Documentos relacionados
Programa_Antroido_2013.pdf 1 04/02/13 17:24.

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

e diferente ter un bo a camiñar.

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL

A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de:

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

entroido gastronómico

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

VOLUNTARIADO XACOBEO 2010

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Maio Nº Var. Int. 18/17

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

Indice. Obradoiros artísticos...3 Obradoiros de idiomas...4 Obradoiros de informática...5

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

A ÁLISE ESTATÍSTICA SOBRE O TURISMO ESTIVAL E GALICIA (E QUISA DE DESTI O, 2010) (Versión resumida)

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

MUSEO LISTE ETNOGRÁFICO DE VIGO PROGRAMACIÓN 2º TRIMESTRE 2017

GALEGAS ACTOS. dedicado. Paraa alumnado. Venres 9 de maio. FANTÁSTICA co espectáculo. En caso de cheo. Martes 13 de maio. Contacontos en CONCELLERÍA

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

CALENDARIO PARA O CICLO INTENSIVO DO PROGRAMA UNIVERSITARIO PARA MAIORES. CAMPUS DE PONTEVEDRA. CURSO

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

PROPOSTAS PARA PARTICIPAR NO MARCO DA CAMPAÑA #COMPOSTELAENNEGRO. #EnNegroContraAsViolencias. #Galiciaennegro

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

FICHA TÉCNICA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

CARREIRA CALVARIO 5+5

IV RUTA DA MERLUZA DE BURELA (XII RUTA BTT DE BURELA)

PIALE Integración en lingua portuguesa

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

Fábrica da Luz/Pasarela do Río Mao/Cañón do Sil

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xuño Nº Var. Int. 17/16

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

BENQUERENCIA TERRA - MAR

Consulta Existencia do Asociacions 2017 Grafico Zonas. Se Realizarón un total de 400 Consultas na Enquisa: Existencia do Asociacions 2017

V TRAIL DE VILATUXE 2017

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL

PERFIL DO VISITANTE EN AROUSA NORTE

FICHA TÉCNICA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Proxecto Esmelle. Convivencia entre veciños voluntarios e persoas que realizan Traballos en Beneficio da Comunidade

DATA: Domingo 15 de Maio de 2016, a partir das 10:00 horas. LUGAR: Pavillon de deportes de Mesoiro-A Coruña.

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Potencias e radicais

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

FIM DE ANO NAS RIAS DA GALIZA

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

Achega as persoas á natureza, é unha forma sinxela e natural de reciclar os restos orgánicos, e ten múltiples beneficios ambientais:

Mago: Roberto Lolo Teatro: Bicos con lingua Teatro: Pelos na lingua Concurso radiofónico: Sesión preparatoria English Week Soundpainting

1.- Organización da Escola de Primavera:

VARIACIÓN MENSUAL DO PARO REXISTRADO EN GALICIA. AGOSTO

Dossier O líder da prensa en galego

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Proxecto PROXECTO DE ORZAMENTOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA. ANO 2015 AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

REDE EUSUMO. información e comunicación

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

O CONTRATO DE TRABALLO

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Outubro Nº Var. Int. 18/17

BOLETÍN INFORMACIÓN CULTURAL DE LUGO

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Este proxecto musical nace en 2012 cando varios músicos e profesores de corda de Galiza, interesados na interpretación da música dos séculos XVII e

Transcrição:

www.xeneraisdaulla.com

ENTROIDO DE TURISMO RURAL NA ESTRADA O programa Entroido de Turísmo Rural dos Xenerais da Ulla convídate a descubrir o Entroido dos Xenerais da Ulla e participar nesta festa declarada de Interese Turístico de Galicia. Este programa inclúe ademáis rutas e outras actividades para coñecer as paraxes naturais e productos gastronómicos do contorno coa comodidade de contar cunha casa de turismo rural na que descansar. NOTA Os datos que aquí figuran foron facilitados polos propios restaurantes/aloxamentos. O Grupo de 8 Concellos Xenerais da Ulla non se fai responsable dos mesmos. Este paquete proposto e de 3 días e 2 noites, durante a fin de semana do entroido. Pode ser contratado de forma individual, en parella ou en grupos. Podes consultar toda a información adicional que precises sobre o programa Entroido de Turismo Rural dos Xenerais da Ulla na web da Asociación de Turismo Rural e Ocio da Comarca de Tabeirós Terra de Montes Mar de Compostela www.mardecompostela.com, ou no teléfono 699 339 794. 2 PROGRAMA ORIENTATIVO VENRES 28 de febreiro Chegada ao aloxamento de turismo rural Recepción, entrega de material informativo e obsequio 21:30 hs: Cea na casa de turismo rural SÁBADO 1 de marzo Almorzo 11:00 hs: Visita teatralizada ao Pazo de Oca (mín 15 pax) 14:00 hs: Xantar típico do entroido 17:00 hs: Xornada de Risoterapia (mín 15 pax) 21:30 hs: Cea na casa de turismo rural 22:00 hs: Baile de disfraces DOMINGO 2 de marzo Almorzo 12:00 hs: Entrada á exposición sobre o Entroido dos Xenerais da Ulla (Santiago de Compostela) 14.00 hs: Xantar libre 18:30 hs: Atranques de Xenerais e Correos (Couso) Fin da viaxe PREZO: 140 (IVE incluído ) Opcional 1 noite: 75 (IVE incluído ) Este programa verase modificado según sexan os atranques en cada Concello Prezo por persoa en hab. dobre e con seguro RC do aloxamento. Traslados a cada actividade programada non incluídos.

VENRES 28 de febreiro O Entroido de Turismo Rural dos Xenerais da Ulla iníciase o venres pola tarde, coa chegada do cliente á casa de turismo rural. O persoal de recepción informará ao visitante sobre os servizos dispoñibles no establecemento e sobre os horarios e localización do servizo de almorzo. Daranse indicacións sobre o contido do paquete, e farase entrega do material informativo e obsequio, co fin de que poida aproveitar ao máximo a súa experiencia. Tras a instalación na habitación, terá lugar a cea (21:30 hs) na casa de turismo rural, para saborear os pratos típicos da gastronomía tradicional desta época do ano. SÁBADO 1 de marzo O sábado, despois do almorzo, o participante trasladarase ao Pazo de Oca para participar nunha visita teatralizada a este monumento que forma parte do patrimonio histórico artístico e posúe un xardín considerado o Versalles galego, incluído na Ruta da Camelia. Esta actividade está pensada para que o visitante se introduza nunha época anterior vivindo unha experiencia única. De seguido, a carón das 14:00 hs, haberá un xantar con gastronomía típica do entroido, cocido galego e postres tradicionais. Tras o xantar (17:00 hs), realizarase unha xornada de risoterapia impartida por expertos na materia. Unha actividade novidosa e moi divertida, apta para todos os públicos. O Entroido é unha festa para pasalo realmente ben; desinhibirse, rirse, bailar, agudizar o noso sentido do humor e enxeño e por suposto rirnos de nós mesmos. A risoterapia e un complemento ideal a esta festa do entroido, pois a diversión, o baile e as risas están plenamente garantidos. A xornada do sábado remata de novo cunha cea-baile á que o visitante poderá traer o seu propio disfraz. DOMINGO 2 de marzo Na útima xornada, despois do almorzo na casa de turismo rural, o visitante se trasladarase a Santiago de Compostela, onde poderá visitar a exposición sobre o Entroido dos Xenerais da Ulla, no Museo do Pobo Galego, co obxetivo de coñecer mellor a historia e o significado desta tradicional festa declarada de Interese Turístico de Galicia. Despois do xantar, que será libre, estará listo para presenciar a razón de ser deste paquete: o espectáculo do Entroido dos Xenerais da Ulla. 3

O paquete Entroido de Turismo Rural dos Xenerais da Ulla inclúe un mapa-guía para orientar ao espectador onde poderá presenciar o Entroido dos Xenerais da Ulla, unha tradición sen parangón cuxa orixe remóntase á primeira metade do século XIX Os personaxes máis importante do espectáculo son os engalanados Xenerais e Correos que van a cabalo, e que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun exército de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un Atranque ou Alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitando para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, sucedidos durante o ano. Datas: Dende o 22 de febreiro ao 9 de marzo Prezo: Prezo por persoa en habitación dobre140 (IVE incluído). Prezo opcional 1 noite 75 (IVE incluído). Información e reservas: www.mardecompostela.com mardecompostela@yahoo.es teléfono. 699 339 794 4

ENTROIDO DE TURISMO RURAL EN BOQUEIXÓN CASA DE CASAL Turismo Rural - Grupo C Cachosenande, 17 - Lestedo. Boqueixón (A Coruña) www.casadecasal info@casadecasal.com Datas: do 25 febreiro ao 9 marzo Habitación dobre en réxime de media pensión (almorzo e cea). Paquete de Entroido baixo reserva mínima de dous días de antelación. Tosta de rixóns con queixo de Arzúa Empanada de cocido Filloas con recheo de marisco Orellas doces Viño albariño Terras de Godos ou mencía Rectoral de Amandi Café e licores Prezo: 50 /persoa ENTROIDO DE TURISMO RURAL EN SILLEDA CASA DE CACHEIRO Turismo Rural - Grupo B Santa Cristina, 9 - Lamela. Silleda (Pontevedra) Teléfono reservas: 986 58 50 95 / 986 58 50 27 Coordenadas GPS: X 8º 19' 23,67" W Y 42º 44' 00,26" N www.casadecacheiro.com Datas: do 21 de febreiro ata o 4 de marzo Prezo: Prezo especial do Entroido polo alugamento da casa completa (con capacidade para 14 persoas e postre típico do Entroido como agasallo de benvida): 200 /noite (IVE incluído). 5

CASA GRANDE DE FUENTEMAYOR Turismo Rural - Grupo A Lugar de Cobas, 2 - Cortegada. Silleda (Pontevedra) Teléfono reservas: 986 59 20 01 / 650 53 12 93 Coordenadas GPS: 42.67261530, -8.22783172 www.casagrandefuentemayor.com Prezo por habitación para 2 persoas: Con almorzo:..... 50 Sen almorzo:... 40 Menú 1: Empanada galega ou crema de verduras ecolóxicas Solombo de porco celta ao queixo ou pimenta ou rape braseado en montadito de vexetais Postre caseiro Café e chupito Bebidas non incluídas Prezo: 15 Menú 2: Require reserva previa mínimo 3 días antes da chegada. Cocido galego que consiste en sopa de cocido e posteriormente un cocido completo a base de porco, tenreira, galiña, patacas, grelos, chourizo e postre caseiro e viño Ribeiro da casa. Refrescos e cervexas non incluídas Prezo: 25 6

CASA VICTORINO Hotel 1* Rúa Xeral, 35 - Bandeira. Silleda (Pontevedra) Teléfono reservas:986 58 53 30 Prezo por habitación para 2 persoas: Con almorzo: 40 Sen almorzo:.35 Menú 1: Menú do día (todo incluído) Prezo: 10 Menú 2: Cocido galego (todo incluído) Prezo: 15 ENTROIDO DE TURISMO RURAL EN TOURO A PENA DE AUGASANTAS Turismo Rural - Grupo B Oca de Abaixo, 16 Beseño. Touro (A Coruña) Teléfono reservas:981 51 87 47 / 67999 30 95 (Manolo ou Maribel) Coordenadas GPS: 42.88747358-8.25243831 www. apenadeaugasantas.com Inclúe unha noite de aloxamento para dúas persoas, con almorzo incluído e xantar ou cea. Menú: Cocido galego Postres típicos do Entroido Viño galego Café, infusións Licores caseiros Prezo: 90 7

ENTROIDO DE TURISMO RURAL EN VEDRA PAZO DE GALEGOS Hotel 2* Galegos, 6 - San Pedro de Vilanova. Vedra (A Coruña) Teléfono reservas: 981 51 22 17 Coordenadas GPS: 42º47.066 N 008º26.088 W www.pazodegalegos.com Prezo por habitación para 2 persoas: Con almorzo: 60 (IVE incluído) CASA SUÁREZ Turismo Rural - Grupo B Ponte de Sarandón, 2, San Mamede de Ribadulla - Vedra Teléfono reservas: 981 512548-609068441 Coordenadas GPS: 42º44.893 N 008º26.971 W www.casasuarez.com Prezo por habitación para 2 persoas: Con almorzo: 50 (IVE incluído) PAZO CIBRÁN Turismo Rural - Grupo A Cibrán, 6 - San Xián de Sales. Vedra (A Coruña) Teléfono reservas: 981 51 15 15 Coordenadas GPS: 42º48.837 N 008º30.691 W www.pazocibran.com Prezo por habitación para 2 persoas: 60 (IVE incluído) Almorzo: 6 /persoa AS SEIS CHEMINEAS Pensión 2* Matelo, 3, San Xián de Sales - Vedra Teléfono reservas: 981 51 19 52 / 647 53 21 49 Coordenadas GPS: 42º48.919 N 008º30.013 W www.seischemineas.es Prezo por habitación para 2 persoas: 60 (IVE incluído) Almorzo: 6 /persoa 8

A Ulla Descubrir A Ulla é unha comarca natural do interior de Galicia. O magnífico río Ulla, rico en troitas, salmóns e lampreas, articula esta bela comarca, dominada pola silueta do monte Pico Sacro, o cumio máis mítico de Galicia. Ademais de Santiago de Compostela, Patrimonio da Humanidade e destino do Camiño de Santiago, que atravesa toda a zona, nela están os belísimos pazos de Oca e Ribadulla. Os seus xardíns, declarados Monumento Histórico-Artístico, locen especialmente na época do Entroido, ateigados de camelias (hai que lembrar que nesta zona están catro do total de doce xardíns que forman parte da famosa Ruta da Camelia). Pero hai moito máis. A verde paisaxe de montes e vales sucada de ríos e sendeiros, as antigas igrexas e mosteiros, a arquitectura popular e a autenticidade da súa xente, fan dela un territorio de altísimo interese para os amantes da natureza, do turismo activo, da tranquilidade, do bo comer, das visitas culturais e das tradicións ancestrais. Os Xenerais da Ulla Os Xenerais da Ulla é o Entroido rural tradicional da Ulla, que se produce nas inmediacións da cidade de Santiago desde a primeira metade do século XIX: os Xenerais van a cabalo, disfrazados con vistosas vestimentas militares similares ás de aquela época, pero que ademais inclúen adornos puramente carnavalescos, que locen tamén os cabalos. Os atavíos, tanto dos Xenerais como dos seus cabalos, chaman a atención pola súa tradición, orixinalidade, colorido e grao de elaboración, o que fai que teñan un valor único. O Entroido da Ulla remonta as súa orixes a primeira metade do s. XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese século: a invasión do exército napoleónico, a revolución do 1846 ou as guerras carlistas. Así os seus principais protagonistas son vistosas figuras que recrean estes momentos históricos. 9

Os personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun exército de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, Dunha parroquia a outra o Entroido da Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos definitorios que os fan únicos. Xenerais e Correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do Entroido tradicional galego. En vista do seu altísimo interese, en setembro de 2013 foi declarada Festa de Galicia de Interese Turístico. O Entroido dos Xenerais da Ulla celébrase en 2014 entre o 22 de febreiro e o 9 de marzo, e consta actualmente de 26 celebracións distintas noutros tantos lugares e parroquias dos Concellos de: A Estrada, Boqueixón, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces. +info: www.xeneraisdaulla.com Descansar Variedade e calidade caracterizan aos aloxamentos da Ulla: hoteis, incluíndo os hoteis-monumento, pensións, albergues turísticos, áreas de autocaravanas, mesmo un balneario e, como non, encantadoras casas de turismo rural, aos que hai que engadirlle toda a oferta aloxativa da cidade de Santiago de Compostela, a só uns pasos. 10

calendario Aínda que os Xenerais percorren as parroquias ao longo de todo o día, os altos ou atranques, momento cumio da celebración, son: Do 18/01 ao 09/03/2014 Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) Exposición: "Xenerais da Ulla Reis (Teo) GPS: 42º 46' 17.9" / 8º 33' 10.1" 20.00 h. Sábado 01/03/2014 Sábado 22/02/2014 Lamela (Silleda) GPS: 42º 44' 15" / 8º 19' 21" 18.00 h. Marrozos (Santiago de Compostela) GPS: 42º 50 22 / 8º 29 50 19.00 h. Illobre (Vedra) APRAZADO GPS: 42º 47 38.4 / 8º 30 14.3 19.00 h. Reis (Teo) GPS: 42º 46 17.9 / 8º 33 10.1 20.00 h. Domingo 23/02/2014 Bama (Touro) GPS: 42º 52' 45" / 8º 21' 58" 16.00 h. A Bandeira (Silleda) Praza da Feira GPS: 42º 43' 49" / 8º 18' 10" 17.30 h. Entroido Municipal de Vedra de Vedra GPS: 42º 46' 33.26" / 8º 28' 30.80" 18.00 h. Aríns (Santiago de Compostela) (R/ San Martiño) GPS: 42º 51' 50" / 8º 30' 14" 18.30 h. Trobe (Vedra) - Local Multiusos GPS: 42º 45' 57.5" / 8º 30' 20.4" 19.00 h. Angrois (Santiago de Compostela) (Soutiño) GPS: 42º 51' 35" / 8º 31' 41" 19.00 h. Cacheiras (Teo) GPS: 42º 49' 17.8" / 8º 32' 38.2" 20.00 h. Martes 4/03/2014 Fao (Touro) GPS: 42º 50' 53" / 8º 17' 58" 16.00 h. Entroido Municipal da Estrada Campo da Feira GPS: 42º 41' 25.43" / 8º 29' 11.83" 18.00 h. Mércores 5/03/2014 Cacheiras (Teo) GPS: 42º 49' 17.8" / 8º 32' 38.2" 20.00 h. Teo de Santa María de Teo GPS: 42º 45' 52.5" / 8º 31' 14.3" 20.00 h. Domingo 2/03/2014 Merza (Vila de Cruces) GPS: 42º 46' 9" / 8º 15' 34" 17.00 h. Sergude (Boqueixón) GPS: 42º 49' 38" / 8º 27' 48" 19.30 h. Piloño (Vila de Cruces) GPS: 42º 47' 55" / 8º 15' 31" 16.30 h. Couso (A Estrada) GPS: 42º 44' 56.71" / 8º 32' 52.49" 18.30 h. O Eixo (Santiago de Compostela) Carballeira do Souto Santa Lucía GPS: 42º 50' 52.74" / 8º 31' 25.36" 19.00 h. Fonte Díaz (Touro) Feira do Entroido GPS: 42º 51' 5" / 8º 18' 5" 12.30 h. Sábdo 8/03/2014 San Xián de Sales (Vedra) GPS: 42º 48' 55.1" / 8º 30' 41.4" 19.00 h. Bamonde (Teo) GPS: 42º 78' 40.55" / 8º 51' 12.29" 20.00 h. Domingo 9/03/2014 Lestedo (Boqueixón) Festa da Filloa GPS: 42º 47' 55" / 8º 28' 11" 17.00 h. Salgueiros (Vila de Cruces) GPS: 42º 49' 2" / 8º 15' 42" 16.00 h. *Información suxeita a cambios Consultar www.xeneraisdaulla.com 11

Campaña promovida por: Coa colaboración de: Coa colaboración especial de: www.xeneraisdaulla.com