Indicadores sobre Banda Larga. Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia Ano 2012 Edición 2012

Documentos relacionados
INDICADORES SOBRE BANDA LARGA Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia Principais indicadores. V Plan Galego de Estatística Edición: 2018

A Sociedade da Información nas empresas de Galicia

O Software Libre nas empresas informáticas de Galicia. Edición 2012

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

A Sociedade da Información e os autónomos de Galicia. Edición 2015

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

A Sociedade da Información e os autónomos de Galicia. Edición 2013

Diagnóstico sobre a Sociedade da Información nas empresas de Galicia. Edición 2016

SI A Sociedade da Información. nas empresas TIC de Galicia

A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia. Edición 2018

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

O Software Libre nas empresas informáticas de Galicia

A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia. Edición 2015

A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia. Edición 2016

O Software Libre nas empresas informáticas de Galicia. Edición 2013

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xuño Nº Var. Int. 17/16

Os autónomos TIC de Galicia. Edición 2013

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

CAMPA A RESGAL

Estado da Sociedade da Información en Galicia Resumo executivo

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

poboación xitana en paro

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

VARIACIÓN MENSUAL DO PARO REXISTRADO EN GALICIA. AGOSTO

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

PERFIL DO VISITANTE EN AROUSA NORTE

PREVENCIÓN E SEGURIDADE NO SECTOR FORESTAL

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Outubro Nº Var. Int. 18/17

Que é unha rede de ordendores?

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

Estudo de inserción laboral dos titulados de FP que remataron estudos no curso

Rede CeMIT Carta de Servizos. Santiago de Compostela, 4 de marzo 2011

PREVENCIÓN E SEGURIDADE NO SECTOR FORESTAL SINISTRALIDADE LABORAL NO SECTOR FORESTAL DE GALICIA E DA PROVINCIA DE LUGO

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

MANUAL DE USUARIO DE etrades

Política e Obxectivos de Calidade

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

O CONTRATO DE TRABALLO

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Dossier O líder da prensa en galego

Gráfico: utilidade dos diferentes recursos lingüísticos 37,8% 28,4% 29,2% 28,1% 17,5% Modelos de doc. en galego. Programas informáticos.

O SOFTWARE LIBRE NAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DE GALIZA

CARACTERIZACIÓN DE SEIS ZONAS DE GALICIA CON DIFERENTE GRAO DE URBANIZACIÓN

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

SBN: O TEMPO NO XORNAL

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ano 2009

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

O GASTO ENERXÉTICO NAS NOSAS EMPRESAS: A XESTIÓN EFICIENTE

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

Da RIS3 GALICIA a unha Estratexia conxunta RIS3 GALICIA-REXIÓN NORTE

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

REDE EUSUMO. información e comunicación

Enquisa estrutural a empresas

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia O emprego en 2015: pouco, precario e sen dereitos Setembro de 2015

1.- Organización da Escola de Primavera:

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Estudo sobre a situación do sector turístico en Boiro e resto do Barbanza

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

INFORME MULLER E MERCADO LABORAL EN GALIZA Natividade López Gromaz Gabinete Confederal de Economía

O recambio xeracional en ocupacións do mercado laboral galego O RECAMBIO XERACIONAL EN OCUPACIÓNS DO MERCADO LABORAL GALEGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

Convocatoria ordinaria de 2012

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

A ÁLISE ESTATÍSTICA SOBRE O TURISMO ESTIVAL E GALICIA (E QUISA DE DESTI O, 2010) (Versión resumida)

statísticas en materia de economía social COOPERATIVAS SOCIEDADES LABORAIS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

ESTUDO DE CARACTERIZACIÓN DA DEMANDA TURÍSTICA SANTIAGO DE COMPOSTELA

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

SECTORES FEMINIZADOS ANOS

PRINCIPAIS INDICADORES DA MEDIACIÓN DE SEGUROS EN GALICIA EXERCICIO 2016

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Informe

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Titulados Universitarios no SUG

INFORME SITUACIÓN SOCIO LABORAL DA MULLER. Comisión Situación Socio Laboral da Muller

Transcrição:

SI SI Indicadores sobre Banda Larga Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia Ano 2012 Edición 2012

. Edita: Xunta de Galicia Presidencia Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Lugar: Santiago de Compostela Ano: 2012 Este documento distribúese baixo licenza Creative Commons 3.0 Recoñecemento Compartir baixo a mesma licenza dispoñible en: http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/deed.gl 2

Indicadores sobre Banda Larga Edición 2012 Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) Xunta de Galicia Presidencia Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia Santiago de Compostela 2012 3

ÍNDICE INTRODUCIÓN 5 METODOLOXÍA DO ESTUDO 7 I. ACCESO A INTERNET 8 I.1 Acceso a Internet 9 I.2. Características das empresas con acceso a Internet 13 I.3. As empresas sen acceso a Internet 16 I. 4. En síntese 19 II. MODALIDADE DE CONEXION A INTERNET 20 II.1. Tecnoloxía principal de acceso 21 II.2. Velocidade de conexión 28 II.3. En síntese 32 Anexo. s 09 33

INTRODUCIÓN O presente informe ofrece os resultados relativos a Internet e banda larga, procedentes da Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da información en Galicia. Edición 2012 elaborada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Este proxecto forma parte das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal da Xunta de Galicia. O informe estrutúrase en dous capítulos: Conexión a Internet. Analízase o grao de penetración de Internet nas empresas galegas así como os motivos que aducen as empresas que carecen del. Modalidade de conexión a Internet. Este punto céntrase na análise das tecnoloxías de acceso á Rede e na velocidade de conexión Marco estratéxico: Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta de Galicia Os avances na contratación de Internet e banda larga nas empresas galegas que se recollen neste informe víronse favorecidos polas actuacións do Plan de Banda Larga 2010-2013, que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. As infraestruturas de telecomunicación son un ámbito no que a Xunta de Galicia, fixo un importante esforzo nos dous últimos anos coa posta en marcha do Plan de Banda larga para dotar de cobertura a todos os galegos en 2013. Actualmente xa están en marcha todas as actuacións de despregamento de redes de telecomunicación que permitirán acadar os obxectivos do Plan. Neste senso, a día de hoxe xa se acadou o 92,5% de galegos con cobertura de banda larga de calidade grazas ao Plan da Xunta. Tamén se están a despregar redes de nova xeración que permiten velocidades de Mbps e o acceso a novos e máis avanzados servizos da Sociedade da Información que son fundamentais para aumentar a produtividade e mellorar a competitividade das nosas 5

empresas. A este respecto, a día de hoxe máis de 1 millón de galegos xa dispoñen de acceso a redes NGAs. Isto quere dicir que, xa se dotou de cobertura de redes de Mbps máis do 75% da poboación obxectivo. A nosa Comunidade é das primeiras de Europa que están a incentivar o despregamento destas redes seguindo as directrices da Axenda Dixital Europea.. 6

METODOLOXÍA DO ESTUDO A información que se amosa neste documento procede da realización dunha Enquisa entre as empresas galegas, que respondeu aos seguintes parámetros metodolóxicos: Ámbito: Galicia. Universo: sociedades e persoas físicas con actividade en Galicia, dedicadas a actividades agrupadas en 14 grupos clasificatorios. Tipo de enquisa: Entrevista autoadministrada vía web, apoiada telefónica ou persoalmente para a súa cobertura. Tamaño da mostra: 629 entrevistas a empresas de 10 ou máis empregados/as; 1.057 entrevistas a empresas de 0 a 9 empregados/as. Afixación: Na submostra de empresas de 0 a 9 empregados/as: estratificada proporcional en primeira fase, por volume de emprego, actividade e condición xurídica. Na submostra de empresas de 10 ou máis empregados/as: estratificada proporcional, en primeria fase, por volume de emprego, actividade e provincia de localización da sede da empresa. Nunha segunda fase, selección aleatoria da empresa dentro de cada un dos estratos definidos en cada submostra. Erro mostral: Cun nivel de confianza do 95,5% (2 sigmas) e p=q= 0,5 como caso máis desfavorable, a marxe de erro mostral para a submostra de microempresas é de +3,33%; para a submostra de empresas de 10 ou máis traballadores/as é de +3,93%. Período de referencia: marzo de 2012. Traballo de campo: do 30 de marzo ao 17 de xuño de 2012. Ao longo da exposición, para cada variable de interese amósanse inicialmente os valores globais, para logo descender ata outras variables independentes como a actividade da empresa, a súa condición xurídica ou a provincia, sempre que repercutan dun xeito significativo na variable de referencia. Como fonte de información complementaria este informe inclúe datos procedentes de: Enquisas realizadas polo OSIMGA. Inclúe comparativas das 2 edicións existentes: Anos 2010 e 2012 Fontes externas: INE (Datos estatais e datos para Galicia anteriores ao ano 2010) 7

I. ACCESO A INTERNET Indicadores sobre Banda Larga 2012 O 75% das microempresas galegas dispón de acceso a Internet contratado. A práctica totalidade das empresas de 10 ou máis empregados/as ten contratado Internet (99,1)%. A contratación de Internet nas microempresas galegas medrou un 17,6% no período 2010-2012, sendo superior ao ritmo de crecemento estatal (12,2%) 8

I.1. Acceso a Internet Os datos deste primeiro capítulo céntranse na disponibillidade de Internet contratada nas empresas galegas, divididas en microempresas as que teñen de 0 a 9 traballadores/as- e empresas de 10 ou máis traballadores/as. As diferenzas entre elas son evidentes xa neste primeiro indicador. En marzo de 2012, un 75% das microempresas galegas dispoñía de acceso a Internet contratado. Non obstante, este grao de implantación resulta sensiblemente menor ao acadado nas empresas de máis magnitude, de xeito que son o 99,1% as empresas galegas con 10 e máis traballadores /as as que dispoñen de conexión á Rede.. G.1. ACCESO A INTERNET CONTRATADO Si 75,0% Base: total de empresas de 0 a 9 empregados/as Non 25,0% Si 99,1% Non 0,9% Base: total de empresas de 10 e máis empregados/as Pese a esta importante fenda, a evolución do indicador danos a medida do rápido grao de implantación de Internet entre as microempresas galegas. A contratación da conexión a Internet nas empresas de menos de 10 empregados/as ten aumentado de maneira significativa no período comprendido entre o ano 2010 e o ano 2012, cun crecemento do 17,6% superior á media estatal (12,2%). 9

G.2. EVOLUCIÓN DO INDICADOR Empresas que teñen acceso a Internet contratado Comparación Galicia e España (% sobre o total de empresas de 0 a 9 empregados/as) 90 80 70 60 50 40 30 20 10 0 75 63,8 65,2 53 55,9 58,1 46,7 39,9 2008 2009 2010 2012 Galicia España -INE Nas entidades de 10 ou máis empregados/as a evolución na contratación da conexión a Internet experimentou unha leve evolución positiva respecto ao ano 2010 xa que o valor do indicador está próximo ao %. Así, en Galicia experimentou unha evolución do 1,1% e en España foi do 0,3%. G.3. EVOLUCIÓN DO INDICADOR Empresas que teñen acceso a Internet contratado Comparación Galicia e España (% sobre o total de empresas de 10 ou máis empregados/as) 90 80 70 60 50 40 30 20 10 0 98 94,9 96,2 97,2 99,1 97,5 93,4 92,9 2008 2009 2010 2012 Galicia España -INE 10

O acceso a Internet nas empresas galegas non presenta diferenzas significativas entre os grandes sectores de actividade. G.4. ACCESO A INTERNET SEGUNDO A ACTIVIDADE DA EMPRESA (% sobre o total de empresas) 80 60 40 20 72,5 98,3 99,2 99,1 73,2 75,4 75 0 Industria Construción Servizos Total Empresas de 0 a 9 traballadores /as Empresas de 10 e máis traballadores / as A análise detallada por da empresa non dá lugar a diferenzas significativas na conexión á Rede nas empresas de 10 e máis empregados/as, chegando case á accesibilidade plena. Para as microempresas, cabe salientar o feito de que as dedicadas ás actividades con 19-23 (coquería e refino de petróleo, produtos farmacéuticos, produtos minerais non metálicos) sexan as que rexistran unha maior procentaxe na dispoñibilidade de Internet cun 94,6% e as empresas con 49-53 (transporte e almacenamento) a menor porcentaxe (44,5%). 11

G.5. ACCESO A INTERNET SEGUNDO OS GRANDES GRUPOS s (% sobre o total de empresas) 90 80 70 60 50 40 30 20 10 0 69,2 96,6 94,6 10-18 19-23 60,4 24-25 73,2 98 26-33 99,1 98,4 73,2 73,2 41-43 45-47 44,5 49-53 90,2 69-74 77,2 77-82 Empresas de 0 a 9 traballadores/as Empresas de 10 ou máis traballadores/as Segundo o tamaño da empresa, a totalidade das empresas de máis de 20 empregados/as teñen contratado acceso a Internet. As empresas de 0 a 2 asalariados/as, que representan o 83,1% das empresas galegas, son as que lastran o valor deste indicador pois a contratación a Internet neste segmento sitúase no 72%. G.6. ACCESO A INTERNET SEGUNDO O TAMAÑO DA EMPRESA (% sobre o total de empresas) 90 80 70 60 50 40 30 20 10 0 72 De 0 a 2 asalariados/as 94,1 De 3 a 9 asalariados/as 98,3 De 10 a 19 asalariados/as De 20 a 49 asalariados/as De 50 a 99 asalariados/as De a 249 asalariados/as De 250 ou máis asalariados/as 12

I.2. Características das empresas con acceso a Internet Un 15,4% das microempresas galegas con conexión a Internet contrataron o acceso á Rede hai menos de tres anos, o que en certa medida xustifica o notable incremento da conexión a Internet nas microempresas nos últimos anos. G.7. Antigüidade do acceso a Internet Ns / Nc 4,3% Menos de un ano 3,2% Máis de 3 anos 80,3% De 1 a 3 anos 12,2% Base: empresas de 0 a 9 empregados/as que dispoñen de acceso a Internet Pola contra, o 93,2% das empresas de 10 e máis traballadores/as con acceso á Rede posúen Internet hai máis de tres anos, sendo unha porcentaxe mínima as empresas que contrataron Internet hai menos de 3 anos (3,1%). G.8. Antigüidade do acceso a Internet Ns / Nc 3,7% Menos dun ano 0,2% De 1 a 3 anos 2,9% Máis de 3 anos 93,2% Base: empresas de 10 e máis empregados/as que dispoñen de acceso a Internet 13

O grao de utilización de Internet polos traballadores/as das empresas é de diferente intensidade segundo o sector de actividade e o tamaño da empresa, como amosa a seguinte gráfica. Evidencia que as empresas nas que os empregados/as fan un uso máis intensivo das posibilidades da Rede son as adicadas ao sector servizos. O sector no cal menos empregados/as acceden a Internet polo menos unha vez á semana é o de industria. G.9. PROPORCIÓN DOS /AS TRABALLADORES /AS DA EMPRESA QUE ACCEDE A INTERNET CANDO MENOS UNHA VEZ Á SEMANA SEGUNDO A ACTIVIDADE DA EMPRESA (% sobre o total de traballadores/as das empresas que dispoñen de acceso a Internet) 80 68,4 75,1 71,2 60 40 44,5 29,7 30,9 55,4 43,5 20 0 Industria Construción Servizos Total Empresas de 0 a 9 traballadores /as Empresas de 10 e máis traballadores / as O uso de Internet máis extendido é, sen dúbida algunha, o correo electrónico: o 85% das microempresas con conexión a Internet posúe unha conta de correo electrónico. G.10. DISPOSICIÓN DUNHA CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO Sí, ten 85% Ns / Nc 4,1% Non, non ten 10,9% Base: empresas de 0 a 9 empregados / as que dispoñen de acceso a Internet 14

A proporción de empresas de 10 e máis asalariados /as que posúen unha conta de correo electrónico é moi elevada (95,9%). G.11. DISPOSICIÓN DUNHA CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO Ns / Nc 1,1% Non, non ten 3,0% Si, ten 95,9% Base: empresas de 10 e máis empregados / as que dispoñen de acceso a Internet Independentemente da actividade, a disposición dunha conta de correo electrónico é un recurso de Internet amplamente estendido nas empresas galegas que dispoñen de acceso á Rede contratado. Atendendo ás lixeiras diferenzas que se dan entre os diferentes grupos de actividade, nas microempresas galegas destaca o sector dos servizos, cun 85,5%, seguido da Construción (85,4%) e, lixeiramente por baixo da media, o sector da Industria (78,7%). En xeral, a práctica totalidade das empresas de 10 ou máis traballadores/as posúen unha conta de correo electrónico. C.1. DISPOSICIÓN DUNHA CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO SEGUNDO A ACTIVIDADE DA EMPRESA DISPOSICION DUNHA CONTA PRINCIPAL DE CORREO ELECTRÓNICO EMPRESAS DE 0 A 9 TRABALLADORES/AS Industria Construción Servizos TIPO DE ACTIVIDADE Total EMPRESAS DE 10 E MÁIS TRABALLADORES/AS Industria Construción Servizos Total Si ten 78,7 85,4 85,5 85,0 94,6 93,4 97,5 95,9 Non, non ten 11,9 10,6 10,9 10,9 5,4 2,9 1,9 3,0 Ns / Nc 9,4 4,1 3,6 4,1 0,0 3,7 0,9 1,1 Base: total empresas que dispoñen de acceso a Internet 15

I.3. As empresas sen acceso a Internet Centraremos a análise dos motivos para non contratar Internet nas microempresas, dado que o reducido número das empresas máis grandes que non contan con acceso á Rede non nos permite extraer conclusións estatisticamente sostibles. Así, de entre as microempresas galegas que non dispoñen de acceso a Internet, unha ampla maioría apunta como causa desa ausencia que perciben que non o necesitan (44,2%). Hai outros aspectos, como a falta de coñecementos para utilizalo, que serve de argumento para un 20,1% delas. Cuestións económicas, como o prezo da conexión ou dos equipos son máis minoritarias, representando factores a ter en conta para menos do 10% das empresas que non teñen Internet. G.12. MOTIVOS POLOS QUE NON DISPOÑEN DE ACCESO A INTERNET (% sobre as empresas de 0 a 9 empregados/as que NON dispoñen de acceso a Internet) Non o necesitan 44,2 Non o queren Non lles resulta útil Poucos coñecementos Outras prioridades Custes de equipos altos Custes de conexión altos Información insuficiente Non é posible contratalo Outros motivos Ns/Nc 14,1 10,2 20,1 12,4 9,3 6,5 2 3,8 10,4 15,5 16

Aínda que a resposta de que non necesitan Internet é maioritaria en todos os sectores, pola especial magnitude das motivacións debemos destacar a especial incidencia de poucos coñecementos no sector da industria (28,1% respectivamente). No sector da construción destaca o argumento da imposibilidade de contratar este servizo, cun 11,5% dos casos, é dicir, 7,7 puntos porcentuais por riba da media. C.2. MOTIVOS POLOS QUE NON DISPOÑEN DE ACCESO A INTERNET SEGUNDO A ACTIVIDADE DA EMPRESA MOTIVOS POLOS QUE NON DISPOÑEN DE ACCESO A INTERNET TIPO DE ACTIVIDADE Industria Construción Servizos Total (%) Non o necesitan 39,5 42,6 45,4 44,2 Non o queren 17,2 10,4 14,9 14,1 Non lles resulta fácil 12,8 10,4 9,6 10,2 Poucos coñocementos 28,1 18,4 19,6 20,1 Outras prioridades 12,6 7,5 14,1 12,4 Equipos custosos 3,6 7,5 10,8 9,3 Conexiòn custosos 3,6 2,3 8,5 6,5 Información insuficiente 12,0 0,0 1,3 2,0 Non é posible contratalo 3,6 11,5 1,1 3,8 Outros motivos 18,2 14,5 7,8 10,4 Ns / Nc 8,6 14,3 17,0 15,5 Base: Empresas de 0 a 9 empregados/as que NON dispoñen de acceso a Internet Só o 6,5% das microempresas que actualmente non contan con conexión a Internet tivérono con anterioridade e un 22% das microempresas cre que suporía un beneficio para a súa empresa dispor de acceso á Rede contratado, aínda que un significativo 37,9% non se pronuncia sobre esta cuestión. 17

G.13. EMPRESAS QUE TIVERON CONTRATADO INTERNET CON ANTERIORIDADE Non 73,9% Si, tivo 6,5% Ns / Nc 19,5% Base: empresas de 0 a 9 empregados/as que NON dispoñen de acceso a Internet G.14. BENEFICIOS DA CONTRATACIÓN DE INTERNET Non 40,1% Ns / Nc 37,9% Sí 22% Base: empresas de 0 a 9 empregados/as que NON dispoñen de acceso a Internet 18

I.4. En síntese O 75% das microempresas galegas de 0 a 9 empregados/as dispón de acceso a Internet no ano 2012. A contratación de Internet nas microempresas galegas medrou un 17,6% no período 2010-2012, sendo superior ao ritmo de crecemento estatal (12,2%) A práctica totalidade das empresas con 10 e máis empregados/as (99,1%) dispón de acceso a Internet, situándose lixeiramente por riba da media española (97,5%) Un 15,4% das microempresas contratou Internet hai menos de 3 anos fronte ao 3,1% das empresas de 10 e máis empregados/as. O 71,2% dos traballadores/as das microempresas galegas con conexión a Internet fan uso da Rede polo menos unha vez por semana O 85% das microempresas con conexión a Internet posúe unha conta de correo electrónico, elevándose ao 95,9% no caso de empresas de 10 ou máis traballadores/as. O 44,2% das microempresas que non posúen Internet consideran que non o necesitan. A falta de coñecementos para utilizar Internet é o segundo motivo en importancia, indicado polo 20,1% das microempresas que non teñen acceso á Rede. O 22% das microempresas sen Internet cren que o servizo sería beneficioso para a empresa, aínda que o 37,9% non souberon valorar a posibilidade de contratalo. 19

II. MODALIDADE DE CONEXIÓN A INTERNET O 67,5% das microempresas galegas dispoñen de banda larga, acadando o 96% entre as de 10 ou máis empregados/as. A banda larga experimentou un incremento do 12,5% entre as microempresas e do 3,9% nas empresas de 10 e máis empregados/as no período 2010-2012.

II.1. Tecnoloxía principal de acceso En relación á tecnoloxía principal contratada de acceso a Internet, o 71,5% das microempresas enquisadas que dispoñen de Internet contan con ADSL. A segunda modalidade de conexión en orde de importancia é o cable (16,1%). A tecnoloxía principal de acceso a Internet contratada para as empresas de 10 ou máis traballadores/as é o ADSL (83%). Destaca especialmente o aumento da banda larga móbil, que era case inexistente no ano 2010 e acada ao 11,8% das microempresas e ao 23,9% das empresas de 10 e máis empregados/as con conexión a Internet no ano 2012. G.15. TECNOLOXÍA PRINCIPAL QUE TEN CONTRATADA (%sobre as empresas que dispoñen de acceso a Internet) 90 80 70 60 50 40 71,5 83 30 20 10 0 5,3 Telefonía básica e módem 1,2 1,5 2 16,1 16,7 23,9 17,8 11,8 11,9 RDSI ADSL Cable Banda larga móbil Outras tecnoloxías Empresas de 0 a 9 traballadores/as Empresas de 10 ou máis traballadores/as de banda larga 21

O ADSL é a tecnoloxía máis utilizada polas empresas independentemente do sector onde desenvolven a súa actividade. Nas empresas de menos de 10 traballadores/as do sector da construción, cabe destacar a menor presenza do ADSL en favor dunha maior porcentaxe de cable. Nas empresas de 10 ou máis traballadores/as, débese salientar o significativo uso da banda larga móbil por riba do 23% das empresas nos tres sectores de actividade, duplicando a porcentaxe desta tecnoloxía respecto das microempresas. C.7. TECNOLOXÍA PRINCIPAL CONTRATADA SEGUNDO A ACTVIDADE Tecnoloxia prinicpal contratada EMPRESAS DE 0 A 9 TRABALLADORES/AS Industria Construción Servizos TIPO DE ACTIVIDADE Total EMPRESAS DE 10 E MÁIS TRABALLADORES/AS Industria Construción Servizos Total Telefonía básica e modem 7,6 8,5 4,0 5,3 1,3 0,9 1,3 1,2 RDSI 6,0 0,4 1,4 1,5 5,4 1,2 0,3 2,0 ADSL 68,7 64,2 74,7 71,5 82,9 79,9 84,4 83,0 CABLE 7,8 18,8 15,3 16,1 11,9 16,2 19,4 16,7 Banda Larga móbil UMTS, 3G, 3.5G (USB, tarxeta 3G) Outras tecnoloxías de Banda Larga 14,2 13,5 11,0 11,8 24,0 24,7 23,2 23,9 12,2 12,5 12,1 11,9 17,0 17,3 18,2 17,8 Base: empresas que dispoñen de acceso a Internet Non se observan diferenzas significativas segundo a provincia onde se localiza a sede da empresa agás unha maior presenza de cable nas empresas da Coruña e de banda larga móbil nas empresas de 10 e máis empregados/as da provincia de Pontevedra. C.8. TECNOLOXÍA PRINCIPAL CONTRATADA SEGUNDO PROVINCIA TECNOLOXÍA PRINCIPAL CONTRATADA PROVINCIA A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Total (%) Telefonía básica e modem 4,5 7,2 2,4 6,7 5,3 RDSI 1,2 0,3 1,7 1,7 1,5 ADSL 71,7 72,3 77,4 69,8 71,5 CABLE 16,8 14,3 14,9 15,6 16,1 Banda Larga móbil UMTS, 3G, 3.5G (USB, tarxeta 3G) Outras tecnoloxías de Banda Larga 11,2 18,0 3,9 11,2 11,8 10,2 9,4 9,3 16,1 11,9 Base: Empresas de 0 a 9 empregados/as que dispoñen de acceso a Internet 22

C.9. TECNOLOXÍA PRINCIPAL CONTRATADA SEGUNDO A PROVINCIA TECNOLOXÍA PRINCIPAL CONTRATADA PROVINCIA A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Total (%) Telefonía básica e modem 1,2 0,0 2,6 1,1 1,2 RDSI 2,3 0,0 2,7 2,4 2,0 ADSL 81,6 85,7 83,0 81,6 83,0 CABLE 18,2 15,6 15,2 17,7 16,7 Banda Larga móbil UMTS, 3G, 3.5G (USB, tarxeta 3G) Outras tecnoloxías de Banda Larga 24,0 26,3 24,1 27,3 23,9 19,1 18,5 18,0 19,2 17,8 Base: Empresas de 10 e máis empregados/as que dispoñen de acceso a Internet Pertencer a unha determinada non inflúe, de xeito determinante, no tipo de tecnoloxía, xa que en todos os grupos de actividade é maioritaria a contratación por ADSL sendo a porcentaxe máis alta a correspondente ao 26-33 1 cun 89,2% no caso das microempresas e do 86,4% nas empresas de 10 e máis traballadores/as. Ademais, as empresas dedicadas ás actividades correspondentes as s 69-74 son as que acadan os valores máis altos na contratación de cable (20,2% en microempresas e o 33,9% en empresas de 10 e máis empregados/as) C.10. TECNOLOXÍA PRINCIPAL CONTRATADA SEGUNDO OS GRANDES GRUPOS s TECNOLOXÍA PRINCIPAL CONTRATADA 10-18 19-23 24-25 GRANDES GRUPOS s 26-33 41-43 45-47 49-53 69-74 77-82 Total (%) Telefonía básica e módem 4,6 0,0 0,0 4,1 8,5 4,1 5,8 2,4 7,7 5,3 RDSI 6,3 5,4 18,8 0,0 0,4 0,8 0,0 0,0 5,5 1,5 ADSL 60,1 83,0 70,1 89,2 64,2 77,7 80,3 68,1 67,1 71,5 CABLE 11,0 11,6 5,6 3,5 18,8 14,9 11,1 20,2 12,2 16,1 Banda Larga móbil UMTS, 3G, 3.5G (USB, tarxeta 3G) Outras tecnoloxías de Banda Larga 22,1 2,7 11,1 9,4 13,5 10,4 21,7 10,3 2,3 11,8 19,4 2,7 5,6 9,4 12,5 11,0 28,2 13,9 9,9 11,9 Base: Empresas de 0 a 9 empregados/as que dispoñen de acceso a Internet Nota: A descrición das S figura no Anexo I 1 Ver descrición das s no Anexo I 23

C.11. TECNOLOXÍA PRINCIPAL CONTRATADA SEGUNDO OS GRANDES GRUPOS s TECNOLOXÍA PRINCIPAL CONTRATADA 10-18 19-23 24-25 GRANDES GRUPOS s 26-33 41-43 45-47 49-53 69-74 77-82 Total (%) Telefonía básica e módem 1,4 2,7 0,0 0,0 0,9 0,0 2,9 1,2 0,0 1,2 RDSI 3,9 6,6 7,3 3,8 1,2 0,8 0,0 0,0 0,0 2,0 ADSL 80,3 83,4 86,2 86,4 79,9 85,9 85,0 84,5 80,8 83,0 CABLE 15,0 10,9 6,0 12,1 16,2 17,1 10,0 33,9 31,3 16,7 Banda Larga móbil UMTS, 3G, 3.5G (USB, tarxeta 3G) Outras tecnoloxías de Banda Larga 22,9 33,2 20,3 24,4 24,7 16,9 23,1 35,0 23,7 23,9 15,3 19,1 23,1 14,2 17,3 18,3 16,6 22,5 14,8 17,8 Base: Empresas de 10 e máis empregados/as que dispoñen de acceso a Internet Nota: A descrición das S figura no Anexo I Obsérvase que cando medra o número de empregados/as, as empresas optan por dispoñer de varias tecnololoxías de acceso a Internet, principalmente ADSL, cable e banda larga móbil. C.12. TECNOLOXÍA PRINCIPAL CONTRATADA SEGUNDO O TAMAÑO DA EMPRESA TECNOLOXÍA PRINCIPAL CONTRATADA TAMAÑO DA EMPRESA De 0 a 2 De 3 a 9 De 10 a 19 De 20 a 49 De 50 a 99 De a 249 De 250 ou máis Telefonía básica e modem 5,6 3,6 1,6 1,1 0,0 0,0 0,0 RDSI 1,4 2,3 1,6 3,3 0,0 0,0 0,0 ADSL 70,4 76,5 81,8 85,8 81,6 80,2 80,0 CABLE 16,8 13,1 16,3 12,2 29,5 27,6 46,7 Banda Larga móbil UMTS, 3G, 3.5G (USB, tarxeta 3G) Outras tecnoloxías de Banda Larga 10,5 17,8 21,8 21,0 44,2 27,4 66,7 12,0 11,6 17,5 15,6 29,6 19,6 13,3 Base: Empresas que dispoñen de acceso a Internet 24

O 96% das empresas de 10 e máis asalariados/as e o 67,5% das microempresas galegas dispón de banda larga contratada. Os datos da enquisa do OSIMGA confirman que as empresas galegas están mellor conectadas e comezan a empregar as tecnoloxías móbiles para acceder á Rede. No período 2010-2012, a banda larga experimentou un incremento do 12,5% entre as microempresas galegas e do 3,9% nas empresas de 10 e máis empregados/as. G.16. EVOLUCIÓN DO INDICADOR Empresas con conexión a Internet mediante Banda Larga (% sobre o total de empresas) 90 80 70 60 50 40 30 20 10 0 87,5 89,3 92,4 96 60 67,5 43 34,3 2008 2009 2010 2012 Empresas de 0 a 9 traballadores/as Empresas de 10 e máis traballadores/as Nota: Considerase banda larga ás conexións a Internet realizadas a través de ADSL, Cable, banda larga móbil e outras tecnoloxías de banda larga Para realizar a comparativa coa media estatal, debemos considerar só as empresas con conexión a Internet. Neste caso, considerando só as empresas con conexión a Internet, a banda larga elévase ao 93,2% nas microempresas e ao 96,8% nas empresas de 10 e máis empregados/as. 25

G.17. COMPARATIVA COA MEDIA ESTATAL Empresas con conexión a Internet mediante Banda Larga (1) (% sobre o total de empresas de 10 e máis empregados /as con conexión a Internet) Empresas con conexión a Internet mediante Banda Larga (1) (% sobre o total de empresas de 0 a 9 empregados /as con conexión a Internet) 80 97,1 97,5 98,7 99,7 93,7 96,1 94,3 96,8 80 92,3 93,3 94,3 99 92 93,9 93,2 85,9 60 60 40 40 20 20 0 2008 2009 2010 2012 0 2008 2009 2010 2012 Galicia España Galicia España - INE (1) Nota: Considerase banda larga ás conexións a Internet realizadas a través de ADSL, Cable, banda larga móbil e outras tecnoloxías de banda larga O sector da industria presenta a porcentaxe máis baixa de contratación de banda larga tanto nas empresas de menos de 10 traballadores/as como nas empresas de 10 ou máis traballadores/as. Pola súa banda, as empresas do sector dos servizos son as que presentan unha porcentaxe máis alta na contratación de banda larga. C.3. BANDA LARGA SEGUNDO A ACTIVIDADE DA EMPRESA TIPO DE ACTIVIDADE (%) Banda Larga segunda a actividade EMPRESAS DE 0 A 9 TRABALLADORES/AS Industria Construción Servizos Total EMPRESAS DE 10 E MÁIS TRABALLADORES/AS Industria Construción Servizos Total Si 86.2 91.1 94.6 93.2 93.5 98.2 98.3 96.9 Non 13.8 8.9 5.4 6.8 6.5 1.8 1.7 3.1 Base: total de empresas que teñen acceso a Internet 26

Atendendo as s das empresas, a actividade que presenta maior contratación de banda larga é a 69-74 (actividades profesionais, científicas e técnicas). G.18. BANDA LARGA SEGUNDO OS GRANDES GRUPOS s (% sobre o total de empresas con conexión a Internet) 90 80 95,1 92,3 93,5 95 92,9 88,9 77,8 98,2 99,2 97,5 94,9 91,1 93,3 97,4 87,9 70 60 50 40 30 20 10 0 10-18 19-23 24-25 26-33 41-43 45-47 49-53 69-74 77-82 Empresas de 0 a 9 traballadores/as Empresas de máis de 10 traballadores/as A totalidade das empresas de máis de 50 asalariados/as con acceso a Internet dispoñen de conexión á Rede a través de banda larga, aínda que en todos os tramos de asalariados/as supérase o 93% neste indicador. G.19. BANDA LARGA SEGUNDO O TAMAÑO DA EMPRESA (% sobre o total de empresas con conexión a Internet) 90 80 70 60 50 40 30 20 10 0 93 De 0 a 2 asalariados/as 94,3 De 3 a 9 asalariados/as 96,9 De 10 a 19 asalariados/as 95,7 De 20 a 49 asalariados/as De 50 a 99 asalariados/as De a 249 asalariados/as De 250 ou máis asalariados/as 27

II.2. Velocidade de conexión O 72,8% das empresas de 10 e máis empregados/as e o 69,8% das microempresas con conexión a Internet ten contratada unha velocidade de conexión a Rede superior a 2 Mpbs. G.20. VELOCIDADE DE ACCESO A INTERNET CONTRATADA NA EMPRESA (% sobre as empresas con conexión a Internet) 80 60 40 20 0 41,2 42,6 28,6 30,2 18,4 16,8 3,1 8,7 7,7 2,7 Menos de 1 Mbps De 1 Mbps ata 2 Mbps De 2 Mbps ata 10 Mbps Máis de 10 Mbps Ns/ Nc Empresas de 0 a 9 traballadores/as Empresas de 10 e máis traballadores/as Destacar, nunha comparativa cos resultados observados no ano 2010 un importante incremento das empresas que contrataron unha velocidade superior a 10 Mbps. Duplícase a porcentaxe de microempresas con velocidade superior a 10 Mbps e aumenta un 33,6% nas empresas de 10 e máis empregados/as. 28

G.21. VELOCIDADE DE ACCESO A INTERNET CONTRATADA NA EMPRESA (% sobre as empresas de 0 a 9 empregados/as con conexión a Internet) Por baixo de 1 Mbps Maior ou igual que 1 Mbps e inferior a 2 Mbps 3,1 5,6 8,7 10,5 Maior ou igual que 2 Mbps e inferior a 10 Mbps 41,2 50,1 Máis de 10 Mbps Ns/Nc 14,1 18,4 19,7 28,6 Ano 2010 Ano 2012 G.22. VELOCIDADE DE ACCESO A INTERNET CONTRATADA NA EMPRESA (% sobre as empresas de 10 e máis empregados/as con conexión a Internet) Por baixo de 1 Mbps 2,7 3,3 Maior ou igual que 1 Mbps e inferior a 2 Mbps 7,7 10,0 Maior ou igual que 2 Mbps e inferior a 10 Mbps 42,6 48,1 Máis de 10 Mbps 22,6 30,2 Ns/Nc 16,8 15,9 Ano 2010 Ano 2012 29

En xeral, as empresas do sector da construción e servizos son as que presenta as porcentaxes máis altas nos tramos de velocidade superiores a 2 Mbps. C.4. VELOCIDADE CONTRATADA SEGUNDO A ACTIVIDADE TIPO DE ACTIVIDADE (%) Velocidade de acceso a Internet EMPRESAS DE 0 A 9 TRABALLADORES/AS Industria Construción Servizos Total EMPRESAS DE 10 E MÁIS TRABALLADORES/AS Industria Construción Servizos Total Menos de 1 Mbps. 6,9 6,3 1,7 3,1 3,6 1,8 2,4 2,7 De 1 ata 2 Mbps 5,2 7,6 9,9 8,7 11,3 8,2 5,5 7,7 De 2 ata 10 Mbps. 37,9 41,1 41,4 41,2 39,9 47,3 42,7 42,6 Máis de 10 Mbps. 20,2 27,8 28,9 28,6 26,8 24,5 34,1 30,2 Ns/Nc 25,9 17,1 18,1 18,4 18,5 18,2 15,4 16,8 Base: total empresas con conexión a Internet A maior parte das empresas, independentemente da súa actividade, teñen contratada unha velocidade de 2 Mbps a 10 Mbps pero, entre elas, cabe destacar que nas s 69-74 e 77-82 a velocidade preferente sitúase no tramo de velocidade superior a 10 Mbps. C.5. VELOCIDADE CONTRATADA SEGUNDO GRANDES GRUPOS s EMPRESAS DE 0 A 9 TRABALLADORES/AS Velocidade de acceso a Internet 10-18 19-23 24-25 26-33 (%) 41-43 45-47 49-53 69-74 77-82 Total Menos de 1 Mbps. 3,8 0,0 0,0 7,1 6,3 2,1 0,0 0.9 2.9 3.1 De 1 ata 2 Mbps 3.8 0.0 12.5 7.1 7.6 12.3 6.9 6,0 2,9 8,7 De 2 ata 10 Mbps. 42,3 60,0 37,5 28,6 41,1 44,1 55,2 36,2 32,4 41,2 Máis de 10 Mbps. 23,1 20,0 12,5 42,9 27,8 23,7 20,6 42,2 41,2 28,6 Ns/Nc 26,9 20,0 37,5 14,3 17,1 17,8 17,2 14,7 20,6 18,4 Base: empresas de 0 a 9 traballadores / as que teñen acceso a Internet Nota: A descrición dos s figura no Anexo I 30

C.6. VELOCIDADE DE ACCESO A INTERNET SEGUNDO EMPRESAS DE 10 OU MÁIS TRABALLADORES/AS Velocidade de acceso a Internet 10-18 19-23 24-25 26-33 (%) 41-43 45-47 49-53 69-74 77-82 Total Menos de 1 Mbps. 1,6 0,0 3,2 12,5 1,8 0,9 1,3 0,0 0,0 2,7 De 1 ata 2 Mbps 14,5 14,8 6,5 10,0 8,2 7,8 5,1 2,4 0,0 7,7 De 2 ata 10 Mbps. 41,9 33,3 38,7 42,5 47,3 50,0 48,7 31,7 43,5 42,6 Máis de 10 Mbps. 25,7 33,3 16,1 30,0 24,6 23,3 28,2 51,3 56,3 30,2 Ns/Nc 16,1 18,5 35,5 5,0 18,2 18,1 16,7 14,6 0,0 16,8 Base: empresas de 10 ou máis traballadores / as que teñen acceso a Internet Nota: A descrición dos s figura no Anexo I 31

II.3. En síntese O 67,5% das microempresas galegas dispón de banda larga e o 96% no caso de empresas de 10 ou máis traballadores/as. Considerando só as empresas con conexión a Internet, a banda larga elévase ao 93,2% nas microempresas e ao 96,8% nas empresas de 10 e máis asalariados/as. A banda larga experimentou un incremento do 12,5% entre as microempresas e do 3,9% nas empresas de 10 e máis empregados/as O ADSL é a modalidade de conexión principal para o 71,5% das microempresas con conexión a Internet fronte ao 83% para as grandes empresas. Destaca especialmente o aumento da banda larga móbil, que era case inexistente no ano 2010 e acada ao 11,8% das microempresas e ao 23,9% das empresas de 10 e máis empregados/as no ano 2012. O 72,8% das empresas de 10 e máis empregados/as e o 69,8% das microempresas ten contratada velocidade de conexión a Internet superior a 2 Mbps, sendo significativo o incremento experimentado no tramo de velocidade superior a 10 Mbps. 32

ANEXO I: S 2009 1. Total Industria: 1.1. Alimentación, bebidas, tabaco, textil, pezas de vestir, coiro e calzado, madeira e cortiza, papel, artes gráficas e reprodución de soportes gravados ( 10-18) 1.2 Coquería e refino de petróleo, produtos farmacéuticos, caucho e plásticos, produtos minerais non metálicos ( 19-23) 1.3 Metalurxia fabricación de produtos metálicos ( 24-25) 1.4. Produtos informáticos, electrónicos e ópticos, material e equipo eléctrico, maquinaria e equipo, vehículos a motor, material de transporte, mobles e outras industrias manufactureiras, reparación de maquinaria e equipo ( 26-33) 1.5. Enerxía e agua ( 35-39) 2. Construción ( 41-43) 3. Total Servicios: (excluídas 56: servizos de comidas e bebidas, 75 e financeiras) 3.1. Venda e reparación de vehículos de motor, comercio polo xunto e polo miúdo ( 45-47) 3.2. Transporte e almacenamento ( 49-53) 3.3. Servizos de aloxamiento ( 55) 3.4. Información e comunicacións ( 58-63) 3.5. Actividades inmobiliarias ( 68) 3.6. Actividades profesionais, científicas e técnicas (agás as veterinarias) ( 69-74) 3.7. Actividades administrativas e servizos auxiliares (incluídas axencias de viaxes) ( 77-82) 4. Sector TIC (261-264, 268, 465, 582, 61, 6201, 6202, 6203, 6209, 631, 951) 33

Fontes de información Datos referentes a Galicia INE 2008-2009, OSIMGA 2010-2012 Datos referentes a España INE 34