotos.rematado isto,continuamos ca nosa rutina diaria.sinceramen a min paréceme que o día da árbore é un día para festexar no só as árbores senón tamén todas as prantas e o medio ambiente e tódos os bosques.ademais prantando árbores aumentaría toda a produtividade. 21

Os maios A festa dos Maios é unha celebración propia da primavera que se celebra en Maio. Esta celebración é para agradecer o redecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza... Debido a que este ano, o Concello de Baleira, decidiu celebrar esta festa, o día 7 de maio, mércores, viñeron dúas persoas para ensinarnos cancións e bailes típicos, tamén tocamos instrumentos coñecidos e, incluso, algúns totalmente descoñecidos para nós... O baile máis típico é o bolero que consiste en dar pasiños curtos coa túa parella ao ritmo da música. Pasámolo moi ben,... e, nos días seguintes seguimos nós sós practicando... O posterior sábado 10 de maio ás 19:00 no Centro Sociocultural de Baleira fixemos a representación oficial dos Maios ao redor dunha árbore decorada con frores,fentos,etc... no que tamén puideron participar nenos que non veñen ao colexio,...tamén cantaron e tocaron as persoas da agrupación músical SON DE CORES. 22

Letras galegas 23

24

25

26

27

28

A Amizade A amizade é algo moi importante e se queres ter amigos debes respetalos, axudalos, querelos e 29

apoialos para que non deixen de selo. Do mesmo xeito eles deberían corresponder ás túas accións. Nunca podes tratalos mal, menosprecialos, desoílos,...e, moito menos,... traicionalos. Se ti o fas probablemente deixen de ser teus amigos pero, ademais, tamén debes ter en conta que eles che poden facer a ti o mesmo. As pelexas, discusións,... poden ser frecuentes pero iso non quere dicir que non te aprecien,... queiran,...ou que o que nese momento digan ou fagan o queiran facer, puido ser un mal momento, un momento de tensión,...nese intre, non debes botarlle máis leña ó lume. Se se enfadan, todo o contrario, debes procurar extinguilo, e se ti comezas a pelexa debes intentar controlalo,... unha reflexión a tempo é moi importante. En a amizade é algo moi bonito que non debemos romper e que temos que procurar manter tempo posible. Porque a amizade é un tipo de amor que se demostra cada día, cada momento da nosa vida, e todos temos que saber que o definitiva, maior algo tan sinxelo coma dar unha aperta, como pedir disculpas, como amosar un... perdón..., é unha gran mostra de amor e de amizade e de vida en positivo... 30

31

32

Nós,... tamén traballamos... 33

ÚLTIMAS NOVAS E. Infantil : O pasado mércores, 28 de maio, o alumnado de Educación Infantil acompañado da súa titora Encarna e dalgúns pais desprazáronse ata Lugo para ir ao auditorio Gustavo Freire e ver, en vivo e en directo, a representación de títeres: Lume posta en escea polo grupo de teatro Babaluva. Rematado o espectáculo foron comer ao centro comercial : As Termas onde degustaron un saboroso menú e gozaron dos xogos infantís. Voltaron para as súas casas cansos de tanto xogar. A viaxe de volta fixérona nun prácido soño.!!!!. Tentarán repetir a experiencia o vindeiro curso. A ver se o conseguen!!!!! E. Primaria: O último día de clase, é dicir, o venres 20 de xuño, realizaremos a desexada excursión fin de curso á praia. Por nós poderiamos irmos hoxe mesmo, xa que temos todo preparado dende hai tempo: bañadores, chanclas, toalla, crema solar. O malo é que o tempo non axuda nada. A ver se para daquela se compón e podemos gozar dun magnífico día de sol para podermos poñer a remollo. OXALÁ!!! 34

35

Ata sempre... Amiguiños... 36