INDICE INTRODUCCIÓN...3 ACTIVIDADES POR GRUPOS DE IDADE...4 CLASES O A CLASES 1 A CLASES 2 A

Documentos relacionados
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

INDICE INTRODUCCIÓN.3 ACTIVIDADES POR GRUPOS DE IDADE.5 CLASES O A 1.5. Introducción Actividades Conclusión CLASES 1 A 2 18

INDICE INTRODUCCIÓN..3 ACTIVIDADES POR GRUPOS DE IDADE.5 CLASES O A 1.5. Introducción Actividades Conclusión CLASES 1 A 2 32

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

Double-click to enter title

Club. Podes informarte de todo o que acontece na familia Bolechas no noso teléfono

EDUCANDO PARA A SOSTIBILIDADE: XESTIÓN N DE RESIDUOS. CEIP de Viñas POIO

O envase churrusqueiro

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Proceso de facturación.

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

PIALE Integración en lingua portuguesa

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

05 Movémonos mellor?

NECESARIOS EMPREGADO. Varrer e fregar o chan

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

DATOS E GUÍA DE RECICLAXE

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

GATIÑAS E GATIÑOS. Club

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE. Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES. Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR. Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

Refráns e ditos populares do Nadal

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

Que é unha rede de ordendores?

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

ÍNDICE 1.- INTRODUCIÓN OBXECTIVOS XERAIS...4. Programación de aula 0-1anos...5. Programación de aula 1-2 anos...13

Programa_Antroido_2013.pdf 1 04/02/13 17:24.

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

O supermercado. Xabier Campos. Tradución de X. M. Rivas

Unha viaxe á lúa.

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

Ola, eu son Xurxo, e ti? 3. Na casa dos avós 4. 0s ranchiños novos 5. A comer! 6. Como falan! 7. Canta bicharía! 8. Que modernos! 9.

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

OS MELLORES REIS. Mari Luz (As Somozas)

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

MEMORIA CAMPUS CAMP VIGO 2016

ENQUISA ESTRUTURAL A FOGARES Módulos de 'Ocio e hábitos culturais' e 'Capital social: benestar'. Ano 2014

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

ÍNDICE 1.- INTRODUCIÓN OBXECTIVOS XERAIS PROGRAMACIÓN ANUAL POR AULAS...5. Programación de aula 0-1anos. Programación de aula 1-2 anos

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... OS NÚMEROS DECIMAIS ORDES DE UNIDADES DECIMAIS. CENMILÉSIMA 8 1 cm = MILLONÉSIMA 8 1 mm = OPERACIÓNS

A Coresma: camiño cara á Pascua. Oración SUMARIO

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NO ARTE

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

REDUCIR REUTILIZAR RECICLAR. Por unha xestión máis sostible do lixo e menos custosa SEPARAR PARA

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

e diferente ter un bo a camiñar.

O CONTRATO DE TRABALLO

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

POSIBLES IDEAS PARA UNHA HOMILÍA CON NENOS 12 novembro Non deixes que a Súa chamada sexa perdida, ten á man o CARGADOR da ORACIÓN.

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

CALENDARIO PARA O CICLO INTENSIVO DO PROGRAMA UNIVERSITARIO PARA MAIORES. CAMPUS DE PONTEVEDRA. CURSO

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

Que hora é? Obxectivos desta unidade Pedir ou dar información sobre horarios Identificar obxectos Describir unha xornada habitual

I.E.S. CADERNO Nº 4 NOME:

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Somos auga GUÍA DIDÁCTICA. 1º Ciclo de Educación Infantil Rapaces de 1 a 3 anos. Proxecto educativo sobre a importancia da auga

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2017

Ciencia que estuda o pasado da humanidade.

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

AS FRASES FEITAS NO REXISTRO COLOQUIAL

FICHAS DO XOGO. (Adaptado do xogo Descubriendo al invasor da Comunidad de Madrid) Co apoio

Nesta unidade imos deseñar e presentar unha campaña publicitaria. Para iso, imos aprender:

Indice. Obradoiros artísticos...3 Obradoiros de idiomas...4 Obradoiros de informática...5

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

A fábula dos ratos mensaxeiros. (Ou de como a bruxa Herminia aprendeu dunha pedra)

O acceso a estas tres actividades dinamizadoras é, coma sempre, libre e de balde ata completar a capacidade das salas que as acollen.

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

XOGOSMUSICAIS Ourense, 22 de xuño de 2013

NEGREIRA OUT º CICLO MONÓLOGOS. venres. venres. venres. venres. Lois Pérez

Volver empezar. Nesta unidade imos inventar a biografía do candidato ideal para un posto de traballo. Para iso, imos repasar e aprender:

Acceso ao xestor documental

SAÚDE. na escola EDUCACIÓN INFANTIL

BOLETÍN INFORMACIÓN CULTURAL DE LUGO

Múltiplos e divisores

REFORZO. 2 Data: 1 Completa esta táboa: 2 Escribe órganos ou aparatos dos diferentes grupos de animais que se encarguen de:

Segundo a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), desperdíciase un terzo da comida que se produce, o que supón

MÚSICAS DURMIDAS. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas. Músicas durmidas JOSÉ ABEAL LÓPEZ* Debuxos: Alfredo Erias

Guía de recursos dixitais da web da UMinho

Transcrição:

CURSO 2013-2014 1

INDICE INTRODUCCIÓN...3 ACTIVIDADES POR GRUPOS DE IDADE...4 CLASES O A 1...4 CLASES 1 A 2...19 CLASES 2 A 3...29 2

1.- INTRODUCCIÓN A Escola Infantil Municipal O BOSQUE está situada na estrada que vai de Bertamiráns a Negreira, moi preto do centro urbán ( Av. da Peregrina, nº 28- BEERTAMIRANS).Pódese acceder a ela tanto a pé coma en coche. Neste curso matriculáronse 123 nen@s distribuídos nas seguintes unidades: Dúas unidades de 0 a 1 ( 19 nen@s) Tres unidades de 1 a 2 ( 42 nen@s) Tres unidades de 2 a 3 (64 nen@s) Ademais das aulas cos seus correspondentes aseos, a escola dispón doutras dependencias, dedicada aos nen@s ou a servizos xerais, que numeradas son as seguintes: Sa de berces Patio exterior e interior Comedor e cociña Lavandería e almacén Aseos persoal Sala para titorías. A idade mínima de ingreso na escola é de 3 meses e poden permanecer nela ata os 3 anos sempre que o nen@ os cumpra despois do 31 de decembro. Das 5 prazas reservadas para emerxencia social cubríronse só dúas. O horario da escola según o RRI é de 7:45 a 20:00, aínda que os nenos/as non poden permanecer por un período superior as 8 horas excepto caos xustificados. Nos meses de Xullo e Agosto o horario da escola é de 7:45 a 18:00. Este curso debido a demanda das familias a E.I.M O Bosque durante o curso pechou as 19:30, en Xullo as 17:00 e en Agosto as 16:00 Os horarios de comedor durante este curso foron: -Almorzo: de 7:30 a 9:00 -Xantar: de 12:00 a 13:15 en dúas quendas -Merenda : de 16:30 a 17:15 3

2.-ACTIVIDADES POR GRUPOS DE IDADES CLASES 0-1 ANOS INTRODUCCIÓN: O grupo de idade de 0 a 1 anos na Escola Infantil Municipal O Bosque estivo dividido ó longo deste curso en dúas clases distribuídas por orde alfabética: A clase A : rematou o curso con 8 nen@s,dos que 2 estiveron a media xornada e 6 a xornada completa. A clase B : rematou o curso con 9 nen@s,dos que 3 estiveron a media xornada e 6 a xornada completa. Sempre que comenza o curso partimos dunha programación anual onde imos deixar clara a nosa proposta de traballo a seguir ó longo do ano. Despois cada trimestre facemos outra programación trimestral na que se concreta e especifica máis claramente obxectivos e actividades a realizar neses meses. Xa nos atopamos a finais de curso e con esta memoria pretendemos recoller todo o traballo realizado ó longo de todo este ano. Cando comenzamos en setembro atopámonos con nen@s que eran aínda bebés e que tiñan as súas capacidades moi limitadas, pero a medida que ía pasando o tempo fomos comprobando do que eran capaces de facer e do rápido que evolucionaban en tódolos aspectos ( cognitivo, motor, afectivo, social ) A continuación recollemos o noso traballo na clase de maneira resumida clasificándoo por trimestres: ACTIVIDADES NA CLASE DE 0-1 ANOS PRIMEIRO TRIMESTRE: SETEMBRO : PERÍODO DE ADAPTACIÓN. Empezámolo curso con 18 nen@s con idades comprendidas entre os 5 e 8 meses. Neste primeiro mes a súa incorporación á escola fíxose de maneira progresiva e os primeiros días permaneceron moi pouco tempo co fin de irse familiarizando coa nova situación e a medida que ían transcorrendo os días fomos aumentando o tempo de permanencia na escola en función de como ía sendo a adaptación de cada nen@ nen@. Utilizamos este período para observar o momento evolutivo no que se atopaba cada nen@ e así poder iniciar o noso traballo de estimulación das suas capacidades. Ó longo deste período o noso principal obxetivo foi satisfacelas necesidades básicas: Tanto as biolóxicas: hixiene, alimentación e descanso Como outras igualmente importantes: seguridade, afecto, comunicación, 4

movemento, xogo Pero tamén realizamos outro tipo de actividades fóra do estritamente asistencial como: Poñemos música relaxante nestes primeiros días que lle vai a axudar a tranquilizarse e a calmarse. Proporcionámoslle masaxes mentres lle falamos de forma cariñosa e suave. Dámoslle o biberón ou a papa ás horas indicadas, aproveitando para dedicarnos en exclusiva a cada un, falándolle cariñosamente, acariñándoo facendo que este momento non so sexa unha actividade que realizamos para cubrir unhas necesidades básicas senón que lle resulte un momento agradable. Cambiámoslle os cueiros sempre que sexa necesario e aproveitamos este momento para estimular as capacidades motrices, cognitivas, afectivas e sensoriais. Intentaremos que durman ou descansen cando queiran, intentando respectar os ritmos individuais de cada nen@. Observamos e manipulamos,dentro das súas posibilidades, móbiles, xoguetes que emitan sons, peluches favorecendo así o reflexo de prensión. Repetimos con eles os sons que emiten. Poñeremos ó seu alcance obxectos estimulantes de moitas cores, tamaños e texturas para que poidan tocalos, chupalos e experimentar con eles. Ademáis serviralle para esforzarse en alcanzalos. Chamámoslle polo seu nome para que se vaian familiarizando tanto co seu como cos dos demais nen@s da clase. Utilizamos as mantas de actividades para que se entreteñan xogando e intenten dar a volta. Deitámolos nas hamacas e balanceámolos. Poñémoslle ó seu alcance xoguetes que emitan sons e indicámoslle como soan ó movelos. Collémolos nos brazos para xogar e balanceámolos suavemente. Ofrecémoslle distintos obxectos para que os agarren e pedímoslle que nolos devolva e os cambie de man. E xa ó rematar o mes, cando xa os atopamos un pouco máis tranquilos e familiarizados coa nova experiencia de asistir á escola e xa conseguimos pouco a pouco ir adaptándoos as rutinas fixemos a manualidade de chegada á escola: as profes debuxamos un patiño saíndo do ovo e cada un dos nen@s estampou a súa man dentro do ovo cun letreiro que poñía benvido, puxémoslle un pau enganchado por detrás para poder levalo na man. OUTUBRO: Xa pasado o mes de adaptación e estando tod@s máis ou menos familiarizados co novo ambiente e facendo xa tod@s os horarios completos solicitados por cada familia tratamos de ir establecendo as rutinas da escola e desenrolamos as seguintes actividades: 5

Libro de O meu primeiro ano na escola : A primeiros de mes mandamos para a casa a cada nen@ este libro feito por nós na escola para que o puidesen ver na casa e decidir se querían participar nesta actividade que realizaríamos de forma conxunta entre as profes e os pais. Todos se animaron a participar polo que xa empezamos a cubrilo con comentarios e fotos ( datos de recen nacido, a familia, chegada á escola, a sua man e o seu pé ) e toda unha serie de acontecementos que se irian dando neste primeiro ano de vida. Pareceunos unha idea moi boa xa que ó rematar o curso cada pai tería un bonito recordo do primeiro ano do seu bebé recollendo tanto acontecementos vividos na escola como na casa. Cesto dos tesouros: En cada clase temos unha caixa onde gardamos obxectos da vida cotiá con diferentes cores, texturas e tamaños para que os agarren, manipulen, chupen, golpeen Son obxectos que non entrañan ningún tipo de risco para os nen@s como pinzas da roupa, coadores, pinceis, botes, cepillos, esponxas e que imos cambiando a medida que se deterioran ou en función do que estamos a traballar. Son obxectos atractivos para eles e cos que pasan o tempo investigando. Masaxes: Esta actividade realizámola a primeiros de trimestre xa que son máis pequerrechiños e cústalle menos estar quietos mentres a realizamos. E unha experiencia moi interesante xa que nos permite establecer unha relación de afecto e un contacto directo con nen@.o momento da masaxe convertese nunha experiencia entrañable e satisfactoria pois axúdalle a relaxarse e a tranquilizarse. Solíamos ter en conta á hora de realizar esta actividade que tiveramos unha temperatura agradable na clase e dedicabámoslle o tempo necesario, pero sen que fose moito, pois ó estar espidos podían coller frío. Samaín: Na clase dos máis pequerrechiños tamén celebramos o Samaín e trouxemos á clase distintos tipos da cabazas: grandes, pequenas, alargadas, redondas e puidéronas observar, tocar, manipular e o día que celebrámolo Samaín na escola decoramos a clase para a ocasión con cabazas, morcegos, bruxas, esqueletos.e disfrazámolos de demos, bruxas, magos e deixamos que manipulasen as cabazas, as observaran, percibiran as 6

distintas texturas. NOVEMBRO: Xa estamos no outono e coa chegada desta estación adentrámonos nun mundo de sensacións, de olores, de cores distintas as vividas no verán. Aproveitando a súa chegada decidimos decorar a clase cun ambiente outonal e pegamos no chan fotos de follas, landras, castañas, árbores espidas e tamén pegamos por toda a clase paisaxes, animais e froitos típicos desta estación. Aproveitamos para introducir no cesto dos tesouros froitos típicos como: follas, castañas, noces, piñas, millo, cabazas e así poder experimentar con distintas texturas. Neste mes desenvolvemos as seguintes actividades: Manualidade do outono: As profes debuxamos unha castaña moi simpática con chupete en cartolina marrón que se abría a modo de postal e dentro nunha das follas escribímolo seguinte dito: Outono bonito / Folliñas no chan / castañas asadas / que boas están, e na outra estampamos a man de cada nen@ con témpera con cores do outono. Magosto: Nas clases dos bebés celebramos o magosto meténdonos na piscina de bolas que enchemos con follas, espigas de millo, cabazas, castañas e tirando dunha piñata que colocamos enriba de nós e que encheramos de follas e que ó romper deixou caer unha chea de follas enriba das nosas cabezas. Tamén para contribuír á festa que organizamos a nivel da escola e na que cada clase aportaba unha receita feita con produtos típicos desta estación, os nosos bebés fixeron, coa nosa axuda, zume de laranxa recen espremido, e tamén a clase A fixo batido de plátano mesturado leite con plátanos e pasándoo polo batedor e a clase B fixo compota de mazá. Aproveitamos para probar todo e distinguir sabores. Facemos exercicios na pelota grande: Facemos exercicios de psicomotricidade nunha pelota grande que nos permite subir ós nen@s enriba dela e movémolos dun lado para outro enriba dela, facémolos botar empuxándoos arriba e abaixo suxeitos polas costas, colocámolos sentados no chan ó seu lado para que perciban o tamaño da pelota, facémola rodar pola clase e un exercicio que a algúns lles encanta e a outros lles asusta un pouco. 7

DECEMBRO: Coa chegada do mes de decembro cambiamos de estación, polo tanto recollemos a decoración do outono que tiñamos nas nosas clases e cambiámola por unha ambientación do inverno e tamén do Nadal, xa que este mes celebramos esta festa tan desexada polos nen@s. Debuxamos nos ventanais das nosas clases escenas típicas do inverno, pinguinos e tamén os esperados Reis Magos e e no chan escenas típicas do inverno e do Nadal. Ó longo deste mes escoitamos panxoliñas, disfrazámonos de Papá Noel, l,observamos e manipulamos adornos como bolas, cintas, estrelas e tamén recibimos a visita dos Paxes Reais ós que lle pedimos que os Reis nos trouxeran moitos agasallos. No cesto dos tesouros tamén introducimos novos obxectos como cintas de distintas cores, bolas de distintos tamaños e cores moi chamativas, papeis brillantes, estrelas con brillos, coas que xogamos moitos días. Manualidade de Nadal: Xa que estamos no Nadal nós tamén preparamos un pequeno agasallo para os nosos papás: as profes espíronnos e solo nos puxeron un gorro de Papá Noel e metéronnos dentro dun baúl de mimbre e colocáronnos nun fondo tipicamente do nadal con estrelas e bolas do Nadal e sacáronnos fotos, de todas as que nos sacaron elixiron a máis bonita e fixemos unha bonita postal para colgar na árbore de Nadal que cada nen@ levou para a sua casa como agasallo de Nadal. Actividade para decorar a entrada da escola: Fixemos entre todos unha orixinal árbore de Nadal : a parte da copa da árbore fixémola das mans de todos os nen@s e tamén das profes, plasmamos a man de cada un nun folio con témpera de cor verde e despois recortámolas e fomos pegándoas para confeccionar a copa e o pe da árbore fixémolo estampando os pes en cor marrón. A estrela que se sole poñer no alto da árbore tamén a fixemos estampando catro mans colocadas en forma de estrela. A árbore decorámola con 18 bolas douradas e dentro de cada unha colocamos a foto de Nadal coa que fixemos a postal. Unha vez rematada e co bonita que nos quedou decoramos a entrada da escola nestas fechas de nadal. Visita dos Paxes Reais : Como todos os anos nestas fechas visítannos os Paxes Reais que veñen as recoller as cartas de todos os nen@s para levarlle as súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente. O días que nos visitaron nas nosas clases estábamos poucos porque algúns non viñeran porque estaban enfermos e outros estaban durmindo. Entre todos fixemos unha carta para entregarlle, recibímolos todos os nen@s da escola xuntos no patio e os bebés este ano 8

portáronse xenial, ningún chorou e incluso un deles déullela carta na man a un Paxe todo contento. Despois de recibir todas as cartas repartiron un agasallo a cada nen@ e sacamos unha foto con eles. Este ano foi un experiencia moi boa, xa que ningún se asustou e disfrutaron do momento. SEGUNDO TRIMESTRE: XANEIRO: Xa nos adestramos no segundo trimestre o que quere dicir que xa levamos catro meses xuntos, tempo no que notamos como os nosos bebés foron medrando e algúns deles xa están enormes e maduraron moito. Os máis grandiños xa dan os seus primeiros pasos case soiños, outros gatean,arrástranse e loitan por moverse e alcanzar os xoguetes que están polo chan. Todos comen moi ben e dormen soiños nos seus berces salvo algún que outro que se acostumou á hamaca e os seus bambeos. Ó longo deste mes fixemos as seguintes actividades: Aniversarios: A partir de xaneiro algúns dos nen@s das nosas clases xa empezan a cumprir o seu primeiro ano. Na escola todos os xoves de cada semana celebramos os aniversarios e facémolo con todos os compañeir@s e as profes, ó protagonista da festa colocámoslle unha coroa e tamén traemos á clase un biscoito que nos fixo a nosa cociñeira, ó que lle poñemos unha veliña. Entre todos sopramos e cantamos o Cumpreanos Feliz. O protagonista o rematar o día leva para casa unha postal de recordo coa foto e pegadiña de todos os compañeiros e das súas profes. Patio grande: Neste trimestre xa podemos saír das nosas clases e experimentar novas sensacións en outro espazo moito máis grande como é o patio onde xogan os maiores. Cando se van os maiores e as profes abrimos a porta das clases todos saen sen ter que levalos ás costas, cada un como pode: gateando, arrastrándose.alí investigan un novo espazo e novos xoguetes como os coches grandes ós que se poden subir, as motos, entran na casiña e abren e pechan as fiestras, métense polo túnel,escápanse ó comedor dos maiores e ven que están facendo,miran á entrada a ver se os papás os veñen buscar Tomamos auga e galleta: Agora xa medramos moito e somos capaces de seguir unhas pequenas rutinas da escola e cando as profes din : hora da galleta! Xa todos coñecen o sitio onde sentarse e esperar sentadiños a que as repartamos,aínda que é un pouco complicado esperar quietos ata que todos rematen de comer a galleta e de beber auga, pero pouco a pouco ímolo conseguindo. 9

Botellas con auga de colores e cheas de legumes: Xa no trimestre pasado enchemos botellas con auga de colores e tamén con garavanzos, arroz,pasta, lentellas,fabas pero é neste trimestre cando máis xogan con elas, pois xa son máis grandiños e pódenas coller mellor e axitalas e ver como a auga se move ou como soan. Tamén fixemos con botellas cheas de distintas cousas, xoguetes de arrastre cos que tamén disfrutaron moito. Ademais das botellas tamén enchemos globos e escoitamos o son que emitían ó movelos e puideron xogar con eles, aínda que algún levouse un bo susto ó estouparlle nas mans. Alfombra de texturas : Ó longo do trimestre pasado as profes adicáronse a facer 2 alfombras de texturas que se confeccionaron con distintos materiais que trouxeron os pais. Fixémolas configurando distintos debuxos que recubrimos con distintos materiais con texturas distintas ( rugoso, peludo, áspero, suave ) e como neste mes de xaneiro xa imos medrando empezamos a utilizalas e deixamos que gateen por enriba delas e poidan tocar as distintas texturas. Aínda que lle gustou a experiencia moitos deles adicábanse a arrincar todo os materiais que se prestaban para iso como o porexpán, a lá, a espuma Día da Paz: Este curso toda a escola decidimos facer un arco da vella da seguinte forma : cada nen@ de cada clase fixo unha figura dunha determinada cor e xa que somos 8 clases en toda a escola, entre todos fixemos un bonito arco da vella. Na unidade dos bebés decidimos que as dúas clases fariamos a mesma figura, xa que en cada clase somos 8 nen@s e unha clase soa non daría completado unha cor, e todos xuntos ( 18 nen@s ) si seriamos suficientes. Nos decidimos facer a man de cada nen@ en cor laranxa. Así na entrada da escola empezamos pola nosa clase a facer a última franxa da cor laranxa e seguiron facendo as seguintes as clases de 1 a 2 e de 2 a 3 ata completar un bonito arco da vella de decorou a entrada a última semana do mes de Xaneiro. O día 30 de Xaneiro que é o Día da Paz tamén o festexamos na clase debuxando unha pomba de cor branco no chan da escola e xogando con globos decorados coa palabra 10

paz, amizade, amor, o símbolo da paz, pombas brancas Puxemos unha música alegre e todos os nen@s xogaron cos globos e viron a pomba debuxada no chan, que lle chamou moito a atención. FEBREIRO: Preparamos o entroido: Neste mes empezamos a preparar o disfraz para o entroido, aínda que neste curso coincide a primeiros de marzo, polo que temos todo este mes para ir facéndoo. Empezamos a mediados de mes a traballar nel, este curso decidimos ir toda a escola de distintas profesións e as nosas clases tocounos ir de cociñeiros/as. Quedáronnos moi bonitos : un gorro branco e unha casaca con botóns e cun bolsillo adornado cunha culler e un garfo e un pano ó pescozo. As profes tamén se disfrazaron de cociñeiras na festa de entroido que tivemos o venres pola tarde. Na clase tamén nos maquillamos e nos disfrazamos de moitas cousas: de Micky, de ratiña presumida, de paiaso, de tigre, de león, de mono a algúns custoulle estar quietos mentres as profes os maquillaban pero outros portáronse estupendamente e quedaron guapísimos. Coas fotos que sacamos maquillados e disfrazados decoramos a entrada da escola durante toda a semana do 28 que se celebrou a merenda, a que puideron asistir todas as familias dos nosos nen@s. Xa rematados os disfraces de cociñeiros /as o venres día 28 pola mañá levamos para a casa o noso disfraz. Fomos guapísimos, parecíamos pequenos mini chefs. Pola tarde foi a merendola que facemos tódolos anos e na que todos viñemos disfrazados, dende as profes que fomos disfrazadas das profesións das que foron os nen@s pola mañá, ata os papás, mamás, avós houbo moitos disfraces orixinais e disfrutamos degustando produtos típicos destas festas. Xogamos con caixas de cartón: Traemos á clase caixas de cartón grandes e deixamos que tomen contacto con elas : obsérvanas, tócanas, tiranas o chan, métense dentro delas, xogan a esconderse debaixo, facemos un tren con elas e en cada caixa vai un nen@, facemos túneles con elas, póñense enriba e aplastanas Pasárono xenial!!. Foi unha actividade moi sinxela na que empregamos material de refugallo e coa que se divertiron un montón. 11

Experiencias: Ó longo deste trimestre tamén fixemos distintas experiencias con diferentes alimentos como: Espaguetis crus e cocidos: primeiro deixámoslle tocalos crus para que experimentaran a tocalos o duros que estaban e tamén para que comprobaran como non dobraban e se partían en cachiños ó intentar dobralos. De seguido retiramos os que estaban crus e deixámoslle os que estaban xa cocidos, pasárono moi ben tocándoos e comprobando como se lle escorrian entre os dedos e algún que outro decidiuse a probar como sabían e gustoulle o seu sabor. Xelatina: preparamos unhas bandexas grandes con xelatina de fresa e o primeiro que fixemos foi deixalos que a tocaran por primeira vez dentro da bandexa para que comprobasen que blandiña era e como se fundía o dedo ó poñelo enriba dela. Despois sacámola da bandexa e esparcímola pola mesa para que experimentase cada un con unha pouca. Ó primeiro a case todos lle daba grima tocala porque ten unha textura distinta e estraña para eles, pero pouco a pouco xa se foron animando a espachurrala entre as mans e tamén a probar a que sabia. Aínda que houbo algún que outro que non quixo saber nada e case nin a quería tocar. Con todas estas experiencias disfrutaron moito, aínda que sempre hai algún que se resiste a tocar ou probar texturas descoñecidas para eles. MARZO: Coa chegada de marzo cambiamos a decoración das nosas clases e enchemos os nosos cristais de colorido con flores, bolboretas, abellas, sol pois comenza a primavera. Marzo é o mes adicado á música: Ó longo deste mes toda a escola dedicámolos a traballar o tema da música con distintas actividades segundo o grupo de idade. Adicamos cada semana deste mes a un estilo de música: A música clásica A música infantil. A música tradicional galega. A música pop. Cada semana segundo o estilo de música que estivésemos a traballar tiñamos actuacións en directo protagonizadas por papás e mamás, padriños, tios dos nosos nen@s que nos tocaron instrumentos como o saxo, a guitarra, o teclado, a gaita, a pandeireta, cantaron e bailaron. As nosas clases que son os máis pequerrechos portáronse fenomenal e estiveron moi atentos en todas as actuacións. Durante todo este mes nas nosas clases levamos a cabo as seguintes actividades: 12

Escoitamos pezas musicais do estilo escollido para cada semana. Identificamos e manipulamos os distintos instrumentos musicais que temos na clase. Trouxemos á clase instrumentos musicais que tocaron as profes e escoitamos os distintos sons que emitían. Aproveitamos os instrumentos que temos na clase para facer unha pequena orquestra e traballamos o silencio/son. Fabricamos unhas maracas con botes de iogur bebible. Decorámolas pintándoas cos dedos con témpera e ó rematar o mes da música levámolas para a casa Empregamos material de refugallo ( potas, caixas, botes do leite, paus ) para crear distintos sons. Facemos distintos ruídos con distintos tipos de papeis. celofán, de burbullas, de embalar, albal Escoitamos o son que emite cada instrumento e aqueles que emite o noso propio corpo. Participamos na elaboración dun mural no que fixemos unha bailarina que representaba á música clásica e que fixemos empregando as distintas técnicas plásticas, sempre dentro das nosas posibilidades. Día do pai: Disfrutamos coas distintas actuacións que nos ofreceron as familias. Cantamos cancións. Este ano é o primeiro en que cada nen@ fai un agasallo para felicitar ó seu papá neste gran día. Decidimos facer un reloxo de parede sobre unha base de paspartú de colores de forma redonda. Estampamos as mans de cada neno para marcar as horas ( 12, 3, 6, 9 ) e seguimos marcando o resto das horas con raíñas feitas co dedo con témpera de colores. No centro do reloxo puxemos unha foto do neno nunha pose simpática. A verdade e que nos quedou moi bonito e a todos os papás lle gustou moito e fíxolles moita ilusión o primeiro agasallo do seu fill@. Xogamos ás agachadas: Neste trimestre que os nosos nen@s xa son máis grandiños e algúns xa andan e disfrutaron moito xogando ás agachadas nun moble no que as profes colocaron unha cortina de cores chamativos e que lles serve para agocharse detrás dela. Uns agáchanse detrás da cortina e os outros miran mentres tiran dela moitas veces escachan coa risa. Da gusto ver que ben o pasan!. TERCEIRO TRIMESTRE: ABRIL: Reutilizamos as alfombras de texturas: Xa neste trimestre que temos case todos o ano cumprido e xa estamos andando ou 13

case, reutilizamos as alfombras das texturas para que puidesen camiñar descalzos por enriba delas e experimentar así as distintas texturas, pero no tacto dos pés e observamos que camiñar descalzos por enriba de certos materiais como a lixa, o arroz, a cartolina rugosa non lle era nada agradable e rexeitábano. Sen embargo á hora de tocar non lle poñían ningún impedimento. Día do libro: Uns días antes de que se celebrase o Día do Libro pedímoslle as familias que nos trouxeran á clase cada nen@ un conto para poder compartilo con todos e ó longo desa semana ir véndoos todos xuntos. O venres 25 xuntámonos toda a escola no patio e cada clase montou un posto con todos os libros que trouxeran os nen@s desa clase e así puidemos compartir todos os libros. As nosas clases estivemos sentadiños nunha alfombra ollando todos os contos, foi moi divertido aínda que pronto nos cansamos e quixemos irnos para a clase. Celebramos a chegada da Primavera: Xa ó longo do mes pasado coa entrada desta estación cambiamos a decoración das nosas clases e enchémolas de colorido, pero tamén quixemos celebrala traendo ás clases moitas flores de distintos tipos, colores, olores sentadiños no chan tirámolas no chan para que puidesen tocalas, ulilas, experimentar con elas arrincámoslle os pétalos e fixemos unha chuvia chea de colores e olores Foi unha experiencia chea de color e olor. Ó rematar aquelas que non se estragaron deixámolas na clase dentro dunha botella con auga adornando e enchendo a clase de olor a primavera. Xogamos a introducir tapas en ranuras feitas en caixas: Agora que xa imos máis grandiños introducimos un xoguete feito por nós para estimular a coordinación ollo-man. Collemos unhas caixas con tapa e fixémoslles ranuras na tapa para que puidesen ir metendo por elas tapas de botes. Ó primeiro a algúns custáballe un pouco atinar e meter a tapa polo burato, pero a medida que íamos repetindo o xogo e practicábamos, xa todos lle collían o tranquilo e xa lles saia ben. Foi un xogo moi divertido que fixemos con material de refugallo. MAIO: Experiencias con pan raiado, sal e azucre: Trouxemos á clase tres pratos con pan raiado, sal e azucre e puxémolos nunha mesa ó seu alcance para que puidesen primeiro ir tocando e experimentar as súas texturas, despois xa se foron animando a ir probando o seu sabor. Mollaban o dedo e ían levándoo á boca o que lle permitía ir distinguindo a diferenza entre o sabor doce e salgado. A case todos o sal lle resultou desagradable e poñían unas caras., pero tanto o 14

azucre como o pan raiado resultáronlle agradables de sabor. Estimulamos o sentido do olfacto e do gusto: Agora que xa os nosos nen@s son máis grandiños decidimos que podíamos estimular o sentido do olfacto e presentámoslle un bote con alcohol, outro con vinagre, outro con colonia e tamén unas bolsiñas con infusións de manzanilla, menta-poleo e té. Intentamos que ulisen os distintos botes con olores característicos e bastante marcados, pero case todos rexeitaron da experiencia e apenas se acercaban a ulir. Resultáballe estraño e desagradable. Sen embargo decidimos facer as infusións e case todos as uliron e xogaron coa culler dentro do vaso e tamén se decidiron a probalas. Xornadas de portas abertas: Ó longo de todo o mes de maio abrimos as portas das nosas aulas a todos os pais para que compartisen con nós un pouco do seu tempo e viñesen a facer una pequena actividade e disfrutasen na escola co seu fillo e cos seus compañeiros. Este curso a verdade e que se animaron moi poucos e so viñeron 4 pais: os país de Mariña, a nai de Julia, a nai de Fabian e os país de Xavi. Os país de Mariña trouxeron á clase as pompas de xabón, entre eles e tamén coa nosa axuda enchemos a clase de pompas e os nenos pasárono pipa,encantoulles a experiencia e disfrutaron moitísimo. Tamén se atreveron a facer una experiencia con chocolate e en dous recipientes botaron dous botes de chocolate líquido e deixaron que experimentasen libremente, empezaron tocándoo con un pouco de medo, pero a medida que un se ía atrevendo a meter as mans e ir probando, os demais xa se foron animando. Disfrutaron moitísimo e so había que verlles a cara chea de chocolate para darse conta de que o sabor descoñecido para eles do chocolate lles encantaba. Foi moi divertido!. A nai de Julia trouxo á clase moitos globos e entre todas inflámolos e debuxoulles cariñas para que logo xogasen con eles. A todos lles gustou moito xogar cos globos, agás cando rompían que algún que outro se asustaba e choraba. Os país de Xabi trouxeron un montón de caixas de distintos tamaños, colores e formas. Primeiro xogaron a facer torres e derribalas e pasárono moi ben. Despois esconderon diferentes cousas dentro delas e tiñan que abrilas para descubrir o que había dentro. Tamén trouxeron un tren cunha via que facía un percorrido circular, que lle chamou moito a atención. Foi una actividade divertida e coa que o 15

pasaron moi ben. A nai de Fabián trouxo un libro e un xoguete musical do seu fillo para compartir cos compañeiros da clase. Quincena da arte : A segunda quincena do mes de maio adicámola na escola á traballar de forma máis específica a arte. En anos anteriores escollíamos un autor e traballábamos sobre a súa obra, pero este curso decidimos non tratar ningún autor en concreto e adicarnos a traballar distintas técnicas plásticas en distintos soportes. As actividades que nos plantexamos para os nosos nenos e tendo en conta que aínda son moi pequenos foron as seguintes: Experimentamos coa pintura : tocámola e mollamos os dedos e as mans e pintamos nun papel. Traballamos as distintas texturas: suave, duro, áspero, rugoso con materiais que temos nas nosas clases. Empezamos a traballar os primeiros garabatos. Dámoslle ceras de colores e deixámoslles que pinten libremente nun papel que poñemos no chan. Descalzámonos e pintamos os pés con témpera de distintas cores e camiñamos sobre un papel de gran tamaño que poñemos no chan. Seguimos traballando as texturas e mesturamos area con pintura e cola e estendémola nunha cartolina. Faremos así un cadro moi colorido e con releve. Empregámolo cartón como soporte para facer un collage mesturando arroz, lentellas, fideos con pintura e cola. Collemos a mestura e estendémola no cartón. Pintamos co noso corpo: espimos ós nenos, deixándoos só cos cueiros e poñemos no chan un cartón grande. Un vez colocados enriba del botamos témpera de distintas cores e deixamos que pinten coas partes do corpo que eles queiran. Poden pintarse a eles mesmos ou no papel. Decidimos entre todas que ó rematar cada semana expoñeríamos na entrada os traballos que nos quedaran máis bonitos para que os pais poidesen velos. Nós a primeira semana expuxemos os camiños feitos cos pés, cun poema moi bonito que o ilustraba: Andando polos camiños vou deixando unha estela para que o que veña detrás se pare a xogar con ela. 16

Pasando polos camiños sempre deixo a miña pegada para que o que veña detrás a vexa e non se perda. A segunda semana expuxemos as cartolinas nas que traballamos as texturas, feitas con area e pintura e os cartóns nos que traballamos o volume, feitos con pintura e lentellas,fideos e tamén puxemos un cacho de cartón como resultado de pintar co corpo coas fotos dos nenos embadurnados de pintura. Aínda que todos os traballos gustaron moito, causou sensación as fotos que fixemos pintando co corpo. Eran divertidísimas!! Xogamos apilables, pezas e ladrillos: Agora que xa os nosos nenos van mais grandiños xa poden xogar con certos xoguetes que lles permitan controlar os movementos das mans e facer movementos máis precisos a nivel de coordinar ollo-man. Trouxemos á clase pezas de construción e ladrillos coas que puideron facer torres a base de ir encaixando as súas pezas, para logo poder tiralas e empezar de novo. Tamén encaixables que tiñan que ir metendo unhas pezas dentro de outras ata conseguir que non quedase ningunha ou outros que eran de apiñar as pezas unhas enriba de outras ata conseguir facer torres. Disfrutaron moito con estes xogos e conseguiron ir practicando a coordinación a nivel motor. XUÑO: Experiencias: Ó longo deste mes fixemos unha serie de experiencias que programamos tendo en conta o bo tempo que xa temos nestes meses de verán. Foron as seguintes: Con area: Saímos ó patio de fóra ó areeiro aproveitando un día de sol. Descalzámonos e andivemos pola area, notando a sensación nos pés descalzos o contacto coa textura da area fria. A algúns non lle gustou moito esa sensación, pois era algo novo para eles e quixeron sentarse. Despois tocárona, botárona por enriba uns dos outros, collina en puñados e tirábana, deixábana resbalar entre os dedos.para rematar a experiencia deixámoslle caldeiros e palas para xogar con ela. Pasárono moi ben e disfrutaron dunha experiencia ó aire libre que despois poderán volver a repetir na praia. Con auga: Aproveitamos un día que fixo moito calor para facer esta experiencia no patio de fóra. Espímonos deixando solo o cueiro posto e saímos a xogar a fóra na mesa de auga. Empezaron timidamente a xogar coa auga tocándoa, somerxendo as mans pero logo entraron na experiencia e disfrutaron xogando con cacharriños que enchían e baleiraban, collían a 17

auga e tirábana pola súa cabeza e pola dos demais, chapugaban e mollábanse uns ós outros Despois botámoslle xabón na auga para que fixese escuma e puidesen seguir xogando. Tamén sacamos os botes para facer pompas e xogamos con elas e puideron observar como caian enriba da auga con xabón e tamén as estoupaban. Pasárono xenial!! Ata tal punto que moitos non se querían vestir e entrar de novo para a clase. Con cubiños de xeo e xeados: Decidimos facer esta experiencia agora a finais de curso aproveitando a estación na que nos atopamos e tendo en conta os alimentos que solemos tomar nela. Primeiro experimentamos co xeo, trouxemos á clase cubiños de xeo e deixamos que os tocasen e percibisen a sensación de frio que se experimenta. Xogaron con eles tocáronos, percibiron como se ían derretendo e se enchía a mesa de auga, collíanos e resbalábanlle entre as mans Despois fixemos xeados, trouxemos á clase laranxas, fresas, zumes de distintas froitas e mesturámolo con auga e botámolos nuns moldes para facer xeados. Levámolos ó conxelador que temos na cociña para ó día seguinte poder probalos. Ó día seguinte desmoldamos os xeados e cada neno colleu un para probalo a experiencia foi un éxito e a todos lles gustaron os distintos sabores dos xeados. Seguro que este verán repiten a experiencia cos seus papás!!. Foto cos amiguiños: Para rematar o curso sacamos unha foto todos xuntos, nen@s e profes, aproveitamos o bo tempo e saímos ó patio de fóra a sacar a foto debaixo da pérgola, para ter un recordo do noso primeiro ano na escola. Puxémola no libro O meu primeiro ano na escola para compartila con todos os papás. Patio de fóra: Coa chegada do bo tempo saímos ó patio de fóra a xogar ó aire libre e ó soliño: xogamos no areeiro cos caldeiros e as palas,no tobogán pequeno, no túnel, sentámonos na herba á sombriña a escoitar un conto, vemos como pasan os coches pola rúa, pasámolo moi ben xogando ó aire libre!!. 18

Libro do primeiro ano: Neste mes xa rematamos o libro estampando o pe e a man, facendo os nosos primeiros garabatos e colocando a foto de tod@s amiguiños e profes que estivemos xuntos este curso.. Así que unha vez rematado xa cada nen@ o puido levar para a casa. O Cacho: Uns días antes do San Xoán pedímoslles ós papás que trouxeran certas plantas e herbas aromáticas para deixalas metidas nun barreño con auga fóra ó orballo na noite de San Xoán e ó día seguinte lavala cara e ter moita sorte durante todo o ano. Tamén trouxeron auga de distintas fontes segundo manda a tradición. Despois de lavala cara e mailas mans tod@s, cada un levou para a súa casa un tarro de cristal,que decorou previamente pintándoo cos dedos con pintura especial para o cristal,e que contiña a auga. Ademais de todas as actividades mencionadas realizamos outras que estiveron recollidas nas programacións trimestrais e que nos axudaron ó desenvolvemento das distintas capacidades. CONCLUSIÓNS: Nas clases de 0 a 1 é nas que se evidencia con máis claridade os cambios que se van producindo ó longo do curso nos seus nen@s, xa que cando empezan en setembro veñen sendo uns bebés moi fráxiles que apenas saben facer nada sós e que dependen de nós en todo momento e agora que xa chegan as vacacións de verán xa temos a nen@s que están entre os 14 e 18 meses que se moven por toda a escola, comprenden o que lles din as profes, saben saudar, despedirse, dar bicos, imitan moitos xestos, comen sen problemas toda a comida, incluso algún xa come de garfo, case todos dormen nos seus berces soiños, na hora da galleta xa se sentan eles sós no recuncho destinado, xa din algunha palabra Intentamos traballar marcándonos uns obxectivos que intentamos acadar levando a cabo moitas actividades acompañadas con grandes doses de tenrura, afecto e paciencia, moitos destes obxectivos logramos acadalos e outros aínda están en proceso. Despois de rematar o curso e botando a vista atrás podemos dicir que estamos contentas cos logros acadados e así poder continuar o noso traballo cos mesmos nen@s para o ano que ven en 1 a 2,o que nos facilitará a todos o día a día, pois xa nos coñecemos e o reencontro en setembro será menos duro para todos. Xa non nos queda máis que agradecer aos papás que colaboraron en todo o que lle pedimos e que depositaron a súa confianza en nós para atender aos seus fillos. 19

CLASES 1-2 ANOS INTRODUCCIÓN Empezamos no mes de setembro con 43 nen@s divididos en tres clases: Clase A: Son 12 nen@s. Teñen idades comprendidas entre os 9 e 13 meses. Clase B: 15 nen@s con idades comprendidas entre os 12 e 20 meses. Algúns veñen de xornada de maná, outros de tarde e outros todo día. Clase C: Son 15 ne@s con idades comprendidas entre os 13 e 20 meses. Igual que no grupo anterior algúns asisten de mañá outros de tarde e outros todo o día. Ó longo do curso deuse de baixa un neno e incorporouse outro. Dado o momento evolutivo no que se encontran e a diferencia de idade que hai entre eles, adaptamos en cada clase a programación ás características individuais. Na clase A están os máis pequeniños. Seguimos estes primeiros meses a programación que tiñamos en 0-1. Xa estamos rematando o curso e imos describir aquelas actividades máis relevantes que realizamos nas nosas clases. ACTIVIDADES NA CLASE DE 1-2 SETEMBRO Este mes dedicámolo ó PERÍODO DE ADAPTACIÓN. Moitos dos nen@s xa estiveron con nós na clase de 0-1 e polo tanto a incorporación é máis doada. É verdade que cambiamos de espazo e ademais temos amiguiños novos pero as profes son as mesmas e xa temos asimilado unha serie de rutinas. Para os amiguiños que empezan é un cambio importante, dado que é o primeiro contacto que teñen ca escola. Podemos dicir que se adaptaron con facilidade. Os nen@s que veñen por primeira vez, incorpóranse de maneira paulatina, permanecendo a primeira semana unha hora, a segunda semana, dúas horas e empezan no comedor na segunda quincena. Os ne@s que xa estiveron con nós o curso pasado fan o seu horario normal. Estes primeiros días realizamos actividades encamiñadas a coñecernos, familiarizarnos co espazo, cos materiais, ser capaces de ir o comedor e logo volver a clase, pasamos de durmir no berce a durmir nas camiñas, xogamos nun patio diferente etc. Tivemos moito xogo libre cos coches, cacharriños, animais, construcións, pelotas, contamos contiños, escoitamos música, bailamos, fomos coñecer as dependencias da escola e saudar as outras profes e amiguiños etc. Cando rematou o mes xa estabamos todos adaptados salvo algún caso que de vez en cando lle acordaba mamá ou papá e choraba un pouco. Tamén no comedor tivemos algún nen@ que lle custou acostumarse a comida pero pouco a pouco fomos superando estes obstáculos. Fixemos un traballiño para levar a casa de recordo estampando os dediños nunha tarxeta 20

co logotipo da escola. PRIMEIRO TRIMESTRE.OUTUBRO Durante este mes traballamos o tema de PACA ESTÁ CON NÓS NA ESCOLA e tamén un pequeno proxecto que titulamos DESCUBRO A MIÑA CARA. Presentamos a nosa mascota que nos acompaña durante este curso. Chámase PACA. É unha vaca a manchas que xoga e participa nas actividades. Facemos un mural de asistencia onde colocamos a nosa foto. Isto resulta complicado porque aínda que somos capaces de recoñecernos non funcionou a actividade. Pintamos con ceras nun papel moi grande posto no chan, pero algúns amiguiños meten as ceras na boca. Saímos moito o patio a xogar cos coches, motos, no escorredoiro, pasar polo túnel, etc. Xogamos os bolos, cas pelotas, fixemos ximnasia, contamos contiños, escoitamos música, cantamos e bailamos. Entramos e saímos das caixas de cartón, escondémonos nelas. Enchémolas de pelotas, logo caen do alto e temos que recollelas de novo Para descubrir as partes da nosa cara conversamos sobre o que temos nela, comparamos con fotos, cos bonecos, facemos exercicios abrindo a boca, pechándoa, sacando a lingua, pechando os ollos, imitamos xestos, ulimos diferentes cousas, apertamos a nariz e intentamos falar, limpamos os mocos, miramos a través de gafas de sol, con papel de celofán de cores, xogamos co son e co silencio, facemos sons cas partes do corpo, escoitamos música, falamos baixiño Investigamos cas uvas.colgámolas no tendal a altura dos nen@s. Fixemos a vendima colléndoas, meténdoas nos caldeiros, nas carretillas. Logo levámolas a mesa manipulámolas, esmagamos, Traemos uvas das compradas e probamos. Sentadiños nas mesas colocamos os pratos e cortamos uvas a metade e comemos. Pasámolas polo pasapuré, facemos zume e probamos. Non todos se atreven porque moitos aínda comen de batedor e non saben mastigar. Investigamos co millo. Traemos espigas, sacámoslle o follato, tocan, debullamos e metemos os grans en botes. Escoitamos como soan, enchemos, baleiramos. Xogamos cos bonecos, buscamos as partes da cara. Temos a boneca Pupé e colocámoslle con velcro as diferentes partes. É complicado. Pedímoslle as familias un bulbo de xacinto e plantámolo nunha maceta. Logo coidámolo e observámolo ata que florece e o levamos a casa. Contamos contiños relacionados cos temas que estamos tratando: Os bolechas e a festa dos calacús, outro de monstros Xogamos con cabazas, baleirámolas, manipulamos a polpa, as sementes e preparámolas para o Samain. Os nen@s trouxeron da casa unha cabaza decorada. 21

Celebramos o Samain todos no patio expoñendo todas as cabazas con candeas e as profes disfrazadas de bruxas. Logo bailamos o baile da Brujita Tapita. NOVEMBRO Estamos en pleno outono e tratamos de percibilo nas nosas clases. RECOLLEMOS FOLLAS CON PACA e seguimos facendo proxectos sobre o noso corpo dándonos conta que temos MANS E PÉS. Facemos a manualidade de outono estampando cos dediños nunha seta. Quedounos preciosa. Pintamos con rodillos en papel continuo para facer unha árbore entre toda a escola, que colocamos na entrada da escola. Tamén estampamos as nosas mans. Saímos o patio e facemos psicomotricidade no túnel, nos acolchados, cos arcos, cos coches Facemos un día á semana xogo heurístico manipulado tubos de plástico, cartón, cachos de mangueira, botellas, envases diversos, cd, bobinas, chapas, pinzas, cachos de corda, tapas, teas, cadeas Traemos a clase moitos froitos de outono: castañas, noces, ourizos, granadas, cabazas, kiwis, mandarinas, cogomelos manipulamos, ulimos e probamos. Facemos unha receita para o magosto: Clase A: Biscoito de chocolate e noces. Clase B: Brochetas de froitas. Clase C: Galletas príncipe decoradas simulando arañas. Xuntámonos no patio grande e compartimos co resto de amiguiños da escola as lambetadas que fixemos ca axuda das profes e celebramos o magosto. Saímos o patio a recoller follas e observar o entorno. Logo xogamos con elas dentro, percibindo ulidos, cores, sons, texturas Facemos unha receita de magdalenas. Investigamos cos ingredientes. Contamos contiños no teatriño: Os tres porquiños. Xogamos con papeis de periódico colgados do tendal. Démonos masaxes polo lombo. Estivemos moi quietiños. Algúns tiñan moitas cóxegas. Pintamos unha castaña cas nosas manciñas. Empezamos a traballar no Libro de Paca. Cada nen@ levará a casa o remate do curso un libro onde recollemos algunhas das actividades que fixemos. Experimentamos ca fariña e amasamos. Falamos das nosas mans e de todo o que podemos facer con elas: aplaudir, sinalar, acariñar, apertar, saudar, abrir, pechar, amasar 22

Xogamos a lavar as mans con auga morna e fría e logo secámolas. Conversamos dos nosos pés, descalzámonos, estampamos con pintura, logo lavámolos en auga quentiña e secámolos. Celebramos os aniversarios cada xoves dos nen@s que corresponda. Facemos unha coroa ca cara de Paca. Pintamos de verde e estampamos os peíños simulando as patiñas, na herba. Logo sacamos unha foto cos amiguiños soprando a candea que colocamos no biscoito. Esta foto poñémola na coroa e lévana para a casa. DECEMBRO Este é o mes do Nadal e nós preparamos as nosas clases co moito colorido. Por iso dicimos que TODO BRILLA NO NADAL. Tamén é un mes de moitas reunións familiares e traballamos o proxecto de QUE COMEMOS. Decoramos as nosas clases con motivos especiais. Conversamos sobre os acontecementos que se celebran nestas datas no noso contorno. Miramos fotos, murais, contamos contiños, falamos de Papá Noel, dos regalos, do nacemento, cantamos panxoliñas, manipulamos instrumentos, campás, pandeiretas Xogamos con papeis de diferentes tipos sobre todo cos que brillan. Pintamos en papel grande para facer a árbore e botámoslle purpurina. Entre todos conseguimos unha fermosa Árbore de Nadal. Facemos unha carta para darlle os Paxes e poñémoslle gomets. Veñen a buscala e estamos moi sorprendidos. Pintamos bolas para as portadas dos traballos. Saímos a fora un día que chovía a percibir a chuvia. Levamos paraugas e pasámolo pipa. Abrímolos e pechámolos. Tamén xogamos con eles dentro. Conversamos sobre as comidas, o que máis nos gusta, mostramos fotos de alimentos e útiles que usamos para comer, a importancia de comer ben para medrar moito, fortes e sans, Probamos doces do Nadal. Manipulamos laranxas, limóns, pomelos, mandarinas. Facemos pompas de xabón. Facemos un traballiño para levar a casa. É unha tarxeta de Papá Noel. Facemos xogo simbólico cos cacharriños, comidiñas, bonecos. SEGUNDO TRIMESTRE.XANEIRO Empezamos o segundo trimestre cargados de ilusión pola chegada dos Reis Magos. Nas nosas clases queremos compartir xoguetes e xogos con Paca. Dicimos entón que DIVERTÍMONOS XOGANDO. Ademais deste proxecto imos falar de que ESTAMOS NO INVERNO E PACA NON TEN FRÍO. A volta do Nadal recollemos os adornos e colocamos as clases con motivos de inverno. Conversamos sobre este tema, miramos fotos, paisaxes, revistas Conversamos sobre os xoguetes que deixaron os reis e tamén os que temos nas clases. Dicimos o importante que é compartilos e coidalos. Manipulamos catálogos. Logo axudamos a recoller. 23

Facemos bolas como si fosen de neve e colgámolas pola clase. Facemos colacao a hora da galleta. Observamos como o leite cambia de cor. Remexemos e tomámolo. Os nen@s traen da casa gorros, bufandas, luvas e xogamos. Tratamos de recoñecer os de cada un. Observamos como está o tempo, si fai frío, chove, venta. Paca non ten frío porque ten unha pel moi gorda que lle fai de roupiña. Nós levamos roupa de abrigo. Estamos moito na casa porque fai frío e chove. As veces non podemos ir de paseo. Diferenciamos frío e quente. Manipulamos botellas de auga fría e quente. Andamos descalzos polo chan e tamén sobre diferentes superficies para distinguir a temperatura, por exemplo o chan estaba quente e a toalla mollada, fría.. Empezamos a levar a casa a Paca e pedímoslle as familias que cubran unha folla poñendo unha foto sobre a experiencia. Logo incorporámola ó Libro de Paca. Presentamos a cor vermella e buscamos cousiñas desta cor. Pintamos unhas manoplas desta cor con esponxas. Experimentamos con arroz cru e cocido para percibir as diferentes texturas. Xogamos na clase cas cousiñas que temos na caixa das texturas. Xogamos a esconder algún xoguete e logo atopalo. Imos a fora a observar como medran os xacintos. Non precisan que os reguemos porque chove todos os días. Facemos un traballiño para o Mural do Día da Paz. Logo entre todos facemos un arco da vella e colocámolo na entrada da escola. Na clase A pintan estrelas amarelas. Na clase B un corazón vermello e na C unhas pombas brancas.. Celebramos o Dia da Paz conversando sobre o importante que é ser amigos, compartir, axudarnos e querernos moito. FEBREIRO Aínda que o Entroido se celebra a primeiros de marzo prepararemos este acontecemento durante este mes de febreiro. PACA PREPARA CON NÓS O ENTROIDO e aproveitamos para xogar cos disfraces, maquillarnos e POÑÉMONOS GUAPOS. Presentamos o tema e ambientamos as nosas clases servíndonos, como de costume dos contos, catálogos, murais etc. Conversamos sobre o guapos que estamos cando estamos limpos, peiteados, ca roupa ven colocada. Poñemos colonia e mirámonos no espello. Disfrazámonos cas roupiñas, bolsos e accesorios que temos na escola e cos disfraces. As profes axúdannos a preparar pintura e maquillarnos. Facemos unha careta de Paca con pratos de cartón. Traballamos moito nos nosos disfraces. Utilizamos diferentes técnicas para confeccionalo. Centrámonos no tema das profesións: Clase A: disfrace de pintores. 24

Clase B: disfrace de perruqueir@s. Clase C: disfrace de policías. Debuxamos un anteface e decorámolo. Facemos psicomotricidade movendo o noso corpo polo espazo imitando pantasmas, xogamos cos aros dentro e fora, dos grandes e dos pequenos, saltamos nas espumas, pasamos polo túnel, facemos diferentes circuítos intentando salvar obstáculos... Facemos exercicios bucolinguais e mirámonos no espello. Escoitamos cancións e bailamos: Pimpón, Que fermoso pelo, Póñome guapo As profes debuxan un peite nun folio e unha toalla noutro e logo decorámolos. Estampamos con esponxas e logo lavamos as mans para estar limpos. O longo dunha semana todos os nen@ e profes viñemos da casa con un elemento característico. Foi moi divertido. Luns: cara pintada. Martes: gafas. Mércores: garabata. Xoves: sombreiro. Venres: levamos o disfrace que fixemos na escola para casa despois de poñelo na clase e sacar moitas fotos. Intentamos traballar ca plasti vermella. Non é doado, pois está moi dura. Dedicámonos a beliscala. Os primeiros días de marzo invitamos as familias a pasar a tarde de Entroido con nós na escola. Viñeron moitos disfrazados e compartimos unhas lambetadas propias destas datas. Ás profes foron disfrazadas do tema que se traballou na clase: Pintoras, perruqueiras e policías. Levamos a casa a maceta co xacinto florido e fermoso. MARZO Durante este mes falaremos dos animais e divertirémonos ca música. Titulamos o tema PACA TEN MOITOS AMIGOS e o proxecto DIVERTÍMONOS CA MÚSICA. Conversamos co Paca e preguntámoslle como se chaman os seus amigos da granxa, que comen, como falan, como se moven, como é a súa pel, que nos proporcionan, Facemos psicomotricidade imitando como se moven e como é a onomatopea dos animais. Miramos fotos, contamos contos, xogamos cos que temos na clase, imos ver un vídeo, falamos da súa mamá e o seu papá. Propoñemos as familias que nos traian algunha mascota para que os nen@s observen. Trouxo Roi unhas tartarugas. É un neno que ven só pola tarde. Querían todos tocalas. Presentamos a cor amarela, buscamos cousiñas desta cor pola clase, facemos auga desta cor mesturando témpera. Debuxamos un plátano e pintámolo de amarelo. Preparamos un agasallo para felicitar os papás o Dia do Pai. Pedímoslle as 25

mamás unha funda dun coxín e nós na clase decorámola. Poñémoslle fixador para teas e logo con pintura estámpamos as mans de varias cores. Envolvémolo en papel celofán simulando un caramelo. Celebramos o mes da música. Invitamos as familias a visitarnos e cantarnos ou tocar algún instrumento. Fixeron actuacións moi entretidas pasámolo pipa. Cada semana dedicámonos a traballar un estilo de música: galega, clásica, infantil, pop. Nas clases tocounos traballar a música POP. Realizamos en cada clase un instrumento sinxelo: maracas e pau de chuvia. Logo lévano para a casa. Miramos fotos de instrumentos, escoitamos sons, cantamos, escoitamos cancións de diferentes estilos e bailamos. Facemos un mural entre todos os amiguiños de 1-2. É un neno vestido de rockero. Pintamos, pegamos papeliños, las Xogamos con arroz, paus pequenos, palillos para desenvolver a pinza dixital. Decoramos unhas bolboretas para as portadas dos traballos. Facemos unha ficha dunha guitarra e outra dun tambor. e TERCEIRO TRIMESTRE.ABRIL Chegou a primavera e imos falar deste tema: A PACA GÚSTANLLE AS FLORES e ademais neste mes imos observar COMO CHOVE! Ambientamos a clase e conversamos sobre o tema tratando de mostrar fotos, murais, cancións, contos, libros, vídeos que nos ofrecen características propias desta estación. Seguimos conversando con Paca, traballando no seu libro, poñendo moitas fotos. Saímos o patio de fora e observamos o tempo que fai. Este ano podemos contemplar moitos días chuviosos. Falamos das roupiñas que poñemos cando chove. Tamén do que come Paca (herba, flores, palla) e do verde e florido que empeza a estar o campo. Mostramos fotos dos paxariños, bolboretas e outros animaliños pequenos que se poden ver na primavera. Facemos rosquillas de limón e tamén masa de pan. Debuxamos e decoramos con diferentes técnicas, moitas flores e logo colgámolas na clase. Decoramos unha nube, o sol e unhas pingas de auga. Facemos psicomotricidade imitando o sol, a chuvia, o vento que chaman a casa da semilliña e a invitan a saír, movementos das plantas, somos bolboretas e movemos as ás, imos de flor en flor, somos paxariños e dicimos pío pío, imos o patio da escola e comemos mingallas de pan que nos tiran os nen@s Escoitamos poesías e cantamos cancións da primavera. Traemos a clase vermes de seda, observamos como se vai producindo o 26

MAIO proceso de transformación ata que se converten en bolboretas. Imos o xardín da escola a buscar as folliñas da moreira para alimentalos. Traemos moitas flores a clase e tocámolas, ulímolas, sacámoslle os pétalos, dicimos o seu nome, a cor, poñemos algunhas en auga Saímos o patio e plantamos cabazas e framboesas. Traballamos no regaliño para o Día da Nai. É un lenzo onde deixamos as pegadas das mans a modo de flores e os pés son as follas do tallo. Pedimos as familias o longo da semana traian un conto a escola, contámosllo os nen@s e logo o Día do Libro xuntámonos no patio e compartímolos todos. Celebramos unha gran feira. Facemos a excursión o Pazo da Peregrina corremos, agachámonos entre as plantas, observamos as flores, escoitamos os paxariños, imos e vimos no autobús ( isto é interesantísimo), tomamos algo sentadiños no Pazo, Pasámolo pipa. Escoitamos sons da natureza e logo tratamos de identificar: chuvia, vento, tormenta Facemos un mural da primavera con moito colorido. Participamos con diferentes técnicas. Neste mes invitamos as familias a que nos visiten e xoguen con nós un ratiño. Estamos contentos de que papá e mamá entren as nosas clases xa que sempre quedan na porta de entrada. Por iso dicimos, QUE BEN TEMOS VISITA. Aprendemos a facer moitas cousiñas e nas nosas clases experimentamos moito cos materiais. Este mes PACA AXÚDANOS A SER ARTISTAS e fixemos verdadeiras obras de arte. Dedicamos a segunda quincena do mes a facer traballiños utilizando diferentes técnicas plásticas que logo expoñemos na entrada da escola. Levamos a casa o agasallo que fixemos para mamá e felicitámola o Día da Nai. Pedímoslle fotos as familias para coñecernos todos, colocámolas na clase e os nen@s ían ver e conversar sobre os seus pais, nais e irmáns. Invitámolos a que nos visiten e compartan con nós xogos e actividades. Viñeron as clases varias familias a contarnos contos e facer actividades moi entretidas. Como sucede algo que non é habitual estiveron todos moi atentos e entusiasmados. Esta é unha actividade que resulta atractiva e moi gratificante. Como sinal de agradecemento regalamos as familias unha tarxeta ca foto da actividade. Observamos como medran as plantiñas do noso horto. Fixemos moitas actividades para a Quincena da Arte. Este ano decidimos utilizar diversas técnicas: Clase A : - Facemos un mural nunha cartolina pintando de diferentes cores ca técnica 27

de salpicado. -Decoramos 3 globos: Inflamos os globos. Pegámoslle moitos papeis con cola branca para que queden ríxidos e logo decorámolos de diferentes maneiras. Nun pegamos algodóns e plumas, noutro confeti e noutro pétalos de flores. -Noutra cartolina pegamos pasta de espirais, fideos, fabas, estreliñas conseguindo varias texturas de cor amarelo. Tamén mesturamos pintura con arroz. Clase B: - Fixémoslle unha pequena homenaxe a Paul Klee. Miramos fotos da súa obra e logo fixemos una escultura con caixas de cartón grandes e pequenas e logo decorámolas pintando, pegando papeliños, tapóns, teas -Inflamos globos, pegámoslle moitos papeis con cola branca e logo pintamos de azul e pegamos papeis pequenos, noutro pintamos de verde e logo pegamos flores e no terceiro pintamos con azafrán e pemento. Clase C: -Despois de preparar os globos coma as outras clases pegamos papeis de celofán, noutro botóns de diferentes tamaños e cores e noutro espaguetes. - Decoramos unhas tellas pintando e estampando con ramas de tullas e de pino. -Fixemos un mural pintando con carozos. XUÑO Xa estamos rematando o curso e estamos moi cansos. Xa non temos tanto interese polas actividades. PACA TEN CALOR. CHEGA O VERÁN e PREPARAMOS AS VACACIÓNS. Conversamos, miramos murais, libros, fotos de paisaxes do verán e de actividades que se poden facer o aire libre, tamén das roupiñas que poñemos cando vai calor, da praia, da piscina, dos medios de transporte que nos levan de vacacións Facemos un mural do verán pintando o ceo de azul, pegámoslle papeis de celofán ó sol, pintamos de azul e branco o mar, debuxámoslle as ondas, as gaivotas, pintamos nun folio azul e logo as profes fan barcos de papel e pegámolos no mural, traemos area a clase xogamos con ela e despois pegámola no mural facendo a praia Quedounos precioso. Saímos o patio a xogar descalzos na area. Outro día saímos a xogar ca auga. Temos auga morniña, facemos escuma, botamos dentro cacharriños, embudes, esponxas Isto é divertidísimo. Acabamos todos mollados incluso PACA. Falamos do día e da noite, da lúa e do sol e tamén do que facemos neses 28

momentos. Pintamos uns pratos de cartón de cor amarelo e colocámoslle unhas pinzas para simular un sol. A algúns nen@s cústalle manipular as pinzas pero resulta entretido. Traballamos ca cor azul. Facemos auga azul, buscamos cousiñas desta cor, manipulamos plasti, pegamos gomets, pintamos con esponxas nun folio, con ceras noutro. Pedímoslle as familias as herbiñas de San Xoán e celebramos o CACHO meténdoas todas en auga e logo lavamos a cara. Facemos gorros de papel de periódico e xogamos a ir a praia. Facemos zume de laranxa, limón, colacao e logo metémolo en vasos pequenos, levámolos o conxelador e facemos xeados que tomaremos na clase antes de irnos de vacacións. Coloreamos un xeado que debuxaron as profes nunha ficha. Facemos as portadas dos traballiños e rematamos o Libro de Paca. Levan a casa o Libro de Paca e os traballiños. CONCLUSIÓNS Este é o segundo curso que estamos ca maioría dos nen@s. Nas nosas clases realizamos moitas actividades que lles axudan a medrar en todos os aspectos. A primeira infancia é unha etapa cargada de cambios. Esta transformación prodúcese moi rápido e non somos conscientes desta evolución no día a día. Cando nos poñemos a analizar o traballo que realizamos o longo do curso é cando percibimos o moito que cambiaron e maduraron os nosos cativos. Cando facemos as nosa proposta de traballo formulamos moitos obxectivos xerais que se van conseguindo pouco a pouco cas actividades diarias e en función das características individuais. Algún destes obxectivos están aínda en proceso pero estamos seguras de ter sentadas as bases para chegar a conseguilos. A diferencia de idade entre eles é moi grande, a maduración correspóndese co momento evolutivo no que están e polo tanto estamos contentas de ter con nós nen@s que medran sas e felices. Deixémolos polo tanto que cada un avance o seu ritmo. Cando empezamos o curso, moitos non camiñaban, outros facíano con dificultades. Agora camiñan todos, oriéntanse ben no espazo, moitos son bastante autónomos e mesmo queren facer moitas cousiñas eles sos. Excepto os máis pequeniños que aínda comen papa sentados nos tronos, os demais comen co garfo e culler sentadiños as mesa. O rematar a comida as profes sacámoslle o babeiro e eles lévano o cubo da roupa sucia e van a lavarse. Cando van a durmir, sacan os zapatos, déixanos no borde da cama e dormen sen problemas. Cando espertan collen os zapatos e van a clase cas profes para calzarse e asearse. Podemos dicir que teñen as rutinas moi ben establecidas. Algúns xa non levan cueiro e controlan bastante ben a esfínter. Temos momentos moi divertidos nas nosas clases, xa que temos moitos cativos que falan e conversan entre eles con facilidade. A outros cústalle pronunciar pero entendémonos todos perfectamente. Conseguimos moitos obxectivos, outros están en proceso pero temos tamén algúns 29

retos que nos custa máis alcanzar. Están nunha etapa cargada de afectividade, as súas emocións son moi intensas, os impulsos son difíciles de controlar e isto leva a xerar certos conflitos que custa resolver. As pelexas, caprichos, rabechas están presentes a cada momento pero estamos seguras que despois das vacacións viremos todos menos estresados e seremos capaces de superar estas disputas. Queremos agradecer a colaboración das familias en todas as actividades que lles pedimos axuda e animarlles a que segan participando no vindeiro ano. CLASES 2-3 ANOS INTRODUCCIÓN Este resultou ser un curso moi intenso, cargado de actividades moi diversas e variadas como son as actividades desenroladas na aula, a celebración de festas culturais típicas da zona e as excursións. Podemos afirmar con rotundidade e ledicia que a participación dos nenos e nenas da escola e das súas respectivas familias foi un éxito. Todos e todas participaron activamente en todo aquelo que nos lle propoñíamos. Foi un auténtico pracer disfrutar con todos e todas ao longo deste curso que agora remata. ACTIVIDADES NA CLASE DE 2-3 As Actividades máis importantes realizadas ao longo deste curso foron as seguintes: PRIMEIRO TRIMESTRE PERÍODO DE ADAPTACIÓN O mes de setembro foi o mes mais duro para os nenos e nenas que comezaban á escola por primeira vez. A separación das familias é dificil, pero axudounos moito o feito de que a maioría dos nenos e nenas xa viñan do curso anterior, e atopábanse contentos e tranquilos. Esto contribuíu enormemente a crear un ambiente tranquilo e relaxado nas aulas. CELEBRAMOS O ANIVERSARIOS DOS NENOS E NENAS Este curso fixemos unha tarta de "mentira"que utilizamos durante todo o curso para celebrar os aniversarios dos pequenos xusto o día do seu aniversario. A cada neno e nena elaborábasmolle unha tarxeta coa forma da cara da nosa mascota: A OVELLA LOLA. Todos os nenos e nenas poñían a súa pegada na tarxeta e o festexado decoraba a cara de Lola. Na tarxeta leva unha foto da celebración na que todos os nenos e nenas lle cantan "Parabéns para ti..." e lle axudan a soplar as velas. AS RUTINAS Cada dia antes de poñernos a traballar pasamos lista coa axuda da ovella lola. Cada neno e nena que se atopa na clase, cando as profes preguntan si veu ao cole, levantanse, danlle un bico a Lola, e sacan a súa foto da casa para pegala co cole. Despois, cada día un neno ou nena, mira pola fiestra o tempo que fai e coloca o debuxo 30

correspondente no calendario semanal que temos na clase. Acto seguido, cantamos a canción que toque en función do tempo que faga. Como este outono e inverno foron moi chuviosos, cantamos moitas cancións sobre a choiva. A media mañá, antes de sair ao recreo, tomamos unha ou dúas galletas e un vaso de auga. Un pequeno tentempé despois de traballar tanto. SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE Un día por semana adicamos un ratiño na clase ou no patio, para realizar diferentes circuítos de psicomotricidade. Neles experimentamos co noso corpo diferentes sensacións, afianzamos destrezas motoras, potenciamos outras novas... O SAMAÍN- 31 de outubro. Ao longo da semana do 28 ao 31 de outubro fomos adentrándonos no ambiente do samaín. Decoramos as aulas con pantasmas, cabazas, morcegos, arañas..., ollamos contos de monstros divertidos, disfrazámonos de bruxas, vampiros..., baleiramos cabazas na clase e decorámolas entre todos... Temos que destacar a gran colaboración de todas as familias dos nenos e nenas aportando cabazas decoradas por eles nas súas casas. Traballaron moitísimo e demostráronos que teñen moita imaxinación. Tíñamos cabazas con forma de carroza, imitando a franquestein, con forma de araña, de moucho, de velliña...ata de superheroe... Eran todas tan bonitas que decidimos expoñelas todas no hall da escola para que todas as familias dos cativos poidesen disfrutar delas tamén. O xoves 31 celebramos a FESTA DO SAMAÍN. Nenos, nenas e profes de 2 a 3 reunímonos na clase de 2 a 3 A, posto que esta clase pódese oscurecer casi completamente. Asi, nun ambiente escuro soamente iluminado por velas. As profes disfrazámonos de bruxas e colocamos todas as cabazas decoradas no chan... Así, nese ambiente contamos varios contos de monstros, escoitamos cancións relativas ao tema e o pasamos fenomenal. O OUTONO CHEGA Á ESCOLA. Entre todos os nenos e nenas da escola decoramos o hall da escola cuns árbores cheos de follas otoñais. Nas aulas de 2 a 3 pintamos unha morea de follas para pegalas no chan e nas polas das árbores. Para elo utilizamos témperas de cor vermello, amarelo, marrón, laranxa... e pintamos con pinceis. Quedáronos moi bonitas. MANUALIDADE DE OUTONO Fixemos unha coroa de castaña que nos quedou ben bonita. A cinta pintámola misturando coas máns varias cores otoñais(vermello, amarelo, marrón...), e a 31

castaña pintámola de marrón con témpera e pincel e despois pegámoslle papeis marrón clariños na parte superior. Os nenos e nenas participaron con ledicia e de forma moi activa. O MAGOSTO- 8 de novembro. Para darlle a benvida ao outono cada unha das clases de 2 a 3 elaborou un delicioso pastel con productos típicos destas datas e despois compartímolos con todos os compañeiros da escola na festa do magosto. Os doces que realizamos foron os seguintes: Clase A: amendoados. Clase B: tarta de mazá. Clase C: brownie de castañas. Tanto os nosos doces coma os das outras unidades da escola estaban deliciosos. Despois de probalos todos, rompemos entre todos unhas piñatas que estaban cheas de confeti e follas secas. Xogamos a tirarnos confeti, bailamos, comemos e pasámolo xenial!!! EXCURSIÓN AO PAZO DA PEREGRINA- 14 de novembro Esta foi a nosa primeira excursión deste curso. Había moitísima emoción porque íamos ir en autobús por primeira vez!!! Fixémola tan tarde (mediados de novembro), porque foi un outono moi chuvioso e non tivemos oportunidade de realizala antes. Portáronse moi ben todos os nenos e nenas e a participación foi total. Ata participaros os nenos e nenas que teñen xornada de tarde na escola. Recollemos unha morea de follas secas que levamos para a escola, cantamos, bailamos e tomamos un pequeno tentempé: galleta e auga. Esta excurión foi todo un éxito. O OUTONO ENTRA NAS AULAS Todas as follas secas que troxemos do PAZO DA PEREGRINA utilizámolas nas aulas. Xogamos a que éramos árbores e nos caían as follas, lanzámolas polo aire, pisámolas, rachámolas...fixemos outra festa do outono na que o pasamos de maravilla. O NOSO HORTO: PLANTAMOS LANDRAS Cada neno e nena trouxo unha landra e un bote de colacao no que plantamos as landras para poder trasplantalas o Día do Medio Ambiente(5 de xuño) nuha finca do concello. Pero levamos a desagradable sorpresa de que a inmensa maioría das landras desapareceron dos seus botes e así poidemos trasplantar 4 ou 5 carballos de 65 landras que había inicialmente. Sospeitamos dun animal que as comeu posto que as tíñamos no patio exterior da escola, ao aire libre. PLANTAMOS FLORES Cada clase plantou unha flor diferente. 32

clase A. Bulbos de xacintos. clase B. Bulbos de tulipans. Clase C: Bulbos de campanillas. Os nenos e nenas aprenderon que as flores para vivir precisan terra, auga e sol. Así, colocamos todos os botes no patio exterior da escola e de cando en vez saíamos a regalos un pouco. Non os regamos moito posto que foi un outono moi moi chuvioso. CELEBRAMOS O FESTIVAL DE NADAL- 19 de decembro. Ao longo do mes de decembro ensaiamos cos cativos a súa actuación para o festival. Os nenos e nenas ían vestidos de estrelas con túnicas douradas ou prateadas. Nas cabezas levaban unha diadema con estrelas de purpurina a xogo coa túnica, feitas na escola. De cada clase ían tres pastores e tres pastoras, que por parexas fixéronlle unha ofrenda ao neno Xesús, que era un dos bebés da escola. Despois todos xuntos cantáronlle unha panxoliña acompañados das pandeiretas. Fixérono xenial e choraron moi pouquiños nenos. A seguinte actuación foi un baile no que participaron algunhas mamás dos nenos e nenas de 2 a 3, bailaron a canción, "Pan de millo" do grupo Migallas. Fixérono moi ben. E para finalizar as actuacións, as profes representamos o conto "Os chivos chivóns". O broche de ouro puxérono OS REIS MAGOS DE ORIENTE que viñeron a saudar aos cativos e trouxéronlle chuches para todos. VISITA DOS PAXES REAIS Como cada ano, visítáronos os Paxes dos Reis Magos. Nós aproveitamos e démoslle a nosa carta na que cada neno e nena lle pedimos un xoguete. Dixémoslles que fomos moi bós e que nos portamos xenial todo o curso. A nosa sorpresa foi que eles xa nos traían un pequeno agasallo: unha bolsa de gusanitos para cada ún!!!. Esto ten boa pinta... EXCURSIÓN A CORREOS- 2 de xaneiro. Por se acaso os paxes reais extravían as nosas cartas, nós fixemos outras e as levamos persoalmente a correos. Como xa estabamos en plenas vacacións de Nadal, fomos moi pouquiños nenos...pero a experiencia estivo moi ben. O xefe de correos deixounos xogar cos carriños dos carteiros e ata nos poidemos meter dentro!!! Pasámolo moi ben. FACEMOS AS PEDRAS DO BOSQUE En pleno nadal puxémonos mans á obra e fixemos bombóns de chocolate con améndoas picadas. Como quedaron moi graciosos, e moi sabrosos por suposto, chamámolos "As pedras do bosque". Sobra decir que na súa elaboración disfrutamos probando cada cousa que facíamos. Foi moi sinxelo, primeiro fundimos chocolate no microondas, misturámolo despois con améndoas picadas e finalmente coa axuda de dúas culleriñas, fixemos pequenas "boliñas" que deixamos arrefriar na 33

neveira ata o día seguinte. Estaban riquiiiiiisimas!!!!! SEGUNDO TRIMESTRE CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ- 31 de xaneiro Para celebrar o Día da Paz toda a escola se puxo en funcionamento. Entre todos decidimos facer UN ARCO DA VELLA co que decoramos a entrada da escola. Cada clase fixo un debuxo cunha cor en concreto. En 2 a 3 A pintaron á nosa mascota, a ovella Lola, de cor azul e pegáronlle lá desa cor.cada neno e nena fixo a súa Na clase B, cada neno e nena fixo o boneco que lle correspondía en función do seu sexo: neno ou nena. Pintáronos de violeta e pegáronlle troquelados de nenos ou de nenas. En 2 a 3 C fixeron a cor verde, para elo cada neno e nena elaborou a súa árbore (eran as árbores do logotipo da escola). Ademáis da manualidade que despois de expoñerse fóra levaron para casa, en 2 a 3 falamos da importancia de portarnos ben cos outros nenos e nenas, xogamos a darnos moitas apertas e bicos os uns aos outros, e foi moi divertido. Démonos conta de que pegar e facer chorar aos demáis non é tan bonito e agradable como provocar sorrisos e dar cariño. SESIÓNS DE INFORMÁTICA A partir de xaneiro, as profes intentaron que unha vez por semana fóramos catro de nós á sá de informática a experimentar coas novas tecnoloxías... Todos fomos encantados, e aprendemos que con tocar un botón xa se prouce un cambio nun debuxo, xogamos co ratón a pintar debuxos e pasámolo xenial vendo as nosas fotos no ordenador... CELEBRAMOS O ENTROIDO Este curso cada unidade da escola se disfrazou dunha profesión diferente. Nas clases de 2 a 3 disfrazámonos de "MECÁNICOS" na clase A, de "BOMBEIROS" na clase B e de "XARDIÑEIROS" na clase C. Os disfraces fixéronse con bolsas de plástico e decoráronse coa inestimable axuda dos nenos e nenas que cada ún pintou as súas ferramentas de traballo: chaves inglesas, mangueiras, regadeiras...todos ían moi guapos!!! A parte de elaborar os disfraces, tamén nos disfrazamos nas clases de mil e unha cousas: desde hippies ata piratas, princesas, coellos...pasámolo moi ben disfrazándonos, sacamos fotos a cada neno e nena e con elas decoramos a entrada da escola para o entroido. FESTIVAL DE ENTROIDO- 28 de febreiro O tema do noso festival foi o mesmo que o das clases: AS PROFESIÓNS. Cada profe disfrazouse do mesmo que se disfrazaron os seus nenos e nenas pola mañá. E así, disfrazadas de mecánicos, bombeiros e xardiñeiras recibimos pola tarde aos nenos coas súas familias para pasar un ratiño 34

xuntos, merendando, charlando, xogando e bailando. As profes dos outros grupos tamén estaban moi guapas vestidas de cociñeiras, perruqueiras, pintoras e policías... Ao festival viñeron moitos nenos e nenas coas súas familias, todos disfrazados, o que contribuíu a crear un ambiente moito máis carnavaleiro. CHOVE, CHOVE...-febreiro Como choveu tantísimo este outono e este inverno, pedímoslles aos nenos e nenas que trouxeran os sue paraugas á escola para xogar con eles e saír ao patio de fóra a "xogar" coa chuvia. Foi un éxito esta actividade. Todos os cativos trouxeron con moita ilusión o seu paraugas á escola e disfrutaron xogando e paseando con eles no patio exterior. AS MASCOTAS- todo o mes de febreiro No mes de febreiro visitáronos na escola diferentes mascotas. Algunhas viñeron acompañadas polos pais ou nais dos nenos, por razóns obvias, como por exemplo cans e cadelas. Pero outras máis pequeniñas, quedaron na clase cos nenos toda a mañá, como por exemplo tartarugas, peixes, coellos...os nenos disfrutaron delas, acariciáronas, viron como se desplazan, o que comen... Tamén falamos sobre os animais que viven nas granxas e os que viven na selva. Imitamos as súas honomatopeias e as súas formas de desplazamento, e resaltamos a importancia de coidar e respectar a todos e cada un dos animais do mundo. EXCURSIÓN Á GRANXA "LE COUPRE"- 13 de marzo Esta excursión tiñamola programada para ser realizada a mediados do mes de febreiro pero tivemos que aplazala debido ao mal tempo. Os nenos e nenas disfrutaron enormemente na granxa. Alí poideron ver moitos cabalos, ponis, burros, unha iama á que lle deron de comer moitas galletas, un loro, un porco vietnamita... Os máis atrevidos montaron nos ponis e deron un pequeno paseo. Acompañáronos nesta excursión as nais de dous nenos que teñen certas dificultades e votáronos unha man con eles. CELEBRAMOS O MES DA MÚSICA- todo o mes de marzo. Ao longo do mes de marzo toda a escola disfrutou das diferentes actuacións coas que nos deleitaron as familias dalgúns nenos da escola (ver memoria específica do mes da música). Cada semana do mes foi adicada a un estilo musical: galega, clásica, infantil e pop. Nas clases escoitamos música de cada estilo intentando bailar como lle corresponde a cada un deles. Tamén coñecemos instrumentos típicos de cada estilo musical: gaita, caixa e pandeireta; clarinete e violín; piano e, batería e guitarra eléctrica. Como MANUALIDADE fixemos unha FLAUTA coa axuda de carretes de fío industrial. Forrámolos de papel contínuo e os nenos pintáronos con témperas e pinceis. Os buratos representámolos con gomets. Unha vez máis, decoramos a entrada da escola entre todas as unidades. Aos nenos e nenas de 2 a 3 tocounos a MÚSICA GALEGA: 35

A Clase A fixo unha pandeireta. A Clase B un galego A Clase C unha galega. ELABORAMOS O LIBRO DE LOLA PARA CADA NENO E NENA Ao longo de todo o curso, os nenos e nenas foron levando A OVELLA LOLA ás súas casas para xogar con ela. As familias dos cativos contribuíron no LIBRO DE LOLA, cubrindo dúas páxinas: a primeira na que nos presentan ao seu fillo e outra na que nos contan como foi a estancia de Lola na súa casa. O resto das páxinas do libro son elaboradas polas profes e nelas destácanse as actividades máis bonitas que se levaron a cabo ao longo do curso. Foi un arduo traballo, pero o resultado final valeu a pena. Cada neno e cada nena leva de recordo o seu libriño no que queda constancia do seu paso pola escola nas clases de 2 a 3anos. MANUALIDADE DÍA DO PAI- 19 de marzo Para felicitar aos pais nun día tan especial fixémoslle unha tarxeta moi bonita. Tiña forma de camisa e cada neno lle decorou a garabata, pintou a camisa e estampou a súa man. No interior levaba o poema: Da túa man vou aprender o que mañán vou a ser. TERCEIRO TRIMESTRE XORNADAS DE PORTAS ABERTAS- todo o mes de abril irmáns. Durante todo o mes de abril os pais e nais que poideron e quixeron, achegáronse ás clases a explicarnos en qué consistían as súas profesións. Ver memoria específica de Xornadas de Portas Abertas. Aproveitamos as xornadas para traballar cos nenos os temas das PROFESIÓNS e da FAMILIA. Cada neno e nena trouxo unha fotografía da súa familia e fixemos un bonito mural con elas. Os cativos disfrutaron explicándonos a todos como se chamaban os seus pais e SEMANA DO LIBRO- do 21 ao 25 de abril Como cada ano, pedímoslle a cada neno e nena que traia durante esta semana o conto que máis lle guste. Así, cada día contamos varios deles e o último día da semana celebramos un pequeno "Mercadillo" no que expoñemos todos os contos que trouxeron todos os nenos e nenas da escola. Eles poden ollalos libremente e despois as profes contamos un a todo o grupo de nenos e nenas da escola. 36

EXCURSIÓN Á BIBLIOTECA MUNICIPAL- 23 de abril Celebramos O Día do Libro índo de excursión á Biblioteca Municipal. Alí, unha contacontos, contounos o conto de "Paco papán" e despois poidemos disfrutar ollando algúns dos contos que teñen alí. A participación dos nenos foi masiva, estiveron superatentos e disfrutaron un montón. MANUALIDADE DÍA DA NAI- 4 de maio Para agasallar ás mamás, decidimos facerlles un cuadro moi orixinal no que aparecían os seus fillos cun cartel que poñía "QUÉROTE MAMI". Os nenos e nenas pintaron un plato de cartón e paos depresores. As profes colocamos a foto cos paos facendo o marco no medio do plato, e como toque final, encheron o plato de pegadas de cores. Quedou un agasallo moi simpático e entrañable. EXCURSIÓN AO PARQUE DO AMENEIRAL- 16 de maio Como xa fai bo tempo, aproveitamos e saímos de excursión a un parque de Bertamiráns que nos da moitas opcións de xogo. O Parque do Ameneiral. Alí os cativos disfrutaron xogando nos columpios, xogaron na herva ao fútbol e no areeiro cos cubos e palas. Disfrutaron un montón e como guinda, degustaron gusanitos á sombra das árbores. Nesta ocasión tamén nos acompañaron dúas nais para axudarnos cos seus fillos expresamente. QUINCENA DA ARTE- 15 ao 30 de maio Este curso adicamos a quincena da arte a experimentar con distintas técnicas plásticas. Fixemos diversos murais en papel contínuo utilizando técnicas como o arrugado de papel, pintar coas mans, pintar con pinturas de diferentes texturas, estampar con follas das árbores, estampar froitas, salpicar pintura, arrastrar pintura cunha regla...estos murais, recortámolos en tiras facendo como si foran cortinas e expusémolos na entrada da escola, colgados do teito, durante unha semana. Mentras os nosos murais estaban expostos, traballamos máis técnicas plásticas, esta vez sobre lienzos. Cada clase de 2 a 3 fixo o seu cuadro. Os tres quedaron moi coloristas e orixinais e expuséronse no hall da escola durante outra semana. SOMOS UNS ARTISTAAAASS!!!! O NOSO HORTO. No terceiro trimestre decidimos plantar os seguintes productos da horta: Clase A: leitugas Clase B: chícharos Clase C: patacas E ao mesmo tempo, coidamos os amorodos do horto da escola regándoos e colléndoos cando xa están para comer. Por certo, están riquíiiiisimos. 37

DÍA DO MEDIO AMBIENTE- 5 de xuño Para celebrar o día do medio ambiente tíñamos pensado levar os nosos carballos e plantalos nunha finca que para eso ten o concello, pero como dixemos anteriormente, quedamos sin a inmensa maioría das landras, e así decidimos plantar os catro ou cinco carballos que nos quedaron no solar que hai detras da escola. FESTIVAL DE FIN DE CURSO- 13 de xuño Para as profes este é o festival máis entrañable e bonito de todo o curso. Os nosos nenos e nenas xa son maiores e temos que despedilos como se merecen. Para iso, organizamos unha entrega de diplomas que os acreditan para comezar a súa andaina no cole de maiores. Os cativos ensaiaron durante varias semanas a súa actuación para o festival e os pais e nais colaboraron elaborando as roupas que lles pedimos para os bailes dos seus pequerrechos. Os nenos e nenas do grupo A foron vestidos de lobos, os do grupo B de galegos e os do grupo C de pitiños. As tres actuacións saíron moi bonitas e os nenos e nenas demostraron o maiores que son porque todos disfrutaron bailando, recollendo os seus diplomas e vendo un vídeo moi entrañable no que saían as fotos de todos cando eran pequenos e as de agora que xa son maiores... Por último, disfrutaron xa na compaña dos seus pais da representación por parte das profes, do conto "A OVELLA QUE VEU A CEAR". O CACHO- 23 de xuño Para achegalos a outra tradición galega, O CACHO, pedímoslles ás familias que trouxeran o día 23 herbas aromáticas, flores, augas das fontes..despois mesturamos todo e deixámolo repousar toda a noite de San Xoán...e ao día seguinte, lavamos as cariñas para espantar aos malos espíritos e ter moita sorte todo o ano. CONCLUSIÓNS Unha vez rematado o curso, debemos reflexionar sobre o noso traballo ao longo de todo o ano para poder aprender dos erros que poidesemos cometer, e ir mellorando cada ano que pasa. Debemos formularnos cuestións relativas á nosa planificación de actividades e o seu desenvolvemento 38