PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

Documentos relacionados
Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

Planificación do curso escolar

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

1.- Organización da Escola de Primavera:

PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

EPAPU Eduardo Pondal Dpto. de Educación Física

PLAN TIC IES Chapela (PE)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL CEE PRINCIPE FELIPE CURSO

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

Estudo de caso da Galiza: Programa PROA e Plan PROXECTA

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

Escala técnica superior

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

MEMORIA ANO 2013 SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES

Os artistas de primeiro. CEIP Pedro Antonio Cerviño - Unidade didáctica integrada - Educación primaria 1. CONTEXTUALIACIÓN/XUSTIFICACIÓN

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

PIALE Integración en lingua portuguesa

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

REDE EUSUMO. información e comunicación

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CPR PLURILINGÜE ANDAINA REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

PLANO DE ACCIÓN TITORIAL DA FACULTADE DE CIENCIAS DO TRABALLO

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL DA FACULTADE DE INFORMÁTICA CURSO 2013/14

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

PROXECTO EDUCATIVO I.E.S. FRANCISCO AGUIAR BETANZOS

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

Política e Obxectivos de Calidade

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

IES CANIDO INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN OURENSE ACCESO E ADMISIÓN DE ESTUDANTES

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

" Programación" Trompeta

IES DE BECERREÁ PLAN DE CONVIVENCIA

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

DIRECTRICES DE EALTA PARA UNHA BOA PRÁCTICA NO DESENVOLVEMENTO DE PROBAS E NAS TAREFAS DE AVALIACIÓN DE LINGUAS

- Língua Portuguesa na Galiza

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO CEIP PLURILINGÜE DE PALMEIRA ANO 2016

SBN: O TEMPO NO XORNAL

IES 12 DE OUTUBRO PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

P E Z A P E Z A. Galicia

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

(Modificacións aprobadas en Xunta de Facultade do 21 de xullo de 2016)

Obxectivos específicos curso (Informados positivamente polo Claustro en sesión ordinaria celebrada o día 27 de xuño de 2017)

Normas de organización, funcionamento e convivencia (NOFC) I.E.S. CASTRO DA UZ

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016)

O CONTRATO DE TRABALLO

Ramal 3, Tortoreos AS NEVES Tlf: NEVES ÍNDICE. 1.- Obxectivos. escolar. 9.- Metodoloxía 10.- Avaliación 11.

Plan de Convivencia do CIFP Valentín Paz Andrade

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

Educación Financeira. Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria.

Proxecto Educativo. Conservatorio Profesional de Música. Santiago de Compostela

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA Investigación e Tratamento da Información CURSO 1º / 2º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESORA María Loreto Albo García

Plans e protocolos de empresa familiar

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

NoRMaS De ORGaNiZaCióN e FuNCioNaMeNTo

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO NOF (R.R.I.) PROVINCIA MARISTA COMPOSTELA Colexio La Inmaculada Lugo

NOME E APELIDOS /TEL/WEB TITORÍA X1, X2, X3, X6, X8, X9, X10, X11, X13, X21, X24, X25 3. OBXECTIVOS

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

NORMAS DE ORGANIZACIÓN e FUNCIONAMENTO

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

Plan de Convivencia e Igualdade do CIFP COMPOSTELA Revisión - Curso: 2018/2019

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Conxunto de Gaita

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Ofoe (Oficina de Orientación ao Emprego)

INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 2

Transcrição:

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL 1.INTRODUCCIÓN O presente documento contén o Plan de Orientación y Acción Títorial que o propón para a súa aprobación e inclusión no Plan Anual do Centro. A acción titorial ten carácter de coordinación docente encargada de atender ás dificultades de aprendizaxe dos alumnos, de facilitar a integración de estes no grupoaula e na vida do centro, de canalizar os seus problemas e inquietudes, de canalizar o seu proceso de avaliación, de informar ós pais de todo o concernente á educación dos seus fillos e de actuar como mediadores entre pais, profesores e alumnos. A acción titorial debe ser considerada como un proceso que debe reunir unha serie de características: a) Ser continua e ofertarse ao alumno ao longo dos distintos niveis da súa escolaridade. b) Implicar de xeito coordinado ás distintas persoas e institucións que interveñen na educación: profesores, escola, familia e medio social. c) Atender ás peculiares características de cada alumno. d) Capacitar os individuos para a súa propia autoorientación e crear neles de xeito progresivo unha actitude cara á toma de decisións fundamentais e responsables sobre o seu propio futuro, primeiro, na escola, ante as distintas opcións educativas, e logo ante as distintas alternativas de vida social e profesional. A acción titorial desenvolverase principalmente nestes tres ámbitos: Na aula. Na escola. No resto do sistema escolar. 1

2 ELEMENTOS PARA O PLAN DE TITORÍA NA AULA: Para elaborar o noso Plan de Acción Titorial (PAT) consideraremos os seguintes elementos: 2.1. Fundamentación. 2.1.1. Refrescamos a memoria. 2.1.2. Perfil do noso titor/a 2.1.3. Funcións do titor/a 2.2. Obxectivos 2.3. Actividades 2.4. Criterios metodolóxicos. 2.5. Temporalización 2.6. Recursos 2.7. Avaliación do PAT 2.8. Anexo con actividades a desenvolver na aula. 2.1. FUNDAMENTACIÓN 2.1.1. Para que a acción titorial? A nosa acción titorial ten carácter de coordinación docente encargada de atender ás dificultades de aprendizaxe dos alumnos, de facilitar a integración de estes no grupoaula e na vida do centro, de canalizar os seus problemas e inquietudes, de canalizar o seu proceso de avaliación, de informar aos pais de todo o concernente á educación dos seus fillos e de actuar os titores como mediadores entre pais, profesores e alumnos. Os problemas de disciplina, as relacións interpersoais dos nosos alumnos/ás, que levan consigo cada vez máis tinguiduras agresivas, onde valores como o compañeirismo e o respecto ao outro practicamente desapareceron, xeraron a formulación dun plan de acción dende todo o terceiro ciclo. Trátase de resolver conflitos, facendo recapacitar ao alumnado sobre o sucedido, buscando no diálogo e a comunicación (reparar no outro, descubríndoo), o principio de EMPATÍA. 2

É un proceso que reúne unha serie de características: e) É continuo f) Implica de xeito coordinado ás distintas persoas e institucións que interveñen na educación: profesores/ás, familia e medio social. g) Atende ás peculiares características de cada alumno. A acción titorial, é pois, un labor cooperativo no que intervimos os docentes con diferentes graos de implicación. A acción Titorial é o primeiro nivel da orientación no Centro e o máis directamente relacionado co alumno. É a concreción por parte de cada docente da actividade orientadora do Centro Escolar. A nosa acción titorial desenvolverase principalmente nestes tres ámbitos: Na aula. Na escola. No ámbito próximo o alumno/a, buscando a implicación activa e directa da familia. A concepción da titoria como actividade educativa cooperativa, da que é responsable todo o profesorado, aconsella asignar a responsabilidade primeira e a coordinación da acción Tutorial a un dos profesores do grupo, ao que imparte a maioría das áreas e que se converte deste xeito en titor. A pluralidade de profesores que atenden cada un dos grupos de alumnos, a variedade dos obxectivos educativos que se perseguen e o funcionamento complexo dos centros son razóns abondas para determinar a necesidade da figura do titor. 2.1.2. Perfil do titor Debe: Mostrar coherencia entre o que pensa, di e fai. Proporcionar experiencias que non infundan ansiedade, temor ou inseguridade. Ausencia de ameazas para lograr o desenvolvemento positivo do concepto de si mesmo. Comprometer os alumnos e facelos partícipes no establecemento e logro de obxectivos, facéndolles deste xeito máis responsables. 3

Procurar un ensino experimental e participativo, canalizado a desenvolver nos alumnos o sentimento de ser axentes da súa aprendizaxe. Facer xuízos positivos, evitar os negativos e comparacións, resaltando os logros. Crear un clima de calor e apoio no que se sintan libres para expresarse. Ensinalos a expresarse, a fixarse metas razoables, a autoavaliarse de forma realista, a ser capaces de valorar e eloxiar aos outros, e a estar satisfeitos consigo mesmo. Traballarase de modo máis directo e personalizado cos alumnos e alumnas nos que se observe un nivel máis baixo de autoestima, ou imposibilidade de lograr os obxectivos marcados. 2.1.3. Funcións do titor As funcións do titor tradúcense na vinculación do propio titor co equipo docente, familia e alumnos. Podemos resumilas nas seguintes: a) Colaborar na elaboración do Plan Titorial. b) Levar a cabo o Plan de Acción Titorial. c) Coordinar o proceso de avaliación dos alumnos do seu grupo e adoptar as decisións que proceda acerca da promoción dos alumnos dun ciclo a outro, logo de audiencia de pais ou titores legais. d) Atender ás dificultades de aprendizaxe dos alumnos, para proceder á adecuación persoal do currículo. e) Facilitar a integración dos alumnos e fomentar a súa participación nas actividades do centro. f) Orientar e canalizar o alumnado sobre as súas posibilidades educativas. g) Colaborar co equipo de orientación educativa e psicopedagóxica nos termos que estableza a Xefatura de Estudios. h) Canalizar os problemas e inquietudes dos alumnos. i) Informar os pais, mestres e alumnos do grupo de todo aquilo que lles concirne en relación coas actividades docentes e rendemento académico. j) Facilitar a cooperación educativa entre o profesorado e os pais dos alumnos. k) Implicar aos pais en actividades de apoio á aprendizaxe e orientación dos seus fillos. Se as centramos nos tres eixes básicos dos protagonistas educativos serían: 4

1.Atención aos alumnos - O seguimento do progreso individual. - A integración de cada alumno no grupo. - A participación dos alumnos no grupo-clase de modo que aprendan a resolver conflitos sinxelos. - Atender ás dificultades de aprendizaxe dos alumnos - Adecuar a resposta educativa para proceder ás adaptacións curriculares. 2. Atención aos outros especialistas: - Facilitar toda a información que como titor teña de cada alumno individualizada, así como do grupo clase. - Coordinación do proceso avaliador dos alumnos. - Posibilitar unha estreita coordinación co resto dos titores que inciden no seu grupo clase. 3. Atención á familia: - Facilitar o intercambio de información cos pais. - Promover a colaboración e participación dos pais cara a a escola. - Implicar os pais en actividades de apoio á aprendizaxe e orientación dos seus fillos. - Mediar con coñecemento de causa en posibles situacións de conflito entre os alumnos e profesores e informar debidamente as familias. Ademais ten que colaborar co equipo de orientación educativa e psicopedagóxica nos termos que estableza a Xefatura de Estudios. Estas actuacións poden programarse como se indica na seguinte táboa: 5

ACTUACIÓNS TEMPORALIZACION S O N D E F M A M J * Achegar suxestións durante a realización ou revisión do Plan de Acción Tutorial.(P.A.T.) *Adaptar ao P.A.T. ao seu grupo e precisar o calendario de actividades: -Reunións grupais. -Entrevistas individuais. -Entrevistas co resto de mestres. *Realizar un seguimento periódico das actividades do P.A.T. polo que respecta ao seu grupo. *Analizar ao final do curso o desenvolvemento do P.A.T. *Coñecer e concretar o calendario de avaliacións. *Comentar cos compañeiros da clase os aspectos máis destacados da avaliación. *Levantar actas das sesións de avaliación e comentalos se procede co Xefe de Estudios. *Coñecer a programación de actividades complementarias e extraescolares e estudar as que máis se adaptan ao grupo de alumnos. *Colaborar e dirixir na elección do delegado de alumnos do seu grupo. *Manter polo menos tres reunións con todos os pais de alumnos para darlles a coñecer as liñas directoras do curso escolar, características do nivel cursado e entrega de notas trimestrais. *Establecer un sistema de comunicación entre el mesmo e os pais de alumnos. 6

2.2. OBXECTIVOS A determinación de obxectivos proponse partindo da análise das necesidades destes cursos. Temos en conta o proposto polo Centro no PCC e os temas xurdidos do diagnóstico dos cursos implicados. A proposta de Obxectivos é: 1. Aprender a coñecerse a través da mirada dos demais. 2. Traballar a autoestima e o autocoñecemento como forma de aceptación de virtudes e defectos. 2. Descubrir na comunicación, a vía clave para o coñecemento dos demais. 3. Valorar o benestar propio e o dos demais como un equilibrio entre o uso duns dereitos e o cumprimento duns deberes. 4. Descubrir a necesidade da colaboración para que o grupo funcione ("eu" son un membro máis e teño que compartir tempo e espazo con todos). 2.3. ACTIVIDADES DO TITOR O desenvolvemento das funcións anteriores pode ser levado á práctica a través de actividades do seguinte tipo: ACTIVIDADES COS ALUMNOS Organizar actividades de acollida a principios de curso, sobre todo para os alumnos que chegan ao centro por primeira vez. Son actividades especialmente necesarias para anticiparse aos problemas de adaptación derivados ás veces da incorporación a unha nova etapa educativa e a un centro onde conviven alumnos dun amplo e complexo tramo de idades. Falar ao principio do curso cos alumnos dos seus dereitos e deberes, sobre as normas de réxime interior e disciplina do centro e informalos sobre o funcionamento do centro. 7

Explicar as funcións e tarefas da titoría, dándolles a oportunidade de participar na programación de actividades e de expoñer os seus puntos de vista sobre cuestións que concirnen ao grupo. Preparar entrevistas individuais con alumnos, cando estes o precisen. Coñecer a situación de cada alumno no grupo, no centro, e no seu ámbito familiar e social nos casos que sexa necesario. Coñecer a dinámica interna do grupo e intervir se fose necesario para recompoñer esa dinámica. Estimular e orientar o grupo para que formule as súas necesidades, expectativas, problemas e dificultades. Celebrar asembleas co grupo de alumnos para preparar as sesións de avaliación e comentar e tomar decisións tras o seu resultado. Afondar no coñecemento das aptitudes, intereses e motivacións dos alumnos para axudarlles na toma de decisións sobre as súas opcións educativas. Promover e coordinar actividades que fomenten a convivencia, a integración e a participación dos alumnos na vida do centro e do ámbito. ACTIVIDADES COS PROFESORES Preparar e consensuar co equipo educativo un plan de acción titorial para todo o curso, tratando de precisar cál é o grao e modo de implicación dos profesores e cales os aspectos que de forma específica e prioritaria atenderá o titor. Adquirir unha visión global sobre a programación, obxectivos e aspectos metodolóxicos das distintas áreas. Transmitir aos profesores todas aquelas informacións sobre os alumnos que lles poidan ser útiles no desenvolvemento das súas tarefas docentes, avaliadoras e orientadoras. Preparar, coordinar e moderar as sesións de avaliación, procurando que o seu desenvolvemento se axuste aos principios de avaliación continua, formativa e orientadora que se propugna para todas as fases do proceso avaliador. Establecer canles de colaboración cos demais titores, sobre todo cos do mesmo ciclo, á hora de marcar e revisar obxectivos, preparar materiais e coordinar o uso dos medios dispoñibles. ACTIVIDADES PARA OS PAIS Reunir aos pais ao comezo de curso para informarlles das horas de visita, horarios dos alumnos, composición do equipo educativo e os obxectivos e as actividades da titoría. Programar algunha reunión máis ao longo do curso cos pais e demais profesores que inciden no grupo para informar das programacións, avaliacións e rendemento escolar, así como do cumprimento dos obxectivos. 8

Conseguir a colaboración dos pais en relación co traballo persoal dos seus fillos, organización do tempo de estudio (ver TÉCNICAS DE ESTUDIO) na casa, e tamén do tempo libre e de descanso. Preparar actividades extraescolares, visitas e charlas en colaboración cos pais. Manter entrevistas cos pais cando eles o soliciten, ou o titor as considere necesarias, anticipándose ás situacións de inadaptación ou fracaso escolar. Informar aos pais sobre as faltas de asistencia, incidentes ou sancións. Coordinar grupos de discusión sobre temas formais de interese para os pais (coa colaboración do equipo psicopedagóxico do sector). O titor vai constituír o eixe da articulación das relacións educativas no centro escolar. Atopamos por un lado a oferta do profesorado concretada nunhas programacións que, desenvolvidas por diferentes profesores, abren un campo de experiencia e interaccións. Por outro lado, os alumnos con circunstancias persoais diversas e especificas e, por último, os pais que inflúen decisivamente, de forma positiva ou negativa en ocasións, nas actitudes, intereses e decisións dos alumnos. A figura do titor deberá ser a que, coñecendo a oferta do profesorado e as demandas dos alumnos e das familias, promova as necesarias accións de axuste entre as diversas posicións e expectativas. A elaboración ou revisión do plan titorial para o curso efectuarase na primeira quincena de setembro. No primeiro claustro adxudicaranse as titorías e confeccionarase un calendario de reunións para marcar as directrices da acción titorial e a colaboración entre os titores e outros profesores que incidan nas aulas. Sería conveniente repasar os principios que figuran no PEC e o Regulamento de Réxime Interior para fixar con maior precisión as liñas de actuación máis axeitadas ao devandito proxecto. 2.4. CRITERIOS METODOLÓXICOS. O titor intentará coñecer individualmente a cada alumno para favorecer a relación e integración no grupo. Para conseguilo, recollerá información de cada alumno/a (persoal, académica,...) para configurar o perfil do grupo, así como a organización da clase, buscando a adquisición e mellora de hábitos e habilidades sociais. Outra das claves que dan forma ao noso Plan titorial é conseguir a implicación familiar para outorgar maior efectividade á acción sobre o grupo. De xeito máis detallado, verémolo en 2.5.1. Actividades a desenvolver durante o curso. 9

2.4.1. Normas xerais sobre a conduta do titor Mostrar coherencia entre o que pensa, di e fai. Proporcionar experiencias que non infundan ansiedade, temor ou inseguridade. Ausencia de ameazas para lograr o desenvolvemento positivo do concepto de si mesmo. Comprometer os alumnos e facelos partícipes no establecemento e logro de obxectivos, facéndolles deste xeito máis responsables. Procurar un ensino experimental e participativo, canalizado a desenvolver nos alumnos o sentimento de ser axentes da súa aprendizaxe. Facer xuízos positivos, evitar os negativos e comparacións, resaltando os logros. Crear un clima de calor e apoio no que se sintan libres para expresarse. Ensinalos a expresarse, a fixarse metas razoables, a autoavaliarse de forma realista, a ser capaces de valorar e eloxiar aos outros, e a estar satisfeitos consigo mesmo. Traballar de modo máis directo e personalizado cos alumnos e alumnas nos que se observe un nivel máis baixo de autoestima, ou imposibilidade de lograr os obxectivos marcados. 2.5. TEMPORALIZACIÓN. Incluirase en cada mes a asemblea de aula. Se se presentasen eventualidades que afectasen aos alumnos, atenderanse no momento oportuno, deixando de lado a programación. DISTRIBUCION DE ACTIVIDADES POR TRIMESTRES E PARA TODO O CURSO ACADÉMICO: 10

PRIMEIRO TRIMESTRE Posta en marcha do curso e titorías Confección de horarios. Comentarios do Plan de titoría e liñas a seguir Lectura e comentario dos puntos máis destacados do P.E.C. e P.C.C. Elaboración de materiais. Nomeamento de responsables. Biblioteca Medios audiovisuais Mapas e outros materiais didácticos Xogos e materiais lúdicos Materiais para alumnos con necesidades educativas especiais.. Actividades extraescolares Biblioteca de aula Valoración dos resultados da avaliación. SEGUNDO TRIMESTRE Campañas de reforzo para o logro dos obxectivos Carnavais: disfraces Colaboración dos alumnos, pais e profesores no xornal escolar Semana cultural Propostas de adquisición de novos materiais: ordenadores, vídeos, diapositivas, discos, etc. adaptados aos temas e currículo. TERCEIRO TRIMESTRE Valoración dos resultados da avaliación. Animación á lectura: presentación de autores e ilustracións de literatura xuvenil. Revisión da disciplina e comportamento dos distintos grupos Avaliación final. 11

2.5.1. Actividades a desenvolver durante o curso 1) ACTIVIDADES DE ACOLLIDA E INTEGRACIÓN DOS ALUMNOS Presentación do titor Presentación dos novos alumnos Coñecemento mutuo dos alumnos Exercicios para favorecer a relación e integración do grupo 2) ORGANIZACIÓN E FUCIONAMIENTO DO GRUPO CLASE Recollida de información sobre os alumnos Datos persoais Rendemento Características do grupo Alumnos con necesidades educativas especiais Normas de clase. Disciplina Horarios Elección do delegado/a de clase Formación de equipos de traballo Organización de grupos de reforzo Calendario de entrevistas cos pais 3) ADQUISICIÓN E MELLORA DOS HÁBITOS DE TRABALLO. Hábitos básicos: Postura correcta en clase Atención ás explicacións Autonomía e orde Responsabilidade nas tarefas Técnicas de estudio Traballo individual Traballo en grupo Organización do traballo persoal Técnicas de recollida de información Técnicas para mellorar a retención e o recordo 12

4) PARTICIPACIÓN DA FAMILIA. Reunións periódicas Intercambio de información. Explicación de programas e obxectivos Información e comentario do proceso de avaliación Organización do traballo persoal dos seus fillos Entrevistas individuais Colaboración en actividades extraescolares como festivais, semanas culturais, visitas a empresas e charlas sobre temas formativos de interese para a educación dos seus fillos. 2.6. RECURSOS Fichas de auto observación, material para coñecer e mellorar os sentimentos, habilidades sociais, materiais para o autocoñecemento,... 2.7. AVALIACION. O Plan de Acción Titorial avaliarase para comprobar: -o logro dos obxectivos propostos, -a adecuación da programación de aula ao Plan de Acción Titorial -o cumprimento e desenvolvemento das actividades e estratexias. O equipo directivo e os titores/ás avaliaremos (mensualmente) a acción titorial PROCESO DE AVALIACIÓN Avaliación final Cuestionario inicial Revisión do expediente persoal do alumno Probas de nivel Fichas de observación Reunións co equipo Comentar os resultados da avaliación con cada un dos alumnos 13

Informar os pais por medio dos boletíns. Revisión do expediente persoal do alumno. No primeiro claustro adxudicaranse as titorías e confeccionarase un calendario de reunións para marcar as directrices da acción titorial e a colaboración entre os titores e outros profesores que incidan nas aulas. 14

INDICE 1.INTRODUCCIÓN 1 2 ELEMENTOS PARA O PLAN DE TITORÍA NA AULA 2 2.1. FUNDAMENTACIÓN 2 2.1.1. Para que a acción titorial? 2 2.1.2. Perfil do titor 3 2.1.3. Funcións do titor 4 2.2. OBXECTIVOS 6 2.3. ACTIVIDADES DO TITOR 7 ACTIVIDADES COS ALUMNOS 7 ACTIVIDADES COS PROFESORES 8 ACTIVIDADES PARA OS PAIS 9 2.4. CRITERIOS METODOLÓXICOS. 10 2.4.1. Normas xerais sobre a conduta do titor 10 2.5. TEMPORALIZACIÓN 11 2.5.1. Actividades a desenvolver durante o curso 12 ACTIVIDADES DE ACOLLIDA E INTEGRACIÓN DOS ALUMNOS 12 ORGANIZACIÓN E FUCIONAMIENTO DO GRUPO CLASE 13 ADQUISICIÓN E MELLORA DOS HÁBITOS DE TRABALLO 13 PARTICIPACIÓN DA FAMILIA 14 2.6. RECURSOS 14 2.7. AVALIACION 14 15