Seguridade nos laboratorios

Documentos relacionados
ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

ETIQUETADO DE PRODUTOS QUÍMICOS

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

- Descarte de Resíduos em Ambientes Laboratoriais -

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

Comissão Institucional de Resíduos Químicos e Biológicos TABELAS DE INCOMPATIBILIDADES ENTRE ESPÉCIES QUÍMICAS

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

ANEXO IV. II- um armário para armazenagem de solventes, com construção resistente ao fogo.

Comissão ICB SUSTENTÁVEL

Tabela de Incompatibilidade

Nome e apelidos:... materiais sólidos (ou no interior fundidos a altas temperaturas)

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

SISTEMA EXCRETOR IES ANXEL FOLE. 1º DE BAC

Manual de Segurança do Laboratório de Química

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

NORMA DE SEGURIDADE. OPERACIÓNS BÁSICAS DE LABORATORIO Edición: 1 Data: 24/11/10 ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN 2. TRANSVASAMENTOS DE LÍQUIDOS

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

Potencias e radicais

Que é unha rede de ordendores?

Resistência aos Meios dos Produtos PRFV

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

As tabelas a seguir descrevem algumas categorias gerais de resistência das luvas que servirão de orientação no momento da escolha.

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Processo Nº PREFEITURA MUNICIPAL DE PORTO ALEGRE DEPARTAMENTO MUNICIPAL DE ÁGUA E ESGOTOS Mod:18.

O CONTRATO DE TRABALLO

Atividade complementar de Química. Substância pura e mistura de substâncias

AS ROCHAS. As rochas están sometidas a un ciclo contínuo de formación e destrucción

UNIVERSIDADE FEDERAL DA BAHIA CAMPUS ANISIO TEIXEIRA INSTITUTO MULTIDICIPLINAR EM SAÚDE Coordenação Geral de Laboratórios

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

San Caetano Santiago de Compostela

BIOELEMENTOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

PREVENCIÓN E SEGURIDADE NO SECTOR FORESTAL

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Proceso de facturación.

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

GUIA DE PROTECÇÃO RESPIRATÓRIA

FICHA DE DADOS DE SEGURANÇA

Normas para Coleta, Tratamento e Armazenagem de Resíduos Químicos da UFPR.

MAPA DE RISCO QUÍMICO: Resultados da 1ª fase Xornada de presentación

Achega as persoas á natureza, é unha forma sinxela e natural de reciclar os restos orgánicos, e ten múltiples beneficios ambientais:

Prevención fronte aos riscos no sector agroforestal. Roza coa rozadoira

Matemática Financeira

PAU XUÑO 2016 ECONOMÍA DA EMPRESA

Manual de cumprimentación da solicitude

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

TIPOS DE RECIPIENTES ADEQUADOS PARA ARMAZENAGEM DE RESÍDUOS QUÍMICOS:

9. Classificação de agentes químicos quanto a toxicidade e periculosidade

UNIVERSIDADE FEDERAL DA BAHIA CAMPUS ANISIO TEIXEIRA INSTITUTO MULTIDICIPLINAR EM SAÚDE Coordenação Geral de Laboratórios

PIALE Integración en lingua portuguesa

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

SEGURIDADE ALIMENTARIA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

XEOMETRÍA MÉTRICA DO ESPAZO

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

I.E.S. CADERNO Nº 4 NOME:

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

MAPA DE RISCO QUÍMICO

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

FICHA DE INFORMAÇÃO DE SEGURANÇA DE PRODUTO QUÍMICO FISPQ Produto: Solução descorante para Gram Revisão: 02 Página: 1/5

Classificação e Gerenciamento de Resíduos Químicos. Profª Loraine Jacobs

DISPENSADORES BURETA ELETRÔNICA. Características EQUIPAMENTOS

Manual de seguranza e saúde no laboratorio

PROTOCOLO USO PISTOLAS INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN

MANUAL DE USUARIO DE etrades

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Comunidade. Meio Ambiente. Operações Contra Incêndios. Emergências com Produtos Químicos. Resgates

A REPRESENTACIÓN DO ESPAZO XEOGRÁFICO REALÍZASE MEDIANTE A CARTOGRAFÍA OU ELABORACIÓN DOS MAPAS.

REDE EUSUMO. información e comunicación

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

CAMPA A RESGAL

Tecnologias e inovações na extinção de incêndio. Nuno Azevedo

Estoque Declarado - EDPF. Diferença (ER-EDPF)

4. Feitos os trámites anteriores, enviaranse ao provedor os exemplares da folla de pedimento que corresponda.

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

DOCUMENTO ÚNICO DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA VALDEORRAS

Requisitos para subir documentos ao

Língua Portuguesa na Galiza

LISTA DE GRUPOS DE PRODUTOS PERIGOSOS

PREVENCIÓN E SEGURIDADE NO SECTOR FORESTAL SINISTRALIDADE LABORAL NO SECTOR FORESTAL DE GALICIA E DA PROVINCIA DE LUGO

Resistência Química do Polipropileno

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Vestibular UFRGS 2013 Resolução da Prova de Química

Controle de Risco Químico. Profª Loraine Jacobs

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

Política e Obxectivos de Calidade

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Ficha de Dados de Segurança Conforme o Regulamento (CE) Nº 1907/2006 (REACH)

Prevención fronte aos riscos no sector agroforestal. Corte en toradas coa motoserra

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

GABARITO. Química B Extensivo V. 6. Exercícios 06) A. I. Adição ou síntese. Dois reagentes (N 2. ). III. Adição ou síntese. Dois reagentes (P 2 07) A

Funções orgânicas oxigenadas e nitrogenadas.

2. A condición de equilibrio para o prezo, en unidades monetarias, de tres produtos,

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

Transcrição:

Seguridade nos laboratorios Prevención de riscos no laboratorio A información un seguro a todo risco Recompilación feita polas alumnas do CFGM Laboratorio: Gayoso Padula, Antonella Santana de Amorim, Ingrid Mirella Coordinación Cobas G., J. Hermógenes

Capítulo 4 Almacenamento de productos químicos Introdución Partindo da definición da normativa alemana de almacenamento como "dispoñer dunha cantidade de produtos maior ao uso diario e para un tempo superior a 24 horas" e da definición de almacén, como "un edificio, sala dentro dun edificio ou unha área exterior separada para almacenar produtos no seu interior" é evidente que nos laboratorios se almacenan produtos químicos. No laboratorio, o almacenamento de produtos químicos presenta unhas características de perigosidade que poden materializarse en accidentes importantes se non se tomaron as medidas técnicas ou organizativas necesarias. Estes riscos están relacionados coa perigosidade intrínseca dos produtos, a cantidade almacenada, o tipo e tamaño do envase, a situación do almacén, a distribución dentro deste, a súa xestión, o mantemento das condicións de seguridade e o nivel de formación e información dos traballadores usuarios deste. Por outro lado, hai que ter en conta que o almacenamento prolongado de produtos químicos presenta xa por se mesmo un risco, posto que poden ter lugar reaccións de polimerización ou de descomposición, coa formación de peróxidos inestables, ou con acumulación de gas por descomposición lenta da substancia que chegue a romper o recipiente, o cal tamén pode envellecer volvéndose máis fráxil e romper. Outra característica do almacén de produtos químicos do laboratorio é a diversidade de produtos cunhas características fisicoquímicas e propiedades toxicolóxicas diversas, algúns deles clasificados como moi tóxicos. As cantidades adoitan ser pequenas e en recipientes que a maioría non superan os 2,5 L, o que moitas veces implica que o almacenamento de produtos químicos de laboratorio estea exento da normativa regulamentaria vixente (RD 379/2001) considerándose a aplicación de recomendacións técnicas que se basean nela. Antonella Gayoso e Ingrid Santana Página 2 de 11

Inventario O inventario refírese por definición ás existencias de todo artigo ou recurso usado por unha organización de calquera das seguintes formas: Inventarios de Materia Prima: Este tipo de inventario ten materias que se someterán a un proceso para obter unha final ou materiais acabados. O uso de materias primas está feito en cantidades suficientemente grandes de produto acabado. Inventarios de produtos en proceso: Consiste en todos os artigos ou elementos que se utilizan no actual proceso de produción. Son produtos parcialmente rematados que se encontran nun grao intermedio de produción e aos cales se lles aplicou o labor directo e gastos indirectos inherentes ao proceso de produción nun momento determinado. Unha das características do inventario de produtos en proceso é que vai aumentando o valor a medida que é transformado de materia prima no produto rematado como consecuencia do proceso de produción. Inventario de materiais e subministracións: Materias primas secundarias: as súas especificacións varían segundo o tipo de industria, un exemplo para a industria cervexeira é sales para tratamento de auga. Artigos de consumo destinados para ser usados na operación da industria: os mais importantes son os destinados ás operacións, e están formados polos combustibles e lubricantes. Os artigos e materiais de reparación e mantemento das maquinarias e aparatos operativos: os artigos de reparación polo seu gran volume necesitan ser controlados axeitadamente, a existencia destes varían en relación ás súas necesidades. Inventarios de produtos rematados: Son artigos transferidos polo departamento de produción ao almacén de produtos rematados por haber estes alcanzado o seu grao de terminación total e que á hora da toma física de inventario se encontren aínda nos almacéns, é dicir, os que aínda non foron vendidos. O nivel de inventario de produtos rematados vai depender directamente das vendas, é dicir, o seu nivel esta dado pola demanda. Xestión do inventario A xestión de inventarios relaciónase coa planificación e o control de inventarios. A planificación de inventarios busca responder dúas preguntas básicas: Antonella Gayoso e Ingrid Santana Página 3 de 11

Cando facer os pedidos: Esto relaciónase co concepto de momento de pedidos. Este é un sistema no que todo material utilizado regularmente se compra cando o seu nivel de inventario baixa de certo valor. O nivel usualmente é unha función do prazo de entregas, a demanda diaria, e as existencias de seguridade. Canto comprar: a cantidade que se pide é determinada pola cantidade económica a ordenar. A mala xestión do inventario pode producir un exceso de ordes ou perda de materiais, ou pode incluso ser un roubo á empresa. Para previr a mala xestión de inventario, a empresa tende a contratar unha persoa para facer de contador, e dar as ordes de reposición. Almacenamento de produtos químicos Hai sustancias que poden reaccionar violentamente con outras ou que en caso de incendio poden agravar a situación, polo que se deben seguir as seguintes normas xerais para reducir riscos no almacenamento: Manter a cantidade almacenada ao mínimo Agrupar os de características similares Separar os Comprobar que estean debidamente etiquetados Empregar armarios de seguridade Empregar frigoríficos de seguridade aumentada para almacenar produtos inflamables moi volátiles. Envases Se compramos ou comercializamos produtos químicos perigosos debemos facelo cumprindo as normas de clasificación, envasado e etiquetado. Esta lexislación clasifica os produtos químicos perigoso en 15 categorías: s, comburentes, inflamables, extremadamente inflamables, doadamente inflamables, tóxicos, moi tóxicos, nocivos, irritantes, corrosivos, canceríxenos, mutáxenos, tóxicos para a reprodución, sensibilizantes e tóxico para o medio. Antonella Gayoso e Ingrid Santana Página 4 de 11

O envase debe levar unha etiqueta no idioma oficial con: Nome da substancia e Número de rexistro CE: EINECS ou ELINCS. Nome, dirección e teléfono do fabricante ou importador. Pictogramas e indicadores de perigo. Frases R: frase do risco codificada cun número que é igual para toda Europa (R45 pode producir cancro). Frases S: frase de seguridade codificada cun número que é igual para toda Europa. Incompatibilidades de produtos químicos Principais grupos de produtos : Emisión de gas tóxico Ácidos minerais fortes Bases minerais Cianuros Nitruros Sulfuros Hipocloritos Acetileno Derivados acetilénicos Prata Mercurio Cobre Reacción explosiva familias químicas Inflamación espontánea Bromo Cloro Compostos insaturados Compostos carbonilos Óxido de dietilo Amoníaco Fósforo, Silano Fosfina Antonella Gayoso e Ingrid Santana Página 5 de 11

Emisión de gas tóxico Bases minerais fortes Ácidos fortes Fósforo Nitroalcanos Inflamación espontánea Compostos organometálicos Osíxeno Hidruros non metálicos Osíxeno Hidruros alcalinos alcalinotérreos Osíxeno Mercurio Acetileno Amoníaco Halóxenos Metais Alcalinos Xofre Reacción explosiva familias químicas familias químicas Reacción explosiva Inflamación espontánea Metais alcalinos Alcohois Halóxenos Haluros Mercurio Antonella Gayoso e Ingrid Santana Página 6 de 11

Inflamación espontánea Emisión de gas tóxico Carbonilos metálicos Aire Osíxeno Incompatibilidades entre productos químicos e tóxicos : Produto químico Incompatible con Produto químico Incompatible con ACETILENO ÁCIDO ACÉTICO Fluor, cloro, bromo, iodo, cobre, prata, mercurio, magnesio, osíxeno, ozono, óxidos de nitróxeno Óxido de cromo (VI), ácido nítrico, ácido perclórico, alcohois, etilenglicol, peróxidos, permanganatos ACETONA ÁCIDO NÍTRICO (CONCENTRADO) ÁCIDO OXÁLICO Prata, mercurio ÁCIDO PERCLÓRICO ÁCIDO SULFÚRICO AMONIACO (GAS NO LABORATORIO) Aceite, auga, clorato potásico, perclorato potásico, permanganato potásico, compostos nitrados (nitrometano, nitrobenceno...) Mercurio (p. ex. en manómetros), cloro, bromo, iodo, hipoclorito cálcico, sulfuro de hidróxeno ALQUILOS DE ALUMINIO ANILINA Ácido nítrico, ácido sulfúrico, óxido de cromo (VI) Ácido acético, anhídrido acético, aminas aromáticas (anilina, toluidina...), hidracinas, óxido de cromo (VI), cianuro de hidróxeno, hidruros (PH 3, AsH 3, H 2 S, H 2 Se), líquidos e gases inflamables, alcohois, cetonas Ácido acético anhidro, bismuto e as súas aliaxes, alcohois, papel, madeira Ácido nítrico, peróxido de hidróxeno CARBÓN ACTIVO Hipoclorito cálcico, oxidantes CIANUROS Ácidos CLORATOS COBRE Sales de amonio, ácidos, metais en po, xofre, compostos orgánicos de tamaño de partícula moi pequeno, materiais combustibles Acetileno, peróxido de hidróxeno CLORO DIMETILFORMAMIDA Amoníaco, acetileno, metano, propano, butano, hidróxeno, éter de petróleo, benceno, metais en po, hidruros (AsH 3, PH 3, SiH 4, B 2 H 6,...), fósforo, siliconas, hidracinas, dimetilformamida Cloruro de tionilo, bromo, cloro, tetracloruro de carbono, hidruro de sodio, borohidruro de sodio, permanganato potásico Antonella Gayoso e Ingrid Santana Página 7 de 11

Produto químico Incompatible con Produto químico Incompatible con DIMETILSULFÓXIDO FLUORURO DE HIDRÓXENO HIDROCARBUROS (BUTANO, PROPANO, BENCENO, ETC) LÍQUIDOS INFLAMABLES METAIS ALCALINOS (SODIO, POTASIO, RUBIDIO, CESIO) PERCLORATO POTÁSICO PERÓXIDO DE HIDRÓXENO PRATA Cloruros de acilo, POCl 3, PCl 3, SCl 2, S 2 Cl 2, SO 2 Cl 2, SOCl 2... percloratos (de magnesio, de prata, de mercurio, de cromo...), hidruro de sodio, permanganato potásico sólido Amoníaco (gas ou disolución) Fluor, cloro, bromo, óxido de cromo (VI), peróxido de hidróxeno Nitrato amónico, óxido de cromo (VI), peróxido de hidróxeno, peróxido sódico, ácido nítrico, halóxenos, halóxenos, haluros de alquilo, dióxido de carbono, xofre Sales de amonio, ácidos, metais en po, xofre, materiais orgánicos e combustibles finamente distribuídos Alcohois, ácidos carboxílicos, (acético, fórmico, tartárico...), anhidrido acético, acetona, anilina, hidracinas, nitrometano materia orgánica combustible (sólida ou líquida), metais Acetileno, ácido oxálico, ácido tartárico, compostos de amonio FLUOR FÓSFORO IODO MERCURIO ÓXIDO DE CROMO (VI) PERMANGANATO POTÁSICO PERÓXIDO SÓDICO Almacenar separadamente Xofre, compostos que teñan osíxeno Acetileno, amoníaco (gas ou disolución) Acetileno, amoníaco, bromo, cloro, sodio, potasio, litio, xofre Ácido acético, naftalina, alcanfor, glicerol, éter de petróleo, alcohois, líquidos combustibles Ácido sulfúrico, ácido clorhídrico, ácido acético, anhídrido acético, polialcohois, (glicerol, glicois), aldehidos (formaldehido, benzaldehido), dimetilsulfóxido, dimetilformamida, fósforo, xofre Metanol, etanol, ácido acético, anhídrido acético, benzaldehido, disulfuro de carbono, glicerol, etilenglicol, acetato de metilo, acetato de etilo, furfural Separación de produtos no almacenamento Algúns produtos requiren non só a separación con respecto a outros, senón illamento do resto, non exclusivamente polos riscos dun contacto accidental, senón polas súas características fisicoquímicas ou toxicolóxicas. Entre este tipo de produtos temos os seguintes: Canceríxenos e moi tóxicos: Débense almacenar nun recinto ou armario específico, convenientemente rotulado e baixo chave pola súa perigosidade. Antonella Gayoso e Ingrid Santana Página 8 de 11

Inflamables: Deberán almacenarse nos Armarios Protexidos RF 15 (resistencia ao lume). A función principal destes armarios é evitar que as fontes de ignición entren en contacto cos produtos inflamables que gardamos dentro, permitindo a evacuación do local e a chegada dos bombeiros. Métodos de separación: Illas: consiste en dedicar una serie de andeis a unha familia determinada situándoas agrupadas de modo que ao seu arredor queden corredores. Andeis ou baldas e armarios de laboratorio: consiste en separar as distintas sustancias intercalando entre elas sustancias inertes. Ademais neste tipo de separación debe terse en conta o seguinte: Non colocar en estantes elevados recipientes de máis de medio litro. Os recipientes máis grandes hai que colocalos nos niveis máis baixos. Os produtos máis perigosos, especialmente os productos inflamables ou moi inflamables e os clasificados como canceríxenos, mutáxenos e/ou tóxicos para a reproducción é recomendable que estean en armarios. Almacenamento de inflamables Non desprezar o risco de incendio ou explosión polo feito de que as cantidades almacenadas sexan pequenas. Respectar as incompatibilidades entre produtos. Non acumular papeis e cartóns preto que poidan propagar o lume Afastar as chamas e as fontes de calor. Utilizar armarios protexidos resistentes ao lume. Se é necesario utilizar frigoríficos de seguridade aumentada. Recipientes ben pechados, ben conservados e a ser posible cheos. Afastalos de cables, enchufes, etc. Non os colocar debaixo das poyatas se existen enchufes e os vapores do líquido caen. Non colocar preto roupa que se poidan impregnar cos vapores inflamables. Non os almacenar debaixo das escaleiras pois os vapores poden verse beneficiados polo efecto cheminea. Desbotar envases vellos e mobiliario corroído ou con pouca estabilidade Asegurarse preto a presenza de extintor de incendio axeitado e coñecer o seu uso. Antonella Gayoso e Ingrid Santana Página 9 de 11

Sustancias inflamables que non poden almacenarse xuntas: Sustancia líquidas inflamables: Disolventes orgánicos Sustancias sólidas inflamables: Fósforo vermello (non debe entrar en contacto coas sustancias comburentes) Sustancias que en contacto coa agua desprenden gases inflamables: Hidruros de álcali (LiH, NaH, AlH 3...) Materiais alcalinos e alcalinotérreos (Li, Na e K, Ba, Ca...) Metais divididos finamente (Mg, Zn en po) Alquilos metálicos (butil-litio, dietileno...) Cantidades máximas de líquidos inflamables no almacén Segundo a instrución técnica complementaria ITC MIEAPQ-1 sobre líquidos inflamables considéranse armarios protexidos os que teñen unha RF-15 conforme á norma UNE-EN1634-1. Non se instalarán máis de tres armarios no mesmo laboratorio, a non ser que cada grupo de tres estea separado un mínimo de 30 m entre si. A cantidade máxima de líquidos que se pode almacenar nun armario protexido é de 500 L. As cantidades máximas de produtos de cada clase que poden almacenase son 100 L da clase A, 250 L da clase B e 500 L da clase C. Se se almacenan líquidos de diferentes clases A+B+C a cantidade total será 500 L sen superar os límites de A e B expresados no apartado anterior. A norma UNE-EN 14740-1:2005 na súa parte 1, describe os criterios de deseño e ensaio dos armarios de seguridade destinados para almacenar líquidos inflamables no laboratorio en recipientes pechados e a temperaturas normais cun volume total ou interno menor ou igual a 1 m 3. Esta norma non é aplicable a cerramentos de obra nin salas de almacenamento e tampouco é aplicable aos armarios cuxo peso non descansa no chan. Preferencias: Envases para líquidos inflamables Metálicos, salvo reactividade do líquido co material do recipiente. Mellor recipientes de plástico que de vidro. Recipientes recibidos con capacidade superior a 1 L (5 a 29 L), transvasar a recipientes de seguridade metálicos, a envases de vidro de menos de 1 L ou de plástico resistente. Antonella Gayoso e Ingrid Santana Página 10 de 11

Almacenamento de productos corrosivos e tóxicos Respectar as incompatibilidades. Pechar ben os envases para evitar que emanen vapores. Evitar caída, rotura do envase e derramo. Ter preto materiais absorbentes ante derramos accidentais. Nas inmediacións debe haber duchas e lavaollos. Non os almacenar nos estantes altos polo risco de caída. Eliminar calquera gota que caia ou restos nas mesas. Referencias: http://www.valencia.edu/~cgt/prevencion/almacen.htm http://www.uji.es/bin/serveis/prev/docum/notas/pqui.pdf http://www.ujaen.es/serv/serobras/sprl/seguridad/laboratorios/almacenamiento_productos_quimicos.pdf http://www.unirioja.es/servicios/sprl/pdf/almacenamiento_pq.pdf http://www.insht.es/inshtweb/contenidos/documentacion/fichastecnicas/ntp/ficheros/701a750/ntp_725.pdf http://www.ceat.org.es/index.php?id=98 http://html.rincondelvago.com/almacenamiento-de-sustancias-peligrosas.html http://www.ucm.es/info/ucmp/cont/descargas/documento25734.pdf http://www.crea.es/prevencion.nsf/reg_12?openpage http://www.docstoc.com/docs/35146058/almacenamiento-de-productos-qu%ef%bf%bdmicos/ http://www.insht.es/inshtweb/contenidos/documentacion/fichastecnicas/ntp/ficheros/701a750/ntp_725.pdf http://www.asepeyo.es/apr/apr0301.nsf/ficheros/haq0504036%20almacenamiento%20de%20p.q.%20en%20lab.%20pro bl.y%20sol.pdf/$file/haq0504036%20almacenamiento%20de%20p.q.%20en%20lab.%20probl.y%20sol.pdf http://www.insht.es/inshtweb/contenid http://deptquimica.uab.cat/catala/documents/assig%20risc%20al%20laboratori/8.almacenamientopq.pdf Antonella Gayoso e Ingrid Santana Página 11 de 11