MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL UNIDADE TRAMITADORA (U.T.)

Documentos relacionados
MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL SOLICITANTE

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

MANUAL PROGRAMA DIETAS E INDEMNIZACIÓNS POR RAZON DE SERVIZO PERFIL UNIDADE TRAMITADORA

MANUAL PROGRAMA INDEMNIZACIÓNS POR RAZON DE SERVIZO PARA PERSOAS SIN VINCULACIÓN LABORAL PERFIL UNIDADE TRAMITADORA

Requisitos para subir documentos ao

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

AXUDA DE USO DO CALENDARIO DE AULA

Guía Rápida Correo Web

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Máquinas Recreativas. Guía de usuario

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Condicións legais do programa de puntos R Residencial OBXECTO

PANTALLA INICIAL APARTADOS DA APLICACIÓN. Na pantalla inicial o usuario dispón de diferentes apartados na barra esquerda:

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Que é unha rede de ordendores?

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

PIALE Integración en lingua portuguesa

Potencias e radicais

Matemática Financeira

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de:

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Información do documento. Control de versións. Manual de Explotación

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR OS IMPRESOS DE SOLICITUDE DE REXISTRO REGA

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

V TRAIL DE VILATUXE 2017

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

Os Números Reais. 1. Introdución. 2. Números racionais. Número irracionais

REGULAMENTO DA WEB DA CPMA-VIGO

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

PAU XUÑO 2014 MATEMÁTICAS II

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

I.E.S. CADERNO Nº 1 NOME:

Inecuacións. Obxectivos

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

As claves da. factura eléctrica

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

CONCURSO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E CLUBS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ANO 2015 EXPEDIENTE DE SOLICITUDE

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

CORREDORES E SOCIEDADES DE CORREDORÍA DE SEGUROS

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

Artigo 1.- OBXECTO DO REGULAMENTO. Artigo 2.- TITULARIDADE E ADMINISTRACIÓN DA MARCA.

Anexo II. DECLARACIÓN DE BENS E DEREITOS i

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Nome e apelidos:... Curso:... Data:... POTENCIAS E RAÍCES. Lese a elevado á quinta. BASE

ESTA REITORÍA RESOLVE

PAU XUÑO 2016 ECONOMÍA DA EMPRESA

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

Acceso ao sistema universitario de Galicia PAU e Preinscrición Instrucións para os estudantes

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

Contrato do ID de BlackBerry

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA O INICIO DE ESTUDOS EN MÁSTER OFICIAL NO CURSO ACADÉMICO 2017/2018

BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

Emilio Fernández: "Non estamos a formar universitarios e universitarias, senón especialistas"

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

Múltiplos e divisores

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

PAU XUÑO 2013 MATEMÁTICAS II

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

Que é a... Responsabilidade Civil Xeral?

Instrución de manexo da rede de frío. Actualización xullo 2012

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

AMPLIACIÓN Á PROGRAMACIÓN EN LINGUAXE C CON ARDUINO

DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8431

NAVEGA CON RUMBO.

Ficha técnica. Praça Marquês de Pombal nº 70, Porto Telefone: ª Edição ISBN: Depósito Legal nº

CIRCULAR (modificada a 20/04/2016)

SOLICITUDE DE USO DA SALA XIMNASIO/MUSCULACIÓN DO ESTADIO DE SAN LÁZARO Tempada 2016/2017

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

05 Movémonos mellor?

Potencias e raíces de números enteiros

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CADERNO Nº 13 NOME: DATA: / / Estatística

Manual do formatador Kfloppy

REGULAMENTO DE UTILIZACIÓN DO AUDITORIO DO CENTRO MULTIUSOS DE ARCADE

Convocatoria ordinaria de 2014

O BARCO DE VALDEORRAS

Transcrição:

MANUAL PROGRAMA PEDIMENTOS UNIVERSIDADE DE VIGO PERFIL UNIDADE TRAMITADORA (U.T.) Data de actualización: 23/07/15 INDICE: 1-Alta no aplicativo informático...páxina 1 2-Perfil...Páxina 1 3-Acceso ao programa informático de pedidos...páxina 1 4-Búsqueda de pedidos...páxina 4 5-Creación dun pedido...páxina 5 6-Autorización dun pedido...páxina 16 7-Pedidos rexeitados...páxina 21 8-Estados do pedido...páxina 22 9-Tramitación dun pedido...páxina 22 10-Conformación do pedido...páxina 31 11-Conciliación do pedido coa factura...páxina 35 12-Incidencias...Páxina 38 0

1.-Alta no aplicativo informático Para solicitar o alta no aplicativo informático de pedidos débese dirixir por escrito solicitando o alta á Oficina Contable, é dicir, ao Servizo de Contabilidade, Orzamentos e Tesorería. 2.-PERFIL: Unha persoa que teña o perfil de U.T. poderá realizar as funcións descritas no presente manual e ademais as funcións do perfil Validador (ver manual de Validador) e U.R.G. (ver manual de U.R.G.) A U.T. é o responsable de tramitar un pedido ante un provedor para a satisfacción dunha necesidade sobre unha Unidade de Gasto. Tamén é o responsable de solicitar varias ofertas a diferentes provedores se así o considera oportuno e a realizar o documento contable preciso (RC) a nivel orzamentario se fose preciso. No caso de tramitar o pedido para a realización dun gasto, o pedido pasará ao estado TRAMITADO, e o programa automaticamente enviará un email co link do pedido e os documentos adxuntos publicables ao provedor. No caso de Denegar o pedido este volverá ao U.R.G. para a súa redefinición ou devolución ao Solicitante para o seu arquivo definitivo. Hai que ter presente que non se van a imprimir nin os pedidos nin as facturas, polo que hai que verificar moi ben os datos introducidos no pedido. 3.-ACCESO AO PROGRAMA INFORMÁTICO DE PEDIDOS: Para acceder ao portal de pedidos debe accederse dende a secretaría virtual da Universidade de Vigo na seguinte dirección: www.uvigo.es, pinchando en Secretaría Virtual 1

Aparece a seguinte pantalla, no que debemos introducir os datos privados de cada usuario. Isto implica que cada vez que se realice algunha tarefa no programa informático de pedidos quedará reflexado quen o fixo, identificando en todo momento cada proceso. Por elo compre recordar que non se deben proporcionar os datos persoais de acceso á Secretaría Virtual a outras persoas. Unha vez introducidos os datos persoais, buscamos o ICONO de PEDIDOS dentro do noso menú ou accedendo pola opción de AS MIÑAS APLICACIÓNS 2

Ao pinchar en Pedidos aparece xa o aplicativo informático de pedidos. 3

4.-BÚSQUEDA DE PEDIDOS: Na parte superior da ventá, aparece a opción de PROCURAS, que serve para buscar un pedido de todo o listado de acordo cunha serie de variables: Ao pinchar en Procuras aparece o listado completo de variables sobre as que se poden facer filtros á hora de buscar calquera pedido. 4

Poderase buscar un pedido de acordo con calquera dos datos arriba indicados, podendo a súa vez utilizar máis dun filtro ou campo de búsqueda. Na pantalla inicial de pedidos, tamén hai unha opción para filtrar os pedidos por TIPO ou ESTADO 5.-CREACIÓN DUN PEDIDO Poderán crear un pedido os seguintes perfís de usuario: -Solicitante -Validador -Unidade Responsable de Gasto -Unidade Tramitadora Os perfís de Validador, Unidade Responsable de Gasto e Unidade Tramitadora, á hora de crear un pedido estarán actuando baixo o rol de Validador, é dicir, que o pedido deberá seguir os pasos marcados no fluxo económico do ANEXO I. O solicitante unicamente poderá dar de alta un pedido pero non poderá SOLICITAR un pedido, é dicir, iniciar o proceso para tramitar un gasto. 5.1-Creación inicial do pedido: Para crear un pedido hai que pinchar na opción de NOVO PEDIDO: 5

E aparece a seguinte pantalla: Nesta pantalla, hai que cubrir obrigatoriamente os campos en vermello e que teñen un asterisco. Os campos indican: a. -Data: hai que introducir a data na que se fai a solicitude de pedido. Por defecto a data actual. b. -Data estimada de entrega: hai que poñer a data de entrega estimada do ben ou servizo. É moi importante porque esta data se usa para: i. -Comunicarlle ao provedor a data máxima na que se precisa recibir o ben ou servizo. ii. -O programa enviará un email automaticamente ao solicitante e Validador ao día seguinte de esta data sempre que o pedido non estea en fase Conforme /Non Conforme/En espera/anulado. 6

c. -Tipo: hai que elixir dentro dos tipos de gasto, que coinciden exactamente coa clasificación económica do orzamento. Non hai problema si se comete un erro neste campo, posto que será a Unidade Tramitadora no último paso do pedido o que se responsabilice de que este campo estea ben cuberto. d. -Subtipo: hai que elixir dentro dos tipos de gasto, que coinciden exactamente coa clasificación económica do orzamento. Non hai problema si se comete un erro neste campo, posto que será a Unidade Tramitadora no último paso do pedido o que se responsabilice de que este campo estea ben cuberto. e. -Financiación FEDER: si o gasto a executar ten financiación FEDER hai que marcar esta casilla. De este modo o pedimento levará asociada a imaxe de FEDER en tódolos documentos. f. -Unidade Responsable de Gasto: nesta opción hai que elixir dentro das unidades nas que o solicitante está dado de alta, o responsable ao que se lle solicita a autorización do gasto. É moi importante elixir ben a Unidade Responsable de Gasto xa que nun paso posterior o programa mostrará as partidas orzamentarias asociadas a esta Unidade Responsable de Gasto. g. -Solicitante: por defecto a persoa que está a preparar o pedido. Este campo non se pode modificar. h. -Estado: por defecto En Preparación. Este campo non se pode modificar. i. -Validador: é a persoa que vai confirmar a recepción do ben ou servizo. Este validador será a persoa que deberá confirmar posteriormente que se recibiu o ben ou servizo. Debe ser unha persoa que estea dada de alta no programa informático de pedidos con autorización de validador, URG ou UT. Pode buscarse por nome / apelidos ou DNI. Unha vez que se defina este validador, o pedido lle aparecerá automaticamente ao validador na súa secretaria virtual e será o validador o que poderá Solicitar o pedido. j. -Campus: debe elixirse dentro dos edificios que aparecen da Universidade onde se vai a recibir o ben ou servizo. k. -Punto de entrega: ao elixir un campus xa o programa mostra os posibles edificios dese campus. l. -Observacións para o provedor: neste campo débese detallar aqueles feitos destacables para o provedor, coma o despacho exacto da entrega, un número de teléfono de contacto, que entreguen o ben en conserxaría,... Ao pinchar en GARDAR, o programa informático crea o pedido e lle asigna un número de pedido que aparece na parte superior: Neste intre o pedido xa está creado, en fase En Preparación, e podemos saír do programa e voltar a entrar que o pedido non desaparecerá. O pedido poderá modificarse tantas veces como se precise antes de Solicitarllo á Unidade Responsable de Gasto. 5.2.-Asignación da proposta de provedor: O programa nos pide que se introduza o provedor. Neste campo podemos buscar por nome fiscal ou por CIF da empresa provedora. 7

Hai que ter en conta o seguinte: -Neste momento o provedor é unicamente unha proposta, xa que será a Unidade Tramitadora a que decida o provedor definitivo. Isto significa que nas seguintes fases do pedido poderanse solicitar ofertas a varias empresas provedoras para mellorar a eficiencia do gasto público. -Os datos dos provedores obtéñense directamente do Xesticonta, polo que si se quere propoñer un pedido a un provedor que non aparece neste punto, antes de continuar co trámite débese solicitar ao provedor a dicha de perceptores da Universidade de Vigo, para poder dalo de alta no Xesticonta e que pase a ser un provedor autorizado da Universidade. Ao pinchar en GARDAR o programa actualiza a pantalla inicial do pedido, cos datos do provedor proposto: 8

-O campo E-mail é obrigatorio. Este campo aparecerá cuberto automaticamente se o dato está rexistrado no Xesticonta. Do contrario aparece en branco. En ambos os dous casos este campo se pode modificar, e poñer o E-mail que se desexe. Este E-mail é importante, posto que cando o pedido se TRAMITE, o programa enviará un E-mail automaticamente ao provedor co pedido. -Aparece automaticamente a ventá de Observacións internas, só visibles para a Universidade. Este campo é por si se quere poñer algunha observación interna. En todo caso hai que ter en conta que se pode deixar en branco e que posteriormente a Unidade Tramitadora porá neste campo no seu defecto o texto libre do Documento Contable RC. 5.3-Introdución de artigos no pedido: Unha vez cuberto o E-mail do provedor, a seguinte fase é introducir os artigos, produtos ou servizos a solicitar. Para elo, dentro do pedido, na parte superior elíxese a pestana de ARTIGOS: 9

Ao pinchar nesta pestana aparece a seguinte pantalla, na que hai que pinchar en NOVO ARTIGO e cubrir o formulario co maior detalle posible: 10

-Descripción: co maior detalle posible. -Cantidade -Prezo unitario: o programa redondea automaticamente a dous decimais. Se non se coñece se establece un prezo aproximado, sempre por riba do gasto real final. -Importe: o calcula automaticamente. -Tipo de IVE: se elixe dentro do despregable. -% Retención: se establece a porcentaxe de retención se a empresa é un autónomo. -Unidade de compra: non é obrigatorio. -P.O. Económica: neste despregable, que non é obrigatorio cubrir, aparecerán todas as partidas orzamentarias asignadas á Unidade Responsable de Gasto elixida na primeira pantalla, co saldo real do Xesticonta do día anterior. Polo tanto, o saldo que aparece no despregable é orientativo para decidir a partida económica pola que soportar o gasto, pero non é un saldo real posto que o proceso entre este momento e a tramitación real do pedido pode variar. Este campo é un campo non obrigatorio, polo que se pode deixar en branco si non se coñece. Pódense introducir por cada pedido ata un máximo de 40 artigos diferentes asignados a 40 partidas orzamentarias diferentes. Ao pinchar en gardar aparece un resumo dos artigos: 11

O programa proporciona dúas utilidades nos artigos: a) Consultar o saldo da partida orzamentaria en tempo real a nivel de vinculación. Se sobre a partida orzamentaria se pincha, o programa automáticamente vai ao Xesticonta a consultar o saldo e nos devolve a información en tempo real. 12

b) Información orzamentaria: o programa ten unha opción que pon INFORMACION ORZAMENTARIA que o que fai é o seguinte: a. Consulta o saldo en tempo real da partiza orzamentaria a nivel de vinculación no Xesticonta. b. Mostra o total a imputar ao orzamento, tendo en conta se o IVE é deducible ou non. c. Mostra como quedaría o saldo da partida orzamentaria a nivel de vinculación unha vez se tramite o pedido, para dar información á hora de tomar a decisión de executar o gasto. 5.4-Introducción de Adxuntos: O programa permite axuntar arquivos de diferente tipo (imaxes, Excel, Word, PDF,...).Se vamos a pestana de Adxuntos, aparece a seguinte pantalla: 13

Unha vez pinchado en Novo Adxunto solicita os seguintes campos: -Nome: hai que especificar un nome para o arquivo que detalle o seu contido (Exemplo: foto da mesa solicitada, oferta do provedor X,...) -Data do adxunto: poñer a data do documento. -Publicable: marcando este CHECK, indicaremos que o arquivo adxunto será visible para o provedor. Se polo contrario se quere subir un documento interno (por exemplo un informe do servizo de control interno,...) non habería que marcar este Check. -Examinar: abre o explorador do ordenador para buscar o arquivo a subir. Poderanse subir todos os arquivos adxuntos que se consideren necesarios. Poderanse consultar os arquivos subidos por calquera usuario pinchando no icono seguinte: 5.5-Consulta do histórico de estados: Nesta opción poderanse consultar os pasos polos que pasa o pedido así coma a información básica do mesmo. 14

5.6-Solicitude do pedido: Para solicitar un pedido que xa está completo, hai que ir a pestana de DATOS e pinchar en SOLICITAR PEDIDO: 15

-So poderán SOLICITAR un pedido os perfís de VALIDADOR, URG e UT. O perfil de solicitante non poderá Solicitar, senón que poderá informar ao VALIDADOR que o pedido está completo para que sexa o VALIDADOR o que inicie o trámite do pedido e o SOLICITE. Se neste intre hai algún campo obrigatorio pendente de cubrir o programa avisa mediante unha mensaxe na parte superior. -Se está todo correcto, o programa mostra a seguinte mensaxe: Se pinchamos en ACEPTAR, o programa actualiza o pedido e fai o seguinte: -Actualiza o pedido e pasa ao estado ENVIADO A U.R.G. -Pasa a ser xestionado pola Unidade Responsable de Gasto correspondente. -Non se poderá modificar. Para poder modificarse, a U.R.G. deberá rexeitar o pedido para que volva ao Validador que creou o pedido. -Aparece na ventá inicial de pedidos en estado ENVIADO A U.R.G. 16

6.-AUTORIZACIÓN DUN PEDIDO A U.R.G. poderá filtrar os pedidos mediante o Filtro de Estado, elixindo os pedidos que estean no estado de Enviado a U.R.G. dende o menú principal: Deste xeito aparecerán na pantalla unicamente os pedidos sobre os que ten que decidir se autoriza ou rexeita o gasto. Para elo se entra nun pedido pinchando sobre o mesmo. Unha vez dentro do pedido revísase cada unha das pestanas, analizando os seguintes datos: 17

1-Datos: hai que analizar que tipo de gasto se solicita, cal é a data estimada de entrega, quen o solicita e que provedor é o proposto. Nesta pestana poderá cambiar os datos que considere oportunos como Responsable da Unidade de Gasto. Unha vez feito un cambio debe pinchar en Gardar. 2-Artigos: se visualizan os artigos que se propoñen para satisfacer a necesidade e as partidas orzamentarias coas que se vai a soportar o gasto. Nesta pestana poderá cambiar tanto as cantidades solicitadas, os prezos estimados ou definitivos, o IVE e incluso a partida orzamentaria. Se os artigos non presentan unha partida orzamentaria prevista para cubrir o gasto, o U.R.G. deberá asignarlle unha, do contrario o programa informático non permitirá autorizar o pedido. Se o U.R.G. se equivocase introducindo a partida orzamentaria nalgún artigo, a Unidade Tramitadora será a última responsable de confirmar este dato. Para este punto, a U.R.G. dispón dunha utilidade que permite asignar a mesma aplicación orzamentaria a tódolos artigos, pinchando en Asignar partida a todos os Artigos de acordo coa seguinte pantalla: Aparece a seguinte pantalla e hai que elixir a partida orzamentaria e seleccionar SI: 18

3-Adxuntos: poderanse visualizar os arquivos adxuntos subidos polo Solicitante ou incluso incorporar novos arquivos adxuntos. 4-Histórico de estados: nesta pestana aparece todo o resumo da información do pedido. 6.1-Autorizar un pedido: Se ao revisar todas esta pestanas se está de acordo coa realización do pedido para a satisfacción da necesidade plantexada, a U.R.G deberá pinchar na pestana de Datos en Enviar a U.T.: 19

Ao enviar o pedido a U.T. aparece a seguinte mensaxe: 6.2-Rexeitar un pedido: No caso de non estar de acordo coa solicitude de pedido recibido e decidir que non se estima oportuno a modificación dos campos mal cubertos ou porque a totalidade do pedido no é correcto, procederase a Rexeitar o pedido na pestana de Datos: 20

Ao rexeitar un pedido o programa solicita unha causa para non autorizar o gasto. Unha vez rexeitado o pedido volve ao estado En Preparación. 7.-PEDIDOS REXEITADOS: Se un pedido enviado á Unidade Responsables de Gasto (U.R.G.) que volve a aparecer en estado En Preparación, indica que dito pedido foi Rexeitado polo U.R.G. Para voltar a solicitar o pedido unha vez modificado o erro, debemos acceder ao pedido pinchando inicialmente sobre o número de pedido e posteriormente consultando a pestana de Histórico de Estados: 21

Sobre este pedido rexeitado poderase modificar os campos que se precisen e volver a Solicitalo. De todos os pasos quedará un rexistro da trazabilidade na pestana de Histórico de Estados. 8.-ESTADOS DO PEDIDO: O Solicitante e Validador poderán consultar en todo momento o estado do seu pedido e ver as posibles modificacións que a Unidade Responsable de Gasto ou a Unidade Tramitadora puidesen tido que realizar. Poderá ver a súa vez os documentos adxuntos que se van incorporando ao pedido e as posibles ofertas solicitadas para a satisfacción da necesidade orixinal do Solicitante. 9.-TRAMITACIÓN DUN PEDIDO A tramitación dun pedido esixe previamente analizar e verificar os datos que se presentan no pedido e que foron autorizados pola U.R.G. A U.T. poderá filtrar os pedidos mediante o Filtro de Estado, elixindo os pedidos que estean no estado de Enviado a U.T. dende o menú principal: 22

Deste xeito aparecerán na pantalla unicamente os pedidos sobre os que ten que decidir se tramita ou denega o pedido. Para elo se entra nun pedido pinchando sobre o mesmo. Unha vez dentro do pedido revísase cada unha das pestanas, analizando os seguintes datos: 23

1-Datos: hai que analizar que tipo de gasto se solicita, cal é a data estimada de entrega, quen o solicita e que provedor é o proposto. Nesta pestana poderá cambiar os datos que considere oportunos como Responsable da Unidade de Gasto. Unha vez feito un cambio debe pinchar en Gardar. 2-Artigos: se visualizan os artigos que se propoñen para satisfacer a necesidade e as partidas orzamentarias coas que se vai a soportar o gasto. Nesta pestana poderá cambiar tanto as cantidades solicitadas, os prezos estimados ou definitivos, o IVE e incluso a partida orzamentaria. Neste apartado hai que ter en conta que a Unidade Tramitadora é a última responsable de confirmar este dato. Para este punto, a U.T. dispón dunha utilidade que permite asignar a mesma aplicación orzamentaria a tódolos artigos, pinchando en Asignar partida a todos os Artigos de acordo coa seguinte pantalla: Aparece a seguinte pantalla e hai que elixir a partida orzamentaria e seleccionar SI: 24

3-Adxuntos: poderanse visualizar os arquivos adxuntos subidos polo Solicitante e a U.R.G. ou incluso incorporar novos arquivos adxuntos. 4-Histórico de estados: nesta pestana aparece todo o resumo da información do pedido. 9.1-Solicitude de ofertas a diferentes provedores No caso de que a U.T. decida que é recomendable a solicitude de varias ofertas a diferentes provedores, a U.T. é responsable de elixir os provedores e enviarlles un correo para que as diferentes empresas poidan enviar as súas ofertas. Para elo, o programa proporciona un ficheiro PDF con toda a información da solicitude do pedido, co fin de que a U.T. non teña que volver a escribir os datos da necesidade a cubrir. Para elo, no menú principal do pedido pódese baixar este PDF co resumo do gasto a realizar para enviarllo aos provedores: 25

E aparece o PDF xa cuberto con tódolos datos da solicitude. Este PDF sae co formato OFERTA en todo momento ata o estado TRAMITADO, estado no que pasará a ter un formato de PEDIDO. 26

Con este PDF, a U.T. deberá enviarllo por email aos provedores seleccionados. Unha vez reciba as diferentes ofertas, a U.T. deberá axuntar as diferentes ofertas no pedido a través da pestana adxuntos, elixindo a opción de non publicar estes adxuntos. Ademais a U.T. deberá: -Elixir o provedor seleccionado na pantalla inicial de Datos. -Modificar o prezo na pantalla de Artigos. 9.2-Tramitación dun pedido Ao Tramitar un pedido se confirma que a solicitude está autorizada e que son correctos tódolos datos do pedido, dende o provedor, ata o prezo e cantidade solicitada. Para tramitar un pedido, na pantalla inicial de Datos hai que pinchar en Tramitar: E aparece a seguinte pantalla: Nesta pantalla hai que decidir: 27

a) Se crea un documento contable: o programa en tempo real irá ao Xesticonta, comprobará que hai saldo dispoñible en todas as partidas orzamentarias de cada un dos artigos e devolverá un documento contable RC. b) Non crear documento contable: unicamente tramita o pedido sen realizar ningunha modificación orzamentaria. O programa unha vez pinchemos en Aceptar automaticamente realiza: 1-O documento contable se así o se decide. 2-Envia un email ao provedor (dato de E-mail da pantalla inicial de Datos) cun enlace no que o provedor poderá visualizar o pedido ou descargalo, tanto a folla de resumo coma tódolos documentos adxuntos publicables. 3-Pasa o pedido ao estado TRAMITADO Si se quere comprobar estas 3 accións se pode abrir o pedido e acudir a pestana de Histórico de Estados onde mostrará os cambios de estado do pedido así coma o Número de operación contable do RC. Si se quere comprobar o PDF resumo do pedido para coñecer os datos enviado ao proveedor, na pantalla inicial de tódolos pedidos se pode consultar pinchando sobre o icono de PDF. 28

E mostra o PDF con todos os datos cubertos para que o provedor poda servir a mercancía o prestar o servicio, así coma todos os datos necesarios para emitir a factura electrónica correspondente: 9.3-Denegación dun pedido Se a U.T. decide denegar un pedido por algún motivo que entre outros podería ser: 29

-No momento de tramitar o pedido non hai saldo nas partidas orzamentarias propostas pola U.R.G. -Non hai tempo para tramitar o pedido antes do peche do exercicios, peche dunha axuda,... -Calquera outro motivo... O que hai que facer é dentro da pestana de Datos do pedido pinchar en Denegar: E o programa nos solicita que se indique a causa da denegación: Ao pinchar en Aceptar, o pedido volverá ao estado Enviado a U.R.G. e na pestana de Histórico de Estados poderase ver a denegación e os seus motivos: 30

10.-CONFORMACION DO PEDIDO Unha vez que o pedido solicitado é autorizado pola Unidade Responsable de Gasto (U.R.G.) e Tramitado pola Unidade Tramitadora de acordo co proceso do ANEXO I, o solicitante que teña autorización para Recepcionar un pedido (perfil Validador, U.R.G. ou U.T.) deberá dar a conformidade á recepción do ben ou servizo. Este proceso equivale á firma da factura ou albarán que se viña facendo coas facturas en papel. Coa posta en marcha deste programa informático de pedidos se substitúe esta firma física pola Recepción do pedido. Para elo, cada Validador deberá entrar no programa informático unha vez reciba o ben ou servizo. Se transcorrido a data estimada de entrega do pedido, este non está en fase Conforme/Non Conforme/Anulado/En Espera, o programa informático enviará automaticamente ao día seguinte a esta data estimada un E-mail ao Solicitante e Validador para recordarlle que ten a obriga de confirmar a recepción do ben ou servizo tanto si esta foi completa ou incompleta. As Unidades Responsables de Gasto (U.R.G.) ou as Unidades Tramitadoras poderán en todo momento solicitar vía o propio programa a CONFORMACIÓN do pedido ao Validador pinchando no icono do sobre que hai na pantalla principal dos pedidos. 31

Ao pinchar no icono do sobre, o programa pregunta si queremos solicitar a conformación do pedido e do gasto: De todo este proceso quedará constancia e trazabilidade na pestana de Histórico de Estados. No caso definitivo de que transcorran 30 días dende que o provedor envíe a factura en formato electrónico no portal da Xunta de Galicia e o pedido non fose conformado, os asuntos económicos de cada ámbito ou a Sección de Xestión Económica procederán a devolver ou rexeitar a factura ao provedor. No último caso, estes serán a súa vez responsables de proceder á baixa no programa informático ao Validador como medida cautelar por non cumprir o procedemento establecido. 10.1-Recepción do pedido: A recepción dun pedido implica a conformidade ou disconformidade sobre a recepción correcta dun ben ou servizo. Equivale á firma física sobre a factura que ata o momento se estaba realizando nas facturas en papel. Por elo, a conformidade ou disconformidade dun pedido é un paso importante que non se debe facer sen antes corroborar 32

con exactitude que se recibe o ben ou servizo de maneira satisfactoria, posto que esta conformidade dará o visto bo aos asuntos económicos para que procedan a pagar ou rexeitar unha factura que se reciba por o pedido en cuestión. So teñen capacidade para recepcionar pedidos o Validador, U.R.G. e Unidade Tramitadora e só se poden recepcionar pedidos que pasaron por todas as fases ata a de Tramitado. Para garantir a correcta conformación, o programa permite axuntar arquivos que faciliten esta verificación, como podería ser o albarán de entrega, a foto do ben recibida, o parte de traballo,... Para elo, unha vez dentro do pedido, na pestana de Datos hai que pinchar en Recepcionar: Ao pinchar en Recepcionar aparecen as seguintes opcións: 33

A) CONFORMAR PEDIDO: pinchando en conformar pedido se está garantindo de que o pedido foi correctamente recibido en tódolos termos, tanto cantidade, prazo de entrega, prezos do pedido,... Nesta opción o programa transforma o pedido ao estado CONFORME, o que indicará a U.T. que xa pode tramitar a factura no momento que se reciba. B) ANULAR PEDIDO: implica que o pedido non se vai a recibir ou xa non se quere. Esta opción só a poden elixir as U.T. porque implica unha rescisión contractual co provedor. Para elo hai que seguir as causas marcadas na normativa vixente que permitan anular un contrato, ou ben que o provedor informe de que non servirá o pedido por falta de stock ou calquera outra causa. Esta causa será indicada na pantalla que o programa abre para o efecto. Nesta opción o programa realiza automaticamente as seguintes funcións: -Anula o documento contable (RC/). -Envía un email ao provedor confirmando a anulación do pedido e os motivos do mesmo. -Cambia o estado do pedido a Anulado, o que informa a U.T. que non debe tramitar ningunha factura que puidese chegar contra este pedido. C) AGARDAR POLO RESTO: Esta opción se marcará no caso de que se reciba parte do pedido e o provedor confirme que enviará o resto do material solicitado antes de facturar. Esta opción indicará a U.T. que non debe tramitar ningunha factura que se reciba contra este pedido ata que pase ao estado Conforme. D) NON CONFORME: Esta opción servirá para indicar que o pedido non se recibiu tal cual se solicitou, senón que se recibiu parte da cantidade solicitada ou houbo algún cambio nos prezos indicados no pedido. O programa nesta opción realiza automaticamente as seguintes accións: -Pasa o pedido orixinal ao estado Non conforme. 34

-Anula o documento contable orixinal (RC/) se fose preciso. -Crea ou duplica un pedido idéntico para que sobre este novo pedido a persoa que está recepcionando o pedido modifique a cantidade ou os prezos para que o pedido coincida exactamente coa factura que se emitirá posteriormente polo provedor. -Este novo pedido indicará na pestana de Histórico de Estados o pedido orixinal sobre o que se duplicou para gardar a trazabilidade completa do pedido. -Este novo pedido duplicado terá que ser autorizado e tramitado como se fose un pedido novo, unicamente que os U.R.G. e a U.T. poderán ver a través da pestana Histórico de Estados que dito pedido provén dun pedido xa tramitado para poder decidir a súa tramitación urxente antes da facturación polo provedor. -Unha vez este pedido duplicado se pase ao estado Tramitado, o programa enviará un email ao provedor indicando a anulación do pedido orixinal e solicitando que realice a factura por este novo pedido que coincidirá exactamente coa factura a emitir. 11.-CONCILIACIÓN DO PEDIDO COA FACTURA A U.T. unha vez que reciba no Xesticonta a recepción dunha factura, deberá acudir a este programa de pedidos para confirmar que o pedido que se menciona na factura está correcto ou non. Para elo, abrirá este programa informático e buscará o número de pedido coa opción de PROCURAS. Ao localizar o pedido pode ocorrer: 1-Non hai ningún pedido que coincida coa factura nin polo número, nin o provedor, nin importe. A U.T. debe anular a factura no Xesticonta informando deste feito. 2-Se localiza o pedido pero este está en estado En preparación/enviado a U.R.G./Rexeitado/Enviado a U.T. ou Denegado: a U.T. debe anular a factura no Xesticonta mencionando que a factura non é conforme posto que o pedido non foi tramitado. Neste caso hai que falar cos implicados no pedido para comunicar que non se pode solicitar un gasto ante un provedor se non hai un pedido Tramitado. 3-Se localiza o pedido pero non coincide coa factura nunha cantidade superior á 3. Neste caso hai que: -comprobar que é o que non coincide e chamar ao provedor para que emita a factura pola cantidade exacta do pedido. Neste caso se anula a factura recibida no Xesticonta e se espera a recibir a factura correcta para conciliar a mesma. -facer un novo pedido coa diferenza entre o pedido e a factura se fose o caso. 4-Se localiza o pedido e coincide exactamente coa factura recibida ou cunha diferenza inferior a 3,00. Neste punto hai que ir a opción da pestana de Datos que pon Conciliar: 35

E ao pinchar en conciliar o programa solicita o seguinte dato: -Nº de rexistro no Xesticonta: é o número que asigna o Xesticonta ás facturas recibidas. -O programa proporá un número de rexistro da factura no Xesticonta automaticamente no caso de que coincidan tres parámetros: -Coincida o CIF do Pedido co CIF da factura. -Coincida o importe da factura co importe do pedido exactamente. -Coincida o número de pedido que ven na factura co número do pedido do programa informático. Este dato indicará a U.T. que a factura xa foi recibida e tramitada. No caso de que o programa non propoña un número de rexistro do Xesticonta, o usuario deberá introducir un número de rexistro do Xesticonta e si o importe da factura a conciliar non coincide exactamente co importe do pedido programa de pedidos presentará na pantalla tódalas facturas da empresa provedora (mesmo CIF que o que apareza no pedido) ordenadas por número de factura, data da factura, importe, grupo de traballo... e proporcionará a opción de CONCILIAR naquelas facturas nas que se cumpra que o importe da factura é inferior ao pedido nunha cantidade de ata 3,00 euros. 36

Ao pinchar na opción selección, o programa gravará automaticamente no campo Nº de rexistro no Xesticonta o número de rexistro da factura seleccionada e hai que pinchar en GARDAR. O programa automaticamente realizará un RC/ pola diferenza entre o pedido e a factura recibida (máxima unha diferenza de 3,00 ) no caso de que sexa necesario para reincorporar esta diferenza ao orzamento. Por último, hai que imprimir o histórico de Estados do pedido para poder realizar o documento contable preciso no Xesticonta (ADO), e axuntar a este documento contable a pantalla impresa de histórico de estados, posto que nesta pantalla está toda a información que se puidese precisar para comprobar unha factura: -Quen solicitou o gasto. -Quen autorizou o gasto. -Quen tramitou o pedido. -Quen confirmou a recepción do ben ou servizo. -Quen recibiu e conciliou a factura. -O número de RC de selo caso. -... Para imprimir o histórico de estados hai unha opción na parte superior que pon IMPRIMIR. 37

12.-INCIDENCIAS 12.1-Se no transcurso da elaboración dun pedido o usuario ten algunha dúbida á hora de solventar algunha das seguintes incidencias deberase poñer en contacto cos Asuntos Económicos do seu ámbito ou coa Sección de Xestión Económica. a) No caso de consultas sobre os criterios de alta dun pedido, artigos, arquivos adxuntos,... b) No caso de algunha incidencia técnica por fallos do programa informático. c) No caso de solicitar o alta no programa informático. d) Para consultar algún dato dun pedido xa tramitado. 12.2-No caso de que o seu pedido non fose tramitado e fose Rexeitado, deberá poñerse en contacto coa Unidade Responsable de Gasto. 38