Enquisa estrutural a empresas

Documentos relacionados
LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Mercado Laboral

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

SECTORES FEMINIZADOS ANOS

CAMPA A RESGAL

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

statísticas en materia de economía social COOPERATIVAS SOCIEDADES LABORAIS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

Indicadores sobre Banda Larga. Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia Ano 2012 Edición 2012

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

Escala técnica superior

INDICADORES SOBRE BANDA LARGA Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

REDE EUSUMO. información e comunicación

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

PREVENCIÓN E SEGURIDADE NO SECTOR FORESTAL

A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia. Edición 2016

Convocatoria ordinaria de 2012

PREVENCIÓN E SEGURIDADE NO SECTOR FORESTAL SINISTRALIDADE LABORAL NO SECTOR FORESTAL DE GALICIA E DA PROVINCIA DE LUGO

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

poboación xitana en paro

O GASTO ENERXÉTICO NAS NOSAS EMPRESAS: A XESTIÓN EFICIENTE

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia Principais indicadores. V Plan Galego de Estatística Edición: 2018

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

O CONTRATO DE TRABALLO

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

Plans e protocolos de empresa familiar

Estudo de inserción laboral dos titulados de FP que remataron estudos no curso

A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia. Edición 2015

A Sociedade da Información nas empresas TIC de Galicia. Edición 2018

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Estudo do mercado laboral. Provincia LUGO

Enquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia

Indicadores da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia

CONSELLERÍA DE FACENDA Dirección Xeral de Planificación e Fondos. A estratexia Galicia 2020

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

Edita: Servizo Galego de Saúde / Consellería de Sanidade. Elabora: División de Asistencia Sanitaria. Colaboradores: Pablo Galego Feal

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

Política e Obxectivos de Calidade

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

GALICIA EN CIFRAS anuario 2009

Programa estatístico anual SEGUIMENTO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Informe

SBN: O TEMPO NO XORNAL

Programa estatístico anual 2007 SEGUIMENTO

Informe sobre o risco de pobreza e/ou exclusión social en Galicia

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

ANÁLISE DA SINISTRALIDADE LABORAL POR ACCIDENTES DE TRÁFICO ANOS

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

O Software Libre nas empresas informáticas de Galicia

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

A SAÚDE BUCODENTAL DOS ESCOLARES GALEGOS NO ANO 2010

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

FOLLA DE REXISTRO DE DATOS

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero

Titulados Universitarios no SUG

O Software Libre nas empresas informáticas de Galicia. Edición 2012

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

EMPREGO NO SECTOR TURÍSTICO GALEGO

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Menor de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

SI A Sociedade da Información. nas empresas TIC de Galicia

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Que é unha rede de ordendores?

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Transcrição:

Enquisa estrutural a empresas METODOLOXIA 1. Introdución A empresa pode definirse como a unidade básica de produción nun sistema de mercado. É polo tanto o motor do mesmo e o sustento dinámico duna economía. Deste feito, despréndese a necesidade de dispoñer de información sobre a realidade das empresas en Galicia para que poida ser utilizada polas empresas, institucións, emprendedores e a sociedade en xeral na súa toma de decisións. Non obstante, observábanse lagoas de información neste ámbito, como así foi exposto polo distintos axentes integrantes do Consello Galego de Estatística, entre eles os representantes do empresariado galego. Como consecuencia, no Plan Galego de Estatística 007-011 incluíronse diversas metas de información co obxecto último de construír un sistema integrado e coerente de estatísticas empresariais que permita mellorar a información dispoñible sobre as empresas en Galicia. Neste contexto, o Instituto Galego de Estatística leva a cabo no ano 008 a recollida de información duna operación estatística dirixida ás empresas galegas, a Enquisa estrutural a empresas, co obxectivo de obter información acerca das súas características estruturais. Con este obxectivo xeral, é difícil establecer una relación pecada das variables de análise da enquisa. Tanto o propio dinamismo empresarial como as necesidades de información dos usuarios poden ir mudando esta relación co tempo. Así, non se trata de establecer un conxunto pecado de variables a investigar, senón de establecer una nova ferramenta de análise sobre o sector empresarial que dispoña desa liberdade para modificar periodicamente as variables de análise. Outro aspecto a destacar desta enquisa é a súa coordinación técnica coa Enquisa de innovación empresarial, tamén efectuada polo IGE. Tendo en conta que as dúas son enquisas dirixidas ás empresas galegas, a mostra é común na parte do universo coincidente e unifícase o traballo de campo, polo que toda empresa desta parte da mostra recibirá á vez os cuestionarios de ambas operacións. Deste xeito, conséguense minorar a carga de traballo das unidades informantes e os custos do traballo de campo. 1

. Obxectivos da investigación O obxectivo xeral desta operación estatística é coñecer as principais características estruturais das empresas galegas. Como obxectivos máis específicos da enquisa pódense citar: - Proporcionar información desagregada para as distintas actividades económicas e tamaños das empresas. - Contribuír ao coñecemento das relacións, estratexias e fontes de financiamento que seguen as actividades empresariais para poder afondar na situación competitiva da empresa. - Investigar as principais variables de actividade económica das empresas. - Coñecer a implantación e o uso das tecnoloxías da información e da comunicación. - Avaliar o uso do galego e a adecuación lingüística do persoal na empresa galega. - Ser un instrumento útil para outras operacións do IGE: contas económicas, directorios, indicadores,... 3. Ámbito de investigación Ámbito poboacional O ámbito de estudo desta operación é o conxunto de empresas con sede fiscal en Galicia no ano de referencia da enquisa. Non se investigarán as empresas con actividade principal pertencente ás seccións da CNAE A (Agricultura, gandería, caza e silvicultura), B (Pesca), L (Administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria), P (Actividades dos fogares) e Q (Organismos extraterritoriais). Nesta edición da enquisa serán investigadas as empresas con personalidade xurídica mercantil e asimilados. En concreto, son estudadas as sociedades anónimas, de responsabilidade limitada, colectivas, comanditarias e cooperativas, as mutualidades e caixas de aforros, as entidades non residentes e algunas agrupacións. Quedan polo tanto excluídas: - As empresas sen personalidade xurídica: persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís e UTEs. - As comunidades de propietarios e as asociacións - As corporacións locais, órganos da administración do Estado e comunidades autónomas (incluídos os organismos autónomos e asimilados) - As congregacións e institucións relixiosas

Ámbito xeográfico O ámbito xeográfico desta estatística é todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Ámbito temporal O período de referencia principal dos datos solicitados é o ano 007. Non obstante, existen algunas variables con períodos de referencia distintos: - A información sobre presenza, conexión e usos da Internet que, coa fin de facilitar a comparabilidade nacional e internacional, solicítanse con referencia ao mes de decembro. - Os datos relativos á propiedade da empresa e número de establecementos teñen como referencia una data concreta, o día 31 de decembro. 4. Definicións Empresa: combinación máis pequena de unidades xurídicas que constitúe una unidade organizativa de produción de bens e servizos e que goza duna certa autonomía de decisión. Establecemento: empresa ou parte duna empresa situada nun lugar delimitado topograficamente, no que se realizan una ou varias actividades económicas ás que se dedican o seu traballo una ou varias persoas por conta duna empresa. Se polas propias características da actividade esta non se realiza nun lugar fixo, o establecemento é o lugar desde o que se organiza ou coordina tal actividade. Non se contabilizan como establecementos os almacéns e as sedes sociais ou os domicilios legais dos titulares das empresas no caso de que existan unicamente como soporte xurídico das actividades. Actividade económica: é a creación de valor engadido mediante a produción de bens e servizos, intervindo o traballo, o capital e as materias primas. En xeral, as actividades económicas desenvolvidas por una empresa ou establecemento poden ser de tres tipos: actividade principal, secundaria e auxiliares. Ademais das anteriores definicións de caracter xeral, ai que introducir as variables analizadas na enquisa e que se poden agrupar nos seguintes apartados: Propiedade da empresa Emprego Datos económicos Mercados e provedores da empresa Relacións da empresa Sociedade da información Uso do galego na empresa Fontes de financiamento 3

Factores que dificultan a actividade 5. Unidades de análise e mostraxe Unidade de análise Distínguense tres tipos de unidades de análise: a empresa, a parte da empresa que ten actividade en Galicia e a parte da empresa con actividade fóra de Galicia. Para as empresas con actividade unicamente en Galicia, coinciden os dous primeiros tipos de unidades. A unidade básica da enquisa é a parte da empresa con actividade en Galicia. Dentro das empresas que teñen actividade dentro e fóra de Galicia, investíganse determinadas variables da parte da empresas con actividade fóra. A unidade informante é a empresa. Marco O marco de mostraxe utilizado para o deseño e selección da mostra parte do Directorio de empresas elaborado polo IGE. Trátase dun rexistro organizado de información con datos de identificación, localización, actividade económica e número de asalariados, obtido a partir de fontes administrativas e completado con outras fontes auxiliares, entre elas a información procedente das operacións estatísticas que realiza o IGE no ámbito empresarial. Debido á coordinación técnica desta enquisa coa Enquisa de innovación empresarial (EIN) no directorio inclúese una nova variable que identifica as empresas posibles investigadoras. Unidades de mostraxe A unidade de mostraxe é a empresa. 6. Deseño metodolóxico Tipo de mostraxe Utilízase mostraxe aleatoria estratificada. A poboación de empresas obxecto desta operación estratifícase mediante o cruce das seguintes variables: Pertenza ao directorio de posibles empresas investigadoras (variable introducida pola coordinación técnica desta enquisa coa Enquisa de innovación empresarial). 4

Tamaño de emprego da empresa: en función do número de empregados asalariados considéranse os seguintes 10 intervalos: Estrato Descrición 1 Sen asalariados De 1 a asalariados 3 De 3 a 5 asalariados 4 De 6 a 9 asalariados 5 De 10 a 4 asalariados 6 De 5 a 49 asalariados 7 De 50 a 99 asalariados 8 De 100 a 149 asalariados 9 De 150 a 49 asalariados 10 Igual ou maior de 50 asalariados Actividade principal da empresa segundo a CNAE-93 Rev.1: considéranse 56 agrupacións de cnaes a ou 3 díxitos. Código 10T 11T 1T 13T 14T 15T 16T 17T 18T 19T 0T 1T T 3T Descrición Extracción e aglomeración de antracita, ulla, lignito e turba Extracción de crus de petróleo e gas natural; actividades dos servizos relacionados coas explotacións petrolíferas e de gas, agás actividades de prospección Extracción de minerais de uranio e torio Extracción de minerais metálicos Extracción de minerais non metálicos nin enerxéticos Industria de produtos alimenticios e bebidas Industria do tabaco Industria téxtil Industria da confección e da peletería Preparación curtido e acabado do coiro; fabricación de artigos de marroquinería e viaxe; artigos de albardaría, talabartería e zapatería Industria da madeira e do corco, agás mobles; cestería e espartería Industria do papel Edición, artes gráficas e reprodución de soportes gravados Coquerías, refino de petróleo e tratamento de combustibles nucleares 44 Fabricación de produtos farmacéuticos 4P 5T 6T 7T 8T 9T 30T Resto da industria química Fabricación de produtos de cauco e materias plásticas Fabricación doutros produtos minerais non metálicos Metalurxia Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipo Industria da construción de maquinaria e equipo mecánico Fabricación de máquinas de oficina e equipos informáticos 313 Fabricación de fíos e cables eléctricos illados 31P 3T 33T 34T Resto da fabricación de maquinaria e material eléctrico Fabricación de material electrónico; fabricación de equipo e aparellos de radio, televisión e comunicacións Fabricación de equipo e instrumentos médico-cirúrxicos, de precisión, óptica e reloxería Fabricación de veículos de motor, remolques e semirremolques 353 Construción aeronáutica i espacial 35P 36T Resto da fabricación doutro material de transporte Fabricación de mobles; outras industrias manufactureiras 5

37T 40T 41T 45T 50T 51T 5T 55T 60T 61T 6T 63T 64T 65T 66T 67T 70T 71T 7T 73T 74T 80T 85T 90T 9T 93T Reciclaxe Produción e distribución de enerxía eléctrica, gas, vapor e auga quente Captación, depuración e distribución de auga Construción Venda, mantemento e reparación de veículos de motor, motocicletas e ciclomotores; venda polo miúdo de combustible para veículos de motor Comercio por xunto e intermediarios do comercio, agás de veículos de motor e motocicletas Comercio polo miúdo, agás o comercio de veículos de motor, motocicletas e ciclomotores; reparación de efectos persoais e utensilios domésticos Hostalería Transporte terrestre; transporte por canalizacións Transporte marítimo, de cabotaxe e por vías de navegación interiores Transporte aéreo e espacial Actividades anexas aos transportes; actividades de axencias de viaxes Correos e telecomunicacións Intermediación financeira, agás seguros e plans de pensións Seguros e plans de pensións, agás seguridade social obrigatoria Seguros e plans de pensións, agás seguridade social obrigatoria Actividades inmobiliarias Alugueiro de maquinaria e equipo sen operario, de efectos persoais e utensilios domésticos Actividades informáticas Investigación e desenvolvemento Outras actividades empresariais Educación Actividades sanitarias e veterinarias, servizo social Actividades de saneamento público Actividades recreativas, culturais e deportivas Actividades diversas de servizos persoais Tamaño da mostra Son investigados exaustivamente os estratos: De empresas que pertencen ao directorio de posibles empresas investigadoras Constituídos por empresas de 100 ou máis empregados asalariados (8, 9 e 10) No conxunto de estratos con algún empregado asalariado (, 3, 4, 5, 6 e 7), o tamaño e a distribución da mostra determínase a partir das fórmulas de mostraxe aleatoria estratificada con afixación óptima cando se teñen estratos investigados exaustivamente (autorrepresentados), utilizando como variable auxiliar o emprego asalariado (X): Onde: n = H W S = 1 H ( ex ) N 1 + W S t α N N = 1 X X = :emprego medio; X:emprego total; N:total de empresas N N : total empresas nos estratos autorrepresentados L N = N : total empresas sen ter en conta o estrato autorrepresentado N L 6

N W = N S : cuasivarianza da poboación de empresas do estrato e r : erro relativo de mostraxe t : valor crítico da normal estándar para un nivel de confianza do ( 1 ) 100% α n : tamaño da mostra non autorrepresentada α. Para o conxunto de estratos de empresas con 0 asalariados (1), o tamaño da mostra determínase utilizando a seguinte fórmula de mostraxe aleatoria sen reemprazamento para a estimación de proporcións con P=Q=0,5: Onde: n = e t N 0 :total empresas sen asalariados e r : erro relativo de mostraxe α r α N 0 ( N 1) + 1 t : valor crítico da normal estándar para un nivel de confianza do ( 1 ) 100% n : tamaño da mostra nas empresas sen asalariados A distribución de n por estratos é proporcional ao seu tamaño. 0 α. As fórmulas anteriores aplícanse tomando α=0,05, e polo tanto z α/ =1,96, e prefixando os seguintes erros de mostraxe relativos (e r ):,5% a nivel gran rama 3,5% a nivel sección 4,5% a nivel de agrupacións de actividade 1 5,0% a nivel subsección 5,5% a nivel de división 5,5% a nivel de estrato de emprego Os tamaños de mostra así obtidos increméntase, no caso de ser necesario, asta un número mínimo de 3 empresas por estrato, ou o tamaño total da poboación cando este sexa menor ou igual a 3 empresas. Ademais, e para atender a posibles incidencias na recollida de información, o tamaño total de mostra resultante de aplicar todos estes criterios increméntase nuna porcentaxe fixa. A mostra final está formada por un número aproximado de 4.100 empresas. 1 Considéranse 5 grupos de actividade, máis 3 sectores TIC máis 3 sectores de alta tecnoloxía 7

Selección da mostra Para a selección da mostra dentro de cada estrato, as empresas clasifícanse en función de: 1. Dato non nulo de emprego a finais do ano de referencia. Empresa pecada nuna data posterior á de referencia da enquisa 3. Pertenza á mostra piloto Obtemos a mostra do seguinte modo: primeiro selección aleatoria dentro do grupo 1 e, se o número de empresas deste grupo non basta para cubrir o tamaño de mostra necesario, as restantes selecciónanse aleatoriamente dentro do grupo. Estimadores Para estimar as diferentes variables, utilízanse estimadores de expansión, a partir dos tamaños poboacionais e mostrais en cada estrato de actividade-emprego, tomando como base o marco e a mostra seleccionada, previa introducción das correccións derivadas das incidencias observadas na fase de recollida da información, tales coma cambios de estrato ou peces. 7. Recollida da información Método de recollida O envío dos cuestionarios e a recollida da información contida nos mesmos realízase segundo a elección da unidade informante: correo postal, Fax, correo electrónico ou internet. Na recollida mediante Internet é a propia empresa informante a que accede a una aplicación informática vía Web e cubre o cuestionario directamente, o que supón un aforro de tempo xa que a información se recibe directamente no servidor do IGE. Organización da recollida. O período de recollida e gravación da información dura uns catro meses. O mes de agosto considérase inábil aos efecto de contabilizar prazos de execución. Nuna primeira fase, remítese o cuestionario por correo ás unidades informantes xunto coa carta de presentación. As empresas contan cun prazo de 15 días para devolvelo cuberto. A continuación, realízanse roldas de contactos telefónicos coas empresas nas que non se obtivo a resposta ou nas que se considera insuficiente ou dubidosa a recibida. 8