AVALIACIÓN DA SATISFACCIÓN DAS PERSOAS USUARIAS ANO 2012

Documentos relacionados
V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

REDE EUSUMO. información e comunicación

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

CAMPA A RESGAL

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Consulta Existencia do Asociacions 2017 Grafico Zonas. Se Realizarón un total de 400 Consultas na Enquisa: Existencia do Asociacions 2017

PIALE Integración en lingua portuguesa

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Portal de Directores de Centro de Gasto da USC

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Política e Obxectivos de Calidade

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

O CONTRATO DE TRABALLO

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Convocatoria ordinaria de 2012

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

Guía de recursos dixitais da web da UMinho

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

SBN: O TEMPO NO XORNAL

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FACENDA E O CONCELLO DE SANTIAGO PARA O ACCESO PÚBLICO AO XARDÍN DO PAZO DE AMARANTE

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

Boletín do Instituto Galego das Cualificacións Núm. 17

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Que é unha rede de ordendores?

poboación xitana en paro

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

Escala técnica superior

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

PLAN TIC IES Chapela (PE)

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

1.- Organización da Escola de Primavera:

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

2. CALES SON OS OBXECTIVOS DO PROGRAMA VACACIÓNS CON TRABALLO?

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Manual de cumprimentación da solicitude

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

Estudo de Satisfacción de Usuarios Consulta Médica

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

A ÁLISE ESTATÍSTICA SOBRE O TURISMO ESTIVAL E GALICIA (E QUISA DE DESTI O, 2010) (Versión resumida)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

Certificados de profesionalidade. Competencias clave nivel II. Competencia lingüística: lingua galega

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

MANUAL DE USUARIO DE etrades

Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

Decreto lei RD 16/2012. Preguntas frecuentes

LICENZAS Prezos aprobados na Asemblea Xeral da F.G.E. de 24 de setembro de 2011 Resumo de prezos Versión do documento: 19 de Xanerio de 2012

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Língua Portuguesa na Galiza

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

Máquinas Recreativas. Guía de usuario

Transcrição:

O servizo de reserva de instalacións da EGAP AVALIACIÓN DA SATISFACCIÓN DAS PERSOAS USUARIAS ANO 2012 EGAP, maio de 2013 O servizo de reservas A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) pon a disposición da Xunta de Galicia, así como doutras administracións, organismos e entidades públicas ou privadas, a posibilidade de acceder ao uso das súas instalacións para o desenvolvemento de actividades formativas e de divulgación acordes aos fins desta institución (congresos, xornadas e outras actividades formativas, xuntanzas, procesos selectivos, etc). Os espazos dispoñibles nas instalacións da EGAP son os seguintes: A xestión dos espazos inclúe a asignación planificada das aulas para as distintas actividades formativas da EGAP pero tamén a atención á demanda dos usuarios externos. Neste sentido, ante a demanda crecente no uso das instalacións por parte de entidades alleas, a EGAP considerou necesario avaliar o nivel de satisfacción con este servizo. De maneira máis concreta, preténdese: Salón de actos: instalación con capacidade para 298 persoas. Sala de exposicións: instalación cunha superficie de 12,4 x 10 m que dispón de iluminación, climatización, acceso á internet e cámaras de seguridade. Aula Colmeiro ou aula 1: situada na planta baixa do edificio, conta con 30 butacas dispostas en forma de U e unha mesa de estrado con cinco cadeiras. Aulas de docencia: nas instalacións da EGAP hai un total de 17 aulas co mobiliario e os equipamentos necesarios para desenvolver actividades formativas. Seis destas aulas dispoñen de bancadas con capacidade para 30 persoas e as 11 restantes teñen capacidade para entre 25 e 80 persoas. Aulas de informática: a EGAP conta con tres aulas equipadas con ordenadores en rede e con entre 20 e 32 postos. Seminarios: existen catro seminarios nas instalacións da EGAP. Un deles está dotado con 20 equipos informáticos e os outros tres dispoñen de mesas e cadeiras para un máximo de 15 persoas. Salas de reunións: as instalacións da EGAP complétanse con dúas salas de reunións situadas na segunda planta do edificio e con mobiliario para ata oito persoas. Coñecer a percepción respecto do nivel de calidade do servizo prestado na cesión do uso das aulas e das demais instalacións da EGAP Identificar os puntos fortes e as áreas de mellora no servizo Coñecer posibles necesidades de medios e recursos materiais colectivo destinatario da consulta foi de 184 1 peticionarios. A enquisa administrouse entre os días 4 e 19 de febreiro de 2013. Neste período enviáronse a invitación a participar na enquisa e mais dous recordatorios para fomentar a colaboración. Ao remate do proceso obtivéronse 122 respostas, o que supón unha taxa de resposta do 66%. Este dato está moi por enriba das taxas de resposta habituais nas enquisas telemáticas, que se atopan entre o 40 e o 50%, e confírelles unha moi boa representatividade e fiabilidade aos resultados que aquí se resumen. Satisfacción xeral co servizo A resposta á cuestión que motivou este estudo, isto é, o nivel de satisfacción dos usuarios co servizo acada unha valoración media de 8,8 sobre unha escala de 0 a 10. 1 Para dar resposta a estas inquedanzas levouse a cabo unha enquisa en liña entre todos os usuarios rexistrados no ano 2012; en total, o O número de peticionarios non se corresponde co volume de reservas realizado no centro. Cada un deses actores pode ter feito unha ou máis reservas ao longo do 2012 de maneira que, para o ano de referencia, o número total de reservas foi de 451, cada unha delas cunha duración variable e cun número de espazos cedidos igualmente heteroxéneo.

Persoal do servizo o A enquisa de avaliación do servizo de reserva de instalacións da EGAP pon moi claramente de manifesto o extraordinario labor que están a desenvolver as persoas responsables da súa prestación. requirimentos específicos (8,8) que lles formulan os distintos usuarios. En xeral, o persoal do servizo de reserva de aulas é merecedor dunha valoración media sobresaínte: un sobre 10. Neste apartado avaliáronse cinco cuestións estreitamente relacionadas e en todas elas acadouse unha valoración media mínima de 8,8 sobre 10. Qué valoración xeral lle outorgaría o persoal do servizo de reserva de instalacións da EGAP? Os usuarios do servizo destacan de xeito ostensivo o bo trato e atención que reciben (8,8). Máis alá da amabilidade e a cordialidade no trato, o persoal parece amosar unha moi boa disposición á hora de axudar os usuarios na formalización da reserva (), transmite unha seguridade e confianza óptimas no desenvolvemento das súas tarefas (8,8), brinda unha atención personalizada (8,8) e atende dun xeito impecable a resolución de dúbidas, as incidencias e os Información sobre o servizo Polo que respecta a información relativa ao proceso de reserva propiamente dito, este aspecto acada unha nota media de 8,5. A isto contribúen o importante rol de asesoramento e acompañamento que desenvolven as persoas responsables da prestación do servizo, así como a configuración da páxina web da EGAP, moi sinxela no seu manexo e estruturada segundo a secuencia de pasos que se deben dar para efectuar a solicitude. Salón de actos da EGAP Os usuarios cualifican cun 8,2 a información facilitada respecto das condicións de uso das instalacións. Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións As cuestións relativas á información sobre o servizo péchanse cunha pregunta relativa ao nivel de información sobre as características das instalacións e o equipamento dispoñible nelas, que acada unha puntuación media de 8,3. En resumo, a EGAP parece estar informando suficientemente ben os seus usuarios respecto das condicións de uso das instalacións, o proceso de reserva, as características das instalacións e o equipamento dispoñible. En conxunto, cando se pide unha valoración xeral da información facilitada respecto do servizo de reserva de instalacións, a nota media chega aos 8,5 puntos sobre 10 8,5 2

As aulas na web (egap.xunta.es) Xestión das solicitudes Na senda das destacadas valoracións que nos achegan os usuarios, a xestión das solicitudes de reserva obtén una valoración media de sobre 10. As persoas interesadas na reserva de aulas da EGAP poden acceder á páxina web http://egap.xunta.es/asaulas, onde atoparán unha relación con todos os espazos aos que se aplica a cesión temporal, xunto cunha descrición detallada das principais características de cada sala, aula ou seminario (capacidade, mobiliario e medios técnicos). A través desta sección, a persoa interesada tamén pode acceder á solicitude en liña de aulas (egap.xunta.es/solicitudeaulas). Antes de efectuar esta solicitude, adoitase a facer unha consulta telefónica previa de dispoñibilidade. 8,6 Horario de atención 8,5 Facilidade para contactar co persoal do servizo a través dos distintos medios 8,5 Espazo web do servizo de reserva da EGAP Sistema de solicitude telemática (comodidade do procedemento e pasos a seguir) 8,6 Formulario de solicitude telemática (simplicidade e facilidade para cubrilo) Axilidade e rapidez na tramitación da solicitude Resposta á solicitude (resposta informativa e en tempo) Tal e como se fixera nas seccións anteriores (avaliación do persoal e avaliación da información dispoñible sobre o servizo), esta avaliación xeral compleméntase coa avaliación doutros aspectos máis concretos que nos permiten comprender mellor os elementos que contribúen a esta valoración final de. No deseño do cuestionario redactáronse ata sete cuestións que tratan de recoller, de forma secuencial, cada un dos pasos que deben seguir os usuarios para efectuaren unha reserva na EGAP. Consulta de dispoñibilidade No que se refire ao primeiro contacto coa escola, avalíanse o seu horario de atención e mais a facilidade para contactar co persoal do servizo a través de distintos medios (teléfono, correo electrónico ou persoalmente). A valoración destes dous aspectos é de 8,5 e 8,6, respectivamente. Os interesados deberán cubrir este modelo de solicitude de aulas cunha antelación mínima de 48 horas e máxima de dous meses.no caso das aulas de informática e do salón de actos, as solicitudes deberán cursarse cun mínimo de 10 e cinco días de antelación, respectivamente. Solicitude telemática Unha vez feito o contacto, o sistema de reservas ideado pola EGAP ten un forte compoñente telemático, de xeito que todos os usuarios deben presentar unha solicitude formal que se cubre a través dun formulario web. Ademais deste formulario de solicitude, a sección da web á que facemos referencia inclúe información relativa as condicións de uso das instalacións, así como ás súas características. As tres cuestiones redactadas para avaliar este tipo de aspectos obteñen unha valoración media de entre 8,5 e puntos. Confirmación da reserva O trámite da reserva remata coa resposta que ofrece a EGAP, para a que se avaliaron tanto a súa rapidez como a información que incorpora. Para os usuarios, a rapidez no trámite e a resposta emitida pola EGAP merecen un de nota media. O horario das actividades de formación da EGAP é de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas. MÁIS INFORMACIÓN Tlfo.: 981 546040 / 981 546045 Email: reserva.aulas.egap@xunta.es Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións O 96% dos usuarios recoñece que foi moi ou bastante sinxelo contactar co servizo de reserva de instalacións da EGAP 3

Instalacións cedidas Instalacións da EGAP Ao pedirlles aos usuarios unha valoración xeral das instalacións da EGAP, o resultado acadado achégase ao 8 sobre 10. Aínda que a valoración é excepcional, a percepción que os usuarios teñen das instalacións do centro é lixeiramente inferior á que lle corresponde ao resto de elementos constituíntes do servizo, isto é, o persoal do servizo (8,8), a información sobre o servizo (8,5) ou o proceso de reserva das instalacións (). Unha primeira aproximación ás características das instalacións que poden estar repercutindo nunha minoración das valoracións apunta cara a tres elementos que nos afastan da tónica xeral de valoracións próximas ou por riba do 8. Aula de informática da EGAP As aulas de informática da EGAP e o salón de actos son as instalacións mellor avaliadas polos seus usuarios, cun 8,2 de nota media. A valoración media deste tipo de espazos séguelle o resto de aulas de docencia da EGAP cun 7,8. Imaxe dunha das aulas da EGAP As tres cuestións referidas son: a accesibilidade do centro (a súa situación, comunicación e aparcadoiro) (6,6), a climatización das instalacións (7,0) e a comodidade do mobiliario (7,4). A EGAP é un centro que dispón de tres andares. Na planta baixa están o rexistro, o Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións, o salón de actos, a sala de exposicións, catro aulas de docencia, dúas aulas de informática e a cafetaría. No primeiro andar atópanse a biblioteca, o salón de actos, a Dirección, a Secretaría Xeral, o Servizo Económico-Administrativo, seis aulas e dous seminarios. No limiar da valoración media de 8 atópase a sinalización dos espazos (8,0). Pola súa banda, a seguridade do edificio escala puntuacións ata o 8,2 e o mantemento xeral das instalacións así como as zonas comúns obteñen un 8,4 de valoración media. As puntuacións máis altas correspóndenlles ao horario de funcionamento do centro (8,5) e á súa limpeza e aparencia xeral (8,6). Convén destacar que a mellor cualificación de todas as rexistradas ao longo da enquisa é a correspondente aos medios audiovisuais dispoñibles no centro, cun 9,2 sobre 10. A EGAP tamén presta outros servizos complementarios, así, pon ao dispor do usuario un centro de reprografía, unha cafetaría, un restaurante e un servizo de asistencia informática e de apoio. Estes servizos aproxímanse á valoración media de 8 e o que máis se afasta deste obxectivo é o centro de reprografía, cunha valoración media de 7,1. O persoal auxiliar das aulas obtén un 7,4, o servizo de cafetaría un 7,5 e o persoal de informática un 7,9. Nota: A avaliación das instalacións só se lles pediu aos usuarios que fixeron un uso efectivo delas. Isto supón que as valoracións das instalacións se fan sobre unha mostra de 98 dos 122 casos analizados. Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións 8,0 Espazos comúns das instalacións da EGAP Na segunda planta localízanse a Subdirección Académica, o Servizo de Xestión das Actividades de Formación e Selección, o Servizo de Programación das Actividades de Formación, dúas aulas de informática, dez aulas de docencia e dous seminarios. 4

Coñecemento e utilidade do servizo Como coñeceu a existencia do servizo de reserva de instalacións da EGAP? Ata un 22% dos usuarios do servizo viñeron recomendados por outras persoas. Cal foi o motivo máis importante para escoller as instalacións da EGAP? A gratuidade do servizo, o bo funcionamento do sistema de reservas e a calidade das instalacións son motivos que inciden de xeito decisivo na elección da EGAP como centro de traballo. Fidelidade dos usuarios 92% si, seguro Se se presentase de novo a ocasión, volvería facer uso do servizo de reserva de instalacións da EGAP? 90% si, seguro Recomendaríalles o uso das instalacións da EGAP a outros organismos ou institucións? Autoría Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións Escola Galega de Administración Pública, EGAP. Abril de 2013 Ata que punto o servizo de reserva de instalacións da EGAP é un servizo... Conclusións 8,8 8,8 Onde mellor se exemplifican as boas avaliacións que se rexistran en todos os elementos de valoración do servizo é na capacidade da EGAP para fidelizar os usuarios. Ao redor do 90% dos participantes na enquisa aseguran, con certeza absoluta, que se se volvera presentar a ocasión farían novamente uso do servizo de reserva de instalacións da EGAP e mesmo llelo recomendarían a outros organismos e institucións. O 10% restante tamén se decantan polo si, aínda que non o fan de maneira tan rotunda ( si, probablemente ). Ningún dos entrevistados escolle as opcións de resposta probablemente non ou seguro que non. As razóns dun éxito O servizo é útil e necesario (), cumpre unha función importante para os seus destinatarios (), resulta vantaxoso fronte a outras alternativas () e constitúe un servizo de confianza (8,8). Pero ademais, os usuarios non só consideran que se están a beneficiar dun servizo útil, seguro, eficaz e rápido, senón que recoñecen que o propio servizo e a boa xestión que se fai del contribúen a mellora a imaxe da propia escola (). O persoal : o alicerce do servizo A atención do persoal do servizo de reservas, merecedora dun 8,8 de valoración media, constitúe un dos... útil e necesario... importante para vostede ou a entidade á que pertence... que responde ás súas necesidades ou ás necesidades da entidade á que pertence... que lle merece confianza... vantaxoso fronte a outras alternativas... que favorece a imaxe da EGAP... que supón un aforro económico para outras entidades? elementos que máis se repite entre os aspectos destacados de forma espontánea por parte dos usuarios. Moitos entrevistados aseguran que o mellor do servizo son: a atención personalizada, a amabilidade do persoal que presta o servizo, a boa atención ao cidadán, a boa dispoñibilidade do persoal que o xestiona, a boa disposición e a amabilidade do persoal, o persoal ao cargo deste servizo ou o persoal responsable da tramitación da reserva. Á calidade do trato do persoal do servizo súmase a rapidez na tramitación das solicitudes. De feito, en moitas observacións, unha e outra cousa tenden a destacarse ao mesmo tempo como os principais puntos fortes do servizo ( a rapidez e a boa atención, a rapidez e facilidade de comunicación e o apoio telefónico, a rapidez na contestación ou a rapidez na xestión de reserva ). Outros puntos fortes son a facilidade, a gratuidade, a eficacia do servizo e a dispoñibilidade e calidade das instalacións. En palabras dos usuarios: Trátase dun servizo seguro e rápido Facilidade da solicitude e rápida resposta Tramitación sinxela e áxil Confianza, aforro... Celeridade e eficacia Atención personalizada, confianza e rapidez Rapidez, accesibilidade, amabilidade, flexibilidade no horario para facer reservas... Parabéns Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións 5

w A seguridade ao facer a solicitude, a facilidade para complementar os datos e a rapidez na resposta Tramitación sinxela e áxil Servizo centralizado Reserva online, pero puedes tener contacto telefónico con el personal para dudas, etc. Calidade das aulas e boa disposición e amabilidade do persoal Facilidade de poder facer a reserva en calquera momento, tamén fora do horario laborable. Axilidade na resposta A atención, facilidades e gratuidade do servizo A boa dispoñibilidade do persoal que o xestiona e a calidade das aulas e medios dispoñibles Polivalencia das aulas e o seu sistema informático Garante a seguridade e constancia das reservas e as súas condicións Facilidade de reserva e rapidez na confirmación Facilidade de acceso e inmediatez da resposta Rapidez, facilidade de comunicación e apoio telefónico Centraliña 981 546 040 Escola Galega de Administración Pública (EGAP) Rúa Madrid 2-4 15707 Santiago de Compostela http://egap.xunta.es Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións 981 546 245 investigacion.egap@xunta.es