Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia Dous anos de reforma laboral: menos emprego, máis paro, máis pobreza Xuño de 2014

Documentos relacionados
Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia As políticas de austeridade e a reforma laboral provocan un intolerable retroceso na igualdade Marzo de 2014

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Estudo do mercado laboral. Galicia 2011

Estudo do mercado laboral Galicia 2015

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Consellería de Traballo e Benestar

Que é a... Responsabilidade Civil Xeral?

Informe VIH-sida en Galicia 2016

Potencias e radicais

O Software Libre nas empresas informáticas de Galicia. Edición 2013

PAU XUÑO 2016 ECONOMÍA DA EMPRESA

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Informe VIH-sida en Galicia 2015

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

EDITA: Xunta de Galicia Consellería de Traballo Dirección Xeral de Formación e Colocación Instituto Galego das Cualificacións

ANÁLISE DAS CAUSAS DOS ACCIDENTES LABORAIS GRAVES E MORTAIS 2011

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

Tema 13.- A poboación mundial.

miles de persoas mobilízanse en

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Páxina 1 de 12

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

Anuário Estatístico Anuario Estatístico. Galicia Norte de Portugal

1.- Organización da Escola de Primavera:

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

COPA DE GALICIA DE CLUBES DE PISTA CUBERTA Pazo de deportes de Riazor, A Coruña, 7 de xaneiro 2017

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Secretaría Xeral do Benestar

CENTRO DE FARMACOVIXILANCIA DE GALICIA. Boletín de. farmacovixilancia REACCIÓNS ADVERSAS A MEDICAMENTOS EN PACIENTES XERIÁTRICOS

CIRCULAR (modificada a 20/04/2016)

Seguridade e Saúde Laboral para T+55: riscos novos e emerxentes

Isabel Maria Marta Bentes Francisco Pan-Montojo González Carlos Afonso Teixeira

ESTUDO DA CARACTERIZACIÓN DA DEMANDA TURÍSTICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ANO CETUR Universidade de Santiago de Compostela

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

ESTUDO SOBRE O SECTOR DO ENVASADO E DISTRIBUCION DO LEITE EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ECONOMÍA ESPAÑOLA SÉCULO XIX

PAU XUÑO 2012 ECONOMÍA DA EMPRESA

Esta actividade foi realizada cunha axuda económica de:

A 21 de Abril de Estimado Alcalde:

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

Contas de distribución da renda dos fogares por concellos METODOLOXÍA

Permisos. Excedencias

Coñecendo o cooperativismo na gandería

Que é unha rede de ordendores?

MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL SOLICITANTE

1 3Cartilla de sa de infantil.

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO

NEGOCIACIÓN COLECTIVA, IPC E PERDA DE PODER ADQUISITIVO DOS SALARIOS

ESTRATEXIA GALEGA DE CONVIVENCIA ESCOLAR

DOCUMENTO ÚNICO DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA VALDEORRAS

BAREMO, PORCENTAXES DE AXUDA E CONTÍA DA SUBVENCIÓN.

Portugal subiu nove lugares no ranking do desemprego com o Governo PS/ Sócrates. Desemprego aumentou desde que o Governo PS/Sócrates tomou posse

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar. Lugar: Santiago de Compostela. Ano:

UNHA APROXIMACIÓN AO MUNDO CLÁSICO:

DOCUMENTOS PARA O DEBATE: n Relatorio: páxinas 2 a 19 n Proxecto de estatutos: páxinas 21 a 46.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONCURSO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E CLUBS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ANO 2015 EXPEDIENTE DE SOLICITUDE

PAU XUÑO 2014 ECONOMÍA DA EMPRESA

Borrador do proxecto de Decreto.../2012, do...de..., polo que se modifica o

Convocatoria ordinaria de 2014

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

PESQUISA DE EMPREGO E DESEMPREGO NA REGIÃO METROPOLITANA DE SÃO PAULO

SISTEMA DIÉDRICO I Intersección de planos e de recta con plano TEMA 8 INTERSECCIÓNS. Obxectivos e orientacións metodolóxicas. 1.

PAU XUÑO 2016 MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II

Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación Instituto Galego das Cualificacións

Con respecto á anualidade 2018, está previsto un gasto de ,00.

EXEMPLIFICACIÓN DIDÁCTICA PARA ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL.- AREA: Coñecemento do Medio. CURSO: 3º de Educación Primaria.

De recompensas e cazatesouros

Que hora é? Obxectivos desta unidade Pedir ou dar información sobre horarios Identificar obxectos Describir unha xornada habitual

Proporcionalidade. Obxectivos. Antes de empezar. 1.Razón e proporción... páx. 4 Razón entre dous números Proporción Cuarto proporcional

SISTEMA DE INFORMAÇÃO CONSELHO LOCAL DE ACÇÃO SOCIAL DE SINES DEMOGRAFIA E INDICADORES DEMOGRÁFICOS

O Software Libre nas empresas de Galicia. Edición 2015

SmartPeme Pontevedra Un novo impulso para as pemes e os autónomos da provincia

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

manual básico de identidade corporativa

Gaita de Foles. 1 de 10 / Gaita de Foles e Palheta / D. Morais / Abril de /

Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras (SERSEGAL)

Taxa de desemprego mantém-se relativamente estável

4. A LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO EN GALIZA Xosé Veiras García

BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

1. NORMAS XERAIS: CRITERIOS DE VALORACIÓN. 2. ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS PRESUPOSTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL DA EDIFICACIÓN.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Programa de Goberno Eleccións ao Parlamento de Galiza, xuño 2005

número r e vista d e P r oxecto H ome G alicia A D A L A D A

DOG Núm. 129 Mércores, 6 de xullo de 2011 Páx

INFORME DA TUBERCULOSE EN GALICIA Características dos casos de tuberculose de Galicia no ano Evolución do período

PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2

Transcrição:

1

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia Dous anos de reforma laboral: menos emprego, máis paro, máis pobreza Xuño de 2014 Elaboración: Secretaría de Emprego e Gabinete Económico Secretaría Xeral de Política Lingüística 2

ÍNDICE Presentación...5 En só dous anos destruíronse 74.200 empregos...6 Pérdese emprego en todos os sectores de actividade...6 O emprego masculino é o máis prexudicado...7 Aumenta o emprego a xornada parcial...8 O emprego autónomo resiste mellor ca o asalariado...10 A reforma laboral prexudica o emprego indefinido permanente...11 A xuventude, principal vítima da precariedade...12 A maioría dos contratos rexistrados son temporais...13 e o contrato de emprendedores apenas ten protagonismo...15 Os recortes minan o emprego público...16 A perda de emprego cébase coa xuventude...16 A poboación inmigrante non queda á marxe da perda de emprego...17 A provincia máis danada é Ourense...18 e dos sete grandes concellos é Ferrol...18 A poboación activa derrúbase...19 E sobe a poboación desanimada...20 Unha taxa de paro inconcibible...21 Sobe o desemprego de longa duración...21 Cada vez hai máis fogares con todos os membros en paro...22 Diminúe a contía e a calidade da protección por desemprego...23 Síntese final...24 3

4

PRESENTACIÓN Cúmprense agora dous anos da publicación da lei que impuxo a reforma do mercado laboral do Partido Popular. E, como xa denunciabamos daquela desde CC OO, a norma non conseguiu os obxectivos que supostamente procuraba: crear emprego e reducir a precariedade. É certo que neste fracaso coadxuvaron a reforma que esnaquizou a negociación colectiva, as políticas de axustes en todos os ámbitos, os recortes nos servizos públicos, sen esquecer a desregulación do contrato a tempo parcial e o endurecemento no acceso ás prestacións por desemprego. Todo nun contexto de recesión e crise económica en que ningún goberno, nin o autonómico nin o central, deseñaron políticas para reactivar a actividade económica e, en consecuencia, o emprego. O documento que presentamos hoxe analiza a evolución do emprego e da protección por desemprego desde que entrou en vigor a reforma laboral no primeiro trimestre de 2012. O balance é pésimo: menos emprego, máis paro e menor protección social. A fotografía, desoladora: destrúese emprego público e privado; o pouco que se crea é temporal e substitúe emprego a tempo completo por emprego a tempo parcial; medra o paro; os galegos e galegas desanímanse porque entenden que o noso mercado laboral xa non ofrece oportunidades; cada vez hai máis fogares con todos os membros en paro; a protección por desemprego perde calidade e cantidade pola precariedade e pola prolongación das situacións de desemprego Galicia atópase en situación de emerxencia social. Desde o Sindicato Nacional de CC OO de Galicia esixímoslle ao Goberno da Xunta un cambio nas súas políticas; esixímoslle que aposte con decisión polo crecemento e que abandone os axustes e recortes. O eixe central desas políticas debe ser o emprego, especialmente o dos colectivos máis castigados pola crise, e a protección social das persoas desempregadas. 5

Dous anos de reforma laboral: menos emprego, máis paro, máis pobreza EN SÓ DOUS ANOS DESTRUÍRONSE 74.200 EMPREGOS A enquisa de poboación activa (EPA) do primeiro trimestre de 2014 ofrece un dato demoledor: en Galicia só hai 982.800 persoas ocupadas, a cifra máis baixa desde 1999, así que retrocedemos ao nivel de ocupación de hai quince anos. Van alá máis de dous anos desde que se empezou a aplicar o Real decreto 3/2012 e, polo tanto, xa pasou un tempo prudencial para avaliar a repercusión da reforma laboral no mercado de traballo. Unha variable fundamental nesta análise é a evolución do emprego tanto en termos cuantitativos como cualitativos. Desde o primeiro trimestre de 2012 cando entrou en vigor a reforma laboral pérdense 74.200 empregos en Galicia. Expresado en porcentaxe, equivale a unha destrución do emprego do 7 %. PÉRDESE EMPREGO EN TODOS OS SECTORES DE ACTIVIDADE Nos dous últimos anos pérdese emprego nos catro grandes sectores de actividade pero con distinta intensidade. En proporción, as actividades máis prexudicadas son a construción e o sector primario. Cadro n.º 1. DINÁMICA SECTORIAL I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA Primario 67.500 79.500 12.000 Industria 150.500 170.400 19.900 Construción 65.300 80.100 14.800 Servizos 699.500 727.100 27.600 Total 982.800 1.057.000 74.200 O sector de actividade con menos ocupación xa é a construción: 65.300 persoas ocupadas. Desde o primeiro trimestre de 2012 perdéronse 14.800 postos de traballo, un 18 % de descenso que parece indicar que a destrución de emprego neste sector aínda non tocou fondo. No sector primario tamén se perde emprego de xeito acusado; de feito, as 67.500 persoas que ocupa equivalen só ao 7 % do emprego total. Hai 12.000 persoas empregadas menos que no primeiro trimestre de 2012, un descenso do 15 %. A perda de ocupación na industria é moi preocupante: hai 19.900 postos de traballo menos desde o primeiro trimestre de 2012. Neste sector séguese destruíndo emprego a un ritmo superior á media (12 % fronte ao 7 %). 6

O sector dos servizos é o primeiro por volume de emprego: 699.500 persoas ocupadas no primeiro trimestre de 2014, é dicir, o 71 % da ocupación total. Aínda que a caída de emprego alcanzou de cheo os servizos, é o sector que mellor resistiu os embates da crise. Desde o primeiro trimestre de 2012 desapareceron 27.600 empregos, un axuste de case o 4 %. O EMPREGO MASCULINO É O MÁIS PREXUDICADO A perda de emprego afecta tanto a homes como a mulleres pero cunha distribución desigual. Dos 74.200 empregos destruídos nos dous últimos anos, o 69 % eran postos de traballo ocupados por homes e un 31 %, por mulleres. Daquela, desde o primeiro trimestre de 2012 hai 51.300 homes e 22.900 mulleres menos trallando; expresado en porcentaxe supón unha redución do 9 % e do 5 %, respectivamente. Cadro n.º 2. EMPREGO POR SEXO SEXO I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE DE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA Homes 511.900 563.200 51.300 Mulleres 470.900 493.800 22.900 Total 982.800 1.057.000 74.200 Como se ve no cadro 3, nos dous últimos anos destrúese emprego masculino e feminino en todos os sectores; non obstante, a repartición por sexo e sector difire bastante. En proporción, a maior perda de emprego nos homes dáse na construción (11.500 ocupados menos, un descenso do 16 %) e na industria (15.700 ocupados menos, un axuste do 13 %). A poboación ocupada feminina descende con forza na construción (3.300 ocupadas menos, unha caída do 44 %) e no sector primario (8.300 ocupadas menos, un descenso do 24 %). Outra diferenza considerable atendendo á evolución da poboación ocupada por sector e sexo é que o 74 % dos empregos perdidos nos servizos estaban ocupados por homes. Cadro n.º 3. EMPREGOS PERDIDOS POR SEXO E SECTOR NOS DOUS ÚLTIMOS ANOS HOMES MULLERES TOTAL Primario 3.600 8.300 12.000 Industria 15.700 4.300 19.900 Construción 11.500 3.300 14.800 Servizos 20.400 7.200 27.600 Total 51.300 22.900 74.200 7

Dous anos de reforma laboral: menos emprego, máis paro, máis pobreza Daquela, o emprego masculino é o máis prexudicado, en boa parte porque a destrución do emprego bateu con máis forza en dous sectores fortemente masculinizados: a construción e a industria. AUMENTA O EMPREGO A XORNADA PARCIAL O pulo do emprego a tempo parcial é un dos indicadores máis evidentes da deterioración do mercado laboral galego; pola contra, a xornada a tempo completo retrocede de xeito acusado. Velaí un dos efectos perversos da reforma laboral. Cadro n.º 4. EMPREGOS SEGUNDO A XORNADA XORNADA I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE DE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA Parcial 142.400 128.800 13.600 Completa 840.400 928.200 87.800 Total 982.800 1.057.000 74.200 Cada vez máis persoas traballan a xornada parcial e o seu peso relativo no mercado laboral é maior. No primeiro trimestre de 2014 había 142.400 persoas traballando en Galicia con este tipo de xornada, o que supón un 14,5 % do emprego total. Desde o primeiro trimestre de 2012 hai 13.600 persoas máis traballando a xornada parcial, un incremento do 10,6 %. Pola contra, destruíronse 87.800 empregos a xornada completa, un 9,5 % de descenso. A taxa de ocupación a tempo parcial (definida como o cociente entre o número de persoas ocupadas a tempo parcial e o número total de persoas ocupadas) aumentou en máis de dous puntos porcentuais: do 12,2 % no primeiro trimestre de 2012 pasa ao 14,5 % no primeiro trimestre de 2014. Esa taxa é especialmente elevada nas persoas novas. Por idades, a taxa de ocupación a tempo parcial é do 58,6 % nas persoas que teñen entre 16 e 19 anos no primeiro trimestre de 2014 (no mesmo período do 2012 era do 49,2 %); no tramo de entre 20 e 24 anos, a taxa é do 35,1 % (fronte ao 33,6 %) e no de 65 e máis anos, do 26,6 % (20,7 % no primeiro trimestre de 2012). Desde o primeiro trimestre de 2012, a taxa de ocupación a tempo parcial aumentou en todos os tramos de idade estudados pero, sobre todo, no de 16 a 19 anos (sobe en 9,4 puntos porcentuais), no de 55 a 59 anos (6,5 puntos porcentuais) e no de 65 e máis anos (5,9 puntos). 8

Cadro n.º 5. TAXA DE OCUPACIÓN A TEMPO PARCIAL POR GRUPOS DE IDADE TRAMOS DE IDADE I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE DE 2012 De 16 a 19 anos 58,6 % 49,2 % De 20 a 24 anos 35,1 % 33,6 % De 25 a 29 anos 20,4 % 16,7 % De 30 a 34 anos 13,7 % 12,6 % De 35 a 39 anos 12,6 % 11,0 % De 40 a 44 anos 14,8 % 10,2 % De 45 a 49 anos 12,3 % 9,5 % De 50 a 54 anos 10,8 % 10,5 % De 55 a 59 anos 12,9 % 6,4 % De 60 a 64 anos 11,9 % 10,4 % De 65 e máis anos 26,6 % 20,7 % Total 14,5 % 12,2 % A distribución do emprego a tempo parcial por sexos é moi desigual: o 23 % da poboación ocupada feminina fronte ao o 7 % da masculina. Desde o primeiro trimestre de 2012, o emprego a tempo parcial aumentou en ambos os sexos pero, sobre todo, nas mulleres. Desde aquela, hai 11.300 mulleres máis traballando a xornada parcial por 2.300 homes máis; en proporción, supoñen un incremento do 11,6 % e 7,3 %, respectivamente. Cadro n.º 6. EMPREGO A TEMPO PARCIAL POR SEXO I TRIMESTRE DE 2014 I TRIMESTRE DE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA Mulleres 108.800 97.500 11.300 Homes 33.600 31.300 2.300 Total 142.400 128.800 13.600 O emprego a xornada parcial debería ser unha opción persoal, e non algo imposto pola persoa empregadora ou pola falta doutras opcións. Segundo os datos da EPA, 91.100 persoas manifestaron que están ocupadas a tempo parcial porque non atoparon un traballo a xornada completa; é o 64 % da poboación ocupada neste tipo de xornada. Esa porcentaxe é lixeiramente máis elevada nos homes ca nas mulleres (65 % e 64 %, respectivamente). Pola contra, só un 7 % de mulleres ocupadas a xornada parcial non queren un traballo de xornada completa. No caso dos homes, responden nese sentido o 4 %. O seguinte motivo máis manifestado polas mulleres para acollérense a este tipo de xornada é o coidado de menores ou de adultos enfermos, incapacitados ou 9

Dous anos de reforma laboral: menos emprego, máis paro, máis pobreza maiores: son 12.400 mulleres no primeiro trimestre de 2014, o 11 % das ocupadas a xornada parcial. Porén, só expresan este motivo o 1 % dos ocupados a tempo parcial. No cadro 7 desagréganse os motivos da xornada parcial por sexos; os datos analizados corresponden ao primeiro trimestre de 2014. Cadro n.º 7. POBOACIÓN OCUPADA A TEMPO PARCIAL POR MOTIVO E SEXO HOMES MULLERES Seguir cursos de ensinanza ou formación 3.200 3.400 Enfermidade ou incapacidade propia 700 1.300 Coidado nenos ou adultos enfermos, incapacitados ou maiores 400 12.400 Outras obrigas familiares ou persoais 800 7.500 Non atopar un traballo a xornada completa 21.700 69.400 Non querer un traballo a xornada completa 1.400 8.000 Outras razóns 5.200 6.700 Non sabe o motivo 100 100 Total 33.600 108.800 O EMPREGO AUTÓNOMO RESISTE MELLOR CA O ASALARIADO Na EPA defínense como categorías profesionais os traballadores e traballadoras por conta propia que poden ser empresarios/as con ou sen persoal asalariado ou traballadores/as independentes ; a poboación asalariada tanto do sector público coma do privado; axudas na empresa ou negocio familiar e outras situacións profesionais. Cadro n.º 8. POBOACIÓN OCUPADA POR CATEGORÍAS PROFESIONAIS I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE 2012 VARIAC. ABSOLUTA Empresario/a con asalariados/as 58.500 67.900 9.400 Traballador/a independente 149.900 154.700 4.800 Asalariados/as do sector público 185.100 204.900 19.800 Asalariados/as do sector privado 578.900 618.600 39.700 Axudas familiares 8.100 9.300 1.200 Outra situación 2.300 1.600 700 Total 982.800 1.057.000 74.200 FONTE: Elaboración propia sobre datos IGE O emprego por conta allea caeu de forma alarmante: desde o primeiro trimestre de 2012 pérdense 59.500 empregos asalariados (39.700 no sector privado e 19.800 no público). En proporción, o ritmo de destrución é maior no sector público ca no privado (9,7 % fronte ao 6,4 %). 10

A situación do emprego por conta propia non é mellor, especialmente a dos empresarios e empresarias con persoal asalariado ao seu cargo. A poboación ocupada nesta categoría profesional sofre unha caída superior á do conxunto do emprego, pois retrocede un 13,8 %. Os traballadores e traballadoras independentes ou os/as empresarios/as sen persoal asalariado resisten mellor os embates da crise. Con todo, hai 4.800 ocupados e ocupadas menos nesa categoría profesional desde o primeiro trimestre de 2012, un descenso do 3,1 %. Unha das razóns que explican que o emprego autónomo ou o de empresarios/as sen asalariados/as aguante máis ca o emprego por conta allea é que, ante a falta de expectativas laborais por conta allea, as persoas que perderon o traballo vense abocadas, en última instancia, a empregarse por contra propia nuns casos e, noutros, a convertérense en «falsos autónomos», é dicir, camúflase a súa relación asalariada. A REFORMA LABORAL PREXUDICA O EMPREGO INDEFINIDO PERMANENTE A reforma laboral de 2012 facilitou moito os despedimentos, tanto individuais como colectivos. E as empresas, amais de non renovaren os contratos temporais, agora optan cada vez máis por despedir persoal fixo no canto de recorreren a medidas de flexibilidade interna para tentar manter o emprego. Desde o primeiro trimestre de 2012, o número de persoas asalariadas cun contrato temporal reduciuse en 21.400, un 11,6 %. Porén, a situación da poboación asalariada con contrato indefinido tampouco é alentadora porque minguou un 6 % en só dous anos. Cadro n.º 9. POBOACIÓN ASALARIADA SEGUNDO A MODALIDADE DO CONTRATO I TRIM. 2014 I TRIM. DE 2012 VARIAC. ABSOLUTA Indefinidos 600.900 639.000 38.100 Temporais 163.100 184.500 21.400 Poboación asalariada 763.900 823.500 59.600 Taxa de temporalidade 21,4 % 22,4 % FONTE: Elaboración propia sobre datos IGE A caída de emprego asalariado indefinido dáse exclusivamente nos empregos permanentes, mentres que os fixos descontinuos experimentan un leve crecemento. En concreto, nos dous últimos anos pérdense 38.500 empregos indefinidos de carácter permanente, que equivalen a un descenso do 6,1 %. 11

Dous anos de reforma laboral: menos emprego, máis paro, máis pobreza Cadro n.º 10. POBOACIÓN ASALARIADA INDEFINIDA DURACIÓN INDEFINIDA I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE DE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA Permanente ao longo do tempo 592.400 630.900 38.500 Descontinuos 8.500 8.100 400 Total 600.900 639.000 38.100 FONTE: Elaboración propia sobre datos IGE A perda de emprego asalariado indefinido afecta aos traballadores e traballadoras que levan seis meses ou máis na empresa pero, sobre todo, aos que levan entre tres anos e menos de seis anos; neste colectivo, o descenso é do 19 % no período analizado. Pola contra, aumentan as persoas cun contrato indefinido que levan na empresa menos de tres meses (1.200 máis que no primeiro trimestre de 2012) e permanece estancado o das que levan entre tres e cinco meses. Cadro n.º 11. POBOACIÓN ASALARIADA INDEFINIDA POLO TEMPO QUE LEVA NA EMPRESA ACTUAL I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE DE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA Menos de 3 meses 5.000 3.800 1.200 De 3 a 5 meses 5.000 5.000 0 De 6 a 11 meses 11.300 11.500 200 De 1 ano a menos de 2 anos 25.000 29.700 4.700 De 2 anos a menos de 3 anos 23.100 28.300 5.200 De 3 anos a menos de 6 anos 82.200 102.000 19.800 6 anos ou máis 449.300 458.800 9.500 Total 600.900 639.000 38.100 FONTE: Elaboración propia sobre datos IGE A XUVENTUDE, PRINCIPAL VÍTIMA DA PRECARIEDADE A taxa de precariedade (porcentaxe de asalariados con contrato temporal) era do 21,4 % no primeiro trimestre de 2014; sitúase levemente por baixo da rexistrada hai dous anos, pero esa caída non se explica por unha maior estabilidade no emprego ou porque se crease emprego indefinido, senón porque se destruíu moito emprego temporal. Non obstante, a taxa de precariedade varía bastante segundo o sector, o sexo e a idade. A relación laboral é máis precaria no sector privado e, sobre todo, no emprego asalariado feminino e entre as traballadoras e traballadores máis novos. 12

Cadro n.º 12. TAXA DE PRECARIEDADE I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE 2012 Por sector Privado 22,2 % 23,1 % Público 18,6 % 20,2 % Por sexos Homes 20,3 % 19,8 % Mulleres 22,4 % 25,3 % Por tramos de idade De 16 a 34 anos 40,2 % 40,9 % 35 e máis anos 14,0 % 14,0 % A taxa de precariedade é máis elevada no sector privado ca no público: 22,2 % fronte ao 18,6 %. En comparación co primeiro trimestre de 2012 redúcese máis a taxa de precariedade no sector público ca no privado porque o axuste do emprego temporal foi máis intenso. Por sexos, esa taxa é máis alta nas mulleres ca nos homes: 22,4 % fronte ao 20,3 %. Con todo, nos últimos dous anos acurtouse a diferenza, porque a taxa feminina reduciuse en case tres puntos porcentuais, mentres que a masculina se incrementou en medio punto. As diferenzas son maiores cando a variable de análise é a idade das persoas asalariadas. No primeiro trimestre de 2014, a taxa de precariedade dos menores de 35 anos é do 40,2 %, case tres veces máis que a dos maiores desa idade, que é do 14 %. A altísima precariedade da xuventude deriva nunha destrución de emprego meirande neste colectivo. A MAIORÍA DOS CONTRATOS REXISTRADOS SON TEMPORAIS As cifras de contratación contradín a idea de que o mercado laboral español é ríxido e que as empresas teñen medo a contratar. En realidade, formalízanse un número considerable de contratos pero a maior parte son temporais e de moi curta duración. A maioría dos contratos rexistrados en Galicia nos cinco primeiros meses de 2014 (último dato coñecido) foron temporais: 248.632 temporais dun total de 273.383 contratos; é dicir, o 91 %. Esa contratación precaria baséase no abuso de tres modalidades contractuais: o contrato de obra ou servizo, o eventual por circunstancias da produción e o de interinidade. 13

Dous anos de reforma laboral: menos emprego, máis paro, máis pobreza A reforma laboral tiña como un dos seus obxectivos formais combater a inestabilidade laboral. Pois ben, os datos do mercado laboral desmenten de forma rotunda este discurso porque segue dominando a contratación temporal. De feito, do total de contratos asinados ata maio de 2014, os indefinidos só representan o 9,05 %, porcentaxe similar á de hai dous anos que alcanzaba o 8,72 %. Cadro n.º 13. CONTRATOS REXISTRADOS POR MODALIDADE ATA MAIO DE 2014 ATA MAIO DE 2012 VARIAC. ABSOLUTA Indefinidos 15.801 10.928 4.873 Indefinidos persoas con discapacidade 163 182 19 Indefinido fomento emprego (Lei 63/1997) 646 646 Total indefinidos iniciais 15.964 11.756 4.208 Convertidos a indefinidos 8.787 8.586 201 Contratos indefinidos 24.751 20.342 4.409 Obra ou servizo 94.417 81.037 13.380 Eventuais por circunstancias da produción 114.992 96.976 18.016 Interinidade 28.121 26.107 2.014 Temporal persoas con discapacidade 490 359 131 Remuda 479 358 121 Substitución xubilación 64 anos 4 46 42 Xubilación parcial 674 609 65 Prácticas 1.244 970 274 Formación 2.993 1.595 1.398 Outros 5.218 4.891 327 Contratos temporais 248.632 212.948 35.684 Total 273.383 233.290 40.093 FONTE: Elaboración propia sobre datos do SEPE Os contratos formativos, destinados a integrar a xuventude para que adquira experiencia, só representan o 1,55 % do total da contratación nos primeiros cinco meses de 2014. Expresado en cifras absolutas, son 4.237 contratos: 1.244 de prácticas e 2.993 de formación. O maior número de contratos rexistrados encádrase no sector dos servizos: máis de 200.000 nos cinco primeiros meses de 2014. Nese sector, hai catro ramas: hostalaría, comercio, transporte e almacenamento e actividades administrativas e auxiliares, que concentran case 136.000 contratos rexistrados, o 50 % do total de contratos acumulados ata maio de 2014. Das 21 ramas de actividade analizadas, o número de contratos rexistrados sobe en todas agás en catro. En proporción, o maior incremento dáse nas ramas da industria manufactureira (un 87 % máis que nos cinco primeiros meses de 2012); na hostalaría (un 63 %); actividades financeiras e de seguros (un 61 %); e sobre todo nas actividades dos fogares e uso propio. 14

Cadro n.º 14. CONTRATOS REXISTRADOS SEGUNDO SECCIÓN DE ACTIVIDADE ECONÓMICA ATA MAIO 2014 ATA MAIO 2012 VARIAC. ABSOLUTA Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca 8.860 7.166 1.694 Industrias extractivas 342 287 55 Industrias manufactureiras 39.696 21.273 18.423 Subministración eléctrica, gas e aire acondicionado 93 73 20 Subministración auga, residuos e descontaminación 1.075 904 171 Construción 18.900 16.979 1.921 Comercio, reparación de vehículos 31.587 26.502 5.085 Transporte e almacenamento 26.575 19.466 7.109 Hostalaría 51.397 31.535 19.862 Información e comunicacións 5.748 5.177 571 Actividades financeiras e de seguros 1.450 899 551 Actividades inmobiliarias 373 300 73 Actividades profesionais, científicas e técnicas 8.810 8.271 539 Actividades administrativas e servizos auxiliares 26.405 51.188 24.783 Admón. pública e defensa; seg. social obrigatoria 4.255 4.482 227 Educación 8.754 8.820 66 Actividades sanitarias e servizos sociais 13.547 11.628 1.919 Activ. artísticas, recreativas e de entretenemento 15.398 12.799 2.599 Outros servizos 6.225 5.289 936 Actividades dos fogares e uso propio 3.890 246 3.644 Organismos extraterritoriais 3 6 3 TOTAL 273.383 233.290 40.093 FONTE: Elaboración propia sobre datos do SEPE E O CONTRATO DE EMPRENDEDORES APENAS TEN PROTAGONISMO A cifra de contratos de emprendedores é moi modesta: no mes de maio de 2014 (último dato coñecido) só se rexistraron 391 sobre un total de 3.272 indefinidos ordinarios. E cada vez teñen menos protagonismo: en maio de 2012 supoñían o 22,01 % dos contratos indefinidos ordinarios; no mesmo mes de 2013, a porcentaxe cae ata o 14,39 % e en maio de 2014 só representan o 11,95 %. Cadro n.º 15. CONTRATOS DE EMPRENDEDORES 2014 2013 2012 Xaneiro 389 357 Febreiro 494 303 36 Marzo 349 337 649 Abril 356 392 578 Maio 391 350 514 Xuño 342 581 Xullo 403 449 Agosto 328 390 Setembro 411 457 Outubro 434 510 Novembro 311 343 Decembro 287 277 FONTE: Elaboración propia sobre datos do SEPE 15

Dous anos de reforma laboral: menos emprego, máis paro, máis pobreza OS RECORTES MINAN O EMPREGO PÚBLICO Segundo os datos da enquisa de poboación activa, das 185.100 persoas asalariadas do sector público de Galicia, a maioría, 108.100, encádranse na Administración autonómica, outras 30.300 na central e 32.700 na local. En comparación co primeiro trimestre de 2012, hai 19.800 asalariados e asalariadas menos no sector público: a Administración autonómica perde 19.600 (un descenso do 15,3 %) e a central 5.100, o 14,4 % dos que había. Esta redución de emprego público é un indicador preciso da dureza dos axustes orzamentarios, dos recortes e a deterioración dos servizos públicos fundamentais como a sanidade, a educación ou a protección social. ADMINISTRACIÓN Cadro n.º 16. EMPREGO PÚBLICO I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA Admón. central 30.300 35.400 5.100 Seguridade Social 3.300 2.700 600 Admón. autonómica 108.100 127.700 19.600 Administración local 32.700 30.500 2.200 Empresas públicas 10.400 8.000 2.400 Resto 300 600 300 185.100 204.900 19.800 En proporción, perdeuse máis emprego no sector público ca no privado, independentemente do tipo de contrato. O emprego temporal no sector público reduciuse un 16,7 % fronte ao 10,2 % no privado; o indefinido retrocede un 7,9 % no sector publico e un 5,3 % no privado. Cadro n.º 17. POBOACIÓN ASALARIADA SEGUNDO O SECTOR E O TIPO DE CONTRATO I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE DE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA Sector público Indefinido 150.600 163.600 13.000 Temporal 34.500 41.400 6.900 Sector privado Indefinido 450.300 475.400 25.100 Temporal 128.600 143.200 14.600 FONTE: Elaboración propia sobre datos IGE A PERDA DE EMPREGO CÉBASE COA XUVENTUDE A xuventude é o colectivo máis afectado pola perda de emprego, sobre todo as persoas menores de 24 anos. As consecuencias son alarmantes porque se está expulsando do mercado laboral galego xente nova e empurrándoa cada vez máis a unha emigración forzada. 16

As persoas menores de 35 anos só representan o 25 % da poboación ocupada: nos últimos dous anos soportan o 67 % da destrución de emprego. Desde o primeiro trimestre de 2012 perderon o seu posto de traballo 13.200 persoas de entre 16 e 24 anos (un descenso do 27,0 %) e outras 36.700 de entre 25 e 34 anos, o 14,7 % das que había. As persoas ocupadas de 35 a 44 anos tamén están pagando caro o prezo da crise: reducíronse en 12.900 nos últimos dous anos, un 4,0 % de descenso. Cadro n.º 18. OCUPADOS POR IDADE I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE DE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA 16 a 24 anos 35.700 48.900 13.200 25 a 34 anos 213.300 250.000 36.700 35 a 44 anos 305.700 318.600 12.900 45 a 54 anos 265.900 269.300 3.400 55 ou máis 162.300 170.300 8.000 Total 982.800 1.057.000 74.200 O tramo de idade que mellor resiste é o que vai dos 45 aos 54 anos: as persoas ocupadas nese grupo baixan en 3.400 no período analizado, un 1,3 % de descenso. A perda de emprego tamén golpea con forza as persoas con 55 ou máis anos: son 162.300 con emprego no primeiro trimestre de 2014, o 4,7 % das que había no mesmo período de 2012. A POBOACIÓN INMIGRANTE NON QUEDA Á MARXE DA PERDA DE EMPREGO En Galicia, a poboación ocupada de nacionalidade estranxeira representa o 4,1 % da poboación ocupada total. A porcentaxe é moi baixa en comparación coa media española, que supera o 10 %. Non obstante, a caída de poboación ocupada foi bastante similar entre as persoas de nacionalidade estranxeira e as de nacionalidade española ou de dobre nacionalidade. Cadro n.º 19. POBOACIÓN OCUPADA POR NACIONALIDADE NACIONALIDADE I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA Española e dobre nacionalidade 942.600 1.013.800 71.200 Estranxeira 40.200 43.200 3.000 Total 982.800 1.057.000 74.200 Desde o primeiro trimestre de 2012, o número de persoas estranxeiras baixou en 3.000 e o da poboación de nacionalidade española e dobre nacionalidade en 17

Dous anos de reforma laboral: menos emprego, máis paro, máis pobreza 71.200. Expresado en porcentaxes, dado o diferente peso de cada unha das categorías, a caída é do 6,9 % e do 7,0 %, respectivamente. A PROVINCIA MÁIS DANADA É OURENSE A perda de emprego esténdese por toda a xeografía galega e experimenta unha evolución negativa nas catro provincias. Cadro n.º 20. DISTRIBUCIÓN DO EMPREGO POR PROVINCIAS I TRIMESTRE DE 2014 I TRIMESTRE DE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA A Coruña 420.200 460.600 40.400 Lugo 124.400 133.600 9.200 Ourense 103.700 116.300 12.600 Pontevedra 334.500 346.400 11.900 Total 982.800 1.057.000 74.200 O ritmo máis acusado de destrución de emprego dáse na provincia de Ourense que, con 103.700 ocupados e ocupadas, perde o 10,8 % dos empregos existentes no primeiro trimestre de 2012. Na Coruña, 40.400 persoas perderon o posto de traballo nos dous últimos anos, o que equivale a unha caída do 8,8 %. En cifras absolutas, é a provincia que máis emprego destrúe, debido en parte a que é a que ten máis poboación ocupada, pero a súa dinámica é máis negativa que a de Pontevedra, o segundo territorio con máis ocupación. A seguinte provincia máis prexudicada é Lugo: con 124.400 persoas ocupadas, perde 9.200 empregos, o 6,9 % dos que había no primeiro trimestre de 2012. A destrución de emprego nesta provincia sitúase na media galega (6,9 % fronte ao 7,0 %, respectivamente). Por último, a poboación ocupada na provincia de Pontevedra retrocedeu en 11.900 persoas e, en proporción, é a provincia que presenta a menor caída, un 3,4 %. E DOS SETE GRANDES CONCELLOS É FERROL Se tomamos como referencia os sete grandes concellos de Galicia, constátase que a destrución de emprego atangue a todos, agás a Santiago de Compostela. O concello máis afectado pola perda de emprego é, con diferenza, Ferrol. Segundo os datos que proporciona a enquisa de poboación activa, pérdense 8.300 empregos desde o primeiro trimestre de 2012, unha caída do 30,9 %. 18

A poboación ocupada no concello de Pontevedra tamén retrocede por riba da media galega: 7,3 % fronte ao 7,0 %. En comparación co primeiro trimestre de 2012, son 2.500 ocupados e ocupadas menos. Cadro n.º 21. DISTRIBUCIÓN DO EMPREGO NOS SETE GRANDES CONCELLOS I TRIMESTRE DE 2014 I TRIMESTRE DE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA A Coruña 102.300 109.100 6.800 Lugo 46.500 47.000 500 Ourense 44.000 46.100 2.100 Pontevedra 31.700 34.200 2.500 Santiago de Compostela 41.900 40.500 1.400 Vigo 118.600 123.100 4.500 Ferrol 18.600 26.900 8.300 No concello da Coruña, a poboación ocupada descende por debaixo da media galega; aínda así, o ritmo de destrución de emprego é bastante acusado, un 6,2 %; é dicir, hai 6.800 ocupados e ocupadas menos que no primeiro trimestre de 2012. O único concello que non perde poboación ocupada no período analizado é Santiago de Compostela, onde se crearon 1.400 empregos netos, un incremento do 3,5 %. A POBOACIÓN ACTIVA DERRÚBASE A evolución do emprego e a do paro estimado non gardan unha relación de proporcionalidade: a poboación ocupada baixa en máis de 74.000 persoas e o número de paradas e parados increméntase en 31.000. Isto parece unha contradición pero non o é. O que ocorre é que a poboación activa mingua porque cada vez máis persoas abandonan o mercado laboral ante a falta de expectativas de atopar emprego e aumenta o número das que marchan do país á procura dun. Cadro n.º 22. POBOACIÓN ACTIVA I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE DE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA Segundo o sexo Homes 670.600 702.600 32.000 Mulleres 609.200 620.300 11.100 Segundo a idade De 16 a 24 anos 70.800 84.400 13.600 De 25 a 54 anos 1.017.500 1.044.200 26.700 De 55 e máis anos 191.500 194.300 2.800 Total 1.279.800 1.322.900 43.100 A poboación activa en Galicia diminuíu en aproximadamente 43.000 persoas desde o primeiro trimestre de 2012, que equivalen a unha redución do 3,3 %. Non obs- 19

Dous anos de reforma laboral: menos emprego, máis paro, máis pobreza tante, a distribución por sexos é bastante desigual: 32.000 activos menos fronte 11.100 activas menos (descensos do 4,6 % e 1,8 %, respectivamente). Por grupos de idade, a caída da poboación activa dáse sobre todo nas persoas menores de 25 anos. Desde o primeiro trimestre de 2012 hai 13.600 persoas activas menos de entre 16 e 24 anos (un descenso do 16,1 %). E SOBE A POBOACIÓN DESANIMADA En Galicia hai 1.093.500 persoas inactivas; delas, o 57 % son mulleres. O aumento da poboación inactiva desde o primeiro trimestre de 2012 só afectou aos homes: son 18.700 inactivos máis fronte a 1.500 inactivas menos. Cadro n.º 23. POBOACIÓN INACTIVA I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE DE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA Homes 465.800 447.100 18.700 Mulleres 627.700 629.200 1.500 Total 1.093.500 1.076.300 17.200 Entre os motivos para non buscar emprego, destaca o aumento das persoas que contestan que «cren que non o van atopar», pois sobe un 13,4 % en relación co primeiro trimestre de 2012; tamén sobe un 54,5 % o das persoas que responden estar afectadas por unha regulación de emprego. O número de persoas inactivas que contestan que non buscan emprego porque están xubiladas ou «por enfermidade ou incapacidade propia» sobe, pero en menor proporción: un 2,8 % e un 6,3 %, respectivamente. Cadro n.º 24. POBOACIÓN INACTIVA QUE NON BUSCA EMPREGO, SEGUNDO O MOTIVO I TRIM. 2014 I TRIM. 2012 Cre que non o vai atopar 36.300 32.000 Está afectado por unha regulación de emprego 1.700 1.100 Por enfermidade ou incapacidade propia 124.900 117.500 Coidado nenos ou adultos enfermos, discapacitados ou maiores 33.500 33.900 Ten outras responsabilidades familiares ou persoais 76.600 80.200 Está cursando estudos ou recibindo formación 139.900 145.200 Está xubilado 256.300 249.200 Outras razóns 83.800 81.500 Non sabe 1.500 300 Non aplicable 339.000 335.500 Total 1.093.500 1.076.300 20

UNHA TAXA DE PARO INCONCIBIBLE En Galicia hai 296.900 persoas desempregadas: 158.600 homes e 138.300 mulleres. A situación é insostible e, como se dixo, esa cifra sería máis elevada se moitas persoas non deixasen de computar como paradas porque xa desisten de buscar emprego de forma activa. Sen esa redución de 43.000 persoas activas, a cifra do desemprego estaría xa por riba da barreira terrible das 300.000. Desde o primeiro trimestre de 2012 hai 31.000 desempregados máis: 19.200 homes e 11.800 mulleres. Daquela, o número de desempregados sobe un 13,8 % e o de desempregadas o 9,3 %. Cadro n.º 25. POBOACIÓN PARADA I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE DE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA Homes 158.600 139.400 19.200 Mulleres 138.300 126.500 11.800 Total 296.900 265.900 31.000 A taxa de paro sobe arredor de 3 puntos porcentuais en comparación co primeiro trimestre de 2012 ata se situar no 23,2 %. Por sexos, a taxa de paro masculina é superior á feminina: o 23,7 % fronte ao 22,7 %. Por grupos de idade, no de menores de 25 anos é do 49,5 %, cifra que duplica a das persoas de entre 25 e 54 anos e supón máis do triplo das que teñen 55 ou máis anos. As consecuencias son alarmantes porque a metade dos mozos e mozas galegos que queren traballar non poden facelo, están condenados ao paro. Cadro n.º 26. TAXA DE PARO I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE DE 2012 Segundo o sexo Homes 23,7 % 19,8 % Mulleres 22,7 % 20,4 % Segundo a idade De 16 a 24 anos 49,5 % 42,1 % De 25 a 54 anos 22,9 % 19,8 % De 55 e máis anos 15,3 % 12,3 % Total 23,2 % 20,1 % SOBE O DESEMPREGO DE LONGA DURACIÓN A situación das persoas en desemprego agrávase a medida que se prolonga e, por desgraza, en Galicia a maioría son paradas de longa duración. 21

Dous anos de reforma laboral: menos emprego, máis paro, máis pobreza En comparación co primeiro trimestre de 2012, o desemprego de longa duración (un ano ou máis) aumentou en 42.800 persoas ata sumar 172.400, que supoñen o 58 % da poboación desempregada. O colectivo máis numeroso é, precisamente, o que leva dous ou máis anos no desemprego: 109.000 no primeiro trimestre de 2014, un 54 % máis ca no mesmo período de 2012. Cadro n.º 27. POBOACIÓN PARADA POR TEMPO DE BUSCA DE EMPREGO I TRIM. 2014 I TRIM. 2012 VARIAC. ABSOLUTA Menos de 1 mes 11.500 10.600 900 De 1 mes a menos de 3 meses 28.200 35.800 7.600 De 3 meses a menos de 6 meses 29.700 34.400 4.700 De 6 meses a menos de 1 ano 43.200 45.700 2.500 De 1 ano a menos de 1 ano e medio 34.100 28.800 5.300 De 1 ano e medio a menos de 2 anos 29.300 30.000 700 Dous ou máis anos 109.000 70.800 38.200 Xa atopou traballo 12.000 9.800 2.200 Total 296.900 265.900 31.000 No extremo contrario, as 11.500 persoas que levan buscando emprego menos dun mes evidencian o forte fluxo de entrada na situación de desemprego, que se corresponde tanto coa perda do traballo por despedimentos como coa finalización de contratos temporais. Tamén é relevante o número de persoas desempregadas que levan inscritas entre un mes e menos de seis meses: 57.900 no primeiro trimestre de 2014. Polo tanto, sumando eses dous grupos, compróbase que un 23 % de persoas desempregadas levan menos de seis meses buscando emprego. A situación das 43.200 persoas que levan paradas entre seis meses e menos dun ano tamén é complicada: se son beneficiarias de prestacións contributivas por desemprego, é a partir do sexto mes cando mingua considerablemente a contía percibida. Desde o primeiro trimestre de 2012 aumentou moito o colectivo de persoas paradas que levan buscando emprego entre un ano e menos dun ano e medio (un 18,4 %) e, sobre todo, o que leva buscando emprego dous ou máis anos (un 54 %). CADA VEZ HAI MÁIS FOGARES CON TODOS OS MEMBROS EN PARO En Galicia hai 101.500 fogares en que todos os membros están en paro. A cifra non deixou de medrar porque son 15.500 fogares máis que no primeiro trimestre de 2012, isto é, aumentaron o 18 %. Tamén aumentan aqueles en que hai ocupados e mais parados, que xa suman 148.500, case doce mil máis que hai dous anos. 22

Como é obvio, baixa o número de familias en que todos os membros están ocupados: son 30.000 menos, ata quedar en 501.000 fogares. Cadro n.º 28. TIPOLOXÍA DOS FOGARES I TRIMESTRE 2014 I TRIMESTRE 2012 VARIACIÓN ABSOLUTA Todos os activos son ocupados 501.000 531.000 30.000 Con ocupados e parados 148.500 136.600 11.900 Todos os activos son parados 101.500 86.000 15.500 Fogares con polo menos un activo 751.000 753.500 2.500 As cifras son arrepiantes porque en Galicia hai ao pé de 250.000 fogares onde o drama do desemprego está presente e 34.300 que non perciben ningún tipo de ingresos, 7.600 máis que no primeiro trimestre de 2012. DIMINÚEN A CONTÍA E A CALIDADE DA PROTECCIÓN POR DESEMPREGO No mes de maio de 2014, último dato coñecido, había 135.359 persoas a cobraren unha prestación por desemprego: 60.909 son prestacións contributivas, 61.785 xa son subsidios por desemprego e 12.903 corresponden á renda activa de inserción. A distribución das prestacións por desemprego variou moito desde hai dous anos porque, por primeira vez en Galicia, hai máis persoas que cobran un subsidio por desemprego cunha contía de, aproximadamente, 426 euros mensuais ca beneficiarias de prestacións contributivas. En maio de 2012, os subsidios por desemprego representaban o 40 % sobre o total das prestacións; dous anos despois, esa porcentaxe sobe ata o 46 %. E, obviamente, as prestacións contributivas evolucionan no sentido oposto: pasan de representar o 52 % en maio de 2012 ao 45 % en maio de 2014. Cadro n.º 29. NÚMERO DE PERSOAS QUE PERCIBEN PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO MAIO 2014 MAIO 2012 VARIAC. ABSOLUTA Prestación contributiva 60.909 82.827 21.918 Subsidio de desemprego 61.785 64.750 2.965 Renda activa de inserción 12.903 12.290 +613 Total 135.597 159.867 24.270 FONTE: Elaboración propia sobre datos consultados no IGE O indicador do nivel de protección aos desempregados denomínase «taxa de cobertura», e calcúlase como o cociente entre as persoas paradas que cobran prestacións e o total de persoas paradas que tiñan un emprego anterior (exclúense, polo tanto, as que buscan o seu primeiro emprego). 23

Dous anos de reforma laboral: menos emprego, máis paro, máis pobreza A cobertura do sistema de protección por desemprego durante o mes de maio de 2014 foi do 56,05 %, mentres que dous anos antes era do 64,40 %. Daquela, esta taxa baixou case oito puntos porcentuais desde maio de 2012. En Galicia hai máis de 100.000 persoas desempregadas con experiencia laboral que non cobran prestacións por desemprego (en maio de 2012 eran unhas 88.000). Cadro n.º 30. TAXA DE COBERTURA MAIO 2014 MAIO 2012 Prestacións por desemprego 135.597 159.867 Poboación parada con experiencia laboral 241.912 248.238 Taxa de cobertura 56,05 % 64,40 % FONTE: Elaboración propia sobre datos consultados no IGE A contía media da prestación contributiva por persoa beneficiaria no mes de maio de 2012 era de 821,3 euros ao mes, e dous anos despois baixa ata os 777,1 euros. É dicir, diminúe en máis de 44 euros ao mes. SÍNTESE FINAL Cumpridos dous anos desde a aplicación da reforma laboral, os datos estatísticos confirman o que xa se prevía: o mercado laboral non resolveu as súas deficiencias, pois desde o primeiro trimestre de 2012 destruíronse en Galicia máis de 74.000 postos de traballo e, sobre todo, empeorou a calidade do emprego. Os traballadores e traballadoras por conta allea son os máis afectados pola reforma laboral: desde o primeiro trimestre de 2012 perderon o seu emprego 39.700 no sector privado e 19.800 no público. A poboación asalariada cun contrato temporal reduciuse ao redor dun 12 % e a que tiña un contrato indefinido, un 6 %: 21.400 temporais menos fronte a 38.100 indefinidos menos. A caída de emprego indefinido dáse exclusivamente nos empregos permanentes, mentres que os fixos descontinuos experimentan un leve crecemento. Esas cifras son arrepiantes pero as condicións laborais das persoas que manteñen o seu posto de traballo tampouco son moi alentadoras. Estase destruíndo emprego a tempo completo e cada vez máis poboación traballa a tempo parcial: desde o primeiro trimestre de 2012 hai 13.600 persoas máis ocupadas en xornada parcial fronte 87.800 menos a tempo completo. A taxa de ocupación a tempo parcial é especialmente elevada na xuventude, sobre todo no tramo de 16 a 19 anos, pois alcanza o 58,6 %. 24

Os datos da EPA reflicten que o 64 % das persoas manifestaron estaren ocupadas a xornada parcial porque non atoparon un traballo a xornada completa. As cifras dos contratos rexistrados nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) demostran que a reforma laboral foi inútil para combater a inestabilidade laboral. De feito, do total de contratos asinados nos cinco primeiros meses de 2014, os indefinidos só representan o 9,05 % cando hai dous anos esa porcentaxe era similar, un 8,72 %. En Galicia hai 31.000 persoas desempregadas máis ca no primeiro trimestre de 2012 e a taxa de paro subiu ata o 23,2 % (no primeiro trimestre de 2012 era do 20,1 %). O dato é pésimo pero, de non diminuír a poboación activa, o desemprego estaría moi por riba desa cifra. De feito, entre os motivos que alegan as persoas inactivas para non buscar emprego, destaca o aumento das que contestan que «cren que non o van atopar», pois sobe nun 13,4 % en relación co primeiro trimestre de 2012. A situación das persoas en desemprego agrávase a medida que se prolonga e, por desgraza, a maioría da persoas desempregadas en Galicia son paradas de longa duración. O colectivo máis numeroso é precisamente o das persoas que levan dous ou máis anos desempregadas: son 109.000 no primeiro trimestre de 2014, un 54 % máis das que había no mesmo período de 2012. Xa hai 101.500 fogares en que todos os seus membros están desempregados, unha cifra que non deixou de medrar porque son 15.500 fogares máis que no primeiro trimestre de 2012, e uns 34.300 fogares que non perciben ningún tipo de ingresos. A distribución das prestacións por desemprego variou moito desde hai dous anos porque cada vez máis persoas cobran xa un subsidio por desemprego: en maio de 2012 representaban o 40 % sobre o total das prestacións; dous anos despois, esa porcentaxe sobe ata o 46 %. A cobertura do sistema de protección por desemprego estaba no 56,05 % o pasado mes de maio (fronte ao 64,40 % no mes de maio de 2012). Daquela, en Galicia xa hai máis de 100.000 persoas desempregadas con experiencia laboral que non cobran prestacións por desemprego. 25

27